
7 minute read
Galicia: paraíso das fervenzas
from Barrios 183


Advertisement
4 Un catálogo recolle unha escolma das máis destacadas da comunidade.
Redacción
A Xunta de Galicia vén de presentar en Fitur o catálogo "Fervenzas de Galicia, Poema Visual", no que se demostra que a nosa comunidade é un destino de excelencia, con experiencias e vivencias únicas. O catálogo das fervenzas galegas é froito do traballos de dous anos nos que se reúnen e clasifican saltos de auga distrubuidos polas catro provincias galegas.
O Goberno galego pretende un turismo de calidade e sostible, o que casa perfectamente co potencial turístico dos numerosos saltos de auga que hai por toda a xeografía galega.
Singularidade
En Galicia a auga non é un ben escaso, pero si é un ben prezado. Un territorio delimitado polo oceáno Atlántico polo seu lado oeste e polo mar Cantábrico na súa vertente norte, é a porta de entrada a frecuentes frontes tormentosas que o regan con abundancia. Na súa orografía crebada, as mainas costas conviven con altas montañas que, nalgúns casos, superan os 2.000 metros de altitude. Os seus ríos, regatos, torrentes e mananciais atopan no seu percorrido frecuentes dificultades que furan ou salvan creando espectaculares cadoiros de auga.
A distinta dureza dos materiais xeolóxicos, as rupturas abruptas provocadas polas fallas e o efecto dunha paseniña erosión sobre os leitos fluviais
O catálogo das fervenzas galegas é froito do traballos de dous anos nos que se reúnen e clasifican saltos de auga distrubuidos polas catro provincias galegas conforman atractivas paisaxes dominadas pola presenza da auga. A numerosa existencia de fervenzas en Galicia ponse de manifesto nas ducias de palabras galegas que temos para denominalas: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, cadoiros, saltos, cachóns, callóns, cachoeiras, abanqueiros, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, caeiras, pincheiras, seimeiras, ... Resulta difícil determinar o número exacto de pincheiras que agocha o noso patrimonio natural. Arroios, torrentes, regatos e afluentes abrázanse e escorregan por Galicia en centenares de fervenzas.
Pero non só se trata da potencia visual destes escenarios naturais, senón tamén dos seus sons, os seus xogos de luces e sombras, a humidade permanente e a vexetación que se acubilla nestas contornas. Todo iso converte ás fervenzas en lugares máxicos onde experimentar unha especial conexión coa natureza.
Tipos
Nesta guía recóllese unha escolma das que se poden considerar as máis salientables, clasificadas en 13 grupos segundo a característica que mellor as define: a súa altura, o seu abondoso caudal, a formación de pozas, de escorregadoiros...
As páxinas do catálogo convidan a mergullarse nun poema sensorial de extraordinaria beleza, no que alternan uns textos breves e concisos cunhas espectaculares fotografías.
O catálogo pódese visitar na web turismo.gal onde se clasifican as distintas fervenzas en varios tipos segundo as súas características. Estas son algunhas das máis destacadas de cata tipo. Altas e elegantes: ola do cenza e poza da Moura (Vilariños de Conso), a de Codeso (Boqueixón) e a de Santa
Mariña ou de Graba (Silleda); Auga abondo: do Barbantiño (Maside), do Xestosa (Ourol), e a máis coñecida alén das nosas fronteiras a do Ézaro (Dumbría); Cadoiros verticais: da Cidadella (Vilardevós) e Pozo do Inferno (Ortigueira); Cola de cabalo: da Graña (Forcarei) e de Brañas (Toques); A máis galega: neste apartado está a fervenza do muíño da Serra ou do Pereiro, formando esta unha xigante letra X (ubicada en Boqueixón); Entre bosques: de Gosolfre (Mazaricos), das Campaíñas (Cuntis) ou a da Mazoca (A Capela); Entre corgas: da Fecha (Lobios), de Hérvedo (Cuntis) ou do Fondós (Chantada - Carballedo); Augas bailadeiras: Pincheira de Portomao (O Barco de Valdeorras), do Rexedoir (Val do Dubra) ou dos Casariños (Fornelo de Montes); Para os máis afoutos: Poza da Seima (Lobios); da Grada (Folgoso do Courel) oo do Pombar (Quiroga); Pequenas pero xeitosas: Caldeiras do río Castro (Muxía), de castriz (Santa Comba), ou de Vilariño (Calvos de Randín); Pozas mergulleiras: das Olas (Lobios), da Ferida (Xove - Viveiro) ou Pozo da Onza (O Valadouro); Laxes escorregadeiras: da Misarela (A Pobra do Caramiñal), de Segado (Caldas de Reis) ou a Freira das Laxes (Moraña); e Fontes rebuldeiras: Pozo do Inferno (Crecente), da Cadarnoxo (Boiro) ou a de Ribaiseira (Porto do Son). Agora podes ver o espectácular catágolo con vídeos e fotografías, pero,... por que non vivir por ti mesmo esta experiencia a próxima vez?
As fervenzas están clasificadas en 13 grupos segundo a característica que mellor as define: a súa altura, o seu abondoso caudal, a formación de pozas, de escorregadoiros...
Barbad S
EN BREVE
4 Roteiro dos Cruceiros
O Concello de Barbadás presenta unha nova oferta turística. Trátase dunha ruta polos 33 roteiros cos que conta o concello ao longo de 30 km. Distribuiranse uns folletos, cada un acompañado dun código QR que permitirá descargar a historia de cada un deles, así como acceder ao máis relevante de cada lugar.
4 Festas da Valenzá
As festas patronais da Valenzá que serán os días 3, 9, 10 e 11 de xuño, cambiarán de ubicación e trasladaranse á rúa 17 de Maio e na Calzada Romana, no tramo comprendido entre a rotonda de Carrefour e o Polideportivo Municipal, á outra marxe do río. O Centro Comercial Carrefour contribúe á comodidade do público asistente ás festas cedendo o seu aparcamento ao Concello de xeito gratuíto.

4 Banda ancha en Piñor
O Concello de Barbadás tramita a licencia para a instalación de banda ancha nos barrios de Barxa e Pista de San Benito, ambos en Piñor, despois de meses de xestións iniciadas a raíz da demanda da propia veciñanza, que levaba tempo con problemas para acceder a internet e de cobertura móbil. Por este motivo instalaranse 13 postes de fibra de vidro e unha canalización soterrada de preto de 800 metros.
4 Beirarrúas da Valenzá
Está previsto a reforma das beirarrúas na Valenzá para solucionar os problemas de mobilidade en moitas das rúas. A superficie de actuación é de 1.805,10 m2 e o orzamento é de 159.795 euros.
Ata o momento, as rúas de Salgueirños e Carris xa foron rematadas, mentres que en Picouto e Ensino atópanse en execución. Despois mellorarase Areal, Bahamonde, Severo Ochoa e Garrida.
Valcarce e Quiroga firmando o convenio entre CHMS e Concello de Barbadás.

Colaboración entre CHMS e Concello

A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), mellorará o Camiño Dos Muiños e na contorna da Fervenza do Pisco tralo convenio firmado entre a entidade gubernamental que preside José Antonio Quiroga e Xosé Carlos Valcarcel, alcalde de Barbadás. O investimente estimado ascende a 500.000 euros (para actuar sobre unha lonxitude dun quilómetro e medio) e será sufragado entre ambas administracións na porcentaxe acordada no convenio.
Parque Infantil Redacción
A rúa da Presa mudará a súa imaxe para ofrecer, no que era antes un espazo deteriorado, un parque infantil. Unha inversión de 100.000 euros converterá a zona nun moderno parque de xogos, adaptado e inclusivo. As obras neste interior de mazá (ubicado detrás da gardería e Policía Local, na Valenzá) xa están en execución e permitirán dotar a este parque de novos elementos de xogo, así como mellorar a súa accesibilidade. Para proporcionar accesibilidade ao parque infantil construiranse tres plataformas comunicadas entre elas por un sendeiro e escaleiras, cunha diferenza de cota menor a 60 centímetros entre plataformas. Ademais, instalaranse bancadas, novas papeleiras ou renovarase a fonte bebedeiro. Tamén se recolocarán os farois actuais, adaptándoos á nova configuración do parque infantil.

Reciclaxe
Redacción
As bolsas repartíronse entre o comercio local de Barbadás
Bolsas para fomentar o comercio local
A Concellería de Comercio vén de distribuir entre os establecementos do municipio bolsas con lemas co obxectivo de impulsar o comercio local. Iniciativa que se suma a outras campañas promocionais en datas sinaladas, con descontos ou sorteos; os bonos comercio; ou os roterios comercias, con percorridos e mesmo guías para dar a coñecer os distintos establecementos da zona.
Os comerciantes, pola súa banda, participan en obradoiros e cursos de formación e asesoramento organizados pola mesma concellería, nos que coñecen novas técnicas de venda, márketing ou escaparatismo co fin de de mellorar a súa competitividade.
Barbadás súmase á iniciativa “Únete ao reto”, na que se fomenta a reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks en contedores amarelos. O obxectivo é incrementar, ao menos nun 10%, as cifras de recuperación deste tipo de residuos con respecto ao ano anterior, e así obter unha recompensa de 1.500 euros, cantidade que de- berán destinar á causa social que elixan. Ademais de Barbadás, na campaña participan Xinzo de Limia, Celanova, Arzúa, Melide, Ribadeo, Baiona, Mos, Nigrán, Salvaterra de Miño e Silleda. En total, suman preto de 140.000 habitantes.
A iniciativa estenderase ata o 30 de xuño, tempo no que estarán instalados contedores xigantes e realizaranse actividades promovidas por 16 monitores do proxecto, que estarán un mínimo de catro días.
Obras
Monolito que homenaxea a voluntarios que axudaron durante a pandemia.
Paseo da solidariedade

Barbadás homenaxea aos voluntarios que axudaron durante a pandemia e a todas aquelas persoas que aportaron, de forma altruista, o seu gran de area. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, quen presidiu a homenaxe, tampouco se esqueceu dos sanitarios e forzas e corpos de seguridade. Durante o acto, inaugurouse un monólito cunha placa recordando o traballo solidario de todo un pobo e plantouse unha oliveira e unha “cápsula do tempo”. Ademais, a rúa, ate agora sen nome, recibirá o nome de Paseo da solidariedade.
Redacción
O Concello de Barbadás aproba un proxecto para a mellora da capa de rodadura da Rúa das Burgas e Travesía do Viso (A Valenzá). A concelleira de Infraestruturas e tenente alcalde, Vitoria
Morenza, destacou a importancia desta actuación, “xa que estas dúas rúas son moi transitadas e necesitan unha intervención debido á deterioración do firme”. A obra terá un custo total de 47.078,68€ e espérase que mellore significativamente a seguridade viaria e o acceso ás vivendas nestas dúas rúas.
Centenario
Carmen Martín Gaite
Redacción
Un roteiro literario será o pistoletazo de saída para converter a Piñor en epicentro do centenario do nacemento de Carmen Martín Gaite. Devandito roteiro terá lugar este sábado, 29 de abril; a andaina literaria percorrerá lugares que claramente son identificados na obra de Martín Gaite, de cando pasaba os veráns da súa infancia na localidade. Preténdese que o roteiro sexa un referente no turismo cultural e literario e que se estude nos centros educativos do municipio con unidades pedagóxicas específicas.
O proxecto ten como obxectivo dar a coñecer a figura da escritora Carmen Martín Gaite e a súa relación con Piñor, así como os tesouros agochados da zona.
Actividades
O concello espera que esta actividade sexa o punto de partida para un ano cheo de eventos en honra á autora e que culminará o próximo 2025 coa celebración do seu centenario.
O proxecto, ademais de ter unha destacada impli-
Obradoiro de Emprego
Redacción
O Centro Empresarial
Transfronteirizo de Barbadás acolle o Obradoiro
Dual de Emprego cun total de 20 alumnos dos Concellos de Barbadás (12 alumnos), Taboadela ( 4), Toén e San Cibrao (2 cada un). Todos eles reciben formación en actividades auxiliares en conservación e mellora