4 minute read

A SEMENTE DA REVOLUCIÓN

Comentamos A Imaxe

Escoita o audio e responde.

• Cal será a famosa expresión á que se refire o guía turístico? Consideras que ten unha connotación negativa?

• Paréceche importante coñecer a orixe dos lugares e os personaxes destacados que viviron neles? Por que?

• A protagonista rebelouse contra a inxustiza. Pensa tres situacións inxustas que lle afecten ás persoas na actualidade.

A Lingua E Os Falantes

A linguaxe non discriminatoria

Facermos un uso consciente da linguaxe favorece a non discriminación das persoas. Pensar en termos de «normalidade» é moi reducionista, posto que todas as persoas somos diferentes e a diversidade é o que nos enriquece e debemos considerar como normal.

1. Anímaste a colaborar na creación dunha sociedade inclusiva?

Empregar a expresión «persoa con diversidade funcional» contribúe a non discriminar a persoas con capacidades diversas.

• Por que é máis axeitado empregar este termo no canto de «persoa con discapacidade»?

Cando se usa a expresión «persoa con diversidade funcional» constrúese unha definición que parte dunha terminoloxía positiva.

• Agora repara nos termos «discapacitado» ou «minusválido». Fíxate nos prefixos destas dúas últimas palabras. Cres que posúen unha connotación negativa? Por que?

«Construír espazos libres de barreiras favorece a vida cotiá das persoas con diversidade funcional».

• Que medidas existen na túa escola para facilitar o acceso de todas as persoas aos diferentes espazos e situacións?

Respect Monos En Todas As Linguas

Volta Aos Tempos De Maricasta A

De seguro tes usado moitas veces a expresión «en tempos de María Castaña» ou «en tempos de Maricastaña», cando te queres referir a algo que pasou hai moito tempo. Algunha vez pensaches cal sería a orixe desta expresión?

María Castaña foi unha muller de carne e óso, cun papel tan importante na nosa historia que se converteu nun mito e o seu nome viaxou a través dos séculos ata os nosos tempos.

Conta a lenda que María Castaña vivía no Couto da Cereixa, nas terras de Lemos e Quiroga (o que agora sería o concello de Pobra de Brollón).

Por aquel entón, a fame e as pestes asolagaban a nosa terra. A isto, su- mábanse anos de revoltas, guerras e inestabilidade, que fixeron que as galegas e galegos sufrisen motíns, violencia, roubos, destrución… E cando por fin parecía que se imporía a paz, os señores acabados de chegar ao poder estableceron uns tributos esaxerados para saciar a súa cobiza e as súas ansias de exercer o seu poderío.

O bispo de Lugo era un destes caciques abusóns e María Castaña e a súa familia estaban xa fartos de sufriren os seus excesos. Logo de resistir numerosos atropelos aos seus dereitos, un día cando o mordomo do bispo foi cobrar os impostos, houbo unha pelexa e María e os seus acabaron ferindo de morte ao recadador.

Como consecuencia dos seus actos violentos, a familia de María Castaña viuse obrigada a doarlle á Igrexa todos os seus bens. A maiores, deberían pagar mil marabedís, facer un xuramento de non volver facer dano aos recadadores de tributos da Igrexa e axudar en todo canto fose preciso ao bispo. Así obtiñan o perdón polo seu pecado e, por suposto, enriquecían un pouco máis ao eclesiástico.

O episodio axiña correu de boca a oído por toda Galiza, espertando a carraxe e indignación daqueles que traballaban duro para logo ter que entregar boa parte do que obtiñan aos señores feudais, mantendo as súas artesas baleiras mentres enchían as daqueles egoístas que pouco velaban polo benestar da súa veciñanza.

Outras moitas mulleres encabezaron revoltas para loitar polo seu pan, pola supervivencia da súa familia e, en definitiva, por un futuro máis xusto.

Así, persoas nobres e campesiñas apoiaron o rei Fernando I de Portugal, que foi recibido e aclamado como rei dende Tui ata A Coruña, unindo Galiza e Portugal de novo nun mesmo reino.

O novo monarca pretendía defender os dereitos e liberdades da cidadanía fronte ao poder dos bispos, pero, logo dun ataque da Casa Trastámara, viuse obrigado a retornar ao país luso.

E esta é a historia de como os pequenos actos de grandes persoas desataron cambios e feitos que se lembran tras o paso dos séculos. Foron estes os tempos de María Castaña, quen loitando polos seus dereitos contribuíu á tentativa de Galiza de constituírse como un reino independente.

Deste xeito María Castaña converteuse en lenda, representando na súa figura a todas as persoas que se mobilizaron por un porvir máis equitativo. Os tempos de María Castaña eran tempos de inxustiza; os tempos de María Castaña, eran tempos de loitar polos dereitos; os tempos de María Castaña, eran tempos nos que unha afouta muller se converteu en lenda.

Persoa narradora

O texto narrativo

O texto narrativo relata feitos desenvolvidos por personaxes nun lugar e nun tempo concretos.

Os elementos do texto narrativo

É quen conta a historia nunha obra narrativa.

Personaxes

Son as persoas que forman parte da obra narrada.

Voces narrativas Tipos de personaxes

1 Persoa 3 Persoa

A persoa que narra é a protagonista do relato.

A persoa que narra non forma parte da historia.

Principais Secundarios

Son os protagonistas ao redor dos que xira a trama.

Forman parte da historia pero o seu papel é menos relevante.

Espazo

Lugar no que acontecen os feitos.

Tempo

Época na se sitúan os feitos e duración do suceso relatado.

A lenda

A lenda é un tipo de texto narrativo que indaga nas orixes de personaxes, lugares ou tradicións mesturando feitos fantásticos e reais.

Nas lendas non se adoita coñecer a persoa autora, posto que forman parte das narracións populares que se transmiten de xeración en xeración. Deste xeito, as lendas forman parte da cultura popular dun determinado lugar e axudan a conformar a identidade das persoas que viven alí. As lendas teñen tamén a estrutura de presentación, nó e desenlace. Fíxate nesta que relata a orixe das Penas de Rodas en Outeiro de Rei (Lugo):

Introdución

Dende tempos inmemoriais, existen dúas colosais penas de orixe incerta no alto dun outeiro. Estas dúas rochas agochan un misterio.

Algúns din que os druídas fixeron un esconxuro para imbuírlles unha forza máxica e farto poderosa: unha delas está preñada de ouro e a outra de alcatrán. Quen se atrevese a destruílas cambiaría a sorte do lugar. Se a pedra fendida fose a que contén ouro, o sitio quedaría encandeado pola riqueza do prezado metal. Máis se a escachada fose a outra, o alcatrán asolagaría todo ao seu redor.

Desenlace

AGORA TI!

A día de hoxe ninguén foi capaz de esnaquizar ningunha das penas polo temor a errar na escolla.

1. Analiza a lenda «Volta aos tempos de Maricastaña» e indica onde están a introdución, o nó e o desenlace.

2. Inventa un desenlace alternativo para a lenda de «Penas de Rodas».

This article is from: