4 minute read

A cidade conta cun terzo de listas menos que fai catro anos

Next Article
por cinco

por cinco

4 Dez son as formacións que se presentan en Ourense para o 28-M.

Redacción

Advertisement

Xa están todas as cartas dadas a volta e os cidadáns xa poden coñecer cantos partidos concurrirán nas eleccións municipais do 28 de maio e quenes serán os alcaldables.

Con respecto á eleccións municipais de 2019, a capital conta cun terzo menos de listas que hai catro anos, cando se presentaron 15 partidos políticos, mentre que nas eleccións do 28 de maio de 2023 son 10.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as listas provisionais este mércores, 26 de abril; subsando algúns erros cometidos no BOP do día seguinte. As definitivas estarán dispoñibles no Boletín do 2 de maio. A partir de aí, toca agardar á madrugada do 11 ao 12 de maio, momento no que dará comezo unha campaña electoral difuminada coa precampaña. Logo, quedarán dúas semanas para que os candidatos fagan callar o seu discurso entre a cidadanía e que o seu grupo poida ocupar un ou varios sillóns da corporación municipal.

Candidatos

Os dez candidatos qe loitarán pola Alcaldía do Concello de Ourense son Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana);

Manuel Cabezas (Partido Popular); Francisco Rodríguez (Partido Socialista);

Luis Seara (Bloque Nacionalista Galego); José

Manuel Gómez Sánchez (Ciudadanos); José Troncoso (VOX); María Dibuja (Coalición de Centro Democrático); Sonia García (Vivir Ourense);

Antonio Naval (Agora Ourense); e Serafín González (Contigo Somos Democracia).

Por outra banda, Adelante, Espazo Común, Compromiso por Galicia, Por un Mundo Máis

Xusto ePartido Liberal Español non se presentan, como si o fixeran hai catro anos. Tampouco estará a papeleta de Ourense en Común, formación que pasou de ter tres concelleiros en 2015 a non ter ningún neste último mandato (o seu candidato nas anteriores eleccións, Martiño Xosé Vázquez, está incluído na lista do BNG).

Unidas Podemos e Ourense Mellor tampouco concorren como siglas propias, pero farano den- tro dunha confluencia de forzas de esquerda co nome de Agora Ourense (que engloba a Recortes Cero, Alianza Verde, Esquerda Unida, Ourense Mellor, Podemos e Verdes Equo).

As novas candidaturas presentes este ano, ademais de Agora Ourense, son: Coalición de Centro Democrático e Contigo Somos Democracia.

En definitiva, os únicos candidatos que repiten con respecto a 2019 son o ac- tual alcalde, Gonzalo Jácome (DO), e o concelleiro e portavoz do BNG, Luis Seara. PP e PSOE optaron por recuperar a dous ex alcaldes que nos últimos anos estiveron alonxados da política como son Manuel Cabezas (PP) e Paco Rodríguez (PSOE).

O resto serán caras novas (alomenos como candidatos á Alcaldía) como as de Sonia García, que substitúe a Jorge Bermello en VOU, ou a de José Troncoso -anteriormente este último estivo na primeira xestora de VOX Ourense. E María Dibuja será a candidata do CCD, logo de ser concelleira de DO neste mandato. Trala renuncia dunha compañeira, Dibuja entrou no Goberno local, ata que varios concelleiros forzaron a dimisión de Jácome; pero ao non dobregalo decidiu xunto a eles pasarse aos non adscritos. Posteriormente, presentaron un novo partido político que será co que concorran nestas eleccións. nas filas do PP- que chega como candidato de VOX, en lugar de María Jesús Fernández. Trala marcha de Pepe Araújo de Ciudadanos (regresa ao PP logo de abandonalo en 2019) e da renuncia da súa sucesora, Ana Pérez, finalmente será José Manuel Gómez o candidato da formación laranxa. Para Antonio Naval (Agora Ourense) e Serafín González (Contigo Ourense) tamén será a súa primeira candidatura, aínda que

Corporación actual Actualmente, a corporación municipal está conformada por nove concelleiros do PSOE, sete de PP, sete de DO, dous de Ciudadanos e dous do BNG, sumando un total de 27 edís. E catro anos despois chega o momento de que os ourensáns elixan aos seus representantes por outros catro máis; 27 representantes entre 10 formacións que se presentan.

Segundo as enquisas, dos cinco partidos que teñen representación actualmente, parece que a cifra baixará a catro. DO, PP, PSOE e BNG manteranse no consistoria, mentres que Ciudadanos semella que perderá a representación.

Agora falta saber como queda finalmente repartido o pastel, e logo a que pactos chegan, xa que todo apunta a que non haberá maioría absoluta. Desde o PSOE xa anunciaron que non pactarán con Jácome baixo ningún concepto; no PP, o seu candidato tamén fixo declaracións nese mesmo senso, porén, preguntado a Baltar por este tema non foi contundente.

Queda un mes para saber quen gobernará Ourense durante os próximos catro anos. As espadas en todo o alto.

Bono Comercio

Redacción

Esta mesma semana a cifra de ourensáns que solicitaron o Bono Comercio de 100 euros para gastar en establecementos adheridos á campaña superaba os 82.000.

O goberno municipal fai un balance moi positivo da campaña, que desenvolve con éxito de participación e mínimas incidencias. En canto a este último suposto detectáronse fraudes que o Concello puxo en coñecemento da Policía Nacional para a súa investigación e esclarecemento dos feitos.

Manuel Baltar

Redacción

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi denunciado por exceso de velocidade na A-52 cando se dirixía a Madrid. Baltar foi parado pola Garda Civil ao circular a 215 km/h nun tramo no que non se pode superar os 120. Nun primeiro momento abríuselle expediente sancionador (con sanción de 600 euros de multa e retirada de seis puntos no carnet). Porén, días despois foi avisado de que se abrían dilixencias por un posible delito contra a seguridade vial (este suposto dase ao superar en máis de 80 quilómetros o límite de velocidade permitido na vía onde foi detectado).

Por indicación do seu avogado, Baltar non fará declaracións ao respecto. Mentres, partidos da oposición piden a dimisión do dirixente popular.

Estatua dos Ramóns

Redacción

O Concello retira a estatua dos Ramóns (na confluencia das rúas Valle Inclán e Ramón Cabanillas) para a súa restauración, aproveitando a humanización da contorna, e des-

This article is from: