
1 minute read
A comparación
Xabier canta coma un paxariño.
A oración anterior é unha comparación. Quere dicir que canta moi ben.
A comparación é un recurso literario que consiste en destacar as semellanzas entre dous termos ou cousas. Está presente na linguaxe literaria e tamén na linguaxe cotiá.
Termo real e / está semella parece
Aquilo que se describe.
AGORA TI!
Termo imaxinario
1. «Esa bailadora que bonita é, debuxando voltas na punta do pé» son uns versos da canción O baile de Noró, de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.
• Imaxina a esa bailadora e fai tres oracións comparándoa cunha buxaina, cun muíño e cunha estrela.
2. No tema «O salón de cereixas», Xabier fala da súa nai e da súa avoa. Pensa en cinco mulleres importantes na túa vida e en cinco animais ou elementos da natureza, ideas… Fai oracións nas que empregues a comparación entre as palabras das dúas listaxes.
• Por exemplo: A Lúa baila como a miña nai.
A personificación e a hipérbole
A personificación é un recurso literario que consiste en atribuír calidades propias dos seres humanos a animais, elementos da natureza, obxectos, ideas... como por exemplo:
As nubes choran
A auga canta
A porta asubía
As flores imaxinan
A hipérbole consiste en esaxerar as características dalgún elemento coa finalidade de chamar a atención sobre el.
Bota lume pola boca.
Queremos dicir que está moi enfadado ou enfadada.
AGORA TI!
1. Pensa en cinco homes importantes na túa vida. Despois inventa unha hipérbole para cada un deles.
2. Con frecuencia, a personificación utilízase cos fenómenos atmosféricos ou coas forzas da natureza. Intentade pensar tres exemplos e ilustralos.
3. Imos esaxerar e crear hipérboles para estes elementos:
• Un anaco de pan moi duro.
• Unha bicicleta que corre moito.
• Uns lapis de cores brillantes.