
2 minute read
Luis Menor, alcalde do Pereiro, elexido presidente da Deputación Provincial de Ourense
from Barrios 189
by BarriosOU
4 No discurso de investidura prometeu diálogo e cooperación con todos os concellos.
R. Torres
Advertisement
Cando Luis Menor colleu o bastón de mando da Deputación puxo fin a máis de 30 anos do apelido Baltar ao fronte da institución provincial. Foi nun acto no que estiveron presentes, entre outras autoridades, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e varios conselleiros da Xunta, entre outros.
No discurso de investidura, Menor anunciou as liñas por onde ían ir o seu mandato 2023-27 ao fronte do ente provincial.


Deste xeito, o alcalde do Pereiro anunciou que visitará a todos os alcaldes da provincia asegurando ter “o despacho
Menor pediu a todos os deputados provinciais -sen importar as siglas ás que pertenzan- “apoio e implicación” máis grande do mundo, de 7.273 quilómetros cadrados -en alusión á superficie da provincia-”, tamén asegurou asumir “en primeira persoa as funcións de cooperación”.
O novo presidente quixo agradecer “de corazón a todos cantos confiaron na miña persoa” para “coller un bastón de mando que representa aos 92 concellos e aos máis de 304.000 habitantes da nosa provincia”, ao tempo que o vía coma un reto que asume “coa máxima responsabilidade e esixencia que sempre me marquei na miña traxecto- ria profesional e de servizo público”.
Estilo propio
Tamén tivo palabras hacia o seu antecesor, Manuel Baltar, de quen dixo deixar unha institución “económicamente saneada” e que deixou “proxectos que non son inventos, porque non se trata de inventar”.
Porén, tamén advertiu do comezo dunha nova etapa cun “estilo propio, como fixen sempre alí onde estiven”. A primeira medida significativa desa nova etapa foi a de designar a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, como portavoz do grupo de Goberno, en detrimento de Plácido Álvarez (alcalde de Muíños) que viña exercendo dita portavocía ata o de agora. A pesar diso, tanto Álvarez, como César Fernández, alcalde de Ribadavia, serán portavoces adxuntos.
Continuando co discurso, Luis Menor apostou pola “consolidación de obxectivos” e a “atención de novos desafíos”. Fixo un repaso dos puntos fortes da provincia enumerando o termalismo, o sector primario, o viño, a gastronomía, o turismo e a chegada do AVE como porta de entrada da alta velocidade a Galicia. Entre os temas a tratar con máis preocupación salientou o despoboamento e o envellecemento, ademsis do cambio climático e a loita contra os lumes (cabe recordar que foi director xeral de Emerxencias).
Tamén se autodefiniu como dialogante e pediu a todos os deputados provinciais -sen importar as siglas ás que pertenzan“apoio e implicación” para este mandato, “máis aló das discrepancias ideolóxicas” para chegar a acordos “que nos esixe a sociedade”. Por iso, aseverou que visitará “aos alcaldes nos seus concello” para coñecer “de primeira man as súas necesidades”, xa que para el, ao papel da Deputación “é atender as necesidades de concellos con menos de 20.000 habitantes”, en Ourense son todos menos o da capital. “Temos que pór a súa disposición todos os recursos económicos, medios materiais, persoais e técnicos aos que non teñen acceso”, certificou.
Ourense Luis Menor tampouco se esqueceu da capital ofrecendo diálogo cos máximos responsables da cidade. Para elo, pretende fixar liñas de colaboración en proxectos estratéxicos que beneficien á capital e ao resto da provincia.
Mandato Luis Menor gobenará en minoría; soamente cos votos dos deputados populares, doce, que se quedaron a un da maioría absoluta. Isto é posible grazas ao pacto que firmaron xunto a Democracia Ourensana no que se permite votar, tanto no concello como na deputación á lista máis votada. Deste xeito, na votación para elexir ao presidente, Luis Menor logrou os votos dos 12 deputados populares; mentres que Armando Ojea logrou tres (o del e os dos seus compañeiros de formación: Gonzalo Jácome e Rafa Cachafeiro). Pola súa banda, o candidato socialista, Álvaro Vila (alcalde de Taboadela) acadou 10 votos (os sete do PSOE e os tres do BNG).
A presidencia é un reto que asume “coa máxima responsabilidade e esixencia que sempre me marquei na miña traxectoria profesional e de servizo público”