
3 minute read
RIMANDO
Comentamos A Imaxe
Escoita o audio e responde.
• Que é unha foliada? Fuches algunha vez a unha?
• Que instrumentos de música tradicional galega coñeces?
• Que significa «apoucado»? E «achantar»?
• Sabes algunha cántiga popular?
A Lingua E Os Falantes
O dobre sentido
O dobre sentido é un recurso lingüístico mediante o que se expresa unha mensaxe susceptible de ser entendida de dúas maneiras. O dobre sentido é moi empregado cunha finalidade humorística. Fíxate nesta expresión: Ten máis ollos ca barriga.
1. Anímaste a explorar o teu lado humorístico?
• Pensa en chistes que coñezas. Compárteos coas túas compañeiras e compañeiros e reflexiona se algún deles bota man do dobre sentido.
• Intenta crear unha viñeta ou chiste no que empregues o dobre sentido.
2. En Galicia temos grandes humoristas gráficos coma Kiko da Silva, Luis Davila, Andrés Meixide, Xosé Lois, Gogue…
• Investiga sobre o traballo dalgún deles e comparte as túas viñetas preferidas coas compañeiras e compañeiros.
3. A miúdo podemos darlle un dobre sentido a expresións de uso cotián. Por exemplo: Estou como un flan.
• Ilustrade estoutros exemplos buscándolles o dobre sentido: bala perdida, café cortado, montaña rusa, lentes graduados.
Respect Monos En Todas As Linguas
Voa O Aire
Non teño pan que comer nin viño para beber nin teño donde durmir: máis rico non podo ser.
Teño ouro, teño prata, teño calderilla e cobre. De todo estou abundante, só de amores que estou pobre.
Voa o aire, voa o aire, voa o aire, voa o vento. Así como o aire voa tamén voa o pensamento.
Escorrín, caín na lama e pronto me levantei, sacudín o meu capote, conforme estaba quedei.
Quixen facer un cigarro por non perder o costume e reparei que non tiña tabaco, papel nin lume.
Voa o aire, voa o aire, voa o aire, voa o vento. Así como o aire voa tamén voa o pensamento.
Non hai cantiga no mundo que non teña o seu refrán. Nunca ninguén fai a conta senón do que ten na man.
Para que sobes tan alto, atrevido pensamento? Para que sobes tan alto se tes que baixar co tempo?
Voa o aire, voa o aire, voa o aire, voa o vento. Así como o aire voa tamén voa o pensamento.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre: Noró (Algunhas músicas do Norte)
As cantigas desta páxina están extraídas dos discos Coplas para Icía e The tambourine men, de Xabier Díaz.
A estrofa é cada división do poema formada por versos que riman entre si.
A poesía
A poesía é un xénero literario que emprega a palabra para expresar sentimentos e emocións que enfatiza mediante o uso de recursos literarios.
O poema é a composición poética completa, formada por versos e estrofas, que se organizan seguindo unha métrica e rima determinadas.
Canta que cadramos ben, moitas almas se condenan porque nos queremos ben.
O verso é cada liña do texto poético.
Versos de arte maior: máis de 8 sílabas.
Hoxe é luns e mañá martes pasado xa logo vén domingo tárdame un ano para ver a quen quero ben.
Rima e tipos de rima
Versos de arte menor: 8 ou menos sílabas.
A rima é a repetición de determinados sons ao final dos versos co fin de organizar a estrutura do poema.
Que che parece?
A poesía popular galega servía de acompañamento aos traballos cotiáns (lavar, moer…). Xunto co baile, era unha fonte de entretemento. A muiñeira é un ritmo significativo da música tradicional galega. A súa orixe está asociada ao traballo nos muíños, onde se cantaba e se bailaba mentres se moían o millo ou o trigo.
Eu non sei se é certo o que lin nunha rev ista os maiores industriais veñen da terra da ch ispa
Para bailar o ma neo para o maneo bailare para bailar o ma neo vivan os da beiramare
Asonante: repítense só as vogais a partir da última sílaba tónica do verso. As consonantes poden variar.
Consonante: repítense todas as vogais e consonantes a partir da última sílaba tónica do verso.
A métrica
A métrica é a medida dos versos en sílabas. Na composición poética combínanse diferentes medidas para darlle expresividade. Para saber cantas sílabas ten un verso, debemos ter en conta o seguinte:
• Se unha palabra remata en vogal e a seguinte tamén comeza por vogal, faise sinalefa: xúntanse e só se conta unha.
Ma-ru-xi-ña-dá- me un -bi-co → 8 sílabas
• Se a última palabra do verso é esdrúxula, réstase unha sílaba.
Pa-ra i-res-bai-lar-meu- pí -ca-ro → 9-1=8 sílabas
• Se a última palabra do verso é aguda, súmase unha sílaba.
Que-che-hei-de ir-er-guer → 6+1=7 sílabas
Como se escribe un poema?
1. Matina sobre un acontecemento e os sentimentos ou emocións que che esperta e desexas transmitir no poema.

2. Ten en conta a rima e a métrica. Procura que os sons sexan semellantes no final dos versos e intenta que a extensión sexa parecida.
3. Usa recursos literarios para darlle máis forza e beleza ao poema. Por exemplo, a anáfora:
Anáfora
Repítese unha ou máis palabras ao comezo de dous ou máis versos.
Voa o aire, voa o aire, voa o aire, voa o vento.
4. Cando remates de escribir o poema, leo en voz alta entoando axeitadamente para comprobar a súa harmonía e sonoridade.
AGORA TI!
1. Elabora un pareado no que empregues a anáfora.
2. Crea un poema de catro versos con rima asonante.