7 minute read

Apróbase a petición dun posto fixo da Garda Civil na Valenzá

cación cultural, tamén contén derivadas urbanísticas, medioambientais, didácticas e literarias ao redor da figura da escritora e a súa obra. Con el, agardan, que desta maneira, se poida impulsar o desenvolvemento da localidade, facendo fincapé na necesidade de coidar o medio ambiente e o patrimonio natural e cultural de Piñor. De feito, o alcalde de Barbadás e a tenente alcalde, Xosé Carlos Valcárcel e Vitoria Morenza, mantiveron contactos co Ministerio de Cultura, que amosou un grande interese por sumarse e participar na organización desta homenaxe.

Tamén se planea traducir ao galego as novelas que dunha ou outra maneira teñen relación con Piñor.

Advertisement

O proxecto ten como obxectivo dar a coñecer a figura da escritora Carmen Martín Gaite e a súa relación con Piñor, así como os tesouros agochados da zona de montes e en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

Actuacións No que se refire a Barbadás, no módulo de albanelería os alumnos realizan traballos de acondicionamento, conservación, mantemento e rehabilitación do lavadoiro público situado no lugar dss Quintas, en Piñor; ademais da limpeza, despexe e roza da contorna do lavadoiro.

En Breve

4 Conciliación

4

no pleno dúas mocións que trataban o asunto.

Redacción

O pleno do Concello de Barbadás levaba sendas mocións que trataban a instalación dun posto permanente da Garda Civil na Valenzá. As mocións -unha promovida polo PP e a outra polo PSOE- foron aprobadas aínda que unha delas por unanimidade e a outra cos votos a favor de PP e PSOE, en contra de BNG e Compromiso, e a abstención de DO.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinalou que Barbadás é un dos concellos máis seguros da provincia, segundo datos oficiais, en contra da afirmación do Partido Popular, quen falou dun alto nivel de delincuencia, motivo polo que non foi conxunta a moción de ámbalas dúas formacións.

Posto

Valcárcel destacou que a instalación dun posto da Garda Civil na Valenzá (cunha plantilla de 30 efectivos) é unha "necesidade prioritaria para o municipio", e que tería "múltiples beneficios para a comunidade local", como unha maior "proximidade dos efectivos de seguridade á cidadanía" e un aumento "na percepción de seguridade". Ademais, o rexedor, desvelou que isto suporía un aforro de efectivos da policía local na Valenzá, que serán destinados a outras áreas do municipio.

En canto á localización do posto, estase a levar a cabo unha análise exhaustiva das posibles localizacións, en coordinación coas autoridades competentes, do que se manterá puntualmente informado a todos os grupos políticos; barállase na contorna do Centro de Saúde ou o Parque dos Patos. O custo económico da reforma precisa do local finalmente elixido será asumida maioritariamente polo propietario do local, mentres que o Concello só terá que facer fronte ao alugueiro do mesmo, detallou o alcalde.

A día de hoxe, o alcalde mantén contacto directo con responsables ao máximo nivel tanto da Garda Civil como do propio Ministerio de Interior para seguir avanzando neste asunto e poder concretar a instalación deste demandado posto da Garda Civil na Valenzá o antes posible.

O posto da Garda Civil contará con 30 efectivos

A concellería de Educación, Cultura e Comercio de Barbadás dedica cada ano preto de 70.000 euros a diferentes accións e servizos para facilitar a conciliación, ademais das actividades estacionais, como os campamentos de verán ou os que se organizan nos diferentes períodos de vacacións escolares. O número de usuarios deste servizos supera os 500 ao mes.

Os servizos permanentes para facilitar a conciliación son catro: “Bos días”, de atención temperá nos colexios antes do inicio das clases; “Servizo de Mudas”, no que persoal do propio concello está nos colexios para cambiar de roupa a rapazada cantas veces sexa necesario; “Espazo infantil”, con 200 nenos e nenas, e o programa de actividades extra-escolares, durante 3 días á semana e nas que participan cada mes 180 alumnos e alumnas de ambos centros.

4 Parque canino

No parque canino situado ao carón do viaduto da Valenzá instaláronse elementos para que os cans disfruten e poidan realizar exercicios de adestramento e aprendizaxe. A mellora das instalacións supuxo unha inversión de 3.000 euros.

4 Escola música

O Concello de Barbadás e a Escola Municipal de Música levan recadados uns 16.000 euros nas oito edicións celebradas do Festival solidario, e que foron destinados a distintas asociacións.

No módulo forestal, están a realizarse labores de roza e limpeza de terreos; retirada e provisión da terra vexetal, incluído o depósito nos bordos para a súa posterior reutilización.

Ademais, raálizase poda selectiva de árbores medianas e grandes, limpeza de leitos e desaugadoiros e retirada de elementos que invadan a calzada.

Hotel para insectos Ademais, os participan- tes construíron un “hotel para insectos”, situado no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás, co fin de axudar a protexer a especies como, por exemplo, crisopas, xoaniñas e abellas, xa que se lles proporciona acubillo ante depredadores e as inclemencias do tempo, ademais de facilitar a polinización das plantas, axudando a incrementar a súa produción.

