EROSKI_ABRIL_2025_GALLEGO

Page 1


Descubre os pratos que non poden faltar para os preparares de xeito saudable e sempre a bos prezos

BRUNCH AMAMOS O

Revista GRATIS

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

sumario

22 10

04 Neste número

06 O máis top do mes

07 ... E en redes

08 Quen che quere ben... Prepárache un brunch

10 Café: sabor, aroma e 21 ideas para o faceres

14 Torradas e pan torrado

08 28

18 Quiches e galettes

19 Goza dunha táboa con queixos, afumados e untables

20 Que non falte algo doce

22 Avea sen segredos

24 Plátano: receitas e curiosidades

28 Incorpora aguacate na túa dieta

30 Infoodencers

32 Cervexas

36 Beleza

38 O último nas nosas tendas

40 As vantaxes de EROSKI club

42 Ser solidario

44 Viaxes: Puglia (Italia)

47 Vales aforro

50 Novas

Iker Pérez de Arenaza

Responsable de EROSKI club

ETEMPO de gozar

sta primavera queremos que goces sen renunciares a nada. Porque, quen che quere ben, fai que cada momento sexa especial. Así que alonguemos a mañá do domingo e saboreemos coa nosa xente un delicioso brunch. Neste número darémosche as claves para o preparares con produtos sempre a bos prezos: café quente, torradas crocantes, froita, aguacate e ata pratos máis elaborados, como quiches ou galettes, que podes deixar feitos o día anterior botándolle algo de imaxinación ás sobras da neveira… Porque quen che quere ben, prepárache un brunch mentres che fai aforrar.

E non esquezas incorporar algo doce. Aproveita que estamos na Semana Santa e anímate a preparar algunha sobremesa típica desta época, como as torradas doces ou os bolos de vento. Se non che

vai a cociña achégate ás nosas tendas para te deleitares cos doces tradicionais da túa zona. Se viaxas estes días, descubre nas nosas tendas unha gran selección de produtos rexionais a bo prezo, como queixos, embutidos, viños, sobremesas e ata café, que seguro que che deixan abraiado. É bo que sexa de aquí!

E postos a viaxar, por que non á Puglia? Coñece o segredo mellor gardado de Italia cun 5% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club. Sigue lendo, porque te imos axudar a preparar un neceser de viaxe perfecto sempre a bos prezos e a descubrir os imprescindibles para coidares a túa pel cos produtos da nosa marca belle esta primavera.

Non perdas este número porque, coma sempre, sobran ideas, inspiración e as vantaxes exclusivas por seres socio EROSKI club. Apúntaste a gozar máis gastando menos?

S AS RECEITAS DESTE NÚMER

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n.

48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Directora: Ainhoa Oyarbide

Subdirectora: Lucia Goicoechea

Redactora xefe: Manuela Díaz

Foto de portada: @virginiamartin_photo

REALIZACIÓN E EDICIÓN

Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

Descubre a NOVA CESTA sempre a bos prezos

Agora máis barata, con máis de 2.000 produtos EROSKI da mellor calidade. Contámosche todo sobre eles, porque quen che quere ben, faiche aforrar.

COMO OS VOU ATOPAR?

bos prezos Sbos Sep prezzos

Sinalizados con este selo. Máis da metade dos 2.000 produtos da cesta están por baixo dos 2 euros e máis de 300 non superan 1 euro.

INCLÚE FRESCOS?

SI, MÁIS DE 400. 162 froitas e verduras. 120 carnes e peixes. 65 produtos de chacinería. 42 variedades de panadería. 25 solucións rápidas e deliciosas.

SON SAUDABLES?

Abofé que si. Máis de 900 produtos pertencen a grupos de alimentos necesarios para unha alimentación saudable. Ademais, o 44% dos que contan con Nutri-Score teñen unha cualificación A e B, as opcións máis saudables e equilibradas.

QUE CONXELADOS E LÁCTEOS ESTÁN DISPOÑIBLES?

Conxelados

Leites e bebidas vexetais, iogures e sobremesas lácteas.

É UNHA

CESTA COMPLETA?

Ben completa. Con máis de 250 opcións para o teu almorzo, entre cafés, infusións, cereais ou pans, e máis de 600 produtos para a túa despensa como aceites, legumes, pastas, conservas, ovos... E tamén bebidas e produtos para a túa mascota.

HAI PRODUTOS DE DROGUERÍA E PERFUMERÍA?

Dispós de 270 artigos de limpeza para a roupa e o fogar. Ademais, contas con 325 produtos de coidado persoal para ti e a túa familia.

TAMÉN LEVA ALIMENTOS LOCAIS?

É bo que sexa

ABOFÉ QUE SI. MÁIS DE 400 PRODUTOS DA CESTA SON DE ORIXE LOCAL.

Non perdas a nova cesta con produtos EROSKI e produtos de venda exclusiva en EROSKI. ÚNESTE AO MOVEMENTO MARCAPROPISTA?

O máis TOP deste MES

Sempre bos prezos Sbos Sep prezzos

COMEZA O DÍA CON NOCES

2 UN ATÚN MOI ESPECIAL

Celebramos contigo a “V Semana Mares para Sempre”, poñendo en valor a primeira lata con certificación MSC de marca propia en España. Goza do atún en aceite de oliva EROSKI, con Selo Azul MSC, polo seu sabor, calidade, compromiso cos océanos e bo prezo. Lembra que o Selo Azul garante unha pesca sostible, a protección das especies e unha rastrexabilidade impecable. Non o perdas!

SOBRE BENESTAR E ALIMENTACIÓN SEMPRE AO MELLOR PREZO. PORQUE,QUEN CHE QUERE BEN,FARACHE LER! 1

Son ricas en proteínas, fibra e omega 3. En EROSKI atoparás variedade sempre a bo prezo. Enerxía, saciedade e benestar nun só bocado.

S Sep prezzos

FELIZ DÍA DO LIBRO

NAS NOSAS LIBRERÍAS E NO SÚPER EN LIÑA ATOPARÁS AS ÚLTIMAS NOVIDADES, AS MELLORES SAGAS, NOVELAS HISTÓRICAS OU ROMÁNTICAS, ‘THRILLERS’ E O ÚLTIMO EN LIBROS

AS MELLORES OFERTAS CON 4

EROSKI SELEQTIA

Do 10 ao 30 de abril, en todos os nosos produtos EROSKI SELEQTIA terás a 2ª unidade ao 30%.

Combínaos como queiras! (1)

(1) Devolvémosche o 30% do de menor importe na túa tarxeta. 15% de desconto nos produtos ao peso ou por xunto desde a 1ª unidade. Válido entre o 10 e o 30 de abril.

...E EN REDES

Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais

XA SOMOS 100.000 EN INSTAGRAM!

Chegamos a unha cifra redonda e só podemos dicir grazas! 100.000 amantes da marca EROSKI, dos alimentos locais e de tempada, das receitas máis irresistibles, das ganas de descubrir novos sabores e dos sempre bos prezos. Seguimos crecendo xuntos, compartindo trucos e inspiración. Aínda non nos segues? Únete a @eroskioficial!

BRUNCH LOVERS, VELAQUÍ O VOSO TABOLEIRO!

Inspiración, receitas e combinacións irresistibles agardan por ti no noso taboleiro de Pinterest. Todo o que contamos nesta revista e moito máis. Garda, proba e goza do brunch coma nunca. Xa o fichaches? Síguenos e enche as túas mañás de sabor!

#BrunchTime

TIKTOKEANDO

O drama, o susto, a tensión... Pero aquí o único que te vai tentar son os nosos produtos Sempre Bo Prezo.

@SaraHermana, embaixadora de EROSKI e influencer e nutricionista, indícanos tres beneficios de consumir produto local.

E tocábache pedir medio quilo de carne para hamburguesas con dobre picado. Mamiiii!

QUEN CHE QUERE BEN… ORGANIZA SORTEAZOS

O noso último ganador xa está a facer as maletas para Lisboa. E ti? Porque isto non acaba aquí. Veñen máis sorteos, máis sorpresas e máis oportunidades de vivir experiencias únicas. Síguenos en Instagram@ eroskioficial e permanece atento; o próximo premio pode ser teu!

Quen che quere ben

PREPÁRACHE UN

BRUNCH!

Metade almorzo, metade comida, o brunch é esa deliciosa escusa para tomar a fin de semana devagar e gozar dunha pequena festa sen présas que gaña adeptos día a día. Prepara a mesa, porque te imos axudar a elaborar os pratos deste brunch para que botes o día a andar con enerxía e bo humor. Darémosche as claves e os pratos imprescindibles para que o dispoñas con acerto e sempre a bos prezos.

O MOMENTO

A hora ideal para un brunch adoita estar entre as 10:00 e as 13:00, un momento perfecto para quen prefire durmir un pouco máis, pero non quere saltar o almorzo. Un bo brunch debe ser variado e equilibrado, combinando doce e salgado, frío e quente. Non hai unha norma estrita, pero adoita incluír entre catro e seis pratos, amais de bebidas.

A ORIXE

O seu nome vén da fusión de breakfast (almorzo) e lunch (xantar), e a súa orixe remóntase ao século XIX, cando nas mansións da alta sociedade británica se servían grandes almorzos tardíos os domingos. Con todo, foi nos Estados Unidos onde realmente se popularizou, converténdose nunha tendencia mundial.

A PREPARACIÓN

Entre os imprescindibles hai algúns pratos que nunca cambian: os ovos nalgunha das súas versións clásicas (Benedict, revoltos, fritos ou poché), o pan en forma de torradas e os acompañamentos como queixo, aguacate ou salmón afumado. Tampouco poden faltar as opcións doces como tortas, pancakes ou biscoitos e, por suposto, froitas frescas. No tocante ás bebidas, o café e o té son básicos, aínda que tamén se atopan decote zumes naturais e smoothies

CAFÉ Comecemos polo

Polo seu aroma e polo seu sabor, pero, sobre todo, pola súa capacidade para espertar os sentidos e proporcionar esa dose de enerxía que moitos buscan ao comezar o día, o café é un imprescindible no brunch. Apetéceche unha cunca?

SEN AZUCRE E NON MÁIS DE 3 CUNCAS AO DÍA

SE QUERES SABER MÁIS

O café é moito máis ca ese empurrón pola mañá. Amais de espertar os sentidos, é unha gran fonte de antioxidantes, especialmente dos ácidos cloroxénicos, con propiedades antioxidantes, antiinflamatorias e antidiabéticas. Un consumo moderado, de dúas a tres cuncas ao día, pode favorecer a concentración e o rendemento físico. Iso si, para aproveitar ao máximo os seus beneficios, o mellor é tomalo sen azucre e gozar o seu sabor natural.

O DESCUBRIMENTO

Segundo a lenda, no ano 600, un pastor chamado Khaldi descubriu os efectos do café na rexión de Kaffa, en Etiopía, cando notou que as súas cabras se volvían máis enérxicas logo de comeren as bagas do café. Desde aquela, o cafeto percorreu un longo camiño, pasando por Arabia, a onde os escravos que viaxaban desde Sudán o levaron no século XV, ata chegar a Europa no século XVII.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

É TENDENCIA GRAN!

AO GRAN!

Sempre bos prezos S Sep prezos os

O café en gran está máis de moda ca nunca. Co auxe dos métodos de preparación artesanal, como as cafeteiras italianas e exprés, a prensa francesa ou a V60, cada vez máis persoas buscan grans frescos para moer na casa e gozar dunha cunca con máis aroma e sabor. Tes o teu muíño listo? Nós temos o gran sempre a bos prezos.

EROSKI SELEQTIA: ORIXE RECOÑECIDA E 100% ARÁBICA

Sempre prezos S Sep prezos os

CAFÉ MOÍDO COLOMBIA

Sabor: equilibrado en boca, suave e sedoso, cun posgusto prolongado e agradable.

Aroma: doce e suave.

NATURAL OU MESTURA?

Sempre bosS Sep prezos os

CAFÉ MOÍDO ETIOPÍA

Sabor: complexo e exótico, con notas de froitas e flores.

Aroma: floral e afroitado.

É puro gran torrado sen engadidos. Máis aromático, cunha acidez equilibrada e un sabor limpo.

Sempre bos prezos S Sempos Sempre bos prezos S Sepos

Combina grans torrados con azucre e un punto de amargor. É máis forte e ten máis corpo.

Un blend equilibrado, cunha selección de cafés arábicas e robustas de torrado natural. Elaborado baixo estritos controis que garanten a súa calidade e o respecto ao medio natural.

CÁPSULAS KENIA

Sabor: intenso e afroitado, con notas cítricas e un toque de acidez.

Aroma: floral e afroitado.

ESQUÉCETE DO INSOMNIO

Perfecto para quen quere gozar do café sen o efecto estimulante da cafeína. Mesmo sabor, pero cunha cantidade mínima, menos do 0,1% de cafeína.

Sempre bos prezos S Sep prezos os Sempre bos prezos S Sep prezos os

DE CULTIVO ECOLÓXICO EN CÁPSULAS

Compatibles con Nespresso e Dolce Gusto, en caixas de 16, 20 e ata de 50 unidades.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

Sempre bos prezos S Sep prezos os

SÓS

1. EXPRESO

Café concentrado e forte.

2. CAFÉ CON XEO

Expreso servido sobre xeo.

3. LONGO

Un expreso feito co dobre de auga.

4. AMERICANO

Engadir auga quente a un expreso a parte iguais.

CON LEITE

5. LATTE

Café con leite, xeralmente con máis escuma.

6. FLAT WHITE

Similar ao latte, con menos escuma e máis leite.

7. MACCHIATO

Expreso cun pouco de leite ou escuma de leite.

8. CAPUCHINO

Con leite, moita escuma e un punto de chocolate.

9. CON LEITE

2/3 de café e 1/3 de leite.

10. CORTADO

Expreso cun toque de leite.

21 FORMAS DE TOMAR CAFÉ

SOTUDORP

UN EXTRA DE DOCE

11. MOCA

Expreso con chocolate e leite.

12. VIENÉS

Expreso con nata montada.

13. AFFOGATO

Expreso servido sobre unha bóla de xeado.

SORPRENDENTES

16. DALGONA

2 culleradas de café instantáneo, 2 de azucre, 2 de auga quente e leite ou bebida vexetal. Bate ata formar unha escuma. Enche un vaso con leite e engade a escuma de café.

19. MATCHA FUSIÓN

Expreso con matcha disolto en auga quente e leite escumado ou frío con xeo.

14. BOMBÓN

Expreso con leite condensado.

17. PROTEICO

Expreso cunha cullerada de proteína en po, 1/2 cunca de leite ou bebida vexetal e un pouco de mel.

20. ESPECIADO

Expreso ou café con leite con canela, noz moscada ou cardamomo para un toque cálido.

Sempre bos prezos Sbos Sep prezzos

15. MAROCCHINO

Expreso con cacao e escuma de leite.

18. BULLETPROOF COFFEE

Expreso con 1-2 culleradas de aceite de coco e 1-2 culleradas de manteiga. Mestura coa batedora 20 segundos.

21. CON TÓNICA

Expreso con 2/3 dun botello de tónica. Engade xeo e decora con cítricos ou herbas aromáticas para un café refrescante e chispeante.

UN CAFÉ BEN NOSO

O segredo dun bo café non está só no gran, senón en como se torra e elabora. Ese proceso é o que lle dá carácter, corpo e matices únicos. E, aínda que a miúdo ollamos para lonxe na procura de cafés especiais, na zona máis preto de nós hai cafeteiros apaixonados que traballan para lle dar a cada grolo un celme local inconfundible. Descubre os cafés de aquí e déixate sorprender.

PAÍS VASCO

CAFÉ MOÍDO NATURAL

Selección de cafés arábicos e robustos de torrado natural.

Sabor: equilibrado en boca, suave e sedoso, cun posgusto prolongado e agradable.

Aroma: doce e suave.

CAFÉ MOÍDO NATURAL

Especialmente deseñado para cafeteira italiana.

Sabor: notas a chocolate, caramelo e froitos secos. Retrogusto moi agradable.

Aroma: intensidade media con toques florais.

CAFÉ EN GRAN

INTENSSISIMO

100% café arábica de torrado natural. É unha auténtica especialidade Barista.

Sabor: elegante e agradable, con carácter e corpo denso.

Aroma: notas que evocan o cacao amargo.

CAFÉ MOÍDO E EN GRAN NATURAL

Torrado 100% natural.

Sabor: suave e equilibrado.

Aroma: delicado e agradable, con notas sutís de froitos secos e chocolate.

CAFÉ MOÍDO NATURAL

Torrado medio 100% natural.

Sabor: equilibrado, con corpo e acidez media.

Aroma: gran fragrancia con base de cacao.

CAFÉ MOÍDO NATURAL

Blend de cafés robusta e maioritariamente arábicas.

Sabor: sutilmente acedo, de sabor suave e de agradable retrogusto.

Aroma: doce e herbal.

ASTURIAS
CANTABRIA
ARAGÓN

TORRADAS Á TÚA MEDIDA

As torradas son un imprescindible do brunch, unha base versátil que permite xogar con sabores e texturas. Desde as clásicas con manteiga e marmelada ata opcións máis proteicas, son unha aposta segura. Elixe entre os nosos produtos sempre a bos prezos para aforrares coas torradas máis deliciosas.

Sempre bos prezos S Semp prezos os

PARA GUSTOS, AS SALGADAS

Aguacate e ovo poché cun toque de pemento.

Salmón afumado e queixo crema.

Quenta lixeiramente o queixo de cabra para potenciar o seu sabor.

Tomate relado e xamón ibérico.

VALE

Desconto nesta revista

A CLÁSICA DOCE

Sempre bos prezos S Sepos

Desde a manteiga con marmelada a opcións máis rompedoras como manteiga con mel e un chisco de sal en escamas.

Tosta de xamón, espárragos e ovo

45’ 4

• 4 rebandas de pan

• 4 liscos de xamón curado

• 4 ovos

• 12 espárragos verdes

• Brotes de leituga

• 20 g de queixo parmesano relado

• Aceite de oliva

• Sal e pementa

Torrar as rebandas de pan e reservar. Botar nunha tixola o aceite e saltear os espárragos durante un par de minutos. Botar auga nun cazo e, cando ferva, introducir os ovos e cociñar 6 minutos.

Colocar a torrada no prato e dispoñer por riba os espárragos, o xamón curado e o ovo. Cubrir cun pouco de queixo relado.

Servir a tosta acompañada cos brotes de leituga e salpementar.

CROCANTE A dentada máis

Crocante, lixeiro e sempre listo na despensa para gozar en calquera ocasión. Encántanos o pan torrado pola súa textura firme, que permite untar desde cremosos aguacates ata suaves queixos, sen esfarelarse no intento. En EROSKI atoparás unha gran variedade adaptada ás túas necesidades e gustos. Integrais, sen glute, multicereais… Quen se resiste ao estalo dun bo cracker?

OS CLÁSICOS

Pan torrado integral 30 rebandas de pan 100% integral. Ideal para un almorzo saudable e perfecto para acompañar con marmeladas, queixos ou aguacate.

Biscotes integrais

Para acompañar con patés, queixos ou simplemente cun pouco de aceite de oliva e tomate. O seu formato fainos ideais para compartir en familia.

OS MULTICEREAIS

Pan de centeo e sésamo

Elaborado con fariña integral de centeo (84%) e sementes de sésamo (12%), ofrece un sabor profundo e unha textura única. É unha excelente base para torradas salgadas con humus ou salmón afumado. Unha grande opción para quen busca alternativas ao trigo.

VERSIÓN BOLIÑO

Clásicos

Versátiles e ideais para torradas con manteiga e marmelada.

Todos os pans torrados das nosas marcas EROSKI son 100% libres de graxa de palma Sempre bos prezos S Semp prezos os

Sempre bos prezos S Sepos Sempre bos prezos S Sepos Sempre bos prezos S Sepos

Pan de centeo multicereais

Un pan que proporciona unha opción rica en fibra e nutrientes.

100% integrais de trigo

Con máis fibra e un sabor máis intenso.

OS CRACKERS

Clásicos

A súa textura crocante e sabor neutro convérteos nun básico en calquera brunch. Perfectos para acompañar queixos ou embutidos.

Integrais

Achegan fibra e un sabor máis robusto. Perfectos para combinar con aguacate ou humus.

SABOR ITALIANO

Fornacina clásica

EROSKI SELEQTIA

Sempre bos prezos S Sep prezos os

Elaboradas en Italia e testadas polo Basque Culinary Center, son lixeiras e crocantes. Perfectas para acompañar queixos, embutidos ou cun pouco de aceite de oliva.

Fornacina Sésamo

EROSKI SELEQTIA

Unha variante cun toque de sésamo para un sabor extra.

AS MINIS

Minitostas con pasas e figos EROSKI SELEQTIA

Encántannos polo seu tamaño e polo doce das pasas e dos figos. Testadas polo Basque Culinary Center e ideais para degustar con foie ou queixos cremosos.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

Testado por

Sempre bos prezos S Sepos

Regañás sen glute

Elaboradas con amidón de millo, fariña de arroz e trigo sarraceno, entre outros ingredientes. Son perfectas para acompañar queixos, patés ou simplemente para tomar soas como un snack crocante.

PAN TORRADO

Torradas sen glute, crocantes e versátiles, ideais para o almorzo ou para calquera ocasión do día.

PICOS CRISTAL INTEGRAIS

100 % integrais e elaborados con ingredientes prémium. De sabor único e cunha textura crocante, que os fai extraordinarios para acompañar queixos, embutidos, ibéricos, etc. Ideais para dipear con salsas, patés e humus.

CRACKERS

Son excelentes en aperitivos ou merendas ou como substitutos do pan durante as comidas. Non conteñen glute e preséntanse en prácticos paquetes.

CROSTINI

Tradicionais boliños torrados, sen glute e sen lactosa, que se poden combinar cos teus ingredientes favoritos.

PAN TORRADO INTEGRAL

PANTORRADOINTEGRAL

A súa textura extracrocante e o delicioso sabor obtéñense grazas ao lento proceso de dobre enfornado e ás 10 horas de repouso para garantir un torrado uniforme.

PAN TORRADO MULTICEREAL

Goza da exquisita selección de ingredientes deste pan: fariña de trigo integral, avea, cebada, centeo e millo miúdo. Baixo en graxas saturadas e con alto contido en fibra.

ORIXINAL

Pan crocante de centeo, con fariña integral, sabor intenso, poucos ingredientes e sen conservantes. Coa mesma receita desde 1919.

SÉSAMO

Pan crocante de trigo con sésamo torrado, sabor intenso, poucos ingredientes e sen conservantes.

FOGAZA RÚSTICA

O sabor máis auténtico da panadería tradicional. As súas 14 horas de elaboración, combinadas cun delicado toque de centeo, proporcionan un sabor e crocante únicos para os padais máis esixentes.

FOGAZA DE CEREAIS

Nutritiva e saudable para os que buscan alimentarse ben sen renunciar ao sabor máis intenso. Composto ao 93% de diferentes cereais e sementes, é un pan versátil e rico para acompañarnos en calquera momento do día.

FOGAZA INTEGRAL

A opción máis completa polo seu alto contido en fibra grazas á fariña 100% integral e ao seu delicioso toque de pipas de xirasol. O equilibrio perfecto entre nutrición e sabor.

CHAPATA

Inspirada na panadería máis artesanal, de carácter rústico e cunha aireada e crocante textura, o que a converte na elección preferida dos amantes do pan.

PAN TORRADO INTEGRAL SEN SAL E SEN AZUCRES ENGADIDOS

Goza coidándote desde primeira hora da mañá con este pan integral sen sal e sen azucres engadidos, rico en fibra e especialmente recomendado para dietas baixas en sal e azucre.

INSPIRACIÓN FRANCESA QUICHES E GALETTES

Dálle ao teu brunch un toque francés con receitas que se poden preparar con antelación e que che permiten aproveitar as sobras da neveira.

Coa súa base de masa crebada e o seu recheo cremoso de ovo e nata, é un clásico que se pode adaptar con ingredientes como espinacas e queixo de cabra, bacon e allo porro ou champiñóns.

PREPARA ESTA DELICIOSA QUICHE SEMPRE A BOS PREZOS

RECEITA PASO A PASO

1,14€ POR RACIÓN

Galette de verduras e queixo de Mahón

GALETTE

É unha versión máis rústica e sen molde, na que a masa se dobra sobre o recheo. Pode levar verduras asadas, queixos ou combinacións como cabaciña, ricotta e herbas provenzais.

Para a masa

• 120 g de fariña de trigo sarraceno

• 60 g de fariña de trigo integral

• ½ culleriña de bicarbonato

• 2-3 culleradas de auga

• 4 culleradas de AOVE

• ½ culleriña de sal

Para o recheo

• 1 cabaciña pequena

• 1 chisco de sal 2 50’

Mesturar os ingredientes da masa, amasar e dar forma de circunferencia.

Partir a verdura, botarlle un fío de aceite, engadir sal, pementa e as herbas.

Colocar a metade das verduras no centro da masa, deixando 2 dedos libres arredor.

• 1 berenxena pequena

• 1/2 pemento vermello pequeno

• 1/2 pemento amarelo pequeno

• 2-3 tomates secos

• 90 g de queixo de Mahón

• Alfábega e tomiño limoeiro

• 1 cullerada de AOVE

• Pementa negra moída

Poñer a metade do queixo e cubrir co resto da verdura e logo engadir máis queixo. Enfornar no forno prequentado a 220 ºC, con calor por riba e por baixo, durante uns 30 minutos, ata que a masa estea cociñada, as verduras cociñadas e o queixo dourado.

UNHA TÁBOA

INFINITAS COMBINACIÓNS

As táboas de queixos e afumados engádenlle un toque gourmet a calquera brunch. A clave está no equilibrio de sabores e texturas.

QUEIXOS

1,05€

POR RACIÓN

Mestura variedades suaves e cremosas como o brie, o queixo azul ou o camembert.

Goza tamén de queixos curados intensos (manchego, idiazábal, Mahón) e de variedades de orixe local.

AFUMADOS

UNTABLES

Queixo labneh

8 20’ (16 h de repouso)

• 4 iogures gregos

• ½ culleriña de sal

• Aceite de oliva

• 1 cullerada de herbas aromáticas

• Olivas negras, verdes e vermellas (8 unidades en total)

• Pan de pita ou tostas para acompañar

Acompaña o humus, o guacamole e as cremas de queixo con froitos secos, marmeladas e pan torrado para completares a experiencia. Salmón, troita, bacallau e, e logo non!, unhas anchoas de Santoña da nosa marca EROSKI SELEQTIA?

Nun bol poñer o iogur co sal e mesturar.

Estirar unha tea por riba dun bol amplo e depositar o iogur dentro da tea. Unir os extremos e atar forte cun fío de cociña para formar un fardo.

Colgar este fardo enriba dun bol ou da pía da louza e deixalo entre 12 e 16 horas.

Poñer o queixo escorrido nunha cunca, facerlle pequenos pozos e engadir o aceite de oliva, as herbas e as olivas.

Servir como parte da táboa de queixos acompañado do pan que escollamos.

O CLÁSICO DOCE

Deixa un espazo no brunch para o doce. Este mes propoñémoste que te animes a incluír algunhas sobremesas típicas de Semana Santa como as torradas doces ou os bolos de vento. Nas nosas panaderías atoparás doces rexionais da túa zona máis próxima.

SE POS O MANDIL

O LEITE

En EROSKI atoparás leite 100% local procedente de pequenas explotacións.

OS OVOS

Scones de froitas do bosque

45’ 8

• 300 g de fariña

• 60 g de azucre

• 2 culleriñas de lévedo en po

• ½ culleriña de sal

• 85 g de manteiga fría

• 1 ovo + 1 ovo para pincelar a masa

• 200 ml. de nata líquida 35% MG

• 1 culleriña de vainilla

• 150 g de froitas do bosque

Glasa de limón

• 100 g de azucre glas

• 15 ml de zume de limón

• 5 ml de leite

Prequentar o forno a 185 ºC.

Poñer nun bol a nata, o ovo batido, a vainilla e bater a mestura.

Noutro bol poñer a fariña, o azucre, o lévedo e o sal e mesturar. Engadir a manteiga moi fría cortada en dados pequenos e integrar ata que

a masa comece a formar pequenas faragullas. No bol dos ingredientes secos facer un burato no centro e depositar a masa líquida. Integrar suavemente. Engadir as froitas do bosque e volver integrar.

Enfariñar unha mesa de traballo e depositar a masa sobre ela. Formar un círculo duns 15 cm de diámetro e 2 cm de altura. Cortar en triángulos e pincelar con ovo batido.

Enfornar durante 20 minutos ou ata que adquiran un ton dourado.

Sacalos do forno e deixalos sobre unha reixa.

Poñer nun bol o azucre, o leite, o zume de limón e batelo todo ben ata que quede unha masa sen grumos e lixeiramente líquida. Botar esta glasa nos scones e servilos mornos.

0,62€

POR RACIÓN

En EROSKI traballamos polo benestar animal. No 2026 o 100% dos ovos das nosas tendas procederán de galiñas criadas ceibas de gaiolas.

0,47€

POR RACIÓN

CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

BOLOS DE VENTO

Unha lixeira e esponxosa masa frita rechea, perfecta cun toque de azucre glas. Son típicos en moitas rexións de España e cada territorio ten a súa receita.

Bolos de vento recheos de crema de café

TORRADAS

Son todo un clásico na Semana Santa. Pan enchoupado en leite e ovo, frixido e con azucre e canela esfarelados por riba. Por que non as servir cun toque de froita fresca ou chocolate?

Torradas doces

• 4 rebandas de pan integral

• 2 ovos

• 200 ml leite

• 5 ml de vainilla

• 10 g de canela

• 1 cullerada de azucre de cana

• Amorodos e arandos

Mesturar os ovos, o leite, a vainilla, a canela e o azucre.

Colocar a mestura nunha bandexa, agregar o pan e deixalo a remollo 2 minutos por cada lado.

Colocalas nunha bandexa de forno sobre papel vexetal e enfornar a 180 ºC uns 5 minutos por cada lado. Servir as torradas doces cos amorodos e arandos.

Para os bolos de vento

• 120 ml de auga

• 60 ml de leite enteiro

• 1 ½ culleradas de azucre e canela

• 1/2 culleriña de sal

• 20 g de manteiga

• 120 g de fariña

• 4 g de lévedo

• 2 ovos grandes

• Aceite de oliva virxe

Para o recheo

• 200 ml de nata 35% MG

• 1 cullerada de queixo crema

• 2 ½ culleradas de café expreso

• 1 cullerada rasa de café soluble

• 1 ½ culleradas de xarope de agave

Esfarelar a fariña e mais o lévedo. Poñer ao lume nun cazo a auga, o leite, o azucre, o sal e a manteiga. Deixar ferver

2 minutos e engadir de golpe a fariña e o lévedo. Traballar a masa ata obter unha bóla que se despegue das paredes do cazo. Engadir un ovo ata integrar e despois engadir o segundo. Poñer aceite nunha tixola, abondo para que a masa ao fritila estea cuberta, e quentar a uns 165-170 ºC (pódese usar frixideira). Depositar boliñas de masa do tamaño dunha noz. Cando estean douradas, sacalas e deixalas sobre papel absorbente.

Pasalas a unha fonte e esfarelar por riba azucre e canela. Facer a crema de café montando a nata ben fría co queixo, o café soluble, o café expreso frío e o xarope. Encher os bolos de vento coa crema de café.

0,16€ POR RACIÓN

10’ 4

Sempre bos prezos S Sep prezos os A B D E C

FARELO

É a pel externa do gran de avea. Moi rico en fibra insoluble, que axuda a mellorar o tránsito intestinal e a reducir o colesterol.

PARARECEITASCONAV

SEN PESTISCAR ENTRE HORAS

A avea é un cereal moi completo que axuda a controlar o apetito; polo seu alto contido en fibra soluble, mellora a dixestión, regula o azucre no sangue e contribúe á saúde cardiovascular. Tamén ten propiedades antioxidantes e antiinflamatorias.

AVEASen segredos

É TENDENCIA

Prepáraa pola noite, tómaa pola mañá. Mestura os flocos de avea con auga, leite ou iogur e déixaos repousar na neveira durante a noite. Engade chía se queres máis achega de fibra.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

Cocíñase decontado e ten unha textura suave, polo que queda máis cremosa.

FARELO XERME

ENDOSPERMO

Rica en nutrientes e fibra soluble e insoluble. En porridge, granolas e ata en hamburguesas vexetarianas.

Ao ser integral, está menos procesada e conserva máis fibra e nutrientes. É suave, aínda que tarda máis en se cociñar. É BIO, que garante alimentos e proceso ecolóxico.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

@FOODIARIO ENSÍNANOS PASO

A PASO COMO PREPARARMOS UN DELICIOSO PORRIDGE

PARA OS MÁIS SALGADOS

O porridge salgado gaña adeptos e é tendencia. Prepara unha cunca de avea cocida en auga ou caldo de verduras e aderezada con aceite de oliva, sal e pementa. Engádelle tomates cherry frescos ou asados, queixo feta e alfábega, ou proba con champiñóns refogados e ovo poché. As combinacións son infinitas!

1 + 2 =

PORRIDGE

Só é preciso ferver a lume medio flocos de avea con leite ou auga durante 5-10 minutos, sen parar de remover, ata que espese e adozar ao gusto. Proba estas papas con froitas, froitos secos ou mel.

COMO ACADAR A TEXTURA PERFECTA

Espesa: 1 parte de avea por 2 partes de leite/auga. Máis lixeira: 1 parte de avea por 3 partes de leite/auga.

PARA OS LARPEIROS

Sempre bos prezos Sbos Sep prezzos

Así que estea preparado o porridge ao teu gusto, engádelle froita, iogur, froitos secos, canela, mel, dátiles… e proba ata con crema de cacahuete. Toma nota e prepara un delicioso porridge con produtos sempre a bos prezos.

AS FROITAS QUE MELLOR LLE ACAEN

Achega cremosidade e unha dozura natural.

Achega dozura natural e un extra de enerxía.

A súa acidez equilibra o sabor final.

Relada ou en cachiños. Queda perfecta cun toque de canela.

MEL OU CANELA?FROITOS SECOS

Intensifica o sabor e regula os niveis de glicosa.

Achega dozura natural e un extra de enerxía.

Un extra de enerxía e textura.

PLÁTANO É…

O plátano é unha opción perfecta para gozar nun brunch en calquera época do ano. O seu sabor doce e a súa textura cremosa convérteno nun snack natural perfecto, pero o seu verdadeiro segredo está no seu incrible perfil nutricional. Rico en potasio, axuda a manter o equilibrio de líquidos e a previr cambras musculares, ideal para quen busca un extra de enerxía. Ademais, achega vitamina C, vitamina B6 e fibra para unha dixestión saudable.

Cultivo e colleita artesanal en pequenas explotacións locais das illas Canarias. Todos os agricultores teñen certificación Global G.A.P., que asegura prácticas agrícolas responsables e que respectan o medio natural.

Os plátanos EROSKI

Natur selecciónanse no seu punto óptimo de maduración e frescura, o que garante o seu excelente sabor e calidade.

É ÚNICO

Garante a súa calidade e orixe.

Con pequenas pintas escuras na pel.

Froiteira do Hipermercado de Urbil (San Sebastián)

Sabor doce.

Textura cremosa, compacta e branda.

É CANARIO

Con IXP de Canarias, que garante o seu sabor e cremosidade extra. Viaxan desde as illas á planta de Fribasa, en Biscaia, equipada cunha tecnoloxía que permite controlar a temperatura e condicións de cada peza para que chegue á tenda no seu punto perfecto de maduración.

É aforro

Sempre bos prezos S Sepos

“Se queres tirar o máximo partido do plátano e aforrar, repara na monda: con manchas marróns, está no seu punto; con manchas negras, é ideal para batidos ou sobremesas. Canto máis gordiño no centro, máis sabor. Non os metas na neveira e, se queres que duren máis, envolve os talos en papel film. Se non os vas a consumir en breve, córtaos en rodas e conxélaos. E se están demasiado maduros, úsaos para biscoitos, tortas ou tortiñas. Ademais, non deixes de probar o noso plátano de Canarias sempre a bos prezos.”

É DELICIOSO

Cru, cocido, frito, en batidos, xeados caseiros saudables, sobremesas e ata en pratos salgados. As posibilidades son infinitas.

PILAR ALBERTO

É VERDE OU AMARELO

Para gustos as cores. Elixe o plátano que mellor se adapte ás túas necesidades e gustos.

Plátano amarelo verdoso: rico en amidón resistente, que actúa como fibra prebiótica e axuda a regular o azucre en sangue. Ideal para persoas con diabetes ou para quen busca controlar o seu peso.

Plátano amarelo con manchas: máis doce, contén antioxidantes, como a dopamina, que protexen as nosas células do dano oxidativo. Ademais, a súa textura é máis suave e cremosa, o que o torna perfecto para sobremesas e batidos.

É TENDENCIA

SUBSTITUÍR OS AZUCRES

REFINADOS E AS FARIÑAS POR PLÁTANO NA ELABORACIÓN DE SOBREMESAS.

“Nice cream”

Un pouco de leite e calquera plátano ou outra froita conxelada. Tritura e, se queres, engade cacao, froitos secos ou especias.

Tortas de plátano e avea

Con plátano maduro, flocos de avea e ovo.

“Brownies” saudables

O plátano substitúe parte do azucre e da fariña, co que se acada unha textura densa e tenra.

Galletas “fit”

Elaboradas a base de plátano e froitos secos.

RECEITA PASO A PASO

Pan de plátano e noces

10 1h 15’

• 3-4 plátanos maduros

• 150 g de dátiles sen carabuña

• 125 ml de bebida de avea (ou calquera outra)

• 2 culleriñas de extracto de vainilla

• 1 culleriña de vinagre de mazá

• 75 ml de puré de mazá

• 2 ovos M

• 200 g de fariña integral de avea

• 1 culleriña de gasificante

• 1 culleriña de bicarbonato sódico

• 1 culleriña de canela en po

• ½ culleriña de sal

• 90 g de noces picadas grosas

• 1 plátano partido pola metade ao longo, para decorar

• Flocos de avea para decorar

CONOS DE gofre e froita

4 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 15 MIN

125 g de fariña de trigo integral

14 g de lévedo químico

2 ovos grandes

175 ml de leite semidesnatado

40 g de manteiga

1 g de sal

Para decorar

1 kiwi

6 amorodos

1 plátano

10 g de améndoas

10 g de noces

Framboesas e arandos

NUTRI-SCORE B

A B D E C

Que che acheg ?

Esta receita ten máis dun 20 % da fibra recomendada ao día, grazas á froita e a fariña integral.

Tips s ud bles

Cambia a manteiga por aceite de oliva e fai que a froita e os froitos secos sexan máis abundantes.

Apta para dietas ovolactovexetarianas.

#AlimentaLoQuePiensas

1. Mesturar a fariña, o lévedo, os ovos, o leite, a manteiga fundida e mais o sal ata que todos os ingredientes estean ben integrados.

2. Quentar a gofreira e engadir a masa. Pechar e deixar cociñar entre 5 e 8 minutos.

3. Retirar os gofres e cortar en 4 porcións de xeito que obteñamos 4 conos.

4. Partir a froita en rodas. Decorar a parte de arriba de cada cono coa froita en forma de xeado. Poñer por riba anaquiños de améndoa e noces e colocar unha framboesa ou arando na punta como se fose a guinda.

Banoffee 2.0

4 25’

• 80 g de noces

• 80 g de améndoas

• 80 g de dátiles sen carabuña

• 80 ml de auga quente

• 4 plátanos

• 250 ml de iogur

Hidratar os dátiles en auga quente durante polo menos 10 minutos. Bater con batedora xunto á auga de hidratación ata obter unha pasta cremosa.

Mentres se hidratan os dátiles, torrar as noces xunto coas améndoas e triturar nun procesador de alimentos. Reservar.

En vasos ou terrinas individuais, formar capas intercalando unha de froitos secos, unha de rodas de plátano, unha de iogur e unha de pasta de dátiles.

Repetir o proceso ata encher o recipiente, rematando cunha capa de plátanos e un pouco de froitos secos esparexidos por riba.

Tips s ud bles

Esta versión do Banoffee Pie ten mellor calidade nutricional, xa que mantén o plátano, pero substitúese o tofe, a nata e a galleta por pasta de dátil, iogur e crema de froitos secos.

É unha receita bastante calórica, así que haberá que tomala con certa moderación.

Apta para dietas lactovexetarianas.

#AlimentaLoQuePiensas

0,96€

LA ‘CRÈME’ DO BRUNCH

Suave, cremoso e versátil, o aguacate converteuse nun imprescindible en calquera bo brunch. Alén das tendencias, o seu éxito débese á súa achega de graxas saudables, perfectas para comezar o día con enerxía.

NA SÚA XUSTA MEDIDA: MEDIO AGUACATE AO DÍA

Graxas saudables

Achega 15 gramos de graxa, na súa maioría monoinsaturadas, beneficiosas para o corazón.

Boa dose de fibra

Achega calórica equilibrada

A metade dun aguacate ten unhas 160 quilocalorías. Cantidade equilibrada e sen excesos.

EN CRU

Torradas e sándwichs

Agrega un toque de sal, pementa, limón ou os teus ingredientes favoritos, como tomate ou ovo poché.

Contén 7 gramos de fibra, o que axuda á dixestión, á saciedade e ao control do azucre en sangue.

Nutrientes clave sen excesos Achega potasio, vitaminas e antioxidantes, pero sen chegar a un tope excesivo de graxas ou calorías.

INGREDIENTE TODOTERREO

Batidos

Achega unha textura suave e cremosa, amais dun extra de nutrientes.

En ensaladas

A súa cremosidade complementa as follas verdes, os tomates e os cogombros.

Guacamole

Cebola, coandro, chile, limón e aguacate.

COCIÑADO

Aguacate á grella

Cortado pola metade e lixeiramente asado. Pódelo encher con ingredientes como atún, quinoa ou mesmo ovo para un prato completo.

Tortillas e revoltos Incorpórao nas túas tortillas de ovo ou revoltos para engadir cremosidade.

JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ

HIPERMERCADO EROSKI VÉLEZ-MÁLAGA

“En Málaga, unha das principais rexións produtoras de aguacates, sabemos como elixirmos o froito perfecto. Un aguacate listo para comer ten unha pel de cor verde escura e cede a unha lixeira presión sen sentirse mol. Se está demasiado duro, déixao madurar uns días a temperatura ambiente. Para acelerar o proceso, colócao nunha bolsa de papel a carón dunha mazá ou dun plátano. Unha vez maduro, garda o aguacate no refrixerador para manter a súa frescura”.

Se non tes tempo, o guacamole EROSKI suave ten un 95% de aguacate. Igual que o farías na casa! Atoparalo en envases de 200 g e 500 g.

E se che gustan as emocións fortes, proba a versión picante.

prezos S Sep prezos os

0,54€ POR RACIÓN

A B D E C

Cheesecake de aguacate e lima

• 300 g de queixo crema

• 300 ml de nata líquida

• 2 aguacates

• 2 limas

• 200 g de azucre

• 3 culleriñas de xelatina en po

• 250 g de galletas

• 100 g de manteiga

Relar as limas e espremer o seu zume.

Triturar as galletas, engadir a manteiga derretida e mesturar ata obter unha masa homoxénea. Distribuír a masa de galletas sobre

o molde e, coa axuda dunha culler, esmagala ata cubrilo e obter unha capa uniforme.

Hidratar a xelatina en auga. Reservar.

Cortar os aguacates, retirar a carabuña e extraer o interior. Mesturar o queixo crema e o azucre. Incorporar o aguacate, o zume da lima e a reladura. Bater ata obter unha crema homoxénea. Quentar a xelatina no microondas ata disolvela.

Botar a nata líquida e a xelatina na mestura de queixo e mesturar ata integrar.

Tips s ud bles

Acompáñaa de froitas. Consúmea con moderación e opta por unha ración pequena.

Un consello

Se queres que ao desenmoldala, a torta non rompa, coloca un papel de forno na base. Enfornar previamente a base 10 minutos a 180 °C axuda a desenmoldala máis facilmente e mais a que quede máis crocante; iso si, déixaa arrefriar antes de montar a torta.

#AlimentaLoQuePiensas

Verter a crema anterior sobre a base das galletas e alisar todo botando man dunha espátula.

Levar ao conxelador ou ao frigorífico ata que estea firme para a poder desenmoldar.

Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.

ALBA DONADEU

Dende Mungia, en plena costa biscaíña, Boga Garagardoa demostrou que unha cervexa sen alcohol pode ter carácter e personalidade. Alba Donadeu e mais o seu equipo levaron a súa paixón cervexeira un paso máis alá, explorando novos sabores e aromas para quen quere gozar dunha boa cervexa sen renunciar ao sabor. Con ingredientes locais e unha filosofía de respecto pola terra, crearon unha alternativa artesanal que racha mitos e amplía horizontes.

Por que a vosa cervexa artesá e sen alcohol transforma o futuro da alimentación?

Boga Libre naceu co obxectivo de ofrecer unha cervexa sen alcohol, natural, artesá e de km 0, para que calquera persoa poida gozar dunha cervexa complexa en calquera momento do día.

Como acabaches sendo a primeira mestra cervexeira do país?

Cando comecei, hai 12 anos, non había moitos referentes femininos no sector cervexeiro. Pouco a pouco fun aprendendo. Ademais, tamén son catadora, e ese é un ámbito máis feminizado, xa que as mulleres temos esa capacidade organoléptica e sensibilidade máis alta á hora de percibir aromas e sabores. Hoxe, aínda que hai outras mestras cervexeiras, aínda segue a ser un sector moi masculinizado.

Que ingredientes se precisan para elaborar unha cervexa artesá sen alcohol?

Boga Garagardoa sempre traballa con materia prima local. Utilizamos malte arabés, lúpulo vasco, auga e lévedo. Máis nada.

Cal é o proceso de elaboración das vosas cervexas?

No tanque de maceración introducimos o malte moído con auga quente e comezamos a remover o cereal para xerar o primeiro mosto, que

está cargado de azucres procedentes da cebada. O mosto, así que macerou, fíltrase e transvásase ao tanque fervedoiro, onde está fervendo durante unha hora e onde se suman diferentes lúpulos para lle dar amargor, sabor e aroma á cervexa. Unha vez que finalizou o fervido, transvasamos o mosto a través duns intercambiadores de calor para que arrefríe e introdúcese no tanque de fermentación.

Que diferenza hai entre unha 0,0 e unha sen alcohol?

A gran diferenza é que nós elaboramos un mosto cunhas peculiaridades e un lévedo concreto, para que fermente só un rango moi específico e que nos permita darlle o 0,5% - 0,7% de alcohol á bebida final. Non hai un proceso de pasteurización nin de filtración nin de osmose inversa posterior, como sucede coas cervexas 0,0.

Como imaxinas o futuro das cervexas artesás sen alcohol? Medrará como a escuma? As novas xeracións consomen menos alcohol e coidámonos todos máis. Non imos pedir simplemente unha sen alcohol, senón que pediremos unha sen alcohol torrada, unha sen alcohol IPA… Isto vai ser unha revolución. Nos vindeiros anos vanse seguir creando novos estilos de cervexa sen alcohol, porque esta é unha categoría que vai medrar e se vai dinamizar.

PREGUNTAS QUE SON A BOMBA

Algo do teu traballo que che pareza a bomba?

Unha das cousas que máis me gusta é cando me retan a facer unha nova cervexa: pensar, buscar os ingredientes, probar novos lévedos ou lúpulos...

A mellor maridaxe para unha cervexa sen alcohol?

Unha pizza, unha focaccia, algo entre doce e salgado. E se puideses facer unha cervexa inspirada en ti mesma?

Unha dobre IPA explosiva, afroitada, tropical.

Na vida es máis de ver o vaso cheo ou medio baleiro?

Completamente cheo. Como gozas máis dunha cervexa: en vaso de pinta irlandesa, en vaso ancho, en copa ou en xerra?

Nun vaso de pinta irlandesa.

#AlimentaLoQuePiensas

CERVEXEANDO

Sabías que AURUM , de venda exclusiva en EROSKI, é unha das cervexas de supermercado mellor valoradas polos consumidores? O seu equilibrio entre calidade e prezo convértea nunha opción estrela, con variedades para todos os gustos.

Desde unha loura refrescante ata sabores máis intensos, sempre hai unha AURUM perfecta para cada intre. Tómaa ben fría e con moderación.

Brindemos polo bo sabor!

Sempre bos prezos S Semp prezos os

AURUM 0,0 vol.

Cervexa sen alcol 0,0% vol. con todo o sabor de AURUM.

Sempre bos prezos S Sepos

AURUM TORRADA 0,0% vol. Ten corpo e un sabor máis profundo e robusto, en equilibrio entre a dozura do malte e o amargor dos lúpulos. Ideal para quen busca unha cervexa sen alcol cun perfil de sabor máis complexo.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

AURUM

Cervexa lager, con corpo lixeiro, suave e refrescante.

Elixida durante varios anos como a mellor cervexa que se vende nos supermercados polo seu bo sabor e a mellor calidade-prezo. Sempre bos prezos S Sep prezos os

Sempre bos prezos S Sempos

AURUM ESPECIAL

Cervexa especial cun grao de alcol 5,6% vol. Mantén o carácter de AURUM pero cun sabor máis intenso. De cor dourada intensa, textura suave, é ideal para quen busca unha experiencia cervexeira máis robusta.

TURIA

Cervexa torrada que utiliza na súa elaboración malte torrado, o que lle confire a súa cor ámbar con reflexos avermellados.

SEN FILTRAR 0,0

BOTELLA

Sen filtros e sen alcol; aínda máis libre. Perfecta para tomala en calquera intre.

SEN FILTRAR 0,0 LATA

De sabor intenso e cun aspecto naturalmente turbio. Dálle a volta para gozares de todo o seu sabor.

VICTORIA

O seu slogan, “Malagueña e exquisita”, define esta cervexa, elaborada co proceso tradicional de maduración lenta.

FREE DAMM

Elabórase cos mesmos ingredientes da cervexa con alcol e, grazas a unha técnica de destilación ao baleiro, elimínase o alcol sen perder sabor nin aroma. Atoparala en lata de 33 cl, en pack de 12 latas de 33 cl e en botella, en pack de seis envases de 25 cl.

DAURA SEN GLUTE

Ten o sabor da “cervexa de sempre”, xa que se elabora co seu principal ingrediente: malta de cebada, pero é apta para celíacos, asegurando que o seu contido en glute está por baixo das 3 partes por millón (ppm). Atoparala en lata de 33 cl e en pack de seis botellas de 25 cl.

FREE DAMM TORRADA

Con todos os matices dos maltes torrados: café, cacao, cereais torrados e caramelo. Atoparala en lata de 33 cl, en pack de 12 latas de 33 cl e en botella, en pack de seis envases de 25 cl.

DAURA MARZEN SEN GLUTE

Foi a primeira dobre malte sen glute. É unha cervexa diferente e especial que ten máis forza, máis corpo e máis sabor, pero a mesma garantía de calidade ca Daura. Atoparala en botella de 33 cl.

1,29 €

POR RACIÓN

Ensalada tépeda

• 450 g de feixóns verdes

• 600 g de patacas

• 2 culleradas de AOVE

• 1 culleriña de bicarbonato

• ½ ceboliña

• 40 g de olivas

• 40 g de queixo de ovella curado

Pelar e partir en anacos os feixóns verdes. Cocelos en auga fervendo durante 3 minutos. Retiralos a un bol con auga fría e xeo e deixar que arrefríen 5 minutos. Coar e reservar.

Partir as patacas en anacos medianos. Cocer en auga fervendo cunha cullerada de sal e unha culleriña de bicarbonato. Ferver durante 12 minutos e coar.

Pasar as patacas a unha fonte de forno e aderezar con aceite de

Para a vinagreta

• 60 ml de AOVE

• ½ limón

• ½ cullerada de ourego

• ½ cullerada de tomiño

• 1 cullerada de ceboliño

• 1 dente de allo pequeno

• 1 culleriña de mel

oliva. Enfornar a 200 ºC durante 20 minutos, ata que estean douradas e crocantes.

Preparar a vinagreta mesturando os ingredientes nun bol ou nun tarro con tapa. Nunha fonte ou ensaladeira, servir os feixóns verdes xunto ás patacas asadas. Engadir por riba ceboliña cortada á xuliana ben fina, olivas negras e unhas lascas de queixo de ovella. Aderezar coa vinagreta.

Que che acheg ?

Atoparás hidratos de carbono da pataca; fibra, vitaminas e minerais dos feixóns verdes, e graxas de boa calidade do aceite de oliva. Engade proteína saudable como legumes, peixe en conserva ou polo e completa o prato!

Un consello

Se vas comer a ensalada fóra da casa, leva a vinagreta á parte e engádea no momento de consumila.

0,79€

POR RACIÓN

Tips s ud bles

Non engadas sal. Co que teñen as anchoas abonda. Fai o brócoli ao vapor, quedará máis crocante e máis verde e permitirá conservar mellor o ácido fólico, a vitamina C e A, o calcio e o ferro que achega. Para que a pasta quede ao dente, bota auga abonda e sazona con sal. A cantidade ideal é de arredor de 1-2 culleradas de sal por cada 4 litros de auga.

#AlimentaLoQuePiensas

Pasta con brócoli, olivas e tomates secos

• 350 g de pasta

• 400 g de brócoli

• 4 anchoas en aceite

• 1 dente de allo

• 1 chisco de caiena en po

• 4 tomates secos en aceite

• 1 manchea de olivas

• 1 e ½ culleradas de AOVE

• Tomiño e ourego

• Auga

Partir o brócoli separando as flores e quitando a zona fibrosa do talo. Picar tamén o talo. Cocer todo en abundante auga fervendo con sal uns 4 minutos. Reservar a auga. Cocer a pasta na auga de cocción do brócoli.

Nunha tixola con AOVE saltear o dente de allo coa caiena e mais as anchoas partidas e engadir un cullerón da auga da cocción da pasta e o brócoli. Deixar cociñar uns 5 minutos, ata que o brócoli amoleza e estea un pouco cremoso. Retirar o allo e engadir o tomate seco picado e mais as olivas. Engadir un cullerón da auga de cocción, a pasta cocida e saltear durante un minuto. Servir decontado.

4 15’ - 20’

PRIMAVERA Coidados de

Coa chegada da primavera, pon a punto a túa pel cos produtos da nosa marca belle que non podes perder, porque están sempre a bo prezo. E, se decidiches facer unha escapada esta Semana Santa, seleccionamos para ti os cinco imprescindibles para un neceser de viaxe completo.

IMPRESCINDIBLES NA TÚA RUTINA DE BELEZA

Sbos Sep prezzos

PROTECCIÓN SOLAR

O sol comeza a ser máis intenso; por iso, protexe a túa pel sempre.

BRUMA SOLAR INVISIBLE belle&SUN

Con FPS 30 UVA+UVB e axentes antioxidantes como vitamina E, que protexen a pel evitando o seu avellentamento prematuro.

É resistente á auga e a súa textura é lixeira, de rápida absorción.

Respectuoso cos océanos, xa que non contén filtros oxybenzona nin octinoxato.

LIMPEZA PROFUNDA E DELICADA

Non esquezas limpar a túa pel cada noite para eliminar restos do protector solar, impurezas ou maquillaxe.

XEL LIMPADOR FACIAL belle

CREMA REXENERADORA PROCELLULAR belle

Formulada con FPS 15, células nai de kiwi e Phylderm® vexetal, activos seleccionados polo seu poder antioxidante, reparador, protector e revitalizante para combater os efectos do paso do tempo e a radiación solar sobre a pel.

Non contén xabón, o que garante unha limpeza suave, sen resecar e respectuosa coa pel.

Con aloe vera e extracto de cogombro.

Hipoalerxénico e oftalmoloxicamente testado.

PH neutro. 95% de ingredientes de orixe natural.

PEL FIRME E RADIANTE MANS SUAVES E PROTEXIDAS

O deporte e a cosmética son claves para previr e contrarrestar os efectos da celulite na pel. Aplícao dúas veces ao día con masaxes circulares en sentido ascendente.

Hixiene de corpo e cabelo minimizando o espazo 4 3

O cambio de estación pode facer que a pel reseque. Coida as túas mans aplicando varias veces ao día unha crema específica para mantelas suaves, nutridas e protexidas.

XEL ANTICELULÍTICO REDUTOR belle

Xel crema fresco e lixeiro, enriquecido con complexos reductores* e anticelulíticos de orixe vexetal e centella asiática.

Acción remodelante.

Mellora o aspecto da pel. Alisa e prevén.

CREMA DE MANS

HIDRATANTE belle

Con aloe vera, hamamelis, urea e extracto de chispa asiática.

*Confirmado con test clínico no 70% das voluntarias.

Hidrata e protexe. De textura lixeira e rápida absorción.

TODO O NECESARIO PARA O TEU NECESER DE SEMANA SANTA

A cosmética en formato sólido é ideal para viaxar, xa que ocupa moito menos e evita derramos sen renunciar ao máximo coidado.

XAMPÚ SÓLIDO

HIDRATANTE belle

Con extractos de laranxa e papaia e un agradable perfume. Apto para todo tipo de cabelo. Dermatoloxicamente testado.

XEL SÓLIDO ALOE

VERA belle

Limpeza delicada, mesmo para peles sensibles.

Equivale a un xel de baño de 600 ml. Hipoalerxénico.

Un para todos

VALE

Desconto nesta revista

Boca sa e fresca

DENTÍFRICO

BRANQUEADOR

Textura con micropartículas e aroma fresco que axudan a manter a brancura sen danar o esmalte. Testado baixo control odontolóxico.

BÁLSAMO REPARADOR UNIVERSAL belle

Coida, rexenera e hidrata a pel. Con manteiga de karité, aceite de améndoas doces, alantoína, extracto de macela e bisabolol.

ráp r ida a a d p

Pódeo usar toda a familia (nenos, a partir de 3 anos). Hipoalerxénico.

Arrecendo fresco e limpo

DESODORIZANTE UNISEX DERMOSENSE belle

Con mineral de alume, aloe vera e glicerina. Sen alcohol. 24 horas de protección. Hipoalerxénico.

o último

PATACAS EROSKI

As túas patacas perfectas, listas nun intre!

Descubre as novas patacas EROSKI. Listas en tan só uns minutos, cun sabor irresistible e unha textura perfecta. Ademais, son baixas en sal e sen graxa de palma. Cociñalas é ben fácil, e comelas é aínda mellor!

Goza da pataca que mellor se adapta ao teu gusto:

Pataca corte tradicional (2,5 kg.)

O clásico corte groso para unha textura perfecta.

Pataca corte fino (1 kg.)

Finas e douradas, ideais para quen busca lixeireza e sabor.

Fala Coosur para

COOSUR SQUIZZ SALTEO E COLLEITA TEMPERÁ

Un toque extra de sabor para as túas receitas

Coosur Squizz chega á túa cociña para espertar o chef que levas dentro e elevar o sabor dos teus pratos co mellor aceite de oliva virxe extra.

Usa Colleita Temperá para salientar o sabor das túas torradas, ensaladas ou para lles dar o toque final aos teus pratos co seu aroma e frescura inconfundibles.

Para cociñar, Salteo será o teu mellor aliado: o seu sabor suave e equilibrado é ideal para guisar, saltear ou fritir. Dous aceites, unha chea de posibilidades na túa cociña!

PRATOS ORIENTAIS

Sabor asiático

sen saír da casa

Leva o celme da cociña asiática ao teu fogar cos novos pratos orientais

EROSKI. Tres receitas inspiradas nos sabores máis auténticos, perfectas para quen busca novos sabores fáciles de preparar.

POR QUE PROBALOS?

Listos en poucos minutos: o yakisoba con polo quéntase no microondas, mentres que as gyozas e os rolos é mellor tomalos cociñados na tixola.

Inclúen a súa salsa orixinal para unha experiencia aínda máis auténtica.

Calidade e sabor coa confianza de EROSKI.

Yakisoba con polo Fideos salteados con polo, verduras e un toque de salsa de soia. Listos en minutos; só quentar e gozar.

Rolos de primavera Con recheo de verduras e acompañados da súa clásica salsa. Dóuraos na tixola cun chorriño de aceite de oliva e quedaranche crocantes por fóra e zumarentos por dentro!

Gyozas de polo Delicadas empanadillas xaponesas recheas de polo, listas para dourar na tixola e gozar coa súa salsa de soia.

ARROZ CON SEGREDO IBÉRICO

Un arroz sobresaínte

nun abrir e listo!

Unha receita creada xunto a Bo de Debó, fabricante líder do mercado, que combina o arroz coa tenrura do segredo ibérico e o toque inconfundible dos cogomelos.

Listo para quentar no seu envase apto para microondas, é perfecto para quen busca unha comida rica e sen complicacións, xa sexa na casa ou na oficina. Pódelo tomar ao momento, gardalo na neveira e ata conxelalo sen abrir para o teres sempre á man. Un prato práctico e delicioso. Só quenta e goza!

Elixe o teu agasallo ... E, ademais, sorteo!

Como consigo

O AGASALLO?

Ser de EROSKI club.

2 Apuntarte á promoción ao pasar por caixa ou a través do QR

3 Alcanzar un gasto de 25 € en máis de 70 marcas durante marzo e abril.

1 de marzo

Bótalles unha ollada a algunhas das 70 marcas con PREMIO que atoparás nas nosas tendas. Grazas a EROSKI Club, só por mercares algunha delas, podes conseguir UN AGASALLO e participar no SORTEO dunhas vacacións para toda a vida.

4 Recibirás un código. Introdúceo en travelclub.es/eroskiregalo/ e elixe o teu agasallo (1) .

TORRADOR

JATA

XOGO DE TIXOLAS MAGEFESA

COITELO ARCOS

Ademais, participa no SORTEO

Se te apuntaches á promoción, por cada 5 € de compra nas marcas, consegues unha participación automática para o SORTEO dunhas VACACIÓNS PARA TODA A VIDA. Se gañas, conseguirás 3,6 millóns de puntos Travel Club para trocares por viaxes gratis ou polo que queiras do catálogo.

(1) Promoción válida do 01/03/25 ao 30/04/25. Se cumpres cos requisitos (apúntaste e alcanzas un gasto de 25 € nas marcas participantes), recibirás un código por e-mail, SMS ou ao pasares por caixa, para cambiar o teu agasallo. Regalos suxeitos a variacións de catálogo. *Sorteo valorado en 3,6 millóns de puntos Travel Club, que se lle ingresarán ao/á gañador/a para trocar por viaxes ou polo que queira do catálogo Travel Club. Consulta condicións en eroski.es/sorteo-club/

de abril Que marcas participan?

AFORRA COA TARXETA OURO

Que vantaxes ofrece?

Coa túa Tarxeta Ouro aforrarás un 4% máis en todas as túas compras en EROSKI en alimentación, fogar, gasolina, gasolineiras, xoierías, na nosa tenda online e ata nas ópticas!

MÁIS EN TODAS AS TÚAS COMPRAS %

Como funciona?

Aforra un 4% en todas as túas compras en EROSKI pagando unha cota de 4,99€/mes.

Amosa a túa tarxeta Ouro ao pasares por caixa e automaticamente ingresaráseche o aforro na túa tarxeta EROSKI club.

Cambia o saldo acumulado cando e como queiras.

Faite OURO e próbaa gratis os dous primeiros meses. 2 meses

Gratis 2 meses de cota (1) Non require permanencia. Acumulable ao resto de vantaxes, ofertas, promocións e aforros.

Desconto en todo EROSKI Suma ao resto de promocións e ofertas.

(1) Para todas as novas altas realizadas ata o 30 de abril do 2025. atúaTarxeta ORO ofertas

E moitas máis!

Atención a persoas con enfermidades DEXENERATIVAS

En EROSKI estamos firmemente comprometidos coa mellora da calidade de vida das persoas con enfermidades dexenerativas. Párkinson, esclerose múltiple, alzhéimer ou enfermidades neuromusculares

están cada vez máis presentes na nosa sociedade, lembrándonos a importancia da investigación, do apoio e da solidariedade.

A través do noso Plan Solidario, colaboramos con entidades do teu contorno máis próximo,

Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia). O programa de atención a persoas cunha enfermidade neuromuscular consiste na realización de terapias físicas e na intervención asistida con animais de xeito continuado, individual, respectando o tipo de enfermidade e a súa fase evolutiva.

Asociación de Esclerose múltiple de Ibiza e Formentera (AEMIF). Mediante o programa de Terapia Ocupacional, poténcianse e rehabilítanse as actividades da vida cotiá (vestirse, comer...) para que os enfermos as poidan volver realizar ou, polo menos, as poidan intentar facer durante o maior tempo posible.

Fundación Esclerose Múltiple

Eugenia Epalza Fundazioa

A través dos centros de rehabilitación integral en cada provincia, o seu modelo de atención especializada para persoas con esclerose múltiple pretende acadar unha maior autonomía, participación e calidade de vida das persoas, as súas familias e o seu contorno laboral.

que traballan para melloraren a calidade de vida de quen convive con estas enfermidades, impulsando proxectos de atención, investigación e acompañamento para os pacientes e as súas familias.

Fundación Pasqual Maragall

Esta Fundación investiga para lle atopar unha solución ao alzhéimer e para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e a dos seus familiares, poñendo o foco na detección precoz e na prevención da enfermidade.

DÁLLE AO

DALE AL

ABRIL

Axuda a persoas con enfermidades dexenerativas Ayuda enfermedades degenerativas

viaxes

PUGLIA O segredo mellor gardado de ITALIA

No “tacón da bota” italiana, Puglia é un fascinante tesouro agochado que combina historia, cultura, gastronomía e paisaxes de fantasía. Dende as súas praias bañadas polo Adriático e o Xónico ata as súas encantadoras vilas de pedra, pasando por unha cociña que namora, Puglia é un destino imprescindible. Reserva na túa axencia de viaxes azulmarino e leva un 5% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club. E lembra que a túa axencia de viaxes azulmarino ofrece saídas, de xuño a setembro, dende Asturias, Bilbao, Madrid, Valencia, Vitoria e Zaragoza.

Historia e cultura

Ao longo dos séculos, Puglia foi fogar de gregos, romanos, normandos, bizantinos e españois, o que deixou pegada nas súas tradicións e na súa fisionomía. Un dos sitios máis icónicos da rexión é Alberobello, famoso polos seus trulli, vivendas de pedra con teitos cónicos que parecen sacadas dun conto de fadas e que son Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

APraias de fantasía

Con máis de 800 quilómetros de costa, Puglia ofrece longos areais dourados e calas agochadas entre cantís. A costa adriática alberga xoias como Polignano a Mare, unha vila empolicada sobre un acantilado, con pequenas praias de seixos e augas cristalinas, ideais para nadar e mergullarse. E na costa xónica, Punta Prosciutto é unha das praias máis fermosas, con area branca e augas turquesas, que lembra as do Caribe.

Gastronomía apuliana

Sinxela pero deliciosa, a cociña da Puglia é o berce da cucina povera, que aproveita ao máximo os produtos frescos da terra e do mar. Entre os seus pratos máis sobranceiros están as orecchiette, unha pasta artesanal en forma de pequenas orellas, servida con brócoli e allo ou con salsa de tomate e queixo ricotta. En canto aos viños, a rexión destaca con variedades como o Primitivo di Manduria e o Negroamaro, tintos intensos e con carácter que acompañan perfectamente calquera comida.

Vilas con encanto

Amais de Alberobello e Lecce, Puglia está inzada de viliñas que parecen detidas no tempo: no cume dun outeiro, Ostuni,

coñecida como “a Cidade Branca” polas súas ruelas estreitas e casas encaladas, ten as vistas máis espectaculares do mar Adriático; Monopoli, co seu porto pesqueiro cheo de barcas de cores e as súas rúas empedradas, ofrece unha vibrante vida nocturna; e Matera é famosa polos seus sassi, antigas vivendas escavadas na rocha, habitadas durante milleiros de anos.

Actividades e experiencias

Os amantes do sendeirismo poden explorar o Parque Nacional do Gargano, unha vasta área de fragas, cantís e praias virxes. Os afeccionados á bici poden percorrer a rexión por rutas que atravesan oliveirais centenarios e viñedos. E para os máis aventureiros, o mergullo e o esnórquel nas covas mariñas da costa ofrecen unha experiencia única.

Unha viaxe inesquecible

Se estás a buscar un destino que combine cultura, aventura e relax, Puglia é a elección perfecta. Prepárate para te namorares deste recanto do Mediterráneo que segue a ser un dos segredos mellor gardados de Italia.

Reembolso a

á túa tarxeta EROSKI club 5 %

Reserva na túa axencia de viaxes azulmarino e leva un 5% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 30 de abril do 2025, no destino seleccionado.

En azulmarino reserva de xeito seguro e flexible

FACEMOS EROSKI

Renovamos o noso compromiso coa SEMANA MARES

PARA SEMPRE

Un ano máis, EROSKI participa na “Semana Mares para Sempre”, unha iniciativa do Marine Stewardship Council (MSC) que se celebra anualmente dende o 2018 para concienciar os consumidores sobre a importancia da pesca sostible e da protección dos océanos. Durante a “Semana Mares para Sempre”, que terá lugar do 31 de marzo ao 6 de abril, MSC organizará diversas accións enfocadas a concienciar aos consumidores e ensinar como poden ser sostibles nas súas eleccións de compra de peixe.

Dende a nosa primeira participación, en EROSKI demostramos un firme compromiso co Selo Azul MSC, que certifica a sustentabilidade dos seus produtos pesqueiros. En recoñecemento a este labor,

fomos galardoados na terceira edición dos Premios Mares Para sempre, no 2023, na categoría “Peixarías Certificadas MSC”, polo noso destacado labor no fresco por xunto con Selo Azul, moi vinculado á frota vasca certificada. Ademais, a finais do 2024, lanzamos a primeira lata de atún claro en conserva en aceite de oliva de marca propia con certificación no mercado español. novas

RECOÑECEMENTO AO NOSO SISTEMA DE ALMACENAXE

Observatorio de Innovación en Gran Consumo 2024

O Observatorio de Innovación de Gran Consumo (OIGC) do Institut

Cerdà recoñeceu o innovador sistema de almacenaxe

IBERDROLA E EROSKI: xuntos para reducir a pegada de carbono

Iberdrola e EROSKI deron un paso máis na súa colaboración para reducir a nosa pegada de carbono grazas a diferentes solucións de electrificación. A través dunha auditoría enerxética, Iberdrola asesóranos para acometer os mellores proxectos de eficiencia baseándose nos consumos e instalacións. Este novo acordo supón unha mostra máis do compromiso de ambas as dúas compañías por avanzar na transición enerxética.

AutoStore de EROSKI como un dos vinte mellores proxectos de transformación do sector no 2024. AutoStore é un sistema robótico de almacenamento e xestión de pedidos que implementamos xunto a Smartlog na plataforma loxística de Son Morro (Palma) e que permite optimizar a reposición de produtos en tendas, asegurando que todos estean dispoñibles de xeito constante e evitando o exceso de stock. O director de Plataformas de EROSKI, Alfonso Muñoz, e o director de EROSKI en Baleares, Alfredo Herráez, destacaron que a posta en marcha de AutoStore “supón un avance que non só reforza o compromiso da compañía coa innovación e a excelencia na distribución, senón que tamén posiciona a EROSKI como referente na aplicación de solucións tecnolóxicas no sector de gran consumo”.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
EROSKI_ABRIL_2025_GALLEGO by eroski - Issuu