Page 1

Memoria Anual 2016

Memoria anual de actividades da organizaciรณn Agareso para o ano 2016


ÍNDICE 1.

Introducción/editorial

2. Xestión da organización a.

Estructura organizativa

b.

Organizacións socias

c.

Orzamento

d.

Proxectos aprobados en 2016

3. Fortalecemento da organización como axente da comunicación para o desenvolvemento a.

Presencia do traballo da organización

b.

Formacións e obradoiros

4. Proxectos a. Accións de visibilización e sensibilización en Galicia sobre os países do Sur b. Proxectos de comunicación para o desenvolvemento

5. Traballo en Rede a. Encontro de Radios Comunitarias 2016 b. Colaboracións diversas c. Participación na CGONGD

6. Área de Voluntariado

1


INTRODUCCIÓN/EDITORIAL Este 2016 foi un ano para a consolidación de novas experiencias e traballos no que Agareso está construíndo o seu futuro organizativo e o seu papel dentro da Cooperación galega e en Galicia. A nosa labor como comunicadores e comunicadoras e expertos en xornalismo social quedou constatado un ano máis a través da organización e execución do Seminario sobre xornalismo social en Santiago de Compostela, ou a nosa colaboración na primeira edición da Feira “Compostela + Solidaria” mediante entrevistas e a retransmisión en directo das actividades. Por outra banda, e directamente relacionado coa labor comunicativa, a sensibilización foi eixo de moitas das nosas tarefas e accións, centrado en dous hitos principais: a proxección do noso documental de 2015 “Derecho a un Techito” en diferentes festivais e espazos relacionados co cinedocumental ou coa cooperación internacional. Ademais este foi o ano para a primeira experiencia como organizadores dunha semana adicada integramente á cooperación internacional. Un encontro no que se fixo un repaso das diferentes áreas nas que traballan as ONGD’s galegas orientada cara a cidadanía, profesionais, voluntarios/as e persoal técnico. No ámbito dos proxectos seguimos a traballar no eido da cooperación asociados a outra organización, ACPP, un dos nosos socios máis estables, en El Salvador e coa Radio Comunitaria como instrumento principal. Se ben este proxecto ampliouse e sufriu modificacións neste 2016, adaptándonos ás demandas do contexto. Este 2016 foi tamén a constatación do noso papel da Educación para o Desenvolvemento a través do noso aporte na comisión de EpD da Coordinadora Galega de ONGD’s, pero sobre todo na continuación de tres dos nosos proxectos: Escolas sen Racismo, Epdlab II e O Mundo que Queremos. En todo estes proxectos queda demostrado como a comunicación e as súas ferramentas e un dos mellores medios para achegar aos rapaces e rapazas e nenos e nenas dos diferentes centros educativos en Galicia os contidos da educación en valores.. Nestes últimos meses seguimos a traballar tamén na consolidación de redes de traballo e colaboración con novos socios e financiadores, como sucede co proxecto Rec Think. Este proceso de construción de sinerxías con profesionais, homólogos ou complementarios, continuará no vindeiro ano 2017. Por útlimo, o noso papel activo na Coordinadora Galega de ONGD’s, afianzou o noso papel en Galicia, coa presenza de varios dos nosos técnicos nas diferentes comisións de traballo.

2


3


XESTIÓN DA ORGANIZACIÓN ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

Agareso está integrada por unha Xunta Directiva de 9 persoas (presidente, vicepresidenta, secretario, tesoureiro e 5 vogais) que son os encargados/as de tomar as decisións máis relevantes para a organización da maneira democrática. A Xunta Directiva confórmase da seguinte maneria: Presidente: Juan de Sola Vollbrecht Vicepresidenta: Rocío Cadahía Secretario: Luís Pardo Tesoureiro: Juan de Sola Vogais: Rocío Cadahía, Luis Pardo, Roi Palmás, Antonio Grunfeld Todos eles e elas teñen funcións definidas que coordinan co equipo técnico da organización, que nestes momentos está integrado polos seguintes membros:

• Unha técnica de proxectos: Licenciada en comunicación con tarefas de formulación, control, xustificación e dinamización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento. Especializada en Comunicación para o Desenvolvemento e con máis de 7 anos de experiencia en países do Sur. Encárgase da coordinación de proxectos e da propia organización. Lorena Seijo • Unha técnica de proxectos: Licenciada en políticas con máster en cooperación internacional encargada da control, xustificación e dinamización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento con experiencia previa en traballo con outras ONGD e institucións públicas de cooperación. Susana Maceiras • Un técnico de educación para o desenvolvemento. Licenciada en Comunicación Audiovisual executando o proxecto de educación Epd_Lab e outro de dinamización xuvenil, Erasmus+. Roi Guitián • Unha asistencia técnica que traballa como monitora no EpD_Lab. María Lobo • Unha contable que leva a área de xestión administrativa. Cristina Navia • Unha Asistencia Técnica: Óscar Vázquez como monitor de Fotografía e Rocío Cadahía como monitora de Radio e responsable do plan de comunicación do proxecto O Mundo que Queremos

4


SOCIOS (ORGANIZACIÓNS)

A natureza sectorial de AGARESO é precisamente una das características que motiva que sexa unha das organizacións que máis sinerxías establece con outras ONGD do sector galego da cooperación, xa que moitos das súas achegues son percibidos como complementarios para outros proxectos de maior tamaño. Desde o seu nacemento, en 2008, AGARESO apoiou a 23 entidades ou institucións na visibilización dos seus proxectos e na sensibilización sobre situacións de pobreza e vulneración de dereitos humanos. O apoio realizouse a través do contacto proactivo coas institucións fomentando proxectos puntuais e desenvolvendo convenios de colaboración. Como resultado deste traballo elaboráronse 25 proxectos e 14 convenios. Amigos da Terra, ACPP, Cooperación Galega - Xunta de Galicia, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Amarante, EAPN, ACCEM, USC, Solidariedade Galega, Aspace, Fundación ONCE, Fundación Barrié, Deputación da Coruña, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, UXT, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Igaxes3, Coordinadora Galega de ONGD, Asociación San Roque de Salvaterra do Miño, Mundo Cooperante, Dirección Xeral de Institucións Penais, Attawassoul, 100% Mamans, Boa Vida, Fundación Secretariado Xitano e Arquitectura Sen Fronteiras son algunhas das entidades coas que se ten traballado de forma conxunta. AGARESO traballou durante o 2016 de maneira coordinada e estable coas seguintes organizacións: •

Con ACPP ten en marcha o programa Escolas sen Racismo en centros educativos de toda a comunidade e o proxecto de Cooperación en El Salvador

Con Solidariedade Internacional e Educo no proxecto O mundo que queremos, financiado pola Xunta de Galicia

Coa DXREeUE a través do acompañamento a visitar proxectos en execución en países do Sur para a súa posterior difusión en Galicia

Co Concello de Pontevedra na realización do primeiro encontro sobre cooperación internacional tanto na cidade como en Galicia

Co Concello de Santiago e varias ONGD’s galegas baixo a figura da Coordinadora Galega de ONGD na feira +Solidaria.

Coa empresa consultora Contextos e tres asociacións europeas de Francia, Italia e Portugal na execución do proxecto Erasmus+ 2015

5


Ademais AGARESO integra a Coordinadora Galega de ONGD como parte da súa Xunta Directiva, desde o ano 2013, participa activamente nas comisións de Incidente Política e Educación para o Desenvolvemento e forma parte de diversas redes como a Rede Europea de Comunicadores para o Desenvolvemento, Radio ONU, Radio Fusión e a Rede Sustinea. ORZAMENTO (CADRO)

119048 94700 75014 64735 44145 35139

33360

6320

2009

2010

2011

2012

2013 Serie 1

6

2014

2015

2016


PROXECTOS APROBADOS EN 2016 (CADRO)

2016

2017

EPDLAB II

12055,2

18082,8

COOPERACION

17340,43

21428,85

ESR

5.057,70

11633,8

PLAN PROXECTA

8020

11.980

Compostela + Solidaria

600

Concello Pontevedra

12200

4.200

TOTAL

52.073,33

63.125

El Salvador

7


8


FORTALECEMENTO DA ORGANIZACIÓN COMO AXENTE DA COMUNICACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO PRESENCIA DA ORGANIZ ACIÓN

Neste 2016 ademais da organización de diversos encontros relacionados coa cooperación internacional, temos participado en diversos congresos e festivais organizados por outras entidades.

FESTIVAIS DOCUMENTAIS

Por un lado, temos participado coa presenza dos noso documental “Derecho a un techito” no Festival de Cine de Dereitos Humanos celebrado en Barcelona no mes de novembro. Este festival é un dos destinos máis importantes da cinta, polo que supón a nivel estatal, mais estivo presente noutras presentacións de ámbito autonómico, da man da nosa organización ou da ONGD para o que se realizou este traballo de 2015, Arquitectura sen Fronteiras. Temos participado tamén no Ponferrada Film Festival co mesmo documental no pasado mes de setembro, dentro da sección de cine solidario, como unha sección paralela á oficial deste festival de cine internacional. O percorrido de “Derecho a un techito” representa unha das liñas estratéxicas de Agareso, onde ofrecemos a outras organizacións un traballo diferente na comunicación dos seus proxectos, pero tamén a nosa pretensión de que sexa máis que un traballo de comunicación, difundindo o mesmo nos diversos festivais ou convocatorias nas que teña cabida.

II ENCONTRO CULTURA, TERRITORIO E CIDADANIA

No mes de outubro o proxecto Rec Think foi seleccionado para a súa participación no II Encontro Cultura, Territorio e cidadanía, organizado polo ministerio de educación. Este ano o Encontro tiña como eixo de actuación o territorio como vertebrador da cultura. Traballouse sobre os eixos centro-periferia, global-local ou urbano-rural, que aparecen como realidades ambiguas e polisémicas en constante redefinición. Como indican os organizadores: “O territorio é, tamén, unha realidade flexible en termos espaciais e simbólicos, que pode expandirse ou contraerse segundo os momentos, circunstancias e intereses concretos”

9


Este encontro supón un paso máis na constatación do noso traballo como transversal e a oportunidade de crear sinerxias con axentes fora da cooperación internacional e da comunicación para o desenvolvemento, tendendo pontes entre diferentes proxectos. FORMACIÓNS E OBRAD OIROS V SEMINARIO ‘XORNALISMO SOCIAL E COOPERACIÓN INTERNACIONAL’

O Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’, organizado canda ACPP e co apoio de Cooperación Galega, chegou en 2016 á súa sexta edición. Un total de 19 comunicadoras e comunicadores asistiron ao curso de 40 horas que se desenvolveu entre o 25 de febreiro e o 12 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Este Seminario realízase no marco do proxecto “Escolas sen Racismo”, pero creemos que merece unha referencia especial na área de formacións. Nas sesións iniciais abordouse o xornalismo

para

a

paz,

cooperación

internacional

e

a o

terceiro sector en Galicia ou a situación

do xornalismo social.

Atendendo ao contexto actual, tamén se tratou a cobertura da crise de persoas refuxiadas e convidouse a representantes de Cuba e Colombia aproveitando a súa estadía en Galicia. O curso incorporou asemade módulos sobre radio comunitaria, o tratamento informativo das migracións, os roles de xénero nos medios, a representación mediática dos colectivos en risco de exclusión (comunidade xitana, persoas con discapacidade, persoas con enfermidade mental, pobreza), o código de conduta das ONGD, as boas prácticas no tratamento gráfico e o audiovisual comprometido. O blog https://xornalismosocial6.wordpress.com recolle as prácticas realizadas polo alumnado.

Tres das asistentes ao VI Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ completaron a súa formación en Marrocos, coñecendo e visibilizando os proxectos impulsados sobre todo por parceiros

10


de ACPP, así como a realidade social do país. Laura Antelo, Rosalía Macías e Paula Vázquez percorreron entre o 21 e o 28 de xullo varias provincias do norte para visitar cooperativas de agricultores, centros de mulleres, lonxas de peixe, comunas rurais, espazos naturais, instalacións sanitarias e escolas apoiadas pola cooperación internacional.Tamén conversaron con adolescentes para animalas a continuar os estudos e con familiares de nenos con discapacidade, amais de reunirse con xornalistas, persoas migrantes, feministas, etc. tal e como recolle a bitácora http://agaresoseminario.blogspot.com.es/.

CURSO PARA ALUMNADO UNIVERSITARIO CON ACPP

No marco do proxecto consorciado con Asemblea de Cooperación pola Paz, Agareso impartiu o 24 de abril unha sesión sobre educación para a cidadanía global e comunicación para o cambio social dentro do 'Curso de introdución á cooperación e á educación para o desenvolvemento'. Esta formación estaba organizada pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña e ía dirixida principalmente ás e aos estudantes que obtiveron bolsas do Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) en distintos países do Sur. A preocupación central era que souberan empregar os blogs escritos deste terreo con criterios de comunicación transformadora para sensibilizar fronte as desigualdades e visibilizar outras realidades.

11


12


PROXECTOS ACCIÓNS DE VISIBILIZ ACIÓN E SENSIBILIZAC IÓN EN GALICIA SOBRE OS PAÍSES DO SUR DESIGUALDADE GLOBAL. XORNADAS EN PONTEVEDRA

Do 6 ao 11 de xuño de 2016 o Concello de Pontevedra acolleu unha gran diversidade de actividades que convidaron á cidadanía para reflexionar sobre a Cooperación Internacional e a necesidade de loitar contra a desigualdade a nivel global. As actividades foron deseñadas polas ONGD galegas Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e Asemblea de Cooperación pola Paz co obxectivo de poñer en valor a Cooperación como ferramenta de transformación social a nivel mundial. Para iso programouse unha batería de 25 actividades para todas as idades que de luns a sábado foron promovendo esta reflexión conxunta a través de talleres lúdicos, proxeccións de documentais, debates, charlas, actividades de rúa, exposicións fotográficas, concertos... En definitiva unha serie de espazos de convivencia nos que a poboación puido coñecer de primeira man as problemáticas sociais que aborda a cooperación internacional e os efectos positivos da mesma. Os espazos escollidos para a realización das actividades foron A Casa dá Luz, o Pazo dá Cultura, a Facultade de Ciencias Sociais e as rúas da zona vella. A semana comezou coa realización dun grafitti sobre un mural co lema das xornadas por parte da asociación Vella Escola, para continuar pola tarde coa primeira charla na que se expuxeron as especialidades que desde Galicia ofrécense para voluntariado de cooperación.

13


O martes na praza de Barcelos nenos e nenas realizaron un mural cunha mensaxe a favor da igualdade dos pobos e comezouse a gravar un vídeo que recolleu a opinión da cidadanía pontevedresa sobre a crise das persoas refuxiadas. Na tarde do martes continuouse cun paseo para toda a familia pola rúas da cidade no que a xente de Feitoría Verde analizou os valores que transmite a urbe en temáticas como o xénero, a diversidade ou o medio ambiente. A xornada terminou con Guinea Ecuatorial e a proxección do documental El Secreto del Bosque ás 20h na Casa da Luz. O mércores fué o día do Comercio Xusto cun coloquio realizado por Solidariedade Internacional de Galicia, seguido da proxección do documental gravado en Guatemala sobre vivenda digna O Dereito a un Techito, de Arquitectura sen Fronteiras e Agareso. O xoves realizouse unha acción de rúa xunto a Solidariedade Internacional de Galicia, e celebrouse a mesa sobre Cultura para o Cambio, na que se analizou xunto a persoas expertas o que pinta a cultura na cooperación, para finalizar cun concerto mestizo entre as percusionistas de Cabo Verde Batuko Tabanka e as pandereteiras pontevedresas Rexubeiras. O venres mergullámonos no campo da pedagoxía e das novas ferramentas para a Educación en Valores, territorio no que as ONGD galegas teñen unha especial relevancia. Pola mañá ás 10h na Facultade de Ciencias Sociais comezamos cunha charla sobre Dinamización do espazo rural a través do audiovisual con exemplos prácticos que estamos a desenvolver nos Ancares e na Limia, e replicar en zonas rurais de Italia, Portugal e Francia, a través do Eramus+. Para seguir cunha presentación sobre Vídeo Participativo como ferramenta de Empoderamiento, na que expertos de Inglaterra, Hungría e España descubríronnos todas as súas posibilidades. A xornada terminou cunha mesa especialmente dirixida aos educadores e educadoras na que falaremos de como Aprender Facendo, a través da análise da metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo e das experiencias das organizacións galegas. O sábado foi o peche destas xornadas cunha batería de actividades que abordarán temáticas de moita actualidade, como a violencia contra as mulleres ou a migración e o refuxio. Comezaremos ás 11h da mañá no Pazo da Cultura analizando xunto a activista salvadoreña Vilma Vaquerano a importancia do traballo das organizacións de mulleres en Cooperación e as problemáticas que máis afectan as mulleres centroamericanas. Ao mesmo tempo desenvolverase un taller de dobraxe de películas con perspectiva de xénero. Ás 12h30 falamos xunto con Miguel Alba de Intermón Oxfam, Xosé Cuns de EAPN e Alejandro Quiñoá de ACPP Galicia da importancia da repolitización das ONGD e da aposta polo concepto de Desigualdade Global.

14


Pola tarde foi a quenda das mesas sobre migracións. Nelas abordáronse as causas da fuxida de miles de persoas dos seus países de orixe a través de experiencias persoais de Guinea Bissau, O Salvador e Senegal, e o traballo da ONGD galega Ecos do Sur; E dos conflitos armados e o refuxio desde a perspectiva de fenómenos actuais como de Siria, pero coa visión das consecuencias que tivo para o Sahara a inacción de Europa. Para os máis pequenos tivemos un taller artístico de pintura sobre interculturalidad no mesmo Pazo da Cultura ás 18h00. Estas xornadas supuxeron a primeira aposta dun Concello galego pola visibilización da importancia da Cooperación Internacional e achegar espazos de reflexión e debate sobre as problemáticas que inciden na desigualdade no mundo. Programa completo das xornadas Video opinións sobre persoas refuxiadas Video resumo das xornadas

COMPOSTELA + SOLIDARIA

Do 17 de setembro ao 16 de outubro de 2016 celebrouse en Santiago de Compostela o encontro “Compostela + Solidaria” Este encontro é o resultado da colaboración entre a Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago de Compostela, por primeira vez este ano, para traballar conxuntamente na sensibilización da cidadanía compostelá sobre as causas e consecuencias da pobreza e as desigualdades globais. Baixo o lema 'Compostela+Solidaria' organizáronse máis de 30 actividades promovidas polas ONGD da Coordinadora que, principalmente, tiveron lugar nos Centro Socioculturais da cidade. Neste enlace>>> atoparedes o díptico con todas as actividades que foron programadas nesta primeira edición. A iniciativa púxose en marcha o 17 de setembro, coa celebración da Feira de Economía Social, unha actividade que durou todo o día é que contou con máis de 30 colectivos e organizacións participantes.

15


Na Feira houbo postos de venda, charlas, xogos, obradoiros, almorzo de comercio xusto, un programa de radio en directo e un concerto final. Este programa de radio en directo correu a cargo de Agareso, no que Diversas ONGD's e o concello da capital

de

Galicia

amosaron

a

cidadanía outros xeitos de plantexar a convivencia crecemento

sen

repercutir

da

no

pobreza.

Durante casi duas horas, pasaron polos micrófonos de Agareso Radios diversos promotores da iniciativa e testimonios de persoas que tiveron que deixar a sua realidad para emigrar dende Senegal, Marrocos ou Siría. Neste enlace está dispoñible o programa: http://bit.ly/2nBqpbd

VISITAS DENDE O SUR

PROXECTOS DE COMUNIC ACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO ESCOLAS SEN RACISMO

O proxecto ‘Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento’ que Agareso implementa canda a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) continuou apostando no curso 2014/2015 polas actividades educomunicativas, para o que contamos con financiamento autonómico. O IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra) e o IES Milladoiro (Ames) acolleron senllos obradoiros de televisión. O primeiro culminaría unha reportaxe sobre o consumo responsable de roupa, para a cal o alumnado entrevistou a responsables da ONGD de comercio xusto Amarante Setem e da firma de moda ética La Canalla, amais de gravar unha enquisa na rúa. No segundo centro, para a súa

16


reportaxe sobre coidado ambiental as e os estudantes visitaron o punto limpo de Ames, entrevistaron unha activista do Instituto Jane Goodall e preguntaron á veciñanza, ata rematar dando os seus propios ecoconsellos.

Os obradoiros radiofónicos desenvolvéronse no CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) e no Colexio

Vilas

Alborada

(Santiago

de

Compostela). O valioso testemuño dun refuxiado sirio é o elemento central do espazo gravado neste último, que leva por título ‘A mirada do Vilas Alborada’ e que tamén incorpora as historias de dúas veciñas maiores e mais unha enquisa na feira do barrio para coñecer o traballo comunitario e a inclusión das persoas estranxeiras. ‘A Lomba FM’ é o programa final do centro arousán, onde a rapazada afrontou o reto de entrevistar unha persoa xorda, alén de falar coa xornalista Montse Fajardo sobre a vulneración de dereitos das mulleres na guerra e na ditadura, para acabar cun conto co que reflexionaron sobre a diversidade cultural. Todo isto aderezado con cuñas a prol dos dereitos da infancia.

Co comezo do curso 2016/2017, no último trimestre do ano púxose en marcha unha nova fase do proxecto, que desta volta innova coa incorporación de obradoiros de guerrilla da comunicación, a impartir no IES Laxeiro (Lalín), no IES Torrente Ballester (Pontevedra) e no IES do Milladoiro (Ames).

As

actividade

de

radio

desenvolverase no CEIP Apóstolo Santiago e mais no CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela), mentres que as formacións audiovisuais terán lugar no CEIP A Lomba e no Colexio Vilas Alborada.

17


Cómpre apuntar que os traballos resultantes de anteriores edicións do ‘Escolas sen racismo’ colleitaron no último ano varios recoñecementos. Tal é o caso da reportaxe sobre o autismo incluída no programa ‘Fraguando a diversidade 2’ que se realizou no IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela) e que lle valeu o Premio Andaina do Festival Redondela en Curto. Ademais, a reportaxe ambiental elaborada no IES Laxeiro (Lalín) quedou finalista do Concurso polo Territorio organizado por Adega e acadou unha nominación no Festival Olloboi.

EPDLAB

EpdLab é un proxecto de educación para o desenvolvemento levado a cabo por Agareso en varios centros educativos galegos, co obxectivo de educar en valores e a incrementar o pensamento crítico dos rapaces e rapazas dos diferentes centros. Este proxecto deu comezo no ano 2015 nos centros Ies Carlos Casares de Vaian do Bolo, IES A Cachada de Boiro, IES Milladoiro en Ames, Ies A Sangriña e CPI Navia de Suarna no concello de Navia. Este 2016 incorpórase a esta experiencia o IES Pintor Colmeiro de Silleda. Todos estes centros foron seleccionados pola súa heteroxeneidade xeográfica, pero tamén pola aceptación por parte da directiva e formadores do centro dos nosos obradoiros, sendo a súa implicación eixo fundamental do éxito do proxecto.

18


Epdlab organízase en torno a 9 obradoiros que combinan a profundización nunha das temáticas seleccionadas para o curso coa formación en diversas ferramentas de comunicación dixital.

As temáticas van dende o medio ambiente ata a igualdade de xénero, pasando polas linguaxes inclusivas e a detección de prexuízos. As ferramentas utilizadas son as redes sociais e a creación de contidos adaptados: memes, gif’s, videos, que son creados na aula polos rapaces e rapazas e compartidos na web do proxecto. Os obradoiros combínanse cunha xornada na que se fai chegar aos alumnos e alumnas videocartas enviadas por rapaces e rapazas da súa idade dende o Salvador. Nestas videocartas uns e outros intercambian impresións sobre o seu dia a día e a súa visión de diversos temas tocados no resto dos obradoiros. No 2015 foron enviadas por alumnos e laumnas do IES Tecoluca e nesta segunda edición recibirán as mensaxes dos voluntarios da Radio Itzcanal, socio de Agareso noutro proxecto. O proxecto compleméntase cunha oferta aberta de capacitación a formadores e voluntarios que será levada a cabo no ano 2017, para poder compartir con eles a nosa experiencia e coñecementos. Esta formación será anunciada na nosa web e redes sociais. Os materiais utilizados no proxecto así como unha guía didáctica do mesmo están dispoñibles na súa web. Web: http://www.epdlab.gal/ Epdlab en youtube: http://bit.ly/2kcvzpw

PLAN PROXECTA

Por cuarto ano consecutivo formamos parte da iniciativa O Mundo que Queremos, un proxecto de Educación en Valores que ten como obxectivo aunar esforzos e aproveitar a experiencia de capacidades das organización que traballamos cooperación en Galicia para polas ao servizo dos centros educativos galegos. Así pois, Cooperación Galega; o mundo que queremos é unha iniciativa dirixida a 500 alumnos e alumnas dos centros de ensino galegos xunto ao seu profesorado. Co profesorado e alumnado destinatario, afondarase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

19


serán a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver. Debido a este enfoque metodolóxico Agareso imparte a formación en radio e fotografía, co obxectivo de que o alumnado reflexione sobre as desigualdades sociais a través da elaboración dos seus propios discursos. Tamén participamos na elaboración e execución do plan de comunicación externa do proxecto para darlle maior visibilidade os obxectivos do proxecto.

Esta iniciativa, enmarcada dentro dos Plan Proxecta que financia a Consellería de Educación, tamén inclúe a visita de persoas beneficiarias dos proxectos de cooperación galega aos centros educativos para que poder contar a súa realidade ao alumnado e accións de teatro foro que promoven a reflexión crítica e a chamada acción do alumnado sobre a problemática de migracións.

EL SALVADOR

Por quinto ano consecutivo Agareso participa xunto a Asemblea de Cooperación pola Paz nun proxecto de desenvolvemento sostible en El Salvador que procura facilitar as ferramentas e capacidades necesarias á poboación que vive na costa salvadoreña para que poida vivir con dignidade

20


facendo uso dos seus recursos naturais de forma sostible. Neste proxecto, no que se promove a organización a través de cooperativas de produción pesqueiras, artesanas e turísticas, o aporte da nosa organización é reforzar o traballo que se fai as emisoras de radio comunitarias para aumentar a capacidade de sensibilización do proxecto e promover o desenvolvemento de medios de comunicación sociais propios. Neste 2016 traballamos na formación do voluntariado da Radio Televisión Izcanal, emisora comunitaria de Nueva Granada, que busca, igual que nós, promover o desenvolvemento desde a comunicación. O voluntariado da emisora recibe formación en redes sociais, novas tecnoloxías, sostenibilidade comercial, audiovisual e cobertura social da man de tres persoas do noso voluntariado. Xunta a Fundación Comunicándonos organizamos o II Encontro Centroamericano de Radios Comunitarias no que se xerou sinerxías entre 25 emisoras centroamericanas e fomentouse a acción conxuntas na defensa da igualdade de xénero e dos recursos naturais dos pobos indíxenas. Deste encontro xurde a iniciativa Comunitaria Radio, plataforma que dará respaldo ás emisións comúns de todas estas radios centroamericanas. Por primeira vez traballamos coas mulleres artesanas da Illa Tasajera na elaboración de pezas audiovisuais e o uso das redes socias para difundir o seu traballo e o entorno turístico no que residen. Completaranse ás accións coa formación en comunicación externa e interna da cooperativa de pescadores Fecoopaz Nas fases anteriores formamos ao voluntariado de Tehuacán, emisora comunitaria de Tecoluca, realizamos un plan de mellora da emisora, realizamos formación de radio e sensibilización sobre medio ambiente nos centros educativos de Bajo Lempa e realizamos un audio-libro no que a través de fotografías, audios e historias trasladamos a Galicia a realidade dos beneficiarios e beneficiarias deste proxecto.

REC THINK

As organizacións participantes neste proxecto alíanse para desenvolver unha serie de ferramentas e metodoloxías mediante as cales mozas de zonas rurais se involucren nun proceso no cal RE-pensarse a si mesmos e o seu papel no futuro das súas localidades. Para iso utilizarase o vídeo participativo como ferramenta para a expresión colectiva e a xeración de ideas, de modo que pulsar o REC sexa o primeiro paso na construción de alternativas sustentables.

21


Unha parte relevante das zonas rurais en Europa están a vivir un forte proceso de despoboamento que vai acompañado dun progresivo envellecemento da poboación, en zonas do rural de países como os dos socios participantes. Estes fenómenos teñen consecuencias negativas tanto para o desenvolvemento persoal dos mozos como para o conxunto da zona e para a súa perspectiva económica e social. Este proxecto busca crear unha nova estratexia de traballo con mozos de áreas rurais, sendo estes, xunto coas propias organizacións, os grupos destinatarios principais. Preténdese que sexan estes mozos que viven en contornas rurais quen poña voz ás súas rexións, ampliando os seus coñecementos e habilidades a unha dimensión activa, de participación e de acción, rompendo co illamento xeográfico e creando unha rede que sirva como punto de colaboración, de reflexión e de afianzamento das relacións sociais. Por tanto esta alianza persegue os seguintes obxectivos específicos: 1.Desenvolver metodoloxías e ferramentas formativas para promover o empoderamiento, participación e desenvolvemento integral dos mozos do rural en Europa mediante a ferramenta do vídeo participativo 2.Crear unha comunidade virtual de intercambio de experiencia, estratexias e de creación de alternativas sustentables para as zonas rurais en Europa, tendo como protagonistas os mozos e os membros das organizacións que desenvolven a súa actividade nestas zonas. 3.Capacitar aos mozos das localidades participantes para ser axentes activos nos procesos de transformación política e económica, a través do desenvolvemento de competencias dixitais e comunicativas 4.Capacitar aos actores implicados das organizacións participantes nas ferramentas e metodoloxías desenvolvidas durante o proxecto. Para alcanzar estes obxectivos realizaranse as seguintes actividades: -Actividades de xestión, coordinación e comunicación. -Desenvolvemento dunha Guía metodolóxica para a implementación de estratexias innovadoras que fomenten a participación dos mozos en contornas rurais a través do vídeo participativo -Desenvolvemento dun Itinerario formativo para o fomento de competencias transversais en contornas rurais: tecnoloxía e comunicación

22


-Desenvolvemento dunha Guía metodoloxía para o desenvolvemento de proxectos colaborativos entre os mozos das rural -Actividades formativas dirixida a mozas do rural para promover o empoderamiento e a participación a través do vídeo participativo -Actividade de aprendizaxe para traballadores no ámbito da mocidade mediante o intercambio e transferencia de ferramentas TIC e técnicas de comunicación -Celebración do foro “Como frear o illamento dos mozos en rural a través do desenvolvemento das competencias tecnolóxicas e comunicativas”

Ademais dos resultados intelectuais que se desenvolverán mediante as tres

primeiras

actividades,

o

proxecto REC-THINK prevee outros resultados como: -Elaboración

dunha

WEB-DOC-

Consolidación dunha comunidade de

actores

implicados

(stakeholders) no desenvolvemento rural, na que se incluirá, ademais da as propias organizacións participantes, aos mozos como interlocutores -Catro documentais de curta duración (max 12´) elaborados polos mozos participantes no proxecto, ao redor da temática de necesidades e vulnerabilidades da súa rexión. -Revista dixital: os mozos participantes elaborarán unha reportaxe en formato multimedia acerca da temática específica (recursos e patrimonio colectivo), que finalmente se unirán nunha mesma revista dixital de acceso O impacto esperado resúmese en: – Mellora das capacidades, métodos e ferramentas das organizacións participantes para traballar cos mozos de zonas do rural, co fin de promover a súa participación social e política.

23


– Empoderamiento e desenvolvemento persoal dos mozos participantes a través do desenvolvemento de competencias comunicativas e dixitais. – Construción das bases dunha alianza, estendida a comunidade, para a realización de novos proxectos e iniciativas conxuntas nestas áreas de actuación. – Mellora do desenvolvemento local das rexións participantes no proxecto e das posibles rexións e organizacións que adopten as ferramentas desenvolvidas en REC-THINK. – Visibilización das alternativas para o desenvolvemento local no medio rural e o papel dos mozos nestes procesos como protagonistas e non como meros receptores.

24


25


TRABALLO EN REDE ACTIVIDADES XUNTO A OUTRAS ORGANIZACIÓNS

O traballo de sensibilización realizado xunto con Arquitecturas Sen Fronteiras sobre o dereito a unha vivenda digna deu os seus froitos este 2016, xa que o documental Derecho a un Techito percorreu gran parte do territorio galego, presentouse a máis de 10 festivais e foi recoñecido polo festival de Derechos Humanos de Barcelona que levará este audiovisuais por diferentes centros culturais dos países en vías de desenvolvemento. O traballo entre ASF e Agareso foi valorado positivamente por ambas organizacións, polo que se plantexan futuros traballos conxuntos para proxectos de cooperación internacional. d. Curso con alumnado universitario con ACPP e. Novas alianzas? ENCONTRO DE RADIOS C OMUNITARIAS 2016

Dentro do proxecto de Cooperación Internacional que levamos a cabo en El Salvador promovemos a sinerxía entre radios comunitarias de toda Centroamérica para que poidan compartir espazos de formación, contidos elaborados sobre temáticas sociais como xénero e medio ambiente, e emitir a través dunha mesma plataforma on line facilitada por Agareso, e que denominamos Comunitaria Radio. Este outubro reuníronse en El Salvador 25 ONGD de Panamá, Nicaragua, Honduras e Guatemala para recibir formación dos nosos voluntarios Juan de Sola, Luis Pardo e Xes Chapela, e asinaron un acordo de colaboración inédito na zona. Todo este proceso vén promovido polos nosos socios na rexión a Fundación Comunicándonos que é a representación da Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC) nesta zona.

COLABORACIÓNS DIVERS AS COLABORACIÓN NOS PREMIOS ENFOQUE

Agareso colaborou cos premios Enfoque a dous niveis: dunha banda, propoñendo persoas, medios e espazos nominados ás diferentes categorías, de xeito que o panorama galego estivera presente e, posteriormente, difundindo para incentivar a participación popular na votación online. Estes galardóns naceron coa intención de proxectar unha mirada crítica sobre o panorama mediático español e recoñecer exercicios profesionais comprometidos ou “descomprometidos” co respecto da

26


dignidade humana, a equidade de xénero, o coidado ambiental e a loita contra a inxustiza e a discriminación. Os gañadores de 2016 na categoría de ‘Medio Enfocado’ foron Eldiario.es, La Marea e Píkara Magazine.

RECOÑECEMENTO Á DEFENSA DA ONDA CURTA

Agareso forma parte da Plataforma en Defensa da Onda Curta de Radio Exterior de España creada en 2014 para loitar contra o desmantelamento desta canle pola que se informan colectivos coma mariñeiros e cooperantes. Aínda que as emisións se reanudaron a finais dese ano, o colectivo seguiu traballando para que se optimizaran as frecuencias e se garantira o dereito á información. O 26 de febreiro de 2016, a plataforma recibiu nun acto celebrado en Vigo o premio internacional 'Voz del Mar' que concede anualmente a Fundación Biamar.

DEBATES CON ALUMNADO DE XORNALISMO

Alumnado da materia ‘Comunicación interpersoal e comunitaria’ que imparte o profesor Marcelo Martínez no Grao de Xornalismo da USC solicitou a colaboración de Agareso para participar nun círuculo de lectura crítica sobre a cobertura mediática da enfermidade mental. Os voluntarios Ana Ramos e Xurxo Salgado acudiron a senllos debates para achegar o punto de vista da organización e puideron constatar como tales informacións se tratan con enfoques morbosos, pouca rigorosidade, criminalizando aos protagonistas, etc.

CUÑAS RADIOFÓNICAS PARA CENTROS DE CANGAS

Agareso mantivo en 2016 a colaboración coas XII Xornadas 'Crecendo na diversidade', organizadas polo Concello de Cangas. Desta volta, ofertamos obradoiros radiofónicos en centros educativos para a creación de cuñas a prol da interculturalidade e a igualdade. Os colexios Eduardo Pondal, Compañía de María e Casa de la Virgen optaron por esta actividade, que foi impartida no mes de maio pola colaboradora Águeda Penedo e cuxo resultado pode escoitarse na canle de Agareso en Ivoox.

27


RELATORIO NA UJI DE CASTELLÓN

Por invitación do investigador Álex Arévalo, Agareso interveu no curso de verán 'Construíndo un periodismo independente e de cambio social' que se celebrou na Universitat Jaume I de Castellón os días 14 e 15 de xullo. Alí compartimos unha mesa sobre experiencias de xornalismo no ámbito das ONG con Yolanda Polo, responsable de comunicación da Coordinadora de ONGD España. O obxectivo da formación era profundar nas claves para desenvolver outro modelo informativo máis coherente coa construción da paz.

XURADO DO FESTIVAL DE CURTAS DE BUEU

O 9º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu propúxolle a Agareso formar parte do xurado da sección dedicada aos traballos realizados por centros educativos galegos, dada a súa experiencia con rapazas e rapaces no eido audiovisual. María Lobo, monitora dun dos nosos proxectos de educación para o desenvolvemento, materializaría esta colaboración e encargaríase ademais de entregarlle o premio á Mellor Curtametraxe de Escola do FICBUEU 2016 ao IES As Barxas (Moaña) pola curta animada 'Cabelos de batalla', que aborda a dura loita contra o cancro infantil. O acto tivo lugar

28


o 18 de setembro, nunha sesión solidaria coa promoción do cinema en aldeas peruanas, xa que a entrada se destinou aos proxectos da plataforma cultural La Combi - Arte Rodante.

OBRADOIRO DE RADIO COA AS-PG

A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) convidou a Agareso a impartir un obradoiro sobre 'O potencial da radio na aula' nas XVII Xornadas de Expresión Oral, que se celebraron o 26 de novembro en Santiago de Compostela. A actividade encadrábase no proxecto 'Tíralle da lingua', que busca normalizar o uso do galego no sistema educativo, e nela reflexionamos sobre algunhas claves e exemplos educomunicativos. Para rematar, as e os asistentes gravaron as súas propias cuñas radiofónicas, nas que animaban a empregar a nosa lingua.

XORNADAS SOBRE MIGRACIÓNS NA UDC

A Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC) acolleu o 20 de outubro o Ciclo de Conferencias ‘As migracións en Galicia: un caso de superdiversidade’, onde Agareso expuxo o relatorio ‘A comunicación nas migracións, desmontando prexuízos: unha experiencia de xornalismo social entre Galicia e Marrocos’. Tratábase de presentar o artigo do mesmo título escrito para o libro ‘Beyond global cities: a case study of emerging super-diversity’ (Springer, 2016) escrito pola coordinadora do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ canda Tamara Novoa,

29


Antía Otero e Paula Vázquez, participantes na expedición terreo da quinta edición. As xornadas, nas que tamén se amosou como exemplo de boas prácticas o proxecto Barrios Abertos, deron pé a unha entrevista para a investigación titulada 'Mantemento lingüístico e cultural de orixe nas comunidades inmigrantes: novas perspectivas para a integración (2014-2017)', que entre outros obxectivos busca achegarse ao tratamento das migracións nos medios.

PARTICIPACIÓN NA CGO NGD

Agareso continuou participando activamente na Coordinadora Galega de ONGD ao longo de 2016, tanto desde a Xunta Directiva como no seo das comisións de Incidencia e de Educación para o Desenvolvemento (ED).

COMISIÓN DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

A Comisión de ED desenvolveu ao longo de 2016 un intenso traballo cara o interno. Dunha banda, acompañando o proceso da estratexia de educación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia e, por outra, colaborando na redacción do novo plan estratéxico da propia CGONGD, onde foi preciso mesmo establecer unha definición consensuada da Educación para a Cidadanía Global. Asemade,

30


revisouse un ano máis a convocatoria de ED de Cooperación Galega, á que se presentaron as alegacións oportunas.

GRUPO DE TRABALLO CIUDADANÍA AL PODER

Agareso seguiu participando no grupo de traballo sobre educación e comunicación para o desenvolvemento promovido pola Coordinadora de ONGD España, que o 13 e o 14 de maio organizaba en Santiago de Compostela o IV Encontro 'Cidadanía ao poder: xornadas de activismo creativo contra as fronteiras criminais’. Ante a crecente polarización do discurso arredor das migracións e o dereito á mobilidade, o refuxio e o asilo, tratábase de compartir ferramentas e coñecementos para artellar unha resposta cidadá e fomentar accións educomunicativas para a inclusión. A actividade culminou coa edición do fanzine ‘Fronteira centro’, que foi presentado nun percorrido pola cidade.

ACOMPAÑAMENTO Á ESTRATEXIA GALEGA DE ED

En 2016, a Xunta proseguiu coa elaboración da nova estratexia de educación para o desenvolvemento, encargada á cooperativa Tempo de Loaira e iniciada no último trimestre do ano anterior. Como parte do grupo de acompañamento, iniciamos o ano participando nun encontro autonómico para consensuar puntos de vista a fin de concretar as liñas de actuación. A partir de aí, mantívose unha constante interacción online, que incluíu a revisión da matriz e sucesivas, ata a xuntanza final de decembro, á que Agareso non acudiu en sinal de protesta por terse minguado na versión final o peso da comunicación para a transformación, logo de máis dun ano de traballo e achegas.

31


No entanto, tras unha xuntanza da Coordinadora Galega de ONGD na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, readmitíronse algúns puntos, como a formación a xornalistas da CRTVG, que se suma á creación de espazos de encontro para favorecer a reflexión sobre á ED e a comunicación transformadora. De feito, unha das liñas de acción do documento recolle o impulso ao enfoque de comunicación para o desenvolvemento co obxectivo de visibilizar, dar voz e empoderar ás persoas excluídas ou en situación de pobreza ou desvantaxe mediante un uso participativo das tecnoloxías da información, o fortalecemento da capacidade crítica para a análise dos medios e a priorización da visión e da voz do Sur.

PARTICIPACIÓN NA XORNADAS COMPOSTELA + SOLIDARIA

Desde a nosa posición como expertos en comunicación dentro da Xunta Directiva da CGONGD responsabilizámonos de parte do traballo organizativo das primeiras xornadas sobre Solidaridade financiadas polo Concello de Santiago de Compostela para que as ONGD galegas teñamos un espazo para visibilizar o que facemos e para sensibilizar sobre as temáticas que abordamos.

32


Agareso realizou ademais varios obradoiros nos Centros Socioculturais de Compostela sobre soberanía alimentaria e contrapublicidade e levamos a cabo un programa de radio en directo desde a feira de setembro de 2016. Desde Agareso apostamos por accións de rúa, formatos innovadores e visibilización para que a Cooperación teña o peso que debe ter entre a cidadanía.

ELECCIÓNS XERAIS E MUNICIPAIS

Desde a Comisión de Incidencia da CGONGD elaboránonse estratexias de incidencia para que as nosas demandas estiveran recollidas nos programas políticos de todos os partidos que se presentaban ás eleccións locais e xerais. Ademais promovéronse reunións cos responsables dos concellos e diputacións para sensibilizalos sobre a necesidade de aportar máis fondos á cooperación internacional e abrir convocatorias públicas para que as ONGD poidan acceder a eses fondos.

33


34


ÁREA DE VOLUNTARIADO O valor do voluntariado é fundamental en Agareso. A base do noso traballo desenvólvese dende unha base social profesional e con experiencia nas áreas nas que a organización desenvolve os seus proxectos. As nosas tarefas realízanse con persoal voluntario e as persoas que participan activamente nos proxectos saen da base social, igual que as persoas que son contratadas como técnicas da organización e integran a Xunta Directiva. A rede de Agareso está integrada, fundamentalmente, por profesionais da comunicación, pero tamén conta con profesionais procedentes do mundo do deseño, a economía, da psicoloxía ou o traballo social. Todos eles e elas traballan de forma voluntaria e o seu único vínculo é o traballo a favor da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, buscando promover, concienciar e sensibilizar á sociedade dunha realidade próxima e a miúdo silenciada nos grandes medios de comunicación. Na asemblea xeral da entidade celebrada o 20 abril de 2011 aprobouse por unanimidade estipular unha diferenciación de estatus entre todos os integrantes da ONGD, facilitando que todos seguisen colaborando dentro da mesma, pero sinalando a fórmula coa que querían figurar. Así, estipulouse que existirían as categorías de colaborador, voluntario e socio. A 30 de decembro do 2016 había na rede de Agareso 131 persoas, dos que 42 son colaboradores, 58 voluntarios e 31 socios e socias. Para os/as socios/as estipulouse o pago dunha cota mínima de 10 euros e máxima de 40 e, a diferenza do resto dos integrantes da rede, poden formar parte da Xunta Directiva. Deben cubrir un compromiso de adhesión para o seu novo estatus. Os/as voluntarios/as non teñen asociada ningunha cota, pero os que o desexen poden asumir o custo da súa cota de seguro de voluntariado e tamén deben cubrir un compromiso de adhesión. As persoas que optan por só colaborar non fan ningún trámite a maiores de aportar á asociación os datos que consideren oportunos. Ser voluntario/a e socio/a son dos estatus compatibles e todos teñen voz e voto na asemblea a excepción dos/as colaboradores/as, que so teñen voz. As posibilidades de voluntariado que se lles ofrecen ás persoas que chegan por primeira vez á organización son as seguintes: .

35


• Seminario USC sobre Xornalismo Social e Cooperación • Organización de exposicións fotográficas e proxeccións de documentais vencellados aos proxectos (xestión e espazos) • Captación de recursos gráficos (audiovisual e fotografía) para apoiar o traballo doutras ONG galegas • Realización de documentais. Guión, gravación, edición e montaxe. • Alimentación da web con contidos de calidade (reportaxes, entrevistas e/ou artigos de opinión). • Realización de cursos específicos para outros voluntarios da organización. Banco de formación • Elaboración de notas de prensa • Deseño de materiais • Visita a proxectos doutras ONGD no estranxeiro para a elaboración de documentais, reportaxes e fotografías que sirvan para as campañas de visibilización en Galicia. Cos novos e novas voluntario/as séguese un protocolo de recibimento para que saiban a quen teñen que dirixirse, en que poden axudar e envíanselles boletíns informativos periodicamente para mantelos ao tanto. En todos os proxectos levados acabo pola organización participan voluntarios e voluntarias, incluso nos que teñen un técnico contratado, pois a base de Agareso é a participación do voluntariado, base social que fai subsistir á organización a pesar dos recortes orzamentarios. Presentación on line sobre o voluntariado da organización: http://prezi.com/l8haex0azqim/present/?auth_key=5apc6si&follow=synoju6ftbt9&kw=presentl8haex0azqim&rc=ref-32069147

36


37


Agareso 2016

Memoria anual 2016  

Memoria anual da organización Agareso para o ano 2016

Memoria anual 2016  

Memoria anual da organización Agareso para o ano 2016

Advertisement