Fútbol sala

Redacción

O Sala Ourense, aínda que o ten moi complicado, loitará ata o pitido final da liga por manter a categoría de Segunda

B. Os homes de Kike García lograron unha agónica vitoria na pasada xornada o que lle supuxo manter viva a ilusión pola permanencia. Venceron por 6 goles a 5 a un Leis Pontevedra que estivo casi todo o partido en vantaxe; foi no tramo final cando os ourensáns lle deron a volta ao marcador non sen susto, xa que na última xogada o Pontevedra estrelou o balón ao pau.

Dúas finais

O Sala Ourense ten por diante dúas xornadas (seis puntos) nas que deberá subir un posto na clasificación se quere salvar a categoría. O Esteo, que é o equipo co que loita pola permanencia conta con dous puntos máis.

Na vindeira semana o Sala visita a un Lugo Sala que a pesar de ser o líder non se xoga nada xa que rematará como campión ao sacarlle oito puntos ao segundo clasificado; pola súa banda, O Esteo recibe ao Juventud Del Circulo Católico Bigmat (sétimo clasificado e sen nada que xogarse).

Para a última xornada, os da cidade das Burgas reciben a un Salamanca que é terceiro, O Esteo visita ao Guardo, que pase o que pase nestas dúas xornadas rematará na segunda posición.

Feminino

Na Primeira o Ourense Envialia perdeu na última xornada disputada fronte o Poio por dous goles a un.

No derbi ourensán de Segunda Envialia B e Cidade das Burgas empataron a dous goles na antepenúltima xornada de liga.

Tres eliminatorias para o ascenso

4 A UD Ourense enfróntase ao Arousa na primeira.

R.T.

A Unión Deportiva Ourense logra meterse na fase de ascenso á 2ª RFEF como quinta clasificada do grupo de Galicia. Certificou a súa presenza nesta fase logo de vencer no Couto na derradeira xornada da liga regular ao Arzúa (3-0).

O VoleyOurense queda sen ascenso

4 Rematou en cuarta posición.

Redacción

O Club Voleibol Ourense non era favorito para o ascenso, pero xogar na casa podería dar opcións a un equipo con moita ilusión de facer grandes cousas diante da súa afección. O venres comezaba a eliminatoria cun CV Ourense que se impoñía no partido inaugural (3 sets a 1) diante do Club Voleibol Guía de Canarias. Un gran encontro para comezar, pero que non se viu refrendado no segundo choque da fase de grupos. Contra o Mallorca caeron derrotadas, pero non lles impediu avanzar á seguinte rolda como segundas clasificadas do seu grupo.

Xa metidas en seminifinais chegaba a hora da verdade: a vitoria faría que as ourensás ascenderan á Superliga 2; a derrota, pola contra, deixaríaas coa mel nos beizos. Ao final non puido ser e contra o Finestrat de Alicante caeron por 3-1 e con este resultoado, os soños postos nesta fase de ascenso.

Tocaba despoxarse da decepción e loitar por unha terceira praza que tampouco chegaría ao perder contra o o Astilleros (3-1). Un partido intrascendente dun equipo que xa debe pensar na vindeira tempada para buscar o ascenso que se lle negou nesta.

Ascenso

E se o partido polo terceiro e cuarto posto era a cruz da moeda, a final era a cara e para os dous equipos. Os dous finalistas chegaban á final co ascenso no peto, polo que o premio gordo xa o tiñan. Simplemente quedaba saber que equipo era o campión da categoría. O Mallorca Volley proclamouse campión ao vencer ao Finestrar por 3-0 nun partido emocionante a pesar do que di o resultado.

Agora, os homes de Jorge de Dios deberán superar tres eliminatorias se queren celebrar un ascenso tan desexado pola afección.

E a primeira pedra de toque será un Arousa que quedou en segunda posición logo de loitar polo ascenso directo ata a última xornada. O primeiro envite terá lugar no estadio do Couto o luns, 1 de maio, a partir das 18 horas. As entradas xa están á venda nas oficinas do club no estadio do Couto (os abonados pagarán 5 euros por entrada; os non abonados 12 euros en tribuna e 10 en preferencia; e os sub16 entrarán de balde) de mércores a venres de 17 a 20 horas e o luns na taquilla. O partido de volta está previsto para o domingo, 7 de maio, en Vilagarcía. Na liga regular os vermellos non foron que de vencelos

(empate en Vilagarcía e derrota en Ourense).

En caso de superar a primeira eliminatoria, o seguinte rival sairía da eliminatoria entre o Vilalbés e o Rápido de Bouzas. Nestas dúas eliminatorias, en caso de empate se iría a unha prórroga que de non desfacelo empate non se iría a penaltis e sería o mellor clasificado durante a tempada o que pasaría a eliminatoria; neste caso o Ourense debe de gañar cada eliminatoria por que senón non pasaría de rolda.

Elimnatoria final

E de superar as dúas eliminatorias galegas, a UD Ourense entraría no sorteo da última eliminatoria xunto aos gañadores das outras 17 comunidades. Aquí tería lugar un sorteo puro, no que o primeiro que saia do bombo xogaría como local no primeiro encontro. Ademais, en caso de empate ao final da prórroga, iríase á tanda de penaltis para decidir que equipo ascende á Segunda Federación.

O partido de ida contra o Arousa dispútase o luns, 1 de maio, ás 18 horas no Couto

This article is from: