
2 minute read
ESCRIBO retallos de lingua
As formas persoais do verbo. Raíz e desinencia decido → decidir → decid- -o
Os verbos persoais si indican número, persoa, tempo e modo. Están formados pola raíz e as desinencias verbais.
• A raíz é a parte que queda ao quitarlle a terminación -ar, -er ou -ir ao seu infinitivo.
• As desinencias verbais expresan o número, persoa, modo, tempo e voz dos verbos.
RAÍZ DESINENCIA
Infinitivo conxugado
Tamén podemos utilizar o infinitivo conxugado. A diferenza do infinitivo visto nas formas non persoais, o infinitivo conxugado indícanos o número e a persoa.
Infinitivo conxugado do verbo comer
O infinitivo conxugado úsase:
• Cando o infinitivo ten un suxeito diferente ao do verbo principal.
Dille que volva antes de chegarmos a casa.
• Cando o infinitivo leva diante unha preposición. Para cantares no escenario tes que superar unha proba.
5. Escribe un exemplo para cada un dos usos do infinitivo conxugado.
Os verbos regulares e irregulares
Os verbos regulares son aqueles que manteñen a súa raíz ou lexema durante toda a conxugación e teñen as mesmas desinencias que os verbos da 1ª (-ar), 2ª (-er) e 3ª (-ir) conxugación.
Os verbos irregulares son aqueles que presentan variacións:
Na raíz:
• Fas → infinitivo: facer → raíz fac-
Na raíz ou nas desinencias:
• Tiven → infinitivo: ter → raíz t-
• Couben → infinitivo: caber → raíz cab-
Vamos libro, fala para min, cóntame as cousas que eu inda non vin.
O verbo destacado en verde é un verbo regular e o destacado en vermello é un verbo irregular.
Para saber se un verbo é regular ou irregular temos que observar o presente, o pretérito de indicativo e o presente de subxuntivo. Se neses tempos non hai alteracións, é un verbo regular.
Verbo regular: NADAR nado
Verbo irregular:
DICIR digo dixen diga partir ir durmir coller perder
Os verbos defectivos
Chove en xaneiro Sobre a campía
Choiva moi mesta. Choiva moi fría.
Chove en febreiro encol da terra.
Choiva que laia. Choiva que berra.
Os verbos defectivos non se poden conxugar en todas as persoas ou tempos verbais, só se poden conxugar na 3ª persoa dos diferentes tempos verbais.
• Algúns verbos defectivos son: suceder, atinxir, etc. Por exemplo, na seguinte oración, sucedeu é 3ª persoa do singular. Non podemos dicir eu sucedín, ti sucediches…
Sucedeu
• Tamén son defectivos os verbos que fan referencia a fenómenos meteorolóxicos: chover, anoitecer, tronar, sarabiar, amencer... Do mesmo xeito, na seguinte oración tronou é a 3ª persoa do singular. Tampouco podemos dicir eu tronei, ti tronaches

AGORA TI!
8. Os aleluias son estrofas divertidas formadas por dous versos que riman.
• Observa o exemplo e fai o teu aleluia usando un verbo defectivo.
Cando a nena choraba, na vila tronaba.
A persoa e o número do verbo
As formas persoais do verbo varían en número e persoa.
A persoa no verbo indica quen realiza a acción.
• Primeira persoa: fai referencia á persoa que fala.
• Segunda persoa: fai referencia á persoa que escoita.
• Terceira persoa: fai referencia a unha persoa distinta da que escoita ou fala.
O número indícanos cantas persoas realizan a acción.
• Singular: a acción realízaa unha soa persoa, animal ou cousa.
• Plural: a acción realízase por máis dunha persoa, animal ou cousa.
Os pronomes persoais tamén nos axudan a identificar a persoa e número do verbo.
Singular Plural Primeira persoa Eu canto Nós cantamos Segunda persoa Ti cantas Vós cantades
Terceira persoa El/Ela canta Eles/Elas cantan
AGORA TI! desestabilizamos parín endurecerán saberías Verbo Número Persoa Tempo
9. Elabora unha táboa e clasifica os seguintes verbos segundo a súa persoa e número.