Page 1

Memoria 2014


1. Editorial 2. Órganos de goberno e xestión 3. Presentación e plan estratéxico 4. Área de proxectos 4.1. Visibilización e sensibilización sobre proxectos do Exterior en Galicia 4.2

Proxectos

de

comunicación

desenvolvemento 5. Traballo en Rede 6. Recoñecementos 7. Área de comunicación e información 8. Área de voluntariado e organización

para

o


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

1. Editorial As organizacións vivas teñen a virtude de non dar descanso á súa base social na participación de accións e iniciativas relacionadas cos seus

alicerces

fundacionais. Ese pode ser o caso da ONGD Agareso nestes últimos anos de traballo. Non existiu un só mes que non houbese unha determinada actividade caracterizada pola comunicación para o desenvolvemento e unha importante achega ao tecido social. Imprimir un carácter intensivo a unha organización que se nutre do tempo, disposición, colaboración e vocación do seu voluntariado non é unha tarefa sinxela. Facer unha chamada á acción e recibir unha inmediata resposta é unha dinámica que predicir un futuro inalterable para unha organización que persegue eludir o perigo da extinción. Agareso logrou obter un nivel de participación superior ao previsto en calquera das redaccións de plans estratéxicos ou programas anuais de proxectos. A forza do voluntariado supuxo ese motor imprescindible para seguir sumando quilómetros nesta longa travesía polo deserto da solidariedade. Nun contexto onde a crise é a perfecta escusa para facer pouco ou nada, pola falta de recursos, a asociación de reporteiros galegos solidarios logrará seguir demostrando que achegar valor ao mundo social non é un triste papel mollado. Botar unha ollada ao pasado converteuse nun complexo exercicio á hora de pór os adxectivos adecuados a tal percorrido: Atravesamos o territorio do cinco anos e, a risco de pecar no optimismo, os avances só poden ser cualificados de sobresalientes. Unha ONG que consegue concretar e definir o seu propio espazo, nun curto período de tempo, a base de experiencias e admirable esforzo, non merece ser considerada doutra forma. Proxectar comunicación con criterios de desenvolvemento, en cada unha das intervencións que levan o selo de Agareso, na actualidade está asociado a unha obsesión coa calidade e rendibilidade nos esforzos empregados. Son moitos os exemplos que acreditarían o potencial dun voluntariado entregado,

3


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 por completo, a non desperdiciar a oportunidade de completar con garantías e bos resultados a súa participación nunha determinada iniciativa. Visibilizar e sensibilizar: Dous conceptos inoculados no ADN dunha organización por métodos naturais. Sen necesidade de acudir a fármacos experimentais ou laboratorios de ideas. Sen titubeos para a maioría da base social que asimilou que a comunicación debe estar ao servizo da comunidade co único fin de conquistar o cumprimento dos dereitos humanos, a xustiza social e derrotar á pobreza no seu combate por seguir acomodada en dous terzos da poboación mundial. A través da palabra ou a imaxe, utilizando as técnicas e métodos máis básicos da comunicación, numerosos colectivos son xa beneficiarios de cambios nas súas vidas. Emisoras de radio comunitaria, documentais, reportaxes, fotografías, programas de televisión especializados ou publicacións editoriais son algunhas das ferramentas utilizadas para alimentar a forza motriz dun voluntariado comprometido coa esperanza.

4


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

2. Órganos de goberno e xestión Os órganos de goberno e administración de Agareso son: a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva. A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa produción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación o desenvolvemento de accións sociais que estean promovidas dende a Comunidade Autónoma galega, tratando de xerar unha cambio cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta. Creada no mes de maio de 2008 coa apertura da primeira delegación en Pontevedra, Agareso é unha asociación apolítica e laica, único vínculo entre os seus integrantes é o traballo a prol da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, tentando promover, concienciar e sensibilizar a sociedade dunha realidade próxima e normalmente silenciada nos grandes medios de comunicación. Para elo, Agareso non pretende xerar accións illadas, senón dar continuidade a todos e cada un dos seus proxectos. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA: XUNTA DIRECTIVA PRESIDENTE: Juan De Sola Vollbrecht VICEPRESIDENTA: Susana Alvite SECRETARIO: Xurxo Salgado TESOREIRO: Roberto Baquero VOCEIROS: Roi Palmás Cora, Marcos Canosa, Carlos Fariña DIRECCIÓNS TÉCNICAS Responsable de proxectos: Lorena Seijo Responsable de CpD: Carmen Novas

5


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

3. Presentación e plan estratéxico

Durante o ano 2014, as actividades da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) centráronse en catro ámbitos: A Xunta Directiva de Agareso continuou durante o 2013 co proxecto de voluntariado profesional na comunicación social e o seu inequívoco enfoque de Dereitos Humanos e Desenvolvemento. O reto para os vindeiros anos será persistir, sen descanso, na potenciación e promoción da Visibilización, Sensibilización e Comunicación para o Desenvolvemento en diferentes escenarios locais e internacionais. Por unha banda, consolidar aquelas iniciativas que se atopan en proceso de diagnóstico, identificación ou execución será unha das prioridades do programa de xestión. Así mesmos estableceranse novas alianzas e procuraranse posibles proxectos como desde o goberno da propia organización. Agareso debe continuar o proceso de consolidación como ONGD, como referente no tratamento e elaboración da información e de contidos sociais, cooperación, dereitos humanos e solidariedade, entre outros. Na mesma liña, débense aumentar os ratios de calidade na execución de proxectos en materia de comunicación para o desenvolvemento, polo que haberá que facer un esforzo na formación do propio voluntariado e nos niveis de esixencia interna. A organización de Reporteiros Solidarios está formada por profesionais da comunicación de Galicia, España e ámbitos internacionais dispostos a afondar nas causas da pobreza, as desigualdades e a vulneración dos DD.HH, práctica xornalística ausente nos medios de comunicación convencionais. Por iso un dos obxectivos fundacionais da organización, que mantemos cinco anos despois, vai encamiñado a amplificar aquelas voces que carecen das oportunidades necesarias para chegar aos medios de comunicación ou se atopan nunha situación de vulnerabilidade. Para elo o noso persoal técnico e voluntario ten que ter dominio das diferentes realidades sociais a través das experiencias de especialistas e actores sociais: VIH, Discapacidade,

Exclusión,

Inclusión,

Multiculturalidade,

Drogodependencia,

Reinserción, Infancia, Terceira Idade, Cooperación, Solidariedade, Dereitos Humanos, Medio Ambiente, entre outros.

6


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 A exposición dos contextos, onde a cooperación aporta recursos de diversa natureza, empregando a os formatos multimedia ou a pertinente execución de proxectos de Comunicación para Desenvolvemento obriga á realización de continuos cursos, encontros ou foros de formación e intercambio de experiencias cos principais activos do sector social, cooperación e desenvolvemento. Este sistema permite fomentar a aprendizaxe de habilidades, coñecementos e outras capacidades

de

persoas

que

logran

converterse

nos

axentes

activos

do

desenvolvemento e transformación en positivo do contexto social concreto a través da práctica dunha óptima comunicación do voluntariados/profesionais de Agareso. O traballo en rede é outra das prioridades que vimos desenvolvemento nos últimos anos, precisamente para fortalecer o traballo doutras organizacións que carecen de especialistas en comunicación e para posicionar no sector da cooperación a Comunicación para o Desenvolvemento como un eixo fundamental para a sensibilización, educación e empoderamento, tanto da sociedade galega como dos diferentes pobos que conforman este planeta.

4. Área de proxectos Agareso continuou durante o 2014 afondando no eido da Comunicación para o Desenvolvemento, tanto no eido educativo como no de cooperación internacional. Mantivo proxectos en Galicia e no Exterior, ao mesmo tempo que o seu voluntariado foi elaborando e executando os seus pequenos proxectos formativos e de sensibilización a través da fotografía, a radio ou o audiovisual.

4.1. Accións de visibilización e sensibilización en Galicia sobre os países do Sur un 4.1.1 Charlas de sensibilización do voluntariado de Radio Tehuacán en Galicia Máis de 500 alumnos e alumnas de 5 institutos de Galicia tiveron a oportunidade de compartir experiencias con dúas rapazas e un rapaz de Tecoluca, El Salvador, que se achegaron aos seus centros educativos para contarlles o seu traballo como voluntarios 7


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 da emisora comunitaria Radio Tehuacán, dentro do proxecto educativo “O mundo que queremos”, financiado pola Xunta de Galicia. “O mundo que queremos” é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, impulsada pola Consellería de Educación. Esta iniciativa pretende promover a reflexión do alumnado sobre a necesidade de coñecer as problemáticas sociais para poder modificalas a través da interacción de cinco centros galegos e Radio Tehuacán.

O fío temático do proxecto son os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que foron presentados nas aulas a través de obradoiros de radio e fotografía e representacións de pezas do Teatro dx Oprimidx. Todo o proceso de intercambio entre a realidade galega e salvadoreña culmina nesta visita dos mozos e mozas de Radio Tehuacán aos centros educativos participantes, e nun encontro final ao que asistirán todas as persoas e entidades protagonistas desta iniciativa. Yasmin, José Manuel e Iris son as tres persoas voluntarias da emisora comunitaria que, xunto a 13 rapaces e rapazas do seu pobo, colaboran todos os días para que a grella da emisora estea chea de contidos . Programas sobre protección medioambiental, sobre equidade de xénero, un informativo local, un programa deportivo e diferentes espazos musicais integran a programación desta pequena radio de propiedade comunitaria que emite día día só polo esforzo do seu voluntariado.

8


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Yasmin é a directora da emisora, José Manuel o encargado de programación e Iris unha das voluntarias máis activas. Todo o voluntariado da emisora recibiu formación e equipamento para poder facer mellor o seu traballo durante o 2013, grazas á cooperación internacional, e este ano son parte dun proxecto de sensibilización e prevención de riscos ambientais a través das ondas.

Esta experiencia de organización comunitaria e participación cidadá a través da radio e a importancia de poder ter un discurso e unha voz propia para construír o noso propio desenvolvemento será a temática básica das charlas que impartan nos centros educativos de Melide, Ourense, Monfero, Viana do Bolo e Santiago de Compostela, do 31 de marzo ao 3 de abril. Tamén terán tempo de reunirse coa Subdirección Xeral de Cooperación Exterior para contarlles como inflúe na súa comunidade os proxectos de cooperación e de asistir ao encontro intercentros que tivo lugar o 4 de abril na Sala Capitol de Compostela. Este encontro foi a clausura do proxecto e estivo cheo de reflexións do alumnado participante sobre o mundo que queren construír, amosarán os seus traballos fotográficos e radiofónicos ante todos os asistentes e asistirán ao concerto de rap de Pachamama Crew. 9


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 “O mundo que queremos” foi executado ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, Intervida e Mundo Cooperante, coa colaboración organizativa e formativa da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e o grupo de Teatro dxs oprimidxs 100tolas.

4.1.2. Exposición: A Comunicación para o Desenvolvemento en Imaxes Dentro do proxecto de Fortalecemento de Agareso 2014 organizouse unha exposición fotográfica co obxectivo de poder amosar en imaxes os traballos que a nosa ONGD realiza, tanto en Galicia a través dos proxectos de EpD e Acción Social, como en países do Sur, a través dos proxectos de Cooperación. O primeiro espazo no que se amosou a exposición, integrada por 35 imaxes impresas en lona para que poidan se penduradas en exteriores, foi a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, aproveitando a inauguración do V Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional que desenvolvementos nesta facultade. A exposición percorrerá 9 lugares máis neste 2015.

10


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

4.1.3. Charlas de presentación da organización e os seus proxectos As exposicións e documentais producidos por Agareso desde a súa constitución seguen a ser materiais válidos para concienciar sobre as desigualdades, á vez que visibilizan os proxectos realizados nos países do Sur. Ao longo de 2014, amosáronse nunha ducia de localizacións, sobre todo en centros educativos, na maioría dos casos complementados con charlas de voluntariado e persoal da organización.

Brigadas sanitarias en Nicaragua

O documental ‘Non che doe?’, que recolle o traballo das brigadas sanitarias de Solidariedade Galega en Nicaragua, proxectouse o 15 de xaneiro no IES María Soliño (Cangas) co alumnado do Bacharelato de Artes. Posteriormente, o audiovisual presentouse o 7 de maio no IES Monte Carrasco, no Colexio Casa de la Virgen e no Colexio Eduardo Pondal, no marco das X Xornadas Interculturais ‘Crecendo na diversidade’ convocadas polo Concello e que culminaron o día 31 cunha feira na que Agareso tamén instalou o seu posto. O audiovisual amosaríase asemade o 21 de 11


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 febreiro en Bueu, no acto organizado por Solidariedade Galega para dar a coñecer o labor do seu voluntariado.

Un cento de estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Félix Muriel (Rianxo) asistiron o 10 de abril ao visionado de ‘Non che doe?’, dentro das actividades da 1ª Semana Solidaria ‘Ti tamén sumas’ organizada polo centro, onde tamén se amosou a exposición ‘Camiños de paz, as outras voces de Israel e Palestina’ realizada canda Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). O audiovisual gravado en Nicaragua pasaríase aínda o 22 de abril no IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela) para o alumnado de Cultura Audiovisual.

Campamentos saharauís

Agareso celebrou un ano máis o Día Internacional da Non Violencia e a Paz co alumnado do colexio Santo Tomás (O Porriño). Alí presentouse o 30 de xaneiro o proxecto ‘De Sanxenxo ao Sáhara, Vacacións en Paz’, que inclúe unha reportaxe

12


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 audiovisual e unha exposición fotográfica, a arredor de 70 estudantes de 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO.

Comercio xusto en Ecuador

A exposición ‘Os rostros do comercio xusto ecuatoriano’ permaneceu ata o mes de setembro na Azucreira de Portas e o 11 de abril presentamos o documental vinculado no CPI Domingo Fontán. En colaboración con voluntariado de Amarante Setem, impartíronse charlas para 5º e 6º de Primaria e para 1º, 2º e 3º da ESO, nas que xurdiu un debate bastante participativo e enriquecedor.

A mostra fotográfica trasladouse en outubro á biblioteca de Pontecesures, concello socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en virtude da colaboración establecida entre esta entidade e a Coordinadora Galega de ONGD polo Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.

13


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 100% Muller en Marrocos

A cooperación entre o Fondo Galego e a Coordinadora de ONGD arredor do 17 de outubro tamén permitiu levar ao IES de Valga a exposición ‘100% Attawassoul’. Estudantes do instituto e alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Baño achegáronse ás fotografías de Agareso e Amarante para denunciar a desigualdade de xénero.

Pesca sostible en El Salvador

O 19 de setembro representamos o consorcio establecido entre Agareso e ACPP na presentación do proxecto de cooperación impulsado en El Salvador que tivo lugar durante a ‘Xornada de Pesca Sustentable en Galicia e Centroamérica: mar de todas, mar de ninguén’, organizada por Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras. Na mesa sobre o impacto social e ambiental da pesca intensiva-extractiva fronte a pesca sustentable, expuxemos as distintas fases da iniciativa promovida no Bajo Lempa,

14


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 onde comezamos impartindo obradoiros radiofónicos de concienciación ambiental en centros educativos para rematar apoiando a emisora comunitaria Radio Tehuacán.

4.1.4 Documental Comunicando Comunidades A proxección do documental ‘Comunicando comunidades’, gravado en El Salvador por un equipo de voluntariado de Agareso, integrado por Juan de Sola, presidente da organización; Alba Sotelo, cámara e fotógrafa, e Gabriela Sánchez, xornalista, comezou en decembro a súa “ruta de sensibilización” por 10 concellos galegos.

A actividade de sensibilización, que se centra na proxección do documental de 20 minutos, se complementan cunha charla previa para contextualizalo e un debate posterior no que se anima á mocidade a implicarse na resolución das problemáticas sociais que afectan a súa contorna. A través do testemuño directo das e dos seus protagonistas, o audiovisual pon de relevo como as cooperativas, os movementos de base e as organizacións comunitarias permiten afrontar cuestións como a contaminación, a violencia, a falta de información ou a carencia de traballo no país centroamericano, que viviu doce anos de guerra.

15


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 As charlas acude o equipo técnico da organización, acompañado por algún dos voluntarios que participou na gravación do audiovisual en terreo, e por unha representante da nosa coparte salvadoreña, Radio Tehuacán. Deste xeito o alumnado pode coñecer tamén de forma directa a experiencia do voluntariado nos proxectos de cooperación. O pasado 1 e 3 de decembro tiveron lugar as charlas no IES da Pobra do Caramiñal, o día 2 estivemos no IES de Fene, e para rematar a semana iremos a Boiro e Bergondo. O día 11 estaremos en Teis, o 15 en Cabanas, o 16 en Poio, o 17 en A Estrada e remataremos o periplo o 18 en Pontecesures. Máis de 500 alumnos e alumnas da ESO asistirán a estas charlas. Cooperación internacional O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade financiou no último ano o proxecto impulsado por Agareso para previr e reducir a vulnerabilidade perante o risco de inundacións en comunidades e centros escolares dos municipios de Tecoluca e Zacatecoluca a través da mitigación, sensibilización e educación ambiental. Os resultados desta formación e a capacidade de reacción da poboación fronte unha emerxencia amplificáronse mediante a emisora comunitaria Radio Tehuacán. Ademais das capacitacións impartidas pola ONGD local Cordes, entregáronse materiais de prevención aos comités de protección civil e aos centros educativos, entre outras tarefas que culminaron coa gravación do documental sobre a participación comunitaria.

16


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

4. Área de Proxectos 4.1. Proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento 4.1.1 Escolas Sen Racismo: obradoiros de radio e televisión para educar en valores Agareso continuou impartindo no curso 2013/2014 os obradoiros de radio e televisión para a educación en valores no marco da iniciativa Escolas sen Racismo, dentro do proxecto de comunicación e educación para o desenvolvemento promovido canda Asemblea de Cooperación pola Paz e financiado pola Xunta de Galicia.

Ata o mes de febreiro realizouse a actividade no IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela), onde se repetía a iniciativa tras a boa acollida da experiencia piloto dous anos antes. ‘Fraguando a diversidade 2’ foi o programa de televisión resultante, que incorporaba unha enquisa na rúa sobre o coñecemento dos países do Sur e reportaxes sobre o autismo, a integración laboral da comunidade xitana, a mediación escolar, a celebración dun mercadiño solidario e a posta en valor da interculturalidade no centro a través dun recital de Rosalía en diversas linguas.

17


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

O audiovisual presentouse o 4 de novembro ante o alumnado do instituto e o 9 de decembro no Centro Sociocultural das Fontiñas coa presenza de diferentes persoas e entidades do barrio, xa que se contou coa súa colaboración para as distintas pezas. Previamente, o 3 de outubro a reportaxe sobre a inclusión laboral das persoas xitanas empregárase na clausura do proxecto ‘Aprender Traballando’ da Fundación Secretariado Xitano e, con posterioridade, o programa proxectouse o 12 de decembro para alumnado do Máster de Profesorado que realiza prácticas no IES Antonio Fraguas.

Os obradoiros de radio desenvolvéronse no CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra), ata finais de xaneiro, e no CEIP Anexo A Lomba (Vilagarcía de Arousa), entre febreiro e maio. No primeiro caso, dadas as características da contorna, o programa final levou por título ‘Ponte Sampaio coa Terra’ e centrouse no Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio número 7: garantir a sostibilidade do medio ambiente. Realizáronse enquisas sobre boas prácticas, un faladoiro interxeracional e unha entrevista sobre

18


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 comercio xusto á ONGD Amarante, con charla e degustación incluídas. Coincidindo co Día da Terra, o 22 de abril organizouse un acto no centro para entregar os diplomas e socializar os resultados da actividade con alumnado e o profesorado. O espazo radiofónico formou parte ademais das emisións da XX Xornada Multimedia Ponte...nas ondas!

No CEIP Anexo A Lomba o obradoiro impartiuse por vez primeira en horario lectivo, para un dos cursos de 6º de Primaria. Baixo o título ‘Anexo entre ondas’, o programa final contou cunha entrevista sobre o autismo á asociación vilagarciá Bata e cun radioteatro baseado no conto ‘O lobo calumniado’. Trátase dunha das obras da serie ‘Historias que contan’ do proxecto Escolas sen Racismo, que narra a historia de Carapuchiña desde o punto de vista do lobo e serve para combater os prexuízos e os estereotipos. O espazo tamén incluíu varias cuñas para promover os Dereitos da Infancia.

19


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 A maiores, colaborouse con outras actividades impulsadas desde os centros implicados no proxecto, como o ‘II Encontro de centros para unha convivencia positiva’ celebrado no IES Antonio Fraguas, onde o 25 de abril se realizou un obradoiro de cuñas radiofónicas para a promoción de valores polo que pasaron ata 75 rapazas e rapaces integrantes dos equipos de mediación de vinte institutos galegos. Mentres que no CEIP Ponte Sampaio se desenvolveu unha sesión de introdución á radio para 17 alumnas e alumnos de Educación Infantil na semana dedicada aos medios de comunicación na escola.

No último trimestre do ano, as actividades do programa Escolas sen Racismo volvéronse poñer en marcha. No curso 2014/2015, o obradoiro de televisión estase a impartir no IES Laxeiro (Lalín), mentres que no IES Torrente Ballester se realiza un de prensa, a petición do propio instituto. As sesións de radio desenvolveranse a partir do mes de marzo nos colexios Juventud e Vilas Alborada (Santiago de Compostela). Os avances pódense seguir no blog www.agareso.org/esr.

20


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

4.2.3.

IV

Seminario

de

Xornalismo

Social

e

Cooperación

Internacional O Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ chegou á súa cuarta edición da man de ACPP e co apoio de Cooperación Galega. Unha vintena de comunicadoras e comunicadores participaron no curso de 40 horas que se desenvolveu entre o 25 de febreiro e o 13 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O programa arrincou cunha introdución á cooperación internacional, mentres que a seguir

se

deu

a

coñecer

dun

xeito pragmático

a comunicación

para o

desenvolvemento e para o cambio social. Propuxéronse discursos alternativos, coma o xornalismo con enfoque de dereitos humanos ou o xornalismo ambiental, e cuestionáronse as representacións mediáticas en torno as mulleres, os países do sur e os colectivos en risco de exclusión.

Alén da participación de reporteiras e reporteiros da emisora salvadoreña Radio Tehuacán, entre os relatorios cómpre salientar a alta valoración da xornalista Clara de Sáa, especializada en temas sociais; o redactor e fotógrafo melillés Jesús Blasco, experto en migracións; e mais o fotoxornalista Rober Amado. Tamén a mesa redonda

21


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 sobre a situación do xornalismo social en Galicia celebrada na xornada de clausura, que se encadrou na entrega dos premios Luceira de comunicación social. O alumnado do curso foi publicando os seus traballos no blog agareso.org/sxs/2014, estruturado en seccións sobre benestar social, interculturalidade, medio ambiente, Norte/Sur e xénero. Asemade, un grupo de estudantes de Comunicación Interpersoal e Comunitaria realizou as prácticas da materia no Seminario.

Entre o 10 e o 18 de agosto, tres participantes desprazáronse a Marrocos para coñecer e visibilizar os proxectos impulsados polos parceiros de ACPP e Agareso, así como a realidade social do país. María José Fontal, Nuria R. Lago e Sara Torreiro visitaron cooperativas de agricultores, centros de mulleres, lonxas de peixe, comunas rurais, espazos naturais, instalacións sanitarias e escolas apoiadas pola cooperación internacional, alén de campamentos de migrantes ou un picadeiro de equinoterapia. Tamén se reuniron con xornalistas e con activistas defensores dos dereitos humanos, tal e como recolle a bitácora da experiencia: agaresoseminario.blogspot.com.es.

22


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

4.2.4. Plan Proxecta: O Mundo que Queremos

Agareso colabora por segundo ano consecutivo en ‘O mundo que queremos’ un proxecto de educación para o desenvolvemento financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, e que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa pretende promover a reflexión do alumnado sobre a conexión existente entre as dinámicas locais e as desigualdades globais, neste caso a través da comunicación (podcast e imaxes) como medio para sensibilizar e transformar.

A mediados do pasado mes de decembro leváronse a cabo os primeiros obradoiros de radio e fotografía, impartidos polos mesmos voluntarios de Agareso que na pasada edición (Óscar Vázquez como responsable do obradoiro de fotografía e Montse Fdez. como responsable do obradoiro de radio). No caso do obradoiro de radio, e tendo en conta a boa acollida que tivo a dinámica do taller o pasado ano, seguiuse na mesma liña, intentando que a explicación do mundo 23


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 radiofónico fose práctica e divertida. Pero facendo fincapé nas posibilidades que ten a radio como medio de sensibilización e de denuncia, e tendo sempre como fío condutor os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, remarcando en cada centro o ODM que lles tocou traballar. Tamén se intentou introducir exemplos relacionados cas visitas dos colectivos do Sur que terán no próximo mes de abril. Así, á vez que se ía explicando como funciona a radio con exemplos que xiraban en torno aos ODM, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de facer prácticas 'in situ' coa axuda dunha mesa de son, reforzando o proceso de aprendizaxe e facendo máis ameno o obradoiro. O alumnado participante puido descubrir o sinxelo que é hoxe en día facer podcast, os elementos da linguaxe radiofónica, que tipos de xéneros radiofónicos existen, como deben facer unha boa entrevista en radio, como funciona o programa de edición Audacity, etc.

O obradoiro de fotografía do proxecto tivo como obxectivo que os e as rapaces e rapazas usasen a fotografía como método para reflexionar e expresar as súas ideas. Na primeira visita aos centros explicouse o obxectivo que lles tocou con información e exemplos dos ODM, axudóuselles a elaborar ideas de posibles fotografías e déronse consellos básicos sobre técnica fotográfica ao alumnado. Este ano o proxecto conta cun obradoiro máis de radio e fotografía que se levará a cabo durante o próximo mes de xaneiro, e que ten como obxectivo axudar ao 24


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 alumnado na elaboracións dos seus traballos e resolver as dúbidas que puidesen ter á hora de abordar o seu proxecto. Tras estes obradoiros os rapaces e rapazas terán que crear os seus propios espazos radiofónicos e proxectos fotográficos relacionados cos ODM. O proxecto inclúe a maiores un obradoiro de teatro da oprimida, a visita aos centros no mes de abril de persoas dos países do Sur vinculadas á cooperación para o desenvolvemento e un encontro final intercentros no que todo o alumnado participante gozará dun concerto e amosará os traballos radiofónicos e fotográficos realizados durante a duración do proxecto.

4.2.5. Proxecto de Sensibilización e Comunicación en El Salvador

Agareso

comeza

o

2014

cun

novo

proxecto

de

Comunicación

para

o

Desenvolvemento que aposta por empregar todo o potencial dos medios de comunicación comunitarios e da Educación para o Desenvolvemento para diminuír os desastres naturais.

25


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Neste proxecto, que comezou este mes de xaneiro gracia á financiación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, intervirase durante nove meses na zona do Bajo Lempa, El Salvador, impartindo obradoiros de sensibilización ambiental en once centros escolares e en tres colectivos comunitarios de protección civil. As tarefas de Educación para o Desenvolvemento serán executadas pola ongd salvadoreña Cordes, contraparte deste proxecto. Nos obradoiros de sensibilización e capacitación tamén entregaranse os materiais necesarios para que desde as propias escolas poidan executar tarefas de prevención de riscos, como por exemplo, evitar as inundacións que todos os anos afectan a súas infraestruturas. Toda esta labor será complementada por Radio Tehuacán, emisora comunitaria do municipio de Tecoluca, que a través das ondas ampliará a capacidade de sensibilización e formación cun programa especial semanal que leva o título de En

Contacto coa Natureza. Este programa tratará todas as semanas diferentes temas ambientais e resumirá as capacitacións realizadas por Cordes para que non só teñan acceso a elas o alumnado, senón tamén as súas familias.

26


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

O proxecto rematará cos actividades de sensibilización en Galicia nas que o alumnado de dez centros galegos poderá coñecer un pouco mellor, a través dun documental elaborado polo voluntariado de Agareso, as formas de organización comunitaria salvadoreñas e como contribúe a xuventude do Bajo Lempa a resolver os problemas medioambientais que lles afectan. Nestas actividades de sensibilización procurarase non só que as mozas e os mozas coñezan outras realidades, senón que reflexionen sobre que problemas medioambientais afectan ás zonas nas que eles e elas viven e de que xeito poderían contribuír a solucionalos. O obxectivo específico do proxecto que era “Fortalecer as capacidades e habilidades dos alumnos e alumnas de 11 centros escolares educativos e 12 comisións comunais de protección civil dos municipios de Tecoluca e Zacatecoluca, a través de la mitigación, sensibilización e educación ambiental, e amplificar resultados desta formación e a capacidade de reacción das comunidades ante unha emerxencia a través da radio comunitaria” podemos afirmar que se acadou, xa que cumpríronse con todas as actividades de cada un dos resultados establecidos no proxecto.

27


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Aínda que as actividades de sensibilización planificadas neste proxecto están programadas para a derradeira etapa do mesmo, tívose a oportunidade de engadir máis actividades de visibilización e sensibilización gracias á visita que fixeron a Galicia no mes de abril as dúas persoas de Radio Tehuacán, responsables do programa En Contacto Coa Natureza. Yasmin Pineda e José Manuel Barrios, xunto con outra das voluntarias da emisora (Iris Escobar), visitaron dous centros educativos seleccionados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para realizar unhas charlas co alumnado e amosarlles a importancia da cooperación e a protección do medio ambiente. Estas charlas tiveron lugar o día 7 de abril nos centros educativos de Redondela e Pontevedra. Os integrantes de Radio Tehuacán comezaron a mañá visitando ao alumnado do 1º curso de Secundaria no IES Mendiño de Redondela, concello que exerce a Presidencia do Fondo Galego. E de seguido, desprazáronse a Pontevedra para intervir no IES Frei Martín Sarmiento, diante de 120 estudantes de 3º e 4º da ESO. A comitiva de El Salvador achegoulles ás rapazas e rapaces a realidade centroamericana, concienciándoos sobre a importancia da participación comunitaria e de ter un discurso propio sobre as problemáticas que afectan á nosa contorna. As mozas e os mozos galegos amosáronse sorprendidos polos esforzos que fan moitos dos seus coetáneos salvadoreños para poder rematar os seus estudos de secundaria, xa que moitos deles teñen que traballar media xornada, para a outra media poder ir ao instituto. Tamén debateron sobre a diferenza de trato entre os nenos e as nenas, e como as mulleres son as primeiras que, en caso de necesidade económica, teñen que deixar a escola ou axudar nas labores domésticas aos seus país. Igualmente abordaron a problemática dos embarazos precoces e como a través da radio inténtase concienciar en cuestións de equidade de xénero e de participación social. Estas intervencións foron recollidas nos medios de comunicación locais, sendo o Diario de Pontevedra o que lles outorgou un maior relevancia cun reportaxe especial. 28


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Tamén foron entrevistados, xunto coa concelleira Carme Fouces, pola SERPontevedra. Como outra acción de visilización enviouse unha nota de prensa aos medios de comunicación coincidindo co Día Mundial da Radio, e outras dúas informando do comezo da actividade de sensibilización e do contido do documental. E publicáronse nos medios de comunicación 11 novas sobre o proxecto, tanto en medios impresos (Diario de Pontevedra, El Correo Gallego) como en radio (RadioFusión, Radio Galega) e medios dixitais (Pontevedra Vida, Galicia Confidencial, Praza Pública e Diario.es). Tamén engadimos a ampla reportaxe sobre o proxecto publicada na revista do Rede Real Code na que se inclúe o traballo desenvolvido este último ano co apoio do Fondo Galego, e que pode consultarse tanto en castelán como en inglés.

4.2.6 Barrios Abertos: Un audiovisual sobre a integración

En decembro de 2014 na AAVV A Xuntanza do barrio de San Pedro tivo lugar a primeira presentación das cinco pezas audiovisuais sobre integración, que realizamos dentro do proxecto Barrios Abertos de Asemblea de Cooperación pola Paz, financiado por la Unión Europea. Os audiovisuais foron elaborados por 15 rapaces e rapazas inmigrantes que viven nos barrios de San Pedro e Fontiñas, no marco dunha 29


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 formación sobre técnicas audiovisuais e interculturalidade impartidas por Sonia Díaz e Xes Chapela, socios de Agareso. O segundo pase foi o día 9 de decembro ás 17h no Centro Sociocultural das Fontiñas, coa presenza de alumnado do IES Antonio Fraguas. As presentacións fixéronse nos barrios para promover a participación comunitaria e porque todo o que sae do barrio debe volver a el, e someterse ao opinión da veciñanza. Durante catro meses os rapaces e rapazas inmigrantes asistiron a un obradoiro de técnicas audiovisuais, impartido por Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), no que se pretendía que, ao mesmo tempo que aprendían a realizar un documental ou unha peza informativa, reflexionaran sobre a súa propia integración nos seus barrios e sobre o que eles e elas podían aportar desde a súa cultura de nacemento á súa cultura de acollida. Era importante que o alumnado aprendese tamén a contar as súas propias historias e a elaborar os seus propios discursos, polo tanto, foron eles e elas os que decidiron que contar e como, para que foran conscientes da importancia de ser donos e donas da súa voz.

30


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Imane,

Marlyn, Ghizlane, Luis, Stanly, Estrella, Paula, Ayoub,

Yaiza,

Sofía,

Lara, Ailin... descubriron a través do audiovisual que as súas propias culturas teñen moito máis que aportar do que eles pensaban e, o máis importante, que eles e elas son as persoas máis axeitadas para contalo. Xuntos, xuntas, rebuscaron nas súas historias as persoas, os lugares e os momentos que mellor retratan as súas experiencias como persoas inmigrantes. Unha tenda, un bar, unha perruquería, a casa da modista... as festas do barrio. Exploraron a realidade que os rodea, coa cámara ao ombro e o micro na man, buscando o mellor ángulo para retratala e as preguntas precisas que axuden a entendela. O alumnado foi seleccionado pola Cruz Vermella, Igaxes3, o IES Antonio Fraguas e as UTS de San Pedro e Fontiñas, todos eles integrantes das redes de barrio. Proxecto Barrios Abertos O proxecto Barrios Abertos de Galicia, de Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), ten como principal obxectivo a integración social, cultural, educativa e sanitaria das persoas de orixe estranxeira que viven nos barrios de Fontiña e San Pedro en Santiago de Compostela. Que queremos dicir con integración? Pois que tanto as persoas doutras orixes como as nadas en Galicia convivan, aprendan unhas doutras e aproveiten todos os beneficios que supón a interacción entre culturas diversas. Isto significa que o achegamento non é nunha soa dirección, todo o contrario, búscase que a sociedade galega aprecie a riqueza que supón a presenza doutras culturas nos seus barrios e que igualmente as persoas doutras orixes sintan partícipes da vida e a cultura local. Para conseguir este fin último, ten unha grande relevancia tódalas accións de comunicación e sensibilización que acompañan ás actividades de formación e educación do proxecto.

31


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

4.2.7. Encontro con ONGD galegas para falar e formar sobre Comunicación para o Desenvolvemento O 15 e 16 de novembro, en Allariz, levouse a cabo o Encontro de Comunicación para o Desenvolvemento para ONGD galegas, organizado dentro do proxecto de Fortalecemento da organización.

O

obxectivo do encontro "Comunico,

logo transformo" foi o intercambio de

capacidades, experiencias e ideas entre os e as xornalistas e os equipos técnicos e voluntariado das ONGD galegas. O sábado pola mañá houbo charlas nas que se analizaron e debateron sobre as campañas de comunicación das ONGD, da man de Intermón Oxfam e a súa última campaña 3de10. Achegáronse aos proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento a través da experiencia de Agareso e intentamos aprender algo máis de como introducir a comunicación nos nosos proxectos. Tamén aprenderemos a facer Comunicación de Guerrillacon Lorena

Arévalo.

32


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Na tarde houbo tres obradoiros, que tiñan como obxectivo a aplicación do Vídeo de Combate, das Redes Sociais, e da Comunicación para o Desenvolvemento nos proxectos

de

Cooperación

e

Educación

que

se

fan

en

Galicia.

5. Traballo en Rede O traballo en Rede é fundamental para a nosa organización polo que inténtase compartir o maior número de experiencias posibles con outras organizacións ou entidades para poder entre todos compartir coñecementos e facer unha labor de sensibilización e de cooperación máis útil e eficaz.

5.1 Participación en actividades de sensibilización e difusión públicas xunto a outras organizacións Agareso participou o 24 de febreiro no coloquio organizado desde a parroquia de Monte Porreiro con outras ONG de Pontevedra, como Amarante Setem e Manos Unidas, que teñen proxectos en países do Sur. Doutra banda, Enxeñería sen Fronteiras convidounos a falar sobre comunicación para o desenvolvemento nas Xornadas ‘É neutral a tecnoloxía? As múltiples caras do feito tecnolóxico’, concretamente na mesa redonda sobre a dimensión sociocultural da tecnoloxía.

5.2. Participación no Real Code

No último trimestre do ano reactivouse a Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code), integrada por grupos de investigación e colectivos da base social, entre os que se atopa Agareso. Coa posta en marcha do proxecto ‘Cidadanía e Educomunicación: vulnerabilidade mediática, capacitación comunicativa e desenvolvemento nas comunidades locais e en grupos de atención 33


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 social prioritaria’ (CIDEC), estase a traballar na construción dun índice da vulnerabilidade dos dereitos humanos e cidadáns nos medios (IVDMC), axustado á realidade das comunidades locais e grupos de atención social prioritaria (GASP): mulleres, migrantes, infancia, mocidade e persoas con discapacidade. Como membro da rede, o voluntariado de Agareso ten acceso ás distintas formacións que se ofertan e no blog do proxecto danlle visibilidade a diferentes actividades da organización: cidadaniaecomunicacion.wordpress.com. Do mesmo xeito, elaborouse un artigo sobre o proxecto en El Salvador que se publicará na Revista Internacional de Comunicación e Desenvolvemento (RICD).

5.7 Participación na CGONGD Agareso integra la Coordinadora Galega de ONGD desde o ano 2011 e participa de forma activa tanto na difusión da información e das propostas que derivan da Coordinadora, como nos cursos e actividades que organiza para dar a coñecer situación actual do sector e para procurar novas fórmulas para melloras as accións de cooperación. Desde o 2013 dous integrantes de Agareso forman parte das Comisións de Incidencia e de Educación para o Desenvolvemento por considerar que son estas dúas áreas nas que a experiencia da nosa organización pode aportar máis. Estas comisións teñen reunións periódicas para debater, propoñer e recopilar información para distribuír entre o resto das organizacións que forman parte da Coordinadora sobre temas tan diversos como as bases das convocatorias das subvencións, as novas políticas públicas, as campañas de sensibilización pública ou as necesidades de formación específicas do sector.

34


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Ademais Agareso ten unha presenza destacada na Coordinadora porque o a socia da organización e técnica de proxectos, Lorena Seijo, é parte da Xunta Directiva da mesma, aportando a súa experiencia e visión sobre a comunicación ao resto de integrantes do equipo. Agareso ten participado en diversas actividades que organiza a CGONGD tanto como relatores, como apoio á organización e como respaldo no traballo de difusión e creación de materiais de comunicación. Agareso continuou participando activamente na Coordinadora Galega de ONGD ao longo de 2014, tanto desde a Xunta Directiva como no seo das comisións de Incidencia e de Educación para o Desenvolvemento (ED), alén doutros espazos.

Comisión de Educación para o Desenvolvemento

As accións formativas constituíron a nota máis destacada no traballo da Comisión de ED durante o último exercicio. O 30 de setembro realizouse un coworking interno para analizar os informes emitidos polas avaliadoras dos proxectos presentados á

35


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 convocatoria de axudas da Xunta de Galicia e, a través da comparativa, extraer aprendizaxes para futuras formulacións.

Revisouse asemade o borrador das bases da seguinte convocatoria. Aínda que este ano decidiuse non presentar alegacións, si se lle trasladaron dúas cuestións importantes á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Por un lado, que a dotación mínima debe ser de 400.000 euros e, doutra banda, que debera existir meirande flexibilidade na execución das actividades e dos pagamentos.

A maioría das integrantes da Comisión de ED asistiron ao IV Congreso de Educación para el Desarrollo organizado polo Instituto Hegoa, que se desenvolveu os días 9, 10 e 11 de outubro en Vitoria-Gasteiz baixo o epígrafe ‘Cambiar a educación para cambiar o mundo... Por unha acción educativa emancipadora!’. Agareso participou do grupo de traballo ‘Comunicación para a transformación’ e dos obradoiros relacionados.

Agareso tamén representou a Comisión de ED no encontro ‘Cidadanía global ao poder. Transformando a realidade desde a base’ que a Coordinadora Estatal de ONGD celebrou os días 2 e 3 de abril en Madrid. Do mesmo xeito, colaboramos na elaboración do estudo ‘A educación nos procesos de cooperación e desenvolvemento en Galicia: visión das ONGD’, autoría da investigadora da USC Noa Rodríguez Vázquez.

A través da Comisión de ED tamén se canalizou a demanda de incorporar a comunicación para o desenvolvemento no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 que, finalmente, por vez primeira aposta de maneira expresa por este concepto.

36


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Premios Luceira

Agareso colaborou na organización dos Premios Luceira de comunicación social en Galicia, convocados pola Coordinadora Galega de ONGD, EAPN-Galicia e Cermi Galicia, canda Asemblea de Cooperación pola Paz. O obxectivo era visibilizar e poñer en valor o traballo colectivo das distintas iniciativas que existen neste eido e que dan cobertura ás temáticas sociais achegando análise, reflexión e participación.

Tras un período de votación online das diferentes candidaturas, as propostas gañadoras foron Galiza Contrainfo, Galiza Ano Cero e a revista feminista Andaina. A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu o 13 de maio a entrega de premios, no marco da clausura do IV Seminario 'Xornalismo Social e Cooperación internacional’. O acto pechouse cunha mesa de debate moderada polo decano na que, alén das vencedoras, tamén participaron a Cadena SER e La Voz de Galicia. O evento estivo conducido por Carlos Blanco e contou coa achega de Xaquín Marín no deseño do galardón. 37


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Outras redes

Agareso Radio forma parte da rede de emisoras das Nacións Unidas e a asociación está integrada ademais na Rede de organizacións sociais que traballan na contorna penitenciaria (Rosep). En outubro sumouse asemade á Plataforma en Defensa da Onda Curta en Radio Exterior de España, que loitou para evitar o desmantelamento desta canle pola que se informan colectivos coma mariñeiros e cooperantes. O 18 de decembro reanudáronse as emisións, aínda que a plataforma segue traballando para que se optimicen as frecuencias e se garanta o dereito á información. Agareso tamén participa do Consello Municipalista da Cooperación impulsado polo Fondo Galego, que este ano se reuniu o 22 de abril para a presentación das bases da convocatoria de proxectos.

5.6 Apoio á Cooperación Galega na visibilización dos proxectos financiados en Nicaragua Agareso acompañou este 2014 a DXREeUE a Nicaragua para apoiar na visibilización dos proxectos que a Xunta de Galicia, a través das ONGD galegas, financia neste país. Juan de Sola Vollbrecht, presidente de Agareso, viaxou xunto aos responsables da DXREeUE durante una semana na que apoiou na elaboración de notas de prensa para difundir entre os medios de comunicación galegos e coa realización do rexistro gráfico. Aproveitando esta visita, Juan de Sola realizou un proceso de identificación para a posta en marcha dun novo proxecto de radios comunitarias neste país.

38


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

6. Recoñecementos Os audiovisuais resultantes dos sucesivos obradoiros de televisión do proxecto Escolas sen Racismo acadaron este ano diversos recoñecementos. ‘Fraguando a diversidade 2’ resultou galardoado cunha mención especial nos premios de Alfabetización Audiovisual que concede o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), concretamente na categoría de Secundaria.

Tamén foi finalista nos premios OUFF Escola do Festival de Cine Internacional de Ourense, entre 76 películas realizadas en lingua galega por estudantes de diferentes países. Doutra banda, ‘Fraguando a diversidade 1’ obtivo catro nominacións nos premios Olloboi 2014 que promove a Asociación Marearte: Olloboi Online, Olloboi Peleón, Olloboi Escola e Olloboi Zamburrioi.

39


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014

7. Área de comunicación e información A difusión do traballo que realiza a propia organización e as ONGD do noso territorio é parte tamén dos obxectivos fundacionais de Agareso polo tanto é unha labor a que se lle outorga gran importancia. A radio, a prensa, a televisión, as redes sociais e a web son os medios empregados para chegar a poboación.

7.1 Resumo de impactos en prensa, radio e televisión Ao longo do ano 2015, as iniciativas impulsadas por Agareso tiveron presenza en preto de 50 insercións en medios de comunicación e en máis de 120 páxinas web ou blogs de entidades e institucións. A maioría dos impactos mediáticos déronse en publicacións impresas, pero tamén estivemos presentes en emisoras de radio como RNE5, Radio Galega, Cadena Ser, Radiofusión ou Radio Filispín.

As persoas responsables de cada un dos proxectos, en coordinación coas entidades colaboradoras, son as encargadas de realizar as notas de prensa, enviar aos medios de comunicación as informacións oportunas e de xestionar as entrevistas nos diferentes espazos. O feito de que as e os integrantes de Agareso conten conformación en comunicación permite dotar a cada proxecto dunha estratexia de difusión propia.

Tal e como recolle o dossier de cobertura mediática, as accións que colleitaron unha meirande presenza nos medios durante o último ano foron:

Escolas sen Racismo: 38 impactos.

IV Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’: 37 impactos.

40


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 

Proxecto de cooperación en El Salvador co Fondo Galego: 33 impactos.

Plan Proxecta ‘O mundo que queremos’: 27 impactos

Barrios Abertos: 10 impactos

Premios Luceira: 19 impactos

Documental ‘Non che doe?’ sobre as brigadas sanitarias en Nicaragua: 5 impactos

Pertenza a Plataforma en Defensa de Radio Exterior: 5 impactos

Outras exposicións e documentais de Agareso, a participación en diferentes xornadas divulgativas e informacións xenéricas sobre a organización centran as insercións restantes.

* O pressbook completo é un documento a parte

8. Área de Voluntariado e Organización 8.1 Xestión do voluntariado O voluntariado é o principal valor co que conta Agareso. De feito, a base do traballo da organización realízase con persoal voluntario, centralizado todo desde a asociación, pero repartido nas correspondencias que a ONGD ten en Pontevedra, Ourense, Lugo, Vigo, Santiago de Compostela e Madrid, sen esquecer que a entidade conta con correspondentes no exterior, en países como Guinea Bissau, Guinea Ecuatorial, México, Arxentina, Perú, Venezuela ou Ecuador. 41


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 A rede de Agareso está integrada, fundamentalmente, por profesionais da comunicación, pero tamén conta con profesionais procedentes do mundo do dereito, o deseño ou a economía. Todos eles traballan de forma voluntaria e o seu único vínculo é o traballo a favor da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, buscando promover, concienciar e sensibilizar á sociedade dunha realidade próxima e a miúdo silenciada nos grandes medios de comunicación. Co fin de regularizar a situación da rede social de Agareso e de levar un rexistro máis pormenorizado dos seus integrantes, a finais do ano 2010 realizouse unha primeira ‘varrida’ sobre os/as asociados/as solicitando deles que cubriran unha ficha cos seus datos persoais e profesionais e cos intereses que os movían a formar parte da organización, así como cos campos de acción cos que querían estar integrados. Na organización do voluntariado puido avanzarse en gran medida gracias ao proxecto de Fortalecemento aprobado pola Xunta no 2011-2012, que permitiu ter unha persoa contratada a media xornada para organizar á base social. Durante o 2013 seguiuse facendo a xestión do voluntariado pero a persoa responsable era unha voluntaria, polo que a intensidade e regularidade das accións diminuíu por razóns evidentes. Na asemblea xeral da entidade celebrada o 20 abril de 2011 aprobouse por unanimidade estipular unha diferenciación de estatus entre todos os integrantes da ONGD, facilitando que todos seguisen colaborando dentro da mesma, pero sinalando a fórmula coa que querían figurar. Así, estipulouse que existirían as categorías de colaborador, voluntario e socio e fixouse un prazo de seis meses para que os integrantes da rede naquel momento regularizasen a situación e para que os novos/as asociados/as xa entraran a formar parte da rede nunha ou outra categoría.

42


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 A 30 de decembro do 2014 había na rede de Agareso 130 persoas, 6 máis que no 2012, 14 máis que no 2011 e 34 máis co 2010, o que demostra a progresión da organización. Destes 130, 42 son colaboradores, 57 voluntarios e 31 socios e socias. Para os/as socios/as estipulouse o pago dunha cota mínima de 10 euros e máxima de 40 e, a diferenza do resto dos integrantes da rede, poden formar parte da Xunta Directiva. Deben cubrir un compromiso de adhesión para o seu novo estatus. Os/as voluntarios/as non teñen asociada ningunha cota, pero os que o desexen poden asumir o custo da súa cota de seguro de voluntariado e tamén deben cubrir un compromiso de adhesión. As persoas que optan por só colaborar non fan ningún trámite a maiores de aportar á asociación os datos que consideren oportunos. Ser voluntario/a e socio/a son dos estatus compatibles e todos teñen voz e voto na asemblea a excepción dos/as colaboradores/as, que so teñen voz. Neste momento existe unha persoa encargada da xestión do voluntariado, que fai esta tarefa de forma voluntaria pola falta de financiamento. Entre as súas tarefas están as de mellorar a coordinación dos/as voluntarios/as, dinamizar a rede de voluntarios/as e, a nivel interno, facilitar que a resposta que se lle da á rede de Agareso en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se faga con maior rapidez e cunha atención máis personalizada. As posibilidades de voluntariado que se lles ofrecen ás persoas que chegan por primeira vez á organización son as seguintes: 

Proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento de A Lama: Obradoiro de radio, prensa e fotografía.

Seminario USC sobre Xornalismo Social e Cooperación

43


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 

Organización de exposicións fotográficas e proxeccións de documentais vencellados aos proxectos (xestión e espazos)

Captación de recursos gráficos (audiovisual e fotografía) para apoiar o traballo doutras ONG galegas

Realización de documentais. Guión, gravación, edición e montaxe.

Alimentación da web con contidos de calidade (reportaxes, entrevistas e/ou artigos de opinión).

Proxecto AGARESO Radio. Elaboración de programas de radio sobre cuestións sociais e/ou locución de textos xa elaborados

Publicación no medio para o que traballen de temas sociais promovidos pola organización

Realización

de

cursos

específicos

para

outros

voluntarios

da

organización. Banco de formación 

Elaboración de notas de prensa

Deseño de materiais

Visita a proxectos doutras ONGD no estranxeiro para a elaboración de documentais, reportaxes e fotografías que sirvan para as campañas de visibilización en Galicia.

Cos novos e novas voluntario/as séguese un protocolo de recibimento para que saiban a quen teñen que dirixirse, en que poden axudar e envíanselles boletíns informativos periodicamente para mantelos ao tanto. En todos os proxectos levados acabo pola organización participan voluntarios e voluntarias, incluso nos que teñen un técnico contratado, pois a base de

44


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Agareso é a participación do voluntariado, base social que fai subsistir á organización a pesar dos recortes orzamentarios. Presentación on line sobre o voluntariado da organización: http://prezi.com/l8haex0azqim/present/?auth_key=5apc6si&follow=synoju6ftbt9&kw=pr esent-l8haex0azqim&rc=ref-32069147

9.1 Xestión da organización Neste momento Agareso conta con dúas Técnicas contratadas a media xornada, cunha ampla formación xornalística e en cooperación para o desenvolvemento: 

Unha técnica de proxectos: Licenciada en comunicación con tarefas de formulación, control, xustificación e dinamización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento. Especializada en Comunicación para o Desenvolvemento e con máis de 7 anos de experiencia en países do Sur.

Unha técnica de educación para o desenvolvemento. Licenciada en Xornalismo

executando

o

proxecto

de

educación

para

o

desenvolvemento no proxecto agrupado con ACPP “Escolas sen Racismo” e coordinando Agareso Radio. 

E de outubro a decembro tívose o apoio dunha técnica de proxectos, asignada ao proxecto de Fortalecemento.

Dentro dos socios e socias tamén hai persoas asignadas con funcións específicas de xestión: 

Unha socia encargada da Xestión do Voluntariado. Licenciada en Xornalismo e con experiencia en cooperación. 45


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 

Un socio asignado a tarefas de acción social. Especializado en xornalismo e radio e encargase do proxecto que a organización ten no Centro Penitenciario de A Lama e con outras entidades de acción social.

Un socio asignado ás labores administrativas, profesional dos Recursos Humanos e a Administración, que se encarga de levar o control das contas e os trámites cotiáns da organización.

A capacidade de xestión da entidade non só vén a valada polos seus recursos humanos, senón tamén pola propia xestión realizada dos dous proxectos de fortalecemento aprobados pola Xunta de Galicia, e polos executados en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento os últimos 3 anos. Igualmente a estabilidade dos convenios de colaboración con outras entidades e institucións como coa Secretaría de Estado de Institucións Penitenciarias, que leva vixente 5 anos; o convenio de traballo conxunto con Asemblea de Cooperación pola Paz que se prolonga desde hai 3 anos tanto para proxectos de Cooperación como de Educación, o traballo conxunto coas organizacións que integran o Plan Proxecta (Solidariedade Internacional e Mundo Cooperante) por segundo ano consecutivo, o traballo coa ONCE Galicia desde hai 5 anos en obradoiros de capacitación dos seus usuarios e usuarias, a firma de convenios específicos con organizacións como Igaxes3, EAPN Galicia, Cogami e Boa Vida no 2013 e no 2014. E sen esquecernos da asignación de proxectos por parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade durante os últimos dous anos (Obradoiros de Radio para Educación en Valores no 2013 e Proxecto de Prevención de Riscos Ambientais en El Salvador 2013-2014). A solvencia técnica reforzouse considerablemente a través da implantación dun sistema de aseguramento da calidade en base o referencial ISO 9000, proxecto financiado polos fondos de fortalecemento e que inclúen todos os ámbitos de actuación da entidade. 46


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2014 Cabe destacar a evolución dos recursos económicos dos que dispón Agareso, tendo en conta o seu tamaño. A especialización da entidade permitiu colaborar con outras entidades nos proxectos de visibilización, traballos que en algún caso supuxo o ingreso dunha compensación económica e tamén o desenvolvemento de formacións específica, que é un dos puntos nos que como organización podes acadar máis fondos propios.

47

Profile for agareso

Memoria agareso 2014  

Memoria de actividades da ONG Agareso no que se resumen as accións e proxectos da organización no ano 2014

Memoria agareso 2014  

Memoria de actividades da ONG Agareso no que se resumen as accións e proxectos da organización no ano 2014

Profile for agareso
Advertisement

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded