Page 1

Memoria 2013


1. Editorial 2. Órganos de goberno e xestión 3. Presentación e plan estratéxico 4. Área de proxectos 4.1. Visibilización e sensibilización sobre proxectos do Exterior en Galicia 4.1.1 Ao Compás das Mareas: Vida no Bajo Lempa 4.1.2 Documental do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 4.1.3 Charlas de presentación da organización e os seus proxectos 4.2 Proxectos de comunicación para o desenvolvemento 4.2.1. Fortalecemento da emisora comunitaria Radio Tehuacán, El Salvador 4.2.2 Escolas Sen Racismo: obradoiros de radio e televisión para educar en valores 4.2.3

III

Seminario

de

Xornalismo

Social

e

Cooperación Internacional 4.2.4 Plan Proxecta: O mundo que queremos 4.2.5 Obradoiros de radio en valores promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 4.2.6 Curso de formación para profesionais da radio en Guinea Ecuatorial


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

4.2.7 Obradoiros de fotografía para mozos e mozas en tutelados polo Estado en colaboración con Igaxes3 4.2.8 Obradoiros de fotografía para usuarios e usuarias de EAPN 4.2.9 Comunicación para a reinserción social no cárcere de A Lama 5. Traballo en Rede 5.1 Participación en actividades de sensibilización e difusión públicas xunto a outras organizacións 5.2 Participación en feiras solidarias 5.3 Charlas para usuarios da ONCE 5.4 Cuñas de radio para a acampaña da Renda 2013 organizada por EAPN 5.5 Participación no Real Code 5.6 Cursos ao alumnado universitario que integra a formación de ACPP 5.7 Participación na CGONGD 5.8 Integración no proxecto Sustinea 5.9 Acollida de persoas sentenciadas a facer servicios comunitarios 5.10 Apoio á Cooperación

Galega na visibilización

dos proxectos financiados en Mozambique 3


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

6. Agareso Radio 7. Recoñecementos 8. Área de comunicación e información 9. Área de organización 9.1 Xestión do voluntariado

4


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

1. Editorial As organizacións vivas teñen a virtude de non dar descanso á súa base social na participación de accións e iniciativas relacionadas cos seus

alicerces

fundacionais. Ese pode ser o caso da ONGD Agareso nestes últimos anos de traballo. Non existiu un só mes que non houbese unha determinada actividade caracterizada pola comunicación para o desenvolvemento e unha importante achega ao tecido social. Imprimir un carácter intensivo a unha organización que se nutre do tempo, disposición, colaboración e vocación do seu voluntariado non é unha tarefa sinxela. Facer unha chamada á acción e recibir unha inmediata resposta é unha dinámica que predicir un futuro inalterable para unha organización que persegue eludir o perigo da extinción. Agareso logrou obter un nivel de participación superior ao previsto en calquera das redaccións de plans estratéxicos ou programas anuais de proxectos. A forza do voluntariado supuxo ese motor imprescindible para seguir sumando quilómetros nesta longa travesía polo deserto da solidariedade. Nun contexto onde a crise é a perfecta escusa para facer pouco ou nada, pola falta de recursos, a asociación de reporteiros galegos solidarios logrará seguir demostrando que achegar valor ao mundo social non é un triste papel mollado. Botar unha ollada ao pasado converteuse nun complexo exercicio á hora de pór os adxectivos adecuados a tal percorrido: Atravesamos o territorio do cinco anos e, a risco de pecar no optimismo, os avances só poden ser cualificados de sobresalientes. Unha ONG que consegue concretar e definir o seu propio espazo, nun curto período de tempo, a base de experiencias e admirable esforzo, non merece ser considerada doutra forma. Proxectar comunicación con criterios de desenvolvemento, en cada unha das intervencións que levan o selo de Agareso, na actualidade está asociado a unha obsesión coa calidade e rendibilidade nos esforzos empregados. Son moitos os exemplos que acreditarían o potencial dun voluntariado entregado,

5


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 por completo, a non desperdiciar a oportunidade de completar con garantías e bos resultados a súa participación nunha determinada iniciativa. Visibilizar e sensibilizar: Dous conceptos inoculados no ADN dunha organización por métodos naturais. Sen necesidade de acudir a fármacos experimentais ou laboratorios de ideas. Sen titubeos para a maioría da base social que asimilou que a comunicación debe estar ao servizo da comunidade co único fin de conquistar o cumprimento dos dereitos humanos, a xustiza social e derrotar á pobreza no seu combate por seguir acomodada en dous terzos da poboación mundial. A través da palabra ou a imaxe, utilizando as técnicas e métodos máis básicos da comunicación, numerosos colectivos son xa beneficiarios de cambios nas súas vidas. Emisoras de radio comunitaria, documentais, reportaxes, fotografías, programas de televisión especializados ou publicacións editoriais son algunhas das ferramentas utilizadas para alimentar a forza motriz dun voluntariado comprometido coa esperanza.

6


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

2. Órganos de goberno e xestión Os órganos de goberno e administración de Agareso son: a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva. A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa produción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación o desenvolvemento de accións sociais que estean promovidas dende a Comunidade Autónoma galega, tratando de xerar unha cambio cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta. Creada no mes de maio de 2008 coa apertura da primeira delegación en Pontevedra, Agareso é unha asociación apolítica e laica, único vínculo entre os seus integrantes é o traballo a prol da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, tentando promover, concienciar e sensibilizar a sociedade dunha realidade próxima e normalmente silenciada nos grandes medios de comunicación. Para elo, Agareso non pretende xerar accións illadas, senón dar continuidade a todos e cada un dos seus proxectos. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA: XUNTA DIRECTIVA PRESIDENTE: Juan De Sola Vollbrecht VICEPRESIDENTA: Susana Alvite SECRETARIO: Alejandro Espiño TESOREIRO: Roberto Baquero VOCEIROS: Roi Palmás Cora, Estrella López Martínez, Carlos Puga e Carlos Fariñas 7


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 DIRECCIÓNS TÉCNICAS Responsable de proxectos: Montse Fernández Responsable de CpD: Carmen Novas Responsable de voluntariado: Lorena Seijo

8


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

3. Presentación e plan estratéxico Durante o ano 2013, as actividades da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) centráronse en catro ámbitos: A Xunta Directiva de Agareso continuou durante o 2013 co proxecto de voluntariado profesional na comunicación social e o seu inequívoco enfoque de Dereitos Humanos e Desenvolvemento. O reto para os vindeiros anos será persistir, sen descanso, na potenciación e promoción

da

Visibilización,

Sensibilización

e

Comunicación

para

o

Desenvolvemento en diferentes escenarios locais e internacionais. Por unha banda, consolidar aquelas iniciativas que se atopan en proceso de diagnóstico, identificación ou execución será unha das prioridades do programa de xestión. Así mesmos estableceranse novas alianzas e procuraranse posibles proxectos como desde o goberno da propia organización. Agareso debe continuar o proceso de consolidación como ONGD, como referente no tratamento e elaboración da información e de contidos sociais, cooperación, dereitos humanos e solidariedade, entre outros. Na mesma liña, débense aumentar os ratios de calidade na execución de proxectos en materia de comunicación para o desenvolvemento, polo que haberá que facer un esforzo na formación do propio voluntariado e nos niveis de esixencia interna. A organización de Reporteiros Solidarios está formada por profesionais da comunicación de Galicia, España e ámbitos internacionais dispostos a afondar nas causas da pobreza, as desigualdades e a vulneración dos DD.HH, práctica xornalística ausente nos medios de comunicación convencionais. Por iso un dos obxectivos fundacionais da organización, que mantemos cinco anos despois, vai encamiñado a amplificar aquelas voces que carecen das oportunidades necesarias para chegar aos medios de comunicación ou se atopan nunha situación de vulnerabilidade.

9


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Para elo o noso persoal técnico e voluntario ten que ter dominio das diferentes realidades sociais a través das experiencias de especialistas e actores sociais: VIH,

Discapacidade,

Drogodependencia,

Exclusión,

Reinserción,

Inclusión,

Multiculturalidade,

Infancia, Terceira

Idade, Cooperación,

Solidariedade, Dereitos Humanos, Medio Ambiente, entre outros. A exposición dos contextos, onde a cooperación aporta recursos de diversa natureza, empregando a os formatos multimedia ou a pertinente execución de proxectos de Comunicación para Desenvolvemento obriga á realización de continuos cursos, encontros ou foros de formación e intercambio de experiencias

cos

principais

activos

do

sector

social,

cooperación

e

desenvolvemento. Este sistema permite fomentar a aprendizaxe de habilidades, coñecementos e outras capacidades de persoas que logran converterse nos axentes activos do desenvolvemento e transformación en positivo do contexto social concreto a través da práctica dunha óptima comunicación do voluntariados/profesionais de Agareso. O traballo en rede é outra das prioridades que vimos desenvolvemento nos últimos anos, precisamente para fortalecer o traballo doutras organizacións que carecen de especialistas en comunicación e para posicionar no sector da cooperación a Comunicación para o Desenvolvemento como un eixo fundamental para a sensibilización, educación e empoderamento, tanto da sociedade galega como dos diferentes pobos que conforman este planeta.

10


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

4. Área de proxectos Agareso continuou durante o 2013 afondando no eido da Comunicación para o Desenvolvemento, tanto no eido educativo como no de cooperación internacional. Mantivo proxectos en Galicia e no Exterior, ao mesmo tempo que o seu voluntariado foi elaborando e executando os seus pequenos proxectos formativos e de sensibilización a través da fotografía, a radio ou o audiovisual.

4.1. Accións de visibilización e sensibilización en Galicia sobre os países do Sur un 4.1.1 Ao Compás das Mareas: audio-libro de Agareso e ACPP Ao Compás das Mareas. Vida no Bajo Lempa

é un libro que combina a

fotografía, o audio e os textos para explicar a través de historias humanas os beneficios e retos do proxecto de protección ambiental e pesca artesanal levado a cabo no Bajo Lempa, El Salvador, por Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) durante os últimos cinco anos, e no que Agareso realiza actividades de comunicación para o desenvolvemento e sensibilización. O libro recolle o traballo realizado polo fotógrafo de Agareso, Emerson Díaz, durante o verán do 2012, e polas xornalistas radiofónicas Carmen Novas, Susana Alvite e Laura L. Ruiz que impartiron obradoiros de radio e sensibilización ambiental a escolares salvadoreños no verán do 2011 e 2012. Todo este material, xunto cos textos explicativos dos proxectos e das historias, elaborados polas persoas responsables dos proxectos, conformaron un documento completo e útil para a difusión das condicións de vida dos habitantes do Bajo Lempa e das posibilidades que lles ofrecen este tipo de proxectos.

11


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 O libro veu a luz en maio do 2013 despois de varios meses de traballo na edición do mesmo. As primeiras persoas que tiveron a oportunidade de velo en papel foron os protagonistas das historias recollidas no libro, os e as habitantes do Bajo Lempa. Un equipo de Agareso, conformado por Roi Palmás e Lorena Seijo, desplazáronse á Pita, Bajo Lempa, para compartir cos pescadores, os redeiros e as mariscadoras, ademais de co persoal da contraparte local (Cordes), o resultado do libro. Deixáronse exemplares para a súa distribución na zona e debatiuse cos protagonistas o resultado do mesmo, que foi bastante satisfactorio. Chandy, doña Luci, Norberto... amosáronse emocionados por ver recollida a súa vida en textos e fotografías e porque os cidadáns galegos puideran ter interese en coñecela.

A presentación oficial en Galicia do libro foi o día 24 de agosto do 2013 no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, coincidindo coa celebración da semana do voluntariado, e achegáronse a charla ao redor dunhas 30 persoas. A segunda presentación pública realizouse no centro de educativo da ONCE en Pontevedra coa asistencia dunhas 20 persoas e para esta ocasión, o xornalista 12


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Roi Palmás, elaborou un audio completo do contido do libro para que as persoas con discapacidade visual puideran ter acceso pleno ao documento. Este audio foi entregado a dirección da ONCE para a súa distribución interna.

Foto: presentación Vilagarcía Así mesmo este documento foi distribuído por diferentes centros da ESO de Galicia para que os adolescentes coñezan a realidade de El Salvador e como inflúe a cooperación internacional nestas zonas do mundo.

4.1.2. Audiovisual sobre o Fondo Galego de Cooperación O audiovisual ‘O Fondo Galego: compromiso coa solidariedade’ pre-estreouse a finais de 2012 no acto de conmemoración do 15º aniversario da entidade municipalista, se ben foi en 2013 cando se presentou a versión definitiva e se iniciou a súa distribución. O 19 de abril celebrábase no Concello de Pontevedra a rolda de prensa anunciando a primeira proxección, que tería lugar catro días despois no Pazo de Mugartegui coa presenza de autoridades locais, voluntariado e asociacións da vila. Ao mes seguinte, o 21 de maio, exhibíase no Concello de Lugo, 13


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 concretamente no centro de convivencia de Fingoi, no marco do VII Encontro das Culturas. Os preto dun cento de concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade recibiron ademais cadansúa copia do documental en DVD, que tamén foi distribuído a outras organizacións. De xeito paralelo, establecéronse contactos con diferentes canles televisivas, e no Nadal a peza emitiuse en catro ocasións na cadea compostelá Correo TV. Mónica González, Saraih Lago, Tareixa Castro, Paula Carro, Carmen Novas e, sobre todo, Xacobe González, son as voluntarias e voluntarios que se implicaron neste proxecto.

4.1.3. Charlas de presentación da organización e os seus proxectos

As exposicións e documentais producidos por Agareso desde o seu nacemento seguen a ser materiais válidos para concienciar sobre as desigualdades, á vez

14


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 que visibilizan os proxectos realizados nos países do Sur. Ao longo de 2013, amosáronse nunha ducia de localizacións, con especial atención aos centros educativos.

Comercio xusto en Ecuador Coincidindo coa conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro uns 80 rapaces e rapazas do Colexio Santo Tomás (O Porriño) visionaron o documental ‘Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do comercio xusto ecuatoriano’. O alumnado, de 1º e 2º da ESO e de 6º de Primaria, asistiu tamén á charla impartida por voluntarias de Agareso e da ONGD Amarante Setem. No centro instalouse asemade a mostra fotográfica incluída no proxecto. A exposición trasladouse no mes de marzo ao CEIP Antonio Palacios (O Porriño). O día 6, realizouse a proxección do documental para estudantes de 5º e 6º de Primaria. Xa no mes de setembro, o proxecto presentouse no I Seminario Europeo de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, celebrado entre os días 26 e 29 na vila ourensá de Muíños. O audiovisual amosouse logo en Trives o 19 de outubro, nun acto organizado polo Concello en calidade de socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGD, arredor do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. As fotografías permaneceron instaladas no antigo Colexio Santa Leonor, actual Centro de Interpretación Histórico Cultural. A finais de ano, a exposición pasou á Azucreira da localidade pontevedresa de Portas.

15


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

Camiños de Paz Medio cento de estudantes de 3º e 4º da ESO do Colexio Santo Tomás (O Porriño) celebraron o 30 de xaneiro o Día da Paz asistindo á poxección do documental ‘Camiños de paz, as outras voces de Israel e Palestina’, co correspondente coloquio posterior. Tamén a comezos de ano, a exposición do proxecto moveuse polo IES Chamoso Lamas e o IES nº1 do Carballiño, e polo instituto de Silleda. O audiovisual realizado canda Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) proxectouse en Lugo o 21 de maio, dentro do VII Encontro das Culturas. Tras o visionado, inaugurouse a exposición correspondente no centro de convivencia Uxío Novoneyra, con degustación de comida árabe incluída. O documental que amosa o traballo da sociedade civil palestina e israelí a prol da convivencia pacífica tamén se empregou nos obradoiros de Escolas sen Racismo, nos cursos universitarios, etc.

100% Muller Uns 130 rapaces e rapazas de distintos cursos da ESO do Colexio Santo Tomás (O Porriño) participaron o 14 de marzo na presentación do proxecto 16


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 realizado canda Amarante en Marrocos para denunciar a desigualdade de xénero. Con motivo do Día Internacional das Mulleres, proxectouse o documental ‘100% Muller’ e instalouse a mostra fotográfica ‘100% Attawassoul’.

Brigadas sanitarias en Nicaragua Arredor do Día Mundial da Saúde programáronse no mes de abril senllas proxeccións do documental ‘Non che doe?’, que amosa o traballo das brigadas sanitarias de Solidariedade Galega en Nicaragua. O día 5 celebrouse un videofórum na Casa da Cultura de Lérez (Pontevedra), coa participación de membros da ONGD coruñesa, mentres que o día 8 a fita visionouse no Colexio Santo Tomás (O Porriño).

17


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

Campamentos saharauís O IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) acolleu durante o mes de novembro a exposición ‘De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en Paz’. A mostra organizouna o Concello como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e en virtude da colaboración establecida coa Coordinadora Galega de ONGD, a fin de promover actividades arredor do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. Esta exposición tamén estivo o 18, 19 e 20 de xullo no festival cultural e musical As Revenidas de Vilaxoán, Vilagarcía, como forma de dar visibilidade a estos temas en espazos públicos e menos comúns. O festival apoia desde o seu inicio as iniciativas relacionadas coa mellora das condicións de vida do pobo saharaui e a loita pola súa independencia.

18


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

4.2. Proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento 4.2.1. Fortalecemento da emisora comunitaria Radio Tehuacán, El Salvador

Dentro do proxecto “Plan de apoyo a iniciativas de desarrollo eco sostenibles en el Estero de Jaltepeque y Bajo Lempa”, executado por Asemblea de Cooperación pola Paz,

Agareso tiña a responsabilidade de fortalecer a

emisora comunitaria Radio Tehuacán co obxectivo de que servira de apoio a sensibilización ambiental da zona e para que o voluntariado da emisora, todos eles rapazas e rapaces da zona, tiveran a posibilidade de formarse en técnicas de radio, aprender a facer información comunitaria e de contribuír co desenvolvemento das súas comunidades a través da comunicación. Con este enfoque entre as mans planificouse a formación tanto dos 16 voluntarios e voluntarias da emisora como dos 20 correspondentes comunitarios que servirían de enlace entre a cabeceira departamental e as comunidades da costa do Bajo Lempa. Esta formación fíxose en dúas tandas diferenciadas para facilitar o traballo e involucrar a máis voluntariado do Agareso neste proxecto. A primeira formación deuse no mes de maio e os responsables foron os xornalistas Roi Palmás e Lorena Seijo. Durante 15 días o voluntariado da emisora recibiu clases de técnicas de radio para aprender a locutar, redactar e manexar os equipos da emisora. Así mesmo complementouse a formación con conceptos de radio comunitaria, xornalismo e publicidade, para que puideran sacarlle o maior partido posible a emisora.

19


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 As capacitación leváronse a cabo en dous quendas de mañá e tarde para que os rapaces e rapazas non perderan as súas clases no instituto. Ao mesmo tempo que se realizaba a formación, comprobouse o estado xeral das instalacións da emisora e dos seus equipos, reorganizáronse os espazos para que foran máis operativos e déronse pautas de coidado do material. Tamén levouse a cabo un organigrama do voluntariado para establecer responsabilidades e traballouse moito o concepto de equipo e de traballo en conxunto. Asesorouse a dirección da emisora sobre os postos que debería ocupar cada un dos voluntarios e voluntarias en función das súas habilidades e intereses. Tras esta capacitación o voluntariado incorporou a grella da emisora, composta case integramente ata o momento por programación musical, un informativo semanal, un sobre xénero, outro deportivo e un sobre agricultura ecolóxica. Terminada a formación en terreo, seguiuse en contacto co voluntariado de Radio Tehuacán que enviou material de audio para a súa revisión e seguiu consultando as súas dúbidas a través do correo electrónico e de conexión por Skype.

20


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 A segunda etapa da formación foi realizada por os voluntarios Antonio Grunfeld e Rocío Cadahía no mes de setembro . Durante 7 días os xornalistas de Agareso reforzaron a formación do voluntariado da emisora para apoialos na elaboración da nova programación e fortalecer as súas técnicas xornalistas. Despois deste traballo en Tecoluca, trasladáronse a tres comunidades do Bajo Lempa (La Pita, Isla Tasajera e Los Naranjos) para impartir os obradoiros aos futuros correspondentes da emisora. O alumnado foi seleccionado entre mozas e mozos das comunidades que tiñan demostrado interese por participar na organización comunitaria. Déronselle técnicas básicas de xornalismo para que puideran facer pequenas noticias sobre o que sucede nas súas comunidades e facilitáronselle teléfonos móbiles para que puideran ser contactados pola emisora para enviar os seus reportes.

Ao mesmo tempo que se daba a formación, Antonio Grunfeld recabou material audiovisual para a súa posterior utilización para sensibilización en Galicia.

21


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Acabada a formación entregáronse os equipos que a emisora necesitaba para funcionar a pleno rendemento e que foron escollidos pola Xunta Directiva da emisora, co asesoramento de Agareso.

Paralelamente durante todo o ano 2013 Radio Tehuacán e a súa Xunta Directiva recibiu asesoramento sobre como fortalecer a emisora e facer dela un proxecto sostible no tempo. Para elo tiveron varias reunións, debatéronse os obxectivos internos da emisora, a organización da mesma, a organización do voluntariado, a estratexia de obtención de fondos e o tipo de programación que tiñan que elaborar. Entregáronselle plan de acción específicos, concretáronse acción que tiñan que ser levadas a cabo durante o ano e verificáronse periodicamente os resultados das mesmas.

22


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

4.2.2 Escolas Sen Racismo: obradoiros de radio e televisión para educar en valores Agareso continuou impartindo no curso 2012/213 os obradoiros de radio e televisión para a educación en valores no marco da iniciativa Escolas sen Racismo, dentro do proxecto de comunicación e educación para o desenvolvemento promovido canda Asemblea de Cooperación pola Paz e financiado pola Xunta de Galicia.

Foto: Óscar Dacosta Entre os meses de xaneiro e abril realizouse a actividade no IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra), que culminou coa gravación do espazo audiovisual ‘Torrente de valores’. A peza incorporaba reportaxes sobre comercio xusto, migracións, a comunidade xitana ou o alumnado con discapacidade. As e os participantes recibiron os seus diplomas o 29 de abril, nun gran acto co que o instituto celebrou a súa incorporación á rede da que forman parte máis de 500 centros europeos.

23


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

Os obradoiros de radio desenvolvéronse no CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela), entre marzo e xuño, e no CEIP Barouta (Ames), de comezos de abril a finais de xuño. O resultado foi un programa conxunto que, baixo o título ‘O desafío do milenio’, dedica un apartado a cada un dos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que se traballaron mediante entrevistas, músicas, radioteatro, etc. No entanto, mantívose o contacto cos centros participantes na primeira edición do proxecto. Froito desta colaboración foi o vídeo realizado coa rapazada do IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela) no mercadiño solidario ‘Trocame-Roque’ que as entidades do barrio de Fontiñas organizaron o 14 de xuño en Área Central. No último trimestre do ano, as actividades do programa Escolas sen Racismo volvéronse poñer en marcha. No curso 2013/2014, o obradoiro de televisión estase a impartir de novo no IES Antonio Fraguas e o de radio no CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra). En febreiro comezarán as sesións no CEIP Anexo A Lomba (Vilagarcía de Arousa).

24


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

4.2.3.

III

Seminario

de

Xornalismo

Social

e

Cooperación

Internacional

O Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ chegou á súa terceira edición da man de ACPP e co apoio de Cooperación Galega. Preto de trinta comunicadoras e comunicadores participaron no curso de 40 horas desenvolvido na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC entre o 26 de febreiro e o 7 de maio. Os fundamentos teóricos da cooperación centraron a primeira parte do programa,

que

logo

abordou

as

relacións

entre

comunicación

e

desenvolvemento, o xornalismo con enfoque de dereitos humanos, as representacións mediáticas das persoas en risco de exclusión ou as boas prácticas no tratamento gráfico.

25


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Cómpre destacar a videoconferencia coa reporteira en zonas de conflito Amaia López de Munain, a sesión impartida pola educomunicadora catalá Carme Mayugo ou o faladoiro radiofónico con usuarias e usuarios de Cogami. Tamén a visita voluntaria aos proxectos desenvolvidos por Agareso no centro penitenciario da Lama. O alumnado do curso foi publicando ademais os seus traballos prácticos nun blog dividido en diferentes temáticas, como xénero, migracións, medio ambiente, etc. Un grupo de estudantes de Comunicación Interpersoal e Comunitaria realizou asemade as prácticas da materia no Seminario. En agosto, tres participantes desprazáronse a Marrocos para coñecer os proxectos impulsados polos parceiros de ACPP e Agareso. Noelia Antelo, Diana Mandiá, Aida Mosquera e Ángela Muñiz visitaron en Nador e Tánxer cooperativas de agricultores, centros de mulleres, instalacións sanitarias ou escolas apoiadas pola cooperación internacional. Tamén se reuniron coa destacada feminista Nadia Naïr, con xornalistas e con diversas organizacións que defenden os dereitos humanos. A experiencia visibilizouse na bitácora agaresoseminario.blogspot.com.es.

Foto: Emerson Díaz 26


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

Prácticas en terreo

4.2.4. Plan Proxecta: O Mundo que Queremos O Plan Proxecta é unha iniciativa de Educación para o Desenvolvemento financiado pola Xunta de Galicia que pretende formar e sensibilizar o alumnado e a comunidade educativa sobre a importancia da cooperación ao desenvolvemento e as diferentes realidades que existen nos países do Sur. No Plan Proxecta participan varias ongd que desenvolven proxectos de Educación para o Desenvolvemento como Solidaridad Internacional, Intervida e Mundo Cooperante. Agareso ten unha parte importante na execución deste proxecto coa impartición dos obradoiros de radio e fotografía nos que se procurou capacitar o alumnado nas diferentes formas de contar historias e abordar problemáticas sociais desde o eido da comunicación. O alumnado dos obradoiro realizou ademais o seu propio material fotográfico e de audio que será presentado no acto de final de proxecto no 2014.

27


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Nestas capacitaicións participaron dous integrantes de Agareso, Montse Fernández e Óscar Dacosta, seleccionados pola Xunta Directiva da organización para levar a cabo este proxecto. Ademais dentro desta iniciativa virán a Galicia tres persoas da contraparte de Agareso, Radio Tehuacán, para contar o alumnado dos institutos que integran o proxecto a realidade dun país como El Salvador e de como inflúe un proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento como os que elas e eles integran.

4.2.5. Obradoiros de radio en valores promovidos polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Voluntariado de Agareso impartiu no último trimestre de 2013 dez obradoiros radiofónicos noutros tantos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Formar en valores mediante radio e a música era o obxectivo desta actividade, na que as e os asistentes reflexionaron sobre os Dereitos Humanos e os Obxectivos do Milenio (ODM) a través da comunicación para o desenvolvemento, á vez que se fomentaban as súas habilidades de participación. A actividade estreouse na Estrada cun grupo persoas adultas con discapacidade intelectual que asisten aos talleres ocupacionais e artísticos promovidos polo Concello na sede da Asociación Galega das Artes. Usuarias e usuarios da asociación Ambar das persoas con diversidade funcional acudiron a outro dos obradoiros, nas instalacións de Radio Boiro. ‘Ribeira nas ondas’ é o título do espazo realizado con estudantes de 1º da ESO do CPI da Ribeira (O Porriño), que reflexionaron sobre o dereito á educación e o ODM número 2: acadar o ensino primario universal. No IES Mendiño (Redondela), o programa final gravouse na emisora municipal baixo o título 28


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 ‘Xuntos podemos’, coincidindo co Día internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres. Rapazas e rapaces de dez anos traballaron en Oleiros arredor do ODM 7: garantir a sostibilidade do medio ambiente. O obradoiro impartido no IES de Viós (Abegondo) centrouse no ODM 4: reducir a mortalidade infantil. No programa ‘Para poder medrar’ o alumnado falou tamén sobre os dereitos da infancia. ‘Sombras que xa son esperanzas’ foi o título elixido para o espazo radiofónico realizado no centro sociocultural ‘Uxío Novoneyra’ (Lugo) por un grupo de mulleres, que presentaron o ODM 3: promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento da muller. Usuarias e usuarios da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) protagonizaron a actividade no Concello de Cambre, coa sanidade comunitaria como tema a tratar no faladoiro ‘O círculo de APEM’. Persoas con discapacidade da asociación Puzzle e maiores que colaboran en Radio Allariz gravaron na vila ourensá ‘Puzzle na Ziralla’, un espazo sobre a migración, con experiencias vividas en primeira persoa. Os obradoiros pecháronse no IES Isaac Díaz Pardo (Sada), onde o alumnado traballou sobre o ODM 3. Susana Alvite, Juan de Sola, Montse Fernández, Sabela Íñiguez, Carmen Novas e Roi Palmás foron os membros de Agareso involucrados nesta iniciativa. Os audios están dispoñibles na canle da organización en Ivoox.

29


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

.

4.2.6 Cursos de formación para profesionais da radio en Guinea Ecuatorial

Juan de Sola, presidente e voluntario da organización, estivo este ano vencellado a un interesante e relevante proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento en Guinea Ecuatorial, convidado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e arroupado por

30


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 dous integrantes de Agareso, Rocío Cadahía e Antonio Grunfeld, que traballan e residen neste país africano. Guinea Ecuatorial está situada en África Central, ten 1.622.000 habitantes e é o único país do continente que segue tendo o español como idioma oficial. O obxectivo deste proxecto foi formar en técnicas de radio a profesionais das emisoras do país e a estudantes, xa que carecen da suficiente capacitación en cuestións técnicas. Os cursos tiveron lugar no Centro Cultural de Bata da AECID e asistiron 40 alumnos e alumnas. Entre o alumnado houbo persoas que traballan con Radio Bata e outras emisoras privadas e estudantes ou afeccionados que están interesados en recibir unha formación profesional. O alumnado interesouse en coñecer os criterios profesionais cos que se traballa na radio española e as diferentes escolas europeas, ademais por suposto de afondar nas posibilidades que ofrece a radio por Internet. O 60% do alumnado son homes e o 40% mulleres. Tendo en conta ca maioría dos profesionais das radios guineanas son homes, fíxose un esforzo importante por incorporar o maior número posible de estudantes mulleres. Aproveitando a estancia de Juan en Bata, cidade do litorial, a Radio Nacional convidouno a participar nun dos seus programas para explicar o traballo que realiza Agareso en España e os proxectos que está executando neste momento como o fortalecemento de Radio Tehuacán, en El Salvador; a formación de estudantes universitarios e comunicadores en Xornalismo Social e Cooperación, en España, ou o proxecto de reinserción social a través da radio que se executa no cárcere de A Lama, Pontevedra. Agareso espera que esta acción de Comunicación para o Desenvolvemento en Guinea Ecuatorial sexa a primeira de moitas outras neste país.

31


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

4.2.7. Obradoiros de fotografía para mozos e mozas en tutelados polo Estado en colaboración con Igaxes3

A fotografía tamén pode ser un vehículo para a inclusión social: tal é a premisa da que parte o curso fotográfico no que están a participar oito mozos e mozas sen apoio familiar grazas á colaboración entre Agareso e Igaxes3. A iniciativa está a desenvolverse dende marzo e prolongarase durante tres meses en Vigo. Para calquera adolescente, a actividade creativa pode converterse nunha forma moi eficaz de expresión e desenvolvemento persoal. Pero, cando se trata dun adolescente sen apoio familiar, esta opción pode ser decisiva para reforzar a súa autoestima, as súas habilidades persoais e os seus vínculos coa sociedade da que pronto formará parte como adulto. A iniciativa que Agareso e Igaxes3 desenvolveron en Vigo durante tres meses deste ano apunta nesta mesma dirección. Trátase dun curso de fotografía, no que participan oito mozos e mozas de entre 17 e 21 anos que se atopan na fase de saída do sistema público de protección de menores.

32


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 O obxectivo do curso é que cada participante aprenda a manexar unha cámara e a expresarse con ela, ao tempo que observa o mundo dende unha perspectiva inclusiva e solidaria. Impartido polo fotógrafo de Agareso Emerson Díaz, o curso ten un carácter esencialmente práctico. Ademais de comprender cuestións básicas relativas á natureza, tipoloxía e linguaxe fotográficas, cada un dos participantes aprende a contar a súa propia historia en imaxes.

A partir dunha idea persoal e do posterior guión, os participantes elaboran as súas propias reportaxes fotográficas. Cada tema abórdase dende un enfoque transversal: diversidade, xénero, discapacidade, etc. Deste xeito, a través do ollo da cámara, cada un dos mozos e mozas ten a oportunidade de analizar a realidade social dende a súa propia visión, personalidade e valores. O salto á vida independente O sistema de protección de menores atende cada ano a centos de nenos e adolescentes tutelados, ex tutelados ou en garda. Cando se aproximan á maioría de idade, estes mozos e mozas deben enfrontarse ao reto de acceder á vida adulta sen contaren apenas con redes de apoio.

33


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Neste proceso é imprescindible que todos eles e elas adquiran habilidades e ferramentas persoais que lles permitan desenvolverse de maneira autónoma no momento de acceder á vida independente. O Programa Mentor, que Igaxes3 desenvolve dende 2005, existe para favorecer este proceso. Financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, este programa traballa a prol da inserción sociolaboral duns 400 mozos e mozas en situación vulnerable cada ano. Comunicación e transformación social Grazas á iniciativa de Emerson Díaz e Agareso, oito mozos e mozas do Programa Mentor teñen a oportunidade de aprender a observar o mundo a través da fotografía. O curso conta tamén coa colaboración da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, que cedeu espazo e materiais na Casa da Xuventude.

4.2.9 Obradoiros de fotografía para usuarios e usuarias de EAPN Agareso colaborou este ano con EAPN-Galicia na formación dos seus usuarios en conceptos básicos de fotografía social e manexo da cámara. As clases desenvolvéronse durante o mes de abril en diferentes municipios galegos. A primeira sesión foi en Pontevedra e impartiuna o voluntario José Chazo. Seguiulle en Ourense Roberto Amado e a última foi en Vigo da man da fotógrafa Nena Díaz. O alumnado desta capacitacións son usuarios das diferentes organizacións que integran EAPN-Galicia como a Asociación Boa Vida de Pontevedra que está composta por persoas en situación de gran vulnerabilidade social ou Xuntos,

34


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 asociación de Síndrome de Down, que procura que os mozos e mozas teñan a maior autonomía posible na súa vida cotiá. O obxectivo destes cursos non só era que o alumnado aprendera conceptos básicos de fotografía, senón tamén que se decataran de como poden denunciar os problemas sociais que lles afectan a través das imaxes e que participarán no concurso fotográfico de EAPN sobre pobreza e exclusión social que busca sensibilizar á poboación sobre as consecuencias da desigualdade social.

4.2.10 Comunicación para a reinserción social no cárcere de A Lama A actuación de Agareso no Centro Penitenciario de A Lama remóntase ao ano 2008 coa iniciación dun faladoiro radiofónico conformado por catro internos, un xornalista externo e un técnico. Un ano máis tarde, decidiouse poner en marcha un obradoiro de radio no que dende entón, fórmase teóricamente aos internos para que coñezan, non só as bases da radio, senon da creación xornalística do medio e os diversos xéneros radiofónicos deste medio. De xeito, que cando teñan que participar nalgún dos programas da radio do centro ‘A Radio’ teñan os coñecementos necesarios para afrontar este reto con todas as garantías. Non obstante, a organización decidiu dar un paso máis para a formación dos internos da Lama coa posta en marcha dun obradoiro de iniciación á fotografía no que participaron un grupo de presos do módulo terapeútico. Todas estas actividades materializáronse no 2010 nun programa de comunicación integral para o desenvolvemento, ampliándose cun obradoiro de prensa, co obxectivo de mellorar a revista que viñan realizando varios internos do centro penitenciario e aproveitando así o material realizado polos alumnos do taller de fotografía. 35


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Neste 2013, o traballo do voluntariado de Agareso centrouse sobre todo nos obradoiros de radio e de fotografía. Deste xeito, todos os mércores, dous voluntarios desprazáronse ata o centro penitenciario para continuar impartindo aos internos e internas estes obradoiros, tarefa que esperamos continúe durante o 2014.

5. Traballo en Rede O traballo en Rede é fundamental para a nosa organización polo que inténtase compartir o maior número de experiencias posibles con outras organizacións ou entidades para poder entre todos compartir coñecementos e facer unha labor de sensibilización e de cooperación máis útil e eficaz. Proba delo é o gran número de iniciativas nas que participamos durante este 2013

5.1 Participación en actividades de sensibilización e difusión públicas xunto a outras organizacións Agareso participou o 23 de marzo no convivium organizado pola Asociación Cultural de Meiro no marco do XV Encontro co Millo Corvo celebrado en Bueu. Na sesión presentouse a organización, distribuíuse material divulgativo e intercambiáronse impresións con outros colectivos. Amnistía Internacional convidou a Agareso a dinamizar a charla coa colombiana Claudia García Giraldo, defensora dos dereitos humanos. A activista da Asociación de Desplazados y Desplazadas para la Convivencia Pacífica (Adescop) falou da súa experiencia o 3 de abril no Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra. Agareso participou por partida dobre no o IV Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva organizado por EAPN-Galicia o 8 de xuño en Santiago de 36


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Compostela. Dunha banda, moderando a mesa ‘Os políticos defenden os nosos dereitos?’, na que interviñeron representantes de PP, PSOE, BNG e AGE. Por outra, participando no obradoiro dinamizado por Pedro Brandariz para realizar un ‘Telediario Precario’. O voluntario Óscar Dacosta foi o encargado de gravar e montar esta peza protagonizada por persoas en risco de exclusión.

Os días 15 e 16 de novembro, Agareso estivo presente nas xornadas ‘Otra economía está en marcha’ organizadas por Economistas sin Fonteras en Madrid. A través da representante da organización na Comisión de Educación para o Desenvolvemento da Coordinadora Galega de ONGD, Agareso formou parte do equipo de voluntariado do encontro, onde se encargou de elaborar resumos dos relatorios. Persoeiros como Christian Felber, María Novo, Erik Brenes ou Daniel Vila protagonizaron as conferencias, que xiraron en torno a tres

eixos:

outra

fiscalidade,

outras

finanzas

e

outros

modelos

de

desenvolvemento. “Un investimento, non un gasto” foi o título escollido por EAPN-Galicia para o III Foro sobre Pobreza e Exclusión Social organizado en Galicia. O obxectivo deste ano foi poner no primeiro plano da axenda política e mediática e 37


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 visibiliza-la importancia que o Terceiro Sector de Acción Social e o Voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social. .O Foro, que se desenvolveu en Santiago de Compostela o 4 e 5 de outubro, participaron a Coordinadora Galega de ONGD e CERMI Galicia como organizadores e expertos de entidades sociais, colexios e asociacións profesionais, Universidade, ou de representantes da Xunta de Galicia no eido dos servizos sociais e a inclusión activa, como relatores nas mesas redondas. Agareso formou parte da xornada do venres, na que se debateron os retos que temos todos os actores implicados na loita pola inclusión social, o avance do asistencialismo ou o papel das organizacións do Terceiro Sector na prestación de servizos públicos. Lorena Seijo falou da importancia que ten a visibilización dos proxectos e dos problemas sociais para que realmente poida exercerse unha presión popular que impulse aos gobernos a levar a cabo avances sociais. A dificultade que moitas organizacións do Terceiro Sector teñen para poder comunicar as súas propostas e ter contactos cos medios de comunicación vén dada polo descoñecemento e porque moitas delas non entenden a comunicación como unha actividade profesional necesaria para poder ser recoñecemento social. Agareso tamén participou, representando á Coordinadora Galega de ONGD, o 25 de outubro no 'O papel das empresas como actor de cooperación ao desenvolvemento no sector pesqueiro. O caso de Namibia' organizado pola Fundación Cetmar na Cooperativa de Armadores de Pesca do porto de Vigo. Agareso formou parte da mesa redonda 'Novas perspectivas de colaboración público privada' a través de Lorena Seijo, técnica da organización. Nesta mesa debateuse sobre a participación que debe ter a empresa privada dentro da cooperación, os límites que se deben establecer desde as institucións públicas

38


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 para non permitir que se distorsione o concepto de cooperación e as diferentes vías de complementariedade nas que se pode traballar. A Coordinadora Galega de ONGD organizou unhas xornadas sobre os movementos sociais baixo o nome 'A resposta cidadá na defensa dos nosos dereitos' o 8 e 9 de novembro, na Facultade de Historia e Xeografía da USC. Agareso apoiou desde o inicio a organización das xornadas e participou moderando unha das mesas. As xornadas contaron coa presenza de Esther Vivas, Antón Goméz Reino (Tone), Ada Colau (por videoconferencia) e representantes de distintos colectivos e movementos sociais galegos e internacionais: Contraminacción (Rede contra a minaría salvaxe), ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), Amigos da Terra, Universidade Popular dos Movementos Sociais (Portugal), Observatorio de Multinacionais de América Latina (OMAL), Amnistía Internacional, Stop Desfiuzamentos Coruña , Foro Galego de Inmigración, Marcha Mundial das Mulleres e Fiare Galiza. Agareso participou este ano nas xornadas 'Comunicación e cooperación internacional' convidada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que se celebraron na Deputación de A Coruña o 10 de decembro, coincidindo co Día Internacional dos Dereitos Humanos. O debate das xornadas centrouse na relevancia da comunicación para construír un mundo máis xusto. Profesionais de diversos medios, como Periodismo Humano ou Praza Pública, pero tamén ONGD, académicos, políticas, fotógrafos e mesmo un xornalista caboverdiano participaron nas mesas. A voluntaria Lorena Seijo participou na mesa 'A Linguaxe, como construímos a realidade internacional. Do subdesenvolvemento ao Caso Cooperación', xunto

39


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 con Rebeca Mateos, de Periodismo Humano e Amnistía Internacional, e mais Félix Soria, primeiro correspondente de La Voz de Galicia en Bruxelas. A

vicepresidenta

da

organización,

Susana

Alvite,

interviu

na

mesa

'Experiencias de comunicación en Galicia. Hai espazo para a cooperación internacional?', na que relatou o traballo da organización nos últimos anos e a aposta

que

realizamos

por

unha

comunicación

diferente,

social

e

comprometida.

5.2 Participación en feiras solidarias Festa do Solidariedade de Vilagarcía de Arousa Un ano máis Agareso participou na Festa da Solidariedade que organiza o concello de Vilagarcía para que as organizacións non gobernamentais con presenza na comarca do Salnés poidan ter un espazo de presentación e de achegamento aos cidadáns. Nesta ocasión, Agareso tivo un stand no que amosou os seus proxectos e traballos e puido explicar máis polo miúdo aos cidadáns en que consiste o seu traballo e que de xeito poden apoialo. Aproveitando a edición do novos materiais como o audio-libro Ao Compás das Mareas e fotografías sobre o proxecto repartíronse exemplares a cambio de doazóns para poder seguir imprimindo materiais e sensibilizando a través deles.

5.3. Charlas para usuarios de a ONCE O voluntario Emerson Díaz realizou varias charlas cos estudantes que cada verán acuden a cursos no Centro Educativo da ONCE en Pontevedra para 40


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 achegalos ao mundo da fotografía. O obxectivo destes encontros era que aprenderan a aproveitar os recursos técnicos que ofrecen os equipos de fotografía dixitais para persoas con discapacidade visual e que lle perderan o medo a tomar fotografías. Ademais das charlas, realizáronse prácticas no propio centro para que as rapazas e os rapazes poideran utilizar unha cámara profesional e comprobar por eles mesmos os resultados. Estas charlas son unha continuación das xa levadas a cabo por Juan de Sola no mesmo centro, pero nas anteriores ocasións abordouse como a radio pode ser un medio de comunicación moi útil para as persoas con problemas visuais.

5.4. Cuñas de radio para a campaña da renda de EAPN Grazas á solidariedade das persoas contribuíntes que marcaron Fins Sociais na súa declaración da Renda, este 2013 case seis millóns de persoas en risco de exclusión social beneficiaranse dos programas financiados polo IRPF. Durante este ano poranse en marcha 1.103 proxectos sociais desenvolvidos por 425 ONG de Acción Social, ademais de centos de proxectos en países de África, América Latina e Asia realizados por ONG para o Desenvolvemento.

41


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector social para concienciar ás persoas contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos. No acto de presentación da Campaña X Solidario, coordinada polas principais plataformas galegas que representan ás ONGs, participaron Anxo Queiruga, Presidente

do

CERMI

(Comité

de

Representantes

de

Persoas

con

Discapacidade) Galicia, María Paz, Vicepresidenta da Coordinadora de ONGD, Carlos Rosón, Secretario da Rede contra a Pobreza, EAPN-Galicia, e dúas persoas que participan en programas financiados con cargo á asignación tributaria do IRPF. Agareso colaborou con esta campaña traducindo ao galego e locutando as cuñas de radio que animan a marcar a X Solidaria, gracias o traballo da voluntaria Susana Alvite. As cuñas emitíronse nas principais radios galegas. O ano pasado recadáronse en Galicia, a través do cadro para Fins Sociais, 14,1 millón de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran o recadro de fins sociais destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas a cantidade final ascendería a 26 millóns de euros.

5.5. Participación no Real Code Pese a reducir o seu ritmo de traballo, en 2013 continuou activa a Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code), integrada por grupos de investigación e colectivos da base social. Como membro desta rede, Agareso estivo presente no posto informativo instalado durante o XIII Congreso Internacional Ibercom ‘Comunicación, cultura e esferas de poder’,

42


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 celebrado os días 29, 30 e 31 de maio na Facultade de de Ciencias da Comunicación da USC. Representantes da organización asistiron asemade á conferencia inaugural impartida por Clemencia Rodríguez, toda unha referencia en comunicación alternativa. A continuación, participaron nunha xuntanza coa profesora colombiana, á que tiveron a oportunidade de expoñerlle o traballo de Agareso. A asociación foi convidada asemade a participar na Revista Internacional de Comunicación e Desenvolvemento (RICD), a nova publicación electrónica impulsada pola Real_Code. Do mesmo xeito, a rede presentouse no III Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ e algunhas das investigadoras que a integran participaron como relatoras.

5.6 Cursos ao alumnado universitario que integra a formación organizada por ACPP Agareso impartiu en 2013 senllas sesións sobre comunicación para o desenvolvemento nos dous cursos impartidos por ACPP a estudantado universitario, no marco do proxecto conxunto financiado pola Xunta de Galicia. En novembro desenvolveuse na Facultade de Ciencias Políticas da USC o ‘Curso de introdución á cooperación ao desenvolvemento para alumnado universitario galego’, mentres que en decembro tivo lugar o ‘Curso de educación e comunicación para o desenvolvemento’ organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. Nas sesións presentouse a organización e os seus proxectos, para afondar logo nas bases teóricas da comunicación para o desenvolvemento e analizar algúns exemplos prácticos. Tamén se revisou o Código de Conduta das ONGD, en particular todo o referido ás recomendacións sobre imaxes e

43


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 mensaxes. Por último, propúxose unha reflexión comparativa sobre distintas campañas e proxectouse o documental ‘Camiños de paz’.

5.7 Participación na CGONGD Agareso integra la Coordinadora Galega de ONGD desde o ano 2011 e participa de forma activa tanto na difusión da información e das propostas que derivan da Coordinadora, como nos cursos e actividades que organiza para dar a conocer a situación actual do sector e para procurar novas fórmulas para melloras as accións de cooperación. Desde o 2013 dous integrantes de Agareso forman parte das Comisións de Incidencia e de Educación para o Desenvolvemento por considerar que son estas dúas áreas nas que a experiencia da nosa organización pode aportar máis. Estas comisións teñen reunións periódicas para debater, propoñer e recopilar información para distribuír entre o resto das organizacións que forman parte da Coordinadora sobre temas tan diversos como as bases das

44


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 convocatorias das subvencións, as novas políticas públicas, as campañas de sensibilización pública ou as necesidades de formación específicas do sector. Ademais Agareso ten unha presenza destacada na Coordinadora porque o presidente da organización, Juan de Sola, é parte da Xunta Directiva da mesma, aportando a súa experiencia e visión sobre a comunicación ao resto de integrantes do equipo. Como xa queda reflectido en outras seccións desta memoria, Agareso ten participado en diversas actividades que organiza a CGONGD tanto como relatores, como apoio á organización e como respaldo no traballo de difusión e creación de materiais de comunicación.

5.8 Participación no I Seminario Europeo de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible A finais de setembro, Agareso participou no ‘I Seminario Europeo de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible’, enmarcado dentro do Encontro de Educación Ambiental ‘Sementando para o Cambio’e organizado pola Asociación de Desenvolvemento Sostible Sustinea. Este encontro reuniu no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense) a máis de 60 persoas (educadores/as, monitores/as, técnicos/as, expertos/as e voluntarios/as do ámbito da comunicación e da educación ambiental) provintes de distintos puntos de Europa e España. O Seminario tiña como principal obxectivo o intercambio de experiencias no campo da Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, co fin de asentar unha base sólida para futuras colaboracións entre os países implicados, iniciando aquí unha cooperación europea.

45


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

Ao longo da fin de semana combináronse exposicións, obradoiros, relatorías e debates guiados por unha persoa representante de cada colectivo. Para a nosa organización foi un encontro moi interesante e produtivo, xa que por un lado, puidemos dar a coñecer Agareso e o traballo que realizamos a asociacións de diferentes puntos de Europa, e por outro, puidemos ver como se traballa a educación para o desenvolvemento sostible a nivel europeo e a posibilidade de crear sinerxías entre nós. Agareso tamén foi o encargado de dinamizar unha charla sobre redes sociais e a sesión de cinefórum, na que se proxectaron varios documentais da nosa organización; ademais montouse a exposición fotográfica do proxecto de Ecuador nas instalacións.

5.9 Acollida de persoas sentencias a realizar servizos á comunidade No ano 2011, Agareso subscribiu un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias en virtude do cal a entidade pasaba a ser 46


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 colaborada para o cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC). Agareso continuou durante este 2013 con esta tarea, e recibiu na súa sede de Pontevedra a dúas persoas penadas. Ambas as dúas con perfís de apoio e colaboración en tarefas burocráticas e de atención ao público.

5.10 Apoio á Cooperación Galega na visibilización dos proxectos financiados en Mozambique Cooperación Galega representada por Pilar Romero e Jesús Gamallo viaxou a Mozambique do 3 ao 8 de novembro de 2013 para coñecer de primeira man os proxectos que está a financiar nese país. Con eles viaxou unha voluntaria de Agareso co obxectivo de coñecer o estado dos proxectos de fortalecemento institucional que a Xunta está financia no país subsahariano, redactar notas de prensa e contactar con ONG’s locais para ver posibilidades de cooperación. Durante a viaxe os representantes da Xunta de Galicia e a voluntaria de Agareso estiveron en Maputo (capital) e en Pemba (rexión do norte do país) onde Cooperación Galega costea proxectos de pesca e formación en acuicultura. Por motivos de axenda non se puido ir a terreo, polo que a viaxe consistiu en manter reunións formais coas administracións locais, que traballan como contrapartes dos axentes galegos. Con Agareso consensuáronse dúas notas te prensa (unha por cada área xeográfica) que se enviaron e publicaron en Galicia segundo os termos acordados. Debido ao período electoral que estaba a vivir o país durante a estancia da delegación galega en Mozambique, e o ambiente de violencia que se estaba a experimentar na zona, decidiuse acompañar soamente á Cooperación Galega 47


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 e evitar que a única persoa de Agareso que viaxaba con eles, se desprazara soa por Mozambique. O anterior dificultou a tarefa de contactar con outras organizacións e ver camiño de colaboración con elas.

6. Agareso Radio Agareso Radio nace no horizonte do ano 2010 como elemento diferenciador da ONGD. A través deste medio concrétase unha programación temática e especializada na abordaxe de diferentes ámbitos sociais, así como a execución de proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento. o do ano e novas O crecemento e a fidelidade de audiencia experimentaron unha curva ascendente durante os dous anos de vida da canle. As alianzas con institucións universitarias, sectoriais e sociais rexistraron uns notables resultados para o crecemento desta área de Agareso. Durante o 2013 debido ao enfoque que se lle dou a organización, a redución de persoal contratado e ao maior esforzo que se fixo no eido da formación, a participación do voluntariado na radio foi máis reducida. 48


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 A programación combina a multiculturalidade musical con reportaxes, programas e espazos informativos dedicados a visibilizar as diferentes realidades e contextos de manifestación da pobreza e vulneración de Dereitos Humanos. Os

programas

emítense

na

canle

de

Agareso

Radio

(http://www.agareso.org/radio) e tamén poden escoitarse sen limitacións de horario, e mesmo descargarse, no servizo de podcast habilitado na web da organización: www.agareso.org/es/reportajes/comunicacion-sen-barreiras. A través deste medio amplificamos as voces que carecen das oportunidades necesarias para desenvolverse ou se atopan en situación desfavorecida. A programación está composta integramente por contidos de temáticas sociais: VIH, Discapacidade, Exclusión, Drogodependencia, Centros Penais, Infancia, Terceira Idade, Cooperación, Solidariedade, Dereitos Humanos, Medio Ambiente, entre outros.

7. Recoñecementos Aínda que os obxectivos dos proxectos no son ser recoñecidos en ningún certame, desde Agareso promovemos a participación neste tipo de concursos como instrumento de respaldo público do traballo que se está facer e como unha forma máis de acadar a sensibilización da poboación sobre os temas de xustiza social.

Premio Estela Solidaria A comezos de xuño de 2013 celebrábase en Compostela a primeira edición do Festival de Cine y Televisión ‘Camino de Santiago’, que entre os seus galardóns contemplaba a Estela Solidaria para unha fita que avogara pola denuncia das desigualdades e a defensa dos dereitos fundamentais. O documental ‘Camiños de paz, as outras voces de Israel e Palestina’, producido 49


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 por Agareso e Asemblea de Cooperación pola Paz, recibiu o premio na gala de clausura que se celebrou o día 7. Recollérono a directora do audiovisual, Luisa Pérez Puga, e o delegado en Galicia de ACPP, Alejandro Quiñoá. O xurado valorou o retrato que se fai do conflito palestino-israelí desde unha nova perspectiva, afastada dos habituais enfoques violentos e poñendo o acento nas iniciativas pacíficas que buscan construír pontes de diálogo entre os dous pobos.

Premio Nacional de ED O IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra), resultou galardoado en 2013 co Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’ polo proxecto Escolas sen Racismo, promovido no centro por Agareso e ACPP. A Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo e o Ministerio de Educación outorgan o devandito recoñecemento, este ano na súa edición especial 25 Aniversario da Aecid. A experiencia premiada centrouse na educación en valores a través dun obradoiro de televisión, aínda que tamén se 50


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 traballou nas aulas sobre o Manifesto das Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento, e coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos, tarefa da que resultaron murais e poemas. Os galardóns entregáronse o 13 de novembro en Madrid aos quince centros gañadores, nun acto ao que acudiu profesorado do instituto, canda o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Carme Fouces. Os docentes Pedro Iturburua e Cristina Ogando participaron ademais nun seminario de intercambio e formación en boas prácticas en educación para o desenvolvemento que se desenvolveu do 6 ao 12 de novembro entre Málaga e Tánxer. O día 20, un grupo de mozas e mozos participantes no obradoiro de televisión foron recibidos polo alcalde no Concello de Pontevedra, mentres que o 2 de decembro realizouse unha presentación pública do proxecto na Casa das Campás. As iniciativas premiadas pola Aecid recompilaranse próximamente nunha publicación.

51


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013

8. Área de comunicación e información A difusión do traballo que realiza a propia organización e as ONGD do noso territorio é parte tamén dos obxectivos fundacionais de Agareso polo tanto é unha labor a que se lle outorga gran importancia. A radio, a prensa, a televisión, as redes sociais e a web son os medios empregados para chegar a poboación. Durante o 2013 na web intentouse darlle máis importancia a información sobre os proxectos e as reportaxes en profundidade que fai o voluntariado da organización. Durante o 2013 fixéronse reportaxes especiais sobre temas tan variados como as agresións a natureza, as adopcións internacionais en Etiopía, os efectos dos desfiuzamentos en Andalucía, a biodiversidade en Guinea Ecuatorial, os dereitos das persoas con enfermidades raras como a acrondoplasia ou os avances na erradicación da práctica da ablación en Guinea Bissau. Igualmente publicáronse entrevistas a persoas do eido social como Juan Álvarez, experto en tráfico de armas de Amnistía Internacional, ou Christian Conoscenti, catedrático italiano experto en prevención de desastres naturais. Entre reportaxes especiais, novas de actualidade e entrevistas fixéronse 66 actualizacións da web. Ao que hai que sumarlle todas as entradas que se foron realizando nos blogs dos distintos proxectos da organización como Ao Son do Lempa, que recolle a experiencia do proxecto de radio comunitaria de El Salvador; Escolas Sen Racismo, no que se van dando conta dos avances do alumnado do proxecto en radio e audiovisual, e o do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación internacional no que o alumnado transmiten as súas experiencias e penduran as súas prácticas xornalísticas.

52


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Por suposto, como non podía ser doutro xeito, somos moi activos nas redes sociais. No caso da plataforma de Facebook temos máis de 2000 seguidores e facemos ao redor de 3 actualizacións diarias con información dos proxectos e de iniciativas que consideramos de interese social.

9. Área de Organización 9.1 Xestión do voluntariado O voluntariado é o principal valor co que conta AGARESO. De feito, a base do traballo da organización realízase con persoal voluntario, centralizado todo desde a asociación, pero repartido nas correspondencias que a ONGD ten en Pontevedra, Ourense, Lugo, Vigo, Santiago de Compostela e Madrid, sen esquecer que a entidade conta con correspondentes no exterior, en países como Guinea Bissau, Guinea Ecuatorial, México, Argentina, Perú, Venezuela ou Ecuador. A rede de Agareso está integrada, fundamentalmente, por profesionais da comunicación, pero tamén conta con profesionais procedentes do mundo do dereito, o deseño ou a economía. Todos eles traballan de forma voluntaria e o seu único vínculo é o traballo a favor da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, buscando promover, concienciar e sensibilizar á sociedade dunha realidade próxima e a miúdo silenciada nos grandes medios de comunicación. Co fin de regularizar a situación da rede social de Agareso e de levar un rexistro máis pormenorizado dos seus integrantes, a finais do ano 2010 realizouse unha primeira ‘varrida’ sobre os/as asociados/as solicitando deles que cubriran unha ficha cos seus datos persoais e profesionais e cos intereses

53


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 que os movían a formar parte da organización, así como cos campos de acción cos que querían estar integrados. Na organización do voluntariado puido avanzarse en gran medida gracias ao proxecto de Fortalecemento aprobado pola Xunta no 2011-2012, que permitiu ter unha persoa contratada a media xornada para organizar á base social. Durante o 2013 seguiuse facendo a xestión do voluntariado pero a persoa responsable era unha voluntaria, polo que a intensidade e regularidade das accións diminuíu por razóns evidentes. Na asemblea xeral da entidade celebrada o 20 abril de 2011 aprobouse por unanimidade estipular unha diferenciación de estatus entre todos os integrantes da ONGD, facilitando que todos seguisen colaborando dentro da mesma, pero sinalando a fórmula coa que querían figurar. Así, estipulouse que existirían as categorías de colaborador, voluntario e socio e fixouse un prazo de seis meses para que os integrantes da rede naquel momento regularizasen a situación e para que os novos/as asociados/as xa entraran a formar parte da rede nunha ou outra categoría. A 30 de decembro do 2013 había na rede de Agareso 130 persoas, 6 máis que no 2012, 14 máis que no 2011 e 34 máis co 2010, o que demostra a progresión da organización. Destes 130, 42 son colaboradores, 57 voluntarios e 31 socios e socias. Para os/as socios/as estipulouse o pago dunha cota mínima de 10 euros e máxima de 40 e, a diferenza do resto dos integrantes da rede, poden formar parte da Xunta Directiva. Deben cubrir un compromiso de adhesión para o seu novo estatus. Os/as voluntarios/as non teñen asociada ningunha cota, pero os que o desexen poden asumir o custo da súa cota de seguro de voluntariado e tamén deben cubrir un compromiso de adhesión. As persoas que optan por só colaborar non fan ningún trámite a maiores de aportar á asociación os datos 54


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 que consideren oportunos. Ser voluntario/a e socio/a son dos estatus compatibles e todos teñen voz e voto na asemblea a excepción dos/as colaboradores/as, que so teñen voz. Neste momento existe unha persoa encargada da xestión do voluntariado, que fai esta tarefa de forma voluntaria pola falta de financiamento. Entre as súas tarefas están as de mellorar a coordinación dos/as voluntarios/as, dinamizar a rede de voluntarios/as e, a nivel interno, facilitar que a resposta que se lle da á rede de Agareso en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se faga con maior rapidez e cunha atención máis personalizada. As posibilidades de voluntariado que se lles ofrecen ás persoas que chegan por primeira vez á organización son as seguintes: Proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento de A Lama: Obradoiro de radio, prensa e fotografía. Seminario USC sobre Xornalismo Social e Cooperación Organización de exposicións fotográficas e proxeccións de documentais vencellados aos proxectos (xestión e espazos) Captación de recursos gráficos (audiovisual e fotografía) para apoiar o traballo doutras ONG galegas Realización de documentais. Guión, gravación, edición e montaxe. Alimentación da web con contidos de calidade (reportaxes, entrevistas e/ou artigos de opinión). Proxecto AGARESO Radio. Elaboración de programas de radio sobre cuestións sociais e/ou locución de textos xa elaborados Publicación no medio para o que traballen de temas sociais promovidos pola organización 55


[MEMORIA AGARESO] 30 de decembro de 2013 Realización de cursos específicos para outros voluntarios da organización. Banco de formación Elaboración de notas de prensa Deseño de materiais Visita a proxectos doutras ONGD no estranxeiro para a elaboración de documentais, reportaxes e fotografías que sirvan para as campañas de visibilización en Galicia. Cos novos e novas voluntario/as séguese un protocolo de recibimento para que saiban a quen teñen que dirixirse, en que poden axudar e envíanselles boletíns informativos periodicamente para mantelos ao tanto. En todos os proxectos levados acabo pola organización participan voluntarios e voluntarias, incluso nos que teñen un técnico contratado, pois a base de Agareso é a participación do voluntariado, base social que fai subsistir á organización a pesar dos recortes orzamentarios. Presentación on line sobre o voluntariado da organización: http://prezi.com/l8haex0azqim/present/?auth_key=5apc6si&follow=synoju6ftbt9 &kw=present-l8haex0azqim&rc=ref-32069147

56

Profile for agareso

Memoria agareso 2013  

Memoria de actividades da ONG Agareso na que se resumen as accións e proxectos levados a cabo no 2012

Memoria agareso 2013  

Memoria de actividades da ONG Agareso na que se resumen as accións e proxectos levados a cabo no 2012

Profile for agareso
Advertisement

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded