EROSKI_SEPTIEMBRE_2019_GALLEGO

Page 1

#49 Setembro’19 - 1 EURO

www.eroski.es

NUTRI-SCORE A etiqueta que te axuda a coñecer o valor nutricional de cada produto

Leite e ovos

Dous básicos da despensa producidos preto de ti

A orixe importa

Año de Gales e Ternasco de Aragón

UVAS EROSKI

No seu mellor momento


EROSKI 49 NUII.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

14:29


sumario setembro’2019

www.eroski.es

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

20 Ternasco de Aragón e año de Gales

40 Consumo sostible

14 Uvas EROSKI

30 Leite e ovos EROSKI

04 Neste número.

30 Leite e ovos locais EROSKI.

06 O último nas nosas tendas.

36 Froitos secos EROSKI.

08 Nutri-Score.

40 Novas bolsas de malla reutilizables

14 Eliminamos o plástico das uvas. 16 Pera Rincón de Soto EROSKI Natur. 18 Carboeiro: a alternativa ao bacallau. 20 Ternasco de Aragón e año de

46 Vantaxes do club

08 Nutri-Score

Gales. 26 Patacas EROSKI Natur.

para froitería. 44 belle coida o teu pelo despois do verán. 46 As vantaxes de EROSKI club. 49 Vales aforro. 52 Viaxes para turistas senior. 54 Os teus produtos favoritos.

3

003 SUMARIO GAL.indd 3

7/8/19 17:26


neste número

Volvemos coas pilas cargadas Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club

R

etomar o cotián tras as vacacións pódese tornar nunha tarefa difícil. Dende EROSKI club aproveitamos esta volta para renovarnos cunha revista máis fresca, atractiva e que recolle todo o que che podemos ofrecer a ti como socio: propostas para unha alimentación saudable, alternativas para consumir de xeito máis responsable e unha ampla oferta de alimentación a bo prezo que cubra todas as túas necesidades. En definitiva, unha revista pensada para ti. Neste número atoparás os temas que máis che interesan, os mellores produtos de tempada, as últimas novidades e lanzamentos, vales desconto, consellos nutricionais e, por

suposto, receitas coas que triunfar na cociña. Tamén queremos aproveitar para che achegarmos os proxectos que levamos a cabo en EROSKI para impulsar unha alimentación máis saudable e responsable co contorno. Explicámosche como funciona e aclaramos todas as túas dúbidas sobre NutriScore, a etiquetaxe nutricional frontal que vimos de incorporar recentemente nos nosos produtos. E convidámoste a coñeceres a aposta e o compromiso de EROSKI coa produción local de leite e ovos. Animámoste a te somerxeres nesta nova revista coa que encarar setembro con forza.

EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Difusión: Controlada por OJD

Depósito Legal: BI-222-2015

REALIZACIÓN EDICIÓN

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104

Imprenta: MCC Graphics. Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11. 20100 Errenteria (Gipuzkoa). Tel. +34 943 344 614

A revista Eroski club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.

4

004 EDITORIAL GAL.indd 4

9/8/19 13:14


EROSKI 49 COLGATE.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

15:05


o último Coa mellor carne de polo As nosas novas hamburguesas e salchichas están elaboradas con carne de polo rústico EROSKI Natur, que destaca polo seu sabor, textura e cor.

Polos cunha alimentación

100% natural

A

carne de polo EROSKI Natur coa que se fabrican as novas hamburguesas e salchichas que atoparás na sección de chacinería –en packs de dúas hamburguesas ou dez salchichas– destaca por manter todas as propiedades de sabor, textura e cor. Iso débese a que procede de polos de crecemento lento, criados cun sistema que garante o seu benestar. A alimentación destes animais é 100% natural e contén polo menos un 50% de millo, o que permite

TORTAS E MINITORTIÑAS

Lixeiras e saborosas

A

s tortas de cereais son o snack predilecto de máis xente cada día.

que a carne asimile todas as propiedades, acadando o sabor e cor característicos. Os polos EROSKI Natur están criados en granxas certificadas en Benestar Animal por Certicar, que establece que deben ter luz

e ventilación natural, maior espazo onde moverse (máximo doce polos por metro cadrado) e elementos que fomenten o seu comportamento natural como pacas de palla, cerchas e baños de area ou terra vexetal. Todo iso repercute na calidade da carne.

Son habituais en mesas de traballo, mochilas de estudantes, merendas... e mesmo en pratos elaborados. Agora a nosa gama de tortas medra e, ás xa clásicas de millo, arroz ou recubertas de chocolate, súmanse dous

novos sabores cun punto extracrocante: Tortas Sour Cream and Onion EROSKI e Tortas sabor barbacoa EROSKI. Ademais, tamén presentamos un novo formato mini. Ningunha delas ten glute, polo que son aptas para celíacos.

O polo EROSKI Natur presenta unha carne de excepcional calidade e a súa crianza é responsable co contorno e co medio rural. Estas galiñas críanse en granxas familiares que asentan a poboación e o emprego rural.

6

06-07 LO ULTIMO GAL.indd 6

7/8/19 18:53


CREMAS DE UNTAR SEN ACEITE DE PALMA

En EROSKI seguimos cumprindo o compromiso para mellorar a composición dos nosos produtos e agora retiramos o aceite de palma das cremas de untar con abelás. Poderalas identifi car polo logotipo que acompaña o envase.

NOVOS PRATOS ALDELÍS

Cociña ao vapor: rápida e saudable ldelís lanza a súa nova gama de pratos preparados para cociñar ao vapor. Trátase de dúas innovadoras receitas elaboradas a base de peituga de polo: Polo con arroz, verduras e salsa tikka masala e Polo con tagliatelle, verduras e salsa mediterránea.

A

En só cinco minutos ao microondas, ofrécenche unha solución única para calquera comida ou cea. E é que, grazas á disposición dos ingredientes no envase, cocíñanse ao vapor, quedando así unha deliciosa e saudable receita lista para o seu consumo. Ademais, trátase

de pratos nutricionalmente completos, xa que en ambas as dúas propostas combínanse hidratos de carbono (pasta ou arroz), verduras frescas (vitaminas, minerais e fi bra) e peituga de polo fi leteada (proteína).

UNDERGREEN: O MÁIS NOVO DE COMPO A nova gama ecolóxica de produtos para o cultivo e coidado de plantas e hortalizas é unha proposta fresca, sostible e doada de utilizar. Undergreen by Compo ofrece unha nova experiencia de xardinería cunha gama que crea un ambiente verde, natural e saudable no teu fogar. Está

composta por tres liñas de produtos ecolóxicos para plantas verdes, hortas e plantas aromáticas: Kitchen Passion, Jungle Fever e Detox.

A variedade inclúe substratos, nutrientes líquidos e sólidos. Cooltiva o verde! Fai do teu piso unha xungla urbana!

CABELOS INFANTÍS LIMPOS E COIDADOS O cabelo dos pequenos adoita ser máis sensible. Por iso, o noso xampú e acondicionador infantil EROSKI ten unha fórmula extrasuave e está desenvolvido para evitar riscos de alerxia. Inclúe extracto de caléndula e xerme de trigo, de propiedades hidratantes e reparadoras, que deixan o cabelo brillante, suave e bo de peitear. E a súa escuma non produce comechón de ollos.

7

06-07 LO ULTIMO GAL.indd 7

7/8/19 17:30


este mes

Nutri-Score axúdache a coñecer o que comes Doado, claro e útil. Nutri-Score explícache dunha simple ollada o valor nutricional de cada produto. Un novo aliado da túa dieta saudable.

C

hegas á tenda, vas ao lineal e atopas unha oferta variada de produtos similares que che xera dúbidas. Cal escoller? Cal che ofrece a información nutricional que precisas? Nutri-Score chega para aclarar todo iso. • A etiquetaxe frontal inclúe unha escala de cinco letras e cores: dende o A verde escuro -a mellor valoración- ata o E laranxa escuro -a valoración menos positiva-. Así

saberás axiña o grao de calidade nutricional do produto. • Nutri-Score valora -por cada 100 gramos de produto- o contido de nutrientes beneficiosos para a túa saúde que este contén (fibra, proteína, cantidade de froita, verdura, froitos secos e legumes) e mais o contido de nutrientes que convén controlar e/ou reducir dese mesmo produto (graxas saturadas, sal, calorías e azucres). Canto maior peso teñan os primeiros e menor os

segundos en relación á inxestión recomendada, máis preto estará o produto da letra A verde. • Tamén nos serve para elixirmos entre produtos que cobren unha mesma necesidade de consumo, aínda que sexan diferentes. Por exemplo, á hora de elixir entre unha pizza ou un prato preparado cando buscamos unha solución rápida para o xantar ou a cea. Nutri-Score axúdanos a visualizar que opción é máis saudable.

Algúns produtos non levan a etiqueta Nutri-Score xa que, por mor do seu escaso valor nutricional, non lle achegarían demasiada información ao consumidor. É o caso do sal, o vinagre, os lévedos, as infusións ou as especias. Son realmente ingredientes e non se consumen como un alimento de seu.

8

008-011 NUTRI SCORE GAL.indd 8

7/8/19 17:31


Unha ración contén: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

150 9,61g 1,96g 7,98g 7%

14%

10%

9%

SAL

0g 0%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

NUTRI-SCORE

A B C D E Podes atopar o código Nutri-Score nas etiquetas e envases dos nosos produtos sempre visible na súa parte frontal.

Nutri-Score inclúese xunto co Semáforo Nutricional xa existente en todos os nosos produtos. Deste xeito podes coñecer a valoración nutricional global de cada produto sen perder a información polo miúdo por nutriente.

NUTRI-SCORE

A B C D E Tamén o atoparás na etiqueta de prezo do estante ou balda. Así terás toda a información máis clara.

9

008-011 NUTRI SCORE GAL.indd 9

7/8/19 17:31


este mes

Eva Gosenje Ábalos Nutricionista do departamento de saúde de EROSKI

“Nutri-Score súmase ao noso Semáforo Nutricional para che axudar a tomar decisións e a levar unha alimentación máis saudable” Como se pon en marcha Nutri-Score? A súa posta en marcha comporta un proceso complexo que afecta a moitas funcións e departamentos de EROSKI e mais aos nosos provedores de marca propia. Desenvolvemos unha ferramenta informática que nos permite calcular a nota NutriScore dos nosos produtos tomando como base os datos de composición nutricional e cambiamos os envases para que incorporen de xeito claro e visible Nutri-Score. Ao ser pioneiros en España na posta en marcha deste modelo, tivemos que manter unha interlocución estreita coas autoridades sanitarias francesas, as súas propietarias, para que o proceso se axustase aos requisitos. Utilizarase o sistema tamén para mellorar os produtos de EROSKI? Sempre traballamos na mellora do perfil nutricional dos nosos produtos e o obxectivo é que sexan maioritariamente A, B ou C. O cálculo Nutri-Score tamén nos permite coñecer de xeito sinxelo as reformulacións que cómpre levar a cabo para mellorar. Significa isto que veremos un supermercado con produtos cada vez máis saudables? En EROSKI estamos a traballar cara a produtos con mellor perfil nutricional. Pero hai que ser conscientes de que hai certos produtos que nunca van poder ter unha boa valoración e son os que debemos tomar con menor frecuencia e en menor cantidade. O que si podemos dicir

é que Nutri-Score se suma ao noso Semáforo Nutricional para che axudar a tomar decisións sobre a compra coas que poder levar unha alimentación máis saudable. Encher o carro de Nutri-Score verdes sería o ideal? O ideal é que predominen as froitas e hortalizas e os alimentos frescos, aínda que a maioría, ao non estaren envasados, non poden levar NutriScore, como non levan tampouco outra información nutricional. Entre os que si levan, mellor elixir os que teñan unha letra A ou B verdes. Pero hai algúns alimentos que se usan como ingrediente e son moi saudables e poden ser unha excepción, como acontece co aceite de oliva. A valoración que recibe o aceite de oliva foi unha das críticas. Necesita Nutri-Score marxe de mellora? Co algoritmo actual de cálculo, a valoración do aceite de oliva non reflicte a realidade, xa que obtén un D por mor do seu alto contido en calorías, presenza de graxas saturadas e ausencia dos aspectos que Nutri-Score valora como positivos: proteínas, fibra, presenza de verduras e froita. Por iso, as autoridades sanitarias están a valorar a maneira de calcular de xeito máis realista a calidade nutricional deste e doutros tipos de aceite. Por outra banda, é importante ter en consideración que o aceite non se consume como alimento por si só, e é certo que tomar 100 ml ou máis non sería de todo

recomendable, xa que estariamos a aumentar considerablemente o noso consumo enerxético. Só imos ver Nutri-Score en produtos EROSKI? É unha iniciativa de aplicación voluntaria. Nós fomos os primeiros e polo de agora só se atopa en EROSKI. Só outra marca o implantou

10

008-011 NUTRI SCORE GAL.indd 10

7/8/19 17:31


Compoñentes que Nutri-Score considera positivos • Proteínas. Isto permite que se compense a presenza de aspectos negativos en certos alimentos saudables nos que estes non teñen efecto prexudicial, como as graxas saturadas, ou enerxía nos ovos, peixe azul ou froitos secos. • Fibra. Amais de regular o tránsito intestinal, mellora a microbiota intestinal, axuda a previr o cancro de colon, etc. • Alta presenza de froitas, verduras, legumes e froitos secos. Son alimentos con multitude de beneficios, co que a maior presenza mellor será a calidade nutricional. Son as fontes alimentarias de vitaminas e minerais por excelencia. Ademais, fai que os puntos negativos que se poidan atribuír á presenza de azucres presentes na froita queden compensados, e que se penalicen só os azucres engadidos.

Os negativos • Enerxía. Demasiadas calorías relaciónanse directamente cun exceso de peso. • Azucres. Un consumo excesivo asóciase con risco de carie en nenos e enfermidades como diabete, obesidade... • Graxas saturadas. A inxestión elevada pode aumentar o risco cardiovascular. • Sal. Afecta de xeito negativo á tensión arterial e á saúde cardiovascular.

nalgún produto e outras dúas anunciaron que o van facer. Como de importante é apoiar estas medidas con programas que impulsen un estilo de vida máis saudable? Ofrecerlles aos nosos clientes información clara e práctica sobre os produtos é parte dos nosos compromisos en saúde e

Como se valoran os aspectos positivos e negativos É unha fórmula que outorga determinados puntos que suman ou restan en función da cantidade presente de cada compoñente, pero ademais aplica certas condicións: • Os puntos establécense en función da cantidade no produto e non é igual para todos os compoñentes: a igual cantidade, a un correspóndenlle máis puntos e a outro menos. Isto é así porque a recomendación para cada un é diferente. Por exemplo, recoméndase non tomar máis de 5 gramos de sal; non obstante, para os azucres esta cantidade máxima son 25-50 gramos. • Se os puntos por compoñentes negativos son moitos, ten menos en conta os positivos. Así, se un produto ten moita presenza de compoñentes prexudiciais non vai ter unha boa valoración por moitos positivos que achegue. • O cálculo é diferente se o produto é unha bebida ou un queixo. Para as bebidas, a única que pode ter valoración A verde escuro é a auga. Ademais, as cantidades dos nutrientes para outorgar os puntos son máis esixentes nas bebidas porque, a igual cantidade, unha bebida terá menos nutrientes ca un sólido, xa que a maior parte é auga. Como ao consumir unha bebida tomamos como mínimo 200-250 ml (un vaso) axústase o cálculo. No caso dos queixos penaliza menos os aspectos negativos, xa que se suman moitos por graxa saturada, pero a graxa láctea non exerce os efectos prexudiciais que teñen as procedentes de alimentos como embutidos, bolería...

sustentabilidade coa sociedade para axudarmos na medida das nosas posibilidades a que a poboación leve unha dieta máis saudable e sostible. Como parte dos devanditos compromisos contamos con programas formativos e iniciativas de distinta índole dirixidos a diferentes segmentos co fin de promover estilos de vida máis saudables.

NUTRI-SCORE NAS NOSAS RECEITAS

Nas receitas que che propoñemos incluímos sempre a información nutricional. E en adiante engadiremos o NutriScore da receita completa para teres así a máxima información posible.

11

008-011 NUTRI SCORE GAL.indd 11

7/8/19 17:31


este mes

NUTRI-SCORE

A B C D E Iogur natural e novos bebibles sabor amorodo, dous produtos Danone con etiqueta Nutri-Score A.

Mellores decisións de compra para unha alimentación máis saudable e sostible Para seguir unha alimentación saudable, a compra tamén debe selo. Neste contexto, as empresas de alimentación teñen gran responsabilidade. Danone naceu hai 100 anos a partir dun alimento simple e natural, o iogur, para axudar a mellorar a saúde dos máis pequenos. Con esta mesma visión, desenvolve hoxe a súa actividade, ofrecendo alimentos cada vez máis naturais, simples e de gran calidade nutricional.

A

través da iniciativa Alimentando o cambio, impulsada pola Fundación Ashoka, Danone, a Sociedade Española para o Estudo da Obesidade (SEEDO) e o Ministerio de Educación e Formación Profesional,

aspírase a unir forzas con aquelas entidades que queren realizar accións concretas para avanzar cara a unha revolución da alimentación dende a base, empoderando as novas xeracións para convertelas en axentes de cambio. Un primeiro

paso foi impulsar o rol da escola como espazo de aprendizaxe sobre alimentación e saúde. Na escola comeza o cambio, pero para que poida ser sostido no tempo cómpre involucrar as familias axudándoas a realizar compras máis saudables. Danone quere facilitar isto a través dun mellor coñecemento dos alimentos. Neste contexto, implementar unha etiquetaxe nutricional máis clara e intuitiva é un paso necesario. ETIQUETAS NUTRICIONAIS Danone comezará a introducir a etiquetaxe frontal Nutri-Score a partir deste mes de setembro. Nutri-Score conta co apoio de expertos no eido da saúde e a nutrición, como a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN). Ademais, demostrou ser o sistema de maior comprensión por parte do consumidor, facilitando eleccións de compra máis saudables. A implantación desta nova etiquetaxe aplicarase de xeito progresivo, comezando por iogures e leites fermentados destinados ao público infantil. Ademais, a web danone.es puxo á disposición dos consumidores a información NutriScore dos seus produtos.

12

012 PUBLIRREPORTAJE DANONE GAL.indd 12

7/8/19 17:32


EROSKI 49 DONONE.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

13:40


este mes

Eliminamos o plástico das uvas

As froitas e hortalizas por xunto xa supoñen aproximadamente o 60%

da nosa froitería

Nas froiterías de EROSKI ofrecemos unha ampla variedade de produtos de tempada para poder levar unha alimentación máis saudable e cun menor impacto no medio, xa que, ao se traeren de zonas de cultivo próximas, redúcese o consumo enerxético e xéranse menos emisións. En setembro, nas nosas froiterías comeza a desaparecer a froita de carabuña e chegan outras como a uva, que prescinden dos envases de plástico habituais. O noso compromiso por reducir o impacto ambiental tamén se traduce nunha menor presenza de plásticos nas embalaxes das froitas e hortalizas. Por iso, eliminamos o envoltorio de plástico de todas as nosas uvas, aforrando así doce toneladas de plástico nun ano.

UVA BRANCA E MORADA Procedentes de Murcia e Alacante, son moi substanciosas e doadas de consumir. Ademais, eliminamos as cubetas de plástico, para ofrecelas por xunto.

Se buscas uvas sen pebida, atoparalas dentro dunhas bolsas de papel que che permitirán identificalas máis doadamente. Conteñen aproximadamente 500 gramos de uvas,

cantidade que poderás reducir ou aumentar ao teu gusto. Antes de pasares por caixa, terás que pesar a bolsa de papel e colocar a etiqueta, como facemos co resto da froita por xunto.

14 18

014-015 ESTE MES UVAS GAL.indd 18

7/8/19 17:33


UVA EROSKI NATUR DOP VINALOPÓ É unha uva con orixe recoñecida que destaca pola súa dozura e logra un sabor e textura únicos grazas á súa forma de cultivo. En EROSKI atoparala só nos meses de setembro e outubro porque

querémoscha ofrecer unicamente cando está no seu mellor momento. A diferenza doutras uvas de mesa, a do Vinalopó medra protexida baixo unha bolsa de papel

que coida e garda con mimo todos os grans do acio ata chegaren a mans do consumidor. A bolsa protexe a uva das inclemencias meteorolóxicas e de paxaros e insectos, co que desenvolve unha pel moito máis fi na e doada de comer. Isto tamén atrasa a súa maduración para acadar unha maior dozura e fi ltra a exposición ao sol, o que produce uniformidade de cor nos

grans que compoñen cada acio. Tamén a atoparás por xunto nas nosas froiterías, en bolsas de papel no canto de embalaxes de plástico, co selo de Denominación de Orixe Protexida (DOP) que a identifi ca. Esta procedencia contribúe ao desenvolvemento territorial coa creación de máis de 13.000 empregos durante a campaña no Val do Medio Vinalopó.

Á hora de mercar Axita o acio moi devagar. Os grans deben permanecer no seu sitio e, se cae algún, é que a uva está demasiado madura. Os acios deben ser macizos e os froitos firmes, con pel lisa e de cor e tamaño uniformes. As variedades negras ou vermellas non deben presentar ningún sinal verde.

19 15

014-015 ESTE MES UVAS GAL.indd 19

7/8/19 17:33


este mes

Pera Rincón de Soto EROSKI Natur: non hai outra igual! Consumir alimentos de tempada é unha opción chea de vantaxes. Ao se cultivaren cun clima máis propicio, conservan mellor as súas propiedades, sabor e aroma. Ademais, apostar por eles contribúe a respectar o ciclo natural de produción e o custo redúcese. A pera Rincón de Soto EROSKI Natur e o carboeiro son algúns dos produtos que atoparás este mes nas nosas froiterías e peixerías.

MADURA NA ÁRBORE Para teren o mellor sabor, as peras Rincón de Soto EROSKI Natur recóllense cando os seus niveis de azucre son os óptimos. Para iso, maduran na árbore e non se colleitan ata que acadan o seu punto xusto.

UNHA VARIEDADE MÁIS GRANDE E ALONGADA Este mes poderás adquirir na nosa froitería esta variedade de pera que destaca por ter un sabor, dozura e aroma excelentes. Ademais, é máis grande e alongada e presenta unha cor máis verdosa.

UNHA CARACTERÍSTICA ESPECIAL Nas terras onde se cultiva esta pera é frecuente a brétema pola mañanciña, o que favorece a aparición do russeting ou oxidación da pel, moi apreciada nesta froita.

CON DENOMINACIÓN DE ORIXE Grazas á súa denominación garántese a súa procedencia, situada nos fértiles vales rioxanos dos que toma o seu nome e características. As particularidades son froito das terras nas que se cultivan, nas terrazas dos ríos Ebro, Cidacos, Alhama, Iregua e Najerilla, en zonas chairas, con boa ventilación, profundas, húmidas, permeables e sas, sen presenza de cal ou silicio.

16

016 ESTE MES PERA GAL.indd 16

7/8/19 17:34


EROSKI 49 MONIX.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

14:06


este mes

Carboeiro: a alternativa ao bacallau

CRIANZA SALVAXE Non hai nada que fale mellor dun produto ca a súa orixe. Este peixe, que poderás atopar nas nosas peixerías nesta época do ano, pertence á familia do bacallau e críase salvaxe nun ámbito natural único no mundo: as frías augas do mar do Norte, en Noruega.

CAPTURA SOSTIBLE Este peixe está de tempada e a súa captura realízase de xeito sostible. Así o garanten as autoridades norueguesas, que asignan a cota de pesca anualmente para conservar as reservas desta especie nas mellores condicións posibles.

NAS TÚAS RECEITAS Na cociña, é un alimento moi versátil: admite preparacións ao forno, á grella, fervido ou ao vapor. É moi doado de cociñar e as súas lascas tamén se separan, como acontece co bacallau. Combina ben con condimentos fortes e mesmo picantes. Se non sabes como elaboralo, pódeslles pedir consello aos nosos peixeiros sobre o mellor xeito de gozar del.

PREPARÁMOLO AO TEU GUSTO Ao igual ca o resto de peixes que atoparás nos nosos mostradores de peixería, poderalo levar á casa enteiro ou en fi letes xa limpos e listos para incoporalos ás túas receitas preferidas.

UN PEIXE BRANCO A PREZO ALCANZABLE O carboeiro permitirache gozar dun peixe branco, que ten unhas características no que se refire a textura e sabor moi similares ás do bacallau, pero cun prezo máis económico.

18

018-019 FOGONERO GAL.indd 18

7/8/19 17:44


4,14 € POR PORCIÓN

Carboeiro noruegués tradicional con crocante de xamón e crema de fiúncho 800 g de carboeiro 1 l de leite 4 lascas de xamón curado 2 dentes de allo 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra 1 cunca de viño branco seco 30 cl de nata líquida Fiúncho 1 col rizada 1 repolo Sal

ELABORACIÓN. Quentamos o leite nunha pota e engadimos os allos machucados. Introducimos os anacos de peixe e cociñámolos durante 5 a 10 minutos. Sacamos o peixe amodiño cunha escumadeira e deixámolo escorrer. Poñemos ao punto de sal. SALSA DE FIÚNCHO. Cortamos o fi úncho en toros e relamos a col e o repolo. Quentamos unha tixola con aceite de oliva e engadimos as verduras. Incorporamos o viño e cociñamos uns cinco minutos ata que se evapore o viño e as verduras estean tenras.

Servimos o carboeiro sobre a lasca crocante de xamón e a carón dispoñemos a salsa de fi úncho. COMENTARIO DIETÉTICO Aínda que o peixe poida parecer o ingrediente principal, a verdura ten unha presenza importante nesta receita e achega unha ración. Acompañando o prato dunha froita de sobremesa e algo de pan, pode servir como menú completo para un xantar ou cea. Entre o leite e a nata achega tamén unha ración de lácteos.

Engadimos a nata líquida e quentamos a crema a lume lento durante dez minutos ata que espese.

Nutricionalmente, polos alimentos que compoñen o prato, achega as proteínas de alta calidade do peixe, os lácteos e o xamón. As graxas proceden dos lácteos, o aceite e o xamón.

CROCANTE DE XAMÓN. Quentamos unha tixola a lume medio e torramos as lascas de xamón curado previamente cortadas pola metade.

As verduras achegan fibra e unha boa variedade de vitaminas e minerais, amais do calcio, fósforo e vitamina D, que son as que máis destacan do resto de alimentos.

Carboeiro EROSKI

Racións: 4 Dificultade

Elaboración

40-60’

NUTRI-SCORE

A B C D E Unha ración contén: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

374 15,6g 6,6g 10,8g

1g

19%

17%

22%

33%

12%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

19

018-019 FOGONERO GAL.indd 19

7/8/19 17:44


este mes

Año de Gales IXP e Ternasco de Aragón IXP

A importancia da orixe Durante todo o ano, nas carnicerías de EROSKI temos unha ampla oferta de carne de añagoto das mellores orixes. O añagoto ten máis idade ca o año de leite e, amais de de leite, aliméntase de pastos e de pensos vexetais. Isto fai que teña un sabor diferente, menor cantidade de graxa saturada e un maior tamaño, perfecto para gozalo en cortes máis pequenos como costeletiñas ou filetes.

TERNASCO DE ARAGÓN IXP EROSKI NATUR É un año nacido e criado en ganderías aragonesas inscritas na Indicación Xeográfica Protexida (IXP), que deben cumprir con requisitos específicos no tocante

ao peso do animal, que ten entre oito e doce quilos. A súa carne é moi tenra, substanciosa, de sabor suave e homoxénea e ten menos graxa ca a doutros años. As características únicas desta carne acádanse grazas a unha alimentación a base de leite materno e de cereais naturais. Tamén inflúe o método de pastoreo, que se realiza en pastos dunha extensión moi ampla, tanto en montaña e

media montaña coma nas zonas máis áridas do val do Ebro. Ademais, ás ganderías esíxeselles cumprir cun programa sanitario e garantir o benestar animal. Isto faise a través dun proceso de crianza previamente definido e grazas aos frecuentes controis que realiza o Consello regulador do Ternasco de Aragón.

20 21

020-022 ESTE MES CORDERO GAL.indd 21

7/8/19 17:45


AÑO DE GALES IXP As costeletiñas de año de Gales IXP que se comercializan nos nosos establecementos proceden de años criados en campo aberto e nas mellores condicións. Teñen uns altos estándares de benestar

animal e total trazabilidade dende o campo á tenda. Isto garántese polos controis levados a cabo por Hybu Cig Cymru - Meat Promotion Wales (HCC), a organización responsable que vela porque se cumpran todos os requisitos do año de Gales IXP. Atoparás este año nas tendas EROSKI durante todo o ano, xa que o terreo cambiante de Gales, onde se cría, permite unha tempada máis longa, que comeza nas terras baixas -máis mornas- e se traslada despois ás zonas montañosas.

Os nosos carniceiros axúdante Nos nosos mostradores de carnicería podes pedir que preparen o año ao teu gusto: enteiro, medios, cuartos, costeletas... Pódelo reservar tamén por teléfono para asegurar que terás a cantidade e corte que precisas. Tamén cho poden envasar e aconséllante sobre o mellor xeito de preparar cada tipo de corte. Que partes do año son as mellores? A carne de año adáptase a cada estación, polo que é perfecto para a grella no verán e para asalo en inverno. Depende do uso que se lle vaia dar, temos costeletiñas de añagoto e año de leite enteiro e en diferentes cortes. E en envasados atoparás pas, pernas, filetes e costeletiñas listas para levar. Por que elixir carne de año de EROSKI? Polo prezo, a calidade e a seguridade de estar a mercar unha carne responsable e sostible que garanten orixes como o Ternasco de Aragón IXP EROSKI Natur e o año de Gales IXP. Ademais, esta carne impulsa e mantén o modelo de pastoreo, que é a base da cría do gando ovino e peza clave para a conservación do medio natural e o mantemento da poboación rural.

21

020-022 ESTE MES CORDERO GAL.indd 21

7/8/19 17:45


este mes

Año asado á murciana con chutney de mazá verde

4,09 € POR PORCIÓN

800 g de pa de año 50 g de piñóns 4 dentes de allo 2 tomates 100 ml de viño branco 250 ml de auga 50 ml de aceite de oliva 2 mazás 1 cebola 1 limón Xenxibre 100 ml de vinagre de sidra 20 g de azucre Pementas variadas 10 g de manteiga Sal Perexil

ELABORACIÓN. Salpementamos o año e elaboramos un machucado cos piñóns, os allos, o perexil e o aceite de oliva. Cubrimos con el as pas. Nunha placa de forno, colocamos unha base de tomates, o año e o machucado. Enfornámolo a 200 °C durante unha hora. Engadímoslle auga e viño de vez en cando. Unha vez asada a carne, recuperamos os zumes e pasámolos polo coadoiro chinés xunto co tomate asado e o machucado. Chutney de mazá. Pelamos a mazá e a cebola e cortamos as dúas en cadradiños. Rustrimos a cebola a lume suave, cun pouco de manteiga e aceite de oliva e, así que amoleza, agregamos a mazá, unhas pingas de zume de limón, a reladura de xenxibre, o vinagre e o azucre. Cociñámolo durante 30 minutos a lume suave e, para rematar, salpementámolo. A textura que se debe acadar é algo máis lixeira ca unha marmelada, con cachiños de mazá. COMENTARIO DIETÉTICO O año é unha carne moi sabedora, pero recoméndase tomala con moderación pola cantidade de graxa saturada que ten. O mellor, coma neste exemplo, é cociñala cunha gornición de hortaliza (tomate). Ademais, aquí complétase coa mazá, que lle dá un toque especial ao mesturar a súa dozura co salgado do prato. Unha receita diferente para unha ocasión especial.

NUTRI-SCORE

Pa de año EROSKI Natur

A B C D E

Racións: 4

Unha ración contén: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

559 41,1g 12,2g 17,1g 0,7g 28%

59%

61%

19%

13%

Dificultade

Elaboración

+ 60’

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

22

020-022 ESTE MES CORDERO GAL.indd 22

8/8/19 16:27


EROSKI 49 NOEL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

14:25


masterclass este mes

Perna de año rechea con froitos e compota

Un clásico reinventado A carne de año ten gran cantidade de proteínas e é moi nutritiva. É habitual tomala asada, sobre todo no Nadal, pero aquí propoñémosche saír da rutina e probar a preparalo recheo. Non te defraudará! 24

024-025 ESTE MES MASTERCLASS GAL.indd 24

7/8/19 17:48


1 perna de año desosada

100 ml de viño branco

3 mazás reinetas

30 g de manteiga de porco

50 g de entreteto

Un dente de allo

100 g de ameixas pasas sen carabuña

Aceite de oliva virxe

150 g de cogomelos

Sal e pementa

1

Colocamos a perna de año aberta sobre un papel de forno. Untamos ben a carne coa manteiga e deseguido salpementámola.

2

3

4

Cortamos os cogomelos, o entreteto e as ameixas pasas. Preparamos tamén a compota de mazá cocéndoa cun pouco de auga e triturámola.

7,03 € POR PORCIÓN

Enchemos a perna de año co entreteto, as ameixas e uns cogomelos salteados cun dente de allo e un chisco de aceite de oliva. Despois, pechámola enrolándoa sobre si mesma.

Embridamos a carne e introducímola no forno a 180 ºC durante dúas horas. De vez en cando, agregamos un pouco de auga e de viño branco e remollámola. Servímola cortada en toros xunto coa compota.

NUTRI-SCORE

A B C D E Racións: 4

Unha ración contén: KCAL

Perna de año EROSKI Natur

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

493 31,4g

14g

25%

70%

45%

AZUCRES

SAL

20,6g 1,03g 23%

17%

Dificultade

Elaboración

+ 2h

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

25

024-025 ESTE MES MASTERCLASS GAL.indd 25

7/8/19 17:48


este mes

EROSKI Natur

Unha pataca para cada tipo de prato A pataca nova, máis pequena e de carne máis acuosa ca a pataca vella, é ideal como gornición ou para fritir. Só se considera nova ata 60 días despois de apañala, o que limita a súa dispoñibilidade. Baixo a marca EROSKI Natur, nas nosas tendas atoparala de xuño a decembro, xa que traballamos con labregos de todas as rexións. Isto permite ter diferentes momentos de colleita xa que, polo clima e temperatura, a pataca madura en primavera no sur e en outubro no norte.

As patacas EROSKI Natur apáñanse e selecciónanse polo seu aspecto externo e mais polas súas características internas. Non presentan signos de verdeamento nin grelos e teñen menos marcas na pel ca as patacas comúns. Ademais, os diferentes tamaños que atoparás son menos apreciables. Ao igual ca tódolos provedores de produtos Natur, os cultivadores de pataca están certificados en Produción Integrada, que utiliza ao máximo os recursos e mecanismos de produción naturais e asegura a longo prazo unha agricultura segura e sostible e mais unha produción de calidade nos almacéns. Tamén teñen o selo GLOBALG.A.P, que certifica que o alimento se cultivou de xeito máis sostible, minimizando o impacto ambiental. No caso das patacas Natur, estas certificacións tradúcense no uso de menos produtos químicos para o control de pragas e na menor utilización de auga para a súa produción. É dicir, cultívanse con sistemas de rega mellorados nos que se utilizan novas técnicas que miden a humidade e permiten calcular a cantidade de auga exacta que precisa o produto, evitando a dilapidación innecesaria.

PARA GORNICIÓN Das variedades Charlotte e Nicola, o seu tamaño e forma redondeada -nunca superan os 80 mm- fanas perfectas para acompañar pratos de carne, caza ou peixe. Ademais, permanecen enteiras tras o guisado.

26

026-028 ESTE MES PATATAS GAL.indd 26

7/8/19 17:50


PARA FRITIR As variedades Turbo, Caesar, Aida, Victoria e Inova, están especialmente indicadas para fritir e facer tortilla de pataca, pois teñen menos humidade ca outras variedades e a súa polpa mantense fi rme e crocante tras o cociñado.

PARA COCER E GUISAR Están especialmente indicadas para empregalas en ensaladas, guisos de hortalizas e carnes, pois ao teren máis cantidade de auga ca as patacas para fritir, tras o seu guisado é doado esmiuzalas. Estas patacas son das variedades Ágata, Dalí, Inova, Lady Chrystl e Monalisa.

27

026-028 ESTE MES PATATAS GAL.indd 27

7/8/19 17:50


este mes

Pastel de pataca con polbo e vinagreta de mango

1,26 € POR PORCIÓN

250 g de polbo cocido 30 ml de aceite de oliva virxe extra Sal Para a vinagreta: 1 mango 10 g de olivas negras 15 g de ceboliña fresca 30 ml de zume de mazá 10 ml de zume de lima 30 ml de aceite de oliva virxe extra Sal Para o pastel de pataca: 300 g de pataca 100 ml de nata líquida (18% materia graxa) 10 ml de aceite de oliva 3 g de sal en muíño 2 g de pementa branca Unhas folliñas de leitugas mezclum

ELABORACIÓN. Forramos un molde con papel de forno. Colocamos as patacas en toros finos salpementados e cun toque de aceite. Cubrímolas con nata e enfornámolas 35 minutos a 180 ºC. Deixámolas arrefriar.

Racións: 4

Dificultade

Pelamos o mango, partímolo e mesturámolo coas olivas e coa ceboliña. Engadimos o zume de mazá, o zume de lima, o aceite de oliva e o sal. Reservámolo.

Elaboración

40-50’

NUTRI-SCORE Colocamos un anaco de polbo sobre un cachiño de pastel de pataca e aliñámolo con aceite, a vinagreta e o sal. Servímolo xunto coa leituga. COMENTARIO DIETÉTICO O polbo destaca polo seu contido en iodo, ferro, proteínas e calcio. Prepárase con pataca, un alimento con carbohidratos complexos e mais con vitamina C, fibra, potasio, magnesio e calcio.

A B C D E Unha ración contén:

Pataca para cocer e guisar EROSKI Natur

KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

343 22,3g 5,76g 10,9g 1,06g 17%

32%

29%

12%

18%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

28

026-028 ESTE MES PATATAS GAL.indd 28

7/8/19 17:50


EROSKI 49 GARAVILLA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

13:46


este mes

Leite e ovos EROSKI

Garantindo o futuro dos produtores locais En EROSKI comprometémonos coa sustentabilidade do sector agroalimentario local. Por iso, ofrecémosche máis de 20.000 produtos de máis de 2.000 pequenos produtores. Entre eles, básicos da despensa como leite e ovos procedentes de Baleares, Cataluña, Galicia, Navarra e País Vasco. Facer que estes alimentos cheguen ás nosas tendas non é sinxelo, pero si moi gratificante, porque deste xeito xeramos riqueza e garantimos o futuro dos produtores locais.

30

030-034 ESTE MES LECHE Y HUEVOS GAL.indd 30

7/8/19 17:51


LEITE 100% LOCAL Todo o noso leite enteiro, semidesnatado e desnatado é 100% local e conta con total trazabilidade dende a gandería ás nosas tendas. Traballamos con máis de 70 ganderías en Baleares, 48 en Cataluña, máis de 30 no País Vasco e 10 en Navarra.

A decisión de vender unicamente leite de produción local nas rexións nas que estamos presentes ten o obxectivo de garantir o relevo xeracional dos gandeiros e a sustentabilidade do sector. Por iso, pechamos acordos estables e de longa duración cos produtores

-mínimo dun ano-, o que permite unha maior planificación da produción e mais do envasado, e mantemos conversas abertas permanentemente cos axentes fundamentais. Fixamos o prezo en función da evolución dos prezos do leite na orixe e comprometémonos a non utilizar o leite como produto de reclamo ou promoción. Ademais, apoiamos o seu consumo dándolle

maior presenza en tenda e impulsamos a innovación e o desenvolvemento de novos alimentos lácteos locais. Todo iso fai que o noso leite cumpra todos os requisitos do selo PLS (Produto Lácteo Sostible) impulsado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e que agrupa unha serie de esixencias que pretenden axudar o consumidor final a tomar conciencia e a realizar unha compra responsable.

PAÍS VASCO

GALICIA

NAVARRA

CATALUÑA

BALEARES

OVOS PRODUCIDOS PRETO DE TI Todos os ovos da marca EROSKI proceden de galiñas criadas en granxas locais. Unha ampla gama que inclúe ovos campeiros e de galiñas criadas en chan traballada con produtores locais de Baleares, Cataluña, Galicia, País Vasco e Navarra.

A proximidade das granxas ás nosas tendas, sumada a unha distribución áxil e eficaz –recollemos os ovos e en 24 horas están listos para se repartiren polas tendas–, garante a máxima frescura e calidade. Traballar só con pequenos produtores

e provedores impulsa e apoia a sustentabilidade do noso contorno e o futuro da fi gura do granxeiro. E non só iso, en EROSKI avanzamos no noso compromiso de mellora do benestar animal. Actualmente o 40% dos ovos das nosas tendas proceden de galiñas criadas libres de gaiolas e para o 2020 será o 100%.

31

030-034 ESTE MES LECHE Y HUEVOS GAL.indd 31

7/8/19 17:51


este mes

Sergio Ramos Produtor de ovos Eusko Label en Txintxetru (Áraba)

“Ao elixir produto local contribúese a que nos nosos casaríos haxa actividade” Sergio é membro de Euskaber, unha agrupación de pequenos avicultores de galiñas en liberdade (campeiras e ecolóxicas) que ten como obxectivo o desenvolvemento rural, é dicir, darlles aos criadores opcións para viviren no e do casarío. Formado por 26 produtores do País Vasco e Navarra, dedícanse á produción de ovos ecolóxicos e contan cos certificados de orixe e calidade Eusko Label para as granxas de Euskadi e co de Reyno Gourmet para as de Navarra.

á calidade, ao xeito de producilos e á proximidade.

Está a medrar a demanda de produtos locais? O consumidor cada vez é máis esixente e responsable á hora de elixir os produtos alimenticios que vai consumir, e dálles maior importancia

Que gaña o consumidor cando merca produto local? En primeiro lugar merca un produto de calidade e orixe grazas a que os nosos ovos están controlados e certificados cos selos Eusko Label, Reyno Gourmet

3ES6401049 96

e Ecolóxicos. Ademais contribúen a que nos nosos casaríos haxa actividade, baserritarras que miman as súas galiñas e que coidan do noso contorno, paisaxe e cultura. E o produtor? Hoxe en día, nun eido tan industrializado coma o noso, ser baserritarra ten que ser vocacional, un modo de vida que aínda que require moito esforzo asemade achega satisfaccións, sobre todo cando ese esforzo se ve recompensado polos consumidores cando elixen os teus produtos para a súa alimentación e saúde. Non hai traballo máis gratificante que producir alimentos sans e de calidade para os teus veciños. A proximidade tamén repercute na calidade do produto? Naturalmente, cando os centros de produción e de comercialización están tan preto acúrtase o tempo na distribución. Ademais, é unha prioridade de Euskaber que os consumidores reciban os ovos o máis frescos posible.

CASCA Primeiro díxito. Fai referencia ao modo de cría das galiñas: • 0: produción ecolóxica. • 1: campeiras. • 2: chan. • 3: gaiolas. Dúas letras seguintes: país da UE do que proceden os ovos (España: ES). Resto de cifras. Identificación da granxa de produción. • Dous primeiros díxitos: código da provincia. • Tres cifras seguintes: código do concello no que está instalada a granxa. • Os números posteriores identifican cada granxa dentro do concello.

32

030-034 ESTE MES LECHE Y HUEVOS GAL.indd 32

7/8/19 17:51


EROSKI 49 LA ASTURIANA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

13:51


masterclass este mes

Ovos escalfados con salsa de améndoas 4 ovos 80 ml de leite 20 g de améndoas torradas 20 ml de viño branco 1 dente de allo 40 g de tomate frito 200 ml de aceite de oliva 4 rebandas de pan torrado no forno Vinagre Sal e perexil

1997. Bota a andar o programa de apoio aos alimentos de produción local

0,25€ POR PORCIÓN

ELABORACIÓN. Picamos co batedor o allo, as améndoas e oito culleradas de leite ata formarmos unha crema. Sen deixar de bater, incorporamos un chorriño de aceite para lle dar consistencia de maionesa. Así que estea formada a salsa, engadimos o tomate frito e o viño branco. Cocemos a salsa a lume suave durante cinco minutos e, de quedar espesa, engadimos un chorriño de leite. Para escalfar os ovos, dispoñemos unha pota baixa e ancha con auga fervendo, sal e un chorriño de vinagre. Introducimos de un en un os ovos na auga fervendo e, botando man da escumadeira, envolvemos a xema coa clara. Sacámolos ao callaren. Colocamos os ovos sobre unha rebanda de pan torrado e por riba engadimos a salsa de améndoas. Finalmente, esparexémoslle perexil por riba. Servímolos quentes. COMENTARIO DIETÉTICO Esta preparación é moi orixinal e saudable, xa que conta con alimentos recomendables como os ovos, froitos secos, leite, salsa de tomate (mellor se é caseira ou escollemos aquela coa mellor composición nutricional), pan e aceite de oliva. Co leite e as améndoas é coma se elaborásemos unha bebida de améndoas cun toque de allo. A proteína do ovo é a de mellor calidade, e xa sabemos que iso de non comer máis de tres ovos á semana era un mito. Trátase dunha boa opción para unha cea moi vistosa.

Ovos campeiros EROSKI Natur

NUTRI-SCORE

A B C D E Racións: 4

Unha ración contén: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

301 19,8g 3,82g 2,42g 0,89g 15%

28%

19%

3%

15%

Dificultade

Elaboración

20-30’

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

34

030-034 ESTE MES LECHE Y HUEVOS GAL.indd 34

7/8/19 17:51


EROSKI 49 HOBEA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

13:48


este mes CRUS Se buscas a opción máis saudable, os froitos secos crus son o máis próximo aos produtos frescos: non sofren transformación e envásanse así que se colleitan. Non se lles suma sal, polo que conservan as características do produto natural.

Froitos secos e froitas desecadas

Unha variedade de posibilidades Os froitos secos e as froitas desecadas son aperitivos que non poden faltar na túa despensa. Son deliciosos, pódelos utilizar nunha morea de receitas e teñen moitísimas calidades nutricionais por mor do seu contido en fibra, vitaminas, minerais, proteínas vexetais e graxas saudables.

E

n EROSKI atoparás unha ampla variedade de froitos secos e de froitas desecadas de todo tipo (cacahuetes, améndoas, noces, abelás, pipas, anacardios, pistachos, ameixas, pasas...) da nosa marca propia e mais doutras tan coñecidas como Borges, Matutano, Wonderful, Snatts, Grefusa e Sunbites. En total dispoñemos de máis de 200 tipos diferentes destes produtos para petiscar, acompañar os teus pratos, utilizar como ingrediente en receitas ou preparar cremas. Entre eles, teñen unha presenza cada vez maior as variedades crúas e tamén as fritidas e enfornadas, que ofrecemos con menos sal e aceite. No caso dos froitos secos e froitas desecadas da marca EROSKI, traballamos todos os tipos e preparacións, tanto en bolsa coma en terrina, para achegarmos ao teu día a día as bondades destes produtos de calidade a un mellor prezo.

FRITIDOS Os froitos secos fritidos EROSKI están cociñados en aceite de xirasol 100%, e preséntanse sen casca. Tanto no caso dos fritidos coma no dos torrados, temos receitas que levan sal e outras que non.

36

036-038 ESTE MES FRUTOS SECOS GAL.indd 36

7/8/19 17:52


FROITAS DESECADAS Sometéronse a un tratamento consistente en eliminar parte do seu contido en auga, polo que os seus nutrientes están máis concentrados. A nosa gama inclúe ameixas (con e sen carabuña), pasas (Thompson, sultá, moscatel), dátiles (con e sen óso), bagas gojii, arandos e orellóns (de pexego ou albaricoque).

PARA COCIÑAR Os froitos secos serven para moito máis que para petiscar. Por iso, desenvolvemos unha gama pensada especificamente para a cociña. Poderaslles dar un toque diferente aos teus almorzos –mesturados con cereais ou iogur–, ou incorporalos en ensaladas, pratos de pasta, etc.

ENFORNADOS Se queres que o teu petisco teña o sabor e a textura crocante que achegan os froitos secos fritos, pero sen aceite, os enfornados son o teu.

37

036-038 ESTE MES FRUTOS SECOS GAL.indd 37

7/8/19 17:52


este mes

Crema de cacao e abelás

0,99 € POR PORCIÓN

150 gramos de abelás 150 gramos de cacao puro 100 gramos de dátiles sen óso 1 plátano maduro Aceite de oliva virxe suave Aroma de vainilla

ELABORACIÓN Hidratamos os dátiles. Para iso, metémolos nun vaso e botámoslles auga sen chegar a cubrilos. Levámolos ao microondas tres minutos á máxima potencia. Batemos os dátiles xunto co plátano maduro, as abelás e o cacao. Engadimos aceite ata obter a textura desexada. Incorporamos unhas pingas de aroma de vainilla. COMENTARIO DIETÉTICO Esta receita é unha clara mostra de como un produto ultraprocesado, que mercamos xa preparado e que é rico en azucres engadidos e en graxas de baixa calidade, se pode converter nun alimento saudable elixindo ingredientes de alta calidade nutricional para a súa elaboración. É unha preparación que lles encanta aos máis pequenos que, deste xeito, poderán gozar dela sen problema, aínda que hai que ter en conta que é bastante calorífica e haberá que tomala con certa moderación. No canto de azucre úsanse dátiles, plátano e aroma de vainilla, o que achega as propiedades saudables das froitas. E en vez de sumar graxas con mal perfi l nutricional, elabórase con aceite de oliva. A isto hai que engadir os moitos benefi cios dos froitos secos: graxas cardiosaludables, proteínas, fi bra e multitude de vitaminas e minerais: vitamina E, calcio, ferro, magnesio...

NUTRI-SCORE

Abelá crúa EROSKI

A B C D E

Racións: 4

Unha ración contén: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

150 9,61g 1,96g 7,98g 7%

14%

10%

9%

SAL

0g 0%

Dificultade

Elaboración

10’

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

38

036-038 ESTE MES FRUTOS SECOS GAL.indd 38

7/8/19 17:52


EROSKI 49 GREFUSA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

31/07/19

16:12


consumo sostible

Nova malla reutilizable para froitería

Adeus ao plástico Seguindo o noso compromiso polo consumo responsable, en EROSKI ofrecemos unha nova bolsa de malla reutilizable como alternativa á de plástico dun só uso para a compra de froita e verdura por xunto.

C

o obxectivo de impulsar a reutilización das bolsas e de reducir o consumo de plásticos dun só uso, na sección de froitería introducimos unhas novas bolsas de malla reutilizables. Véndense en packs de catro unidades e úsanse exactamente igual ca a bolsa anterior: • introdúcese dentro o alimento elixido, • pésase na balanza, • pégase a etiqueta co importe final, • e págase ao pasar por caixa. Esta malla únese a outras melloras que acometemos na sección de froitería, como o aumento de referencias por xunto, que superan xa o 60% do total, ou a substitución do plástico nas bandexas dalgunhas froitas e verduras da nosa marca EROSKI Natur.

Ao utilizares esta malla en múltiples ocasións, estarás a reducir o consumo de plástico. De feito, de usarmos só este tipo de envases nas nosas compras de froita e verdura por xunto en EROSKI evitariamos nun só ano o gasto de máis de 50 millóns de bolsas de plástico dun só uso. Isto supón reducir máis de 100 toneladas deste material anualmente. Ademais, se se lixa, pódese lavar na lavadora ata 40 ºC.

40

040-041 CONSUMO SOSTENIBLE - BOLSAS GAL.indd 42

7/8/19 17:57


Traballamos hoxe para o benestar de mañá incremento e a incorrecta xestión de residuos de plástico está a xerar graves problemas ambientais. As mallas reutilizables son un paso no noso compromiso histórico pola reutilización e a redución do uso de bolsas de plástico.

O

En EROSKI levamos anos a traballar para che ofrecermos diferentes tipos de bolsas reutilizables ou de materiais alternativos ao plástico. Lanzamos as primeiras en 1997 e, grazas a iso, estímase que evitamos xa arredor de 1.300 millóns de bolsas dun só uso.

Lanzamos as primeiras bolsas reutilizables hai máis de 20 anos. Podíanse usar unhas 15 veces e tiñan un 40% máis de capacidade.

tea, que é moi doada de encartar para levala no peto, no bolso ou no compartimento do coche. Xunta responsabilidade ambiental e solidariedade, xa que todos os beneficios da súa venda se dedican a causas solidarias.

1997

Incorporamos unha nova bolsa reutilizable e premiamos as persoas que a elixiron descontándolles un céntimo de euro por cada bolsa de plástico non usada.

2009

Comezamos a cobrar a bolsa dun só uso nas tendas, adiantándonos oito anos á lexislación. Grazas a esta medida, reduciuse o consumo en máis de 293 millóns de bolsas nun ano, un 62% das consumidas no 2009.

2010

Prezo: 1,99 euros. Capacidade: ata 5 quilos. Tamaño: 35 cm x 30 cm. Uso: Reutilizable ata en 20 ocasións.

2013

Lanzamos a primeira edición da bolsa solidaria reutilizable de

Presentamos unha nova gama de bolsas fabricadas con materiais alternativos ao plástico convencional. A primeira é unha bolsa de papel co selo FSC® mixto, que acredita que a fibra do papel provén de bosques xestionados de maneira sostible ou de material reciclado e é 100% reciclable. Tamén outra bolsa compostable, fabricada con materiais de orixe vexetal e que se pode reutilizar posteriormente como bolsa de lixo para os desfeitos orgánicos. E, para rematar, unha bolsa reutilizable de plástico 100% reciclable e que usa como materia prima plástico reciclado polo menos nun 55%.

2019

41 43

040-041 CONSUMO SOSTENIBLE - BOLSAS GAL.indd 43

8/8/19 16:29


consumo sostible

Un fito no compromiso co mar e cos que traballan nel Da man das marcas Isabel e Campos, xa podes atopar en EROSKI as primeiras latas de atún co selo APR-AENOR Conform. Unha nova certificación que garante as mellores prácticas ambientais, os sistemas máis avanzados de control e seguridade da actividade pesqueira e, sobre todo, as mellores condicións laborais das nosas frotas.

P

ara garantir que o atún que consumes é responsable, as marcas Isabel e Campos -do Grupo Conservas Garavilla e Conservas Salica, respectivamente-, foron as primeiras do mercado en acadar a certificación APR-AENOR Conform. A partir de agora, a súa gama irá marcada con este novo selo. É voluntario e único no mundo e garante esixentes estándares ambientais, sanitarios, de control e vixilancia marítima, e sobre todo, laborais no tocante ás condicións de traballo das persoas que faenan no mar, situando o noso sector pesqueiro e as empresas conserveiras adheridas en posicións de liderado internacional.

O SELO APR-AENOR CONFORM Ao escolleres produtos con este selo terás a seguridade de que o produto que levas á casa procede dun Programa de Mellora da Pesqueira Exhaustivo (Robust FIP, segundo as súas siglas en inglés). Este logotipo distinguirá aqueles produtos que conteñan atún de barcos certifi cados baixo a norma UNE 195.006, dándoche a tranquilidade, polo tanto, de saber que se atenderon todos os factores que interfi ren na conservación dos recursos naturais e no coidado das persoas, ao se controlar de xeito exhaustivo a trazabilidade do atún dende a súa extracción en alto mar ata o procesado e distribución das conservas do peixe en terra.

1. Boas prácticas. O selo garante que o produto é responsable co mar e coas especies e asegura as mellores prácticas pesqueiras. Inclúe a formación de capitáns e patróns sobre o estado das poboacións de atún e o impacto da actividade pesqueira no ecosistema mariño.

42

042-043 PUBLIRREPORTAJE GARAVILLA GAL.indd 40

7/8/19 17:56


2. Control da actividade pesqueira. Asegúrase o control da frota 24 horas, 365 días ao ano, grazas á esixencia de licenzas e autorizacións, seguros e rexistros sanitarios e outros elementos como o diario de captura e a localización xeográfica, rumbo e velocidade dos buques, evitando así a pesca ilegal e a sobrepesca, utilizando os sistemas máis avanzados de control e vixilancia marítima.

Poderás identificar estas latas polo selo que atoparás nos envases

3. Condicións sociolaborais e seguridade. Esta certificación garante un traballo xusto, digno e seguro para as persoas que traballan no mar en cuestión de contratos, vacacións, formación, horas de descanso ou condicións de vida baixo o estándar internacional do Convenio 188 da Organización Internacional do Traballo (OIT). Tamén certifica que os buques que faenan pescando o atún que levan á túa mesa están en condicións óptimas de seguridade para saíren ao mar.

Máis información en: www.atundepescaresponsableaenor.com 43

042-043 PUBLIRREPORTAJE GARAVILLA GAL.indd 43

7/8/19 17:56


coidado persoal

O teu pelo perfecto despois do verán A exposición ao sol, ao sal, ao cloro, á area... pásanlle factura ao teu cabelo. Hai que coidalo acotío e o outono é o momento de rehidratalo e de nutrilo aínda máis. Os produtos específicos belle e uns sinxelos consellos axudaranche a mantelo impecable e san.

2 O LAVADO AXEITADO

1 ANTES DE LAVALO É importante cepillar o cabelo en seco para evitar roturas. p Para iso, podes P utilizar o cepillo ut raqueta de belle. raq

Para lavares o pelo de xeito correcto, debemos aplicar unha noz de xampú belle (Ouro máxico, Forza e resistencia ou Reparación intensa, por exemplo) na man e masaxear suavemente. Despois, aclararemos con abundante auga e, se cómpre, repetiremos unha segunda vez.

44

044-045 CUIDADO PERSONAL GAL.indd 44

7/8/19 18:06


2014. Compromiso de non utilizar parabenos nin triclosán nos produtos de marca propia.

3 ELIMINAMOS A HUMIDADE A toalla turbante de belle é ideal para retirar o exceso de humidade do cabelo.

4 PROTEXEMOS E NUTRIMOS Dúas ou tres veces á semana convén aplicar un acondicionador ou máscara, como a de Forza e Resistencia de belle. Cando cumpra, podemos utilizar un tratamento intensivo de nutrición e/ou reparación, como o aceite capilar ouro de belle, especialmente tras a coloración. Ademais, se utilizamos fontes de calor como pranchas e/ou secador, é necesario protexer o cabelo co protector térmico de belle.

6 SECADO FINAL

5 TÉCNICA DE PEITEADO Debemos peitear o cabelo húmido con suavidade. Para non o romper, primeiro desenguedellámolo de medios a puntas e logo dende a parte superior. É imprescindible usar un peite ou cepillo axeitado ao noso tipo de cabelo: peite para rizos, peite escarpidor, de peto, etc. belle ofréceche unha ampla gama para elixir.

O cepillo esqueleto é especial para secar o cabelo e que o aire circule a través del protexéndoo da calor e o cepillo térmico é ideal para moldear o pelo ou os flocos coa axuda do secador.

Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle Hai moitos máis en: www.eroski.es/ nuestras-marcas/belle/

45

044-045 CUIDADO PERSONAL GAL.indd 45

7/8/19 18:06


as vantaxes do socio

EROSKI club acompáñate na túa volta de vacacións Achégase o remate do verán, pero en EROSKI club seguimos a celebrar o 5 50 aniversario de EROSKI con todos os socios. Xa levamos sorteado magníficas viaxes, un coche, abono de cartos á tarxeta e milleiros de Puntos Travel Club. E aínda nos quedan premios por repartir!

N

on hai mellor xeito de retomar o día a día que seguir a celebrar o noso 50 aniversario. E queremos que o fagas cun gran regalo para nenos e non tan nenos. Aproveitando o lanzamento da nova película de Angry Birds, e por só 700 puntos Travel Club, poderás facer a colección exclusiva dos novos peluxess Angry Birds (1). Só terás que coller o peluxe e, ao paso por caixa, identificarte como socio de EROSKI club. Se non dispós dos 700 puntos e queres levar outro peluxe poderalo acadar por un prezo de 7,99 € realizando unha compra mínima de 15 €.

Queres vivir novas experiencias? Logo de cargar as pilas durante o verán, EROSKI club sortea (3) 500 Packs de Experiencias para que as goces ao máximo. Usa a túa tarxeta de crédito EROSKI packs club dentro e fóra de EROSKI durante xperienci r experiencias o mes de setembro e participas automaticamente no sorteo. Cada movemento de tarxeta é unha participación. Canto máis a uses, mellor! Aínda non tes a tarxeta? Faina en www.eroski.es ou nunha tenda.

500

O teu peluxe e por só

700 Puntos cada un

Serás o seguinte socio en gañar 500 €? Xa hai 250 familias que gañaron un premio de 500 € que poderán trocar nas súas vindeiras compras en EROSKI. Queres ser o seguinte gañador? Este mes volvemos sortear (2) 50 premios de 500 € á tarxeta EROSKI club. Gañar é ben doado! Participas automaticamente ao realizares unha compra de 20 € en EROSKI durante o mes de setembro. Importante: Lembra pasar a túa tarxeta EROSKI club ao paso por caixa cada vez que vaias a EROSKI.

500€

(1)

Cada peluxe por 700 puntos Travel Club ou 7,99 €. Validez 9-10-19 ou fin de existencias. Consulta condicións en eroski.es. Angry Birds™ & ©2019 Rovio Entertainment Corporation and Rovio Animation Ltd. The Angry Birds Movie 2 ©2019 CPII. All Rights Reserved. Consulta bases legais en www.eroski.es/aniversario-promocion/. (3) O sorteo celebrarase o 4-10-19. Consulta bases legais en www.eroski.es/sorteo-mastercard. (2)

046-047 VENTAJAS CLUB GAL.indd 46

7/8/19 18:08


Seguimos a repartir premios En marzo cumprimos 50 anos contigo e decidimos que o queriamos celebrar repartindo centos de premios. Xa entregamos: • 5 viaxes ao Caribe • 50 viaxes á Costa Dourada • 1 premio de 5.000 €

(1)

• 250 premios de 500 € • 500 Packs de experiencias • e 250 premios dun ano de produtos gratis das mellores marcas, como Procter & Gamble, Artiach-Cuétara, Mahou-San Miguel-Alhambra, Coca Cola, etc.

Xa repartimos máis de

1.15O

PREMIOS!

Máis aforro na volta ao fogar e ao cole

Máis aforro nas túas compras

Prepárate para a volta ao fogar e ao cole. Accede a Máis promocións na App ou en www.eroski.es e descubre un aforro adicional de ata o 10% nas túas marcas favoritas. Ademais, ofrecémosche financiamento gratis coa tarxeta de crédito EROSKI club para o material escolar, os electrodomésticos da cociña e para todas as túas compras en EROSKI ao 0% TAE (1) en 3, 6 e 10 meses. E non te preocupes das compras. Lembra que se tes a tarxeta Ouro EROSKI club aforras un 4% en todas as compras que fagas en EROSKI.

Querémoste agasallar cun vale aforro de 5 €! Só por usares a túa tarxeta de crédito EROSKI club do 2 ao 15 de setembro do 2019 dentro e fóra de EROSKI e alcanzar polo menos 125 €, recibirás no vindeiro extracto no teu domicilio o teu vale aforro de 5 € para o trocares en nun vale aforro EROSKI no que queiras.

5€

Financiamento ofrecido por Santander Consumer Finance S.A. Sen xuros para o cliente. Subvenciónaos EROSKI.

046-047 VENTAJAS CLUB GAL.indd 47

7/8/19 18:08


EROSKI 49 FINSH.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

13:42


EROSKI 49 SPONTEX.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

29/07/19

14:31


viaxes

Saír percorrer mundo

Viaxar é bo para as persoas maiores O

viaxeiro sénior obtén unha serie de benefi cios ao viaxar. Amais de coñecer novos lugares, mellora a súa saúde física e emocional, socializa con outras persoas, racha coa rutina cotiá reducindo así síntomas nerviosos, gaña en axilidade mental, xa que se enfronta a pequenos retos como son o cambio de cidade, de moeda ou o transporte, alivia a circulación de visitar destinos de costa, renova os seus pulmóns ao respirar aire limpo se viaxa á natureza e mellora a súa saúde física ao pasear para descubrir marabillosos recantos. TURISMO ADAPTADO Cada vez é maior a oferta de viaxes e excursións adaptadas ás necesidades das persoas

maiores. A interacción humana na planifi cación e mais na organización son claves para atopar unha viaxe na que eles poidan gozar a tope. O PRIMEIRO PASO Á hora de contratar unha viaxe, o primeiro que cómpre facer é planifi cala con antelación. Isto supón decidir o destino ao se vai viaxar, que medio de transporte utilizar, que vestimenta levar, a medicación e posibles vacinas. É aconsellable elixir destinos próximos para non botar moito tempo no medio de transporte, aínda que cada vez son máis os viaxeiros sénior que se lanzan a realizar grandes viaxes, cumprindo así soños que non puideron realizar sendo máis novos.

DESTINOS Estadías na costa, na que destaca Benidorm como destino predilecto, circuítos por cidades europeas, cruceiros, balnearios, excursións culturais... Vida só hai unha e na nosa man está aproveitala e saborear cada intre. EN VIAXES EROSKI... Adaptámonos ás necesidades creando produtos de gran valor e confeccionamos con moito agarimo os traxectos para que os nosos viaxeiros sénior gocen. Dispoñemos de itinerarios con guía acompañante dende o aeroporto de orixe e durante todo o itinerario. Viaxes nas que cada actividade, visita, xantar ou cea están planificadas co fin de satisfacer todas as inquedanzas e facer dela unha viaxe memorable.

52

052-053 VIAJES GAL.indd 52

7/8/19 18:16


“Unha vez ao ano, vai a algures onde non estiveras antes” Dalai Lama

NADAL EN

BENIDORM 27 de decembro 8 días / 7 noites en PC con auga / viño e gala de Fin de Ano

785

CAMBRILS 5 de outubro 8 días / 7 noites

425

VIETNAM E CAMBODJA 27 de novembro 16 días / 13 noites

GUÍA PRÁCTICA DOCUMENTACIÓN: DNI ou pasaporte en vigor (segundo destino). VACINAS: en Viaxes EROSKI informarémoste, segundo o destino que vaias visitar, de se cómpre poñer vacinas adicionais.

SAÚDE: se vas viaxar polo país debes levar a canda ti a tarxeta individual sanitaria. Se a viaxe se realiza en ámbito europeo deberás portar a tarxeta Sanitaria Europea; e en viaxes de longo percorrido, un bo seguro de asistencia.

MEDICACIÓN: antes de viaxar, informa o teu médico para que che dea as instrucións convenientes e informes á axencia no caso de medicamentos con especial tratamento (que haxa que manter en frío, por exemplo).

3.195

Prezos “desde” por persoa en habitación dobre. Consultar condicións en oficinas físicas EROSKI/viaxes. Prazas limitadas. CIE 618. Edición 09/2019.

53

052-053 VIAJES GAL.indd 53

7/8/19 18:16


Os teus favoritos Os nosos clientes comentan cales son os seus produtos favoritos e como tirar partido deles na cociña. Grazas polas opinións e as boas ideas.

Filete de lombo fino Duroc EROSKI Natur “Un valor seguro para as ceas dos nenos. Ademais, certificado en benestar animal. Beeeen”. Ander

C

ando Ander busca un produto que lles guste seguro aos seus fi llos non ten dúbida: os lombos fi nos de porco Duroc EROSKI Natur son a súa mellor opción. Amais do seu corte doado e rápido de preparar, proceden da mellor carne de porco de orixe España. Os porcos Duroc EROSKI Natur son un 50% raza ibérica e un 50% Duroc, un cruzamento que ten unha infi ltración de graxa dentro do propio músculo que mellora o seu sabor, aroma e tenrura.

Amais da calidade, a Ander tamén lle preocupa como se produce a carne e por iso elixe porco Duroc EROSKI Natur, criado seguindo prácticas de benestar animal. Esta carne conta co certificado de Aenor, que se centra en catro alicerces. O primeiro é a alimentación, baseada nunha alta porcentaxe de cereais. En segundo lugar revisa o aloxamento para garantir que os animais teñen zonas de descanso axeitadas e facilidade de movemento. O

estado de saúde e o comportamento dos animais son o terceiro e cuarto puntos que se teñen en conta. Amais do anterior, na marca EROSKI Natur esiximos os máis altos estándares en materia de bioseguridade. Para iso, a alimentación ten que garantir un contido mínimo de cereal do 60% e os animais non poden recibir medicación nos últimos 40 días. A aplicación de boas prácticas de benestar animal ten un impacto

directo na calidade do produto e tamén infl úe na redución de custos de produción, polo que esta carne é máis efi ciente e sostible. A opinión de Ander sobre este produto axuda a outros a elixir mellor. A túa, tamén é importante. Pódela compartir connosco.

54

054 TUS FAVORITOS GAL.indd 54

8/8/19 16:29


EROSKI 49 DON SIMON.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

31/07/19

16:10


EROSKI 49 SAN MIGUEL nuevo mat.indd 1

6/8/19 14:50


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.