
3 minute read
En verán, "Os
from Barrios 189
by BarriosOU
Redacción
Todos os xoves de xullo e agosto a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás organiza "Os xoves son cultura", actividades lúdicas dirixidas a todos os públicos que amenizarán o solpor de cada xoves (desde as 21 horas). A programación contará con actividades teatrais, musicais, circenses ou cómicas.
Advertisement
En caso de que que a meteoroloxía fora adversa poderanse desprazar ao patio do CEIP Filomena Dato ou ao auditorio da Casa da Cultura Manuel María.
O programa cultural “Os xoves son cultura”, organizado pola Concellería de Cultura, conta coa colaboración da Concellería de Igualdade, a Escola de Música de Barbadás, a Rede de Auditorios de Ourense e a Agrupación de Protección Civil de Barbadás. Este programa foi elaborado pola Concellería de Igualdade, coa colaboración da de Igualdade, a Escola de Música de Barbadás, a Rede de Auditorios de Ourense e a Agrupación de Protección Civil de Barbadás.

Programación
Este xoves, Brañas Folk ofreceu o concerto "Godaxe", e para o vindeiro xoves, 27 de xullo, será o turno da actuación de Circo La Troupe Malabo con "Karpaty". O 3 de agosto actuará En mala hora e o día 10 Circo no Alto chegará co espectáculo "Ser de corda". O xoves día 17 La Finestra actuará coa súa obra "Royal Circ"; o teatro será o protagonista da man de Ghazafelhos coa obra "As minas do rei Salomón" o día 24, e rematará a programación o día 31 de agosto coa proxección da película "Pinocho".
O vindeira cita dos “Xoves son Cultura” será o día 27 de xullo coa actuación de Circo La Troupe Malabo con “Karpaty”
Barbadás actualiza o seu rueiro co Catastro
4 Garante a precisión e actualización do rueiro municipal.
Redacción
O Concello de Barbadás ven desenvolvendo, de forma ininterrompida, desde o ano 2008, unha serie de traballos encamiñados á actualización e mantemento do rueiro municipal. Esta iniciativa, na que traballou con gran implicación a concelleira, Victoria Morenza, e levada a cabo con éxito grazas á colaboración de diferentes departamentos municipais, como o de Padrón e Urbanismo, sitúa ao concello como un dos primeiros da provincia en depurar e coordinar o rueiro coa Dirección Xeral do Catastro.
Novas vías
No inicio deste proceso, realizouse un labor exhaustivo de creación de novas vías debido ao crecemento do municipio, así como a numeración dos inmobles que se atopan fronte a estas rúas en todo o termo municipal. Ademais, renumeráronse diversas rúas como consecuencia dese crecemento urbano, o que requiriu unha actuación necesaria para a correcta identificación das mesmas.
Como resultado, elaboráronse os primeiros planos do rueiro municipal, que non só proporcionaron servizo aos diferentes departamentos do concello, senón tamén ao Instituto Nacional de Estatística e ao Catastro.
Actualización
Unha vez consolidado este avance, no ano 2019 procedeuse á actualización do rueiro na zona norte do municipio, a cal experimentou un notorio crecemento poboacional.
“Esta fase permitiu adaptalo ás necesidades cambiantes da comunidade e garantir a súa precisión e funcionalidade”, explica Morenza.
En 2022, retomáronse os traballos co obxectivo de completar a actualización no resto do concello.
A concelleira destaca que o resultado "é un rueiro plenamente actualizado ata maio de 2023, que reflicte fielmente a estrutura viaria e as súas denominacións no municipio de Barbadás”.
A fase final deste proxecto consiste na coordinación do rueiro coa Dirección Xeral do Catastro, mediante a implementación dun novo formato de intercambio capaz de corrixir e actualizar a base de datos catastral de acordo cos datos proporcionados polo propio Concello.
Goberno Redacción
Esto permitirá que os cidadáns poidan consultar, a través da Sede Electrónica do Catastro, non só a localización e referencia catastral das súas propiedades, senón tamén a dirección tributaria correcta e coherente cos datos municipais.
Ademais, según subliña Morenza “esta iniciativa tamén será de grande axuda para Correos, pois permitirá evitar erros nas direccións postais do municipio, o que redundará nun mellor servizo para todos os cidadáns”.
O Concello de Barbadás lidera este proxecto pioneiro na provincia, que garante a precisión e actualización do rueiro municipal, así como a súa coordinación coa base de datos catastral. Desde o Goberno local, con esta actuación, reafirma "o compromiso do Concello coa modernización e mellora dos servizos ofrecidos á cidadanía".
O pleno do Concello de Barbadás xa configurou ao Goberno local. O alcalde socialista, Xosé Carlos Valcárcel, incorpora ao edil de Democracia Ourensana, Daniel Rey, dentro do goberno. Rey encargarase da área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal. As demais áreas delegadas son para concelleiros do PSOE; así Coordinación de Urbanismo, Vías e Obras, Servizos Públicos, Parques e Xardíns, delégase na Tenente de Alcalde, Victoria Morenza; Educación e Comercio (segunda Tenente de Alcalde) para Margarita Pérez; Deportes e Mocidade para Cristian Rodríguez; Promoción Económica, Turismo, Recursos Humanos e Formación para José Manuel Morgade; Servizos Sociais, Saúde e lgualdade para María Elisabeth González; e Cultura e Participación Veciñal para Ana Belén Peleteiro. Este goberno contará con tres dedicacións exclusivas (Victoria Morenza -2.600 euros brutos ao mes-, Daniel Rey e Elisabet González -que percibirán 1.800 cada un-) e unha parcial (Margarita Pérez con 1.350 euros ao mes).
Rotonda Redacción
A Xunta adxudicou por 435.048 euros a execución das obras da nova rotonda na intersección da estrada autonómica OU-540, no seu punto quilométrico 4,2 coa autovía A-52, no Concello de Barbadás.
Esta intervención de mellora da seguridade viaria conta cun prazo de execución de 4 meses e agárdase que se inicien os traballos a finais de xullo.
Estas actuacións non implican exprociacións, xa que as obras están incluídas dentro da franxa de dominio público.