2 minute read

O Campamento Urbano de Amencer reunirá a centos de rapaces

4 Celébrase do 31 de xullo ao 10 de agosto.

Redacción

Advertisement

Xura de bandeira e homenaxe ao Zamora 8

4 O alcalde recibiu no Concello ao subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas Preckler.

Redacción

O Concello de Ourense co-organizará a xura de bandeira para a cidadanía que o Ministerio de Defensa desenvolverá na cidade. Será na praza da Biblioteca Nós, o día 23 de setembro, e servirá coma homenaxe ao rexemento Zamora número 8.

O alcalde, Gonzalo Jácome, e o tenente de alcalde, Armando Ojea, reuníronse no Concello co subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas Preckler, e o comandante José Manuel Zapata, para avanzar nos preparativos.

Actividades

A xura de bandeira desenvolverase no marco dunha programación máis ampla de actividades, que comezará a véspera, o 22 de setembro, cun concerto de música a cargo da Banda de Música Militar da Coruña e da banda de cornetas, tambores e gaitas da Brigada Galicia.

A xura de bandeira para persoal civil está prevista para as 19.00 horas do 23 de setembro. As persoas interesadas en xurar bandeira ou renovar o seu xuramento, poden contactar coa Subdelegación de

Defensa en Ourense, nos teléfonos 988.510.417, 988.510.514, e no correo electrónico dd.ourense@ oc.mde.es.

Homenaxe

Outra actividade será a descuberta o dunha placa na honra do Rexemento Zamora 8, a modo de homenaxe no propio lugar onde estivo emprazado, xa que este ano 2023 se cumpren 80 anos desde que chegou á cidade de Ourense.

A xura de bandeira terá lugar o 23 de setembro

Os interesados poden contactar coa Subdelegación de Defensa no mail dd.ourense@oc.mde.es

Xa está todo listo para que o vindeiro 31 de xullo de comezo a 36ª edición do Campamento Urbano de Amencer; un evento que reunirá ata o 10 de agosto a centos de rapaces e que está organizado pola Asociación Xuvenil Amencer coa colaboración da Concellería de Xuventude do Concello de Ourense.

“Un clásico de verán”, en palabras da concelleira Tamara Silva, dirixido a todos os nenos e nenas entre 8 e 16 anos que ten o dobre obxectivo de servir como espazo de encontro, de educación e de socialización no tempo de lecer, pero tamén de descubrir a cidade.

Será o 36º verán ininterrompido de actividades no Campamento Urbano Infantil -de 8 a 16 anos, durante as mañás e as tardese do Campamento Urbano Xuvenil -para maiores de 15 anos, durante a noite-.

Nove días dunha intensa actividade, con base no colexio Salesianos, pero que temén contarán con excursións e farán alguha visita.

Xulio César Iglesias, director da Asociación Xuvenil Amencer, recordaba, na presentación do evento, que "o modelo funciona", logo de 36 anos.

Participación

Sen ir máis lonxe, o ano pasado participaron 600 rapaces. Aínda que non son números como os de antes da pandemia, si que demostran o éxito desta fórmula. O campamento e aberto (poden participar todos os rapaces e rapazas que o desexen), gratuíto (sen custe económico) e libre (para participar os días que se poida). En canto aos voluntarios, imprescindibles no CU, soen repetir doutras edicións.

Malia que xa se superan as 300 persoas anotadas, as inscricións seguen abertas a través do espazo web www.amencer.org -tamén de forma presencial, por se alguén o precisase-.

O campamento de Amencer presentouse no Concello de Ourense.

This article is from: