
5 minute read
Lugares con encanto natural
Este territorio reúne atractivos de mundos moi diversos. A beleza das montañas, a paz dunha campía riscada por ducias de ríos e o horizonte infindo da costa cantábrica.
As serras litorais e prelitorais ofrecen puntos panorámicos inigualables e conteñen elementos naturais únicos en Galicia, como a extensa superficie de turbeiras da Serra do Xistral. Os ríos, que modelaron os produtivos vales da Mariña, amosan nas súas beiras redutos de bosque autóctono e nos seus esteiros obsérvase unha gran variedade de fauna e vexetación. Pola súa banda, a costa posúe unha enorme diversidade natural e os seus relevantes recursos xeomorfolóxicos achéganlle á paisaxe un engado singular e extraordinario. Varias zonas protexidas dan proba do valor natural da zona, na que tamén existen extensas masas de cultivo forestal (principalmente eucalipto). Recoñecidas para a súa protección dentro da Rede Natura 2000, están as costas da Mariña Occidental e As Catedrais; as serras de Monte Maior e O Xistral; as rías de Ribadeo, Foz, Viveiro e O Vicedo -O Barqueiro; os ríos Eo, Masma, Ouro e Landro e a fraga de Carballido. Enclaves como o Souto da Retorta e a Praia das Catedrais son Monumentos Naturais.
Advertisement
Neste contexto tan diverso, has atopar un amplo abano de paisaxes e lugares con encanto nos que desconectar e respirar a vida.
+INFO MAPA

ESPAZOS NATURAIS SERRA DO XISTRAL
No interior da Mariña Lucense atópase A Serra do Xistral, un macizo montañoso de interposición entre o mar Cantábrico e a Terra Chá conformado por montañas alombadas que teñen como punto máis alto o pico do Cadramón (1.056 m). Unha paisaxe de carácter salvaxe, malia levar séculos habitada, que permite pasar en escasos quilómetros da campía máis feiticeira a panorámicas que lembran as Highlands escocesas.
Un espazo protexido (ZEC-Rede Natura 2000), abondoso en ventos e onde as brétemas e as precipitacións alimentan ríos que flúen cara a diferentes cuncas e turbeiras consideradas, xunto coas uceiras húmidas existentes, os maiores reservorios de carbono da Europa temperada. Nas zonas altas, é habitual ver cabalos e vacas, que pacen ceibes ao pé de enormes muíños de vento. A maior parte da poboación habita os vales de menor altitude, dadas as condicións climáticas máis adversas da serra.
Para coñeceres a zona, podes percorrer a LU-P-0101, que une O Valadouro con Abadín, ou profundar en visitas con guías expertos. .
COVA DO REI CINTOLO

A 15 minutos de Mondoñedo, preto da aldea de Supena e nunha contorna de evidente beleza, atópase esta cova. É a cavidade máis grande de Galicia, con 6,5 km de desenvolvemento. Un lugar de interese científico, xeolóxico e de referencia para a espeleoloxía en Galicia. A súa constitución, de pedra calcaria e lousa, deu lugar a unhas galerías características con estalactitas, estalagmitas, columnas, coadas e gourdams. Visitable só con reserva. + info 982 507 177.

A 7 km de Viveiro, accédese dende a LU-161. Conta con zona de estacionamento. De maneira regular, o Concello de Mondoñedo ofrece visitas guiadas de espeleoturismo.

SOUTO DA RETORTA
Coñecido tamén como o «eucaliptal de Chavín», este Monumento Natural situado en Viveiro garda, ademais de especies de bosque autóctono, enormes eucaliptos centenarios. Árbores plantadas a partir de 1880, que hoxe alcanzan dimensións colosais, tales coma «O Avó», de 126 anos, con 71,4 m de alto e un perímetro de 7,6 m. A súa función era drenar estas terras, próximas ao río Landro, e evitar os repetidos asolagamentos que afectaban á actividade industrial da zona, relacionada co innovador empresario José Barro.
(Augas Santas)
Dentro dun espazo costeiro protexido (ZEC-Rede Natura 2000) de 297 hectáreas, sitúase o Monumento Natural Praia das Catedrais, famoso polos seus enormes arcos furados nun cantil de ata 30 metros de altura que se poden observar dende o areal no devalo da marea. O concello de Ribadeo organiza visitas con expertos polos arredores. O acceso é sinxelo, dende a A-8 e dende a N-634.


FUCIÑO DO PORCO
(Punta Socastro)
Despois de percorrer unha zigzagueante pasarela de madeira, este recanto bravío e espectacular, situado no Vicedo, na entrada da ría de Viveiro, regálanos unhas fermosas panorámicas do Cantábrico. O acceso está indicado dende a LU862. Podes deixar o vehículo nunha área de estacionamento habilitada, dende a cal se toma a Senda azul procedente da praia de Abrela, que te conducirá ao miradoiro nuns 20 minutos de paseo.
Nos últimos anos, estes dous lugares adquirion un claro protagonismo. En ambos os casos, en épocas de maior afluencia cómpre facer unha reserva previa á visita.
RESERVA AS CATEDRAIS
RESERVA FUCIÑO DO PORCO
ARTE NA NATUREZA
Espazo Caritel
A obra artística do destacado escultor Daniel Caxigueiro, xunto coa súa paixón pola natureza, deron como resultado este fermoso xardín botánico que te sorprenderá pola súa cantidade e variedade de plantas do mundo. Destacan as súas coleccións de camelias e hortensias. Situado fronte á Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz). + info 982 13 26 94
Finca Galea
Grazas a este especial recanto pódeste adentrar no mundo da auga dende unha perspectiva etnográfica e artística. Un lugar ideal para pasear á beira do río Ouro e descubrir os seus diversos atractivos, como o muíño e folón activos, o lago, pequenas canles ou as árbores fosilizadas. Desvío indicado dende a LU-160, na Seara (Alfoz), a menos de 1 km. + info 666 30 48 48
Galicia é o país dos mil ríos, dicía o escritor mindoniense Álvaro Cun queiro. A Mariña Lucense, de certo, non é a excepción. As augas dos seus ríos, regueiros e regatos ofrecen, en combinación coa accidentada orografía do terreo, incontables motivos para a presenza de pozas, saltos e fervenzas de diverso tamaño repartidas por todo o territorio.
A Férrea, A Pontenova

Escouridal, Alfoz-O Valadouro
Guilán, Xove A Fervenza, Mondoñedo


Pozo da Onza, O Valadouro
Xestosa, Ourol

Na Mariña podes atopar máis de dez fervenzas e pozas espalladas pola paisaxe; algunhas agochadas, outras máis accesibles, algunhas con opción para o baño e, todas elas, con encanto de seu.
Salto do Coro,
Mondoñedo
Pozo da Ferida, Xove-Viveiro
Santo Estevo do Ermo, Barreiros