
4 minute read
Ourense e Verín preparan os seus maios
from Barrios 183
4
Redacción
Advertisement
Unha das festas senlleira da nosa provincia é os maios, e Verín e Ourense non se perderán esta cita tan primaveral.
O martes, 1 de maio, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios e serán 10 os colectivos que participen na exhibición.
Desde as 11:00 horas e até as 20:00 horas, está prevista a exhibición dos maios tradicionais e artísticos confeccionados polo CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, que presentará ademais do maio do centro un maio infantil; CRA Monterrei, con maio do centro e maio infantil; Colexio Plurilingüe María Inmaculada; IES Xesús Taboada Chivite; Asociación Cultural de Música Tradicional Monterrei, que participa por primeira vez; Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, Asociación Verinense de Amigos da Música, AMPA do Conservatorio de Música de Verín e Centro de Día Solleira. Ás 12:30 horas sairá da Praza do Concello a Banda de Gaitas do Concello de Verín. O pasarrúas rematará na Alameda ás 13:00 horas, dando paso ao concerto do Conservatorio Profesional de Música de Verín.
A partir das 11 horas da mañá estarán á venda as coplas do Certame Enrique Gómez Pato, editadas polo Concello de Verín. O exemplar venderase a 1 euro. O diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse ao financiamento de programas de investigación para a prevención e a cura do cancro, promovidos pola Asociación Española Contra o Cancro. Este ano, ademais, a
Praza García Barbón acollerá tamén a súa Feira Solidaria de Verín (con apertura ás 11 da mañá) que contará coa participación de entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios. O recadado irá aos colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei, para poder seguir levando a cabo os seus proxectos e actividades. Xunto á feira solidaria, Aever e Saudeter, instalarán varios multixogos inchables solidarios. A entrada solidaria para esta actividade será de 1 euro.
Ourense
Pola súa banda, o Concello de de Ourense abre até o 2 de maio -ás 14 horas- o prazo de inscrición para participar nos concursos de coplas e maios da festa dos Maios (domingo, 7 de maio na rúa do Paseo) e que aumentan este ano os seus premios.
Este ano increméntanse os premios, de xeito que quen realice o mellor maio artístico recibirá 900 euros, e o mellor maio enxebre, 600 euros. Tamén aumentan os segundos e terceiros premios: 700 e 500 euros para os artísticos, e 400 e 300 euros para os enxebres, e amplíanse a tres os premios do apartado de maios infantís, dotados con 300, 200 e 100 euros, respectivamente.
ICC Week 2023 Redacción
Rematada a Semana das Industrias Culturais e Creativas ICC Week Ourense, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, expresou a súa satisfacción polo éxito de público e participación nesta novena edición que desenvolveu “unha ampla e variada programación” que deixou na provincia e na capital “unha forte pegada cultural e creativa”.
edición no pavillón do colexio Mestre Vide da cidade, onde a mocidade ourensá participou esta fin de semana na ICC eSports. Unha cita cos deportes electrónicos combinando a competición e maila exhibición con oito novos talentos de toda España, ademais de torneos abertos a todos os asistentes e xogo libre en diferentes plataformas.
Música
Na categoría de Maios, establécense as categorías de Maio Enxebre -o tradicional e figurativo, que representa pirámides, conos ou cruceiros, cunha altura mínima de 1,5 metros desde o chan; Maio Artístico -recrea, cos materiais tradicionais, escenas cotiás, monumentos ou obras de arte do pobo ou da cidade, personaxes, etc.-; e o Maio infantil, realizado por nenos e nenas, menores de 18 anos, colexios, ANPA, etc.
Nas coplas haberá dúas categorías: as Infantís -para menores de 18 anos- e as de adultos. O xurado valorará a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe utilizados, o uso da melodía tradicional e que as estrofas vaian enlazadas. Haberá un premio de 300 euros para as mellores coplas de cada categoría. Ademais, concederase unha axuda pola participación de 300 euros para os Maios presentados -até esgotar o crédito dispoñible, de 18.000 euros-.
Mentres que en Verín celebran os Maios o luns, 1 de maio, en Ourense, será o domingo día 7
Manuel Baltar entende que “o éxito estaba garantido” grazas a unha programación que ofreceu máis de vinte propostas en aspectos tan variados como a intelixencia artificial, a ilustración, ciencia, o sector audiovisual, a música, moda, radio ou os deportes electrónicos. Sete días de actividades que reuniron nunha ducia de localizacións da cidade e da provincia a preto de trinta relatores, ofreceu ata cinco concertos de música, dúas estreas audiovisuais e congregou a representantes de 14 países no XIII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas.
A Semana das Industrias Culturais e Creativas pechaba a novena
Con anterioridade, numeroso público congregouse nos xardíns do Padre Feijoó da capital para escoitar a música pop, fusión e blues de Vera Fauna, Amparo Sánchez e The Limboos, capítulo musical no que tamén destacou a presenza do que fora o líder do inolvidable conxunto Cadillac, José María Guzmán, e o concerto de Teo Cardalda e Soledad Gimenez coa estrea incluída do videoclip “Agua Soy”, que percorre zonas de provincia vinculadas á auga e o termalismo e que contou na súa produción coa colaboración da Deputación. No mundo musical cómpre destacar ademais a presenza en Ourense do presidente de Sony Music España, José María Barbat, para falar do proceso de lanzamento de éxitos.
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco
Nº183 - Ano: XVI - 28 de abril de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.
Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.