1 minute read

Nova campaña de Aever para o fomento do comercio local de Verín

4

Redacción

Advertisement

Unha nova campaña para fomentar as compras nos comercios de Verín está prevista para agosto. Santos Álvarez e Xosé Ángel Rodicio, presidente e xerente de Aever, respectivamente, ademais da concelleira de Comerco, María Isabel González, presentaron a campaña que ten por lema "Móllate polo comercio".

Nunha época, a estival, na que as vendas para o sector comercial é das mellores, a Asociación de Empresarios de Verín (Aever) queren agradecer a confianza dos clientes con actividades que se desenvolverán o vindeiro venres, 4 de agosto. Ese día instalaranse tres tobogáns de auga en función da idade. A "Zona Extrem" será un mega tobogán de 14 metros de altura, 40 de longo e 10 de ancho (para xóvenes e maiores); este estará ubicado na praza Maior. A Zona Media será un tobogán de

7 metros de altura, por 24 de longo e 7 de ancho (ubicado na praza do Concello será apto para xóvenes). E a Zona Peques contará con dous tobogáns instalados na praza da Merced (un de 4,5 metros de alto e outro máis pequeno de 10 metros de longo). Con estas tres zonas de tobogán búscase atraer ao público de todas as idades.

Festa da espuma

Ademais, na praza Maior, haberá nunha zona acotada un inchable (de 12x12 metros) onde se fará a Festa da Espuma. Por idades, distribuíranse en catro horarios. Os peques de 3 a 10 anos participarán de 17:30 a 18:30 horas e de 19:30 a 20:30 horas; de 11 anos en adiante no horario de 18:30 a 19:30; e para xóvenes e adultos de 20:30 a 21:30 horas.

Tiquets

Para poder participar nestas actividades teñen que conseguir os tiquets

This article is from: