
3 minute read
Máis dun cento de coches véndense no Car Outlet
from Barrios 183
4 O salón recibiu 3.4000 visitas.
Redacción
Advertisement
Expourense acaba pechou as portas da quinta edición do Car Outlet Ourense con 127 coches vendidos e tendo recibido 3.400 visitas, datos que superan amplamente os obtidos na última edición celebrada en maio de 2022 (aínda con restriccións por mor da pandemia). Esta cita organizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense-Acauto, recupera así os bos datos das primeras edicións e consolídase como una cita moi agardada polos expositores e tamén polos visitantes. Dende Acauto indican que esta edición cumpriu as súas expectativas a pesar de que a boa climatoloxía desta fin de semana non contribuíu a animar a visitar o recinto. Esta quinta edición contou coa participación de 15 concesionarios oficiais que representaban a 24 marcas (dúas das cales participaron por primeira vez nesta cita) e que ofrecían máis de 400 opcións.

O ratio de visita por venda de coche aumentou con respecto a outros anos, o que ven indicar o alto nivel de interese do público. Os visitantes deste salón acudiron durante estes tres días á feira con “clara intención de compra, cunha idea bastante clara do que viñan buscar e cun orzamento tope marcado polo que buscan o coche que se adapte ao que tiñan pensado investir”. A esta cifra de ventas haberá que engadir as que se pechen durante os próximos días por parte dos “indecisos” durante a súa visita ó salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira. Dende ACAUTO explican que o proceso de compra dun vehículo supón un importante desembolso para as familias que “veñen ao salón, miran, van para a casa e pensar e aos poucos días veñen ao concesiona- rio pechar a compra”.
Próximas citas
A seguinte cita feiral relacionada co sector da automoción será o 1º Salón do Vehículo Clásico, que terá lugar a fin de semana do 24 e 25 de xuño. Como é habitual, no mes de outubro celebrarase tamén o Salón del Automóbil Novo (6 a 8 de outubro de 2023) e o Salón do Automóbil de Ocasión (20 a 22 de outubro de 2023).
A seguinte cita feiral relacionada co sector da automoción será o 1º Salón do Vehículo Clásico, que terá lugar a fin de semana do 24 e 25 de xuño
Seixalbo entra na rede mundial
Bookcrossing
4 Instalando un punto público de cesión de libros.
Redacción
Seixalbo entrou, desde o pasado 23 de abril, na rede mundial Bookcrossing, instalando un punto público de cesión de libros.

A iniciativa contou coa colaboración de veciñas e veciños que doaron máis dun centenar de títulos para todas as idades. Os libros están dispoñibles nun moble preparado a tal efecto instalado nas inmediacións do parque infantil da vila de Seixalbo e estarán dispoñibles de forma libre e gratuíta para o público.
Desde a Asociación Veciñal San Breixo, din que con esta iniciativa buscan "fomentar a lectura con todos os beneficios que isto comporta. Ademais de apoiar a cultura dunha forma cooperativa, accesible e sustentable".
Concurso Sabores de Ourense

Redacción
Ata o 1 de maio está en marcha a sétima edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera con medio cento de propostas por toda a cidade (tamén para celíacos).
Dos 50 locais partici- pantes a maioría están no Centro Histórico (29), pero tamén no Ensanche (8), na avenida de Bos Aires (4), no barrio de San Francisco (3), na zona universitaria (2), na Ponte (2), na zona do Hospital (1) e no Couto (1). Os prezos dos pinchos varían entre os 2,50 euros e os 3,50. Ademais, dos premios aos mellores pinchos, quen participe na votación do público entrarán nos sorteos de varios premios.
As inmediacións do parque Infantil acollerán o punto de cesión que contará inicialmente cuns 60 títulos dende “prelectores” até novela histórica, pasando pola literatura xuvenil ou ensaio. A intención é ir incorporando novos títulos nos vindeiros meses, todos eles doados por veciñas e veciños da vila.
Máis puntos
Ademais, non se des- carta a instalación de puntos semellantes en outros lugares públicos da vila, en función do éxito da iniciativa.
O punto de cesión de libros é o primeiro en Seixalbo e será incluído dentro da rede internacional Bookcrossing. Unha rede planetaria que baixo o lema “Fai do mundo unha biblioteca” pon a disposición de calquera persoa máis de 19 millóns de libros en máis de 150 países.
Como funciona
Calquera persoa que desexe utilizar o sistema pode facelo soamente collendo un libro, lendo e compartindoo de volta tanto no mesmo punto coma noutro lugar.
Os libros están etiquetados cun número único que se se introduce na web www.bookcrossing.com permite informarse do que se está ler, dar opinións sobre el ao resto de usuarios e coñecer tamén, onde se “liberou” por primeira vez, quen o leu e tamén opinións de outras persoas usuarias.
Se unha persoa quere “liberar” un libro, ou sexa, doalo para a súa cesión, so ten que rexistrarse na web, incluír o ISBN do libro e co número que lle atribúe a web poñerlle unha das etiquetas que atopará no punto de cesión de Seixalbo.