4 minute read

Gonzalo Jácome mostra a "folla de ruta" do Concello para os vindeiros catro anos

4 A mobilidade será un dos piares do seu proxecto.

Días despois de ser investido como alcalde da cidade de Ourense durante os vindeiros catro anos, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou en rolda de prensa o que será a súa "folla de ruta" neste mandato 20232027. A mesma pivotará sobre catro pedras angulares: a renovación dos servizos, as infraestruturas, o Plan de Urbanismo e a reorganización interna que son os principais obxectivos xunto á mobilidade, un dos piares fundamentais do seu proxecto.

Advertisement

Pérez Jácome asegurou que nos vindeiros catro anos veranse os froitos do "impresionante" traballo realizado nos catro anteriores, xa que se materializarán "actuacións moi interesantes para a cidadanía".

Servizos

Segundo avanzou o alcalde, despois do verán sairán a concurso os pregos para adxudicar a xestión dos “tres grandes servizos municipais”, que son abastecemento e saneamento de auga, limpeza e recollida de residuos (che-

BNG, PSOE e PP, na procura do cuarto deputado

municipal é que se utilice menos os vehículos privados pola cidade.

Plan de Urbanismo

Redacción

garán novos contedores de lixo -3.500 unidades desde agosto, a razón de 40 por semana-), e autobuses urbanos, cuxas bases están “totalmente rematadas”.

Mobilidade

En canto á mobilidade, e unha vez que están aparecendo nas estradas ourensáns os novos autobuses urbanos, antes do Nadal estarán en funcionamento as novas rutas. E rematará o plan establecido cos autobuses cunha terceira

Renovación dos servizos, gratuidade dos autobuses, mobilidade vertical e reorganización do Concello son algunhas das directrices do novo mandato fase que será a aprobación dunha nova ordenanza que fará de Ourense a primeira cidade de España con autobuses gratuítos.

O outro gran proxecto de calado é a mobilidade vertical; rematadas as pasarelas mecánicas de Concordia, son moitas as obras que se están a realizar en distintos barrios da cidade para dar un maior servizo a eses veciños que teñen que superar cada día un desnivel importante para saír e chegar as súas casas.

Para rematar coa mobilidade, Jácome pretende dotar á cidade dun servizo de mobilidade con 1.000 bicicletas e patinetes eléctricos.

Con todos estos servizos o obxectivo do Goberno

O rexedor anunciou que o Plan de Urbanismo incorporará “cambios de calado”, entre os que está permitir máis edificacións no rural e eliminar a situación de “fóra de ordenación” de moitas vivendas na cidade. Tamén avanzou a construción de piscinas na Ponte -parque de Canedo-, que comezará despois do verán e “cambiará o barrio para sempre”, así como en Barrocás e Covadonga, cuxos proxectos xa están rematados. Tamén se emprenderán as humanizacións de rúas como Bonhome, Doutor Flémming, avenida de Portugal ou Alejandro Pedrosa.

Concello

Outros dos eidos nos que versará este novo mandato estará en levar a cabo importantes cambios na organización e funcionamento interno do Concello. Entre eles, destaca a elaboración dunha nova RPT (Relación de Postos de Traballo) que eliminará os “postos estanco” e a “falacia da especialización”, como indicaba Pérez Jácome. Será unha RPT “moito máis simple e operativa”, que clasificará os postos de traballo nunha vintena de categorías no canto das 230 que existen na actualidade, co reto de converter o Concello “no que mellor funcione de toda España”.

Paralelamente, o goberno local activará unha reorganización interna do Concello para acadar unha maior eficacia e eficiencia, que terá como punto clave a elaboración dunha nova relación de postos de traballo (RPT).

Este domingo, 23 de xullo, Ourense volve ás urnas para elexir aos Deputados que representarán aos ourensáns en Madrid. A provincia elixe catro deputados entre 11 formacións que se presentan nestes comicios. Dos catro deputados, tres parecen que xa teñen unha clara cor; todo apunta a que o Partido Popular ten asegurados dous deputados e o Partido Socialista, un. O que está en xogo é o cuarto parlamentario, que nas enquisas o deixan aberto a tres formacións.

PP, PSOE e BNG son, a priori, as forzas que se disputarán este cuarto deputado; o resto de forzas non teñen posibilidades de lograr representación algunha.

Por iso, nos últimos días de campaña electoral, redobraron esforzos as tres formacións para convencer ao electorado de que a súa proposta é a mellor para os intereses de Ourense.

Parece claro que as populares Ana Vázquez e Rosa Quintana teñan asegurada a súa presenza na Cámara Baixa do parlamento español. O terceiro da lista é un Celso Delgado que tamén ten as súas posibilidades de acompañalas durante os próximos catro anos en Madrid. Mentres Vázquez e Delgado repiten como candidatos, Quintana o fai por primeira vez logo de ser conselleira do Mar con Feijoo, polo que parece claro que, de proclamarse presidente do Goberno o líder popular, a ex conselleira ten moitas papeletas de formar parte do novo goberno que se puidera coformar.

No PSOE, Marga Martín é a única que parece ter asegurada a súa elección, polo que os socialis- tas buscar o segundo deputado. De logralo, esta sería Noela Blanco.

Pola súa banda, o BNG irrumpe coa posibilidade de lograr representación en Madrid por mediación de Noa Presas. Por iso, a súa portavoz nacional, Ana Pontón, apareceu moito en campaña por Ourense polo que se xoga o BNG con ese deputado.

23X

Con todo, este domingo, 23 de xullo, será o día no que se despexe a incógnita do cuarto deputado. Na provincia haberá 539 mesas nos 92 concellos que a comprenden. O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, recordou que unha das tarefas que se realiza dende a Subdelegación é a de proveer de máis de 4 millóns e medio de papeletas das 11 candidaturas que se presentan ao Congreso dos Deputados e 462.000 papeletas das candidaturas ao Senado a tódolos concellos da provincia. Poderán exercer o seu dereito a voto 355.771 cidadáns, 103.000 residentes no extranxeiro votarán por primeira vez sen necesidade de voto rogado.

O número de solicitudes de voto por correo tamén aumentou significativamente con respecto ás eleccións xerais de 2019. Con data 7 de xullo, 15.500 cidadáns da provincia pediron o voto por correo. Máis de 6.000 persoas máis que nas anteriores eleccións nas que uns 9.000 ourensáns fixeron uso desta opción.

This article is from: