
3 minute read
Ciclo de música “Mar aberto, concertos na fin da terra”
from Barrios 189
by BarriosOU
4 Durante este mes de xullo a música estará moi presente no litoral galego.
Redacción
Advertisement
A Xunta de Galicia presenta o ciclo de música “Mar Aberto. Concertos na fin da terra”, unha experiencia máxica que está a ter como escenarios algúns dos recunchos máis bonitos e impresionantes da costa galega.
Trátase dun ciclo de concertos íntimos con capacidade limitada e unhas proposta artísticas deseñadas para cada espazo, e que permiten gozar de actuacións únicas e irrepetibles.
Un arsenal militar, a luz dun imponente faro, unhas impresionantes vistas sobre a ría ou unha espectacular posta do sol sobre o Atlántico, son algúns do momentos que se viven neste “Mar Aberto”.
En definitiva, unha fusión perfecta entre patrimonio, paisaxe, cultura, gastronomía e música: unha experiencia inesquecible para os cinco sentidos.
Nestes eventos, o compromiso coa contorna é unha prioridade e, por iso, cada detalle do festival está pensado para reducir o impacto ambiental e facilitar a accesibilidade
Durante a presentación do evento, Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, explicou que este ciclo de concertos Festival Mar Aberto - Festival Mar Aberto, que conta coa colaboración da productora Jarabe, é unha continuación dos Concertos na Fin do Mundo, concibidos como unha experiencia musical e turística diferente no marco da celebración do Xacobeo 21-22. Para esta edi- ción contase con catro localizacións diferentes que teñen como referente próximo un faro da costa galega ou espazo de beleza singular. “Son concertos de formato intimista en contornas singulares, o que os converte en eventos moi especiais, únicos”, indicou a directora de Turismo de Galicia.

Ciclo
Co obxectivo de facer un ciclo de concertos en espazos singulares e coa sostibilidade como elemento transversal, celébranse estos catro concertos durante este mes de xullo. O primeiro deles tivo lugar no Arsenal Militar de Ferrol, os pasados 7 e 8 de xullo coa actuación de Amaro Ferreiro,
Julieta Venegas, Eva B e Alice Wonder, entre outros. Para a fin de semana do 14 e 15 de xullo terán lugar no Faro Cabo Silleiro (Baiona), onde actuarán Ses, Monopolius Dop e Russ dj (o venres 14) e Lynn Milanés, Catuxa Salom e Rapariga dj (o sábado 15).
Os días 21 e 22 de xullo no Faro Punta da Barca (Muxía) actuarán Fillas de Cassandra, Freedonia e Señora dj (o día 21), e Mísia, Cora Velasco e Rapariga dj (o sábado, 22 de xullo).
E para rematar este ciclo, a derradeira fin de semana de xullo, os días 28 e 29 de xullo actuarán no Faro de Corrubedo (Ribeira), The Gift, Sheila Patricia e Señora dj (o venres día 28), e Blanca Paloma, Allova e Rapariga dj (o sábado, 29 de xullo). As entradas son de balde, e pódense facer as reservas en www.woutick.es.
Mobilidade e sustentabilidade
Mar Aberto é un festival único que permite gozar da música, a natureza, a paisaxe e o patrimonio nalgúns dos recunchos máis bonitos da costa galega, lugares incriblemente máxicos.
Nestes eventos, o compromiso coa contorna é unha prioridade e, por iso, cada detalle do festival está pensado para reducir o impacto ambiental e facilitar a accesibilidade; a colaboración de todos é imprescindible para logralo.
A derradeira fin de semana de xullo actuarán no Faro de Corrubedo (Ribeira), The Gift, Sheila Patricia e Señora dj (o venres día 28), e Blanca Paloma, Allova e Rapariga dj (o sábado, 29 de xullo)
14 Barrios 21 de xullo 2023
4axenda
Musica
- Sábado 22 de xullo
- 21.00 h Mad Mission22 h Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón
- Mosteiro San Salvador (Celanova).
- Luns 24 de xullo21.30 horas - Cuarteto Par de Par - xardíns do Museo do Coiro de Allariz.
- Luns 24 de xullo24.00 horas - O Sonoro
Maxín - xardíns do Museo do Coiro de Allariz.
Teatro
- Visitas Teatralizasrúas de Pazos de Arenteiro, sábado 22 de xullo; Couto Mixto en Calvos de Randín, martes 25 de xullo; Mosteiro de Montederramo, sábado 29 de xullo; Ínsua dos Poetas, domingo 30 de xullo.
Deportes
- Sábado 29 de xulloCopa Deputación hípica (andadura e trote) - Sandiás.
- Sábado 29 de xullo
- Gran Premio Astrot de hípica - Sandiás.
- Do 31 de xullo ao 4 de agosto - Campus de fútbol mixto Concello de Allariz - Allariz.
Exposicións
- Ata o 24 de xullo
- “Tres xeracións, tres miradas” de Joaquín
Moldes, Sandra Moldes e Raisa Paz - Centro Cultural Marcos Valcárcel.
- Ata o 28 de xulloexposición de debuxos de Elvira Camba - Casa da Cultura (Allariz).
- Ata o 20 de agosto“O esplendor das flores” de Rosa Elvira Caamaño
- Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Outros
- Días 28 e 29 de xullo
- todo o día - Batucada
Verín 2023 - Verín.
- Domingo 30 de xullo
- 20.30 horas - Festival de Danza e Movemento
- Praza do Matadoiro de Allariz.
- Domingo 30 de xullo
- a partir das 12 horasXoldra de Aguiar - Campo dos Gozos (O Pereiro de Aguiar).
- Domingo 30 de xullo
- 20.30 horas - Festival de Danza e Movemento www.periodicobarrios.com
- Praza do Matadoiro de Allariz.