1 minute read

Camiño Norte

Camiño de Santiago do Norte

Peregrinar a Santiago é para moitos unha experiencia única e transformadora, unha forma especial de encontro cos lugares polos que se transita e cun mesmo.

Advertisement

O Camiño de Santiago do Norte, que atravesa este destino, foi declarado no 2015 Patrimonio da Humanidade polo seu indubidable valor cultural. É unha vía tan antiga como o Camiño Francés, elixida polos reis europeos da Idade Media para visitar a tumba do Apóstolo. Na actualidade, é o terceiro camiño en Galicia por número de peregrinos, despois do Francés e o Portugués, e é unha vía pouco saturada e de fermosas paisaxes. Entra en Galicia por Ribadeo, cruzando a Ponte dos Santos e continuando a través de Barreiros. Ou, máis ao sur, por Trabada dende Santiago de Abres. Tras o seu paso por Lourenzá e Mondoñedo, o Camiño continúa cara a Abadín, xa na Terra Chá, tras salvar un importante desnivel.

Ademais da oferta de albergues públicos, nos últimos anos novas propostas arrequentaron e completaron a oferta de aloxamentos deste Camiño co que poderás coñecer o noso importante patrimonio eclesiástico e civil, as intimidades da nosa paisaxe —que se aprecian mellor cando viaxas a pé—, a nosa rica gastronomía e a fonda amabilidade do carácter mariñán. Bo Camiño!

En Mondoñedo podes visitar o Centro de Interpretación do Camiño Norte.

+INFO

This article is from: