Page 1

#50 Outubro’19 - 1 EURO

www.eroski.es

Queixos

A Denominación de Orixe avala o seu sabor e calidade

Mazás

En EROSKI atoparás unha morea de variedades

Nova colección téxtil

O último en moda xa está nos nosos hipermercados

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Ensinando a comer ben


EROSKI 50 HERO.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/09/19

11:05


sumario outubro’2019

www.eroski.es

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

08 Alimentación saudable desde a infancia

18 Mazás

22 Bacallau

28 Queixos

04 Neste número.

26 Mexillón EROSKI.

06 O último nas nosas tendas.

28 Queixos con Denominación

08 Alimentación saudable desde a infancia. 14 Granada D.O.P. Mollar de Elche EROSKI Natur. 16 Chirimoia EROSKI. 18 Todas as variedades de mazás que

42 Téxtil

16 Chirimoia

tes nas nosas tendas. 22 Bacallau curado e desalgado.

de Orixe. 34 Os teus produtos favoritos. 42 Nova colección téxtil. 46 Colección Natura Botánica de belle&MAKE-UP. 48 Viaxes: Fuerteventura. 50 As vantaxes de EROSKI club. 53 Vales aforro.

3

003 SUMARIO GAL.indd 3

19/9/19 21:31


neste número A importancia de aprender a comer ben Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club

C

o curso xa encarreirado, en outubro é un bo momento de reforzar os bos hábitos que comezamos en setembro e a alimentación é un deles. Coidar o que se come na casa é importante, sobre todo no caso dos máis pequenos, porque unha dieta equilibrada é fundamental para o seu desenvolvemento e rendemento escolar. En EROSKI, a saúde e o benestar son a nosa razón de ser e, por iso, desenvolvemos numerosas accións e campañas para che facilitarmos a ti e á túa familia levar unha vida máis saudable: dende alimentos que favorecen unha alimentación máis equilibrada e a bo prezo, a unha gran variedade de obradoiros, cursos e charlas cos que queremos promover a alimentación equilibrada e os hábitos saudables dende a infancia. Se queres saber máis, nesta revista atoparás toda a información para participar en calquera das actividades que organizamos. Tamén queremos aproveitar este número de outubro para che presentarmos a nosa nova colección téxtil, que atoparás nos hipermercados nunha sección totalmente renovada. Unha roupa máis moderna, casual e con novidades semanais para toda a familia. E, coma decote, nestas páxinas atoparás os mellores produtos de tempada, os últimos lanzamentos, vales aforro, consellos nutricionais e, por suposto, receitas coas que triunfar na cociña.

EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Difusión: Controlada por OJD

Depósito Legal: BI-222-2015

REALIZACIÓN EDICIÓN

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104

Imprenta: MCC Graphics. Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11. 20100 Errenteria (Gipuzkoa). Tel. +34 943 344 614

A revista Eroski club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.

4

004 EDITORIAL GAL.indd 4

19/9/19 21:32


EROSKI 50 SAL COSTA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

18/09/19

16:08


o último NUTRI-SCORE NUTRI-SCORE

A B C D E

A B C D E

NUTRI-SCORE

A B CD E

NUTRI-SCORE

A B CD E

Non renuncies a nada O 1% da poboación padece intolerancia ao glute, unha proteína vexetal presente en varios cereais e en alimentos e bebidas. As persoas celíacas adoitan ter dificultades á hora de faceren a compra, pero en EROSKI todo son facilidades.

E

n EROSKI estamos comprometidos en ofrecer opcións para todos e por iso ofrecémosche distintos tipos de produtos para cubrirmos todas as túas necesidades. Un compromiso que segue a medrar coa chegada ás nosas tendas de novos alimentos sen glute: biscoitiños, tortas de millo e arroz, picos e regañás. Trátase de produtos elaborados especificamente para persoas celíacas e están avalados pola Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE).

Os picos están elaborados con amidón de millo e fariña de arroz. Igual ca as regañás, nas que se utiliza fariña de liño. Os biscoitiños mármore -chamados así polo seu aspecto, que lembra este material- e os de sabor laranxa están elaborados con fariña de arroz, amidón de millo, fariña de trigo sarraceno e aceite de oliva virxe extra, o que lles dá maior esponxosidade. No caso das tortas, son de arroz e de millo -cereais libres de glute-, pero están formuladas especificamente para

Temos máis de 2.500 produtos garantidos sen glute, 500 deles de marca EROSKI. Poderalos identificar polo pictograma ‘sen glute’ que atoparás no frontal dos envases

persoas celíacas, xa que non teñen trazas de glute. Estes produtos especiais para persoas celíacas destacan polo seu bo prezo, entre un 20%

e 50% máis económico ca outras marcas. Xeralmente, os alimentos sen glute adoitan ter un prezo maior e encarecen a compra.

6

006-07 LO ULTIMO GAL.indd 6

20/9/19 17:30


ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA PALACIO DE LOS OLIVOS

Calidade prémium nos teus pratos

O

aceite de oliva virxe extra Palacio de Los Olivos foi elixido por segundo ano consecutivo número un no Ránking Mundial AOVE Picual. Un dato que pon de manifesto a excelencia deste produto. Olivapalacios é unha empresa familiar que produce en Almagro (Ciudad Real) un aceite de oliva virxe extra (AOVE) practicamente artesán e de moi alta calidade, poñendo extremo coidado en cada parte do proceso, desde o coidado da oliveira

e da oliva ata o envasado. As análises químicas e sensoriais corroboran que o aceite é de gran calidade, de aroma e sabor afroitado, verde intenso, sen residuos nin alérxenos e con alto contido de antioxidantes naturais moi saudables. Grazas á dedicación e o esforzo en cada proceso, Olivapalacios é, neste momento, un referente no sector do aceite de oliva. A marca conta con 25 premios de prestixio internacional e mais co Premio á Excelencia

EN CALQUERA LUGAR E A CALQUERA HORA Se non tes tempo ou simplemente non che apetece cociñar, en EROSKI temos unha ampla variedade de pratos saudables listos para consumir. A última novidade que incorporamos é a ensalada César. Elaborada cunha mestura de vexetais (escarola rizada, radicchio

e herba dos cóengos), salsa césar, polo, queixos gouda e cheddar e carochos, esta é unha receita completa e saborosa cunha boa valoración nutricional ao estar composta por

Empresarial e o Premio ao Mellor Produtor de Castela A Mancha (ESAO).

vexetais. E ao ser un prato preparado, poderás gozalo decontado, xa que non cómpre lavar nin cortar as verduras e aforrarás o tempo de preparación. Tamén o podes consumir no mesmo envase, que inclúe un garfo e a salsa.

ZUME REFRIXERADO SELEQTIA. MAZÁ E MÁIS NADA Se queres gozar dun zume natural elaborado só con mazás espremidas sen ningún engadido, presentámosche o noso novo zume de mazá refrixerado EROSKI Seleqtia. Só zume das mellores mazás Golden, Fuji e Granny producidas en Cataluña, Galicia e Aragón. Estas variedades son especialmente seleccionadas polas súas características e achegan un sabor equilibrado, fresco e aromático. Así o validaron os expertos do Basque Culinary Center (BCC). Por unha banda, as Golden e Fuji dan o toque doce, mentres que as Granny, cun sabor máis ácido, axudan a equilibrar. As mazás utilizadas para elaborar o noso zume Seleqtia son procesadas en frío unha vez colleitadas, co que se dá conservado ao máximo as súas calidades nutricionais e de sabor. Para mantelo en condicións óptimas, é pasteurizado e envasado despois.

NUTRI-SCORE

NUTRI-SCORE

A B C D E

A B C D E

7

006-07 LO ULTIMO GAL.indd 7

19/9/19 21:33


alimentación saudable

Impulsando hábitos máis saudables dende a infancia A obesidade gaña terreo, especialmente entre os máis pequenos. Así o constata a Organización Mundial da Saúde (OMS) e informes científicos, como o ‘Estudo Aladino’ do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e o ‘Estudo nutricional e de hábitos alimentarios da poboación española’ promovido pola Fundación EROSKI. Ensinar os nenos a levaren unha dieta equilibrada é clave para o seu desenvolvemento e en EROSKI promovemos a alimentación saudable a través de diferentes accións.

E

xisten numerosos factores detrás do aumento da obesidade infantil. Hoxe en día, os nenos e nenas non comen ben abondo. En xeral, toman máis cantidade de alimentos da que precisan e estes son máis ricos en graxas, azucres simples e, en consecuencia, en calorías. Isto únese a unha oferta ilimitada de produtos fonte de ‘calorías baleiras’ (bolería industrial, lambetadas, snacks, bebidas azucradas...) e menos produtos frescos como froitas, verduras, legumes e peixe, que se atopan na base da pirámide nutricional. A todo isto engádese unha actividade física menor, cun estilo de vida máis sedentario, coa televisión e os videoxogos como principais protagonistas. É responsabilidade de todos reverter esta situación educando e animando os máis pequenos a levaren unha alimentación e hábitos de vida máis saudables. EROSKI, como empresa de distribución, tamén ten un rol importante e, por iso, dentro dos 10 Compromisos pola Saúde e a Sustentabilidade, que recentemente renovamos, propuxémonos previr a obesidade infantil e promover unha alimentación equilibrada, tanto na tenda coma fóra dela. Para garantir que as nosas propostas en saúde e alimentación responden ás necesidades e prioridades ás que apunta a

comunidade científica, contamos cun departamento de saúde que dispón de especialistas na materia e co Comité Científico da Fundación EROSKI, que nos guía e orienta na definición da estratexia a medio e longo prazo do noso compromiso coa alimentación saudable. Este órgano asesor está composto por profesionais especializados en distintas disciplinas relacionadas coa saúde, a nutrición, a alimentación e as artes culinarias e gastronómicas e achega evidencia científica, experta e independente á nosa proposta dende unha visión externa moi enriquecedora. MELLORAMOS OS NOSOS PRODUTOS A prevalencia da obesidade está en parte moi ligada aos alimentos que podes atopar nun supermercado. Traballamos para dispoñer dunha oferta comercial baseada en produtos capaces de garantir unha alimentación equilibrada e segura. No 2018 logramos a redución de graxas, azucres ou sal en preto de 300 produtos, cunha mellora do seu perfi l nutricional para facelos máis saudables. Ademais, queremos que coñezas de xeito sinxelo a valoración nutricional global do que mercas e ofrecerche a máxima transparencia a través da etiquetaxe nutricional frontal Nutri-Score e do noso semáforo nutricional, presentes en todos os produtos EROSKI.

8

008-013 ALIMENTACION SALUDABLE GAL.indd 8

19/9/19 21:36


OBRADOIROS E DEGUSTACIÓNS Na tenda tamén organizamos actividades dirixidas ás familias nas que tratamos temáticas moi diversas, como a promoción de hábitos saudables entre os máis pequenos, e mais almorzos nos que se tratan temas como a práctica de actividade física, a alimentación e o descanso, obradoiros de cociña para todas as idades e visitas guiadas a granxas e empresas para coñecer de primeira man como se

producen moitos dos produtos que atoparás nas nosas tendas. Entre as actividades que realizaremos en outubro cómpre salientar, un ano máis, a campaña de repartición gratuíta de froita. Levarase a cabo nas nosas tendas e nela repartiremos pezas de froita entre todos os nenos á hora da merenda -entre as 16:30 e as 19:30-. Entregaráselle unha peza a cada neno, que poderá escoller entre kiwi, plátano, mandarina, pera ou mazá.

A 3ª edición de ‘Imagine Food’ xa está en marcha Este concurso está dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos e con el queremos dar a coñecer a importancia de levar unha alimentación equilibrada e saudable e animar os máis pequenos a que nos conten a súa receita favorita. Este ano, ‘Imagine Food’ preséntase en dúas categorías: escolas e familias. Repartiranse tres premios por cada unha e, ademais, os 30 debuxos finalistas serán interpretados polo chef Peio Gartzia e recollidos nun libro de receitas. Como participar? Os pequenos só teñen que imaxinar a súa receita favorita (un prato, un almorzo, unha merenda...) que conteña un iogur, debuxala e redactala e enviala á web da Escola de Alimentación da Fundación EROSKI ou entregala nos stands que atoparán nos nosos hipermercados. Para máis información, podes entrar en: http://imaginefood. escueladealimentacion.es/

9

008-013 ALIMENTACION SALUDABLE GAL.indd 9

19/9/19 21:36


alimentación saudable

Kenko: xogando apréndese a comer ben En EROSKI creamos a Kenko, un dragón que ensinará os nenos a levaren unha alimentación saudable de xeito doado e divertido. Trátase dun xogo de realidade aumentada no que os máis pequenos farán medrar o dragón mentres superan diferentes probas. Para que os teus fillos poidan xogar só cómpre ser socio de EROSKI club e ter a aplicación EROSKI descargada no teléfono móbil.

P

ara acceder ás probas só tes que enfocar as imaxes de Kenko que atoparás nas nosas tendas ou nos folletos usando o botón 3D da aplicación. Podes atopar a Kenko nos folletos EROSKI que se publicarán entre os meses de outubro e novembro e tamén nas seccións de panadería, froitería, chacinería, carnicería e peixería dos nosos establecementos. COMO SE XOGA A KENKO? Paso 1: adoptar un dragón. O xogador adopta un dragón Kenko capturando coa aplicación EROSKI unha das súas imaxes. A adopción significa que o rexistro xa está feito e se pode comezar a xogar. Paso 2: resolver probas. Dende o 10/10 ao 30/11 podes resolver diferentes probas e gañar Kenkomoedas que se

engaden á túa conta particular de socio EROSKI club. Paso 3: Kenko medra. O xogo consiste en facer medrar a Kenko, dende bebé a adulto, superando distintas probas. Canto máis medra, maior é a recompensa que se consegue.

O xogo comeza ofi cialmente o día 10/10 e os socios de EROSKI club poden comezar a xogar ata o 30/11. A partir desa data, as probas xa non estarán en funcionamento.

10

008-013 ALIMENTACION SALUDABLE GAL.indd 10

19/9/19 21:36


AS RECOMPENSAS O xogo consiste en facer medrar a Kenko, dende que o adoptas sendo un bebé ata convertelo en dragón adulto. Hai que superar catro etapas ou niveis. Bebé: con 32.400 moedas, Kenko deixa de ser un bebé e convértese nun neno. Ao chegar a este nivel acadarás 125 Puntos Travel e entrarás no sorteo de 30 estadías de fi n de semana (Box Tentacións) para catro persoas. Neno: con 130.000 moedas, Kenko deixa de ser un neno e convértese

nun adolescente. Acadarás 250 Puntos Travel e entrarás no sorteo de 20 estadías de fin de semana (Box Ilusións) para catro persoas. Adolescente: con 260.000 moedas, Kenko deixa de ser un adolescente e tórnase un adulto. Acadarás 400 Puntos Travel e entrarás no sorteo de dez estadías de fin de semana (Box Premium) para catro persoas. Adulto: os dez xogadores coa máxima puntuación que cheguen a este nivel conseguirán unha estadía nun hotel prémium para catro persoas, valorada en 500 euros.

AS PROBAS 1. QUIZZ: hai que responder correctamente preguntas relacionadas coa alimentación equilibrada elixindo entre unha das tres posibles respostas. 2. RESGA E DESCUBRE: trátase de capturar unha imaxe coa que acceder a un consello para levar unha alimentación máis saudable.

3. ORDEA: o xogador ten que colocar diferentes elementos na súa orde correcta. 4. MISIÓNS: hai que cumprir diferentes misións secretas que se comunican o día no que se teñen que levar a cabo. En función da difi cultade das probas pódense acadar máis ou menos Kenkomoedas.

11

008-013 ALIMENTACION SALUDABLE GAL.indd 11

19/9/19 21:36


alimentación saudable

Educando en alimentación e hábitos saudables En EROSKI coidamos que a formación é fundamental para manter unha alimentación equilibrada e saudable e por iso traballamos cos centros escolares o Programa Educativo en Alimentación e Hábitos Saudables (PEAHS) ‘Enerxía para medrar’. Esta iniciativa púxoa en marcha no 2012 a Fundación EROSKI para axudar a frear a crecente tendencia da taxa de obesidade infantil en España.

12

008-013 ALIMENTACION SALUDABLE GAL.indd 12

19/9/19 21:36


O

obxectivo primordial do programa é sensibilizar os estudantes de primaria sobre a importancia de levar unha alimentación equilibrada e de seguir un estilo de vida saudable. Un total de 442.677 escolares de toda España, de 3.253 centros de Educación Primaria, participaron na última edición durante o curso escolar 2018-2019. A nosa aspiración é formar máis de dous millóns de rapaces para o 2025. O programa consta dun total de dez sesións lectivas que se imparten na aula e de tres obradoiros

Pódese obter máis información e participar no programa PEAHS na web www.escueladealimentacion.es ou no teléfono 946 072 841

prácticos. A metodoloxía é lúdica, participativa e experimental e os nenos realizan pequenos proxectos grupais, fomentando sempre unha actitude construtiva, responsable e cooperativa. SESIÓNS LECTIVAS Son dez sesións que se imparten na aula, formadas cada unha delas por unha parte teórica e por outra con actividades que hai que realizar en grupo. Con isto preténdese formar en aspectos básicos sobre alimentación equilibrada, hábitos de vida saudables, as vantaxes de consumir produtos locais, as dietas doutros lugares do mundo e a sustentabilidade do planeta. Os contidos do programa elaborounos un comité científico formado por profesionais da medicina, nutrición e dietética, psicopedagoxía e pedagoxía.

Ademais, contamos coa colaboración de Unicef, do Fondo Mundial para a Natureza (WWF), da Fundación Española do Corazón e do Basque Culinary Center para a elaboración das sesións lectivas. OBRADOIROS PRÁCTICOS En tres obradoiros os escolares poden experimentar o aprendido na aula nun contorno real. Visita a unha tenda: os escolares practican con produtos reais a interpretación da etiquetaxe nutricional e a situación dos diferentes alimentos na pirámide nutricional. E aprenden a compoñer unha cesta da compra saudable. Visita a un produtor ou fabricante agroalimentario local: os escolares aprenden dun xeito lúdico a importancia da produción local de alimentos como eixe de valor en materia de sustentabilidade ambiental, cultural e social. Aula de cociña: o obradoiro consiste en cociñar un menú para un día completo da man dun cociñeiro profesional do Basque Culinary Center, centro de referencia en gastronomía a nivel mundial.

Premio para o Programa educativo da Fundación EROSKI O labor realizado por Enerxía para medrar foi recoñecido en numerosas ocasións. No 2018, o Programa educativo da Fundación EROSKI foi galardoado co premio á Mellor iniciativa empresarial outorgado pola Academia Española de Nutrición.

13

008-013 ALIMENTACION SALUDABLE GAL.indd 13

19/9/19 21:36


este mes

O bo está no interior A Granada D.O.P. Mollar de Elche EROSKI Natur é unha froita que fala de calidade, pero tamén de tradición e dunha produción responsable co contorno posible grazas ao traballo que dende hai anos realizan os labregos da zona.

SABOR EQUILIBRADO O privilexiado clima (temperaturas suaves en inverno e baixas precipitacións) e os chans fértiles dan como resultado un equilibrio entre acidez e azucres que se traduce no seu sabor doce característico.

PARA OS MÁIS PEQUENOS Á MAN Máis de 600 produtores de 40 concellos das comarcas alacantinas do Baixo Vinalopó, o Campo de Alacante e Vega Baja traballan a granada Mollar. O cultivo e colleita fanse á man.

Unha vez pelada, é unha froita moi doada de comer e os grans de cor rosa dan un toque de cor e asemade achegan vitaminas, potasio e ácido cítrico e teñen escaso contido calorífico.

DOCE E BRANDA Aínda que menos atractiva no exterior, a variedade Mollar destaca polas súas pebidas, máis doces e brandas, polo que é máis doada de comer.

CALIDADE CERTIFICADA Estas granadas cumpren cos estándares e controis do Consello Regulador da D.O.P: un peso mínimo de 125 gramos e unha relación entre cantidade de azucre e acidez determinada que garante o seu punto óptimo de maduración. Isto é moi importante, xa que as granadas non maduran despois de obtelas.

FROITA SOSTIBLE Como froita EROSKI Natur, as granadas Mollar teñen o selo GLOBALG.A.P que garante que se cultivou de xeito sostible. Neste caso, destaca o uso de técnicas de reutilización de auga –que chega ata o 75% do consumo- e o baixo uso de pesticidas e fitosanitarios.

14

014-015 GRANADA GAL.indd 14

19/9/19 21:37


1,99 € POR PORCIÓN

Poke bowl de arroz e salmón con granada 100 g de arroz de gornición 150 g de salmón afumado 2 láminas de alga nori 1 aguacate 1 cogombro con pel 1 granada grande Sementes de sésamo Para o aliño: 1 limón 1 laranxa 2 culleriñas de mel suave 2 culleradas de salsa de soia baixa en sal 2 culleradas de vinagre de arroz Coandro fresco

ELABORACIÓN. Para cociñar este prato típico xaponés comezamos cocendo o arroz. Ao mesmo tempo, preparamos o aliño mesturando o zume e as reladuras de limón e laranxa, o mel, a soia e o vinagre de arroz. Partimos os lombos de salmón en dados. Torramos as follas de alga nori nunha tixola por ambos os dous lados e deixámolas arrefriar. Unha vez fritas, esmiuzámolas en tiras. Tamén debullamos a granada, reservando as sementes. Unha vez cocido, mestúrase o arroz coa metade do aliño e os dados de salmón coa outra metade. Cunha mandolina facemos tiras de cogombro moi fi nas e partimos o aguacate en láminas.

Racións: 4 Dificultade Repartimos todo en cuncas, colocando de maneira ordenada os ingredientes. Rematamos coas sementes de sésamo e o coandro. COMENTARIO DIETÉTICO Unha preparación baseada na combinación dos tres compoñentes que forman parte dun prato saudable: cereal (arroz), proteína (salmón afumado e aguacate) e vexetais (cogombro e granada). Achega unha cantidade moderada de graxas, a maior parte cardiosaudables. Truco: Utilizando salmón fresco ou eliminando a salsa de soia rebáixase considerablemente a cantidade de sal do prato.

Elaboración

15’

NUTRI-SCORE

B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

457

13,8G

1,8G

11,8G

2,5G

23%

20%

9%

13%

42%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

15

014-015 GRANADA GAL.indd 15

19/9/19 21:37


este mes

Un sabor sorprendente A chirimoia é orixinaria de Suramérica e o seu cultivo e consumo está moi arraigado no sur de España. Esta froita tropical, con moitas bondades nutricionais e delicioso sabor, chega en outono ás nosas tendas.

PARA OS MÁIS PEQUENOS Polo seu sabor doce e cremosidade é unha boa opción para introducir froita na súa dieta. A isto únese a facilidade de podela comer con culler.

AO NATURAL Para gozala, pártese en dúas metades e emprégase unha culleriña para comer a polpa branca, eliminando as sementes. De cor verde e pel escamosa, o seu interior é branco con pebidas negras. A súa textura cremosa e sabor doce cun toque ácido, lembra unha mestura de plátano e piña.

A ORIXE A súa procedencia é un factor que determina a calidade. Canto menos viaxe, mellor será o seu estado, xa que é unha froita moi sensible a golpes e rabuñadas.

DO SUR DE ESPAÑA Todas as chirimoias de EROSKI proceden da Costa Tropical, que comprende as provincias de Granada e Málaga, onde se dan as condicións climatolóxicas idóneas para o desenvolvemento desta froita: temperaturas cálidas sen grandes oscilacións e humidades relativas elevadas en áreas costeiras.

OCT

DEC

O SEU MELLOR MOMENTO De outubro a decembro é cando a variedade Fino de Jete -que se cultiva na Costa Tropical- está lista para o seu consumo. A chirimoia está madura cando a súa pel é de cor verde claro ou verde amarelado e a carne cede lixeiramente ao premer.

16

016 CHIRIMOYA GAL.indd 16

19/9/19 21:39


EROSKI 50 OIKOS.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

18/09/19

16:06


este mes

Mazás para todos os gustos ACEDAS NOV

MAI

GRANNY SMITH Ten unha cor verde brillante, a súa polpa é crocante e o seu sabor acedo. É a variedade que ten menos azucre e utilízase sobre todo para lles dar un toque fresco a algunhas receitas ou para preparar zumes, batidos ou sorbetes.

OUT

XUÑ

KANZI O seu sabor agridoce provén da mestura da mazá gala e do picante e doce da braeburn. É unha variedade perfecta para a merenda dos pequenos e para incorporar en todo tipo de receitas.

SEMIACEDAS AGO

MAR

GALA É a mazá de sobremesa por excelencia. Recoméndase comela en cru, pero tamén serve para cocer ou para facer tortas. De pel fina e polpa firme, o seu sabor é unha mestura entre acedo e doce. Ten un equilibrado aroma e baixa acidez.

DENDE

SET

REINETA É unha variedade de tamaño grande cun equilibrio entre sabor doce e acedo. Máis fariñenta, a súa textura é crocante e substanciosa. É recomendable para asar ou facer compota. Ten unha longa lonxevidade:

SET

DEC

ROYAL GALA EROSKI NATUR A nosa mazá caracterízase porque madura máis tempo na árbore e por iso é máis doce e o seu punto é óptimo. Non ten tratamentos poscolleita nin p tampouco ceras para mellorar o seu aspecto final.

a súa pel engurra e seca, mais sen perder o sabor. En EROSKI atoparás dous tipos de mazá reineta: Gris: é a máis consumida de todas. A súa pel é rugosa e irregular, de cor verde ou amarela e con pintas castañas. De sabor equilibrado, predomina a dozura sobre a acidez. Chantecler: é resultado do cruzamento dunha mazá golden delicious e dunha reineta clochard. De pel amarela e fina, é unha das máis aromáticas que existen.

18

018-021 ESTE MES MANZANAS GAL.indd 18

19/9/19 21:41


PARA OS MÁIS PEQUENOS A mazá é unha substituta perfecta dos doces, sobre todo variedades como a golden ou a pink lady.

Existen moitas variedades de mazás, dende as máis populares, como a golden ou a reineta, ata as menos coñecidas, como a kanzi ou a ambrosía. Sexan cal sexan os teus gustos ou o uso que lles queiras dar, en EROSKI atoparás unha variedade á túa medida.

DOCES CASE TODO O

ANO

OUT

GOLDEN DELICIOUS É unha das variedades máis populares. Doadamente recoñecible pola súa pel suave e cor amarela pálida, o seu sabor doce cun toque de acidez faina excelente para comela e óptima como ingrediente para tortas.

DEC

ABR

SCILATE ENVY Esta variedade nace do cruzamento entre a royal gala e a braeburn. É unha mazá de tamaño grande e de cor vermella. A súa polpa é branca e crocante e ten unha substanciosa dozura e notas de pera. Consérvase moi ben.

XUL

GOLDEN EROSKI NATUR Madura máis tempo na árbore para lograr maior dozura e o punto óptimo de maduración. Non ten ningún tipo de tratamento poscolleita nin se lle aplican ceras para mellorar o seu aspecto.

OUT

MAI

RED DELICIOUS A súa forma alongada lembra un cáliz e a súa polpa é de cor branca, cremosa e crocante. Aínda que doce, ten un delicado toque acedo que a torna perfecta para acompañar ensaladas e dar un toque crocante.

OUT

DEC

AMBROSIA Identificarala pola súa pel bicolor vermella e amarela. Ten unha textura moi crocante e polpa tenra e substanciosa que lembra o gusto do mel. Pola súa gran dozura e baixa acidez é perfecta para ensaladas, pastelería e pratos gourmet.

XAN

XUÑ

EVELINA Vermella intensa con tons amarelos, destaca sobre todo polo seu perfume aromático. De polpa substanciosa e doce, recoméndase para utilizar en ensaladas. A súa dispoñibilidade na tenda é menor ca a doutras variedades.

XAN

MAI

PINOVA A súa pel é vermella sobre fondo amarelo, que mesmo pode variar ao laranxa. Considerada unha mazá doce, ten un lixeiro sabor agridoce. É unha das variedades que menos tempo está á venda, pero mantense ben durante bastante tempo.

DENDE FINAIS

OUT PINK LADY É unha das primeiras variedades en florecer e das últimas en recoller. Ao estar máis tempo na árbore consegue a súa cor rosácea e tamén unha dozura especial. É o aperitivo perfecto e tamén serve para a cociña.

19

018-021 ESTE MES MANZANAS GAL.indd 19

19/9/19 21:41


masterclass este mes

Producidas co menor impacto ambiental S eguindo o compromiso Natur, as nosas mazás cumpren cos requisitos de GLOBALG.A.P., que certifica que o alimento se cultivou de xeito máis sostible, minimizando o impacto ambiental. Isto tradúcese nun menor uso de produtos químicos para o control de pragas e nun

maior aproveitamento dos recursos naturais do contorno. As outras mazás que atoparás en EROSKI seguen as pautas de produción integrada. É dicir, inténtase manter o equilibrio natural presente na horta, evitando utilizar substancias químicas e sintéticas, racionali-

zando o uso de fertilizantes orgánicos e utilizando métodos de xestión de solos de baixo impacto ambiental. Para sementalas, elíxense terras acolchadas e aireadas, o que permite que os microorganismos se almacenen no solo e as árbores estean protexidas. Ademais, cóidanse as hortas metodicamente e faise un control natural de pragas aproveitando a presenza de paxaros, ourizos ou xoaniñas. Todo isto garántese con controis de trazabilidade.

COMPROMISO PARA REDUCIR OS PLÁSTICOS Non só miramos que a produción sexa responsable co medio natural. Seguindo o noso compromiso de eliminar o plástico dun só uso nas embalaxes, vendemos o 80% das nosas mazás por xunto.

20

018-021 ESTE MES MANZANAS GAL.indd 20

19/9/19 21:41


Petit pots de granola e compota de mazá especiada 4 culleradas de compota 4 culleradas de queixo fresco batido 0% ou iogur 4 culleradas de granola Follas de menta Compota: 500 g de mazá O zume de 1 limón 200 ml de auga 1 culleriña de canela en po 2 cravos 1 pau de canela 1 cullerada de panela Granola: 300 g de flocos de avea (que non sexan instantáneos)

75 g de améndoas laminadas 45 g de pipas de xirasol e 45 g de pipas de cabaza 1/2 culleriña de canela en po 1/4 de culleriña de sal 30 g de manteiga derretida 120 ml de xarope de pradairo 1 cunca de froitas desecadas ou unhas pingas de chocolate líquido

un pouco de sal. Derretemos a manteiga, engadimos o xarope e incorporámolo á mestura anterior. Estendémola sobre o papel de forno e enfornamos uns 25-30 minutos ata que adquira unha lixeira cor dourada. Durante o enfornado remexemos cunha culler de pau dúas ou tres veces. Unha vez feita e atemperada, gardamos a granola nun frasco de cristal, nun lugar fresco e seco.

ELABORACIÓN COMPOTA. Cortamos en anacos a mazá pelada e botámolos nunha pota xunto co zume de limón, a auga, as especias e a panela. Cociñamos ata que a mazá amoleza. Consérvase no frigorífico nun frasco hermético durante 3-4 días ou pódese conxelar.

ELABORACIÓN PETIT POPS. Mesturamos todos os ingredientes e engadimos unhas follas de menta por riba. Pódense agregar froitas desecadas ou chocolate.

ELABORACIÓN GRANOLA. Prequentamos o forno a 165 ºC -calor enriba e embaixoe forramos unha bandexa con papel de forno. Nunha cunca mesturamos a avea, as améndoas, as pipas, a canela en po e

COMENTARIO DIETÉTICO Con esta receita estamos a tomar froita, lácteo, cereal e froitos secos, que son os que achegan a graxa, pero trátase de graxas cardiosaudables. Parte dos azucres son os naturalmente presentes na froita, sobre todo nas deshidratadas, pero estes non resultan prexudiciais coma os azucres engadidos.

1,76 € POR PORCIÓN

Racións: 4

Dificultade

Elaboración

60’ NUTRI-SCORE

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

557

23,5G

4,7G

41,4G

0,3G

28%

34%

24%

46%

6%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

21

018-021 ESTE MES MANZANAS GAL.indd 21

19/9/19 21:41


este mes

Tradición e comodidade O bacallau é un dos peixes máis populares da nosa gastronomía. Sempre se consumiu en salgadura, xa que era o xeito de conservalo ata chegar ao porto, un proceso que lle outorga unha textura e sabor característicos. En EROSKI, amais desta conservación tradicional, tamén o atoparás desalgado, un xeito máis doado de incorporalo aos teus pratos.

O bacallau é rico en omega 3 e en vitaminas A e D. Admite múltiples preparacións, polo que é bo de consumir para os mais pequenos, que adoitan ser remisos a tomar peixe.

22

022-023 BACALAO GAL.indd 22

19/9/19 21:44


O SABOR DE SEMPRE A peza de bacallau salgado recibe o nome de folla de bacallau e posúe unha forma case triangular. O que atoparás en EROSKI a é un produto de

gran calidade, porque cura durante máis tempo, o que fai que adquira un sabor máis intenso ao perder máis auga e estar máis seco. Outra das vantaxes da longa curación apréciase ao cociñalo, xa que desprende máis xelatina e liga mellor calquera tipo de salsa. Ademais, a súa carne consérvase máis compacta e desfaise mellor en láminas. A unha curación máis longa, hai que sumar que en EROSKI partimos dunha materia prima fresca de gran calidade, o bacallau da especie Gadhus Morhua, pescado con anzol nas Illas Feroe.

As follas de bacallau que atoparás nas nosas tendas pesan entre 0,9 e 1,3 quilos aproximadamente e poderalas adquirir enteiras ou por metades. Isto permitirache gozar de diferentes cortes e preparacións para incorporar aos teus pratos. O cocote é apropiado para guisos ou ensaladas; a ventrecha é utilizada en receitas como o bacallau ao pilpil, en salsa verde ou fritido; os lombos para preparar bacallau á biscaíña e a cola é ideal para fumet ou caldos de bacallau e xelatinas.

MÁIS DOADO, COA MESMA CALIDADE O bacallau desalgado está xa listo para cociñar e conserva as características de textura firme, aroma e sabor intensos típicos do tradicional. Ademais, aforra tempo na cociña, xa que non precisa ningunha preparación previa ao seu cociñado. Dispoñemos dunha ampla gama: dende esmiuzados a cortes denominados ‘menú’ e a nosa

referencia prémium, polo seu corte procedente dos lombos das pezas de bacallau. Todos eles véndense en formato normal e familiar. Este bacallau tamén é da especie Gadus Morhua e procede de Islandia, Noruega e das Illas Feroe. Nestes lugares, os bacallaus péscanse con anzol e transpórtanse vivos ao barco, co que se logra que a materia prima

NUTRI-SCORE

A B C D E

sexa de mellor calidade. Os barcos regresan nun prazo de 12 a 24 horas a porto e, unha vez en terra, sométese o bacallau a un proceso de salgadura introducíndoo en salmoira e sal seco. Posteriormente, transpórtase en camións refrixerados ata unhas cámaras onde cura por un período mínimo de tres meses a un ano. Unha vez curado, desálgase, un proceso que, no noso caso, se realiza de xeito moi tradicional para garantir todo o sabor e a mellor textura. As pezas para desalgar bótanse en bañeiras con auga moi fría (entre un e dous graos centígrados) e fanse cambios de auga cada 12 horas. É moi importante que o líquido estea moi limpo e moi frío para que o sal se vaia desprendendo do bacallau aos poucos e se conserven todos os nutrientes e xelatinas.

CON SELO MSC O noso bacallau desalgado provén das mellores orixes e, ademais, pescouse de xeito sostible e respectando o mar e as especies que viven nel. Así o garante o selo MSC, que obriga as embarcacións e empresas que traballan o bacallau desalgado EROSKI a cumprir as leis locais, nacionais e internacionais sobre a pesca deste produto, amais de someter a auditorías os barcos e mais as tendas.

23

022-023 BACALAO GAL.indd 23

19/9/19 21:45


este mes

2,41 € POR PORCIÓN

Milfollas morno de bacallau con vinagreta de froitos secos 2 lombos de bacallau desalgado (250 g) 1 remolacha cocida 1 cebola vermella Brotes de leitugas variadas Vinagreta: 3 culleradas de vinagre de viño branco 3 culleradas de aceite de noz 3 culleradas de aceite de oliva virxe extra 1 cullerada de sobremesa de mel suave Unha manchea de froitos secos Sal e pementa acabada de moer

ELABORACIÓN. Preparamos a vinagreta mesturando todos os ingredientes e cortamos en láminas a cebola vermella e mais a remolacha. Poñemos os lombos de bacallau nun recipiente apto para microondas cubertos cunha cullerada de auga e programamos uns 2-3 minutos a temperatura máxima. O xusto para que as lascas de bacallau se separen.

Racións: 4

Dificultade

10’

Para montar o prato, colócanse unhas lascas de bacallau, báñanse coa vinagreta de froitos secos e cóbrense coa cebola, a remolacha e as leitugas variadas. Sérvese decontado. COMENTARIO DIETÉTICO Unha combinación de nutrientes moi variada de fontes saudables como peixe (branco neste caso), verduras, froitos secos e aceites. Destaca a achega de proteínas e de graxas cardiosaudables. Truco. Esta receita pódese elaborar tamén con pescada ou mesmo con peixes afumados como bacallau ou salmón.

Elaboración

NUTRI-SCORE

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

245

18G

2,3G

5,6G

0,5G

12%

26%

12%

6%

9%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

24

024 ESTE MES RECETA BACALAO GAL.indd 24

19/9/19 21:45


EROSKI 50 ISABEL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

18/09/19

16:03


este mes

Mexillón fresco todo o ano En EROSKI dispoñemos de mexillón galego e francés do Atlántico. O galego prodúcese tradicionalmente en bateas, ten forma de machado e unhas características estrías na cuncha que o fan bo de distinguir. O coñecido como ‘de rocha’ ou francés do Atlántico críase en espetos (bouchot) ata acadar o tamaño desexado, para o que emprega entre 12 e 18 meses. A súa cuncha é de cor negra e, aínda que de menor tamaño, ten en proporción máis carne.

Un cofre cheo de sabor O mar ofrécenos infinidade de tesouros que, amais de nos aledaren o padal co seu sabor, nos brindan numerosos beneficios nutricionais. Un claro exemplo son os mexillóns, un molusco que goza de gran popularidade e que está moi presente no noso receitario.

A

o se tratar dun molusco, cómpre lavar e cocer os mexillóns antes de consumilos. Isto supón un tempo e esforzo que non sempre se ten. Por iso, en EROSKI cubrimos todas as túas necesidades e dispoñemos de mexillóns frescos e mais xa cocidos.

No mostrador de peixería atoparás mexillón fresco galego, galego especial -de maior tamaño- e ‘de rocha’, procedente de Francia e algo máis pequeno. Poderalos mercar por xunto e tamén en mallas dun quilo. Se prefires cocelos ti mesmo, pero

queres aforrar o tempo e o esforzo de limpalos, tamén temos mexillóns vivos envasados xa limpos na zona do peixe envasado das nosas tendas. No mesmo lugar poderás atopar mexillóns cocidos ao vapor xa listos para consumir.

26

026 MEJILLONES GAL.indd 26

19/9/19 21:46


EROSKI 44 YOSOY.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

13/02/19

15:25


este mes

O valor da orixe O queixo é un produto moi popular que, a través de diferentes variedades rexionais amparadas por Denominacións de Orixe Protexidas (DOP), nos ofrece a oportunidade de coñecer novos sabores e a riqueza de modelos de produción tradicionais máis responsables co contorno.

S

eguindo o noso compromiso por impulsar os produtores locais, en EROSKI atoparás 15 tipos de queixos nacionais con DOP de diversas familias, curacións e orixes. A DOP non só supón calidade e tradición, tamén é un xeito de apoiar a economía rural con alimentos de gran valor producidos nunha rexión determinada. Nas nosas tendas podes obter pezas coa maior frescura e do tamaño desexado. Os queixos enteiros ou recentemente cortados manteñen mellor as súas calidades organolépticas: textura, aromas e sabor. No mostrador eses queixos seguen ‘vivos’, evolucionando, o que permite gozar mellor das particularidades e atributos propios de cada variedade que cando están envasados ao baleiro.

DOP TETILLA O seu nome provén da forma tradicional cónica deste queixo, símbolo de Galicia, que chega ás nosas tendas da man de Ruta Xacobea, Hipólito e Lorán. Atoparalo en porcións de 600, 700 e 800 gramos ou no mostrador ao corte ao teu gusto. É un queixo de gran cremosidade cun sabor moi natural, lixeiramente acedo e salgado e especialmente recomendable para unha alimentación infantil saudable. En EROSKI colaboramos man a man con 18 produtores galegos de queixo de tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón cos que nos une unha relación de moitos anos.

En EROSKI colaboramos man a man con 18 produtores galegos de queixo de Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón cos que nos une unha relación de moitos anos.

28

028-031 QUESOS GAL.indd 28

19/9/19 21:47


DOP MAHÓN-MENORCA Un queixo único porque, malia a ser semicurado, ten un sabor intenso cunha característica picazón. O ingrediente principal é o leite de vaca da razas Frisoa e Mahonesa, aínda que tamén se lle pode engadir leite de ovella. En EROSKI mercámosllelo directamente a oito produtores menorquíns con longa experiencia e tradición na elaboración deste queixo e ofrecemos as marcas Torralba, Alaior, Sa Canova, Coinga e La Payesa. Tamén o atoparás fóra da vitrina, en porcións de 1/4 e 1/8 e en liscos.

DOP ARZÚA ULLOA Tradicional de Galicia, existen tres tipos: Arzúa Ulloa, Arzúa Ulloa de granxa e Arzúa Ulloa curado. O de granxa diferénciase polo leite, que ten que proceder na súa totalidade de vacas da propia explotación; e o curado ten un período de maduración mínima de seis meses no canto de seis días coma o resto. Para probar as súas posibilidades, tanto ao natural coma na cociña, no noso mostrador atoparás queixo Arzúa Ulloa de Ruta Xacobea, Bama, Hipólito e Melide en pezas enteiras ao corte e en porcións que van desde os 500 aos 800 gramos.

DOP IDIAZABAL Un queixo elaborado só con leite de ovellas latxa e carranzá. En EROSKI mantemos unha relación directa con máis de 40 pastores e temos un acordo coa DO Idiazabal para a promoción e desenvolvemento deste produto. No noso mostrador atoparás queixos Idiazabal naturais e afumados de EROSKI Seleqtia, Udabe, Baga, Premi, Orexa, Baskaran, Erraizabal e Arantzazu en diferentes pesos. Dentro da ampla variedade salientamos o natural e afumado EROSKI Seleqtia, traballado xunto coa DO Idiazabal e a asociación de produtores Artzai Gazta. Un queixo artesán elaborado por 15 dos mellores pastores desta asociación e de venda exclusiva. Ofrecémolo en cuña e mais ao corte.

DOP RONCAL Elaborado só con leite de ovella latxa nos sete municipios que compoñen o Val de Roncal (Navarra). En EROSKI temos un acordo de colaboración co Goberno de Navarra e co Consello Regulador da DOP Roncal para a promoción e desenvolvemento deste queixo. Ofrecemos marcas como Larra e Ronkari e pódelo mercar en cuñas de diferentes pesos ou ao corte ao teu gusto. Este acordo tamén nos permite dispoñer do noso propio queixo artesán DO Roncal EROSKI Seleqtia en tres formatos: ao corte, en cuña de 350 g e mini.

29

028-031 QUESOS GAL.indd 29

19/9/19 21:47


este mes

Queixos internacionais En EROSKI tamén ofrecemos unha ampla variedade de queixos internacionais con Denominación de Orixe Protexida (DOP) que se converteron en símbolos das súas respectivas rexións, como o Roquefort, o Parmesano ou o Gorgonzola.

MORBIER Ten un sabor rico, cremoso e un aroma intenso. Caracterízase pola fina liña negra que separa as súas capas. Esta proviña do costume de poñer unha capa de cinza para evitar que se formase cortiza e poder separar mellor a callada. Hoxe en día, é simplemente estética e hai quen a substituíu por carbón vexetal.

GORGONZOLA É un queixo azul cremoso que se produce nas rexións italianas do Piemonte e da Lombardía. En EROSKI ofrecémoscho con diferentes tamaños da man dos mellores produtores da rexión, como Ferrarini, Biraghi e Castagna.

COMTÉ De sabor suave, lixeiramente doce e afroitado, é o de maior produción en Francia e un dos máis antigos. Conta con DOP desde 1958 e foi o primeiro queixo francés en obtela. Madura entre 5 e 24 meses. Canto maior curación, o seu sabor será máis intenso, aromático e afroitado. Nós achegámoscho acabado de cortar e en cuñas de entre 150 e 200 gramos.

30

028-031 QUESOS GAL.indd 30

19/9/19 21:47


ROQUEFORT Elaborado con leite cru de ovella, é o máis antigo dos queixos franceses e conta co recoñecemento de Denominación de Orixe Protexida. No mostrador témolo en pezas enteiras ao corte e acabado de cortar. Destaca o noso Roquefort Seleqtia, avalado pola cata de expertos do Basque Culinary Center (BCC). Ademais, temos roquefort en porcións de 100 gramos de Seleqtia, Société e Papillon, incluíndo un cómodo formato de catro pezas de 25 gramos para poder gozar de racións individuais.

UN QUEIXO PARA CADA MOMENTO Con tantas variedades ao teu alcance, non sempre é doado atinar co queixo ideal. Axudámosche a elixir o que máis se adapta a cada receita ou momento. Para petiscar: Idiazabal, Parmesano, Comté, Ossau Iraty. Táboa de queixos: azul Valdeón, Cabrales, Mahón, Zamorano. Ensalada: rulo de cabra, burrata, mozzarella. Gratinar: torta del Casar, Morbier, Gruyère, Emmental. Salsas: Gorgonzola, Roquefort. Relar: Grana Padano. Almorzo: requeixo, mató, fresco.

PARMIGIANO REGGIANO Elaborado a partir de leite cru de vaca, ten unha textura dura e un sabor intenso. É un dos símbolos da gastronomía italiana que se produce exclusivamente na rexión da Emilia-Romaña. En EROSKI atoparás pezas enteiras ao corte, cuñas, porcións de 180 gramos e lascas xa cortadas. Recomendámosche o noso parmesano Seleqtia, avalado polo Basque Culinary Center (BCC).

31

028-031 QUESOS GAL.indd 31

19/9/19 21:47


este mes

0,75 € POR PORCIÓN

Carpaccio de pera mariñada e queixo con area de noces 2 peras conferencia 1/2 de cuña de queixo de ovella 2 culleradas de mel Zume de 3 limóns e reladura de 1 limón 1 manchea de noces Tomiño limoeiro

ELABORACIÓN. Mesturamos o mel co zume de limón e a reladura e reservamos. Lavamos a pera e facemos láminas moi finas cunha mandolina. Introducímolas na mestura anterior uns 10 minutos. Cortamos media cuña de queixo en láminas moi finas coa mandolina e reservamos. Esmagamos as noces ata obtermos unha area grosa.

máis area de noz, unhas pingas de mel e unhas follas de tomiño limoeiro fresco. Para acompañar o prato, pódese servir a mariñada sobrante nun vasiño no centro. COMENTARIO DIETÉTICO Unha receita na que contrasta o doce da froita e o toque de mel co salgado e intensidade do queixo e as súas diferentes texturas.

Racións: 4

15’ NUTRI-SCORE

Ao estar baseada en froita, lácteos e froitos secos resulta unha sobremesa ou petisco moi recomendable, xa que achega proteínas de calidade, graxas saudables, azucres da froita e o mel e fibra. Destaca tamén a achega de calcio e fósforo. É unha receita apta para vexetarianos.

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

Sobre unha táboa de cociña, colocamos unha base de area de noz e as láminas de pera e queixo de maneira alterna. Esparéxese

Elaboración

Dificultade

Truco: pódese prescindir do mariñado, o que rebaixará a presenza de azucres libres do mel e o limón.

189 9%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

10,8G 4,06G 15%

20%

AZUCRES

SAL

13,7G 0,34G 15%

6%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

32

032-033 ESTE MES RECETA QUESOS GAL.indd 32

19/9/19 21:48


Crema de coliflor e roquefort 800 g de coliflor en ramalletes 1 ceboliña 2 dentes de allo 100 g de pataca 2 culleradas de aceite de oliva 1.300 ml de auga ou caldo vexetal 120 g de queixo roquefort Sal e pementa acabada de moer Tomiño limoeiro fresco Sementes variadas 3 peras laminadas

ELABORACIÓN. Quentamos o aceite nunha pota ampla a lume medio. Engadimos a ceboliña picada fi na e o allo machucado e deixámolos dourar. Agregamos a coliflor e a pataca e refogámolos. Pasados un par de minutos, incorporamos o caldo ou a auga e subimos o lume. Cando ferva, deixamos a pota medio tapada uns 20-25 minutos, ata que a coliflor e a pataca estean tenras.

Retiramos a pota do lume e trituramos todo co batedor ata acadar unha crema sen grumos. Se vemos que quedou demasiado espesa, podemos engadir un pouco máis de caldo. Se quedou unha textura demasiado líquida, podémola deixar evaporar a lume medio coa pota destapada. A clave é que a textura sexa densa, pero fl uída. Así que se acade a textura desexada, quentamos a crema a lume mediobaixo e engadimos o queixo esmiuzado. Deixamos que se vaia desfacendo mentres damos unhas voltas. Moemos a pementa e engadímola e corriximos o punto de sal. Rematamos, engadindo follas de tomiño limoeiro fresco. A crema sérvese quente, decorada cunhas láminas de pera, que lle achegan o punto fresco, follas de tomiño, sementes variadas e unhas pingas de aceite de oliva. Nota: Se sobra crema, pódese conxelar en recipientes individuais de porción que che solucionarán con nota máis dunha comida ou cea.

COMENTARIO DIETÉTICO Unha intensa crema de colifl or grazas ao sabor que lle achega o caldo de verduras e sobre todo o queixo. Con este prato achegamos á dieta unha porción de verduras, outra de lácteos e media porción de froita. Trátase de grupos de alimentos que lle dan unha alta calidade nutricional. O queixo e as sementes, que son alimentos moi densos nutricionalmente, van achegar ademais boa parte da proteína, as graxas e o calcio. Apto para: vexetarianos. Truco: O queixo e o caldo de verduras achéganlle bastante sal á receita, polo que non será necesario que engadamos máis ao cociñar. Mesmo podemos rebaixar o contido de sal do prato utilizando auga no canto de caldo ou substituíndo parte deste cun baixo en sal. Tamén podemos prescindir do queixo, aínda que estariamos a eliminar proteína e calcio, amais do toque de sabor que lle dá o roquefort ao prato.

1,60 € POR PORCIÓN

Racións: 6

Dificultade

Elaboración

35-40’

NUTRI-SCORE

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

371

18,1G

5,23G

19,1G

3,70G

19%

26%

26%

21%

62%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

33

032-033 ESTE MES RECETA QUESOS GAL.indd 33

19/9/19 21:48


Os teus favoritos Os nosos clientes comentan cales son os seus produtos favoritos e como tirarlles o mellor partido na cociña. Grazas polas opinións e as boas ideas.

NUTRI-SCORE

A

C D E

“Pemento do piquillo auténtico. Nada de importacións de mala calidade”. Alfredo

“Espectaculares. Son os mellores pementos que comín: tenros... e pódense combinar con calquera comida”. Nieves

“Estou moi enganchada, tómoos como gornición de case todo”. Marian

Pemento do piquillo DO Lodosa EROSKI Seleqtia A ESTRELA DA HORTA NAVARRA O sabor e a orixe dos pementos do piquillo con Denominación de Orixe Lodosa EROSKI Seleqtia converteron este produto nun dos vosos favoritos. Cultívanse no sueste de Navarra e son recoñecibles pola súa cor vermella viva, polo seu pequeno tamaño e pola súa carne fina e compacta. Para Alfredo estes dous factores marcan a diferenza e posiciónanos como un dos produtos estrela da horta navarra.

Pero a súa calidade non só reside na orixe, tamén nun saber facer con moita tradición. Estes pementos colléitanse á man, cocíñanse por lapa directa e prepáranse nun meticuloso proceso que permite manter intactos o seu aroma e sabor a piquillo acabado de asar. Despois, envásanse manualmente ao natural, cun pouco de sal e unha porción de cítrico, que permite a súa conservación.

AVALADOS POLO BCC Os pementos do piquillo EROSKI Seleqtia son un produto moi apreciado entre os nosos clientes, como demostran as opinións de Alfredo, Marian ou Nieves. Pero ademais, a súa calidade vén avalada polos tests realizados polo Basque Culinary Center (BCC). Dende o 2016, os profesionais expertos desta institución proban todos os nosos produtos Seleqtia antes de que cheguen ás tendas. Para iso, pasan un

proceso de cata no que se avalían a textura, o sabor, o aroma, etc. As opinións dos nosos clientes axudan a outros a elixir mellor. A túa é importante. Pódela compartir connosco, porque en EROSKI, as estrelas polas ti!

34

034-035 TUS FAVORITOS GAL.indd 34

23/9/19 13:37


Pementos do piquillo recheos de atún 250 g de pementos do piquillo EROSKI Seleqtia 75 g de cebola 1 pemento verde 1 dente de allo 150 g de atún en aceite 250 g de salsa de tomate caseira 2 queixiños en porcións 10 ml de aceite de oliva

ELABORACIÓN. Cortamos a cebola e o pemento en cadradiños moi pequenos. Picamos o allo moi fi no e poñémolo a dourar nunha tixola cunha cantidade de aceite que cubra o fondo.

Cociñamos o allo durante uns dous minutos. Incorporamos a cebola e o pemento verde, remexendo e deixando cociñar devagar uns 15-20 minutos, ata que as verduras amolezan. Escorremos o aceite e incorporamos o atún e cociñámolo coa mestura anterior durante un minuto. Sacámolo do lume e poñémolo sobre un escorredoiro para eliminar todo o aceite. Xuntamos esta mestura con catro culleradas de salsa de tomate caseira e as dúas porcións de queixiños e mesturamos ata formar unha masa cremosa coa que encheremos despois os pementos, reservando dúas unidades para elaborar a salsa.

piquillo) e introducimos no forno a 200 ºC durante cinco minutos. Sacamos do forno, deixamos amornar e servimos xunto á salsa quente. COMENTARIO DIETÉTICO Os pementos son unha boa fonte de vitaminas C e B6. Destacan polo seu contido en betacaroteno, vitaminas do grupo B2 e vitamina E. Ademais, posúen unha gran cantidade de licopeno e son baixos en graxas e calorías. Neste caso, énchense de atún, o que mellora o contido total de proteínas e engade ademais calcio, vitaminas A, B e D e unha notable achega de ácidos omega 3.

Vertemos por riba a salsa de tomate (na cal temos triturados os dous pementos do

1,74 € POR PORCIÓN

Racións: 4

Elaboración

Dificultade

30-60’

NUTRI-SCORE

A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS

AZUCRES

SAL

248

16,9G

3,4G

7,7G

1,42G

12%

24%

17%

9%

24%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

35

034-035 TUS FAVORITOS GAL.indd 35

19/9/19 21:50


EROSKI 50 TIPIAK.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

18/09/19

15:59


EROSKI 50 TIPIAK.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

2

18/09/19

15:59


publirreportaxe

Agora, Nutriplato tamén ofrece receitas sen glute 38

038-040 PUBLIRREPORTAJE NESTLE GAL.indd 38

19/9/19 22:12


Nutriplato é un método de educación nutricional innovador, ideado por expertos en nutrición de Nestlé e o Hospital Sant Joan de Déu (HSJD), para axudar as familias a que os seus fillos sigan unha alimentación saudable e g , tamén contén receitas sen g equilibrada de xeito moi doado. E agora, glute.

O

método Nutriplato de Nestlé consta dun prato de tamaño real, de 26 x 26 cm, que amosa as proporcións axeitadas dos diferentes grupos de alimentos que deben formar parte das dúas inxestións principais do día: o xantar e a cea. Está pensado para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Amais do prato, inclúe unha completa guía explicativa dirixida aos pais, coidadores e profesionais da saúde que ofrece recomendacións nutricionais, consellos para levar unha vida máis saudable en familia e ideas de receitas. O programa Nutriplato conta tamén cunha páxina web (www. nutriplatonestle.es) onde se atopan todos os materiais e se pode solicitar o método completo de maneira totalmente gratuíta.

RECEITAS DELICIOSAS E EQUILIBRADAS Ao igual ca o resto, os nenos con celiaquía ou intolerancia ao glute deben manter unha alimentación saudable e equilibrada, que siga os principios da dieta mediterránea, coas proporcións e porcións axeitadas. A única diferenza é que deben eliminar o glute da súa dieta. Por iso, recentemente, adaptouse o método Nutriplato con opcións para este colectivo. Como? • Identificando claramente as receitas aptas para casos de celiaquía ou intolerancia ao glute co logo ‘Sen glute’. • Suxerindo ingredientes alternativos para aquelas receitas que si

conteñen glute co fin de facelas aptas para eles. Por exemplo, na receita de ‘Humus con fingers de pavo’ suxírese substituír a fariña de trigo que se utiliza para rebozar as tiras de pavo por unha fariña sen glute. HIDRATACIÓN E EXERCICIO Levar un estilo de vida saudable vai alén dunha alimentación equilibrada. Por este motivo, Nutriplato agora tamén incorpora

información sobre dous hábitos básicos que os máis pequenos deben adquirir para maduraren saudablemente: realizar actividade física acotío e manterse ben hidratados, principalmente bebendo auga. Atoparás toda a información para educar os teus fillos en hábitos saudables na web www.nutriplatonestle.es.

Todas as familias con fillos de entre 3 e 12 anos que queiran mellorar os seus hábitos alimentarios pódense subscribir e solicitar o seu pack Nutriplato (que inclúe o prato didáctico e a guía con receitas, consellos de estilo de vida saudable e recomendacións nutricionais) de xeito totalmente gratuíto a través da páxina web web www.nutriplatonestle.es.

39

038-040 PUBLIRREPORTAJE NESTLE GAL.indd 39

19/9/19 22:12


publirreportaxe

Descubre as nosas receitas Dámosche dúas ideas de receitas sen glute para os xantares xan e ceas dos teus fillos seguindo g o método Nutriplato. p

Ensalada tricolor 10 culleradas de fabas cocidas 11 tomate mediano 4 olivas negras 4 culleradas de pemento verde 8 80 g de bacallau desalgado 2 culleradas de aceite de oliva M Medio limón S Sal

EL ELABORACIÓN. Cortamos en dados o to tomate e o pemento. P Picamos as olivas en aros e esmiuzamos o bacallau.

Paella 70 g de arroz 2 gambas 60 g de choco 2 mexillóns 1/2 tomate 2 culleradas de cebola picada 1 alcachofa 3 feixóns verdes 1/5 de pemento verde 2 culleradas de aceite de oliva Caldo de peixe Sal

ELABORACIÓN. Facemos un rustrido de cebola e chocos na mesma tixola. Agregamos o pemento picado en dados

e, logo dun par de minutos, engadimos o tomate. Deixámolo rustrir. Engadimos os feixóns e a alcachofa. Incorporamos o arroz e o caldo de peixe. Deixámolo cociñar coa tixola tapada uns 15 minutos.

Poñemos todo nunha cunca e aderezamos con limón, sal e aceite de oliva. Este prato podémolo acompañar dun vaso de gaspacho.

Deixamos a temperatura suave tres minutos máis e apagamos o lume Acompañámolo cunha ensalada fresca.

Os legumes conteñen hidratos de carbono e proteínas e pódense integrar tanto no cuadrante dos cereais coma no das carnes, ovos e peixes. Por iso, podemos configurar o prato coa metade de verduras e a outra metade con legumes acompañados de pequenas cantidades de carne, peixe ou lácteos. Tamén podemos mesturar os legumes con cereais en partes iguais e a outra metade do prato con verduras.

Podemos substituír o marisco por polo, pavo ou coello e tamén engadir as verduras que máis nos gusten.

Esta receita tamén se pode facer con outros legumes, como chícharos, garavanzos ou lentellas.

Ao fi nal, engadimos os mexillóns. Deixámolos cociñar cinco minutos máis e agregamos as gambas, que previamente cociñariamos á prancha.

40

038-040 PUBLIRREPORTAJE NESTLE GAL.indd 40

19/9/19 22:12


EROSKI 60 SANEX.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

19/09/19

16:22


téxtil

Estrea o novo de EROSKI A moda adáptase ás últimas tendencias e a un estilo de vida cada vez máis cambiante. Pero, amais de estar á última, a roupa ten que ser cómoda e funcional. As novas coleccións de EROSKI, agora cun look máis moderno e casual, están pensadas para toda a familia e para todos os petos. Pódelas descubrir na sección totalmente renovada dos nosos hipermercados.

42

042-045 TEXTIL GAL.indd 42

19/9/19 22:02


Inspirada por persoas que queren explorar novas desenfadado e sen prexuízos. combinacións de xeito des sinxela e divertida para A nova colección ofrece roupa ro vaqueiros e chaquetas toda a familia. Dende vestidos, vest a básicos, como camisetas e polos, indispensables en pezas para crear o teu calquera armario. En definitiva, defin propio estilo.

Vestimos toda a familia con coleccións que seguen as últimas tendencias da moda, con cores outonais como mo m o ocres, beis, vermellos... Sempre tendo en conta aa aqueles que buscan roupa up up upa pa a actual, de calidade e cómoda ao mellor prezo. zo o.. Cada mes ofrecemos novidades coas últimass tendencias do mercado. o.

É unha colección moderna e casual, pero tamén atoparás roupa versátil, ta cómoda cómod e funcional. Ofrecémosche roupa para acotío pensada para p a túa comodidade e a da túa c familia. Pantalóns elásticos, cinturas de goma gom axustables, pezas con patróns estudados que se axustan á túa figura, etc. fi

43

042-045 TEXTIL GAL.indd 43

19/9/19 22:02


téxtil

COMBINA E CREA O TEU ESTILO A esencia das nosas novas coleccións é a facilidade que ofrecen para combinar diferentes pezas e accesorios e crear unha opción para cada ocasión: para traballar, saír de festa ou con amigos. E, o máis importante, utilizando menos pezas poderás crear distintas combinacións e aforrar na túa compra.

Temos unha gama moi ampla para os pequenos. A nova colección de EROSKI aposta por pezas de algodón que lles permiten estar cómodos e ir á última. Ademais, para ofrecerche as últimas novidades ao mellor prezo, desenvolvemos formatos de pack de dúas unidades en pantalóns de chándal, mallas, camisetas, etc.

44

042-045 TEXTIL GAL.indd 44

19/9/19 22:03


Porque o aforro tamén é importante para ti, as nosas coleccións ofrécenche moda e funcionalidade a bo prezo para que poidas mercar a roupa de toda a familia: xerseis de punto de muller dende 9,99 €, camisas de home dende 6,99 €, camisetas de neno dende 2,99 € ou packs de dúas mallas de nena dende 5,99 €.

E a clave para axudarche a buscar o que precisas é a renovada sección téxtil dos nosos hipermercados. Agora, as diferentes pezas da colección están colocadas de xeito que poidas atopar a combinación que queiras. Os pantalóns combínanse con camisetas, zapatos e accesorios para axudarche a elixir mellor.

45

042-045 TEXTIL GAL.indd 45

19/9/19 22:03


beleza

Naturalidade sofisticada

para este outono A colección Natura Botánica de belle&MAKE-UP é unha oda á natureza cotiá, a esa que atopamos nun parque urbano ou nunha fraga sen pretensións, só iluminados polas cores do outono. LAPIS DE LABIOS VELVET En formato lapis jumbo, cunha fantástica cobertura uniforme e un acabado mate suave e aveludado. Deslígase doadamente para vestir os teus beizos cunha fórmula altamente pigmentada que dura horas sen sensación de pesadez, grazas á súa combinación de ceras e aceites de orixe natural. Dermatoloxicamente testado.

03 Cinnamon

02 Saffron

01 Peony

E

a nova edición limitada de belle&MAKE-UP, as cores de froitos, fl ores, sementes e follas fúndense na pel presentando a paleta de tonalidades que inunda a paisaxe outonal. Vermellos, especiados, vainillas, ocres e dourados transforman sen camufl ar e elevan o cotián á categoría de extraordinario. As ilustracións dos libros botánicos plasman á perfección a esencia e inspiración de Natura Botánica, xa que son a representación artística sen artifi cios de elementos da natureza. A colección está composta por sete produtos sinxelos, pero escollidos con moito agarimo, para resaltar o rostro con delicadeza e completar os teus looks sen agachar o que te fai valiosa, enxalzando a túa propia natureza cun equilibrio perfecto de luz e cor.

46

046-047 BELLEZA GAL.indd 46

19/9/19 22:07


Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle Hai moitos máis en: www.eroski.es/ nuestras-marcas/belle/

LLACAS DE UÑAS

POS COMPACTOS MAGICFINISH

LAPIS DE OLLOS DÚO Nun extremo ten un delineador e no outro unha sombra cremosa con cores complementarias. A sombra é suave, sedosa, lixeira e brillante e serve tanto para acotío coma para un look máis sofisticado. A combinación ideal desta sombra está no delineador cremoso, intenso e mate en castaño escuro, que define a liña das pestanas sen sobrecargar. O lapis é de madeira, o que facilita o afiado. Oftalmoloxicamente testado.

01 Gold Nutmeg

U est Un estoxo toxo co con nc catro atro tons at tons, ons, que e vainilla café, van n do va ain i lla ini a ao ao ca afé fé, e dou douss acabados distintos (mate perlado) aca cab ba bad ba ad doss dis d isttinto os (m mate e per pe e lad ado) ad o) que unen para abrazar qu ue se e un u en par en pa aa bra b ra a r a pell e azar dar un look natural e luminoso. O po fino combina perlas refinadas con distintos tamaños de partícula para facilitar a aplicación. É un produto único que podes usar mesturado ou tamén por separado para acadar un xogo de luces e sombras na pel. Dermatoloxicamente testado.

D Dous novos tons con fórmula mellorada en brillo, duración, m tempo de secado e intensidade: te 03 Viola, inspirado na flor 0 chamada pensamento, e c 04 Chilli Pepper, un vermello 0 ttan picante coma un chile. ta Dermatoloxicamente testado. D

046-047 BELLEZA GAL.indd 47

19/9/19 22:07


viaxes

Fuerteventura: moito máis ca a praia de Canarias

F

uerteventura e o resto das Canarias coñécense como as ‘illas da eterna primavera’ polo seu agradable clima durante todo o ano. Así e todo, con máis de 300 días de sol anualmente e unha extremadamente baixa precipitación, Fuerteventura ofrece unhas condicións climáticas únicas e diferentes ao resto do arquipélago canario. EN FAMILIA Con estas condicións, en Fuerteventura poden atopar dende praias acondicionadas, seguras e formadas con agarimo pola natureza

ata unha inigualable oferta de lecer e diversión para gozar con toda a familia dunha nova aventura cada día. O parque acuático de Corralejo ofrece máis de 14 atraccións aptas para todos os públicos e mais unha ampla oferta gastronómica, servizo de animación e club infantil. Tamén hai un zoolóxico en Pájara con 250 especies diferentes: xirafas, elefantes, hipopótamos, camelos, réptiles... cos que poderás compartir experiencias especiais. Os paseos en barco visitando a Illa de Lobos ou simplemente gozando do océano Atlántico permitiranche enxergar peixes,

cetáceos ou mergullarte no medio do mar. Escolle o que máis che guste: barcos de vela, catamarán, iate... Unha excursión en terra, a pé pola rede de sendeiros, ou sobre un cabalo, bicicleta ou quad descubrirache as paraxes da illa de xeito entretido. DEPORTES Fuerteventura é especialmente coñecida polos amantes dos deportes acuáticos, apaixonados do sendeirismo, golf, atletismo... Sedes de grupos e equipos de distintas disciplinas como o ciclismo, balonmán, vóley-praia, triatlón,

52

048-049 VIAJES GAL.indd 52

19/9/19 22:17


FUERTEVENTURA EN OUTUBRO 21 de outubro

“Non se lembran os días, lémbranse os momentos ” Cesare Pavese

8 días / 7 noites Hotel 3* en Media Pensión. Avión dende Bilbao, Madrid, Barcelona, Santiago e Málaga

395

FUERTEVENTURA EN DECEMBRO 10 de decembro 8 días / 7 noites en Bungalows 2* en Media Pensión. Avión dende Bilbao, Madrid, Barcelona e Santiago

455 natación... adestran ou preparan as súas tempadas en Fuerteventura e alóxanse nalgunha das instalacións hoteleiras e deportivas especializadas que existen na illa. Na praia, grupos de persoas aproveitan o ambiente limpo e a luz máxica para facer ioga, taichí ou pilates e son habituais os obradoiros organizados por persoal cualificado nestas disciplinas. HISTORIA En cada recanto da illa apréciase a herdanza colonial. Casas señoriais, muíños que conviven cos parques escultóricos ao aire libre, centros

de arte moderna, miradoiros, mercados, romaxes... É a illa máis antiga de Canarias e non é frecuente atopar illas volcánicas deste tipo a nivel mundial. Durante a viaxe é obrigada unha visita ao monumento natural de Ajuy, onde están os materiais xeolóxicos máis antigos do arquipélago. Non deixes de ir tampouco á vila de Betancuria, primeira capital que sufriu diversos ataques piratas. Enterramentos que son agora o chan da igrexa catedral, as ruínas do convento, as noras de sangue, o miradoiro de Morro Velosa, o de Guise e Ayose...

Prezos “dende” por persoa en habitación dobre. Consultar condicións en oficinas físicas EROSKI/viajes. Prazas limitadas. CIE 618. Edición 10/2019.

53

048-049 VIAJES GAL.indd 53

19/9/19 22:17


aniversario EN OUTUBRO, EROSKI CLUB TEN DOBRE CELEBRACIÓN

Seguimos co 50 aniversario! E, ademais, este mes o club cumpre 5 anos EROSKI club ofrece numerosas vantaxes coas que o socio pode aforrar e levar un n estilo de vida máis saudable, ao que se une a facilidade de dispoñer de todas estas facilidades en calquera lugar e momento a través da web e a aplicación do club. Ademais, este mes EROSKI club ten unha dobre celebración: seguimos co 50 aniversario de EROSKI con numerosas promocións e sorteos e tamén festexamos ao grande o quinto aniversario do club cubríndonos de ouro.

2 premios de 5.000 € Este mes seguimos a celebrar o 50º aniversario de EROSKI e, só por usares a tarxeta de crédito EROSKI club dentro e fóra de EROSKI, participarás automaticamente no sorteo de 2 premios de 5.000 € (1) que ingresaremos na túa tarxeta EROSKI club para que os troques en EROSKI cando queiras. Podes conseguir dende toda a compra dun mes gratis ata unhas vacacións con Viaxes EROSKI. Canto máis a uses, máis participacións terás! E, se non tes aínda a tarxeta de pagamento, pódela solicitar en calquera momento na túa tenda máis próxima ou na nosa páxina web. É gratis para sempre e non ten cota de emisión nin de mantemento. Ademais, xunto á túa nova tarxeta recibirás un vale aforro de 5 € de benvida. Lembrámosche que coa túa tarxeta de pagapremios mento EROSKI club tamén podes financiar gratis (2) de 5.000€ 0 as túas compras, sen xuros nin comisións, en tendas EROSKI e Viaxes EROSKI. Consulta as modalidades de pagamento dispoñibles co noso persoal.

2

Unha viaxe ao ‘país o máis rico do mundo’ Aforra

4%

un

en todo o que compras en EROSKI EROSKI club cumpre 5 anos dourados e celébrao con todos os seus socios vestíndoos de ouro e resaltando todo o aforro que se pode acadar coa tarxeta ouro EROSKI club: un aforro do 4% en todas as compras en EROSKI. Este mes, só por teres a tarxeta ouro EROSKI club, poderás gañar unha magnífica viaxe (3) para dúas persoas a Perú.

(1)

Participas no sorteo só por usares a túa tarxeta de crédito EROSKI club entre o 1 e o 31 de outubro do 2019. Data do sorteo: 8 novembro 2019. Ingresaremos o importe na tarxeta EROSKI club asociada para trocalo en vindeiras compras en EROSKI. Consulta bases legais en www.eroski.es/sorteo-mastercard. (2) Financiamento ofrecido con tarxeta de pagamento EROSKI club Mastercard. Suxeito a aprobación por Santander Consumer Finance, S.A, emisor da tarxeta. Xuros subvencionados por EROSKI. (3) Promoción válida para novas altas no programa ouro realizadas ata o 31-10-2019. Participan no sorteo dunha viaxe a Perú todos os socios con tarxeta ouro EROSKI club que estean dados de alta efectiva e con todos os datos cumpridos no programa ouro de EROSKI club antes do 31-10-2019. Premio ofrecido por Viaxes EROSKI. Condicións en: www.eroski.es/sorteo-5-aniversario/

50

050-051 VENTAJAS CLUB GAL.indd 50

20/9/19 17:31


Máis vantaxes por seres socio Activa o tique dixital Co tique dixital dispós en todo momento do detalle das túas compras, aforros e contribúes a reducir as emisións de CO2 á atmosfera. Pódeste dar de alta na aplicación EROSKI e en www.eroski.es.

Compra segura en internet coa tarxeta de pagamento EROSKI club É un servizo gratuíto que che ofrece a túa tarxeta de pagamento EROSKI club para que goces dunha compra por internet 100% segura. Se o tes activado recibirás un código por SMS para confirmar cada pagamento online que realices en webs con comercio electrónico seguro. Podes activar este servizo no teléfono 944 942 962 ou no espazo privado da túa tarxeta de pagamento (1).

> Accede ao teu espazo privado tarxeta de crédito EROSKI

>

No apartado As miñas tarxetas, fai clic no botón Detalles

Desprega o menú Operacións na parte superior dereita e selecciona Compra segura por internet

> Fai clic en Solicitar na parte inferior e confi rma o proceso de validación

Reto saudable do mes Este mes de outubro levar unha vida saudable ten premio. Se completas os diferentes retos do mes do apartado da nosa web -www.eroski.es- podes levar fantásticos premios. Sorteamos packs de experiencias, pulseiras de actividade e bicicletas pregables. Cantos máis retos realices, poderás optar a máis premios. Apúntate xa!

Atréveste a realizar o reto saudable deste mes? Entra en www.eroski.es/reto-saludable/ (1)

https://areaclientetarjetadecredito.eroski.es/app/index-eroski.html#/login

51

050-051 VENTAJAS CLUB GAL.indd 51

20/9/19 17:31


EROSKI 50 FINISH nuevo.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/09/19

11:06


EROSKI 50 DANET.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

18/09/19

15:51


EROSKI 50 MAGNA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

23/09/19

12:13

Profile for eroski

EROSKI_OCTUBRE_2019_GALLEGO  

EROSKI_OCTUBRE_2019_GALLEGO  

Profile for eroski8