Terra Brava 32

Page 6

RELIXIÓN PRIMARIA Damón e Pitias viviron hai moitos anos en Siracusa, unha antiga provincia grega. Os dous eran moi amigos dende nenos. Siracusa estaba gobernada por Dionisio, un rei tirano e cruel que trataba moi mal os seus habitantes. Damón denunciou públicamente estas inxustizas. Dionisio mandou deter a Damón e pediu que o levasen ante el. Pitias acompañou o seu amigo. - Eu son o teu rei todopoderoso, criticáchesme e morrerás por iso. Tes un último desexo? - dixo Dionisio. - Si. Déixame ir a miña casa para despedirme da miña familia – pediu Damón. - Non pode ser, porque se te deixo ir, non volverás – contestou o rei. Daquela, o seu amigo Pitias adiantouse e dixo: -Eu serei a súa garantía. Retenme a min como prisioneiro ata o seu regreso. - Moi ben – dixo o rei -. Acepto. Pero se Damón non volta en sete días, ti morrerás no seu lugar. Damón marchou para a súa aldea, e Pitias foi encarcerado. Pasaron seis días, e como Damón non aparecía, Dionisio díxolle a Pitias: - O teu tempo remata. De verdade criches que o teu amigo voltaría? - Regresará a tempo. Creo na súa palabra como na miña vida – contestou Pitias O sétimo día, cando xa Pitias era conducido ante o verdugo, chegou Damón, deu unha aperta e explicou: - Unha tormenta retívome, por iso non puiden vir antes. Xa estás a salvo. Entón, o rei, abraiado, declarou: -Xamais crin que puidese existir unha amizade tan grande. A sentenza queda anulada. Sodes homes libres, pero a cambio, pídovos que me ensinedes a ser o voso amigo. William J. Bennet: Amistad. Ed. Vergara.

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Terra Brava 32 by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu