Agareso Memoria 2012
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
1. Editorial.............................................................................4 2. Órganos de goberno e xestión .........................................6 3. Presentación e plan estratéxico .......................................7 4. Área de proxectos.............................................................9 4.1. Proxectos de visibilización e sensibilización.................12 4.1.1. Xira de contrapartes salvadoreñas por Galicia 4.1. 2. Exposicións de proxectos 4.1.3. Charlas de presentación de proxectos e da organización 4.1.4. Reportaxes especiais 4.2. Proxectos de Comunicación e Educación para o desenvolvemento...............................................................19 4.2.1. Así Suena El Lempa 4.2.2. Implementación do programa de Comunicación Integral para o Desenvolvemento no Centro Penitenciario de A Lama. 4.2.3. Sen Barreiras. Cogami. 4.2.4. Escolas sen Racismo 4.2.5. II Seminario de Xornalismo Social e Comunicación 4.2.6. Participación en feiras solidarias 2
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
4.3. Proxectos de Acción Social ........................................26 5. Agareso Radio.................................................................. 27 6. Traballo en Rede............................................................... 29 6.1. Integración na Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real Code) Carmen 6.2. Colaboración con Radio ONU 6.3. Coordinadora Galega de ONGD 7. Área de Comunicación...........................................................31 7.1. Resumo de impactos en prensa, radio e televisión 7. 2. Cambios na web da organización 8. Recoñecementos .................................................................33 9. Área de Organización...........................................................35 10.
Área de Voluntariado....................................................37
11.
Balance económico......................................................40
3
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
1. Editorial Camiño do primeiro lustro de Comunicación para o Desenvolvemento. Nos seus catro anos de vida a ONG Agareso medrou en estrutura, en capacidade de acción e en concepción, incorporando como obxectivo fundamental aos seus
plans
estratéxicos,
os
proxectos
de
comunicación
para
o
desenvolvemento. Comprometerse a comunicar coa máxima profundidade sobre as causas e consecuencias da pobreza, cando a crise sementa un cerco de incertezas ao redor dos sectores social e comunicativo, non é o mellor dos escenarios para alcanzar uns resultados desexados. Golpear coa maza do desemprego e actuar con continuos recortes económicos converteuse nunha estratexia moi útil para atenazar os avances cara o punto de equilibrio entre o desenvolvemento e as oportunidades en calquera contexto que se expoña. A crise empeza a diminuír os alicerces do Benestar Social (BS) e os cimentos comezan a deteriorarse a niveis, polo momento, difícil de vaticinar. Todo aquel mecanismo ou ferramenta que compasaban os firmes pasos da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) padecen o quebranto dunhas virulentas determinacións: É similar a cortar a subministración de auga en lugares onde chove ocasionalmente ou escasea este recurso básico. Actuar con este criterio só conduce a un maior empobrecemento ou involución da comunidade ou sociedade afectada por unhas infundadas medidas restritivas. Aínda así, neste contexto de rebaixas sociais e recursos de toda condición tratouse de manter e impulsar proxectos de desenvolvemento tendo como base a comunicación. Agareso buscou non só manter senón incrementar o número de accións nos diferentes campos da Comunicación para o Desenvolvemento, sen esquecer a súa natureza de visibilizar e sensibilizar sobre as realidades
4
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 sociais nas que unha iniciativa ou proxecto solidario trata de imporse como revulsivo aos problemas existentes. Provocar cambios que favorezan unha mellora das características de vida doutras persoas é unha obsesión xeral que alaga todos os recunchos dunha organización ansiada por non perder o papel e perspectiva que lle corresponde exercer. Outra cousa, ben diferente, é o recoñecemento que recibe por unha evidente falta de coñecemento e experiencia. Os últimos anos serviron para integrar á CpD nos proxectos de desenvolvemento, tanto no exterior como no ámbito nacional. Fuxiuse dos disimulos para cumprir co obxectivo colectivo de estender un enfoque normalizado de expor intervencións con eficientes resultados. Só cabe remitirse aos feitos máis recentes. No discreto percorrido acumulado da ONGD xa destacan os espazos da reinserción, discapacidade ou cooperación. Tres dos avais onde as excelencias técnicas da comunicación reforzaron o camiño cara ao punto cardinal no que reside o verdadeiro cambio social. Autores como Comptom e Galaway definiron a relación de axuda como “aquela en a que se expresa unha preocupación real polos outros, interese e desexo real de comprender e traballar nesa relación, rexida polo compromiso e a obrigación, a aceptación, a empatía, por ser unha relación autentica, ter unha comunicación clara e un propósito coñecido e aceptado por ambas as partes e a crenza de que o usuario traballará para resolver os seus problemas”.
5
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
2. Órganos de goberno e xestión Os órganos de goberno de Agareso son: a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva. A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais da comunicación en Galicia que están comprometidos coa produción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade. Ten especial dedicación ó desenvolvemento de accións sociais promovidas dende a Comunidade Autónoma galega, tratando de xerar unha cambio cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta. Creada no mes de maio de 2008 coa apertura da primeira delegación en Pontevedra, Agareso é unha asociación apolítica e laica, único vínculo entre os seus integrantes e o traballo a prol da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, tentando promover, concienciar e sensibilizar a sociedade dunha realidade próxima e normalmente silenciada nos grandes medios de comunicación. Para elo, Agareso non pretende xerar accións illadas, senón dar continuidade a todos e cada un dos seus proxectos. XUNTA DIRECTIVA PRESIDENTE: Juan De Sola Vollbrecht VICEPRESIDENTA: Susana Alvite SECRETARIO: Alejandro Espiño TESOREIRO: Roberto Baquero VOCEIROS: Roi Palmás, Estrella López, Carlos Puga e Carlos Fariñas DIRECCIÓNS TÉCNICAS Responsable de proxectos: Montse Fernández Responsable de CpD: Carmen Novas Responsable de voluntariado: Lorena Seijo 6
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
3. Presentación e plan estratéxico Durante o ano 2012, as actividades da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) centráronse en catro ámbitos: -
Planificar
e
executar
programas
desenvolvemento coa finalidade
e
proxectos
de
comunicación
para
o
de achegar coñecemento e habilidades na
transmisión correcta de información en sociedades e comunidades desfavorecidas, tanto no Norte coma no Sur. - Difundir nos diferentes municipios de Galicia a través de documentais, exposicións fotográficas e charlas, a realidade de diferentes países en vías de desenvolvemento que Agareso tivo a oportunidade de captar a través das ferramentas que ofrece a comunicación. - Consolidar unha rede sólida, comprometida e plural no sector xornalístico, da comunicación e a educación, apoiando a formación e reciclaxe dos profesionais no tratamento e elaboración de informacións de carácter social. - Servir de amplificador social ao traballo que en materia de cooperación e desenvolvemento levan realizado desde hai anos diversas entidades do ámbito social tanto en Galicia coma en países do Sur e xerar vínculos e alianzas con outras organizacións de similares características co obxectivo de crear reciprocidade á hora de deseñar novos proxectos, compartir experiencias e xuntar esforzos. Agareso
camiña
nestes
intres
da
man
de
dous
piares
fundamentais:
a
profesionalización da organización e o inxente e valioso traballo do voluntariado. Para facer posible que os proxectos de comunicación para o desenvolvemento e sensibilización acaden os obxectivos fixados no plan estratéxico da organización fai falla que ambos os dous se integren e coordinen. Dentro das liñas de traballo previstas para estes anos está incidir, en maior medida, na formación dos e das xornalistas no eido da comunicación para o desenvolvemento, para o que xa se teñen presentado proxectos específicos a diferentes institucións públicas e centros educativos. 7
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
Así mesmo búscanse alianzas con outras organizacións de cooperación que traballan a prol do desenvolvemento e consideran a comunicación como unha das ferramentas útiles para levalo a cabo, para así poder abordar proxectos conxuntos.
Procurase tamén a formación interna do voluntario en temas de cooperación e comunicación para que poidan ter unha base máis sólida á hora de participar nos proxectos que executa á organización.
8
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
4. Área de proxectos Agareso continuou durante o 2012 coa execución de proxectos postos en marcha en anos anteriores, coma os programas de comunicación e educación para o desenvolvemento, os programas de acción social ou a segunda anualidade do proxecto de fortalecemento da entidade. Deste xeito, no centro penal de A Lama, durante o pasado ano, Agareso continuou encargándose da coordinación da emisora do centro e dos obradoiros de radio e prensa. Uns obradoiros que tamén seguiron en Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) a través do proxecto ‘Sen barreiras’. No ámbito académico, durante o 2012 proseguimos co proxecto Escolas Sen Racismo, no que empezamos a participar a finais de 2011 en colaboración coa ONGD Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP), e no que mediante obradoiros de radio e televisión, formouse ao alumnado en valores dende a perspectiva da educación e a comunicación para o desenvolvemento. Así mesmo, púxose en marcha a segunda edición do Seminario de Comunicación Social e Xornalismo Internacional, a través do cal, cinco participantes tiveron a oportunidade de desprazarse a Marrocos para traballar visibilizando os diferentes proxectos promovidos polos parceiros de ACPP e Agareso. No exterior, Agareso volveu á rexión salvadoreña do Bajo Lempa no verán, dentro da quinta fase do proxecto de pesca artesanal impulsado por ACPP e Cordes. Nesta ocasión, ademais de obradoiros de radio sobre temática ambiental, o proxecto viuse reforzado con obradoiros fotográficos. E a finais de ano púxose en marcha a sexta fase do proxecto Bajo Lempa, unha nova etapa que continuará ao longo do 2013. Neste caso, modificouse a achega de Agareso, dando un paso máis, xa que a parte importante do mesmo céntrase na capacitación, tanto tecnolóxica como humana, dunha radio comunitaria da zona (Radio Tehuacán).
9
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Por outra banda, no pasado 2012, a organización tamén continuou co seu traballo como entidade prestadora de servizos sociais, acollendo a persoas que tiñan que cumprir Traballos en Beneficio da Comunidade (TBC).
4.1. Proxectos de visibilización e sensibilización 4.1.1 Xira por Galicia de contrapartes do Salvador Cordes aposta pola Comunicación para o Desenvolvemento na súa visita a Galicia A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios avanzou ao longo de 2012 na alianza coa ONGD salvadoreña Cordes, iniciada a partir do proxecto con ACPP en El Salvador. Agareso implicouse na axenda da visita a Galicia que a finais de outubro realizou o xerente de Relacións e Xestión, Emilio Espín. Ademais de manter xuntanzas na Xunta de Galicia, no Fondo Galego de Cooperación e no Cetmar, Emilio Espín reuniuse co presidente de Agareso, Juan de Sola, co obxectivo de incorporar a compoñente de comunicación para o desenvolvemento nos sucesivos proxectos de Cordes. Ambas as dúas entidades asinarán un convenio para formalizar esta colaboración. Pescadores de El Salvador intercambian experiencias con mariñeiros galegos No marco do proxecto a prol da pesca artesanal que ACPP promove en El Salvador, e no que Agareso participa das actividades de sensibilización, pescadores do Bajo Lempa percorreron a costa galega para coñecer experiencias no eido da navegación tradicional, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo mariñeiro. Voluntariado vencellado á iniciativa participou na organización da visita e na súa difusión, que se saldou mesmo
con
algún
impacto
en
medios
salvadoreños.
Agareso
implicouse
especialmente no intercambio coas asociacións Dorna, en Arousa, e Asoar-Armega, na Costa da Morte. O coordinador do proxecto en Cordes, Luís Erazo, xunto co pescador de costa Alexander Reyes e o pescador de altura Iván Peraza, visitaron confrarías, lonxas,
10
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 portos, depuradoras ou centros de formación. Coñecer novas iniciativas que poidan adaptar á súa contorna era o obxectivo desta xira que os levou a percorrer lugares como Cambados, Lira, Vigo, Baiona, Cangas, Vilagarcía de Arousa e Corcubión. Tamén se realizaron actos abertos á cidadanía co fin de sensibilizar sobre a loita contra a pobreza e a responsabilidade dos países do Norte.
4.1.2. Exposicións Durante o ano pasado continuouse coa tarefa de visibilización e sensibilización de proxectos executados pola organización en anos anteriores. Deste xeito, as exposicións e documentais de Agareso estiveron en máis de14 localidades galegas. Brigadas sanitarias en Nicaragua O documental "Non che doe?", realizado por un equipo da organización que se desprazou ata Nicaragua en novembro de 2010 para visibilizar o traballo que realizan as brigadas sanitarias da ONGD Solidariedade Galega, presentouse a principios de ano nos Colexios Oficiais de Médicos de Pontevedra e Vigo. “Non che doe?” mostra como cunha adecuada atención médica pode cambiar a vida de moitos nicaragüenses sen recursos económicos.
11
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
‘Comercio xusto en Ecuador’ A longo do ano, difundiuse a exposición e o documental sobre o comercio xusto en Ecuador, un traballo que reflexa o cambio iniciado nas comunidades agrícolas deste país grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional. Durante o 2012, tanto o documental como a exposición foron presentados na localidade de Narón.
12
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 ‘Camiños de Paz’ Durante o pasado 2012 continuouse tamén coa visibilización e sensibilización sobre o conflito palestino-israelí a través do documental e a exposición ‘Camiños de Paz. As outras voces de Israel e Palestina’, co que se pretende dar a coñecer o inxente traballo que múltiples organizacións e cidadáns árabes e israelís realizan a favor do diálogo e a paz, como as únicas saídas posibles a un conflito do que os ‘mass media’ ofrecen unha visión demasiado polarizada. Deste xeito, durante o ano pasado o proxecto presentouse na MITEU de Ourense, nas Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) en O Carballiño e na localidade de Bueu.
‘Campamentos saharauís’ O documental e a exposición ‘De Sanxenxo ao Sáhara: vacacións en paz’ nos que se mostran dúas historias do programa ‘Vacacións en Paz’ da asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí presentáronse neste 2012 nas localidades de Valga, Pontecesures, Noia e Narón.
13
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
‘100% Attawassoul’ O primeiro proxecto de visibilización de Agareso, composto por unha exposición e un documental, amosa o proceso de alfabetización e formación da muller traballadora marroquí no norte deste país africano. Unha iniciativa de acción social que está a ser desenvolvida por asociacións locais coma Atawassoul ou 100% Mamás. O documental profunda ademais na lenta evolución das desigualdades de xénero, sociais e laborais no Magreb. Durante o 2012, este proxecto foi presentado na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.
14
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
4.1.3. Charlas de presentación da organización e os seus proxectos Un dos obxectivos permanentes de Agareso é seguir dando a coñecer entre a cidadanía o traballo que leva a cabo a organización. Así, durante o pasado ano, realizamos presentacións da entidade no IES María Soliño de Cangas, nas I Jornadas de Comercio Justo da Universidade de Periodismo de Sevilla, nas VIII Xornadas Interculturais de Cangas e na Festa da Solidariedade de Vilagarcía. VIII Xornadas Interculturais de Cangas Agareso participou no mes de xullo na VIII edición das Xornadas Interculturais de Cangas, coa que se comparte o obxectivo de promover o coñecemento doutras culturas, a convivencia e a integración multicultural. A proposta de actividades deste ano centrouse na cooperación e no comercio xusto a través das experiencias de sensibilización e acción social das diferentes ONG galegas. Agareso participou neste evento cun posto informativo e a proxección dos diferentes documentais realizados polo voluntariado da organización durante estes catro anos.
I Jornadas de Comercio Justo da Universidade de Periodismo de Sevilla No mes de marzo de 2012 tivemos a oportunidade de dar a coñecer o traballo da organización fora de Galicia nas I Jornadas de Comercio Justo, Comunicación e Solidariedade postas en marcha na Universidade de Periodismo de Sevilla. Estas 15
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 xornadas pretendían sensibilizar á comunidade universitaria sobre a importancia das lóxicas de comercio xusto e o consumo responsable, non só dando a coñecer prácticas concretas senón reflexionando sobre o noso papel e a nosa responsabilidade como consumidores. Así mesmo, gran parte do programa centrouse na comunicación con enfoque social, incluíndo a experiencia de xornalistas, profesores e comunicadores doutros ámbitos, como Antonio Manfredi, Nacho Escolar ou Leila Nacahwati, entre outros, e sen esquecer enfoques tan importantes como o da economía crítica, as iniciativas de comunicación alternativa ou as iniciativas estudantís que comprenden a Universidade como un motor de cambio social e reflexión. Agareso participou neste espazo presentando a organización e un dos seus últimos traballos, o documental ‘Camiños de Paz: As outras voces de Israel e Palestina’.
Festa do Solidariedade de Vilagarcía de Arousa Un ano máis Agareso participou na Festa da Solidariedade que organiza o concello de Vilagarcía para que as organizacións non gobernamentais con presenza na comarca do Salnés poidan ter un espazo de presentación e de achegamento aos cidadáns.
16
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Nesta ocasión, Agareso tivo un stand no que amosou os seus proxectos e traballos e puido explicar máis polo miúdo aos cidadáns en que consiste o seu traballo e que de xeito poden apoialo.
4.1.4. Reportaxes especiais
O voluntariado da organización elaborou durante este último ano unha serie de reportaxes especiais sobre temas que consideramos necesario ter maior difusión como a discapacidade, as protestas cidadáns, as campañas sociais…
17
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Na web da organización, a súa principal plataforma de difusión, e nas redes sociais difundíronse este aportes, entre os que podemos destacar: A cobertura das protestas do 15M elaborada polo equipo de voluntarios e voluntarias de Madrid, que estiveron enviando información desde as manifestacións e recollendo o pulso da cidadanía. A esta colaboración de Madrid, uníronse voluntarios desde Lisboa…. O conflito de Malí. O grupo de voluntarios de Madrid elaborou un documento audiovisual no que falou con persoas que coñecen de primeira man a realidade do conflito de Malí e que accederon a contalo ante a súas cámaras. Enlace vídeo: http://youtu.be/KjusXJWJzVw A reportaxe gráfica sobre unha atleta paraolímpica, as reportaxes sobre a erradicación da mutilación xenital feminina en Guinea Bissau, as crónicas sobre os abusos medio ambientais en Venezuela, as entrevistas a activistas de Amnistía Internacional, as crónicas sobre congresos de exclusión social ou fenda dixital.
18
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
4.2. Proxectos de Comunicación e Educación para o Desenvolvemento 4.2.1. Así Suena El Lempa Agareso volveu á rexión salvadoreña do Bajo Lempa no verán de 2012, dentro da quinta fase do proxecto de pesca artesanal impulsado por ACPP e Cordes. Entre o 13 de agosto e o 4 de setembro, as xornalistas Laura Ruíz e Carmen Novas impartiron obradoiros de radio para a sensibilización ambiental nas escolas, ademais de gravar programas co sector pesqueiro e reforzar o proceso de identificación para o fortalecemento da emisora comunitaria Radio Tehuacán a executar en 2013. A intervención completouse coa cobertura fotográfica do proxecto por parte do fotoxornalista Emerson Díaz, que tamén impartiu un taller de fotografía para escolares. Imaxes e programas publicaranse nun audiolibro, mentres que a evolución de todo o proceso pode seguirse no blog agaresobajolempa.blogspot.com.
Os obradoiros de radio realizados en sete escolas culminaron coa gravación doutros tantos programas titulados ‘Así suena el Lempa’. Nesta ocasión mellorou a preparación previa por parte do profesorado e ampliáronse as horas da sesión teórico - práctica, o que repercutiu na calidade do espazo gravado a continuación. A pesca artesanal, o manguezal, as inundacións, a reciclaxe e a cana de azucre foron as temáticas escollidas polo alumnado, que ademais de traballalas en grupos xestionou
19
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 entrevistas con representantes da comunidade. Os programas resultantes facilitaranse aos medios da zona e tamén se difundirán en Agareso Radio. Doutra banda, a edición especial de ‘Así suena el Lempa’, protagonizada polas persoas beneficiarias do proxecto incorporou dous faladoiros coas cooperativas implicadas, unha reportaxe sobre o tortugario, outra sobre a rede de mulleres comercializadoras e unha entrevista co viceministro de Pesca, Hugo Flores. O labor do compañeiro Emerson Díaz centrouse na cobertura fotográfica de tres historias de vida de persoas beneficiarias do proxecto (un pescador artesanal, unha mariscadora e o tortuguero), co fin de reflectir os seus efectos positivos. Tamén rexistrou en imaxe e vídeo os obradoiros de radio, amais das instalacións de Radio Tehuacán. En canto ao taller fotográfico impartido en Los Naranjos, nestes intres estanse a revelar os negativos.
4.2.2 Escolas Sen Racismo: obradoiros de radio e televisión para educar en valores
Agareso incorporouse no curso 2011/2012 á iniciativa Escolas sen Racismo, que na nosa contorna promove Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Mediante
20
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 obradoiros de radio e televisión, fórmase ao alumnado en valores desde a perspectiva da educación e a comunicación para o desenvolvemento. Unha ducia de estudantes do IES Antonio Fraguas, en Santiago de Compostela, completaron a capacitación audiovisual para rematar coa gravación do programa ‘Fraguando a diversidade’, que o 20 de xuño se proxectou no instituto e o 8 de novembro se presentou no centro sociocultural de Fontiñas. Discapacidade intelectual e física, igualdade de xénero, discriminación pola orientación sexual, comunidade xitana e inmigración foron os temas abordados.
Outros tantos alumnos e alumnas do CEIP López Ferreiro, tamén na capital de Galicia, asistiron con regularidade ao obradoiro de radio, cuxo programa final se centrou na educación para a paz e os dereitos da infancia. ‘O faladoiro do Ferreiro’ foi o título escollido para o espazo, que incluíu entrevistas, enquisas na rúa e unha faladoiro multicultural con estudantes de distintas nacionalidades. As actividades das Escolas sen Racismo puxéronse de novo en marcha para o curso 2012/2013 co apoio de Cooperación Galega. Tras presentarlle en decembro o obradoiro de tv ao alumnado do IES Torrente Ballester, en Pontevedra, programouse a primeira sesión para o 9 de xaneiro. Está previsto impartir unha actividade semellante no IES Luís Seoane, na mesma cidade, e retomar o obradoiro de radio no CEIP López
21
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Ferreiro.
A
experiencia
pode
seguirse
a
través
do
blog
www.agareso.org/blogs/escolasenracismo.
4.2.3. Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional
O II Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ deulle continuidade a esta actividade formativa, que en 2012 contou co co-financiamento da Xunta de Galicia. As bases da cooperación e a comunicación para o desenvolvemento, as boas prácticas informativas respecto dos colectivos en risco de exclusión e os discursos alternativos en torno aos países do Sur foron algunhas das cuestións abordadas no programa.
Trinta xornalistas e futuros xornalistas asistiron ao curso, que incluíu unha visita voluntaria aos proxectos desenvolvidos por Agareso no centro penal da Lama. O alumnado coordinouse asemade en cinco grupos para publicar en blogs sobre discapacidade, minorías, inmigración, xénero e medio ambiente. Tras as 40 horas de relatorios na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, cinco participantes desprazáronse en setembro a Marrocos para traballar sobre os
22
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 diferentes proxectos promovidos polos parceiros de ACPP e Agareso. As súas vivencias recompílanse no blog agaresoseminario.blogspot.com.es. No derradeiro trimestre do ano comezouse a preparar xa a terceira edición do Seminario, que dará comezo o 26 de febreiro.
4.2.4. Implementación do programa de Comunicación Integral para o Desenvolvemento no Centro Penal de A Lama
Este ano, a través do programa Laboral da Xunta de Galicia, puido haber unha persoa asignada en exclusiva ao reforzo do proxecto de reinserción social a través da Radio, do centro penal de A Lama. As accións desenvolvidas por esta persoa consistiron en reforzo da grella de programación e a participación nos programas que se están a emitir na emisora A Radio de A Lama. a) Sección de humor: Cada día orientada a algo diferente. Un día falábase dos humoristas, outro púñanse cancións raras e o último, recopilatarios de música de gasolineira. b) Sección do corazón: Sección onde se narran as historias de amor dos compañeiros de outros módulos que queren que se locuten pola radio. c) Sección de contido social: Onde se falaba das ONG’S presentes no cárcere, de problemáticas como as drogadiccións, de iniciativas como os mediadores VIH/Sida; sempre procurando cumprir coas peticións dos oíntes. d) Faladoiros do PAIEM: Faladoiro radiofónico coas persoas que seguen o Programa de Actividades para Internos con Doenzas Mentais. O obxectivo principal era que a súa opinión contase como a do resto, xa que son un colectivo bastante discriminado no centro. Eles elixen o tema e as músicas que querían para cada programa.
23
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Creouse tamén a colección de audios ‘Voces desde dentro’ para a Fundación Barrié e o blog. Audios de tres minutos sobre o funcionamento do cárcere. Aproximadamente cincuenta cortes de audio sobre os módulos de convivencia e de respecto, módulo educativo e terapéutico, biblioteca, UNED, módulos deportivos, A Radio e PAIEM. Outro do papel da xornalista foi facilitar as músicas e a información necesarias para a produción dos programa, como información de grupos e estilos musicais; novas que non puideran atopar nos xornais; lendas urbanas; receitas de cociña e remedios de botica; información sobre literatura, historia, tradicións, xeografía e gastronomía galegas; listas de éxitos en EEUU, Inglaterra e España dende 1991 a 2011 así como biografías dos artistas máis destacados e discografías, acontecementos e efemérides máis importantes deses anos, estreas de cine, eventos deportivos (mundiais, olimpíadas, eurocopas); vídeos de actualidade. Asemade axudouse na elaboración dos programas, seccións e promocións tanto no referido á temática como á forma de enfocalos e locutalos. Consellos na elección de músicas, formatos radiofónicos, duración do programa. Este ano conseguiuse unha emisora máis participativa. Cambiouse o programa matinal por un novo, ‘A Lama Ñana’, onde non so participan os internos da emisora se non que está aberto a tódolos módulos do centro. A sección de cociña faise con receitas de todo o mundo en parte cedidas polos internos. Lense relatos escritos por el eles. Propoñen temas de interese, músicas. Naceu o primeiro programa en galego ‘O Candil’, as faladoiros co PAIEM, ‘A Lama Ñana’. Creouse un blog do proxecto onde se publican contidos da emisora. Algúns internos asinaron as autorizacións para que se publicase a súa voz pero non os seus datos. Outros negáronse a que saíra tamén a súa voz. Esta circunstancia, a parte de dilatar o proceso de creación, tivo como consecuencia a necesidade de editar tódolos audios para eliminar nomes e apelidos dos participantes. O último paso era a súa publicación no blog cando estaban arranxados. O enlace é o seguinte: http://www.agareso.org/blogs/modulo8/?cat=1
24
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Todo elo por suposto, engadido as clases técnicas que recibiron os internos e internas que se encargan da emisora para poder sacarlle máis partido e mellorar a calidade.
4.2.5. Sen Barreiras. Cogami A persoa asignada para o proxecto de Reinserción Social de A Lama tamén tivo entre as súas funcións a de impartir clases teóricas e prácticas a usuarios da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami). As clases presenciais foron no centro de Pontevedra e a través de videoconferencia para os usuarios de Lugo, Ferrol e Mos. Dentro das clases teóricas impartiuse: historia da radio, disposición dun estudio de radio, formatos e xéneros radiofónicos, linguaxe radiofónica, guión radiofónico, radio dixital, audacity. Nas clases prácticas aprenderon a manexar o programa de edición de audio Audacity. Por este motivo, creáronse uns videotutorias coas funcións básicas do software. Funcións que se practicaron durante as últimas clases de xuño e tódalas de xullo. Creación dun proxecto de audio como punto final do obradoiro: Decidiron en grupo o nome do espazo, o tema, o formato, as músicas; redactaron un guión e, por último, gravárono e editárono con Audacity. Un proxecto por cada centro. Creación dun arquivo de audio con exemplos para vindeiras edicións: Exemplos de historia da radio, xéneros e formatos radiofónicos, radio actual( xenérica, radiofórmula e comunitaria).
4.2.6 Audiovisual para o Fondo Galego de Cooperación
O acto de conmemoración do 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, celebrado o 30 de novembro en Santiago de Compostela, acolleu a presentación do último audiovisual realizado por Agareso. ‘O Fondo Galego: compromiso coa solidariedade’ é o título desta peza sobre a entidade na que traballaron voluntarias e voluntarios como Mónica González, Saraih Lago, Tareixa 25
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Castro, Carmen Novas e, sobre todo, Xacobe González, coa colaboración de Paula Carro na voz en off. Persoeiras e persoeiros da política, do teatro, ongd, sindicatos e asociacións asistiron á gala na que se presentou o documental, que colectou excelentes críticas. Estanse a editar un milleiro de DVD para achegarlle á cidadanía os resultados da cooperación e a sensibilización impulsada por Deputacións e Concellos galegos. Avánzase así no proxecto de visibilización de Agareso e o Fondo Galego.
4. 3 Proxectos de Acción Social A asociación deu un paso en 2011 que se materializará no Plan Estratéxico 2012-2013 como prioritario para a consecución da súa misión, a súa visión e os seus valores: puxo en marcha o seu primeiro proxecto de acción social. No mes de abril de 2011, a Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais autorizou a inscrición de AGARESO no Rexistro Único de Entidades prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), no que se integran todas aquelas entidades galegas gue desenvolven programas ou son titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais, nos seguintes ámbitos: maiores, discapacidade, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.
26
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 O RUEPSS configúrase, para o público e os profesionais de servizos sociais, como unha ferramenta para a difusión, o coñecemento e de orientación na asignación dos recursos sociais existentes e AGARESO recibiu a aprobación para converterse en parte destas ferramentas. Este paso resultaba indispensable para que a entidade pasase a realizar proxectos de acción social, como se marca no seu vindeiro Plan Estratéxico, e permitiu que no mes de xuño realizara o seu primeiro cometido no ámbito da inclusión, neste caso, como entidade facilitadora de traballos en beneficio da comunidade (TBC). Durante o 2012 atendéronse a dúas persoas a través deste convenio. .
5. Agareso Radio Agareso Radio nace no horizonte do ano 2010 como elemento diferenciado da ONGD. A través deste medio concrétase unha programación temática e especializada na abordaxe de diferentes ámbitos sociais, así como a execución de proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento. o do ano e novas O crecemento e a fidelidade de audiencia experimentaron unha curva ascendente durante os dous anos de vida da canle. As alianzas con institucións universitarias, sectoriais e sociais rexistraron uns notables resultados para o crecemento desta área de Agareso. A programación combina a multiculturalidade musical con reportaxes, programas e espazos informativos dedicados a visibilizar as diferentes realidades e contextos de manifestación da pobreza e vulneración de Dereitos Humanos. Os programas emítense na canle de Agareso Radio (http://www.agareso.org/radio) e tamén poden escoitarse sen limitacións de horario, e mesmo descargarse, no servizo de
podcast
habilitado
na
web
da
organización:
www.agareso.org/es/reportajes/comunicacion-sen-barreiras.
27
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 A canle de Agareso Radio 24h persegue converterse nunha referencia na visibilización, sensibilización e comunicación para o desenvolvemento de diversos ámbitos sociais. É unha canle recoñecida pola rede internacional de emisoras adheridas
a
Nacións
Unidas
(ONU)
desde
o
ano
2010
(www.unmultimedia.org/radio/spanish/radios-asociadas). A través deste medio amplificamos as voces que carecen das oportunidades necesarias para desenvolverse ou se atopan en situación desfavorecida. A programación está composta integramente por contidos de temáticas sociais: VIH, Discapacidade, Exclusión, Drogodependencia, Centros Penais, Infancia, Terceira Idade, Cooperación, Solidariedade, Dereitos Humanos, Medio Ambiente, entre outros. Cabe lembrar os obxectivos fundacionais da organización de Reporteiros Solidarios, formada por profesionais da comunicación de Galicia (España), con plena disposición a cumprir co compromiso de profundar nas causas da pobreza, desigualdades e vulneración de DD.HH,
práctica moi ausente nos medios de comunicación
convencionais. Na grella de programación, a produción propia, a día de hoxe, ofrece espazos de faladoiro como En Otra Onda ou Sen Barreiras. En ambos os programas participan os beneficiarios dun proxecto de CpD. En varias franxas horarias emítense estes e outros aplicando un criterio horario universal (adaptar a programación a calquera uso horario). Neste sentido, atopamos outro dos programas dedicados á cooperación municipal: Voces Con Fondo é un repaso ás accións e esforzos que os concellos galegos realizan, canalizados polo Fondo Galego de Cooperación, ao campo da solidariedade. A programación da canle compleméntase con outras propostas vinculadas ao afondamento dos proxectos, de moi diversa tipoloxía, que as organizacións sociais realizan en liñas de cooperación ou acción social (Zona ONG). Por outra banda, a produción externa concertada con outras institucións e organizacións procede da redacción de Nacións Unidas, dando así cumprimento ao compromiso de programar pílulas informativas e reportaxes producidas pola ONU. 28
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Nesta mesma informativa foi incorporado á programación o informativo Mais Voces que comparten numerosas radios comunitarias e sociais de fala hispana. No cultural, o acordo acadado coa plataforma de Radio Grovalización achega unha diversidade e pluralidade grazas a prográmalos Mosaico, Capitais da Grovalización e Pardisofolk.
6. Traballo en Rede Cada vez é máis notable a importancia do traballo en rede, o creación de sinerxías e o aproveitamento dos coñecementos duns e doutros para facer máis efectiva a cooperación e a sensibilización. Por iso Agareso segue colaborando con diferentes redes e procurando novas alianzas.
6.1. Integración na Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real Code)
Agareso afianzou ao longo de 2012 a súa colaboración coa Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code), integrada por grupos de investigación das universidades e colectivos da base social. A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios incorporouse á formulación de diferentes proxectos, que polo de agora non deron froitos, e contribuíu á recompilación de documentación, amais de sumarse ás iniciativas formativas. Agareso participou por segundo ano consecutivo no encontro anual da rede, que se celebrou o 22 de outubro en Santiago de Compostela, dentro do equipo de traballo sobre ‘Cultura, comunidade, comunicación e participación’. Da xuntanza xurdiron interesantes avances, como a creación da 'Revista internacional de comunicación e desenvolvemento. A nivel organizativo, durante o próximo ano Agareso traballará na ‘Comisión de redes, colectivos e base social’.
29
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
6.2. Colaboración con Radio ONU Durante o 2012 voluntarios e voluntarias do organización colaboraron con Radio ONU enviando podcast sobre problemáticas sociais que axudaron a nutrir de contidos a radio de Nacións Unidas, que ten como principal obxectivo difundir iniciativas sociais e nutrir de contidos de calidade ás radios comunitarias. Enviáronse oito colaboracións elaboradas por oito voluntarios con formación radiofónica, que abordaron temas tan diversos como as adopcións en Etiopía, os movementos de voluntariado, a fenda dixital para as persoas con algunha discapacidade ou a falta de investigación sobre as enfermidades denominadas “raras”.
6.3. Coordinadora Galega de ONGD No 2011 Agareso entra a formar parte da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) e demostra a súa implicación co sector entrando a formar parte das comisións de Educación para o Desenvolvemento e de Incidencia Política, as máis relacionadas co tipo de traballo que fai a organización e nas que a Xunta Directiva pensou que podíase aportar máis experiencia e coñecementos. Un dos obxectivos da organización dentro da CGONDG, de loitar polo fortalecemento do
sector,
é
que
a
comunicación
sexa
recoñecida
como
ferramenta
de 30
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 desenvolvemento e que a nivel oficial os proxectos de CpD teñan o seu propio protagonismo e non vaia sempre vencellado aos de Educación, xa que ambos conceptos poden ser complementarios, pero non intercambiables. No 2012 reforzamos notablemente a presenza na CGONGD coa entrada na directiva do presidente de Agareso, Juan de Sola, como vocal. Este é un recoñecemento máis da relevancia que a organización adquiriu en poucos anos dentro do sector e da boa sintonía co resto das organizacións que conforman o Terceiro Sector en Galicia.
7. Área de comunicación e información A difusión do traballo que realiza a propia organización e as ONGD do noso territorio é parte tamén dos obxectivos fundacionais de Agareso polo tanto é unha labor a que se lle outorga gran importancia. A radio, a prensa, a televisión, as redes sociais e a web son os medios empregados para chegar a poboación.
7.1 Resumo de impactos en prensa, radio e televisión Durante o ano 2012, AGARESO recolleu máis de 100 impactos na prensa escrita e on line. Non só nos medios galegos senón tamén en medios estatais e dos países nos que se traballan os proxectos. A esta cifra habería que engadir as entrevistas radiofónicas ou os programas especiais feitos nas canles de televisión, dos que é moito máis complicado ter un rexistro físico. No 2012 resaltamos a presenza mediática das seguintes iniciativas de AGARESO: - Seminario de AGARESO na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela.Tanto o anuncio da segunda edición do seminario como o resultado da expedición realizada a Marrocos polos estudantes seleccionados tivo unha moi boa acollida nos medios, con máis de 27 impactos e prensa e entrevistas tanto na radio como nalgún canal de televisión.
31
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 - "Non che doe?". A presentación deste documental realizado polo voluntariado da organización en Nicaragua tamén tivo cobertura nos medios con 7 noticias no 2012. - Premio Empodera. Do galardón recibido por Agareso e Cogami pola súa labor na formación nos talleres de radio a persoas discapacitadas foi difundida por catro medios on line. - Proxecto de A LAMA. Aínda co proxecto de reinserción social xa é un dos máis veteranos na organización, os medios continúan facéndose eco do traballo que o voluntariado fai no penal de Pontevedra con reportaxes e entrevistas ao seus responsables. - Campaña “Camiños de Paz”. A proxección do documental de Camiños de Paz elaborado entre ACPP e Agareso, así como a exposición que acompaña ao proxecto, foi recollida por máis de 10 medios. - “Así suena el Lempa”. O traballo co voluntario realizou en El Salvador por segundo ano consecutivo impartindo obradoiros de radio e fotografía para reforzar a concienciación ambiental entre os escolares do Bajo Lempa foi difundida por 6 medios escritos e os integrantes do grupo foron entrevistados por varias radios e televisións de Galicia. - Visita das contrapartes do Salvador. A visita do representantes da ong Cordes, contraparte de Agareso, xunto coa dos dous pescadores salvadoreños beneficiarios do proxecto executado por ACPP foi unha das actividades do ano que máis repercusión tivo nos medios con 21 aparicións e varias entrevistas nos medios audiovisuais nas que tiveron un gran protagonista os compañeiros salvadoreños. - Exposicións e charlas dos proxectos de anos pasados. Como os proxectos non morren o ano que se executan, Agareso sigue a facer un esforzo importante por presentar o resultado destes proxectos (documentais, exposicións de fotos, charlas informativas) polos distintos concellos de Galicia. Os medios escritos das distintas zonas axudáronnos a difundir estas presentacións, con máis de 21 impactos.
32
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 - Participación da organización en xornadas de cooperación. Así mesmo, Agareso tamén participou en diversas xornadas organizadas para conmemorar o Día do Voluntariado ou difundir o traballo das organización do Terceiro Sector, aporte que tamén tivo cabida nos medios con máis de 7 mencións.
7.2. Cambios na web Durante o 2012 leváronse a cabo unha serie de cambios na web de Agareso co obxectivo de facela máis clara e accesible para todo o mundo. Os cambios viñan motivados polo propio devir da organización, que nos últimos anos pasou de ser unha plataforma de visibilización e de difusión de temas relacionados co Terceiro Sector, a unha organización más madura e forte que busca desenvolver os seus propios proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento. Por elo, a web actual dálle máis importancia a información sobre os proxectos e as reportaxes en profundidade que fai o voluntariado da organización. Tamén se fai a distinción entre os aportes dos reporteiros gráficos, os reporteiros audiovisuais e os radiofónicos, como diferentes formas de expresión da comunicación, pero cun mesmo contido social. Mantense a información de actualidade, pero nun segundo plano, non como parte fundamental do primeiro impacto da páxina. Durante o 2012 fixéronse máis de 200 actualizacións de contidos, todos elaborados polo voluntariado e por organizacións coas que colaboramos.
8. Recoñecementos Premio Empodera 2012 O programa integral de comunicación para o desenvolvemento 'Sen Barreiras, desenvolvido Personas con
por
Agareso en
Discapacidade
colaboración (Cogami),
coa Confederación Galega resultou
gañador
de nos
premios Empodera 2012, na categoría de ‘Cidadán Empoderado’.
33
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Estes galardóns, organizados pola Fundación Cibervoluntarios dende hai tres anos, recoñecen iniciativas nacidas no último ano que realicen un uso social da tecnoloxía, paliando fendas sociais, xerando innovación social e propiciando o empoderamento cidadán. Os galardóns constaban de catro categorías: iniciativa local, iniciativa global, iniciativa máis
innovadora
e
cidadán
empoderado,
que
foron
elixidos
por
1.500
cibervoluntarios/as, e os/as asistentes a 'eSTAS 2012', evento que tivo lugar en Málaga, os pasados 12 e 13 de xuño, e no que se entregaron os galardóns aos premiados.
Concurso Nacional de Radio e Prensa en Centros Penitenciarios 2012 Os obradoiros de radio e prensa que Agareso imparte no centro penal de A Lama (Pontevedra) dende o 2008, foron galardoados durante o 2012 co primeiro e terceiro premio, respectivamente, nos concursos nacionais de radio e prensa en penais convocados pola Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias. O departamento de Formación de Institucións Penitenciarias decidiu conceder ao obradoiro de radio que Agareso imparte dende o ano 2008 no marco do seu Programa Integral de Comunicación para o Desenvolvemento na Lama o primeiro premio no 34
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Concurso Nacional de Radio en Centros Penitenciarios 2012. Neste certame tamén resultaron galardoados os penais Castellón II (segundo posto) e Madrid VII (terceira posición). Así mesmo, o obradoiro de prensa que imparte a ONGD dende 2010 no centro penal pontevedrés foi galardoado co terceiro premio no Concurso Nacional de Prensa en Centros Penais. No certame resultou gañador o penal Puerto III e ocupou o segundo posto o de León.
9. Área de Organización A nivel organizativo, Agareso reforzou a súa estrutura organizativa a través da continuación da execución do primeiro proxecto de fortalecemento en solitario aprobado pola DXRE e UE e grazas a posibilidade de seguir contando cunha oficina de traballo propia dende a que xestionar os aspectos organizativos da organización e que está a servir de punto de referencia para a relación con outras entidades e cos/as socios/as, voluntarios/as e colaboradores/as. Con cargo a este proxecto posto en marcha a finais de 2011, logrouse ampliar o equipo técnico da entidade, formado por unha persoa, e tamén optimizar o traballo realizado nas áreas de voluntariado e organización e proxectos, grazas á contratación de dúas xornalistas. Unha das persoas contratadas asumiu as tarefas necesarias para acadar unha mellor coordinación da rede de voluntarios/as, facilitando que a resposta dada en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se levase a cabo coa maior rapidez e cunha atención máis personalizada. Ademais, encargouse de acadar unha maior visibilización e sensibilización na sociedade galega en canto aos proxectos de cooperación realizados dende Galicia con impacto nos países do Sur. Por outra banda, a segunda das persoas contratadas asumiu as tarefas de busca, redacción e coordinación dos proxectos executados dentro da entidade, así como das accións de visibilización e sensibilización realizadas pola organización, velando para que todo saíse segundo o previsto na planificación previa.
35
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Coa coordinación de ámbalas dúas persoas contratadas e o traballo do voluntariado da organización conseguiuse incrementar en cantidade e calidade os contidos da páxina web da organización e dos emitidos na canle de radio Agareso Radio, co conseguinte impacto na mellora da información e sensibilización da sociedade sobre a cooperación e as situacións de inxustiza e exclusión social. Nembargante, Agareso conseguiu contar ao longo do 2012 cun equipo técnico de catro persoas grazas a outros dous proxectos en execución. Este equipo técnico permitiu facer fronte aos proxectos que ten en marcha dun xeito máis rigoroso. Deste xeito, a maiores das dúas contratadas con cargo ao proxecto de fortalecemento, no equipo técnico houbo unha persoa contratada para dar cumprimento específico ao proxecto de educación para o desenvolvemento ‘Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario’, posto en marcha en colaboración coa ONGD Asemblea de Cooperación Pola Paz. Os beneficiarios/as deste proxecto ascenderon a 60 persoas. Destas, 30 persoas correspondíanse cos/as aos/ás alumnos/as da segunda edición do 'Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional ' que como na súa primeira edición desenvolveuse na Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela, e outras 30 persoas, aos/ás alumnos/as dos obradoiros de radio e televisión que se levaron a cabo en diferentes centros educativos. A cuarta persoa estivo contratada con cargo a unha subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar Social en outubro de 2011 para desenvolver un ‘Obradoiro de prensa e radio para colectivos desfavorecidos’. Este proxecto desenvolveuse co centro penal de A Lama, a través da coordinación da emisora de radio posta en marcha no centro, e os obradoiros de radio e prensa nos que se formou teoricamente a un grupo de internos para que coñecesen, non só as bases da radio e da prensa escrita, senón tamén da creación xornalística destes medios, formándose nos diversos xéneros periodísticos e radiofónicos. O número de beneficiarios/as deste programa ascendeu a 50 persoas por ano.
36
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Estes obradoiros tamén se levaron a cabo coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami). As clases foron presenciais no centro de Cogami en Pontevedra e por videoconferencia para outros centros da confederación. Neste caso, o número de beneficiarios/as ascendeu a 50 persoas.
10. Área de Voluntariado O voluntariado é o principal valor co que conta Agareso. De feito, a base do traballo da organización realízase con persoal voluntario, centralizado todo desde a asociación, pero repartido nas correspondencias que a ONGD ten en Pontevedra, Ourense, Lugo, Vigo, Santiago de Compostela e Madrid, sen esquecer que a entidade conta con correspondentes no exterior, en países como Guinea Bissau, Guinea Ecuatorial, México, Argentina, Perú, Venezuela ou Ecuador. A rede de Agareso está integrada, fundamentalmente, por profesionais da comunicación, pero tamén conta con profesionais procedentes do mundo do dereito, deseño ou a economía. Todos eles traballan de forma voluntaria e o seu único vínculo é o traballo a favor da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, buscando promover, concienciar e sensibilizar á sociedade dunha realidade próxima e a miúdo silenciada nos grandes medios de comunicación. Co fin de regularizar a situación da rede social de Agareso e de levar un rexistro máis pormenorizado dos seus integrantes, a finais do ano 2010 realizouse unha primeira ‘varrida’ sobre os/as asociados/as solicitando deles que cubriran unha ficha cos seus datos persoais e profesionais e cos intereses que os movían a formar parte da organización, así como cos campos de acción cos que querían estar integrados. Na asemblea xeral da entidade celebrada o 20 abril de 2011 aprobouse por unanimidade estipular unha diferenciación de estatus entre todos os integrantes da ONGD, facilitando que todos seguisen colaborando dentro da mesma, pero sinalando a fórmula coa que querían figurar. Así, estipulouse que existirían as categorías de
37
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 colaborador, voluntario e socio e fixouse un prazo de seis meses para que os integrantes da rede naquel momento regularizasen a situación e para que os novos/as asociados/as xa entraran a formar parte da rede nunha ou outra categoría. A 30 de decembro de 2012 había na rede de Agareso 124 persoas, 14 máis co ano anterior, e 34 máis co 2010, o que demostra a progresión da organización. Destes 124, 71 son colaboradores, 54 voluntarios e 31 socios e socias. Durante o 2012 uníronse á organización 18 novos voluntarios. Para os/as socios/as estipulouse o pago dunha cota mínima de 10 euros e máxima de 40 e, a diferenza do resto dos integrantes da rede, poden formar parte da Xunta Directiva. Deben cubrir un compromiso de adhesión para o seu novo estatus. Os/as voluntarios/as non teñen asociada ningunha cota, pero os que o desexen poden asumir o custo da súa cota de seguro de voluntariado e tamén deben cubrir un compromiso de adhesión. As persoas que optan por só colaborar non fan ningún trámite a maiores de aportar á asociación os datos que consideren oportunos. Ser voluntario/a e socio/a son dos estatus compatibles e todos teñen voz e voto na asemblea a excepción dos/as colaboradores/as, que so teñen voz. Neste momento existe unha persoa encargada da xestión do voluntariado, que fai esta tarefa de forma voluntaria pola falta de financiamento. Entre as súas tarefas están as de mellorar a coordinación dos/as voluntarios/as, dinamizar a rede de voluntarios/as e, a nivel interno, facilitar que a resposta que se lle da á rede de Agareso en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se faga con maior rapidez.
38
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 As posibilidades de voluntariado que se lles ofrecen ás persoas que chegan por primeira vez á organización son as seguintes: Proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento de A Lama: Obradoiro de radio, prensa e fotografía. Seminario USC sobre Xornalismo Social e Cooperación Organización de exposicións fotográficas e proxeccións de documentais vencellados aos proxectos (xestión e espazos) Captación de recursos gráficos (audiovisual e fotografía) para apoiar o traballo doutras ONG galegas Realización de documentais. Guión, gravación, edición e montaxe. Alimentación da web con contidos de calidade (reportaxes, entrevistas e/ou artigos de opinión). Proxecto AGARESO Radio. Elaboración de programas de radio sobre cuestións sociais e/ou locución de textos xa elaborados Publicación no medio para o que traballen de temas sociais promovidos pola organización Realización de cursos específicos para outros voluntarios da organización. Banco de formación Elaboración de notas de prensa Deseño de materiais Visita a proxectos doutras ONGD no estranxeiro para a elaboración de documentais, reportaxes e fotografías que sirvan para as campañas de visibilización en Galicia.
39
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Cos novos e novas voluntario/as séguese un protocolo de recibimento para que saiban a quen teñen que dirixirse, en que poden axudar e envíanselles boletíns informativos periodicamente para mantelos ao tanto. En todos os proxectos levados acabo pola organización participan voluntarios e voluntarias, incluso nos que teñen un técnico contratado, pois a base de Agareso é a participación do voluntariado, base social que fai subsistir á organización malia os recortes orzamentarios.
11. Balance Económico
A evolución das contas de AGARESO reflicten unha maior capacidade de acción como organización e o camiño emprendido cara a profesionalización da mesma. Así mesmo establece tamén as primeiras achegas dos socios e voluntarios.
40
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012 Cuenta de Resultados INGRESOS. Ingresos por colaboraci贸ns e convenios. Subv.ofic.afect.a/prop enti.imp.res.ejer Socios por cotas Dona.legad.afec.a/prop.enti.imp.res.ejer
2012 44145,15 5300,32 38692,29 152,54 0
2011 64735,18 11603,83 52340,88 113,43 677,04
GASTOS. Gastos directos por realizaci贸n de proxectos. Gastos de personal. Dotaci贸ns para amortizaci贸ns de inmobilizado. Gastos indirectos
42380,92 11561,79 26371,29 233,33 4214,51
59112,74 15738,41 41443,22 233,33 1697,78
1764,23
5622,44
2012 5.680,63 6.260,69 11.941,32 13.133,57 2.307,75 15.441,32
2011 5.913,96 8.988,73 14.902,69 11.369,34 3.533,35 14.902,69
SUPERAVIT
BALANCE Inmovilizado. Activo Corriente TOTAL ACTIVO Fondos propios. Pasivo Corriente TOTAL PASIVO
41
[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2012
42