
1 minute read
PENSO E POÑEMOS EN COMÚN
Desvelando O Misterio
galegón?
non!! vese que levas pouco tempo na escola, martiño, todos a coñecen por “galeón”.
comba, sabela, pedro...
un día, na biblioteca, vin un conto e como non sabía ler, pedinlle á mestra que me lese unha palabra que eu pensaba que era o nome do pirata. pero a mestra leu só a portada: “galeón”.
sabela, por que te chaman “galeón” tendo un nome tan bonito?
galeón?
no ollo esquerdo levaba un parche, cousa pouco frecuente nunha rapaza da súa idade. que agocharía debaixo?
cando ía en infantil tiveron que poñerme o parche no ollo. algunhas compañeiras e compañeiros chamábanme pitoña, chosca, cegarata… fíxenlles crer a todos que en realidade era filla duns malandríns que sucaban os sete mares e que volverían por min. as burlas tornaron en temor. quen ousaría meterse coa filla duns sanguinarios piratas? tampouco queria crear inimigos, só quería que me respectasen... sabela, ou mellor dito, galeón, non tentaba ser coma os demais e, por iso, era extraordinaria. poida que ninguén debese tentar ser normal porque, no fin de contas, que era iso de ser normal? se non fose polo parche, poida que a miña vida fose moi diferente, polo que estou encantada de telo. se queres, contoche o meu segredo, eu ...son... eu ...son...
...así que fixen uns agasallos e perdéronme o medo e, pouco a pouco, fixen grandes amigas e amigos...
1. Le o cómic e despois escoita o audio con atención.
2. Sabela aceptou a súa diversidade e fixo da súa diferenza unha fortaleza. En grupos de tres ou catro persoas, sinalade as fortalezas das vosas compañeiras e compañeiros e aquelas características que máis vos gustan.
3. Facede un mural para expoñelo.
Traballamos En Grupo
Construír espazos libres de barreiras arquitectónicas favorece a vida cotiá das persoas con diversidade funcional.
• Que medidas arquitectónicas existen na túa escola para facilitar o acceso aos diferentes espazos?
Se observades que hai algunha deficiencia, deseñádeo de novo coas vosas propostas.
• Facede grupos de catro ou cinco persoas
• Cada grupo localizará un espazo que precisa ser modificado para que sexa un espazo libre de barreiras arquitectónicas.
• Analizaredes por que non cumpre eses requisitos e buscaredes algunha solución.

• A seguir, cada grupo redactará un texto (carta, correo electrónico, texto argumentativo…) para enviar ás autoridades competentes (equipo directivo, Consellería de Educación, Concello…).
• Facede un seguimento da vosa petición e mantede a comunicación co organismo ao que a enviastes.