
5 minute read
“Visión cero” en Galicia para reducir ao mínimo as vítimas de accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade segura
from Barrios 189
by BarriosOU
4 Mediante o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025.
Redacción
Advertisement
A Xunta ten como piar esencial das intervencións no ámbito da seguridade viaria acadar unha mobilidade segura e sostible no entorno das estradas.
O Goberno galego está a priorizar a seguridade dos peóns e ciclistas con máis de 250 quilómetros de sendas executados nos últimos seis anos nas marxes das estradas autonómicas.
A rede de sendas executadas vaise estender máis alá das estradas porque, a través dos investimentos dos fondos Next Generation, estanse a impulsar nas contornas das grandes cidades eixes de mobilidade sostible. Así, acometeranse itinerarios na cidade de Ourense para conectala de norte a sur, ao unir a intermodal coa Ponte Vella e completando a senda do Barbaña. Tamén se construirá un gran itinerario peonil e ciclista en Santiago de Compostela, unindo O Milladoiro coa intermodal, os hospitais e San Caetano; ou en Pontevedra, conectando con Marín a través da mellora integral na estrada autonómica PO546.
A todo isto, cómpre sumar unha liña de acción novidosa que se está a desenvolver e que pretende
“Visión cero” busca diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías, e en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas mellorar a seguridade de 1.100 paradas de autobús situadas en estradas autonómicas cun investimento previsto de arredor de 35 millóns de euros.
“Visión Cero”
O novo Plan de seguridad vial de Galicia 20222025 busca no horizonte, mediantes as medidas que desenvolverá o plan, a redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de maneira que nos aproximemos a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico.
O novo plan contou coa colaboración das administracións implicadas e coa participación de diversos axentes sociais, que aportaron a súas suxerencias, ademais de someter a consulta e participación pública para que toda a sociedade puidera facer aportacións.
A “Visión Cero” está presente como obxectivo deste Plan de Seguridade Viaria. De acordo ás tendencias globais na materia, perséguese alcanzar a eliminación de falecidos e feridos graves provocados polos sinistros de tráfico no ano 2050. Con este horizonte, o Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025 establece un ambicioso obxectivo de redución da sinistralidade, do que se fará seguimento anual.
Metas
Entre todas elas, o programa recolle dúas metas estratéxicas. Por unha banda, busca diminuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías, con respecto a 2019. Pola outra, intentar reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoristas.
Co fin de acadar estes obxectivos, o Goberno galego ten en marcha distintas accións específicas que abarcan todos os ámbitos que afectan á seguridade viaria como son a mellora das infraestruturas, a promoción da educación e formación viaria, o bo estado do vehículo ou a priorización da seguridade viaria no lugar de traballo.
Seguridade
Unha das actuacións que ten en marcha a Xunta de Galicia é a eliminación de tramos de concentración de accidentes. Para isto, o Executivo ten asegurado un orzamento de máis de 20 millóns de euros para continuar progresando nestas intervencións nos vindeiros anos. Galicia é a única Comunidade Autónoma que conseguiu que os fondos europeos FEDER financien este tipo de actuacións. Grazas ás obras levadas a cabo no marco desta estratexia de supresión de concentración de accidentes (que conta cun investimento de 16,8 millóns de euros) permitiu reducir un 60% a sinistralidade nestes puntos.
Un total de 119 interseccións, a construción de 24 novas rotondas ou a mellora de 138 pasos de peóns foron as intervencións en todos os treitos identificados como de concentra- ción de accidentes. Cabe destacar, tamén, as obras específicas de eliminación de obstáculos en estradas, que teñen por obxectivo conseguir estradas “que perdoan” os erros dos condutores e dar unha segunda oportunidade de volver á calzada.
Conservación
A conservación das estradas autonómicas tamén é unha liña de acción fundamental para a Xunta. Desde o ano 2016 ten en marcha o Plan de reforzos de firme cunha partida anual duns 20 millóns de euros de media, e que serve para avanzar na mellora e conservación das vías da súa titularidade. Isto supón, que en seis anos o Goberno galego investiu máis de 115 millóns de euros para mellorar os firmes das estradas autonómicas, garantindo a súa conservación e reforzando a seguridade viaria e a comodidade nos desprazamentos dos usuarios. Ademais, unha partida específica de 4,1 millóns de euros puxo en marcha un programa pioneiros que conta cun sistema de inspección e xestión de obras de paso, muros e noiros.
Concienciación
Todo isto se consegue coa suma de esforzos de todos, tanto as Administracións públicas como os cidadáns. Actuacións e iniciativas de concienciación son esenciais.
Co obxectivo de promover os hábitos seguros nas estradas, activouse unha campaña de conciencia- ción que lle recorda aos peóns e aos condutores a fraxilidade dos usuarios vulnerables nas vías.
A campaña, desenvolvida con anterioridade, utiliza como recurso unhas figuras con estética de Sargadelos coas que se mostra aos cidadáns que os peóns ou ciclistas son usuarios fráxiles nas estradas.
A iniciativa lémbralle, entre outras recomendacións, aos peóns a importancia de facerse ver con prendas reflectoras; de camiñar pola esquerda da estrada sempre que non exista senda ou beirarrúa; ou de escoller o lugar máis seguro para cruzar.
Campañas de concienciación para fomentar as actitudes responsables nas estradas, tanto entre os condutores como entre os peóns ou os ciclistas foron promovidas polo Goberno autonómico. Algunhas delas desenvolvéronse con éxito, como iniciativas para sensibilizar da necesidade de evitar distraccións como o móbil na condución; ou de deixar sempre metro e medio de distancia con respecto aos ciclistas. Cos nenos buscáronse actividades divulgativas e de concienciación como foi a campaña ‘O corazón está do teu lado’, na que se aprendeu a empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.
O Goberno galego está a priorizar a seguridade dos peóns e ciclistas con máis de 250 quilómetros de sendas executados nos últimos seis anos nas marxes das estradas autonómicas
Xoldra de Aguiar
Redacción
O vindeiro 30 de xullo, xoves, celébrase no campo dos Gozos (O Pereiro de aguiar) a “Xoldra de Aguiar”. Trátase dun evento destinado a un público familiar.
A sesión vermú (12.30 horas) contará con Os do fuelle, un grupo de acordeonistas de Maceda. Durante a hora de xantar haberá unha pulpeira.
Os máis cativos terán actuacións e animacións da man de A run run con xogos, enredos e música.
O prezo da entrada (a adquirir na web ataquilla. com) será de 15 euros, sendo de balde para os cativos de 0 a 10 anos. Cinco euros de cada entrada irán destinados ao Banco de Alimentos do Pereiro (mercarese produtos alimenticios en establecementos do concello). O aforo ao recinto podería superar os 2.000 asistentes.
Concertos Xa pola tarde chegan dous concertos; o primeiro deles correrá a cargo de Brinkadelia Troupe -sobre ás 18.30 h- para cederlle o escenario a Lamatumbá, que actuará sobre ás 22 h.
Animación á lectura
Redacción
Comezou o programa de animación á lectura ‘Ler conta moito’ en Ourense. O programa desenvolverase a través das bibliotecas públicas municipais da Ponte, San Francisco e A Carballeira durante os meses de xullo e de agosto. Está dirixido ao público infantil -entre 2 e 12 anos-, pero está aberto a persoas de todas as idades. As actividades son de balde e comezarán ás 11.00 horas.
Este venres día 21 e o xoves 27 terá lugar na biblioteca da Ponte; o venres 28 en San Francisco. En agosto os mércores 9 e 23 será na Carballeira.
Atraccións e música nas Festas da Ponte 2023
4 Terán lugar do 22 ao 25 de xullo.
Redacción