4 minute read

A “Batucada Verín” traerá unha batalla de batucadas

4 Terá lugar os días 28 e 29 de xullo con actividades para todos os públicos.

Redacción

Advertisement

realizando compras nos establecementos asociados. Os mesmos canxearanse na carpa de Aever situada na praza Maior. Os interesados deberán entregar 10 tiquets máis 2 euros, que se canxearán por unha pulseira e terá acceso a todas actividades, tanto tobogáns coma festa "Holi-espuma" durante toda a tarde.

A carpa estará aberta unha hora antes do inicio das actividades. Na paxina web da asociación disporán dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas.

Milleiros de persoas reuniranse arredor da música, o baile e a diversión que traerá consigo a "Batucada Verín 2023" prevista para os días 28 e 29 de xullo. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, desde desfiles infantís e concertos ata festa da espuma; ademais, este ano, como novidade, unha batalla de batucadas.

A presentación da programación oficial correu a cargo da concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira, xunto a Javier M. Quintas, xerente da empresa verinesa Elogo Delivery, patrocinadora do evento.

Programa

O venres pola maña dará comezo, ás 11.00 horas, as actividadades co desfile infantil da ludoteca municipal, coa temática do mar e o mundo mariño; partirá do Colexio Amaro Refojo e pasará pola praza do Concello ata chegar á praza García Barbón.

Pola tarde, de 16:30 a 19:00 horas, a festa trasladarase á praia fluvial do río Támega, onde haberá inchables e animación musical. A continuación, ás 19:30 horas, haberá un concerto infantil da man de Gramola Gominola, unha banda de auténtico

Rock&Roll en galego para público cativo.

Como remate da primeira xornada, a noite estará amenizada pola discoteca móbil Enjoy, que porá música e ambiente na praza García Barbón desde as 23:00 ata as 2:30 horas.

Xa o sábado 29, a festa continuará coa xa tradicional festa da espuma, que se celebrará na praza García Barbón de 17:00 a 19:00 horas, coa música de Discomóbil A Gramola. Este ano implementaranse dúas zonas de espuma diferenciadas, unha máis ampla para o público adulto e outra para o infantil.

E o prato forte chegará ás 19.00 horas, momento no que comezará o desfile de batucadas, con saída na García Barbón e cuxo percorrido o levará polas rúas da Cruz, a Mercé, Laureano Peláez e Irmáns Moreno. Será nesta última onde se realizará unha batalla de batucadas; participarán a Banda de Gaitas e as batucadas Latexo, Os Queimatasas e Bloquinho de Xérmolos. O broche final da festa correspóndelle a Discomóbil A Gramola, que actuará na García Barbón desde as 23:30 ata as 2:30 horas.

O desfile será o sábado 29 ás 19 h para, despois, celebrar a batalla de batucadas

Un dos podios do Concurso Territorial de Doma Clási-

A Doma Clásica ten tirón en Ourense

4 O Concurso Territorial contou cunha gran participación.

Redacción

Moi alta foi a participación no Concurso Territorial de Doma Clásica, celebrado no Club Ecuestre de Vilamarín, e que serviu de clasificatorio para o Campionato de Galicia 2023 e das probas da Liga Sureste.

Participantes

Foron preto de 100 as saídas a pista de binomios de clubs hípicos de toda Galicia. Destacaron xinetes e amazonas de Vilamarín, Allariz, Coles, CDEO, Juan Oliveira de Lalín, MP Aitor Manso de Xinzo, Centro Ecuestre Rías Baixas de Vigo, Finca La Abrigosa, etc.

Todos eles mostraron unha grande técnica e deleitaron cuns grandes exercicios a todos o público presente neste concurso territorial.

Vencedores Marina Rivero con Monterrey CDEO (Club Deportivo Ecuestre de Ourense) foi a vencedora en Rider 1, sendo Clara Cofán a gañadora en Rider 2 (tamén con Monterrey do CDEO).

Pola súa banda, Martiño Blanco Guzmán con Cómica -do Club Ecuestre Vilamarín- fíxose coa primeira posición en Rider 3.

Foi unha gran xornada que deixou con moi bo sabor de boca tanto a participantes como a público en xeral, demostrando que a hípica goza de boa saúda na nosa provincia.

4 Vencen na terceira edición do maratón de fútbol sala feminino.

Redacción

O Concello de Cartelle volveu ser o epicentro do fútbol sala feminino coa disputa do 3ª Maratón de Fútbol Sala que tivo lugar do 7 ao 9 de xullo. O polideportivo Piño Vilachá acolleu este maratón no que participaron unha vintena de equipos provintes de Galicia, Cantabria, Castela e León, Madrid e Portugal.

Corenta e oito horas de fútbol sala de gran calibre que deixou enfrontamentos moi vibrantes que contaron con nume- roso público nas bancadas. Unha fase de grupos deu paso ás eliminatorias que comezaron cos oitavos de final e cuartos ata chegar a semifinais e a gran final.

Las Impresentables

Las Impresentables e o Cidade das Burgas chegaron á final por méritos propios. Porén no partido definitivo a maior calidade das primeiras impúxose ao ímpetu das ourensás que nada puideron facer ante un equipo conformado por xogadoras internacionais, que se levaron os 7.000 euros de premio para as campioas do torneo (o premio máis grande dun torneo feminino desta disciplina deportiva).

Na terceira posición rematou un Segolada que venceu a La Fundación. As de Segovia participan esta tempada na Segunda división coa firme intención de ascender a Primeira.

Premios

En canto aos premios individuais, Jimena (Segosala) foi a mellor xogadora do torneo; Kiko (Cidade das Burgas foi a máxima goleadora); e Ana Lastra (Cidade das Burgas) a mellor porteira. Torneo Internacional Como cada verán o Piño Vilachá ademais do maratón acolle un torneo internacional, tamén de fútbol sala feminino. Nesta ocasión a cita terá lugar a fin de semana do 26 e 27 de agosto e os equipos participantes serán o Cidade das Burgas, Ourense Envialia, Futsi e Benfica.

Os días 26 e 27 de agosto Cartelle acolle o 3º Torneo Internacional de fútbol sala feminino

This article is from: