
4 minute read
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca un total de 24 liñas de axudas e programas
from Barrios 189
by BarriosOU
De Apoio
4 Están dirixidas a particulares, concellos e promotores privados cunha dotación global de ao redor de 140 millóns de euros.
Advertisement
Redacción
A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca este ano un total de 24 liñas de axudas e programas de apoio. Estas van dirixidas a particulares, concellos e promotores privados cunha dotación global de ao redor de 140 millóns de euros. Deste total, 11 teñen actualmente o prazo de solicitude aberto (as de mellora da eficiencia enerxética, compra en centros históricos e de vivenda protexida, ou o aval bancario para mozos, entre outras) e seis, aínda están pendentes de convocarse.
A aposta da Xunta en materia de vivenda é tal que, por exemplo, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incrementa en 30 millóns de euros, ata chegar a 66,4 millóns, os fondos destinados á actual convocatoria de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios de tipo residencial. Todo isto ocorre despois de que en 2022, no marco da súa primeira convocatoria, saldárase cunha execución do 100% (22,8 millóns de euros) e unha notable demanda. Coa ampliación orzamentaria a Xunta busca responder á altísima demanda que está espertando esta segunda convocatoria
A Xunta destina 8,4 millóns de euros en axudas para a construción de vivendas para alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do programa.
En concreto, o programa a nivel de edificio está destinado a apoiar a particulares, comunidades de veciños ou cooperativas propietarias de inmobles construídos antes do ano 2000 na execución de diferentes actuacións sobre a envolvente de edificios e construcións unifamiliares —como a renovación de fachadas e cubertas—, así como á substitución de equipos de calefacción e auga quente por outros que non utilicen enerxía fósil para lograr reducir os consumos en, como mínimo, un 30%.
A subvención a percibir poderá chegar ata os 26.750 euros se se trata dunha vivenda unifamiliar e ata os 23.500 euros se esta forma parte dun edificio colectivo residencial.
En determinadas situacións de vulnerabilidade poderase cubrir incluso o 100% do custo das obras.
E cómpre lembrar que, en total, os propietarios de vivendas e edificios residenciais teñen á súa dispo- sición máis de 73 millóns de euros en axudas a través de tres tipos de programas —edificio, vivenda e libro do edificio— dirixidos a financiar obras e reformas que melloren a eficiencia enerxética dos seus fogares. Un orzamento que, se estima, permitirá intervir sobre un total de 15.800 vivendas galegas.
Tamén este ano, as axudas para comprar vivendas en centros históricos chegan á súa quinta convocatoria e, a mesma, pode ofrecer axudas de ata 15.000 euros; o prazo de solicitude remata o 2 de outubro.
Novidades
Este ano, a Xunta de Galicia destina 8,4 millóns de euros en axudas para a construción de vivendas para alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes. Un programa novidoso financiado con fondos europeos do Next Generation e que se convoca por primeira vez. As vivendas resultantes deberán destinarse a alugueiro durante un período mínimo de 50 anos. No caso de vivendas promovidas por empresas privadas, estas pasarán a ser de titularidade pública unha vez que remate o período de concesión do solo.
As subvencións poderán aplicarse tanto a vivendas de nova construción como á rehabilitación de edificios cun uso distinto ao residencial e que se vaian destinar a alugueiro social. O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 6 de outubro. En canto á contía das axudas, os promotores públicos e privados poderán optar a 700 euros por metro cadrado, cun límite máximo de 50.000 euros por cada vivenda.
As vivendas resultantes adxudicaranse a persoas que vaian ter o seu domicilio habitual e permanente nelas, que estean inscritas no Rexistro de Demandantes de Galicia para o acceso ás vivendas protexidas de réxime xeral e cuxos ingresos familiares non excedan de 4,5 veces o Indicador público de renda de efectos múltiples en 14 pagas —24.318,84 euros-. Outra das novidades deste ano é a liña de axudas para o fomento de aloxamentos temporais, de modelos cohousing, de vivendas interxeneracionais e modalidades similares cunha contía de 6,8 millóns de euros para as anualidades que van de 2023 a 2026.
Ata o vindeiro 2 de novembro, salvo esgotamento do crédito dispoñible, os interesados en optar a estas axudas —dirixidas a entidades privadas e empresas que desexen promover inmobles destinados aos usos previstos na convocatoria— poderán presentar as súas solicitudes.
As subvencións poderán destinarse tanto a inmobles de nova construción como á rehabilitación doutros xa existentes e, estes, deberán dedicarse a alugueiro durante un prazo de, polo menos, 20 anos.
Mozos
Nos últimos tres anos, a Xunta axudou a 600 mozos galegos menores de 35 anos -máis da metade o ano pasado- a comprar a súa vivenda habitual en concellos de menos de 10.000 habitantes, mediante unha liña de incentivos que mantén este ano dotándoa con 1,55 millóns de euros. Os que queiran presentar as súas solicitudes para poder beneficiarse das axudas teñen ata o vindeiro 31 de outubro.
Os incentivos previstos poden chegar ata un máximo de 10.800 euros por inmoble, sempre que non supere o 20% do prezo de compra e a vivenda estea localizada nalgún dos 257 municipios galegos de menos de 10.000 habitantes -o 82% do total-. Outra liña de axudas para mozos que está aberta ata o 30 de novembro é o programa de avais públicos dirixido a mozos menores de 36 anos para facilitarlles a compra da súa primeira vivenda (sendo a súa residencia habitual e permanente durante o período do aval). O orzamento desta convocatoria chega aos 5 millóns de euros e busca facilitar o acceso da mocidade galega ao seu primeiro fogar en propiedade a través da concesión de avais hipotecarios que poderán chegar ata o 20% do prezo de adquisición do inmoble por parte do IGVS.
Axudas á mocidade menor de 35 anos para comprar vivenda habitual en concellos de menos de 10.000 habitantes están abertas ata o 31 de outubro