Memoria agareso 2011

Page 1

Memoria 2011


1.

Editorial

5

2.

Órganos de goberno e xestión

7

3.

Presentación e plan estratéxico

9

4.

Área de proxectos

4.1. Proxectos de visibilización e sensibilización

11 13

4.1.1 Actividades de sensibilización do proxecto Camiños de Paz

13

4.1.2. Semana Galega contra a Pobreza

16

4.1.3. Visibilización dos proxectos da organización nos municipios galegos

17

4.1.4.

Feira da Solidariedade de Vilagarcía

20

4.1.5.

Conferencia co colectivo Pandora

22

4.1.6.

Difusión da complexa realidade mexicana da man da voluntaria e xornalista

Priscila Hernández

23

4.1.7.

25

C@tic de ACCEM

4. 2. Proxectos de visibilización e sensibilización no exterior

26

4.2.1. Perú e Ecuador

26

4.2.2. Perú

28

4.2.3. Marrocos

29

4.2.4. Cabo Verde

31

5.

Proxectos de Acción Social

32

5.1.

Os TBC Acollida de traballadores en beneficio da comunidade

32

6.

Agareso Radio

34

6.1.

Resumo do ano e novas colaboracións

34

6.2.

Movemento 15M

36

6.3.

IV Convención anual

38

6.4.

Programa especial sobre a migración en México

39

6.5.

Xornadas ASPACE

39

7.

Comunicación para o desenvolvemento

40

7.1.

Así suena El Lempa. El Salvador

40


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 7.2.

Implementación do programa de Comunicación Integral para o

Desenvolvemento no Centro Penitenciario de A Lama

42

7.3 Sen Barreiras

45

7.4 Obradoiro “Di K Non”

46

8.

Educación para o desenvolvemento

48

8.1.

Xornadas sobre Inmigración e Interculturalidade na Universidade de A

Coruña

48

8.2.

Proxecto Escolas sen Racismo con ACPP

50

9.

Traballo cos profesionais da comunicación

51

9.1.

Presentación da guía sobre como informar acerca da discapacidade, o

colectivo xitano e a inmigración

51

9.2.

Colaboración semanal con Canal Estremadura Radio

52

9.3.

Integración na Rede Europa América Latina de Comunicación e

Desenvolvemento (Real Code)

53

10.

54

Área de Formación

10.1. Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento

55

10.2. I Seminario sobre xornalismo social e cooperación internacional na USC

56

11.

58

Área de comunicación e información

11.1. Estatísticas de Audiencia das Canles de Agareso (web, radio, tv, Youtube e redes sociais)

58

11.2. Resumo de impactos en prensa, radio e televisión

63

11.3. Recoñecementos

67

12.

68

Área de organización

12.1. IV Convención Anual

72

12.2. Xestión do voluntariado

75

3


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 12.3. Agrupaciรณn con Amigos da Terra

78

12.4. Relaciรณns Institucionais

79

12.5. Memoria Econรณmica

82

4


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

1. Editorial Camiño do primeiro lustro de Comunicación para o Desenvolvemento. Nos seus catro anos de vida a ONG Agareso medrou en estrutura, en capacidade de acción e en concepción, incorporando como obxectivo fundamental aos seus plans estratéxicos, os proxectos de comunicación para o desenvolvemento. Comprometerse a comunicar coa máxima profundidade sobre as causas e consecuencias da pobreza, cando a crise sementa un cerco de incertezas ao redor dos sectores social e comunicativo, non é o mellor dos escenarios para alcanzar uns resultados desexados. Golpear coa maza do desemprego e actuar con continuos recortes económicos converteuse nunha estratexia moi útil para atenazar os avances cara o punto de equilibrio entre o desenvolvemento e as oportunidades en calquera contexto que se expoña. A crise empeza a diminuír os alicerces do Benestar Social (BS) e os cimentos comezan a deteriorarse a niveis, polo momento, difícil de vaticinar. Todo aquel mecanismo ou ferramenta que compasaban os firmes pasos da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) padecen o quebranto dunhas virulentas determinacións: É similar a cortar a subministración de auga en lugares onde chove ocasionalmente ou escasea este recurso básico. Actuar con este criterio só conduce a un maior empobrecemento ou involución da comunidade ou sociedade afectada por unhas infundadas medidas restritivas. Aínda así, neste contexto de rebaixas sociais e recursos de toda condición tratouse de manter e impulsar proxectos de desenvolvemento tendo como base a comunicación. Agareso buscou non só manter senón incrementar o número de accións nos diferentes campos da Comunicación para o Desenvolvemento, 5


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 sen esquecer a súa natureza de visibilizar e sensibilizar sobre as realidades sociais nas que unha iniciativa ou proxecto solidario trata de imporse como revulsivo aos problemas existentes.

Provocar cambios que favorezan unha mellora das características de vida doutras persoas é unha obsesión xeral que alaga todos os recunchos dunha organización ansiada por non perder o papel e perspectiva que lle corresponde exercer. Outra cousa, ben diferente, é o recoñecemento que recibe por unha evidente falta de coñecemento e experiencia. Os

últimos

anos

serviron

para

integrar

á

CpD

nos

proxectos

de

desenvolvemento, tanto no exterior como no ámbito nacional. Fuxiuse dos disimulos para cumprir co obxectivo colectivo de estender un enfoque normalizado de expor intervencións con eficientes resultados. Só cabe remitirse aos feitos máis recentes. No discreto percorrido acumulado da ONGD xa destacan os espazos da reinserción, discapacidade ou cooperación. Tres dos avais onde as excelencias técnicas da comunicación reforzaron o camiño cara ao punto cardinal no que reside o verdadeiro cambio social. Autores como Comptom e Galaway definiron a relación de axuda como “aquela en a que se expresa unha preocupación real polos outros, interese e desexo real de comprender e traballar nesa relación, rexida polo compromiso e a obrigación, a aceptación, a empatía, por ser unha relación autentica, ter unha comunicación clara e un propósito coñecido e aceptado por ambas as partes e a crenza de que o usuario traballará para resolver os seus problemas”.

6


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

2. Órganos de goberno e xestión Os órganos de goberno e administración de Agareso son: a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva. A Asemblea Xeral e o órgano supremo de Agareso, composta por todos os membros. A Asemblea reúnese unha vez ao ano con motivo do aniversario da constitución da ONGD no mes de maio para decidir o orzamento e as liñas de traballo xerais e mantén unha xuntanza a mediados de ano para realizar un avance das actividades do ano ante a base social. A Xunta Directiva está composta pola Presidencia, a Vicepresidencia, a Secretaría, a Tesourería e seis Vocais. Os cargos da Xunta Directiva son elixidos nominalmente pola Asemblea Xeral de entre os seus membros e o seu mandato ten unha duración de catro anos. A actual Xunta Directiva foi renovada en Asemblea Xeral celebrada o 30 de abril de 2011 ante a dimisión de dous vocais e quedou composta da seguinte maneira: Presidente: JUAN CARLOS DE SOLA VOLLBRECHT. Vicepresidenta: NATALIA PUGA LÓPEZ Secretario: ALEJANDRO ESPIÑO REBOREDO Tesoureiro: ROBERTO BAQUERO PÉREZ Vocal: ROI PALMÁS CORA Vocal: ESTRELLA LÓPEZ MARTÍNEZ Vocal: ANA RAMOS PORTO Vocal: LORETO COSTA DEL RIO Vocal: CARLOS FARIÑA GONZALEZ

7


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

8


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

3. Presentación e plan estratéxico Durante o ano 2011, as actividades da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) centráronse en catro ámbitos: - Planificar e executar programas e proxectos de comunicación para o desenvolvemento coa finalidade de achegar coñecemento e habilidades na transmisión

correcta

de

información

en

sociedades

e

comunidades

desfavorecidas, tanto no Norte coma no Sur. - Difundir nos diferentes municipios de Galicia a través de documentais, exposicións fotográficas e charlas a realidade de diferentes países en vías de desenvolvemento que Agareso tivo a oportunidade de captar a través das ferramentas que ofrece a comunicación. - Consolidar unha rede sólida, comprometida e plural no sector xornalístico e da comunicación e a educación,

apoiar a formación e reciclaxe dos

profesionais no tratamento e elaboración de informacións de carácter social. - Servir de amplificador social ao traballo que en materia de cooperación e desenvolvemento levan realizado desde hai anos diversas entidades do ámbito social tanto en Galicia coma en países do Sur e xerar vínculos e alianzas con outras organizacións de similares características co obxectivo de crear reciprocidade á hora de deseñar novos proxectos, compartir experiencias e xuntar esforzos. Agareso camiña nestes intres da man de dous piares fundamentais: a profesionalización da organización e o inxente e valioso traballo do voluntariado. Para facer posible que os proxectos de comunicación para o desenvolvemento e sensibilización acaden os obxectivos fixados no plan estratéxico da organización fai falla que ambos se integren e coordinen.

9


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 O 31 de decembro de 2011 Agareso alberga unha rede de 110 persoas, 100 en Galicia e 10 no estranxeiro, que están distribuídas en delegacións: A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, ou Salnés, Pontevedra e Madrid. En cada unha destas delegacións, a rede de voluntarios de Agareso está integrada, fundamentalmente, por profesionais da comunicación, pero tamén conta con profesionais procedentes do mundo do dereito, o deseño ou a economía. Pero para complementar o traballo que realizan os voluntarios é preciso tamén que a organización dispoña dun equipo técnico formado e implicado plenamente coa organización. Atendendo ao importante valor que ten o traballo voluntario en Agareso, unha das persoas contratadas ten como labores a relación cos voluntarios para, a nivel interno, facilitar que a resposta dada en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se realizase con maior rapidez e cunha atención máis personalizada. Agareso este ano ten contratadas a catro persoas. Unha para proxectos, outra para

voluntariado, unha terceira paro o

proxectos de

Educación e

Comunicación para o Desenvolvemento de A Lama, base fundacional da organización, e a última no proxecto de Escolas Sen Racismo, que executa xunto a ONGD ACPP. Así no 2011 cumpriuse un dos obxectivos establecidos pola Xunta Directiva para este ano que é a profesionalización, na medida do posible, da organización.

10


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

4. Área de proxectos AGARESO centrou a súa labor ao longo do ano 2011 en dar cumprimento ao establecido no Plan Estratéxico 2010-2011, en función do cal se tiña marcado como obxectivo de executar catro programas: Visibilizar e sensibilizar sobre situacións de pobreza, exclusión e vulneración de dereitos humanos en España e nos países de Sur, promover unha maior calidade na información dos medios de comunicación, impulsar a comunicación para o desenvolvemento, comezar a traballar en educación para o desenvolvemento. Dentro destas catro áreas de traballo, ao longo do ano o traballo da organización foi derivando en manter os proxectos de visibilización e sensibilización na mesma liña que nos anos anteriores e impulsar os outros tres eidos a través de proxectos propios de formación e comunicación e educación para o desenvolvemento (CpD e EpD). O impulso dado a AGARESO Radio resultou clave en todas estas áreas de traballo, xa que a audiencia mantén unha tendencia á alza e, a maiores, durante o ano 2011 se asinou un convenio de colaboración coa rede de emisoras municipais RadioFusión que permite que os contidos da canle se redifundan durante a fin de semana en todas as emisoras locais e municipais de Galicia unidas a este ente. A forza da radio é, ademais, unha das claves que permitiu a consolidación en 2011 dos programas de comunicación para o desenvolvemento (CpD) que xa viñan realizando en 2010, tales como os obradoiros de capacitación no centro penal de A Lama e o Proxecto ‘Sen Barreiras’ coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e o impulso de novas vías de traballo. Así, no centro penal, Agareso pasou a coordinar a emisora do centro, ‘A Radio’ e pasou de realizar capacitación a nivel xornalístico a facelo a nivel técnico e

11


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 en Cogami comezouse un curso de capacitación con cinco centros da rede da confederación. Así mesmo, a través da radio executouse o primeiro proxecto de comunicación para o desenvolvemento de Agareso no exterior, en concreto, en El Salvador; forxáronse alianzas con colectivos doutros países como Radio Universidad de Guadalajara (México); e comezouse o primeiro proxecto reglado de educación para o desenvolvemento (EpD), Escolas sen Racismo, en centros escolares galegos. Este último proxecto tamén ten unha vertente audiovisual a través de obradoiros de televisión. A nivel de visiblización, permitiu impulsar o apoio de AGARESO a movementos sociais como o 15-M ou colectivos como Aspace ou as persoas con discapacidade. No ámbito académico e formativo, en 2011 púxose en marcha o I Seminario de Comunicación Social e Xornalismo Internacional na Universidade de Santiago de Compostela, unha aposta formativa que xa ten a continuidade garantida para 2012 e que ten vocación de permanencia no tempo. A ONGD comezou a súa colaboración coa Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real Code), integrada por 15 grupos de investigación que buscan consolidar a iniciativa buscando liñas de traballo conxuntas. O ano 2011 tamén foi no que Agareso puxo en marcha o seu traballo como entidade prestadora de servizos sociais. A principios de ano foille recoñecida esta capacidade e comezou a darlle forma como entidade acolledora de persoas que teñen que cumprir Traballos en Beneficio da Comunidade (TBC) a través dun convenio asinado coa Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias. En 2011, Agareso tamén se implicou en oito proxectos de sensibilización e visibilización en Galicia: Semana Galega contra a Pobreza; actividades de sensibilización do proxecto Camiños de Paz; visibilización dos proxectos de AGARESO en Ecuador, Nicaragua e o Golfo de Fonseca por diversas 12


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 localidades galegas; participación na Feira da Solidariedade de Vilagarcía; charla co colectivo Pandora; e actividades vinculadas á estadía en Galicia da reporteira mexicana Priscila Hernández. No exterior, Agareso realizou cinco proxectos de visibilización e sensibilización, un en Perú, un en Perú e Ecuador, un no Baixo Lempa (El Salvador), un en Marrocos (a parte práctica do I Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional) e un en Cabo Verde.

4.1. Proxectos de visibilización e sensibilización 4.1.1 Actividades de sensibilización do proxecto Camiños de Paz

No ano 2010, un equipo de Agareso desprazouse ao territorio palestino para dar a coñecer o traballo que Asemblea de Cooperación pola Paz e outras organizacións non gubernamentais realizan sobre o terreo para promover o entendemento entre árabes e israelís e para buscar unha saída non violenta a unha situación de enfrontamento que se prolonga dende hai décadas. En 2011, o traballo recollido naquela expedición materializouse en dous documentais (‘Palestina sen Barreiras’ e ‘Camiños de Paz. As Outras Voces de Israel e Palestina’) e unha exposición (‘Outras Voces de Israel’). Facendo uso deles, en colaboración con ACPP púxose en marcha unha campaña de sensibilización para achegar á cidadanía galega, desde a perspectiva dos Dereitos Humanos e do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), a situación en Oriente Próximo e o traballo realizado pola sociedade civil palestino-israelí co fin de lograr unha solución pacífica do conflito desta zona.

13


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

A exposición, integrada por 24 paneis, amosouse en tres localidades galegas acadando unhas 900 visitas: A Coruña (no LERD, Pavillón de Estudantes da UDC) do 17 ao 28 de Outubro, Pontevedra (Casino Mercantil de Pontevedra) do 31 de Outubro ao 15 de Novembro e Begonte (Casa da Cultura de Begonte, Lugo) do 15 ao 30 Novembro. De cara a facilitar unha maior comprensión da exposición e da campaña, editáronse trípticos que se distribuíron nas tres universidades galegas debido a súa activa participación na campaña, asociacións, centros culturais, centros educativos, centros de información xuvenil... Durante o desprazamento a terreo, o equipo comezou a elaboración do blog ‘Camiños de Paz’, que se mantiña activo a 31 de decembro de 2011 e que recibiu constantes actualizacións durante os 15 meses que acumula aberto. Acadou 6.015 visitas. En 2011 tamén se realizaron dous ciclos de cinema para divulgar a campaña. En xuño de 2011 realizouse na facultade de Ciencias Políticas da USC e en outubro de 2011 na facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense da Universidade de Vigo. 14


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

A campaña completouse cun ciclo de charlas e mesas redondas con representantes israelís/palestinos realizadas en tres localidades galegas nos meses de xuño e outubro. No mes de xuño realizouse o ciclo de charlas en torno a Sami Dawood, director técnico de Palestinian Hidrology Group (PHG), ONG palestina que traballa para mellorar o acceso aos servizos de auga e saneamento, e para controlar contaminación e ou cambio climático no territorio palestino ocupado. Estivo en Santiago de Compostela (09/06/2011 na Facultade de Ciencias Políticas, da USC) e Pontevedra (10/06/2011 na Casa das Campás, UVigo). O número total de asistentes foi de 40. No mes de outubro realizouse o ciclo de charlas a cargo dos activistas israelís Yoav Tamir e Samia Nasser da entidade Worker's Advice Center (WAC), que traballa na promoción dos dereitos laborais das poboacións árabes na sociedade israelí, a favor do empoderamento das mulleres no mercado laboral, e para a sensibilización da mocidade sobre aspectos culturais. As charlas foron o 17/10/2011 en Santiago de Compostela, e o 18/10/2011 en Ourense (Facultade de Ciencias da Educación) e Pontevedra (Casino Meracantil de Pontevedra). O número total de asistentes foi de 60. En outubro de 2011 estreouse de xeito oficial o documental ‘Palestina sen Barreiras’ no marco do ciclo de cinema de Ourense e en novembro estreouse 15


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 ‘Camiños de Paz’ en Pontevedra. Previamente, xa se proxectara na sede de ACPP en Palestina, Ramalah (18/10/2011) ante un grupo de 15 persoas formadas polo equipo de ACPP, a responsable de Oriente Medio en España Teresa Yetano e representantes das organizacións que

aparecen no

documental.

4.1.2. Semana Galega contra a Pobreza Por segundo ano consecutivo, Agareso participou activamente na Semana Galega contra a Pobreza, organizada pola Coordinadora Galega de ONGD. Logo da experiencia do 2010 no Camiño de Santiago contra a Pobreza, Agareso volveu colaborar en outubro do 2011 na difusión das actividades da Semana a través dun blog multimedia creado para a ocasión. A Asociación encargouse ademais de coordinar o acto da Semana programado en Pontevedra e implicouse, por medio da súa representación na Coordinadora, na organización de toda a Semana Galega contra a Pobreza, que este ano se centrou en denunciar a redución dos fondos destinados pola Xunta á cooperación ao desenvolvemento.

O blog da Semana Galega contra a Pobreza contou con actualizacións multimedia (vídeos, fotos e textos) ao longo dunha semana. Na súa 16


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 coordinación e elaboración participaron arredor dunha decena de voluntarios de Agareso de Santiago, A Coruña e Pontevedra; e contouse tamén coa participación da responsable de comunicación da Coordinadora, así como con outras colaboracións puntuais alleas a Agareso. Agareso como organización responsabilizouse tamén do acto de rúa programado en Pontevedra, na Peregrina, que consistiu nunha representación de teatro de rúa e na recollida de sinaturas para denunciar ante o Valedor do Pobo o recorte aplicado pola Xunta nos fondos asignados á cooperación ó desenvolvemento. A actividade desenvolvida en Pontevedra contou tamén coa colaboración de persoal e dunha representación da directiva da Coordinadora Galega de ONGD.

4.1.3. Visibilización dos proxectos da organización nos municipios galegos Dentro dos seu obxectivo de converterse en altofalante de realidades pouco coñecidas ou con escasa repercusión nos medios de comunicación convencionais, durante o ano 2011 AGARESO continuou con tarefas de visibilización de proxectos executados desde a súa constitución. É o caso dos realizados en 2009 no Golfo de Fonseca e Ecuador e no 2010 en Nicaragua.

17


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Proxecto Golfo de Fonseca: Durante todo o 2011, continuamos mostrando por toda Galicia a exposición e o documental resultantes do proxecto "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", que xira en torno ás iniciativas de pesca artesanal sostible que desenvolve a ONG Amigos da Terra en Nicaragua, Honduras e El Salvador, tres países que comparten a xestión desta área xeográfica, moi rica en biodiversidade. Tanto a exposición como o documental estiveron presentes en Lugo (Escola de Imaxe e Son), Guitiriz (Casa Habanera), Pontevedra ( Delegación da Xunta de Galicia e centro penal A Lama), Bueu (Sala de exposicións Amaia Domínguez Bua), Boiro (Centro Social), Oleiros (CEIDA), A Coruña (Fórum Metropolitano) e Cambados (Pazo Torrado). Proxecto comercio xusto Ecuador. A longo do ano, difundiu a exposicón e o documental 'Pequenas doses de supervivencia. Os rostros do comercio xusto ecuatoriano', estreados en novembro do ano anterior. As 30 fotografías en branco e negro e cor e o documental que integran o material de visibilización deste proxecto moveuse pola vila de Cangas no mes de maio e amosouse no local da ONGD Amarante Setem en Pontevedra entre xuño e setembro. Con este traballo de visibilización, tanto Agareso como Amarante Setem márcanse o reto de ser testemuño do cambio iniciado nas comunidades agrícolas do Ecuador grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional. Como exemplo, móstrase o resultado da colaboración entre a ONGD galega Amarante e a Fundación Maquita, organización ecuatoriana de referencia no sector primario. Aproveitando a presentación da exposición e o documental, fixéronse diferentes charlas de sensibilización. Por outra banda, o ano rematou co establecemento da data de proxección do documentan na segunda canle da Televisión de Galicia, o 6 de xaneiro.

18


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Brigadas sanitarias en Nicaragua. Presentación Non che doe?. O documental "Non che doe?" foi realizado por un equipo de AGARESO que se desprazou ata Nicaragua en novembro de 2010 (formado pola xornalista Loreto Costa e o cámara Miguel Caruncho) para visibilizar o traballo que realizan as brigadas sanitarias da ONGD Solidariedade Galega no país centroamericano.Desde hai unha década, esta organización programa brigadas sanitarias a países de Latinoamérica con especialistas en disciplinas médicas ás que moitos dos nicargüenses sen recursos económicos non teñen acceso. A montaxe do documental corresponde a Carlos Mendaña e a post produción correu a cargo doutro membro de Agareso, Alex Espiño. “Non che doe?” recolle testemuñas das desigualdades que existen entre sociedades, pero tamén do gran traballo que realizan os integrantes das brigadas sanitarias de Solidariedade Galega en Nicaragua, mostrando como cunha

adecuada

atención

médica

pode cambiar

a

vida

de

moitos

nicaragüenses sen recursos económicos. Todo elo, contado en primeira persoa, da man dos seus protagonistas. 19


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Durante o 2011, fixemos varias presentacións do documental, a primeira tivo lugar o 22 de novembro na Fundación Paideia, na cidade da Coruña, dentro da asemblea de Solidarieade Galega, na que tamén se presentaron o resto de proxectos realizados por esta ONGD durante o 2010 e 2011. E a segunda presentación tivo lugar o 30 de decembro no Carballiño, Ourense, enmarcada dentro das xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA), que promove o Cineclube Carballiño. O final do 2011 tamén se pecharon varias presentacións deste documental por distintas cidades galegas durante o 2012, co obxectivo de acercar á poboación o traballo das brigadas sanitarias en Centroamérica, neste caso, de Solidariedade Galega. En xaneiro proxectarase no Colexio de Médicos de Pontevedra e en febreiro na sede comarcal deste organismo na cidade de Vigo. Tamén se confirmou a emisión na TVG2 do documental a principios de ano.

4.1.4. Feira da Solidariedade de Vilagarcía A céntrica praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa acolleu durante a xornada do 24 de setembro de 2011 unha nova edición da Festa da Solidariedade. Este 20


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 ano participaron na cita un total de 23 asociacións e colectivos con sede ou presenza na capital arousá. O Concello organizou esta nova edición da festa na que o terceiro sector amosou a pé de rúa o tecido social co que conta Vilagarcía introducindo varios cambios con respecto a edicións pasadas. Desta volta houbo un espazo común a todos os participantes para que explicasen ante o público presente as actividades, os obxectivos e os fins que buscan coas súas asociacións, poñendo de manifesto o elevado número de colectivos existentes e as diferentes áreas temáticas que ocupan.

Agareso, como vén sendo habitual, tomou partido desta xornada e presentou un resumo dos seus proxectos e da súa historia mediante fotografías e publicacións. Atendendo o expositor instalado estiveron durante toda a xornada diferentes integrantes da directiva e do voluntariado. O presidente da entidade, Juan de Sola, foi o encargado de presentar ante os asistentes as liñas de traballo da ONGD Agareso, facendo especial fincapé nos proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento que se están a realizar en Galicia.

21


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

4.1.5. Conferencia co colectivo Pandora O sábado día 9 de xullo de 2011 Agareso celebrou no Auditorio Municipal de Vilagarcía

de

Arousa,

por

terceiro

ano

consecutivo,

unha

xornada

formativa/informativa coa ONG Pandora-Galicia. Este colectivo de carácter nacional organiza visitas e estancias de estudantes foráneos en España. Neste caso trátase de adolescentes estadounidenses que residen en Vilagarcía durante un período de 15 días nos que visitan esta cidade e os seus arredores. Unha das actividades de referencia nas súas axendas é a de organizar un encontro con Agareso para coñecer de primeira man o traballo das ONG en Galicia e en España en xeral e do colectivo xornalístico en particular. Unha vez máis o grupo, conformado por preto de 20 estudantes, asistiu á conferencia ofrecida, desta volta polo delegado da zona do Salnés, Roi Palmás, na que se lle amosou un repaso polo traballo realizado por Agareso desde a súa conformación como colectivo, polos proxectos levados a cabo, tanto en Galicia coma no exterior, e pola importancia que se lle confire ás liñas de Comunicación para o Desenvolvemento e as canles de radio e televisión por Internet. Logo da presentación, que contou cun apoio audiovisual e na que se proxectaron fotografías e vídeos dos diferentes proxectos de Agareso, así como fragmentos dalgúns dos programas da grella de Agareso Radio, abriuse unha rolda de preguntas na que os asistentes se interesaron polo terceiro sector en Galicia e deixouse aberta a porta a unha posible colaboración futura con estes voluntarios.

22


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

4.1.6. Difusión da complexa realidade mexicana da man da voluntaria e xornalista Priscila Hernández No marco da IV Convención Anual de AGARESO, contamos coa presenza como relatora de Priscila Hernández, a nosa correspondente en México e especialista na cobertura de temáticas de discapacidade e dereitos humanos. Aproveitando a súa estancia en Galicia, non quixemos pasar de largo a oportunidade de que coñecese o traballo que realizan moitas organizacións da nosa comunidade en temática social e de dereitos humanos. Deste xeito, a xornalista visitou as instalacións de Cruz Roja en Pontevedra e o traballo que levan a cabo con persoas inmigrantes e VIH. Na Coruña, coñeceu as instalacións que ten a ONG Equus Zebra para potenciar a integración das persoas inmigrantes.

Tamén tivo a oportunidade de achegarse ata as instalacións de Cogami en Santiago de Compostela e ás da ONCE en Pontevedra, e descubrir o seu traballo con persoas con diferentes discapacidades. Xa na zona das Rías Baixas visitou a sede do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación

23


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Internacional), situados ámbolos dous na lla de San Simón, e en Vigo, coñeceu o labor da Fundación Arela, que traballa en iniciativas de apoio á infancia. Ademais, tamén tivo a oportunidade de acceder ao Centro Penal de A Lama e ver de preto o programa de Comunicación para o Desenvolvemento que realiza AGARESO cos/as internos/as deste Centro desde o 2008. Durante a súa estancia en Galicia mantivo reunións con representantes tanto da Administración, como do ámbito universitario e do terceiro sector, co obxectivo de coñecer o traballo que realizan no ámbito social. En concreto reuniuse co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fdez. Lores; coa Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero; co decano da Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela, Xosé Pereira; así como con representantes da Oficina de Cooperación da Universidade da Coruña e da directiva da Coordinadora Galega de ONGD. Por outra banda, a súa visita constituíu unha oportunidade para que a sociedade galega coñecese de primeira man a situación do xornalismo, dos dereitos humanos e das persoas con discapacidade en México. Así, impartiu dúas charlas sobre a situación das persoas con discapacidade en México, unha no Museo de Pontevedra e outra na sede da ONCE en Pontevedra, ademais dunha conferencia en Vilagarcía de Arousa, en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico, sobre a situación dos dereitos humanos no seu país, ante o panorama de violencia xerado pola pobreza e o narcotráfico. Realizou tamén sendas charlas nas Facultades de Xornalismo de Santiago de Compostela e na de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, nas que explicou aos/ás alumnos/as a necesidade de impulsar o xornalismo social entre os futuros comunicadores. Ademais, tamén tivo tempo para os máis 24


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 pequenos, levando a cabo un obradoiro sobre tolerancia e non discriminación a rapaces e rapazas do Club Golfiños de Bueu.

4.1.7. C@tic de ACCEM A finais deste ano, ACCEM Galicia, organización que traballa con persoas refuxiadas e inmigrantes, púxose en contacto con AGARESO para colaborar na visibilización do seu programa "C@tic: Centro de Acollida Temporal incorporando as novas tecnoloxías da información e da Comunicación". Este proxecto pretende fomentar unha convivencia positiva de persoas en situación de vulnerabilidade utilizando as TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación). Así, ademais de proporcionar aloxamento a estas persoas, os participantes puideron realizar distintos obradoiros nos que aprenderon a utilizar internet, o que favoreceu a súa participación e inclusión social. Deste xeito, exploraron os recursos da comunidade e as opcións de ocio, aprenderon como facer trámites, como buscar actividades de voluntariado ou traballo a través de internet. A redactora, Sabela Íñiguez, e o cámara Juan Carlos Herrero, foron os encargados de dar visibilidade ao proxecto a través dunha pequena peza audiovisual que recolle as experiencias e impresións dos participantes, así como a percepción das profesionais de ACCEM implicadas no proxecto.

25


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

5. 4. 2. Proxectos de visibilización e sensibilización no exterior 4.2.1. Perú e Ecuador

Perú e Ecuador están considerados países prioritarios no Plan Director da Cooperación Española 2009-2012 e no II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2010-2013. En ambos os dous, entidades do terceiro sector teñen en marcha proxectos que dan resposta a cinco liñas de actuación: loita contra a pobreza, igualdade de xénero, defensa da sostibilidade ambiental, respecto polos dereitos humanos e defensa da interculturalidade. En xullo de 2011, Agareso realizou un proxecto de identificación e visibilización de parte destes proxectos de cooperación para ofrecer unha panorámica da solidariedade dos países do Norte coa rexión andina e dos pasos dados cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) fixados por Nacións Unidas.

26


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Este proxecto, recollido no blog http://Agaresoperuecuador.blogspot.com/, foi máis aló das anteriores actividades de visibilización no exterior realizadas por Agareso e realizou unha identificación técnica de cada un dos proxectos que se foron coñecendo, en especial, durante a estadía en Perú. A maiores, ao regreso a España, o equipo realizou unha reportaxe para a revista interna dunha das entidades das que tivo oportunidade de coñecer máis proxectos, Axuda en Acción. O blog do proxecto recolle tanto historias de vida e testemuños reais como informes técnicos das seguintes entidades e proxectos: Yancana Huasy (que conta con proxectos propios e con Axuda en Acción e a Confederación Galega de Pesoas con Discapacidade-Cogami para traballar a asistencia sanitaria, educativa e sociolaboral de persoas con discapacidade), Asociación Peruana de Hemofilia (que traballa coa Asociación Galega de Persoas con Hemofilia e con Cogami), Terra de Nenos (que ten proxectos coa Fundación Cume, co Fogacosol e co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade), Asociación Chira (contraparte de Educación sen Fronteiras), Escaes-Perú e o proxecto Binacional Perú-Ecuador que ten con Axuda en Acción e ITP (Instituto Tecnolóxico Pesqueiro de Perú que trabilla con Anfaco). Os días nos que a expedición integrada pola redactora Natalia Puga e o fotógrafo Wilson Morales estivo en Ecuador aproveitouse a fortaleza de que o reporteiro gráfico é o correspondente de AGARESO neste país para penetrar nas comunidades indíxenas das montañas que rodean a cidade de Quito para coñecer a súa situación real e os traballos que se están realizar desde entidades locais e estranxeiras para manter a súa singularidade e facer viable a súa supervivencia nun mundo globalizado. Retratouse a cara desta poboación e tamén de que maneira a taxa de pobreza extrema diminuíu no país significativamente entre 1999 e o 2010, ao pasar dun 40% a un16,5% do total da poboación e, aínda que, as taxas de pobreza son cada vez máis elevadas 27


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 para as poboacións indíxenas, afro-descendentes e rurais, alcanzando o 44% da poboación nativa.

4.2.2. Perú Como parte do esforzo que Agareso realiza para a visibilización das achegas da cooperación galega en diversas partes do mundo, a reporteira Lorena Seijo e a fotógrafa Eva Cuik viaxaron coa delegación da Xunta de Galicia a Perú: o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, en setembro de 2011 para visitar cinco proxectos financiados polo goberno galego e executados conxuntamente entre entidades peruanas e galegas.

Os proxectos e organizacións visitadas foron a Fundación Balms para a Infancia na parroquia do Agustino, Lima, onde se puido corroborar como a atención á primeira infancia é vital para que os nenos e nenas dos barrios desfavorecidos non ingresen en grupos delincuencias ou abandonen prematuramente a escola.

28


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Tamén tiveron a oportunidade de acudir ao hospital público Dos de Mayo e a sede da Asociación Peruana de Hemofilia, Lima, para ver cos seus propios ollos as dificultades polas que pasan os hemofílicos, nun país no que aínda non está garantido o tratamento médico. Xa no norte do país, na rexión de Piura, visitaron o proxecto educativo e produtivo de Educación sen Fronteiras e Asociación Chira nas Lomas no que o fillos e fillas dos agricultores aprenden a cultivar a terra de forma máis produtiva e ecolóxica, e a por en valor o traballo dos seus país para romper co fío que une campo e pobreza. Finalmente

fíxose

un

percorrido

polos

proxectos

binacionais

de

desenvolvemento integral que Axuda en Acción e ESCAES teñen na fronteira entre Perú e Ecuador, un proxecto integrador que procura o desenvolvemento dos pobos que habitan a fronteira en todos os ámbitos da súa vida: sanitario, educativo, social, comunicativo e produtivo. Durante esta viaxe realizáronse reportaxes escritas e gráficas de cada un dos proxectos, que posteriormente foron publicados na páxina web da organización e enviados ás organizacións protagonistas para que poidan facer uso deles. Ademais colaborouse ca oficina de prensa da Xunta de Galicia fornecéndolles notas de prensa e imaxes para que puidesen facer a difusión da visita e os proxectos.

4.2.3. Marrocos Entre o 2 e o 12 de agosto de 2011, Agareso regresou a Marrocos para continuar o traballo comezado en 2010 e plasmado en Perfís do estreito. Esta nova expedición conformárona cinco estudantes que o pasado curso académico participaron na primeira edición do Seminario de Xornalismo Social 29


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 e Cooperación Internacional, organizado coa colaboración de Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), e a voluntaria Ana Ramos, coordinadora desta primeira acción formativa levada a cabo por AGARESO. Guiados polo activista dos dereitos humanos Boubker O Khamilinchi, Claire Trichot, fundadora de 100% Mamans, e Antonino Caradonna, coordinador de ACPP en Marrocos, a expedición percorreu Tánxer, a cidade que durante o período da Interzona acolleu a infinidade de expatriados atraídos pola súa delirante cultura do todo vale, convertida hoxe nun muro infranqueable para aqueles que soñan con atravesar o estreito.

Ademais, visitouse Nador onde coñecemos diferentes proxectos executados por ACPP nesta zona do norte do país, o que se complementou cun pequeno curso de Cooperación Internacional, pechando o ciclo formativo iniciado nesta primeira edición do Seminario. Esta expedición tratou tamén de coñecer o alcance das reformas constitucionais levadas a cabo en Marrocos, á vez que

30


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 profundou nas diferentes accións auspiciadas polos líderes sociais implicados na “primavera árabe”.

4.2.4. Cabo Verde A colaboración que desde hai tempo vén mantendo Agareso co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade deu a finais de 2011 un novo paso adiante cara a visibilización da cooperación local. A redactora Mónica González e o cámara Xacobe González desprazáronse a Cabo Verde para recoller o material audiovisual que centrará o próximo documental sobre a entidade.

Alí realizaron numerosas entrevistas e filmacións sobre os proxectos apoiados no arquipélago, pero a peza non só amosará as iniciativas impulsadas en distintos países do Sur, senón tamén as actividades de sensibilización realizadas no Norte. Diversos voluntarios e voluntarias profesionais de Agareso están a participar na preparación deste documental, entre eles os xornalistas Miguel Caruncho e Saraih Lago. Está previsto que se estree o próximo ano, coincidindo coa conmemoración do XV aniversario do Fondo Galego, cunha campaña de difusión que permita achegar á cidadanía os resultados da cooperación descentralizada promovida polas Deputacións e Concellos socios.

31


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

5.

Proxectos de Acción Social

A asociación deu un paso en 2011 que se materializará no Plan Estratéxico 2012-2013 como prioritario para a consecución da súa misión, a súa visión e os seus valores: puxo en marcha o seu primeiro proxecto de acción social. No mes de abril de 2011, a Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais autorizou a inscrición de AGARESO no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), no que se integran todas aquelas entidades galegas gue desenvolven programas ou son titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais, nos seguintes ámbitos: maiores, discapacidade, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios. O RUEPSS configúrase, para o público e os profesionais de servizos sociais, como unha ferramenta para a difusión, o coñecemento e de orientación na asignación dos recursos sociais existentes e AGARESO recibiu a aprobación para converterse en parte destas ferramentas. Este paso resultaba indispensable para que a entidade pasase a realizar proxectos de acción social, como se marca no seu vindeiro Plan Estratéxico, e permitiu que no mes de xuño realizara o seu primeiro cometido no ámbito da inclusión, neste caso, como entidade facilitadora de traballos en beneficio da comunidade (TBC).

5.1. Acollida de traballadores en beneficio da comunidade No mes de marzo de 2011, AGARESO subscribiu un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias en virtude do cal a entidade pasa a ser colaborada para o cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC). O convenio subscribiuse na Subdelegación do Goberno en Pontevedra coa presenza do subdelegado do Goberno en Pontevedra, 32


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Delfín Fernández; o director do centro penal de A Lama, José Antonio Gómez; e o presidente da ONGD, Juan de Sola. Este convenio enmarcase na Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal, que introduce no sistema penal español, dentro das penas privativas de dereitos, as penas de traballos en beneficio da comunidade, cuxos artigos 39, 40 e 49, na súa redacción dada pola Lei Orgánica 15/2003, do 25 de novembro, remiten as circunstancias de execución desta pena á vía penal, establecéndose no citado artigo 49 que os traballos en beneficio da comunidade -que non poderán impoñerse sen o consentimento do penado-, lle obrigan a prestar a súa cooperación non retribuída en determinadas actividades de utilidade pública. En función deste convenio, Agareso comprométese a facilitar un número de prazas aos penados a traballos en beneficio da comunidade e o Ministerio do Interior asume as obrigas para a cobertura das continxencias que corresponden ao Instituto Nacional da Seguridade Social por accidentes de traballo e enfermidades profesionais dos penados, polos días de prestación efectiva do traballo desenvolvido en beneficio da comunidade. Agareso a través dos órganos ou servizos habilitados para iso, comprométese a impartir os coñecementos necesarios para que a actividade despregada polos penados poida ser cumprida eficazmente, e facilitará o material necesario para a realización do traballo. Pola súa banda, a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, tendo ao seu cargo os Servizos que xestionan as Penas e Medidas Alternativas, asume a xestión, coordinación e seguimento da pena, mediante contactos cos responsables do traballo. Agareso recibiu á primeira persoa penada a TBC no mes de xuño na sede que tiña en Vigo compartida coa ONGD Amigos da Terra. Naquela sede, ao longo do ano, atendeu a tres persoas penadas: dúas con perfís de apoio e 33


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 colaboración na tarefa de mantemento e limpeza de instalacións e unha para apoio e colaboración en tarefas burocráticas e de atención ao público. Na sede da ONGD en Pontevedra atendeu a tres persoas, as tres co perfil de apoio e colaboración en tarefas burocráticas e de atención ao público e unha deles continuaba ao remate de 2011, tendo previsto o fin do seu período de servizos en febreiro de 2012.

6.

Agareso Radio

Agareso Radio nace no horizonte do ano 2010 como elemento diferenciador da ONGD. A través deste medio concrétase unha programación temática e especializada na abordaxe de diferentes ámbitos sociais, así como a execución de proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento.

6.1. Resumo do ano e novas colaboracións O crecemento e a fidelidade de audiencia experimentaron unha curva ascendente durante os dous anos de vida da canle. As alianzas con institucións universitarias, sectoriais e sociais rexistraron uns notables resultados para o crecemento desta área de Agareso. A programación combina a multiculturalidade musical con reportaxes, programas e espazos informativos dedicados a visibilizar as diferentes realidades e contextos de manifestación da pobreza e vulneración de Dereitos Humanos. Os

programas

emítense

na

canle

de

Agareso

Radio

(http://www.Agareso.org/radio) e tamén poden escoitarse sen limitacións de horario, e mesmo descargarse, no servizo de podcast habilitado na web da organización: www.agareso.org/es/reportajes/comunicacion-sen-barreiras.

34


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 A canle de Agareso Radio 24h persegue converterse nunha referencia na visibilización, sensibilización e comunicación para o desenvolvemento de diversos ámbitos sociais. É unha canle recoñecida pola rede internacional de emisoras

adheridas

a

Nacións

Unidas

(ONU)

desde

o

ano

2010

(www.unmultimedia.org/radio/spanish/radios-asociadas). A través deste medio amplificamos as voces que carecen das oportunidades necesarias para desenvolverse ou se atopan en situación desfavorecida. A programación está composta integramente por contidos de temáticas sociais: VIH, Discapacidade, Exclusión, Drogodependencia, Centros Penais, Infancia, Terceira Idade, Cooperación, Solidariedade, Dereitos Humanos, Medio Ambiente, entre outros. Cabe lembrar os obxectivos fundacionais da organización de Reporteiros Solidarios, formada por profesionais da comunicación de Galicia (España), con plena disposición

a cumprir co compromiso de profundar nas causas da

pobreza, desigualdades e vulneración de DD.HH, práctica moi ausente nos medios de comunicación convencionais. Na grella de programación, a produción propia, a día de hoxe, ofrece espazos de faladoiro como En Otra Onda ou Sen Barreiras. En ambos os programas participan os beneficiarios dun proxecto de CpD. En varias franxas horas emítense estes e outros aplicando un criterio horario universal (adaptar a programación a calquera uso horario). Neste sentido, atopamos outro dos programas dedicados á cooperación municipal: Voces Con Fondo é un repaso ás accións e esforzos que os concellos galegos realizan, canalizados polo Fondo Galego de Cooperación, ao campo da solidariedade. A combinación da reflexión e cultura social marcan os parámetros de acción do programa DescontaminArte. Con carácter semanal, a delegación de Madrid 35


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 achega á canle un espazo dedicado ás inquietudes, movementos e expresións sociais e culturais. A denuncia é unha constante ao longo de todo o espazo. A programación da canle compleméntase con outras propostas vinculada ás diversas situacións que viven as comunidades indíxenas (Territorio Indíxena) ou a profundización dos proxectos, de moi diversa tipoloxía, que as organizacións sociais realizan en liñas de cooperación ou acción social (Zona ONG). Entre os espazos informativos atopámonos cos boletíns diarios da redacción Agareso Radio Noticias; o relato semanal da información ambiental e ecolóxica O Mundo Verde ou o informativo sobre o mundo da discapacidade Sen Barreiras. Por outra banda, a produción externa concertada con outras institucións e organizacións

procede

da

redacción

de Nacións

Unidas, dando así

cumprimento ao compromiso de programar pílulas informativas e reportaxes producidas pola ONU. Nesta mesma informativa foi incorporado á programación o informativo Mais Voces que comparten numerosas radios comunitarias e sociais de fala hispana. No cultural, o acordo alcanzado coa plataforma de Radio Grovalización achega unha diversidade e pluralidade grazas a prográmalos Mosaico, Capitais da Grovalización e Pardisofolk.

6.2. Movemento 15M Agareso Radio emitiu durante o 2011 programas monográficos dedicados ao balance e análise do 15-M, nos que se seguiron as mobilizacións, se fixeron

36


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 conexións en directo con diferentes cidades e países como Ecuador e Venezuela para coñecer a trascendencia deste movemento social. A programación da canle, recoñecido e integrado na rede de emisoras de Nacións Unidas (ONU), detívose para coñecer a situación da #Spanish Revolutión en diferentes cidades españolas e europeas. Un amplo equipo de reporteiros e voluntarios de Agareso

Radio realizaron un percorrido para

conectar, en directo, con diferentes responsables de acampadas e asembleas e profundar na situación desta mobilización social, pacífica e democrática. Durante o transcurso dos programas, fixéronse conexións con AGARESO Madrid desde a Praza de Neptuno, con AGARESO Santiago dende a acampada da Praza do Obradoiro e con outras vilas como Pontevedra, Vigo ou Ferrol para coñecer a realidade máis próxima de cada asemblea. Pola súa banda, a ampla cobertura de AGARESO Radio repasou as repercusións exteriores desta reacción social, a súa presenza nas redes sociais e os contrastes coa Primavera Árabe nos países do Magreb. Un equipo composto por unha decena de reporteiros da ONGD deu vida a estes programas ‘acampando na radio’.

37


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

6.3. IV Convención anual Durante a realización da IV Convención Anual de AGARESO no centro penal de A Lama retransmitiuse en directo as conferencias dos relatores para que a través de Agareso Radio todos os oíntes puideran acceder aos contidos das charlas. Ao mesmo tempo fixéronse entrevistas desde o estudio habilitado para o efecto na mesma sala da convención. As retransmisións deron a oportunidades a os propios internos e internas que participaron nas charlas de que a súa voz se escoitara fora dos muros da cadea e as súas familias, moitas delas residentes noutros países, telos por uns intres un pouco máis preto.

38


6.4. Programa especial sobre a migración en México Os recursos humanos e materiais de Agareso Radio contribuíron cun programa monotemático ao día da inmigración, o pasado mes de decembro de 2011. Esta acción realizouse en cooperación coa Radio Universidade de Guadalaxara que organizou un maratón 24 horas coa participación de diferentes organizacións e emisoras. A difusión alcanzo niveis internacionais. Chegou a todo o territorio de México sendo reforzado pola replicación do programa a través de 60 radios comunitarias repartidas polos continentes de América, Asia e Europa.

6.5. Xornadas ASPACE O día 2 de decembro do 2011, Agareso Radio realizou a retransmisión en directo das II xornadas “As novas tecnoloxías aplicadas á diversidade

funcional” organizadas por ASPACE Galicia con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra cada ano o 3 de decembro. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer a potencialidade das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (NTIC) para fomentar unha sociedade máis accesible e con servizos de calidade para as persoas con discapacidade. En total foron case catro horas de retransmisión en directo na que tamén participaron os e as integrantes de ASPACE co seu programa “A Radio dos Gatos”. A Radio dos Gatos, programa radiofónico que realzan persoas con parálise cerebral da Coruña e gañador do Premio Romper Barreiras 2011, realizou o seu programa semanal dende a sede das xornadas, amosando que con esforzo, ilusión e os apoios tecnolóxicos necesarios, as persoas con discapacidade poden levar a cabo tódolos proxectos que se propoñan.


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 No seu programa, os locutores e locutoras informaron sobre as últimas novas, o tempo, fixeron unha entrevista a Ana María Prieto, xerente de ASPACEGalicia, e reinvindicaron os dereitos das persoas con discapacidade. Nas xornadas expuxéronse os proxectos Enable Viacam, SitPLus, In-TIC e

ACCEGAL e remataron coa exposición da Fundación TADEGA.

7.

Comunicación para o desenvolvemento

A comunicación para o desenvolvemento é sen dúbida ningunha a base sobre a que a organización que seguir crecendo e o ámbito no que a experiencia e formación dos seus voluntarios e técnicos é máis útil e necesario para colaborar coa mellora das condicións de vida dos colectivos marxinados e os cidadáns dos países en vías de desenvolvemento.

7.1. Así suena El Lempa. El Salvador Agareso implementou no verán de 2011 o seu primeiro proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento no exterior. O equipo integrado polas xornalistas Susana Alvite e Carmen Novas impartiu sete obradoiros de radio 40


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 noutras tantas escolas do Bajo Lempa. O obxectivo principal do proxecto foi dotar aos alumnos e alumnas destas escolas ferramentas para poder comunicarse e ao mesmo tempo reflexionar sobre a temática medioambiental.

A iniciativa encádrase no proxecto a prol da pesca artesanal que xestiona nesta rexión salvadoreña Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) co financiamento da Xunta de Galicia, e que está a ser executado en terreo polo parceiro local Cordes. O desprazamento permitiu asemade visibilizar o traballo desta ong, a realidade do lugar, e entrar en contacto con canles comunitarias para establecer futuras vías de colaboración con Agareso Radio.

41


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Está previsto que estas emisoras difundan os sete programas gravados baixo o título ‘Así suena el Lempa’, que abordan desde o cambio climático e a deforestación ata a auga e o lixo, pasando polos factores que ameazan a especies da zona como a tartaruga mariña e o caranguexo ‘punche’. Audios, textos

e

imaxes

do

proxecto

están

dispoñibles

no

blog

http://Agaresobajolempa.blogspot.com/, onde se segue a ofrecer información sobre os acontecementos na zona.

7.2. Implementación do programa de Comunicación Integral para o Desenvolvemento no Centro Penitenciario de A Lama A actuación de membros da rede de reporteiros de AGARESO no Centro Penitenciario de A Lama remóntase ao ano 2008 coa iniciación dun faladoiro radiofónico conformado por catro internos, un xornalista externo (membro da ONGD) e un técnico. A organización colleu as rendas destes faladoiros en 2008 e posteriormente, esta actividade deu pé á creación dun proxecto de posta en marcha dunha emisora propia realizada por e para internos do penal, experiencia que veu a luz a comezos de 2010, unha vez que o proxecto foi aprobado por Institucións Penais e apoiado economicamente pola Fundación Pedro Barrié de la Maza baixo o auspicio de Agareso.

42


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Neste 2011 o proxecto consolidouse, gracias a continua dedicación dos voluntarios e a contratación dunha persoa específica que se fixo cargo deste proxecto durante de novembro do 2010 a abril do 2011, a través dunha subvención de fomento do emprego da Xunta de Galicia. Este novo profesional en nómina de AGARESO reforzou o traballo que viñan desempeñando voluntarios desde o ano 2009 (e que se mantivo) e ampliou a produción de material por parte dos internos da Lama para AGARESO RADIO. Así, ademais do faladoiro 'En otra Onda', programación da emisora da ONGD e a súa páxina web víronse enriquecidas cun faladoiro de temática deportiva denominado 'Módulo Deportivo' e coa produción por parte dos internos dun programa específico para a ONGD, 'Al son de la vida'. En novembro este profesional foi substituído por outra persoa, que desenvolverá o traballo ata agosto do 2012.

43


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Para formar aos futuros responsables da emisora, impártense obradoiros de radio nos que se forma teoricamente a un grupo de internos para que coñezan, non só as bases da radio, senón tamén da creación xornalística deste medio, formándose nos diversos xéneros radiofónicos. Obradoiros de radio no Centro Penitenciario de A Lama (Pontevedra). Clases teóricas onde se ensina historia da radio, os xéneros e formatos radiofónicos, redacción, elaboración dun guión e os obxectivos de desenvolvemento do milenio. Clases prácticas onde se ensinan conceptos técnicos de son para o posterior manexo do equipo radiofónico de “A Radio”, emisora do Centro Penitenciario. En

2011

aplicouse

o

Programa

de

Comunicación

Integral

para

o

Desenvolvemento e continuouse co obradoiro de prensa. Os cursos de radio realizáronse durante todo o ano, tendo en conta o feito de que moitos dos internos que colaboran con 'A Radio' foron redimindo a súa condena coa sociedade e acadando o terceiro grado penal, feito que obriga a ter unha canteira de persoal que permita ir cubrindo os espazos vacantes daqueles internos que obteñan a liberdade.

44


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 En 2011 continuaron as clases de redacción e maquetación xornalística encamiñadas a consolidar a nova revista do centro penal, ‘A Xanela’. O alumnado asistente ás clases adquiriu habilidades comunicativas coas que xa se pode concluír que empezan a discernir os diferentes formatos xornalísticos e os contidos que poden ser publicables. Pasaron de realizar unha revista anual a dúas e teñen novos proxectos que se materializarán en 2012. Grazas aos coñecementos en maquetación,empezaron a colaborar con outro tipo de material escrito de difusión interna no centro, así como na realización de cartaces ou autocolantes sobre á actividade diaria da prisión. En 2011 traballaron, ademais, na elaboración dun libro de estilo propio de ‘A Xanela’, que ten vocación de converterse tanto no seu manual de referencia como nun documento que permita a posteriores integrantes do equipo de redacción ter avanzado en aspectos tanto de redacción como de deseño e maquetación. A piques de finalizar o ano estaba aínda en proceso de realización. Ademais, mantiveron a súa continuidade semanal os faladoiros con internos do penal, que se realizan nos estudios de 'A Radio' e logo son emitidos a través de Agareso Radio e engádense como podcast na páxina web de Agareso.

7.3 Sen Barreiras No 2011 Agareso continuou traballando no proxecto de radio Sen Barreiras, que traballa con persoas con discapacidade que pertencen á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Este colectivo atesoura máis de dúas décadas de traxectoria en atención, asistencia e obtención de recursos na comunidade autónoma. Forma parte da lista de colaboradores estratéxicos da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Galicia. 45


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 No taller participan os propios usuarios, que guiados por un profesional, producen con carácter semanal un espazo de radio no que son expostas e analizadas as diferentes situacións dunha realidade social. Para tal fin, utilízanse as grandes vantaxes que ofrecen o TIC´s. Con este sistema lógranse salvar barreiras físicas e as dificultades da mobilidade inherentes ás limitacións ou condicionantes dunha discapacidade. Esta

acción

enmárcase

nun

proxecto

de

Comunicación

para

o

Desenvolvemento (CpD) que persegue potenciar habilidades comunicativas, á vez que incide no apartado da sensibilización da sociedade sobre as circunstancias e dificultades que afronta unha persoa con discapacidade. Unha proposta que actúa en dúas vertentes ben definidas nun mesmo exercicio.

7.4 Obradoiro “Di K Non” “DI-K-NON” é un obradoiro para a prevención do consumo de drogas en adolescentes

xerado

pola

Unidade

Terapéutica

Educativa

do

Centro

Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) e a Fundación Barrié, no marco de Educa Barrié. O obxectivo é que os adolescentes de secundaria, ciclos formativos e bacharelato elaboren estratexias para previr o consumo de sustancia psicoactivas. Está aberto a todos os centros educativos galegos que desexen participar. Agareso estivo presente en dúas fases do proxecto: na primeira, os internos da Ute Teixeiro visitaron o IES Moncho Valcarce (As Pontes) onde contaron a súa experiencia e as consecuencias do consumo de drogas. Na segunda fase, os alumnos dese centro de ensinanza coñeceron a UTE Teixeiro e fixeron

46


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 diversas terapias asociadas a temática. Unha vez observado o obradoiro, Agareso encargarase da visibilización do mesmo. Faladoiros co colectivo de persoas discapacitadas Cogami. As Obradoiros de radio en Cogami (Pontevedra): Clases teóricas onde se ensina historia da radio, os xéneros e formatos radiofónicos, redacción, elaboración dun guión e os obxectivos de desenvolvemento do milenio. Estas clases son presenciais no centro de Cogami en Pontevedra e por videoconferencia para outros centros da confederación. Ademais, clases prácticas onde se ensinan conceptos de audio dixital e o manexo do programa Audacity para a gravación e edición de audio. Tamén se creou un soporte onde estarán tódolos contidos xerados polos usuarios deste obradoiro.

47


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

8.

Educación para o desenvolvemento

Neste momento a cooperación encamiña case todos os seus proxectos de sensibilización a través dos programas de Educación para o Desenvolvemento, no que Agareso tamén participa tanto no ámbito de formación como de sensibilización.

8.1. Xornadas sobre Inmigración e Interculturalidade na Universidade de A Coruña AGARESO colaborou en 2011, por segundo ano desde a súa constitución, co plan formativo da Oficina de Cooperación e Voluntariado de Universidade da Coruña (UDC). Nesta ocasión, participou no mes de outubro nas IX Xornadas de Sensibilización sobre Inmigración, Interculturalidade e Cooperación. As xornadas desenvolvéronse entre o 20 e o 21 de outubro no edificio Xoana Capdevielle da UDC, no campus de Elviña, e tiñan o obxectivo de achegar aos participantes a cultura Islámica, unha comunidade que en Galicia aglutina xa a máis de 6.000 persoas, e que aínda segue a ser descoñecida. Durante dous días abordáronse desde os recentes fenómenos coñecidos como ‘Primaveras Árabes’, ata a situación da muller e do feminismo, así como os sutís mecanismos polos que a islamofobia provoca condutas racistas e xenófobas. Tamén se incluíu un obradoiro sobre como abordar este racismo, así como unha mesa redonda arredor das dificultades da práctica musulmá, revisando o labor da mediación intercultural con este tipo de poboación. A intervención de AGARESO realizouse no marco da mesa redonda ‘Cooperación galega ao desenvolvemento nos países árabes’ e versou sobre ‘Intervencións en Marrocos’. Tamén participaron ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz) coa relatorio ‘Construíndo espazos cidadás de participación. Túnez antes e despois da revolución’ e ESF Galicia (Enxeñería 48


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Sen Fronteiras Galicia) coa charla ‘Intervencións nos campamentos de refuxiados saharauís’ Nestas conferencias, a representante de AGARESO partiu da premisa de que apenas se da cooperación galega directa en Marrocos. Para iso, tirou de datos e indicou que o país no se atopa entre as prioridades xeográficas do Plan Director 2010-2013 da Cooperación Galega e tampouco o estaba no Plan 2006-2009. De feito, o ultimo proxecto executado con cargo a fondos públicos galegos data de 2007.. Neste contexto, explicou que AGARESO leva realizando proxectos de visiblización e cooperación na zona de xeito anual dende a súa fundación e, incluso antes, cando dous dos futuros socios fundadores da ONGD xa fixeran unha incursión en Marrocos en 2007. Na súa intervención, resumiu os proxectos realizados en Marrocos en 2008, 2009, 2010 e 2011, centrándose de xeito especial nos dous últimos: ‘Perfís do Estreito’ (2010) e ‘De Tánxer a Nador’ (2011), en tanto que o primeiro serviu para identificar aos parceiros cos que Agareso faría en 2011 a parte práctica do I Seminario en comunicación Social e Cooperacion Internacional realizado na USC. O segundo é a experiencia en terreo do alumnado do citado curso formativo. Saíu a colación a figura do Boubker EL Khamlichi, presidente da Rede Chabaka e fundador da asociación Atawassoul, con quen AGARESO ten colaborado dende os seus inicios. E destacouse a súa visión sobre a ‘Primavera Árabe’, pois, na súa opinión, “O 20-F saíu da mente dos pobos e iso non pode detelo ningunha represión”. Tamén se proxectou material audiovisual sobre inmigración recollido no marco do proxecto ‘Perfís do Estreito’. As xornadas estiveron acompañadas da exposición fotográfica ‘Camiños de Paz. As Outras Voces de Israel e Palestina’ cedida por ACPP-AGARESO, fiel 49


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 reflexo do traballo da sociedade civil a favor dunha saída negociada ao conflito. Os asistentes á actividade, tamén visitaron a mostra, que permaneceu dende o 17 ao 28 de outubro no espazo do Pavillón de Estudantes (LERD) do campus de Elviña.

8.2. Proxecto Escolas sen Racismo con ACPP Escolas sen Racismo’ é un movemento europeo que engloba xa máis de 500 centros educativos. No caso do estado español é a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) quen se encarga de implementalo. No caso específico de Galicia faino en parcería con AGARESO, que aporta ao programa de

educación

en

valores

a

ferramenta

de

Comunicación

para

o

Desenvolvemento.

Concretamente, AGARESO imparte un obradoiro de televisión a estudantes de secundaria no IES Antonio Fraguas e outro de radio con alumnado de primaria do CEIP López Ferreiro, en Santiago de Compostela. Nas sesións capacítase as rapazas e rapaces no eido audiovisual, co obxectivo final de gravar un programa centrado en temáticas de educación para o desenvolvemento. As e os participantes interveñen na toma de decisións en todas as fases, pois trátase de empoderalos para lanzaren as súas propias mensaxes e fomentar así a participación social. Preténdese asemade implicar a toda a comunidade

50


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 educativa, aportándolles

formacións para que o profesorado traballe cos

medios de comunicación na aula. Por outra parte, e para achegar a Comunicación para o Desenvolvemento ao alumnado universitario, impártese un módulo específico dentro do curso que ACPP realiza na Universidade de Vigo, no campus de Ourense.

9.

Traballo cos profesionais da comunicación

Outro dos ámbitos estratéxicos da organización e a formación do colectivo de xornalistas para que teñan máis coñecementos para abordar os temas sociais e estean sensibilizados sobre temas como a igualdade, a tolerancia, a xenofobia ou a discapacidade.

9.1. Presentación da guía sobre como informar acerca da discapacidade, o colectivo xitano e a inmigración AGARESO e a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN) presentaron o 15 de marzo en Santiago de Compostela a guía de estilo para xornalistas Como

informar de colectivos en risco de exclusión?’. Este manual baséase nas conclusións do seminario ‘É a pobreza noticia?’, no que tamén participaron Cogami, Galicia Acolle e a Fundación Secretariado Xitano. O documento recolle recomendacións e normas de estilo para a boa praxe no tratamento das informacións sobre persoas inmigrantes, persoas con discapacidade e comunidade xitana.

51


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

O presidente de AGARESO, Juan de Sola, apuntou na presentación que “unha das metas desta guía é gañar adeptos para a información social entre os profesionais dos medios”, porque “vivimos na era do Estado social, pero infórmase moi mal sobre o campo do social. Loitar contra a pobreza tamén significa enriquecer a información sobre este ámbito”. Pola súa parte, o presidente de EAPN Galicia, Santiago González, sinalou que “os estereotipos asociados aos colectivos en risco de exclusión créaos a mesma sociedade, pero os medios de comunicación teñen a responsabilidade de contribuír a que eses estereotipos non se consoliden”. O acto contou cunha notable repercusión tanto a través de axencias de información como en prensa, emisoras de radio e medios dixitais.

9.2. Colaboración semanal con Canal Estremadura Radio Desde o mes de setembro do 2011 AGARESO colabora semanalmente con Canal Estremadura Radio, concretamente no programa "Los dos de la tarde", un programa vespertino que conta cun espazo dedicado á temática social, e onde os voluntarios da organización explican a súa experiencia nos proxectos desenvolvidos durante estes tres anos. 52


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Semana tras semana foron pasando polo programa distintos voluntarios, que participaron ou están participando nalgún dos proxectos postos en marca pola asociación tanto no exterior como en Galicia, explicando aos oíntes deste canal o proxecto en si, así como as sensacións e dificultades ás que se tiveron que enfrontar para sacar adiante cada un destes proxectos.

9.3. Integración na Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real Code) AGARESO vén de establecer lazos de colaboración coa Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code). Os quince grupos de investigación que a integran reuníronse por primeira vez entre o 28 de novembro e o 2 de decembro en Santiago de Compostela para consolidar a iniciativa buscando liñas de traballo conxuntas. A finalidade é deseñar proxectos sobre o estudo da comunicación como fundamento social do desenvolvemento humano, cun enfoque transdisciplinar. A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios foi convidada a participar no encontro e presentarse na mesa sobre ‘Fronteiras, comunicación, cooperación e gobernanza’, coordinada polo profesor da USC Marcelo Martínez. O 53


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 obxectivo da presentación, realizada canda outros colectivos da base social coma o Foro de Foros ou a Red de Medios Comunitarios, era esbozar posibles vías de colaboración coa Real_Code, de xeito que as futuras investigacións teñan unha utilidade práctica. Ao mesmo tempo, detectáronse posibles sinerxías entre os participantes. Resultou moi enriquecedor o intercambio de experiencias cos expertos chegados de distintas universidades galegas e españolas, pero tamén de países coma Portugal, Suecia, Colombia ou Brasil. Os departamentos latinoamericanos son os que contan con traxectoria máis interesantes no eido da comunicación para o desenvolvemento e dos medios comunitarios.

10. Área de Formación A formación continúa dos e das profesionais da comunicación que participan na organización é de vital importancia para Agareso, por iso durante este ano 2011 continuamos traballando desde este departamento para acadar este obxectivo. Deste xeito, continuamos enviando un boletín mensual á base social, con certames, cursos e seminarios que permiten ampliar a súa formación no ámbito da comunicación social. E mantemos na web a sección de formación, na que os comunicadores teñen acceso a materiais de apoio. Por outra banda, seguimos organizando e participando en cursos, charlas e seminarios dirixidos a xornalistas ou outros actores dedicados á comunicación social e solidaria. Exemplo disto, son a segunda edición do curso de "Comunicación

e

Cooperación

para

o

Desenvolvemento",

organizado

novamente no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas en colaboración coa ONGD Amigos da Terra.

54


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 E o "I Seminario sobre Comunicación Social e Cooperación Internacional" na USC, dirixido a capacitar aos futuros xornalistas e comunicadores audiovisuais no coñecemento da comunicación para o desenvolvemento, co obxectivo de lograr a creación dunha rede sólida, comprometida e plural no sector xornalístico e da comunicación galega.

10.1. // Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento A fin de semana do 2 e 3 de abril do 2011, Agareso xunto con Amigos da Terra, organizou no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, Ourense,

a

segunda edición do curso práctico de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, dirixido a membros de ONGD e profesionais dos medios de comunicación. Nesta segunda edición, quíxose dar un paso máis na mellora das relacións entre os dous actores, ofrecendo novas ferramentas ás ONGD para que poidan mellorar as mensaxes que lanzan dende as súas organizacións, e aos profesionais dos medios para que poidan comunicar dun xeito máis axeitado e adecuado á realidade do mundo da cooperación e a comunicación social. O curso estivo composto por catro charlas, dous obradoiros simultáneos e unha mesa debate. As charlas analizaron os tópicos que existen á hora de falar das ONG, da man de José Luis Quintela de Intermón-Oxfam, e, as outras formas de comunicar a través de medios alternativos da man do xornalista Xurxo Salgado. O primeiro obradoiro, a cargo de Carmen Novas e Cristina Pett, tentou explicar como poden mellorar a súa mensaxe as ONG e, estaba dirixido aos membros das organizacións, mostrándolles algunhas técnicas para facer máis atractivas

55


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 as mensaxes que lanzan aos medios de comunicación e informándolles dos erros máis comúns que cometen as ONG á hora de comunicar. O segundo obradoiro, “Contar con Haití, para contar Haití”, estaba dirixido aos comunicadores. No mesmo, María Paz, directora de Solidaridad Internacional de Galicia, presentou un documento no que se analizaba a cobertura que fixeron os medios de comunicación sobre o grave terremoto de Haití, unha comunicación moi criticada por certos sectores do público e ONG, motivando o debate entre os/as participantes para coñecer a súa opinión ao respecto. Tamén se levou a cabo unha mesa redonda na que se analizaron campañas publicitarias de ONG Montse Fdez., responsable de comunicación de Amigos da Terra foi a encargada de introducir o debate e presentar as campañas. Xa o domingo, e tras pasar unha amena velada a noite do sábado compartindo experiencias persoais, tivo lugar o terceiro dos relatorios, titulado “A comunicación 2.0. Oportunidades para as ONG”, impartida por . Rubén Bastón, xornalista e Social Media Manager. E tras as redes sociais, tocoulle a quenda á “Comunicación para o Desenvolvemento” da man de Juan De Sola e Natalia Puga, presidente e vicepresidenta de Agareso.

10.2. I Seminario sobre xornalismo social e cooperación internacional na USC O primeiro Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional, organizado por AGARESO coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e ACPP,

naceu cos obxectivos de capacitar a

xornalistas e futuros xornalistas no coñecemento da comunicación social e, máis concretamente, na comunicación para o desenvolvemento, e crear unha

56


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 rede sólida, comprometida e plural no sector xornalístico e da comunicación galega.

O seminario desenvolveuse na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela entre o 22 de febreiro e o 10 de maio de 2011, os martes de 16:00 ás 20:00 horas e nel participaron 30 alumnos Ademais, cinco deles, continuaron a súa formación en terreo coa realización dunha expedición en Tánxer e Nador onde, acompañados pola voluntaria Ana Ramos, coordinadora do seminario, traballaron no eido da comunicación social. Dirixido a estudantes de Ciencias da Comunicación e xornalistas. O seminario impartiuse cunha metodoloxía participativa que incluíu sesións teóricas e obradoiros dirixidos por integrantes da organización e distintos expertos nas materias a impartir. O programa concibiuse en tres módulos: Introdución á cooperación ao desenvolvemento; Xornalismo Social; e Ferramentas prácticas. Os participantes recibiron unha certificación que acreditou a súa participación no curso e dous créditos de libre configuración.

57


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

11. Área de comunicación e información A difusión do traballo que realiza a propia organización e as ONGD do noso territorio é parte tamén dos obxectivos fundacionais de Agareso polo tanto é unha labor a que se lle outorga gran importancia. A radio, a prensa, a televisión, as redes sociais e a web son os medios empregados para chegar a poboación.

11.1. Estatísticas de Audiencia das Canles de Agareso (web, radio, tv, Youtube e redes sociais) Páxina web: Durante o ano 2011 rexistrouse un aumento de visitas a www.Agareso.org dun 132% pechando o exercicio cun total de 204.732 visitas fronte as 88.287 visitas rexistradas no 2010.

Total

Visits

Pages

2009

34059

86340

2010

88287

563302

2011

204732

3545993

Evol.

131,89%

529,50%

Agareso Radio: A canle de radio on-line da organización dispón de 2 vías de emisión, a 64bits y 128 bits, a audiencia total de canle durante o 2011 rexistrou un total de 14.738 horas escoitadas en 8.241sesións. O pico de audiencia foi o 2 de decembro con 31 oíntes simultáneos. 58


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Horas escoitadas Promedio por sesiรณn Sesiones totales Pico oyentes 14.738,6

107.3 min.

8.241

31

59


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Canles de TV: Agareso dispón de dúas canles para a emisión en directo na plataforma USTEAM. Estas canles puxéronse en marcha en xuño de 2011 e acumulan un total de 78 horas emitidas cunha audiencia total de 336 visitas.

Youtube: A canle que Agareso mantén en Youtube pechou o 2011 cun acumulado de 42.484 reprodución desde a súa creación. No exercicio 2011 produciuse un

60


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 aumento dun 23% respecto o ano anterior rexistrando un total de 21.982 reproducións no 2011.

Ano

Reproducións

2010 17859 2011 21982 Evol. 23,09%

Redes sociais: A páxina de Agareso en Facebook terminou o ano 2011 con 1.582 usuarios o que supón un incremento de 147 os rexistrados o peche do 2010. Segundo os datos da páxina de Facebook as publicacións foron vistas 620.894 veces cun total de 6.486 comentarios recibidos. Por outra banda “Agareso solidarios” pechou con 428 amigos subscritos as publicacións difundidas por Agareso.

61


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Os seguidores da canle de microblog ging twitter a 31 de decembro ascenderon a 1.386. A actividade desenvolvida por Agareso nesta rede foi dunha media de 3 posts diarios.

Google +

62


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 No 2011 tramitouse o alta na rede social de Google acadando o fin de ano 137 contactos rexistrados nos círculos de AGARESO.

11.2. Resumo de impactos en prensa, radio e televisión Durante o ano 2011, AGARESO recolleu 150 impactos en prensa e realizou máis de 30 entrevistas radiofónicas en medios como Onda Cero, Cope, Radio Galega, Cadena Ser e Radio Voz en diversas localidades de Galicia. Algunhas das súas accións foron recollidas tamén en diversas televisións de ámbito autonómico e local tanto con reportaxes coma a través de pezas xornalísticas.

Dentro do informe de prensa que elaborou a ONG ao longo de 2011 cabe destacar non só a información recollida polos medios da prensa tradicional senón tamén a través de diversas canles dixitais, páxinas web e blogs de diversa índole. No 2011 resaltamos a plasmación mediática das seguintes iniciativas de AGARESO: - Seminario de AGARESO na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Agareso puxo en marcha en 2011 o primeiro Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional no que uns 30 comunicadores, entre os que se atoparon alumnos do último curso de Xornalismo, capacitáronse no coñecemento da comunicación social. A nova foi recollida pola páxina web da USC e por canalsolidario.org. - "Non che doe?". Os medios de comunicación recolleron a realización dun documental por parte de Agareso da labor que desenrola a ONGD Solidariedade Galega en Nicaragua que, dende fai unha década, está a por en marcha brigadas sanitarias en países de Latinoamérica con especialistas en

63


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 disciplinas médicas que non se practican nos países de destino. Así, esta iniciativa foi recollida por El Mundo-Galicia e La Opinión de A Coruña. - “Guía de estilo para periodistas”.A Rede Galega contra a Pobreza e Agareso presentaron unha nova ferramenta para mellorar a realidade social a través dos medios de comunicación. Esta presentación foi recollida por Xornal de Galicia, a Axencia EFE, ABC dixital, canalsolidario.org, comunepersoal.wordpress.com, falaRSE, igaxes.org e El Mundo-Galicia. - Exposición Golfo de Fonseca. En setembro de 2009 un equipo de Agareso viaxou ao Golfo de Fonseca (El Salvador, Nicaragua e Honduras) para visibilizar o labor que Cooperación Galega e a ONG Amigos da Terra están a realizar neste lugar para minimizar o impacto ambiental que sofre esta zona centroamericana. Froito deste labor xurdiu unha exposición que se encontra percorrendo Galicia nestes momentos. Durante 2010 recolléronse nos diversos medios de comunicación galegos as inauguracións das exposicións que se realizaron en varias localidades. Durante 2011 continuaron as exposicións e por tanto, tamén os impactos en prensa, radio e televisión. Así, en 2011 publicáronse referencias a esta mostra no Faro de Vigo (diversas edicións), Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia (diversas edicións), El País-Galicia e Diario de Arousa. - Premio Biodiversidad. O documental “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, realizado por Agareso en colaboración con Amigos da Terra, gañou o segundo premio dentro dos galardóns que concede a Fundación Biodiversidad do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino na modalidade de comunicación e creación. Foi recorrido pola Axencia EFE, por Galiciahoxe. - Convenio Institucións Penitenciarias. Agareso firmou co Ministerio de Interior un convenio polo que se regulan as actividades que a ONGD realiza dentro do Centro Penitenciario de A Lama, onde está a impartir varios módulos de 64


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 ensinanza tanto relativos a prensa como a radio e tutela o desenvolvemento de “A Radio”, a radio que puxeron en marcha os propios internos da prisión. Esta nova foi recollida por Diario de Pontevedra e Faro de Vigo. Neste senso, cabe tamén destacar a nova recollida tanto en Diario de Pontevedra como na Voz de Galicia edición Pontevedra cando o alcalde desta localidade foi entrevistado en “A Radio”. - Exposición “Os rostros do comercio xusto”. Agareso executou en 2010 un proxecto de comunicación sobre o comercio xusto en colaboración con Amarante que derivou na execución dun blog de campo, un documental e unha mostra fotográfica. A inauguración desta mostra en Cangas motivou que fora recollido este feito no Faro de Vigo edición Morrazo e no Diario de Pontevedra. - 15 M. Agareso participou neste movemento ofrecendo os micrófonos da súa radio aos membros desta iniciativa en Pontevedra, así como participando en diversos foros nos que se explicaron as actividades da ONG e a necesidade dunha comunicación para o desenvolvemento. Estas iniciativas foron recollidas na Voz de Galicia edición Pontevedra, Faro de Vigo edición Pontevedra e no Diario de Pontevedra en varias ocasións. - Campaña “Camiños de Paz”. Dentro das actividades englobadas no proxecto sobre a labor desenvolvida en Palestina por ACCP atopábanse varias charlas por Galicia de membros de organizacións por la paz de Israel e Palestina colaboradoras con esta ONG. Así, a campaña “Caminos de Paz” foi recollida en

gentedigital.es,

El

Mundo-Galicia,

La

Opinión

de

A

Coruña,

www.palestinalibre.org e El Pais-Galicia. - Convenio coa Asociación de Emisoras Municipais Galegas. En outubro xuño de 2011, Agareso firmou un convenio con esta Asociación de cara a promocionar os programas solidarios da Radio de Agareso a través do grupo

65


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 de emisoras locais de Galicia. A firma deste convenio foi recollida por ABC, EFE, Diario de Pontevedra, www.periodistes.org e a Opinión de A Coruña. - “Así suena el Lempa”. Unha equipa de Agareso viaxou en xullo deste ano a Centroamérica, en concreto, ao Baixo Lempa no Salvador, para por en marcha un proxecto de comunicación para o desenvolvemento entre as comunidades desta zona, e en concreto, con rapaces en idade escolar, cos que traballaron o desenvolvemento de programas de radio. Esta iniciativa foi recollida polo Faro de Vigo Morrazo e pola páxina web “quepasanacosta” da comarca da Costa da Morte. - Cuarta convención Agareso. O seu desenvolvemento foi recollido no MundoGalicia, en Mercavedra, El País-Galicia, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia Pontevedra e no Faro de Vigo-Pontevedra en varios días, xa que a convención desenvolveuse durante o fin de semana do 24 de novembro. - Visita da xornalista mexicana, Priscila Hernández, especializada en temas sociais . Priscila Hernández, membro e colaboradora de Agareso, visitou Galicia en novembro de 2011 co obxectivo de dar a coñecer no noso país a situación que atravesa México en canto a dereitos sociais e, en concreto, cómo enfocan e traballan os medios este tipo de novas. A súa visita foi recollida, tanto a través de noticia como de entrevistas non só na Radio Galega, senón tamén na Voz de Galicia edición Pontevedra e Arousa, no Faro de Vigo Pontevedra, a través dunha nota de prensa da Deputación de Pontevedra e no Diario de Pontevedra.

66


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

11.3. Recoñecementos Premio Fundación Biodiversidade 2011 O documental “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible” realizado por AGARESO e Amigos da Terra, e froito do proxecto de sensibilización posto en marcha por ambas as dúas ONGD para visibilizar en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible, acadou neste 2011 o segundo premio, dentro dos galardóns que concede cada ano a Fundación Biodiversidad, na modalidade de comunicación e creación.

Membros de ambas as dúas organización recibiron de mans de Rosa Aguilar, ex-ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino este premio que recoñece o labor de emprendedores que fan unha decidida aposta pola xestión sostible dos recursos naturais, así como a comunicadores e creadores que contribúen a implicar á sociedade na mellora do medio ambiente. Premio Merced 2011 Agareso foi unha das organizacións galardoadas nos premios da Merced 2011 que se entregaron no Centro Penitenciario de A Lama (Pontevedra) con motivo 67


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 da festividade da súa patroa. En concreto, a organización recibiu unha Mención Especial polo programa de Comunicación para o Desenvolvemento que realiza cos internos/as da prisión de forma ininterrompida desde o ano 2007.

Un recoñecemento á implicación e o compromiso dos voluntarios da organización que semana tras semana desenvolven os obradoiros de prensa e radio cos internos,

así como os faladoiros cos internos do penal que se

realizan nos estudos de “A Radio” e que logo son emitidas en AGARESO Radio e na web a través de poscast, e que demostraron ser un dos mellores vehículos de reinserción e integración, encamiñado a recuperar a liberdade despois de anos de condena.

12. Área de organización Para que Agareso funcione e acade os obxectivos que se fixou no seu plan estratéxico é importantísimo que organización funcione correctamente e se consiga facer o traballo da forma máis eficiente e coordinada posible. A nivel organizativo, Agareso saíu reforzada do ano 2011 a través do cumprimento do Plan Estratéxico 2010-2011 e coa forza que lle supuxeron dous fitos: o fomento do voluntariado e a profesionalización da área de organización e proxectos. Resulto clave, asimesmo, a posibilidade de contar 68


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 cunha oficina de traballo propia dende a que xestionar os aspectos organizativos da organización e que serviu de punto de referencia para a relación

con

outras

entidades

e

cos/as

socios/as,

voluntarios/as

e

colaboradores/as. Este local estivo ubicado na cidade de Vigo ata o mes de setembro e en Pontevedra a partir de outubro. Os dous fitos logrados foron posibles durante todo o ano grazas ao traballo da base social da organización e ata agosto a través da contratación dunha persoa con cargo ao proxecto de fortalecemento ‘Consolidada e Reforzada as relacións entre Amigos da Terra e Agareso

xerando maior capacidade da

cooperación galega’, concedido as dúas entidades citadas e que xa comezara en setembro de 2010. O obxectivo fundamental co que foi presentado foi mellorar e incrementar a capacidade de xestión das dúas entidades, axentes claves da cooperación galega, en temas de cooperación ambiental e comunicación. Este proxecto permitiu reforzar a AGARESO, acadando unha organización máis consolidada, con maior presenza e recoñecemento tanto na sociedade como no sector das ONGD ,e cun equipo técnico máis formado no ámbito da formulación de proxectos. Así mesmo, dotou á ONGD dun sistema de calidade que permitiu definir procesos para a mellora da organización e coordinación internas e o incremento da capacidade de xestión. Con este proxecto, o primeiro ao que se presentou AGARESO ante a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (DXREeUE), comezouse a aplicación dunha xestión integral e adecuada de todas as áreas que conforman a entidade (administración, comunicación, formación, organización e proxectos) e estipular uns primeiros protocolos de actuación específicos para a relación coa rede de voluntarios da ONGD e creando unha base de datos máis completa cos seus perfís persoais e profesionais.

69


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 A liña de traballo iniciada con este proxecto completouse a partir de setembro coa execución do primeiro proxecto de fortalecemento en solitario presentado e aprobado a Agareso pola DXREeUE: ‘Implementar a capacidade de AGARESO para deseñar e realizar accións de sensibilización’. Continuará ata xuño de 2012, pero nos seus catro primeiros meses xa deixou ver os primeiros resultados para cumprir co obxectivo co que foi formulado: incrementar a capacidade de AGARESO para poder deseñar e xestionar accións de sensibilización na sociedade galega acerca dos proxectos de cooperación realizados dende Galicia con impacto nos países do Sur; así como a visibilización destas realidades. Con cargo a este proxecto logrouse ampliar o equipo técnico da entidade e tamén optimizar o traballo realizado nas áreas de voluntariado e organización e proxectos, ao pasar a depender dunha soa persoa a dividirse en dúas con cometidos específicos e divididos nestas dúas materias. Unha das persoas contratadas asumiu as tarefas necesarias para o acadar unha mellor coordinación da rede de voluntarios e lograr unha maior visibilización e sensibilización na sociedade galega acerca dos proxectos de cooperación realizados dende Galicia con impacto nos países do Sur; así como a visibilización destas realidades. A segunda asumiu as tarefas de redacción e coordinación dos proxectos e das accións de visibilización e sensibilización realizados pola entidade. Coa coordinación de ámbalas dúas persoas contratadas e o traballo do voluntariado da organización conseguiuse incrementar en cantidade e calidade dos contidos da páxina web da organización e dos emitidos na canle de emisión por Internet 24 horas AG Radio, co conseguinte impacto na mellora da información e sensibilización da sociedade sobre a cooperación e as situacións de inxustiza e exclusión social. Asimesmo, creouse o primeiro material de divulgación da organización en formato de postais, marcapáxinas ou 70


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 calendarios que resumen a finalidade de AGARESO e, no caso dos marcapáxinas, o seu apoio á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Na área de organización e proxectos, estipuláronse protocolos e documentos de seguimento e organización de cada unha das accións promovidas pola entidade, co fin de optimizar os seus recursos e os resultados de cada unha delas. En relación coa xestión do voluntariado, culminouse un proceso comenzado en abril de 2011 para a regularización da vinculación da base social de AGARESO con respecto da entidade. Así, na asemblea xeral da entidade celebrada o 20 abril de 2011 aprobouse por unanimidade da asemblea estipular unha diferenzas de estatus entre todos os integrantes da ONGD, facilitando que todos seguisen colaborando dentro da mesma, pero sinalando a fórmula coa que querían figurar. Así, estipulouse que existirían diferenzas entre colaborador, voluntario e socio e fixouse un prazo de seis meses para que os integrantes da rede naquel momento regularizasen a situación e para que os novos/as asociados/as xa entraran a formar parte da rede nunha ou outra categoría. Nos catro últimos meses do ano completouse a regularización da vinculación de toda a base social. Agareso rematou 2011 cun equipo técnico de catro persoas que está a permitir facer frente aos proxectos que ten en marcha dun xeito máis concienciudo e riguroso. A maiores das dúas contratadas con cargo ao proxecto de fortalecemento, no equipo técnico hai unha persoa contratada para dar cumprimento específico ao proxecto de Educación para o Desenvolvemento ‘Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario’ e outra con cargo a unha subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar Social en outubro de 2011 para realizar un ‘Obradoiro de Prensa e radio para colectivos 71


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 desfavorecidos’, que está a realizar no centro penitenciario de A Lama, coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e dende primeiros de 2012 coa ONCE.

12.1. IV Convención Anual AGARESO celebrou a fin de semana do 23 e 24 de outubro de 2011 a súa IV Convención Anual ‘Comunicación, Cooperación e Solidariedade’, trasladándoa este ano ao interior do centro penal de A Lama (Pontevedra). A convención mantivo o obxectivo co que naceu en 2008 de compartir experiencias en materia de comunicación social, cooperación e solidariedade, tanto coa súa base social como con representantes do terceiro sector, profesionais da comunicación e con público en xeral interesado. Na súa cuarta edición centrouse de xeito especial na Comunicación para o Desenvolvemento, unha ferramenta que a ONGD ven desempeñando dende o seu nacemento no 72


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 centro penal de A Lama, onde ten en marcha un Programa Integral de Comunicación para o Desenvolvemento. A implicación da poboación reclusa foi absoluta, tanto en tarefas de loxística como de soporte técnicos, incluso o cartel da convención foi o resultado dun concurso realizado entre os internos. O programa das xornadas e o atractivo de celebrarse no interior dun penal fixo que a convención batese a marca de asistentes, tendo un total de 65 persoas en liberdade e medio cento de internos do penal. Ademais, o innovador da iniciativa (foi o primeiro acto destas características que se celebrou no interior dun penal en España) tamén levou a participar na convención á secretaria xeral de Institucións Penitenciarias, Mercedes Gallizo, que foi a encargada de inaugurar as xornadas xunto co director de A Lama, José Antonio Gómez Novoa, e o presidente de AGARESO, Juan de Sola. Mercedes Gallizo resaltou a convención como “unha iniciativa extraordinaria e de gran valor”, xa que supón un reflexo do “presente da reinserción no sistema penal” español e do traballo que se está a realizar tanto para lograr a reinserción dos internos na sociedade como para abrir ás prisións á sociedade. Despois da primeira mañá de actividades, participou noutro instante pioneiro nun centro de reclusión español: a primeira na que un grupo de persoas en liberdade puideron comer no interior da cadea e compartir mesa cos internos dun dos módulos do mesmo. Mercedes Gallizo viviu este momento de convivencia con outros 54 asistentes á convención e con persoal do centro.

73


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Esta cuarta edición contou coa asistencia da correspondentes de AGARESO en México Priscila Hernández, correspondente Clave do proxecto ONU/Sida, e con profesionais de recoñecido prestixio no mundo da comunicación en Galicia e España, como Clara de Saá, directora do programa de radio ‘Convivir en Igualdade’ da Radio Galega e Pablo Morán, director do programa de solidariedade ‘Punto de Fuga’, da Cadena SER. A convención prolongouse durante toda a xornada do sábado e a mañá do domingo e incluíu relatorios de representantes de entidades sociais, con demostrado interese e renome en Galicia, como a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Coordinadora Galega de ONGD ou a Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN). Ademais, grazas ás novas tecnoloxías, na mañá do domingo realizaranse conexións a través de Internet con xornalistas destacados en distintos países. Javier Bauluz, fundador de Periodismo Humano e premio Pulitzer 2004, entrou desde Madrid e Amaia López de Munain, xornalista especializada en política internacional e dereitos humanos, fíxoo desde Túnez. 74


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Os dous días de actividade foron retransmitidos en directo a través da canle AG Radio e integrantes da organización foron contando o descorrer das xornadas a través das redes sociais Facebook e Twitter, incluíndo tanto textos como imaxes da convención e interactuando cos seguidores desde o exterior, aplicando los criterios básicos del 2.0 en la Social Media.

12.2. Xestión do voluntariado O voluntariado é o principal valor co que conta AGARESO. De feito, a base do traballo da organización realízase con persoal voluntario, centralizado todo desde a asociación, pero repartido nas correspondencias que a ONGD ten en Pontevedra, Ourense, Lugo, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e O Salnés e na delegación de Vigo, sen esquecer que a entidade conta con correspondentes no exterior, en países como Guinea Bissau, México, Perú, Venezuela ou Ecuador.

75


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 A rede de AGARESO está integrada, fundamentalmente, por profesionais da comunicación, pero tamén conta con profesionais procedentes do mundo do dereito, o deseño ou a economía. Todos eles traballan de forma voluntaria e o seu único vínculo é o traballo a favor da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, buscando promover, concienciar e sensibilizar á sociedade dunha realidade próxima e a miúdo silenciada nos grandes medios de comunicación. Co fin de regularizar a situación da rede social de AGARESO e de levar un rexistro máis pormenorizado dos seus integrantes, a finais do ano 2010 realizouse unha primeira ‘varrida’ sobre os/as asociados/as solicitando deles que cubriran unha ficha cos seus datos persoais e profesionais e cos intereses que os movían a formar parte da organización, así como cos campos de acción cos que querían estar integrados. Na asemblea xeral da entidade celebrada o 20 abril de 2011 aprobouse por unanimidade estipular unha diferenciación de estatus entre todos os integrantes da ONGD, facilitando que todos seguisen colaborando dentro da mesma, pero sinalando a fórmula coa que querían figurar. Así, estipulouse que existirían as categorías de colaborador, voluntario e socio e fixouse un prazo de seis meses para que os integrantes da rede naquel momento regularizasen a situación e para que os novos/as asociados/as xa entraran a formar parte da rede nunha ou outra categoría. A 1 de xaneiro de 2011 había na rede de AGARESO 90 persoas. A 31 de decembro de 2011, o balance era de 110 integrantes, divididos en 23 sociosvoluntarios, 15 voluntarios e 72 colaboradores. Para os/as socios/as estipulouse o pago dunha cota mínima de 10 euros e máxima de 40 e, a diferenza do resto dos integrantes da rede, poden formar parte da Xunta Directiva. Deben cubrir un compromiso de adhesión para o seu 76


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 novo estatus. Os/as voluntarios/as non teñen asociada ningunha cota, pero os que o desexen poden asumir o custo da súa cota de seguro de voluntariado e tamén deben cubrir un compromiso de adhesión. As persoas que optan por só colaborar non fan ningún trámite a maiores de aportar á asociación os datos que consideren oportunos. Ser voluntario/a e socio/a son dos estatus compatibles e todos teñen voz e voto na asemblea a excepción dos/as colaboradores/as, que so teñen voz. A importancia do voluntariado en Agareso reflíctese no feito de que existe unha persoa contratada con cargo ao proxecto de fortalecemento da entidade destinada, entre outras funcións, á xestión do voluntariado. Entre as súas tarefas están as de mellorar a coordinación dos/as voluntarios/as, dinamizar a rede de voluntarios/as e, a nivel interno, facilitar que a resposta que se lle da á rede de AGARESO en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se faga con maior rapidez e cunha atención máis personalizada.

77


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

12.3. Agrupación con Amigos da Terra Durante gran parte do 2011 continuamos a nosa colaboración con Amigos da Terra a través do proxecto de fortalecemento "Comunicación Medioambiental", presentado de xeito agrupado con esta ONGD na convocatoria de axudas 2010 de Cooperación Galega. A través deste proxecto, ambas as dúas ONGD tomamos a decisión de xuntarnos para compartir recursos e duplicar os resultados nas tarefas que desempeñamos, ademais de romper co tópico da competitividade existente entre as ONGD. Tratouse polo tanto dun proxecto de coordinación e traballo conxunto das dúas entidades que incidiu positivamente no fortalecemento das mesmas, tanto a nivel estrutural e organizacional, coma no tocante aos resultados do seu traballo. Mentres que Amigos da Terra aportou coñecementos e experiencia no ámbito da

cooperación

ao

desenvolvemento,

Agareso

fíxoo

no

ámbito

da

comunicación. Todo isto traduciuse nun intercambio de accións formativas entre os profesionais das dúas entidades, aberto ao mesmo tempo a outros axentes de cooperación. A introdución do sistema de calidade, así como a formación específica e a complementariedade entre as dúas organizacións, favoreceron a consecución dos resultados esperados. Esta alianza permitiu mellorar e incrementar a capacidade de xestión de Agareso en temas de cooperación ambiental, ademais de mellorar a xestión integral de todas as áreas coas que conta a entidade (administración, comunicación, formación, organización e proxectos). Por outra banda, a apertura dunha sede conxunta en Vigo, permitiunos contar cun espazo de traballo para o persoal contratado das dúas entidades, así como 78


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 para achegar aos cidadáns de Vigo a labor realizada tanto por Agareso como por Amigos da Terra no eido da cooperación e da comunicación medioambiental e social. Podemos afirmar que este proxecto cumpriu cos obxectivos marcados nun principio, contribuíndo ao proceso de fortalecemento das dúas organizacións implicadas. Actualmente, tanto Amigos da Terra como Agareso presentan unha mellor xestión do seu traballo e un reforzamento dos ámbitos específicos de cooperación,

administración

e

comunicación.

Todo

isto

reflíctese

na

consolidación das súas capacidades como actores relevantes no sector da cooperación galega.

12.4. Relacións Institucionais O traballo en rede con outras ONGD e entidades do terceiro sector é a tónica dominante que marcou as relacións institucionais de Agareso durante o ano 2011, ao entender desde a organización que tecer relacións é un factor dinamizador que fortalece ao sector e optimiza as fortalezas e oportunidades de ámbolos dous para acadar os obxectivos estratégicos marcados. O fito máis significativo do ano sitúase no mes de maio, coa integración de Agareso na Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD). A asemblea xeral da coordinadora acordou a integración da entidade na súa rede e, desde entón, téñense afianzado relacións coa propia CGONGD e coas organizacións que a integran. Dentro da entidade que engloba á maioría das organizacións que traballan no campo de cooperación en Galicia, Agareso integrouse en dúas comisións

de

traballo

(Incidencia

Política

e

Educación

para

o

Desenvolvemento) e desde finais de ano conta cunha voluntaria na Xunta

79


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 Directiva. Grazas a esta sinerxía traballouse activamente en actividades como a Semana Galega Polo Pacto contra a Pobreza. O traballo en rede forma xa parte da cultura organizacional de Agareso, de aí que durante o ano 2011 se firmasen convenios con seis novas entidades ou institucións de cara a realizar un esforzo conxunto en distintos proxectos. Entre eles, asinouse un convenio coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), integrada por 15 entidades especializadas na loita contra a pobreza, coa que se asumiu o establecemento dun marco de actuación para a colaboración á hora de realizar, compartir e difundir contidos informativos, no eido da pobreza e a exclusión social. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS) é outra entidade coa que se leva traballando en rede desde 2010, pero coa que este 2011 se asinou o primeiro convenio marco para rexer as relacións mutuas. En concreto, plantéxase como obxectivo inicial a visibilización social do Fondo e o seu traballo e a colaboración mutua en accións de visibilización. No eido municipalista, en 2011 asinouse un convenio de colaboración coa asociación de emisoras municipais de Galicia (RadioFusión), que se converteu en socio estratéxico para difundir os contidos de AG Radio. Este traballo en rede permite desde a sinatura do convenio levar ás radios locais a información máis especializada no eido social e da solidariedade e a cooperación para o desenvolvemento, pois as 31 emisoras asociadas a RadioFusión emiten nas fins de semana a programación que xa se difunde 24 horas na canle de Agareso en Internet. Supón un salto no público ao que chegan os contidos radiofónicos da asociación de reporteiros de forma analóxica e non só dixital. Tamén se asinaron dous novos convenios de colaboración con Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) que permitiron afianzar a relación entre ambas entidades, xa iniciada co traballo conxunto que se ven realizando desde o ano 80


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 2009. Este ano, creouse o marco normativo no que se desenvolven os dous proxectos conxuntos. No proxecto de cooperación para mellorar as condicións para o aproveitamento sostible e solidario dos recursos pesqueiros e acuícolas da zona del Bajo Lempa, O Salvador (Fase V), Agareso está a desenvolver o seu primeiro proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento no Exterior. E no proxecto de

para a mellora da educación e comunicación para o

desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario, Agareso imparte obradoiros de radio e televisión dentro da iniciativa Escolas sen Racismo, ademais de coordinar o seminario de Xornalismo Social e Cooperación. O traballo en rede con outras entidades tamén se formalizou no ámbito académico, coa integración de Agareso na Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code), que ten como finalidade deseñar proxectos sobre o estudo da comunicación como fundamento social do desenvolvemento humano, cun enfoque transdisciplinar. Esta colaboración iniciouse a través da Universidade de Santiago de Compostela (USC), unha institución educativa coa que Agareso conta cun convenio marco de colaboración asinado en 2010 que seguiu aplicándose en 2011 e que permite a creación de sinerxías de traballo conxuntas na formación dos futuros profesionais da comunicación. No eido das relacións institucionais, entendidas estritamente como o establecemento

de

vínculos

que enriquezan

o

desenvolvemento das

actividades de Agareso, en 2011 fortalecéronse as que xa existían desde a fundación da ONGD coa Dirección Xeral

Institucións Penitenciarias do

Ministerio do Interior para o desenvolvemento do programa integral de comunicación de A Lama e asinouse outro convenio máis específico, en virtude

81


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011 do cal a entidade de reporteiros pasa a ser colaborada para o cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC). Agareso mantivo en 2011 unha relación fluída coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e, en especial coa Subdirección Xeral de Cooperación. Neste eido, mantivéronse varias reunións de traballo coa subdirectora de Cooperación Galega, Pilar Romero, e o director xeral, Jesús Gamallo, para buscar o entendemento en materia de cooperación e comunicación para o desenvolvemento, e acompañou a ámbolos dous nunha visita de traballo a terreo.

12.5. Memoria Económica A evolución das contas de AGARESO reflicten unha maior capacidade de acción como organización e o camiño emprendido cara a profesionalización da mesma. Así mesmo establece tamén as primeiras achegas dos socios e voluntarios.

82


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

83


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

84


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2011

Subvencións recibidas no 2011 COOPERACIÓN GALEGA Axudas para a consolidación e o fortalecemento de ongd:

30.000,00 €

Implementar a capacidade de AGARESO para deseñar e realizar accións de sensibilización e visibilización sobre realidades de inxustiza e exclusión social en Galicia e países do Sur XUNTA DE GALICIA - Consellería de Traballo r352a.

Subvencións para a contratación

de traballadores desempregados

polas administracións publicas, distintas da local, universidades e entidades sen animo de lucro: 20.146,86 € Obradoiros de prensa e radio para colectivos desfavorecidos.

85