2 minute read

Experiencias

Para enriqueceres a túa vida.

Ser un destino pouco masificado e con gran personalidade é a razón de que A Mariña Lucense integre, xunto co xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, a marca Turismo Slow Norte de Galicia, que aglutina persoas e empresas que apostan polo desenvolvemento dun turismo sostible e responsable socialmente; anfitrións que estarán encantados de recibirte e de facilitarche a estadía. Un xeito de dar a coñecer a esencia do territorio, os contrastes, a gastronomía, os lugares secretos e recantos naturais… rutas para se perder e opcións para impregnarse das tradicións locais.

Advertisement

Todo isto resumido nunha web —enlazada nesta páxina— que reúne propostas para recrearse nun destino que o ten todo; para que vivas a túa experiencia slow. Unha proposta amena e suxestiva que te convida a descubrir, ademais do patrimonio máis salientable, a esencia máis íntima dos lugares; a súa voz e a voz das súas xentes; as súas historias e lendas; o seu ambiente e as súas lembranzas a través de voces narradoras, escenas dramatizadas, entrevistas, música ou mapas sonoros. Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro, Alfoz e Lourenzá contan xa con este produto, deseñado e elaborado con rigor e agarimo por unha das compañías de teatro máis relevantes de España: o Grupo Chévere. No caso de Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro están dispoñibles en inglés, francés, galego e castelán, mentres que en Alfoz e Lourenzá actualmente só en galego. Para poderes escoitar as audioguías ficcionadas, só tes que descargalas de forma gratuíta e… divírtete con elas!

TURISMO SLOW

AUDIOGUÍAS FICCIONADAS

Rutas de Artesanía

da Mariña Lucense

O importante legado cultural relacionado coa artesanía que posúe este destino fixo xermolar hai anos un proxecto vitalista, de recuperación e posta en valor do traballo artesanal, que pon o foco non só na obra, senón tamén no propio artesán; ese mago capaz de transformar, co seu saber, a materia prima en forma de obxectos que facilitan e enfeitan a vida.

As rutas de artesanía son itinerarios turístico-culturais pensados para que visites o territorio dende unha perspectiva slow, tranquila e coa profundidade necesaria para captar a personalidade e diversidade do territorio. Propostas onde os artesáns son os principais protagonistas e que che darán a coñecer, ademais dos atractivos da contorna, obradoiros e oficios artesanais dende a fase de deseño ata a comercialización. Unha fórmula excelente para penetrar no corazón da Mariña.

Ruta de Regal Cerámica Ruta de Asteleiros Fra Ruta de Redeiras Cabo Burela Ruta do Espazo Caritel Ruta do Barrio dos Muíños de Mondoñedo Ruta dos Ferreiros da Pontenova e Riotorto

É un proxecto que pon á disposición do visitante unha serie de rutas —de entre 2 e 3 horas de duración— para que coñeza, da man de guías profesionais e axentes locais, os valores naturais e culturais dos municipios abrindo pequenas fiestras con vistas aos lugares más marabillosos da Mariña Lucense.

RUTAS DE ARTESANÍA

A MARIÑA EN RUTA

This article is from: