
3 minute read
O REP2 levará a Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón a Celanova
from Barrios 189
by BarriosOU
4 Revólver tamén actuará no mes de agosto no mosteiro.
R.T.
Advertisement
O ciclo Rock Entre Pedra e Poesía (REP2) continúa este ano tralo éxito do concerto de Miguel Ríos, o ano pasado, no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova.
Este ano haberá dúas datas con grupos cunha dilatada traxectoria no mundo do Rock patrio.
As citas serán o sábado, 22 de xullo (Mad Mission e Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón, e o domingo, 20 de agosto (Escuchando elefantes e Revólver).
O prezo das entradas é de 24 euros para unha xornada ou un bono de 40 euros que inclúe as dúas actuacións. As entradas están á venda na web ataquilla.com. Cada concerto terá un aforo dun máximo de 800 persoas.
O REP2 é unha iniciatica de Escena Sonora -organizadora del ciclo- na que colaboran o Concello de Celanova, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. Durante a presentación, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Ga- briel Alén, sinalou que iniciativas como estas "patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música de sempre, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense".
Xullo
Este 22 de xullo, sábado, o claustro acollerá unha velada musical na que participarán Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón, e Mad Mission. Con apertura de portas ás 20 horas, será a partir das 21 horas cando os ourensáns de Mad Mission baixarán o telón desta xornada co seu estilo que toma como referencia a música negra dos anos 60 e 70, dando como resultado unha mestura de funk, rock e soul.
Tralos ourensáns chega un dos artistas máis consagrados do panorama nacional. Javier Gurruchaga, coa Orquesta Mondragón, comezarán a tocar en torno ás 22 horas. Máis de 40 anos na música contemplan a este irreverente artista que deixa en cada actuación humor, parodia, cabaret, blues e, por suposto, moito rock and roll. Un monstruo dos escenarios que nestas máis de catro décadas deixou cancións imborrables como Lolita, El huevo de Colón, Ellos las prefieren gordas, Caperucita feroz, Corazón de neón (todas elas moi recordadas por todos os que imos cumprindo anos dunha maneira demasiado acelerada); e cancións máis recentes: No dispares más, Qué viene Trump!.
Agosto
E para o domingo, 20 de agosto, chegarán as actuacións de Escuchando elefantes (20 horas) e Revólver (21 horas) coa incofundible voz de Carlos Goñi e que conta no seu repertorio Si es tan solo amor, El Dorado ou Faro de Lisboa.
Gurruchaga e La Orquesta Mondragón, e Mad Mission actuarán o sábado 22 de xullo. Entradas en ataquilla.com
O Concello de Ourense organiza por segundo ano consecutivo as Festas da Ponte (ao non contar cunha comisión que as levase a cabo), que se desenvolverán do sábado 22 até o martes, 25 de xullo. Serán catro días de actividades, segundo avanzou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña a presenza de “orquestras top” e festas para a mocidade, atraccións de feira e remate con tirada de fogos artificiais. Neste escenario, subliña o rexedor que “non iamos deixar que neste barrio tan importante de Ourense, o barrio por excelencia, quedase sen festexos".
Polo que, o Concello de Ourense "vainas facer e ímolas facer ao grande. O ano pasado foron unhas boas festas e este ano van ser moito mellores”, asegura Pérez Jácome.
Mesma filosofía
Explica Pérez Jácome que mantense a filosofía de que Ourense "teña grandes festexos, moitos focalizados no centro da cidade, como é o Halloween, o San Martiño, o Nadal ou as Festas de Ourense de fin de curso", para despois ter "catro grandes festas seguindo os puntos cardinais de Ourense, que son norte (A Ponte) sur (Barrocás), leste (O Couto) e oeste (San Francisco), e a maiores, as dos barrios, como recentemente foron as de Santa Cruz Arrabaldo”.
Catro días
Serán un total de catro días de festas que darán comezo o sábado, 22 de xullo coa macro-discoteca Éxtasis (festa da Xuventude) e o grupo Tattoo. O domingo 23, as actuación serán do grupo JB Son e La Banda de ayer. Para o luns 24 terá lugar unha nova festa da Xuventude coa Disco-Móbil A Gramola e a actuación dunha -en palabras do alcalde- das orquestras Top5 a nivel nacional: La Misión. E rematarán as festas da Ponte o martes, 25 de xullo, co grupo Horizon, a orquestra Marbella e a gran tirada de fogos artificiais.
As orquestras non faltarán nas festas da Ponte 2023.
“Music Camp”
Redacción
O complexo do Corgo, en Muíños, acollerá este verán a 5ª edición do campamento xuvenil “Music Camp”. A iniciativa terá lugar entre o 31 de xullo e o 6 de agosto. O campamento está deseñado para rapaces de entre 13 e 17 anos con experiencia demostrable na música. O campamento tamén ofrece kaiak, piragüismo e outras actividades acuáticas, ademais de veladas diarias, xogos nocturnos, festas de disfraces ou campionatos. Esta edición conta con 50 prazas. Inscricións e máis información na web www.lacasadelamusica. es ou no teléfono 647 041 924.