
3 minute read
Máis de medio millar de atletas arrincaron no Vinteún o "Correndo por Ourense"
from Barrios 183
R. Torres
Dez edicións leva xa o circuíto de carreiras populares "Correndo por Ourense". E este pasado domingo, 23 de abril, deu comezo a súa undécima edición que congregou na primeira proba a máis de medio millar de atletas de todas as idades. O barrio do Vinteún deu o pistoletazo de saída a un evento que xa é un clásico do deporte ourensán. Moitos deportistas xuntababanse por primeira vez este ano nunha carreira nun ambiente festivo e, como non, competitivo.
Advertisement
Enrique e Iria
Tralas probas escolares chegaba a proba final, a carreira absoluta. Nesta carreira congregáronse no arco de saída 400 atletas.
Co pistoletazo de saída xa se fixo un grupo cabeceiro dunhas dez unidades, que co paso dos quilómetros os efectivos iba minguando. Entre as mulleres, Iria Fernández collía distancia moi pronto coas súas rivais.
Finalmente, Enrique Blanco impoñíase cun tempo de 19 minutos e 42
O COB xoga con fogo
4 A pesar de ter moi preto a salvación, ten que pechala.
Redacción
segundos. A 10 segundos chegaba o sub20 Héctor Rodríguez e completaba o podio Albino Fernández a 22 segundos do primeiro clasificado.
En mulleres, Iria Fernández on tivo rival e o seu tempo en liña de meta foi de 23 minutos e 35 segundos. A atleta do Adas Porinor aventaxou en 21 segundos á segunda clasificada, a atleta do Runmaniak, Cora Saburido. Na terceira posición remataba Ana Soutullo a algo máis dun minuto da vencedora.
O Couto
A próxima cita do circuíto será no barrio do Couto -única carreira nocturna desta edición-. Terá lugar o sábado, 27 de maio, e dará comezo ás 22 horas coas carreiros dos pitufos para rematar ás 22.30 horas coa absoluta. Para esta carreira xa están abertas as inscricións en correndoporourense. com (de balde para os menores, o resto 5 euros).
Novidade Ás seis probas tradicionais coas que conta este evento, este ano hai que sumar unha máis. Trátase da trail Santomé, unha proba que terá lugar o día 11 de xuño. Os participantes deberán saír desde Oira e subir ata Santomé para logo regresar a Oira. Unha nova proba que fará máis, se cabe, atractivo este circuíto de carreiras populares.

Inscricións abertas para a carreira do Couto en correndoporourense.com
O Club Ourense Baloncesto non pasa polo seu mellor momento da tempada ao perder nas tres últimas xornadas. Contra o Burgos foi unha derrota de escándalo na que os burgalese case dobran en puntuación aos ourensáns (96-49). Faltan catro xornadas para rematar a liga regular e están dúas vitorias por enriba do descenso, polo que todo indica que as probabilidades de permanecer na LEB Ouro son moi altas. A pesar de todo, os homes de Félix Alonso non se deben relaxar e terían que buscar, alomenos, unha vitoria que lles de unha tranquilidade que agora non teñen.

O COB conta con 10 vitorias e tras el están Cáceres e Oviedo cunha menos e fóra dos postos de descenso. A partir de aí: Juaristi (con oito vitorias), Albacete (con sete) e Melilla (con seis) serían os equipos que descenderían de categoría.
Alicante
O próximo rival do COB é un Alicante que está cun pé e medio no playoff de ascenso. O partido dará comezo ás 19.30 horas deste sábado, 29 de abril.
O COB recibe este sábado, 29 de abril, ás 19.30 horas no Paco Paz ao Alicante
14 Barrios 28 de abril 2023
4axenda
Teatro
- Do 20 de abril ao 6 e maio - varias localizacións cidade de Ourense
- 28ª MITEU.
- Venres 28 de abril
- 20 horas - “O mundo como vontade” - Teatro Principal de Ourense.
- Luns 1 de maio - 20 horas - “Injusta justicia”
- Teatro Principal.
Musica
- Sábado 13 de maio -
12.30 h - Rock en familia
- Auditorio de Ourense.
Deportes
- Días 29 e 30 de abril -
5º Campionato de España de Piragüismo medio maratón - Muíños.
- Sábado 29 de abrilCampionatos galegos de voleibol benxamín, prebenxamín e Copa alevín
- O Pompeo e Os Remedios.
- Sábado 29 de abril
- 19.30 h - LEB OuroCOB - Alicante - Paco
Paz.
- Domingo 30 de abrilCastro Trail Xtreme Barbadás - Parque da Liberdade (A valenzá) - Trail longo (9h.), Trail curto e andaina (9.30h).
- Luns 1 de maio - ás
10.55h - Campionato da Península Ibérica de ciclismo - Ourense.
- Luns 1 de maio - 18 hfase de ascenso á 2ª RFEF
- UD Ourense - Arousaestadio do Couto.
Exposicións - Ata o 7 de maio - Oficio e arte - CC Marcos
Valcárcel.
- Ata o 28 de maioXosé Poldras. Diálogo dos peixes - CC Marcos Valcárcel.
Outros
- Do 28 ao 30 de abril
- Feira do Viño de Ribadavia - Ribadavia.
- Sábado 29 de abril

- 20 h - 12ª xornadas de Danza - Teatro Principal de Ourense.
- Luns 1 de maio - Festa dos Maios (praza da Alameda) e Feira Solidaria (praza García Barbón) - Verín.
- Xoves 4 de maio16h - Xornadas “Ventilación mecánica non invasiva en urxencias” - CC Marcos Valcárcel. www.periodicobarrios.com
