3 minute read

Patrimonio cultural

Next Article
Costa e praias

Costa e praias

Sobre as pegadas do pasado.

Os restos arqueolóxicos encontrados no territorio demostran a presenza de poboación dende o Paleolítico Inferior (achados de restos de útiles en Louselas-Ribadeo) e con continuidade con firmada dende hai uns 10.000 a 8.000 anos a. C. (finais do Paleolítico Superior ou Epipaleolítico). Co paso do tempo, estas poboacións deron lugar á configuración de numerosos poboados castrexos dispersos por todo o territorio. Algúns deles evidencian nas súas estruturas a influencia da súa romanización.

Advertisement

Testemuños deste pasado prehistórico son o Dolmen de Santo Tomé (O Valadouro) ou o Círculo lítico A Roda (Barreiros). Para afondar na cultura castrexa, podes visitar o xacemento de San Tirso de Portocelo (Xove), con visita organizada; o Castro costeiro de Fazouro (Foz), moi accesible, de fácil observación e pequenas dimensións, e o Castro de Zoñán (Mondoñedo), de gran tamaño, con orixe no Bronce final e con construcións á vista datadas entre os ss. I e V d. C. Tamén de doado acceso.

Na Idade Media (s. XII), Viveiro e Ribadeo vanse consolidando como vilas, e cando a sé episcopal se traslada a Vilamaior do Val de Brea este núcleo convértese na nova cidade de Mondoñedo. Ademais destas grandes poboacións, van xurdindo diversas vilas costeiras (San Falar de historia na Mariña Lucense é falar de Pedro Pardo de Cela (1425-1483), gran señor feudal destas terras que morreu axustizado na praza da Catedral de Mondoñedo porque se alzou en contra dos Reis Católicos. Comendeiro do Bispado de Mondoñedo, alcalde de Viveiro, dono de xurisdicións, castelos, fortalezas e pazos, deixou un senlleiro legado cultural en forma de historias, lendas e monumentos. Lugares da zona relacionados coa súa vida inspiraron a Ruta Pardo de Cela, que inclúe os restos do Castelo da Frouseira (Foz-Alfoz), o Castelo de Castro de Ouro (Alfoz), o mosteiro de San Salvador en Lourenzá, a Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz) e as cidades de Viveiro e Mondoñedo.

Cibrao, Burela e Foz), relacionadas coa industria baleeira, a exportación de madeira e peixe e a importación de viños.

+ INFO

A Audioguía ficcionada de Alfoz proponche que te mergulles na vida e legado de Pardo de Cela da man dos seus protagonistas.

BASÍLICA DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO (Foz)

A uns 5 km de Foz, sitúase este antigo monumento románico levantado no ano 1075 da man do bispo Gonzalo Froilaz. Sé episcopal dende o ano 864, aglutinou as dioceses dumiense e britoniense ata que no s. XII se decide o seu traslado a Vilamaior do Val de Brea, hoxe Mondoñedo. É Monumento Nacional e no seu interior esconde auténticas xoias patrimoniais; entre elas, os seus capiteis historiados, sartegos de antigos bispos e pinturas do s. XVI e do s. XII. Estas últimas son consideradas as máis antigas conservadas dentro do románico galego. Na que fora casa reitoral, atópase hoxe o Centro de Interpretación. Aberta á visita libre e con visita guiada. + info. 982 132 607.

MOSTEIRO DE SAN SALVADOR

(Vilanova de Lourenzá) O antigo mosteiro dúplice, fundado polo conde Osorio Gutiérrez no ano 969, vivirá a partir do s. XVII o seu momento de maior esplendor. A actual Igrexa de Santa María (s. XVIII) é obra de Frei Juan de Samos, rematada por Fernando de Casas Nóvoa, autor da fachada, que se supón foi un ensaio previo á súa obra máis importante, a fachada do Obradoiro. Garda no seu interior: un retablo neoclásico de Ventura Rodríguez, con imaxes de Ferreiro; na sancristía, un impresionante relicario barroco, e na capela de Nosa Señora de Valdeflores, o famoso sarcófago do conde Osorio Gutiérrez («Conde Santo»), obra paleocristiá realizada na Aquitania Francesa no s. VII. O mosteiro acolle o Concello e o Centro de Interpretación da Faba. Aberto á visita libre e con visita guiada. + info: 982 121 006. A 5 km sitúase a Fortaleza de Tovar. + info: 982 121 006.

CASTELO DE CASTRO DE OURO (Alfoz)

Como una atalaia no val do río Ouro, érguese este monumento emblemático de Alfoz que fora ocupado por Pardo de Cela no s. XV. Situado sobre un antigo castro (s. I), consérvase a torre homenaxe da primitiva fortaleza, relacionada coa fundación dun mosteiro familiar no s. XI. No seu interior acolle un punto de información turística, sala de exposición e museo. Ao pé da torre, a Igrexa parroquial de San Salvador, antiga capela do Castelo. Nas proximidades (1,1 km) podes visitar a Finca Galea. + info 982 558 581.

This article is from: