
2 minute read
Cartel e convenio para a Feira da DO Monterrei
from Barrios 189
by BarriosOU
4 Celébrase os días 11, 12 e 13 de agosto.
Redacción
Advertisement
A falta de poucas semanas para que se celebre en Verín a Feira do Viño da DO Monterrei xa se coñece o cartel anunciador, ademais de terse firmado un convenio co Concello. En canto ao cartel da 16ª edición a proposta seleccionado foi a de Francisco Rodríguez Salgado (dun total de 62 traballos
Cartel retrofuturista para o FIC Vía XIV
4 Pon en valor a imaxinación e a liberdade de pensamento.
Redacción
O FIC 2023, que se celebrará na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro, xa conta con cartel ilustrador. Un traballo cuxa idea conceptual parte de Jorge Godás, está inspirado na película británica Brazil, de Terry Gilliam. O director do Festival de Curtas, Carlos Montero, asegura que "a gráfica do cartel baséase nun estilo retrofuturista que combina elementos do pasado con visións e conceptos do futuro", no que pretende ser unha sátira da dependencia tecnolóxica que se vive na actualidade.
Imaxe corporativa
O FIC estrea este ano imaxe corporativa.
Con esta nova imaxe, preténdese expresar graficamente o obxectivo da Asociación Cultural Vía
XIV por facer do FIC un verdadeiro contedor cultural que programe actividades relacionadas co audiovisual en Verín en diferentes meses do ano.
Aever presentados). Rodríguez (que se presentaba por vez primeira a un concurso destas características) presentou a obra baixo o lema “Sabores de Monterrei, onde o viño e a tradición se xuntan en cada copa”.
Ademais, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará de novo o desenvolvemento do FIC Vía XIV propoñendo, como en anos anteriores, a posta en marcha dun concurso que inste aos seus establecementos da vila a decorar os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte. Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros. Ademais, Aever sorteará entradas para o espectáculo "Encerrona" que o actor Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio o 9 de setembro, as 20:00 h.
Convenio
Concello de Verín -por parte do alcalde, Gerardo Seoane- e Denominación de Orixe -da man do seu presidente, Jonatás Gagofirmaron un convenio de colaboración para a feira deste ano. Este convenio recolle as cuestións que abonará cada entidade, repetindo deste xeito unha firma que xa se realizou en anos anteriores. Devandito convenio de colaboración refírese a aspectos como montaxe do recinto feiral, actuacións musicais ou publicidade, entre outros.
Outras actividades
Ademais da feira de agosto, a DO Monterrei realiza, durante todo o ano, un labor de promoción encomiable. Nestas datas participaron na ‘Experiencia Verema Santander’ con máis de 80 participantes.
O presidente da DO, Jonatás Gago, explicaba que se trata dunha "excelente oportunidade de mostrar o noso produto tanto ao consumidor final como ao secto da distribución, hostalaría ou restauración". Esta mesma semana, os branco e tintos de Monterrei participaron no Túnel do Viño de Lugo.