2 minute read

Catro listas concorren en Verín nas municipais de maio

Next Article
por cinco

por cinco

4 En Barbadás son seis os partidos que se presentan.

Redacción

Advertisement

No ano 2019 presentáronse en Verín cinco partidos políticos nas eleccións municipais, este ano a cifra baixa a catro formacións. Catro anos atrás PSOE, BNG, PP, VOX e Mareas Locais participaban nun proceso electoral que arroxou uns resultados nos que os socialistas foron a lista máis votada (3.495 votos e 8 concelleiros); seguido do BNG (1.973 votos e 5 concelleiros). O PP baixaba 3 escanos (con 1.797 votos e quedaba en 4 concelleiros dos 7 que tiña); mentres VOX (155 votos) e as Mareas (73 votos) quedaban sen representación na corporación municipal. Nesa ocasión, reeditábase o pacto PSOE - BNG para continuar catro anos máis no Goberno local (conformaban coalición desde as anteriores elección, aló polo 2015).

Para este 2023, desaparecen as Mareas, pero continúan as outras catro forzas. Socialistas, nacionalistas e a ultradereita manteñen aos mesmos candidatos; pola contra, os populares cambian de cabeza de lista.

Así, o actual alcalde, Gerardo Seoane, encabeza a lista do PSOE; Diego Lourenzo fará o propio na do BNG; e Domingo Otero seguirá ao fronte de

VOX. No Partido Popular, Juan Manuel Jiménez Morán (ex alcalde de Verín e cabeza visible do PP durante moitos anos) cede a testemuña a Lara da Silva (ata fai unhas datas presidenta da Denominación de Orixe Monterrei).

Todos eles buscarán mellorar os resultados dos pasados comicios e formar parte do Goberno municipal durante os vindeiros catro anos.

Listas Nos primeiros postos da lista socialista mantéñense os oito concelleiros cos que actualmente conta o partido. No Bloque, o máis destacado é a ausencia de Emilia Somoza, quen era, ata agora, concelleira de Cultura, Educación e Festexos, cargo que ostentou nos dous úl-

En Verín, Seoane (PSOE), Lourenzo (BNG) e Otero (VOX) seguen a ser os candidatos; no PP, Lara da Silva substitúe a Jiménez Morán timos mandatos. Somoza deixa Verín, pero non a política, xa que se presenta como número dous na candidatura do BNG en Viana do Bolo (a súa terra natal). Substiuiráa na lista Samanta Barreira Vivián, que irá de número catro; nas primeiras posicións non contan con máis variacións.

Lara Da Silva non é a única novidade entre os populares. Da Silva substitúe a Morán, que deixa a política, pero tampouco estarán nesta ocasión nin Víctor Manuel Baladrón Lamas, nin María Luisa Valladares Rodríguez. Dos catros concelleiros cos que conta na actualidade o PP soamente re- pite Beatriz Blanco Adegas. Xunto a Da Silva e Blanco estarán nas cinco primeiras posicións Aitor Álvarez (número dous), Sonia Arias (número tres) e Bernardo Rodríguez (número cinco).

Por parte de VOX, acompañarán a Otero nas cinco primeiras posicións María del Carmen Vaz, Antonio Fidalgo, Adrián Mas e María del Mar Concepción García.

Barbadás Os veciños de Barbadás terán una opción menos a quen votar con respecto ás municipais de fai catro anos. Daquela, sete partidos presentábanse para a alcaldía do concello; nesta ocasión son seis as formacións inscritas para o proceso electoral.

Non concurrirán nin Espazo Común, nin Ciudadanos, nin Compromiso por Galicia; se ben é certo que o Partido Galego (PG) irá co cabeza de lista de CxG (Ramón Padrón). Pola contra, tamén irrum- pe entre as listas entres as que escoller VOX. No Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego manteñen aos candidatos de 2019. Polo tanto, Xosé Carlos Valcárcel (PSOE) será candidato á reeleción como alcalde; e Chelo Vispo e Sarín Núñez continuarán ao fronte de PP e BNG, respectivamente.

Quen cambia de candidato é Democracia Ourensana, logo de que Fina Varela non se volva presentar; no seu lugar aparece Daniel Rey.

Compromiso por Barbadás (CxB) desaparece, pero a maior parte da súa lista pasase ao Partido Galego liderado, como dixemos anteriormente, por Ramón Padrón.

Cabe recordar que as anteriores eleccións deixaran a corporación municipal con sete concelleiros do PSOE (que en 2015 sacara cinco); seis do PP (os mesmos que en 2015); dous do BNG (baixando un con respecto ás eleccións anteriores); un de DO (un menos que en 2015); e un de CxG (os mesmos que catro anos atrás).

Os veciños de Barbadás poderán elexir ao alcalde entre os candidatos de PSOE, PP, BNG, DO, PG e VOX, un menos que nas eleccións anteriores

This article is from: