
3 minute read
Nace a asociación
from Barrios 183
"Ourensividad"
4 A cal potencia alimentos autóctonos e hábitos saudables da provincia de Ourense.
Advertisement

Redacción
Nace "Ourensividad", unha asociación que cunha nova forma de visión de futuro que leva a Ourense ao foco mundial de lonxevidade. É punto de encontro de diferentes profesionais, médicos, farmacéuticos, nutricionistas, profesores e asociacións cunha experimentada traxectoria na promoción de saúde no medio rural.
Entre os fins desta asociación atópanse potenciar o valor nutritivo e as propiedades saudables dos alimentos autóctonos desde un posicionamento científico, e divulgar os hábitos saudables da provincia de Ourense, entre os que se atopa as súas arraigadas tradicións ou o termalismo. Preténdese crear un gran produto turístico establecendo sinerxías cos diferentes colectivos, asociacións e concellos da provincia.
Laboratorio de lonxevidade
Ourense é posiblemente a mellor provincia do mundo para exercer como laboratorio de lonxevidade e crear as políticas sociais enfocadas a hábitos de vida saudable e a nutrición, dentro do marco europeo e con vistas á Europa do ano 2050. Un enfoque ligado a un envellecemento activo dentro das comarcas da provincia. A provincia de Ourense non só ostenta un número interesante de denominacións de orixe protexida (DOP) e de indicación xeográfica protexida (IXP) senón que ten atraintes produtos artesáns e ecolóxicos que ligados aos costumes fixan un referente de calidade ao redor da lonxevidade. Froito diso, os estu- dos estatísticos reflicten que o noroeste español é o territorio coa maior proporción de persoas centenarias de España e é Ourense a comarca que conta coa maior proporción, superando nalgunhas zonas a taxa de lonxevidade da prefectura de Okinawa ou Icaria, paradigmas mundiais da lonxevidade.
Actividades
Para levar a cabo este fin "Ourensividad" pretende realizar unha serie de actividades entre as que se atopa a realización de cursos, conferencias e talleres, a publicación de artigos científicos e de opinión con rigor científico, a divulgación dos nosos alimentos de proximidade a través da nosa páxina web e redes sociais, a cata dos nosos produtos como o aceite de oliva, o viño ou o mel, ou a elaboración de receitas de cociña con produtos autóctonos de cada concello, xerando uns "menús lonxevos" que poidan reflectirse nos restaurantes e nos balnearios.
“Ourensividad” pretende crear un gran produto turístico establecendo sinerxías cos diferentes colectivos, asociacións e concellos da provincia
Aberto o prazo para axudas escolares

4 Poderanse entregar as solicitudes até o luns 15 de maio.
Redacción
O Concello de Ourense abre o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar e para prazas de comedor escolar durante o próximo curso 2023/2024. A convocatoria ten un orzamento de 294.250 euros: 25.000 euros de axudas para libros e material escolar, e 269.250 euros para comedores escolares.
O prazo de solicitude remata o vindeiro luns, 15 de maio -incluído-.
A convocatoria ten por obxecto conceder axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar e para comedor escolar, ás unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo que teñan nenos e nenas ao seu cargo que estuden en centros públicos ou concertados do Concello de Ourense, nos que non se segregue ao alumnado por sexo.
As axudas van dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes e empadroadas en Ourense, con 3 meses mínimo de antigüidade, e que non superen os 4.000 euros de renda per cápita anual (no caso dos libros e material escolar) e os 3.700 euros (no caso dos co- medores escolares). Computarase un membro máis no caso de discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental.
Liñas
Establécense dúas liñas de axudas. Por unha banda, para o caso das axudas de libros e de material escolar de nenos/as matriculadas en 4º, 5º ou 6º curso de Educación Infantil. A axuda será de 110 euros por persoa.
E pola outra, para o caso das axudas de comedor, dirixidas a nenos/as matriculadas en Educación Infantil, Primaria ou Secundaria obrigatoria que teñan praza de comedor no centro no momento da concesión da axuda. Esta será de ata 90 euros mes por persoa.
As bases completas, así coma os impresos de solicitude da subvención, están en www.ourense.gal/gl/ areas/asuntos-sociales.
As axudas van dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes e empadroadas en Ourense pois de detectar deterioro na súa base. A obra de Ramón Conde será enviada a un taller de Madrid para a súa limpeza e para un tratamento anticorrosivo, e volverá ao seu emprazamento, con dous metros de distancia respecto ao seu lugar orixinal para que quede en consonancia coa remodelación da rúa.