4 minute read

Galicia leva a calidade dos seus produtos do mar por toda España

Next Article
Nace a asociación

Nace a asociación

4 A comunidade promociona os seus pescados e mariscos con catro furgonetas da campaña

‘Galicia sabe amar’ que ofrecen degustacións en municipios do Camiño de Santiago.

Advertisement

Redacción

Galicia dá un paso máis na promoción dos seus produtos do mar e impulsar tanto o seu consumo como os seus prezos levando a calidade e versatilidade dos seus pescados e mariscos por toda España.

“Galicia sabe amar”, a campaña posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2021 con este obxectivo, percorre desde o pasado mes de febreiro distintos municipios españoles para poñer en valor os produtos do mar. Neles mostran a veciños e visitantes as bondades dos manxares máis exquisitos das rías galegas.

Este proxecto iniciouse coa finalidade de dar a coñecer a calidade dos produtos do mar principalmente entre os galegos, pero agora lánzase presencialmente a toda España. O fin é o mesmo: dar a coñecer aos consumidores que se ofrecen múltiples opcións da máxima calidade e frescura para ter unha alimentación sá e equilibrada. Ao mesmo tempo, busca poñer en valor os esforzo diario dos milleiros de profesionais do sector marítimo-pesqueiro galego.

Foodtrucks

Esta “peregrinaxe” (promovida pola Consellería do Mar) conta con catro foodtrucks rotuladas coa imaxe da campaña e que realizan catro traxectos diferentes por boa parte da xeografía española. O obxectivo

Accións coma esta convértense nunha importante ferramenta para impulsar un sector fundamental para a economía galega

As catro foodtrucks estarán en cada localidade entre un e tres días e rematarán o seu percorrido en Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia, respectivamente é que as catro furgonetas cheguen, ofrecendo distintas degustacións, a uns 260 municipios cunha poboación que rolda os 13 millóns de persoas.

Esta iniciativa deu comezo o pasado 15 de febreiro, partindo as catro furgonetas desde a praza do Obradoiro -Santiago de Compostela-. Cada unha delas pasará por numerosas localidades rematando en Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia, respectivamente.

Toda a información sobre as rutas de “Galicia sabe amar” pódese consultar na súa páxina web (https:// galiciasabeamar.xunta.gal) onde se pode consultar información detallada sobre percorridos, horarios e posibles cambios.

A folla de ruta deseñada prevé a permanencia das foodtrucks entre un e tres días en cada localidade chegando a un total de 1.000 degustacións e repartindo uns 250.000 petiscos.

En total son 10 tapiñas diferentes elaboradas a base de produtos certificados do mar (PescadeRías, berberecho de Noia, bonito del norte ou Mexillón de Galicia), xunto con outros da terra con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), ou Denominación de Orixe Protegida (DOP), como fabas, mel, pementos, queixos, pan ou patacas.

Foros de debate

Outra novidade deste ano da “Galicia sabe amar” está nos cinco foros de debate que se van celebrar nas catro provincias galegas nos que chefs e distintos expertos analizarán cuestións relacionadas co consumo dos produtos con “A cociña do mar” como fío condutor. Entre outras cuestións abordaranse a sustentabilidade, a formación e investigación, o territorio, a saúde e o benestar ou a presenza nas redes sociais.

Estes encontros contarán con perfís moi dife- rentes como profesionais do mar, cociñeiros, investigadores, operadores turísticos, docentes e alumnos, profesionais da saúde, bloggers, xornalistas gastronómicos, entre outros, para resaltar a calidade dos pescados e mariscos de Galicia e a enorme oferta gastronómica e hoteleira que ofrece a comunidade. Todos eles afondarán nos retos de futuro do sector ao tempo que promoverán sinerxías entre os distintos elos da cadea de comercialización.

Promoción en feiras

Como complemento desa promoción, a Xunta participa novamente este ano en feiras e eventos nacionais e internacionais para poñer en valor o traballo do complexo mar-industria galego.

Así, no primeiro semestre do ano a Consellería do Mar está presente en distintos encontros de ámbito nacional (Aquafuture Spain de Silleda, o Salón Gourmets de Madrid ou a Seafood Expo Global de Barcelona) e internacional (Gulfood Dubai, Foodex Japan o Seafood Expo North America).

Coa participación nestes eventos dáse a coñecer o produto e preséntanse as novidades e innovacións logradas, contribuíndo así a elevar as exportacións.

Tamén están previstas, a mediados de ano, as feiras Tutto Food Milán, Expomar Burela, Salimat Abanca en Silleda ou o Summer Fancy Food Show de Nueva York. E xa para o último tercio do ano, a Consellería estará presente, acompañando ás empresas galegas, na Seafood Expo Asia, en Expomar Cabo Verde, en Conxemar Vigo, en Anuga Colonia, en San Sebastián Gastronómika, en Xantar Ourense e en Gastrónoma Valencia.

Resultados

Esta estratexia (promoción para elevar o consumo e os prezos) está dando os seus froitos e as cotizacións nas lonxas galegas encadean varios máximos históricos nos últimos anos. Deste xeito o sector avanza no seu obxectivo de obter maiores ingresos e mellorar a rendibilidade da actividade ao tempo que contribúen á sustentabilidade dos recursos pesqueiros. Esta cuestión é fundamental para unha comunidade que conta con máis de 60 lonxas nas que se comercializan arredor de 300 especies entre pescados, mariscos, crustáceos, algas o equinodermos, entre outros, aos que hai que engadir os procedentes da acuicultura, como o mexillón, e os da industria transformadora.

Accións coma esta convértense nunha importante ferramenta para elevar os prezos e impulsar un sector fundamental para a economía galega, xa que ten relación con 76 das 83 ramas económicas indentificadas en Galicia.

Esta industria pon no mercado produtos por valor de preto de 9.000 millóns de euros e o valor das exportacións está medrando nos últimos anos. Este éxito débese, en gran medida, ás campañas de promoción e a participación en feiras onde empresas galegas entablan contactos e pechan negocios con firmas internacionais, o que leva a que os produtos galegos teñan presenza cada vez en máis países.

Cidade

Ascensor na Ponte

Redacción

O Concello instalará un ascensor que facilitará a accesibilidade entre a avenida de Marín e a de Santiago. O Servizo de Infraestruturas recibiu o proxecto técnico desta intervención, que unirá dúas rúas actualmente comunicadas por unha escaleira de forte pendente. A solución adoptada é a dun ascensor con dobre embarque e capacidade para 12 persoas, que salvará a diferencia de cota (7,87 metros) existente entre ambas rúas e desembocará na avenida de Santiago a través dunha pasarela.

O proxecto ten un orzamento base de licitación de 294.635,79 euros.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, destacou a importancia deste proxecto, que considera “vital” dentro do programa de actuacións que desenvolve o Concello para favorecer a mobilidade vertical na cidade.

Ademais, expresou a súa satisfacción por recibir un proxecto encargado hai meses, que “xa está rematado”, ten “viabilidade técnica” e “vía libre” para levarse a cabo, unha vez se dote crédito para licítalo e executalo.

This article is from: