
7 minute read
Aever participará nos Maios e no Día da Nai Descobren documentos chave para a historia de Monterrei
from Barrios 183
4 No despacho de Recaredo Romero.
Redacción
Advertisement
Redacción
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) participará nos Maios e do Día da Nai. Durante os Maios instalará uns inchables na praza García Barbón de 10 a 14 horas, para acceder a eles presentarase na carpa de Aever un tiquet de compra dun dos comercios asociados e a entrada aos inchables será dun euro que irá destinado á Asociación contra o Cancro.
Día da Nai
E o domingo 7 de maio, para incentivar que se compre o agasallo para as nais no comercio local sortearanse 500 euros. Quen merque un agasallo para a nai nun dos 100 establecementos da asociación entrará no sorte de cinco cheques de 100 euros a gastar en comercios adheridos a Aever. O establecemento contará cun corazón onde porá "Quérote mamá!" para quen queira sacarse unha foto e difundila.
Para participar débese enviar ata o 7 de maio unha foto do tiquet de compra a aeverccu@ gmail.com indicando nome e teléfono. O 8 de maio farase o sorteo e publicaranse os resultados a través das redes sociais, ademais de poñerse en contacto cos premiados.
Os gañadores terán ata o 22 de maio para gastar o cheque de 100 euros nun mínimo de 2 establecementos e un máximo de 50 euros por local.
Sortearanse 5 cheques de 100 euros entre os que merquen o agasallo para a súa nai nos locais de Aever
O edificio modernista que albergou desde 1927 os Almacéns Recaredo Romero acaba de ser adquirido polo Concello de Verín para ser sede do Museo Comarcal. No despacho do comerciante e financeiro descubríronse varias ducias de tomos de pormenorizada documentación sobre transaccións agrarias, especialmente de viño e gandeiría. Prezos e tipos de uva, censos gandeiros, modelos de propiedade da terra e todo tipo de detalles sobre a historia agraria da bisbarra nas décadas centrais do século pasado, incluíndo os documentos de creación da Cooperativa de Monterrei.
Técnicos do Museo do Viño de Galicia e da DO Monterrei realizaron unha primeira inspección dos mesmos, e desenvolverán agora tarefas de conservación, inventariado e restauración, para polos no futuro ao dispor dos investigadores.
Para os técnicos este descubrimento supón “unha interesantísima fonte de consulta sociolóxica e económica para doutorandos e investigadores do futuro sobre as condicións e evolución da economía agraria da comarca de Monterrei en pleno século XX”. Agora, a primeira tarefa urxente é consolidar e restaurar os milleiros de documentos para que poidan cumprir esta función documental. Para iso, o Concello de Verín xa estuda a fórmula de colaboración co Museo do Viño de Galicia, que conta cos especialistas de conservación oficial e instalacións adecuadas para elo, e coa DO Monterrei para a súa preservación.
Recaredo Romero
Recaredo Romero foi un dos grandes propietarios de Verín, e en 1965 fundou xunto a outros emprendedores que querían impulsar unha nova dimensión enolóxica na comarca, a “Cooperativa de Monterrey”, coas mellores instalacións do momento na localidade de Albarellos. En dúas décadas de expan- sión, chegou a mercar 4 millóns de quilogramos de uva ao ano a 600 viticultores da comarca, constituíndose así no xermolo da actual DO Monterrei.
Centro Divulgación
Precisamente na antiga adega de Recaredo Romero, nas traseiras dos almacéns ubicarase o Centro de Divulgación do viño de Monterrei. Fai unhas semanas Concello de Verín e Denominación de Orixe acordaron colaborar para tal fin. O novo Museo adicará unha sala aos adegueiros e agricultores que lanzaron á fama o viño de Monterrei. Ademais, contará nos seus 500 m2 con sala de cata, auditorio e exposicións.
Na antiga adega de Recaredo Romero, nas traseiras dos almacéns, ubicarase o Centro de Divulgación do viño de Monterrei
En Breve
4 Pleno
Durante o pleno do pasado 24 de abril, a corporación municipal de Verín acordou a aprobación inicial da proposta do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín. Este punto foi ratificado por 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular.

Tamén se aprobou (cos mesmos votos) unha moción de urxencia referente a unha factura correspondente ao exercicio do ano 2022 que, por error, non se incluíu no último recoñecemento extraxudicial de crédito.
4 Medio Rural
O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou as novas dependencias da Oficina Rural de Verín. En total, investíronse preto de 255.000 euros nun proxecto que busca mellorar a atención á cidadanía do rural nesta contorna.

Posteriormente, o conselleiro supervisou as obras da nova sede do Distrito Forestal XIV Verín-Viana e do Centro de Coordinación do Distrito, onde xa se acometeron melloras e se implementará unha Base de Unidade Operativa (BUO), cun investimento próximo aos 500.000 euros.
4 Biorresiduos
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou a obra da planta de biorresiduos de Verín, que se constrúe no polígono industrial de Pazos e comunicou que entrará en servizo o 1 de xuño.
Pleno extraordinario
Redacción
O Salón de Actos do Concello de Verín acolleu un pleno extraordinario o pasado 13 de abril. No mesmo, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a gastos procedentes do exercicio 2022, no orzamento xeral municipal para o presente exercicio 2023 (prorrogado do 2022). O importe total é de 2.621.586,49 euros, levantándose así o reparo de intervención para todas estas facturas, procedendo o pago das mesmas. A moción aprobouse con 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e catro votos en contra do Partido Popular.

Co mesmo resultado de 12 votos a favor (PSOE e BNG) e os catro en contra dos populares aprobouse a conta xeral do exercicio 2021 e o levantamento de reparo de legalidade referente á compra dun vehículo de segunda man que, cun importe de 36.300 euros, estará destinado ao Servizo de Recollida de Residuos Municipal.
Premio poesía Xosé C. Caneiro
Redacción
O Concello de Verín convoca o certame de poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, para fomentar a creatividade literaria das persoas que estudan nos centros de ensino da comarca. Poderán participar alumnos de Primaria (5º ou 6º), 1º e 2º de ESO, e 3º e 4º de ESO en calquera dos centros da comarca de Verín.
Os poemas preseleccionados en cada centro enviaranse a cultura@verin.gal, antes das 12 h do día 5 de maio, en ficheiro en formato PDF que se denominará co pseudónimo (utilizado pola persoa autora) seguido de _P56 (se é de Primaria), _E12 (1º e 2º de ESO) ou _E34 (3º e 4º de ESO).
Marcelo Katz imparte un obradoiro de clown
4 Levarase a cabo do 1 ao 4 de maio.
Redacción
O Festival Internacional de Curtas de Verín -FIC Vía XIV- busca voluntarios
4 Os interesados deberán cubrir un formulario na web do festival.
Redacción
Xa se está a traballar na oitava edición do Festival Internacional de Curtas de Verín -FIC Vía XIV. Por iso, desde a organización están inmersos no deseño das diferentes accións que se impulsarán no marco do certame.
Trala apertura do prazo de recepción de curtas, o propio director do evento, Carlos Montero, anuncia que se activa a busca de voluntarios e voluntarias, de calquera idade, que queiran “introducirse de cheo nas tripas dun certame cinematográfico que se foi consolidando, ao longo do tempo, como canteira para a proxección de talento local”.
Voluntarios
Desde a súa primeira edición, en 2016, o FIC Vía XIV xa contou coa participación de diferentes perfís, principalmente procedentes de Verín e comarca, pero tamén doutras zonas de España e mesmo do estranxeiro, interesados en mergullarse na experiencia de facer posible un festival destas características. Ademais, moitos deles, segundo lembra Carlos Montero, “conforman na actualidade o cadro de persoal que fai posible o festival”. Neste sentido, Montero sinala que “de voluntarios pasaron a ser profesionais remunerados ligados ao certame”.
Inscrición
Todas aquelas persoas que queiran formar parte do FIC Vía XIV aprendendo a realizar, entre outras, tarefas de comunicación e xestión de redes sociais, fotografía, protocolo, realización ou produción audiovisual do evento poden inscribirse cumplimentando un formulario específico que se pode atopar na pestana voluntarios da web ficviaxiv.com.
“Estamos seguros de que a experiencia será enriquecedora para todos eles, posto que poderán entrar en contacto con directores, productores, guionistas, realizadores e con outros profesionais ligado ao cinema que visitarán Verín para participar no FIC e, iso sen dúbida, axudará a que se xere unha rede de networking que pode resultarlles moi útil”, conclúe Montero.
Datas O FIC Vía XIV 2023 desenvolverase do 8 ao 17 de setembro. Este ano, como principal novidade, a organización decidiu poñer o foco dunha das categorías oficiais do certame -a denominada Horizontes- en programar curtas que teñan como obxectivo chamar a atención sobre a sostibilidade e a urxencia de tomar medidas que axuden a paliar o cambio climático, ademais de manter a recepción de curtas baixo a premisa habitual desta categoría. Ao respecto desta cuestión, tamén se promoverán accións paralelas específicas dentro da axenda do FIC.
Xunto a isto, intensificarase na vindeira edición do certame a oferta para os cativos e cativas a través dunha nova categoría infantil que se engade ás tradicionais (Horizontes, A Raia e Nova). As curtas presentadas a concurso nesta categoría non poderán exceder dos dez minutos de duración. As bases desta oitava edición do FIC xa poden consultarse na web ficviaxiv.com.
Carlos
O aclamado artista arxentino Marcelo Katz ofrece un taller gratuíto de clown en Verín. Devandita iniciativa está organizada pola escola de teatro Kotodama e patrocinada pola área de Educación Cultura e Festexos do Concello de Verín.
O obradoiro, que será de balde, levarase a cabo do 1 ao 4 de maio -de 17:00 a 21:00 horas- na escola de teatro Kotodama. Esta iniciativa contará cun espectáculo final que percorrerá as rúas da vila.
Para Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín, "é toda unha honra contar coa presenza dun artista da talla de Marcelo Katz no noso municipio. Este taller gratuíto é unha gran oportunidade para que os cidadáns de Verín aprendan dun dos mestres do clown máis importantes do mundo".
Para Cañaveral, director de Kotodama, "Marcelo é un profesional que entrenou a artistas do Circo do Sol, poo que, que veña a Verin é un auténtico luxo".
Katz é un experto en clown, oratoria, bufón, máscaras, teatro e coaching, e é director da prestixiosa Escola de Clown Espacio Aguirre en Buenos Aires, onde estivo impartindo clases durante máis de 30 anos. Ademais, viaxou por todo o mundo como docente e artista, ensinando e actuando en cidades de Latinoamérica, Europa e Estados Unidos.
Para obter máis información, chamar ao 600 234 318.
O obradoiro contará cun espectáculo que percorrerá as rúas da vila.
Cogami
Redacción
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) rematou o curso de alfabetización dixital en Verín dirixido a persoas con discapacidade celebrado nas instalacións da aula Cemit do Casa da Xuventude do Concello de Verín. Nesta formación participaron un total de oito persoas (todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual), contando cun total de 85 horas lectivas, e nas que se abordaron módulos sobre internet, procesador de textos e folla de cálculo. Estes cursos que desenvolve Cogami teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral.