
3 minute read
O Principal presenta a súa
from Barrios 189
by BarriosOU
Axenda Ata Final De Ano
4 Unha aposta variada con teatro, música, danza, cinema, poesía ou humor.
Advertisement
Redacción
O vicepresidente segundo provincial, César Fernández; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e a directora do teatro, Olga Mojón, presentaron a programación semestral do Teatro Principal de Ourense, unha aposta variada con teatro, música, danza, cinema, poesía ou humor.
Olga Mojón foi a encargada de presentar o conxunto de actuacións xa programadas, que inclúe obras de teatro de primeiro nivel, xunto a concertos e citas plenamente consolidadas como o OUFF, as proxeccións do Cineclube Padre Feijóo, o Festival de Blues, Voces Femeninas, o Festival Internacional de Teatro de Ourense ou o programa familiar “Nadal en familia”.
Oferta
A programación do segundo semestre de 2023 comeza o 14 de setembro coa obra “La isla del aire”, coa icónica Nuria Espert. Ademias, outros eventos a ter en conta nestes seis meses de 2023 serán: 4º Festival de Poesía “Imos ter máis que palabras” (16 de setembro); “Made in Galiza”, de Sarabela Teatro (21, 22 e 23 de setembro -estrea-); concerto de Kammer Philharmonie (29 de setembro); “La tarara” (21 de outubro); concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia (25 de outubro); concerto de “Óyeme bien” (27 de outubro); “Berro”, espectáculo de Nova Galega (28 de outubro); “Meixeverso”, monólogo de Pablo Meixe (4 de novembro); “Búho”, montaxe da Titzina Teatro (5 de novembro); concerto de Je Veux Vivre (18 de novembro); “Constante”, adaptación de Calderón de la Barca (19 de novembro); “Ay, Carmela” (25 de novembro); “Hamelin”, adaptación de Redrum Teatro ao galego do texto de Juan Mayorga (1 de decembro); concerto da Real Filharmonía de Galicia (15 de decembro); Chicago Mass Choir: A spiritual celebration to B.B. King (20 de decembro); ou o concerto de Nadal da European Sinfónica Orquesta (22 de decembro). programación dará comezo o 14 de setembro coa obra “La isla del aire”, con Nuria Espert

Ruth Vidal gaña o Certame de Artes Plásticas da Deputación
4 Presentáronse 276 obras procedentes de 12 países.
Redacción madrileño Jorge Fernández Valdés, pola súa obra “Ensamble pictórico 8 sobre prisma de mármol negro”, que combina pintura e escultura; mentres que o terceiro premio, con 2.000 euros de dotación, recaeu en Nerea Cordeiro Cerviño, pola peza “Ciudades Telaraña”, un traballo onde combina o debuxo coa instalación adaptada ao espazo expositivo.
A arousá Ruth Vidal Suárez resultou gañadora da 17ª edición do certame de artes plásticas da Deputación de Ourense para novos creadores coa súa obra “Lugar de lugares”, un traballo que mistura pintura e instalación e que reflexiona sobre a paisaxe, tanto natural como artificial. Ruth Vidal, que recibirá un premio de 5.000 euros, impúxose nunha edición á que se presentaron 276 obras procedentes de 12 países distintos.
Este carácter internacional do certame permitiu a presentación de traballos procedentes de Arxentina, Cuba, China, Colombia, Chipre, Francia, Italia, Kazajistán ou Suíza, ademais de gran parte da xeografía española. Os artistas deben ser menores de 35 anos.
Verónica Vicente co vídeo “(Des)Vestirse” e Andrés Rivas Rodís coa pintura “El discurso del rostro” resultaron galardoados con dous accésits dotados con 1.000 euros cada un deles.
Exposición
Fernández, Mojón e Sutil presentando a programación do Principal.
Festa do Chuletón en Melias
Redacción
Melias ofrece un evento gastronómico que promete satisfacer todo padal que se precie. A Festa do Chuletón terá lugar o luns, 14 de agos- to, a partir das 21.30 horas en Santa María de Melias, Pereiro de Aguiar. Ademais da experiencia gastronómica, tamén haberá espazo para os máis pequenos, xa que desde as 14.30 horas, os xogos infantís estarán presentes.

Menú
Os suculentos chuletóns (de 650 gramos que se pode compartir) virán acompañado dunha deliciosa empanada, pementos, ensalada, pan, veu e auga. O prezo do menú será de 30 euros, e o menú infantil (churrasco, empanada, pan, refresco e auga) ten un prezo de 12 euros.
Inscrición
A data límite para inscribirse na Festa do Chu-
O segundo premio do certame, dotado con 3.000 euros, foi para o letón é o xoves, 10 de agosto. Pódese reservar lugar e adquirir os tiquets a través de Whatsapp ao número 676 014 590 (o pagamento pódese facer por bizum indicando nome, menú e comensais). Tamén se poden mercar directamente no Local Social da Asociación Santa Maria de Melias.
Ademais dos premiados, o xurado fixo una selección dun total de trinta obras entre as 276 presentadas para conformar una exposición, que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires de mediados de setembro, data na que se fará entrega oficial dos premios.
OCIO / CLASIFICADOS
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco
Nº189 - Ano: XVI - 21 de xullo de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.
Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.