Memoria agareso 2010

Page 1

Memoria Agareso 2010


S umario 03.- EDITORIAL

04.- ÓRGANOS DE GOBERNO E XESTIÓN

05.- PRESENTACIÓN E PLANTEXAMENTO 06.- ÁREA DE PROXECTOS

1)- VISIBILIZACIÓN E SENSIBILIZACIÓN EN GALICIA

--- Visibilización de actividades relacionadas co Ano Xacobeo como medio para a sensibilización social sobre problemas como a pobreza, a exclusión social ou a discapacidade. --- Implicación no Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza. --- Visibilización do proxecto de Teatro Social: TeatrAcción. --- Visibilización dos proxectos de AGARESO en Ecuador, o Sáhara e o Golfo de Fonseca por diversas localidades galegas.

2)- VISIBILIZACIÓN E SENSIBILIZACIÓN NO EXTERIOR

-----------

CENTROAMÉRICA: Pesca artesanal. MARROCOS: Perfís do Estreito. NICARAGUA: Brigada Sanitaria. PALESTINA E ISRAEL: Camiños de Paz. CABO VERDE: Illas de Cooperación.

3)- COMUNICACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

--- AGARESO Radio. Recoñecemento como emisora asocida á ONU, evolución. --- Implementación do programa de Comunicación Integral para o Desenvolvemento no Centro Penitenciario da Lama. --- Tertulias con colectivos desfavorecidos como as persoas discapacitadas, a través de Cogami.

4)- EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

--- Charlas en centros educativos sobre o programa “Vacacións en Paz”. --- Charlas en centros educativos sobre discapacidade e o fenómeno migratorio.

29.- ÁREA DE ORGANIZACIÓN

--- III Convención Anual de AGARESO en Pontevedra. --- Xeración de alianzas. --- Finanzas Agareso 2010.

39.- ÁREA DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN 42.- ÁREA DE FORMACIÓN

--- I Curso de Comunicación e Cooperación en As Corcerizas.

1)- PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DO MUNDO ACADÉMICO ---------

Xornadas É a pobreza noticia? e decálogos. Charlas na Facultade de Ciencias da Comunicación sobre Narcotráfico. “Encuentro internacional de experiencias de comunicación en Córdoba”. “VI Foro da Cidadanía e da Comunicación da USC”.


Editorial

O patrimonio do voluntariado A capacidade de crecemento da ONG de Reporteiros Solidarios rexistrou uns envexables niveis que só un voluntariado comprometido, entregado e ambicioso nas accións é capaz de alcanzar. Cada un dos proxectos executados polos membros de Agareso, en diversos ámbitos de actuación, non se traducen en intervencións puntuais. Todo o contrario. Por norma, recorrer a criterios impulsivos e illados acaba converténdose nun nocivo xeito de actuar para os beneficiarios que constrúen unha expectativa de futuro inexistente. O sacrificio, mancomunado co esforzo, conquistou novos escenarios de traballo para a comunicación comprometida. A Acción Social, a Cooperación e a Comunicación para ao Desenvolvemento foron o sustento da existencia capital dunha organización sectorial no universo solidario galego e español. Durante o ano 2010, a calidade do voluntariado non deixou de crecer e mellorar nos obxectivos asumidos. Desde a formación á participación activa; un continuo e obrigado percorrido para obter resultados de certa relevancia colectiva. Froito desta aposta emerxen proxectos diferenciadores como é o caso de Agareso Radio. Un equipo de voluntarios situou na rede unha canle dedicada exclusivamente á información social, recoñecido e integrado no concerto internacional de emisoras de Nacións Unidas (ONU). Todo un esforzo que se traduciu nunha inmediata resposta de oíntes cun notable seguimento da programación 24 horas e o servizo podcast. Esta ferramenta marcou un punto de inflexión facultando de carácter propio á ONGD en centros de diversa tipoloxía: Penais, discapacidade, inclusión ou educativos. Proxectos que trazaron un equilibrado rumbo de traballo tanto nos ámbitos locais como internacionais. Con todo, as misións de visibilización de proxectos solidarios, emprendidos polo Terceiro Sector en distintas disciplinas, continuaron o seu proceso de consolidación. Os reporteiros/as acompañaron o Camiño contra Pobreza, aproveitando o Ano Xacobeo, ou diversas incursións en escenarios onde a cooperación máis solidaria estivo e está presente en forma de proxectos. Cronoloxicamente, foron retratadas con enorme precisión realidades do sector pesqueiro en Centroamérica; a Inmigración e os Dereitos Humanos no Magreb, o intento de pacificación no conflito de Palestina e Israel; as brigadas sanitarias galegas en Nicaragua ou os efectos do apoio institucional no desenvolvemento de comunidades pesqueiras, enerxías renovables ou a calidade do saneamento en Cabo Verde. Un sintético resumo de accións concentrado nun ano de esmerada dedicación con vocación de continuidade. Uns adecuados antecedentes que xeran novas pretensións para o ano 2011 como a decidida aposta por introducir en todo proxecto social o concepto de Comunicación para o Desenvolvemento ou provocar unha estrea na Cooperación con programas de fortalecemento tecnolóxico e formativo, destinado aos principais actores da comunicación local, en diversos contextos pendentes dunha evolución en positivo. Unha declaración de intencións e obxectivos que manteñen unha privilexiada interdependencia co mellor patrimonio: O voluntariado.


Órganos de goberno e xestión Os órganos de goberno e administración de AGARESO son: a Asamblea Xeral e a Xunta Directiva.

A Asamblea Xeral e o órgano supremo de AGARESO, composta por tódolos

membros. A Asamblea reúnese unha vez o ano para decidir o orzamento e as liñas de traballo xerais.

A Xunta Directiva está composta pola Presidencia, a Vicepresidencia, a Secretaría, a Tesorería e seis Vocalías.

Os cargos da Xunta Directiva son elixidos nominalmente pola Asamblea Xeral de entre os seus membros e o seu mandato ten unha duración de catro anos.

A actual Xunta Directiva, elixida en Asamblea Xeral celebrada o 24 de marzo de 2010, está composta por:

Presidente: JUAN CARLOS DE SOLA VOLLBRECHT. Vicepresidenta: NATALIA PUGA LÓPEZ

Secretario: ALEJANDRO ESPIÑO REBOREDO Tesoreiro: ROBERTO BAQUERO PÉREZ Vocal: ROI PALMÁS CORA

Vocal: ESTRELLA LÓPEZ MARTÍNEZ Vocal: MARÍA BLANCO LORA

Vocal: LORETO COSTA DEL RIO

Vocal: ANTONIO ÁLVAREZ VIDAL

Vocal: CARLOS FARIÑA GONZALEZ


Presentación e plantexamento estratéxico urante o ano 2010, as actividades da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

D

(Agareso) centráronse en tres programas: - Servir de amplificador social ao traballo que en materia de cooperación e desenvolve-

mento levan realizado dende hai anos diversas entidades do ámbito social tanto en Galicia coma en países do Sur e xerar vínculos e alianzas con outras organizacións de similares características co obxectivo de crear reciprocidade á hora de deseñar novos proxectos, compartir experiencias e xuntar esforzos. - Facer uso de plans e programas de comunicación para o desenvolvemento coa finalidade de achegar coñecemento e habilidades na transmisión correcta de información en sociedades e comunidades desfavorecidas, tanto no Norte coma no Sur. - A consolidación dunha rede sólida, comprometida e plural no sector xornalístico e da comunicación e a educación, formación e reciclaxe dos profesionais no tratamento e elaboración de informacións de carácter social.

Para facer posible a materialización destes programas, tal e como consta nos principios fundacionais de AGARESO e xa aconteceu dende a súa constitución en 2008, en 2010 a base do traballo de AGARESO realizouse con persoal voluntario, tendo 31 de decembro de 2010 unha rede de 95 voluntarios entre as súas correspondencias en Galicia e a súa delegación en Madrid. En concreto, a entidade ten correspondencias en: A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, ou Salnés e Pontevedra. En cada unha destas delegacións, a rede de voluntarios de AGARESO está integrada, fundamentalmente, por profesionais da comunicación, pero tamén conta con profesionais procedentes do mundo do dereito, o deseño ou a economía. Atendendo ao importante valor que ten o traballo voluntario en AGARESO, unha das persoas contratadas ten como labores a relación cos voluntarios para, a nivel interno, facilitar que a resposta dada en todas as súas necesidades, suxestións e consultas se realizase con maior rapidez e cunha atención máis personalizada. Entre setembro e decembro de 2010, AGARESO contou con dúas persoas contratadas con cargo a un Proxecto de Fortalecemento da ONGD e de Amigos da Terra e en novembro e decembro cun terceiro contrato financiado pola Xunta de Galicia orientado á implementación do Programa Integral de Comunicación para o Desenvolvemento que a organización ten en marcha no centro penitenciario da Lama (Pontevedra).


Área de Proxectos

Durante o 2010 o principal traballo de AGARESO centrouse na posta en marcha e desenvolvemento de AGARESO Radio, unha canle de radio a través de Internet que emite as 24 horas do día e no mes de marzo recibiu o recoñecemento como integrante na rede de radio de Nacións Unidas. A través desta emisora emitíronse en tres meses máis de 900 horas de contido social que chegaron a unha audiencia de case 32.000 oíntes. Ademais, continuou co desenvolvemento da súa páxina web, adaptándoa á tecnoloxía e as posibilidades de interacción 2.0. Neste sitio web deuse espazo para a difusión de arredor 1500 entrevistas e reportaxes, así como a publicación de máis de 20 series de fotografía de temática social. Así mesmo, a través da web deuse difusión a campañas e actividades realizadas por ONG e outras institucións sociais. En Galicia implicouse en tres proxectos de visibilización e sensibilización en materia de cooperación e solidariedade e na implementación de proxectos de comunicación e educación para o desenvolvemento, destacando especialmente o traballo con dous colectivos desfavorecidos como as persoas con minusvalidez e a poboación reclusa a través de proxectos de comunicación para o desenvolvemento e a divulgación entre a poboación escolar de diferentes situacións de pobreza e exclusión social. En países do Sur, no 2010 AGARESO executou cinco proxectos de sensibilización e visibilización sobre desigualdades sociais en Marrocos, Nicaragua, Cabo Verde, Palestina e Israel, Honduras, El Salvador e Guatemala.


Visibilización e sensibilización en Galicia Durante o ano 2010, AGARESO prestou especial atención á posta en marcha de proxectos de

visibilización e sensibilización propios en Galicia co fin de mellorar a concienciación da sociedade galega en situacións de exclusión social como as persoas con minusvalidez ou transmitir a importancia das achegas da cooperación galega ao desenvolvemento de comunidades do Sur.

Nesta liña de traballo, puxo en marcha tres

accións de visiblización diferenciadas que tiveron

difusión tanto na páxina web, a canle de raio ou a canle de televisión de AGARESO coma a través

da súa divulgación en medios de comunicación alleos á organización:

- Visibilización de actividades relacionadas co Ano Xacobeo como medio para a sensibilización

social sobre problemas como a pobreza, a exclusión social de determinados colectivos ou a

minusvalidez: Camiño de Santiago coas aso-

ciacións Aspace, Xoán XXIII, Salva ou Tren ou a Fundación También. -

Implicación no Camiño polo Pacto Galego

contra a Pobreza organizado pola Coordinadora

Galega de ONGD. Camiño polo Pacto Galego contra Pobreza.

-

Visibilización do proxecto do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Escola

-

Visibilización dos proxectos de AGARESO en Ecuador, o Sahara e o Golfo de Fonseca por

Superior de Arte Dramático TeatrAcción. diversas localidades galegas.


1.Visibilización de actividades relacionadas co Ano Xacobeo como medio para a sensibilización social sobre diversos problemas

Camiño de Santiago: unha vía de denuncia e un xeito de amosar capacidades

Con motivo da celebración do Ano Xacobeo 2010, AGARESO puxo en marcha unha serie de proxectos de visibilización de actividades relacionadas coa peregrinación a Santiago de Compostela como medio para a sensibilización social sobre problemas como a pobreza, a exclusión social de determinados colectivos ou a discapacidade. No marco deste proxecto conxunto, voluntarios da organización acompañaron ao longo do Camiño de Santiago a integrantes das asociacións Aspace e Xoán XXIII, da plataforma Salva o Tren e da Fundación También para documentar o xeito no que afrontaron o reto de acadar o xubileo e, ao mesmo tempo, as situación de desigualdade que estas entidades pretendían poñer en coñecemento da sociedade a través destas actividades. Froito destes traballos, os voluntarios de AGARESO elaboraron os seguintes proxectos: - 'Camiños de Superación'. O Camiño de Santiago como marco. O ocio en común, o coñecemento mutuo e a formación de lazos de unión como contidos. Reporteiros de AGARESO acompañaron a quince persoas con discapacidade intelectual da asociación Xoán XXIII de Pontevedra nas tres etapas do Camiño Portugués que compartiron con monitores, veciños, políticos e xornalistas, todos eles integrantes de distintos colectivos sociais. O proxecto, que se desenvolveu a finais de abril entre a cidade do Lérez e Santiago, asentou bases para a normalización da relación das persoas con discapacidade intelectual co conxunto da sociedade. Contribuiu ademais a chamar a atención sobre o feito de que as persoas con discapacidade son persoas, con limitacións, si, pero tamén con capacidades, intereses e actividades. - 'Incontestable prueba de la autosuperación' é un documento audiovisual creado a partir das imaxes tomadas polos reporteiros de AGARESO nunha singular peregrinación, tramo a tramo, do


Camiño a Compostela cos usarios da Federación Aspace - Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral). Os peregrinos non des perdiciaron a oportunidade de amosar diferentes capacidades como fórmula básica para acadar obxectivos persoais e sociais. Durante a última semana do mes de setembro de 2010, un amplo equipo de persoas comprometidas pisaron as empedradas rúas de Santiago como incontestable proba da autosuperación. - 'Corenta quilómetros en busca da igualdade de oportunidades'. Reporteiros de AGARESO fixeron o último tramo do Camiño de Santiago con 89 persoas con algunha discapacidade física, psíquica e sensorial da Fundación También que peregrinaron en bicicletas adaptadas na súa loita “para que as persoas con diversidade funcional teñan as mesmas oportunidades que os demais”. O camiño destes particulares peregrinos comezou o sábado 9 de outubro en Fontelas, a 40 quilómetros de Santiago de Compostela, e terminou o luns 11 coa chegada á Praza do Obradoiro a bordo de bicicletas adaptadas e arroupados por un nutrido grupo de voluntarios de Solidarios Orange e a Fundación También, que traballa desde o ano 2001 na integración social das persoas con discapacidade a través do deporte adaptado. - Camiño en defensa do tren de cercanías. Reporteiros de AGARESO acompañaron á Plataforma Salva o Tren na peregrinaxe reivindicativa que realizaron, en colaboración coa Plataforma Cidadá de Redondela, entre os días 22 e 24 de outubro entre Redondela (Pontevedra) e Santiago de Compostela (A Coruña) en defensa do tren de cercanías e dun transporte público de calidade que ofreza un servizo social que permita comunicar ao cidadán e cubrir a súas necesidades básicas de comunicación. A peregrinaxe foi unha Marcha pola Defensa do Territorio e a Mobilidade Sustentable_ e dividiuse en tres etapas de 30 quilómetros cada unha.


Proxectos Agareso 2010

2.Implicación no Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza

Do 11 ao 16 de outubro realizouse en Galicia o “Camiño Polo Pacto Galego contra a pobreza”, posto en marcha pola Coordinadora Galega de ONGD para visibilizar a importancia dun compromiso, o Pacto Galego contra a Pobreza, polo que a Coordinadora leva traballando os últimos anos. Tras moitas negociacións, as ONG galegas lograron finalmente que o 16 de outubro os tres grupos políticos con representación parlamentaria se comprometeran a firmar o documento. Para visibilizar este particular camiño e a posterior sinatura do Pacto, dende AGARESO decidimos poñer en marcha un blog na nosa páxina web. Os fotógrafos Pedro Agrelo, Chus Álvarez e Óscar Dacosta; os redactores Gonzalo Brocos, Xurxo Salgado, Carmen Novas e o cámara Jorge Vidal, todos eles voluntarios de AGARESO, acompañaron ás numerosas persoas que decidiron unirse ao Camiño Polo Pacto durante as seis xornadas de peregrinaxe ata Compostela, plasmando no blog (a través de vídeos, fotografías, entrevistas e reportaxes) as súas experiencias, sensacións, motivacións e logros no obxectivo común de lograr un Pacto Galego contra a Pobreza. Por outra banda, AGARESO tamén colaborou activamente no deseño dos materiais empregados no camiño, elaborando ademais o logotipo da campaña.


Proxectos Agareso 2010

3. Visibilización do proxecto do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Escola Superior de Arte Dramático

Teatro social: TeatrAcción

Froito da colaboración establecida xa no ano 2008 co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre outubro e decembro de 2008 catro reporteiros de AGARESO implicáronse na visibilización do proxecto TeatrAcción, que esta entidade desenvolveu por segundo ano consecutivo en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramático (ESAD) en Vigo. As redactoras Carmen Novas e Saraih Lago, o fotógrafo Marcos Canosa e o operador de cámara Xacobe González acompañaron aos particiantes deste programa durante varias sesión de traballo e recolleron material que foi reflexado a través de reportaxes na páxina web de AGARESO e que formará parte dun documental que verá a luz en 2011 despois de recoller máis momentos do proxecto na súa terceira edición. O programa TeatrAcción é unha aposta polo artista comprometido, unha ferramenta para que calquera colectivo poida expresar a súa propia visión do mundo. Para logralo, os seus promotores e participantes enredan a interpretación coa realidade cotiá e camiñan pola senda solidaria do teatro social. O programa, que no 2010 acadou a súa segunda edición, enmárcase no Seminario Permanente 'Teatro social para a cooperación e o desenvolvemento no século XXI', que impulsa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa propia ESAD. Neste marco, vén de pórse en marcha a segunda edición do programa TeatrAcción, dividido en dúas fases que un equipo de Agareso está a documentar: en 2010 impártese o curso formativo e xéstase o espectáculo de sensibilización que no ano 2011 xirará por toda Galicia.


Proxectos Agareso 2010

4. Visibilización dos proxectos de AGARESO en Ecuador, o Sáhara e o Golfo de Fonseca por diversas localidades galegas

Un dos obxectivos de 2010 foi a continuación do traballo de visibilización dos proxectos xa realizados en 2008 e 2009 e que ou ben aínda non se estrenaran (Ecuador) ou so o fixeran dun xeito incipiente en 2009. É o caso dos proxectos que AGARESO realizou no Sáhara en 2008 e en Ecuador e o Golfo de Fonseca en 2009. Durante o ano 2010 continuou a tarefa de difusión da exposición e do documental 'Vacacións en Paz: Sáhara-Sanxenxo', realizados por reporteiros de AGARESO nos campos de refuxiados saharauis en Arxelia no ano 2008 en colaboración co Concello de Sanxenxo e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para facer chegar á cidadanía o contraste entre a vida dos nenos que cada verán aterran en Galicia procedentes dos campamentos do deserto e o seu regreso aos seus fogares despois de dous meses de vacacións. Durante o ano 2010, tanto a exposición de 20 imaxes en branco e negro e cor coma a a montaxe audiovisual e o documental realizados no marco deste proxecto seguiron o percorrido que xa comezaran en 2009 por distintas vilas galegas. Neste ano achegouse ata Marín, Bueu ou Boiro. No caso do proxecto 'Golfo de Fonseca: a Loita por un futuro sostible', que xira entorno ás iniciativas de pesca artesanal sostible que Amigos da Terra desenvolve no Golfo de Fonseca, ademais do blog, elaborado durante a visita aos proxectos da asociación ecoloxista en setembro de 2009,


Proxectos Agareso 2010 realizouse unha montaxe audiovisual, un documental e unha exposición fotográfica, composta por 30 instantáneas, nos que se reflíctense os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro. Durante o 2010 estes materiais empezáronse a mover por toda Galicia e estiveron presentes nas catro provincias galegas: Casa da Xuventude de Ourense, Castelo de Maceda (Ourense), Biblioteca Municipal de Pontevedra, Ateneo de Ferrol, Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, Centro Cívico Casco Vello de Vigo, Escola de Imaxe e Son de Lugo. No caso do proxecto 'Pequenas doses de supervivencia. Os rostros do comercio xusto ecuatoriano', a súa visibilización comezou en novembro de 2010, de aí que só se movera por tres vilas galegas: Pontevedra, Bueu e Ourense. No marco deste proxecto elaborouse unha exposición con 30 fotografías en branco e negro e cor e un documental que testemuñan o cambio iniciado nas comunidades agrícolas do Ecuador grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional. Como exemplo, amósase o resultado da colaboración entre a ONGD galega Amarante e a Fundación Maquita, organización ecuatoriana de referencia no sector primario. O traballo conxunto conlevou unha mellora das condicións de vida nas capas mais baixas da sociedade, un avance na igualdade de oportunidades e un paso adiante cara a equidade de xénero. Nos tres casos, aproveitando a presentación da exposición, fixéronse charlas de sensibilización, onde os membros de cada un dos equipos contaron as súas vivencias e experiencias en terreo e os logros alcanzados cos proxectos de cooperación que desenvolve a cooperación galega e, en concreto, as ONGD Amarante Setem, Amigos da Terra e Solidariedade Galega co Pobo Saharahui.


Proxectos Agareso 2010

Visibilización e sensibilización no exterior

Durante o ano 2010, AGARESO realizou os seguintes traballos de visibilización da cooperación para o desenvolvemento en países do Sur:

1.- Visibilización do traballo do grupo de avaliación

da empresa contratada pola Xunta de Galicia para analizar os resultados dos proxectos financiados por Cooperación Galega en todo Centroamérica e, en especial, en

Honduras, Nicaragua, El Salvador e Guatemala en xuño de

2010. Deste proxecto realizouse un blog de viaxe e está en fase de execución un docuemental.

2.- Proxecto de visibilización 'Perfís do Estreito' no norte

de Marrocos en agosto de 2010, do que se realizou un blog de viaxe e se xerou material audiovisual de sensibilización. Este proxecto foi a antesala do I Seminario de Periodismo

Social e Cooperación Internacional que AGARESO poñerá en

marcha na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2011.

3.- Proxecto de Educación para o Desenvolvemento 'Outras voces de Israel e

Palestina' realizado en colaboración coa ONGD ACPP e

que ten como resultado un blog de viaxe, unha exposición divulgativa e un documental (os dous últimos en fase de

execución a 31 de decembro). Como complemento desta iniciativa, executouse un Proxecto de Educación para o

Desenvolvemento sobre a minusvalidez en Palestina en outubro de 2010, do que se realizou un documental.

4.- Proxecto de visibilización 'Brigada Sanitaria en

Nicaragua' en novembro do ano 2010, do que está en fase de realización un documental e xa se realizou un blog de viaxe.

5.- Visibilización dos

proxectos executados no arquipélago africano de

Cabo Verde por Cooperación Galega en decembro

de 2010, do que se realizou un blog de viaxe.


Proxectos Agareso 2010

CENTROAMÉRICA: Pesca Artesanal

Un equipo de catro xornalistas de Agareso desprazouse a Centroamérica en xuño de 2010 para elaborar material sobre os apoios da Cooperación Galega á pesca artesanal sostible na rexión. A expedición percorreu durante tres semanas distintos puntos das costas de Nicaragua, El Salvador, Honduras e Guatemala, entrevistándose con pescadores, colectivos sociais, ONGs e institucións. Os proxectos obxecto de seguemento polo equipo de Agareso centrábanse na formación e organización de pescadores, na mellora do manexo e comercialización do peixe e na promoción de prácticas sostibles de captura. Como escenarios principais, a cobertura xornalística dirixiuse aos proxectos de Amigos da Terra na illa de Ometepe (Nicaragua) e na illa de Amapala (Honduras); aos da Asemblea de Cooperación pola Paz no Baixo Lempa (O Salvador) e a distintos puntos costeiros, como El Cuco (El Salvador), beneficiados polo Programa de Formación da Pesca Artesanal en Centroamérica (Profopac), implementado pola Xunta en colaboración coas institucións americanas. De forma paralela, Agareso cubriu tamén a visita dun evaluador independente contratado pola Xunta para controlar a marcha dos proxectos de cooperación coa pesca artesanal. Conformaron o equipo de Agareso Xurxo Salgado, Gonzalo Brocos (xornalistas), Marcos Canosa (fotógrafo) e Suso Lago (operador de cámara). Durante a estancia sobre o terreo, os resultados máis inmediatos do traballo xornalístico puideron seguirse a través dun blog multimedia. Nos próximos meses, a visibilización en Galicia do material gráfico elaborado (fotografía e un documental en fase de edición) dará continuidade ao traballo inicial.


Proxectos Agareso 2010

MARROCOS: Perfís do Estreito

O pasado mes de agosto, un equipo de AGARESO viaxou á ruidosa, febril e sonámbula cidade de Tánxer co obxectivo de visibilizar o traballo de persoas e institucións comprometidas co desenvolvemento dunha terra marcada a lume pola súa condición de fronteira entre dous mundos, polo feito de ser unha das costas dese estreito que separa o planeta en dous. Durante dez días, os xornalistas Juan de Sola e Rocío Cadahía, e o realizador Antonio Grunfeld, percorreron baixo o amparo de Boubkher El Khamlichi, defensor incansable dos dereitos humanos e toda unha institución no mundo da cooperación en Marrocos, diversos proxectos vinculados coa inmigración, a muller, os dereitos humanos, a educación e a infancia no norte de África. Froito deste percorrido fóronse cruzando no camiño do equipo de AGARESO as historias de entidades e persoas implicadas ao 100% en mellorar as condicións de vida dos máis vulnerables. Estas historias conforman os "perfís do estreito" unha armazón de retratos sociais que os reporteiros desprazados a Tánxer foron incorporando diariamente a un blog creado baixo o mesmo nome. O equipo comezou a súa andaina en territorio marroquí rememorando unha anterior expedición de AGARESO a Tánxer anos atrás que foi o xerme do que hoxe é a asociación. 100% MAMANS volveu abrir as súas portas a un equipo de reporteiros solidarios para mostrar con orgullo os moitos avances conseguidos nestes últimos anos. Esta pequena ONG que non para de crecer, brinda apoio a mulleres solteiras embarazadas en risco de exclusión, un colectivo a miúdo marxinado e obviado polo goberno marroquí. Da man da Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP), o equipo coñeceu o programa de información e sensibilización que esta ONG Española leva a cabo en colaboración coa súa contraparte (Ahlam) en todo o norte de Marrocos con obxectivo de prever a emigración ilegal a Europa entre os mozos marroquís. En ATAWASSOUL, outra organización amiga de AGARESO, os xornalistas foron de novo testemuñas do programa de alfabetización e apoio para mulleres traballadoras que a entidade desenvolve dende hai anos. Con AREJ, Association Les Rêves D ´Enfance Et Des Jeunes, os tres integrantes de AGARESO coñeceron a realidade dunha das zonas máis empobrecidas da cidade de Tánxer, así como o intenso labor educativo e de apoio á infancia que dende hai máis de catro anos vén desenvol-


Proxectos Agareso 2010 vendo esta ONG. Cun financiamento moi limitado e o incondicional apoio de varios voluntarios, AREJ incide co seu traballo diario na mellora das condicións de vida dos máis de 320 nenos do barrio que xogan, aprenden e crecen nas súas aulas. Grazas ao labor de intermediación da Rede de Asociacións do Norte de Marrocos para a Solidariedade e o Desenvolvemento (REDE CHÁBAKA) os reporteiros de AGARESO encontráronse de fronte coa cara máis dura da inmigración. Acompañados por Boubkher El Khamlichi, o equipo conseguiu internarse no poboado de Haouama Chouk, unha zona marxinal dos arredores de Tánxer onde sobreviven amoreados centos de inmigrantes subsaharianos á espera de cruzar o estreito cara a Europa. Os voluntarios da Rede Chabaka visitan o poboado con frecuencia e desenvolven alí os labores que ao goberno lle escapan: asistencia, educación e apoio a unha poboación totalmente indefensa. Perseguidos pola policía e condenados á invisibilidade dos "sen papeis", só teñen dúas vías posibles para sobrevivir; a mendicidade ou a pateira.

O caso de Jorge e Juan

O "Estreito" foi tamén o desencadeante da historia de Jorge e Juan, dous cidadáns españois retidos polas autoridades marroquís, un caso que foi seguido moi de preto polo equipo de AGARESO e atraeu o interese da opinión pública española a ONGD. Jorge Cano e Juan José Ramírez foron detidos na costa de Tánxer e falsamente acusados de narcotráfico sen ningunha proba que os incriminase. Dúas vidas truncadas pola mala sorte que fixo que a pequena embarcación coa que se botaron ao mar nunha soleada mañá de xuño se perdese no estreito, e chegase á deriva á costa inadecuada. Dende entón, decisións xudiciais sen pés nin cabeza, meses de apelacións, xuízos, mobilizacións sociais, e frustración, sobretodo frustración. Esta clara vulneración dos dereitos humanos que viviron Jorge e Juan, marcou a expedición dos reporteiros agaresianos que se embarcaron dende o primeiro día na tarefa de dar a coñecer o seu caso en España. Hoxe Jorge e Juan volveron á casa. O seu periplo rematou. Pero o sabor do seu regreso é agridoce e só un exemplo máis dunha idea que sobrevoou toda a expedición de AGARESO en Tánxer: En Marrocos, para moitos, a xustiza resulta un ben de natureza pouco máis que inalcanzable.


Proxectos Agareso 2010

NICARAGUA: Brigada sanitaria

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) acompañou durante quince días ó persoal sanitario da Brigada Médica de Solidariedade Galega que se desprazou a distintas poboacións rurais (Wiwilí, Quilalí e Murra), do Departamento de Nueva Segovia, en Nicaragua, así como á cidade de Ocotal. O obxectivo desta brigada médica era mellorar a calidade asistencial sanitaria nas comunidades máis necesitadas e proporcionarlles atención cirúrxica especializada programada, así como a formación de persoal sanitario da zona para que poidan continuar o traballo desenvolvido por Solidariedade Galega en anos posteriores. Ademais tamén se realizou unha doazón de material funxible e de medicamentos nos postos e centros de saúde visitados. Un equipo de AGARESO, formado por un cámara e unha xornalista, acompañaron ao persoal médico en todo momento co fin de gravar imaxes para realizar unha reportaxe audiovisual na que se visibilice o traballo levado a cabo en Nicaragua, así como a publicación dun blog na páxina web da ONGD. As 15 persoas que compuxeron o equipo sanitario estaba formado por persoal do CHUAC, centros de saúde primaria e especializada da Coruña e Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo. A súa principal función consistiu en realizar actividades de asistencia sanitaria especializada, de balde, promoción da saúde e prevención da enfermidade no campo da Odontoloxía, Ginecoloxía y Oftalmoloxía á poboación máis desfavorecida social e económicamente destes municipios, así como asistencia cirúrxica directa no hospital “Alfonso Moncada Guillén” de Ocotal (Nueva Segovia). Prestouse especial atención aos escolares e ás mulleres, por ser colectivos especialmente vulnerables, tanto na área rural coma na urbana. A valoración deste proxecto é moi positiva xa que se contribuiu á mellora das condicións de vida da poboación local, beneficiando directamente a arredor de 3.000 persoas. O labor tanto de Solidariedade Galega como de Agareso fíxose en colaboración ca contraparte local FUNDEMUNI (Fundación para a promoción e o desenvolvemento das mulleres e a infancia), o MINSA (Ministerio de Saúde en Nicaragua) e dirixentes do SILAIS (Sistemas Locais de Atención Integral en Saúde).


Proxectos Agareso 2010

PALESTINA E ISRAEL: Camiños de Paz

No mes de outubro de 2010, un equipo de Agareso viaxou ao Territorio Palestino para dar a coñecer o traballo que Asamblea de Cooperación pola Paz e outras organizacións non gubernamentais realizan sobre o terreo para promover o entendemento entre árabes e israelíes e para buscar unha saída non violenta a unha situación de enfrontamento que se prolonga dende hai décadas. A expedición, integrada por un operador de cámara, un fotógrafo e dúas redactoras, estableceu a súa base de operacións na cidade de Ramallah, dende a que realizou boa parte do labor de produción do documental que visibilizará Camiños de Paz, un proxecto que dará a coñecer o traballo que israelíes e palestinos realizan en favor da paz. Centos de persoas adican toda a súa vida a unha tarefa que apenas se coñece e que se ve ensombrecida polo confrontamento entre dous pobos. Na súa estadía nesta zona de Oriente Medio, os voluntarios entraron en contacto con pais que perderon os seus fillos en accións armadas e que, lonxe de buscar vinganza, fomentan o diálogo (Parent's circle); con israelíes que loitan contra o derrubo de casas de árabes por parte do goberno xudeu (ICAD); con persoal de organizacións que desempeñan tarefas de asistencia sanitaria e axuda social (Media Lúa Vermella); e con radios que promulgan o entendemento (All for peace). Todas estas ONG son contrapartes da Asamblea de Cooperación pola Paz (ACPP), que mobilizou os seus cooperantes dos Territorios Palestinos e organizou os seus recursos para aproveitar o desprazamento dos xornalistas e chegar a tódalas cidades de interese para visibilizar as voces que apostan pola palabra e non polas armas para buscar unha saída ao conflito. Para estes traballos, ademais de Ramallah, a expedición visitou Hebrón, Jerusalén, Gaza (Kan Younis), Jenín e outras localidades, aos que se desprazou na compaña de cooperantes de Asamblea de Cooperación pola Paz. O traballo está en fase de execución. Abarca a redacción dun blog (agaresocaminosdepaz.blogspot.com), e dun documental (en fase de elaboración) que recollerá as tarefas que realizan as citadas (e outras) ONG para acadar a paz.


Proxectos Agareso 2010

CABO VERDE: Illas de Cooperación

No mes de decembro de 2010 unha equipa de dous reporteiros de AGARESO desprazáronse a Cabo Verde co obxectivo de visibilizar os proxectos executados neste arquipélago por Cooperación Galega, en especial, polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e tentar achegarse á realidade dun país cuxa traxectoria, desde a súa independencia portuguesa en 1975, foi extraordinaria escalando cada ano postos no Índice de Desenvolvemento Humano até alcanzar o 118. Os reporteiros crearon un blog de viaxe no que recolleron os proxectos de cooperación que se están executando en Cabo Verde e a realidade dunha poboación que conta co mellor índice de escolarización de África e sitúase entre os países subsaharianos con maior desenvolvemento do TIC, pero que se ve azoutado pola climatoloxía adversa, de tal forma que as secas e as augas torrenciais sucédense agravando a súa aridez e destruíndo as condicións de vida dos seus habitantes. Durante oito días, os reporteiros visitaron as illas de San Vicente e Maio e recolleron no blog 'Cabo Verde, Illas de Cooperacion' (http://agaresoencaboverde.blogspot.com/) que a cooperación galega está moi presente en varios sectores, aínda que a achega máis destacable que está a realizar en baséase fundamentalmente nos recursos que a comunidade galega ofrece ao pais no que respecta á

transferencia de coñecementos técnicos e desenvolvemento de boas prácticas nos sectores nos que Galicia é un referente a nivel europeo, como son a pesca, a formación turística ou a educación ambiental, entre outros. A pesca é un sector estratéxico no que Galicia ten capacidade técnica a través da Fundación CETMAR, xa que a Xunta, a través deste centro, colabora na execución do Plan Operativo para o Desenrolo da Pesca Artesanal neste país, un proxecto integral que pretende axudar ao seu estructuración e fortalecemento. En Cabo Verde, o mar supón o seu principal recurso aínda que, actualmente, a pesca só represente o 2% do PIB caboverdiano. No campo da educación, o blog recolle os proxectos executados polo Fondo Galego de Cooperación que, apoiados pola Xunta de Galicia, teñen como obxectivo a mellora da educación dos menores así como a posta en marcha de cursos de capacitación para colectivos vulnerables. No tres últimos días da súa estancia en terreo, os reporteiros de AGARESO acompañaron ao director xeral de Relacións Exteriores e coa EU, da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romeu, en parte dunha viaxe institucional realizado co fin de supervisar diferentes proxectos que se están desenvolvendo no país africano.


Proxectos Agareso 2010

Comunicación para o desenvolvemento

No marco do programa 1 do Plan Estratéxico de AGARESO 2010- (Visibilizar e sensibilizar sobre situacións de pobreza, exclusión e vulneración de dereitos humanos en España e nos países de Sur), a ONGD decidiu apostar pola comunicación para o desenvolvemento outorgándolle un programa de actuación específico (Promover unha comunicación para o desenvolvemento e para o cambio social en España e en países en vías de desenvolvemento) partindo da base de que a comunicación é unha das ferramentas fundamentais que permite dar cumprimento a un dos dereitos fundamentais como é o acceso á información. Con este punto de partida, a utilización da comunicación como un servizo universal, a niveis similares da sanidade ou a educación, concede a oportunidade de desenvolver pobos, comunidades ou sociedades cara a unha evolución positiva. É coñecido que “un pobo educado e informado ten no seu poder un futuro cargado de esperanza”. Para AGARESO resulta necesario implementar plans integrais de comunicación para o desenvolvemento, alí onde sexa preciso, onde se diagnostiquen deficiencias ou debilidades nesta materia. Outorgar este dereito non será catalogado, nunca, como un mérito de AGARESO e si unha obrigación organizativa ao longo da súa historia. Neste obxectivo provocarase un cambio social real en diversos ámbitos tanto en contextos e realidades locais como internacionais nos que se rexistre unha intervención da rede de reporteiros. Dentro das accións de AGARESO destinadas a promover unha comunicación para o desenvolvemento e para o cambio social en España e en países en vías de desenvolvemento, unha das vías de traballo definidas pola organización foi a utilización da canle de radio propias 24 horas, AGARESO Radio, como recurso basee de actuación. Neste contexto, na programación da emisora, que foi recoñecida como asociada á Organización das Nacións Unidas (ONU), a ONGD incluiu dende os seus inicios actividades con poboación reclusa do Centro Penal da Lama (Pontevedra) e con persoas con algunha discapacidade como a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), que se viron reforzadas durante o ano 2010. Estes faladoiros emítense dentro da programación estable de AGARESO Radio a distintas horas do día e días de semana co fin de tentar chegar a un público o máis completo e tamén se situarán como o podcast no apartado de AGARESO Radio á carta para a súa descarga libre (www.agareso.org).


Proxectos Agareso 2010

Informe AGARESO RADIO

A ONGD AGARESO, creada en maio de 2008, tivo dende os seus comezos a idea clara de contar cunha canle radiofónica propia mediante a que dar saída aos contidos sociais de Galicia e doutros lugares do planeta. Dende o principio, esta foi unha das premisas fundamentais do colectivo e, por iso aproveitando o capital humano da organización, con reporteiros especializados neste medio, apostouse forte por crear e consolidar unha canle propia de expresión na que tivesen un lugar preferencial contidos de produción propia cos que abordar os diferentes aspectos clave do sector. Dende o primeiro momento AGARESO tivo meridianamente claro que a súa aposta comunicativa debía contar con todas as posibilidades que achega o concepto "web raio". A idea fundamental era a de poder chegar a unha audiencia potencial que ningunha radio convencional pode asegurar. Internet achega, fundamentalmente, dous valores dificilmente comparables coas emisoras tradicionais. Por unha parte, non existen límites xeográficos á hora de transmitir mensaxes. Por outra, o custo e as infraestruturas necesarias para arrancar un proxecto destas características son ínfimos, podendo alcanzar cotas inimaxinables de repercusión e formación global cun esforzo inicial moi alcanzable para unha ONGD. A esta idea hai que engadir a predisposición das audiencias da web radio, dado que son os propios internautas os que buscan e encontran os seus contidos predilectos, ao tempo que reciben unha oferta completa e libre de publicidade. O futuro pasa pola aplicación das novas tecnoloxías ás canles convencionais e a web raio é quizais un dos seus mellores exemplos, posto que xa se está a facer un hábito de consumo para os millóns de persoas que navegan por Internet a diario. Cunha grella que combina os espazos de produción propia coas sinerxías creadas con outras radios libres e comunitarias de similar natureza, AGARESO RADIO logrou en poucos meses unha audiencia estable e deslocalizada, xa que se rexistraron oíntes/internautas en varios países de Europa, América e África, con especial impacto en Galicia e España. Actualmente, AGARESO RADIO conta cunha extensa rede de colaboradores, que segue crecendo co paso do tempo. Ademais, a rede internacional de correspondentes da ONGD AGARESO participa xa activamente na produción de programas, achegando o punto


Proxectos Agareso 2010 de vista dos diferentes países protagonistas e xerando unha oferta de calidade para o destinatario final. Do mesmo modo, o consumo de radio por Internet abre unha segunda vía igualmente interesante para promover contidos de carácter social e solidario. A opción do "podcast" permite á audiencia descargar libremente aqueles programas que máis o atraian, co fin de escoitalos unha ou varias veces no momento idóneo ás súas necesidades ou gustos, non sendo obrigatoria a escoita no momento que marque a grella de programación proposta pola propia canle. Finalmente, o maior reto de AGARESO RADIO a curto prazo pasa por realizar parte da súa programación en directo, posto que o servidor onde se encontra aloxada permite esa opción e o equipo existente cobre con garantías as necesidades técnicas e humanas necesarias para asumir este reto de estabilidade e permanencia duradeira. Con esta nova faceta, AGARESO RADIO dá un paso adiante cara a novos oíntes, posto que unha das premisas fundamentais será a de buscar a interacción e reciprocidade entre locutor/oínte. Para iso, as novas tecnoloxías e sobre todo as redes sociais e a propia web de AGARESO, poñeranse ao servizo da radio, certificando que a aposta polo concepto 2.0 é xa unha realidade a todos os niveis no seo do colectivo. Esta aposta decidida pola calidade referenda os recoñecementos que xa tivo a canle dende o seu nacemento. Neste período pódense destacar, por enriba doutros, dous feitos clave. O primeiro é o da sinerxía coa canle de raio do Centro Penitenciario da Lama (Pontevedra). Os internos deste cárcere foron capacitados por membros voluntarios da ONGD AGARESO e hoxe en día contan xa cun estudo de raio dentro do presidio e un equipo humano que permite a confección dunha programación estable, dirixida e coordinada polos propios internos, compartindo á súa vez contidos con AGARESO RADIO. O segundo feito clave para esta división radiofónica da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios é a inclusión, o pasado mes de marzo de 2010, da canle na rede de radio de Nacións Unidas. Na actualidade, AGARESO está a utilizar a radio como ferramenta esencial para o deseño e execución de proxectos de Comunicación para o desenvolvemento.


Proxectos Agareso 2010

I m p l e m e n t a c ión d o p r o g r a m a d e C o m u n i c a c ión Integral para o Desenvolvemento no Centro Penitenciario da Lama

A actuación de membros da rede de reporteiros de AGARESO no Centro Penitenciario de A Lama remóntase ao ano 2008 coa iniciación dun faladoiro radiofónico conformado por catro internos, un xornalista externo (membro da ONGD) e un técnico. A organización colleu as rendas destes faladoiros en 2008 e posteriormente, esta actividade deu pé á creación dun proxecto de posta en marcha dunha emisora propia realizada por e para internos do penal, experiencia que veu a luz a comezos de 2010, unha vez que o proxecto foi aprobado por Institucións Penais e apoiado economicamente pola Fundación Pedro Barrié de la Maza baixo o auspicio de AGARESO. Para formar aos futuros responsables da emisora, que se chamou 'A Radio', AGARESO creou en 2009 un obradoiro de radio no que se formou teoricamente a un grupo de internos para que coñecesen, non só as bases da radio, senón tamén da creación xornalística deste medio, formándose nos diversos xéneros radiofónicos. Ese mesmo ano, AGARESO deu un paso máis para a formación dos interno da Lama pondo cun taller de fotografía. En 2010 todas estas actividades previas materializáronse no deseño dun Programa de Comunicación Integral para o Desenvolvemento e ampliáraonse coa posta en marcha en marzo de 2010 dun obradoiro de prensa, co obxectivo de mellorar a revista que realizan varios presos do centro penal e aproveitando tamén así o material realizado polos internos do taller de fotografía (sinerxías). Os cursos de radio realizáronse durante todo o ano, tendo en conta o feito de que moitos dos internos que colaboran con 'A Radio' foron redimindo a súa condena coa sociedade e acadando o terceiro


Proxectos Agareso 2010 grado penitenciario, feito que obriga a ter unha canteira de persoal que permita ir cubrindo os espazos vacantes daqueles internos que obteñan a liberdade. O obradoiro de fotografía mantivose ata maio de 2010 e os de radio e prensa ao longo de todo o ano. Ademais, mantiveron a súa continuidade semanal os faladoiros con internos do penal, que se realizan nos estudios de 'A Radio' e logo son emitidos a través de AGARESO RADIO e engádense como podcast na páxina web de AGARESO. En novembro de 2010, o proxecto veuse reforzado coa concesión a AGARESO dun contrato para profesionalizar a iniciativa. En concreto, a Xunta de Galicia financiou a contración dunha persoa para a realización de obradoiros de prensa con colectivos desfavorecidos. Este novo profesional en nómina de AGARESO reforzou o traballo que viñan desempeñando voluntarios dende o ano 2009 (e que se mantivo) e ampliou a producción de material por parte dos internos da Lama para AGARESO RADIO. Así, ademais do faladoiro 'En otra onda', programación da emisora da ONGD e a súa páxina web víronse enriquecidas cun faladoiro de temática deportiva denominado 'Módulo Deportivo' e coa producción por parte dos internos dun programa específico para a ONGD, 'Al son de la vida'.


Proxectos Agareso 2010

Faladoiros con Cogami

+ f

Dentro das accións de AGARESO destinadas a promover unha comunicación para o desenvolvemento e para o cambio social en España e en países en vías de

desenvolvemento, unha das vías de traballo definidas pola organización foi a utilización da canle de raio propia 24 horas, AGARESO Raio, como recurso base de actuación. Neste

contexto, na programación da emisora, que foi recoñecida como asociada á Organización

das Nacións Unidas (ONU), a ONGD incluíu dende os seus inicios un faladoiro semanal cun grupo de persoas con algunha discapacidade integradas na Confederación Galega de Personas con Discapacidade (Cogami).

Estas iniciativas de comunicación para o desenvolvemento, coordinadas polo voluntario de AGARESO Juan de Sola Vollbretcht abordan semanalmente temas de actualidade e

problemáticas específicas das persoas con algunha discapacidade. A matriz do programa é que os tertulianos, todos eles integrantes e usuarios da rede de COGAMI, poidan expresar o seu punto de vista sobre diferentes situacións da actualidade global que lles afectan de

xeito diferente pola súa situación persoal e relatar vivencias que pasaron ao longo da súa vida asociadas a esta situación.

Esta iniciativa desenvólvese durante unha hora de gravación que, cada semana,

protagoniza un grupo diferente da xeografía galega. Esta rotación está rigorosamente cronometrada para conceder o mesmo número de oportunidades.

Integración, servizos socailes, servizos públicos, o actual sistema lexislativo en materia de minusvalidez ou a oferta de ocio e cultura son algunhas das cuestións, relatadas e

analizadas en primeira persoa polos tertulianos/as, en cada cita semanal que rexistra uns altos índices de seguimento, segundo os medidores de audiencia.

Posteriormente, tras un último proceso de produción, a faladoiros emítense dentro da

programación estable de AGARESO Raio a distintas horas do día e días de semana co fin de intentar chegar a un público o máis completo e tamén se sitúa como o podcast no apartado de AGARESO Raio á carta para a súa descarga libre (www.agareso.org).


Proxectos Agareso 2010

Educación para o desenvolvemento Charlas en centros educativos sobre o programa “Vacacións en Paz”

No marco das iniciativas realizadas por AGARESO durante o ano 2010 no ámbito da educación para o desenvolvemento destacan as acción realizadas en centros educativos das localidades pontevedresas de Marín e Bueu para o achegamento do programa 'Vacacións en Paz' á comunidade escolar, como un xeito de darles información acerca da realidade da poboación saharaui e, ao mesmo tempo, axudarlles a comprender aos nenos que cada verán chegan a Galicia para pasar as súas 'vacacións' alonxados das temperaturas de 50 grados que chegan a acadarse no deserto no que están asentados os campamentos de refuxiados nos que viven o resto do ano. Para a formación e sensibilización do alumnado empregouse o material xerado por reporteiros de AGARESO a partir da expedición a terreo realizada no verán do ano 2008, cando unha equipa de catro reporteiros de AGARESO seguiu a estancia de dous nenos saharauis en San-xenxo e acompañounos no seu regreso á casa despois de participar no programa Vacacións en Paz, operativo dende hai 18 anos. Voluntarios de AGARESO realizaron unha charla divulgativa ao alumnado para contextualizalos na realidade do pobo saharaui e tentou achegarse a este público infantil amosándolles o documental 'Vacacións en Paz: Sahara-Sanxenxo' e a montaxe audiovisual realizada a partir dunha selección de imaxes sobre a experiencia de dous nenos, Salama e Jadidja.


Proxectos Agareso 2010

Charlas en centros educativos sobre discapacidade e o fenómeno migratorio

No marco da súa misión fundamental de sensibilizar á sociedade sobre a vulneración dos dereitos humanos (sociais, económicos, culturais e ambientais) nos países en vías de desenvolvemento e en España, AGARESO ten como valor diferencial con respecto a outras entidades a comunicación, tendo as súas accións como base o exercicio desta capacidade e disciplina tanto a través da súa faceta xornalística como a través da súa dimensión comunicadora. Facendo uso destas facetas, entre outubro e novembro de 2010, voluntarios de AGARESO realizaron unha serie de charlas informativas con marcado carácter participativo nos nove centros educativos do municipio de Boiro co fin de achegar ao alumnado e profesorado os seus proxectos de cooperación e desenvolvemento realizados tanto en Galicia como en calquera outra parte do mundo.

Estas accións trasmitiron á comunidade educativa do municipio diferentes situacións de pobreza, exclusión, desigualdade, inxustiza social e vulneración de dereitos humanos que poden atopar na súa vida cotiá co fin de promover unha sensibilización e conciencia entre os destinatarios das actividades sobre a necesaria xustiza e equidade social e lograr un efecto transformador nas actitudes cara a realidade. A temática a abordar dentro destas sesións divulgativas xerou entorno a dous eixos fundamentais: a realidade da inmigración e das persoas con discapacidade como dous colectivos con risco de exclusión social dentro da sociedade en xeral e no eido da comunidade educativa en particular. En relación coas dúas temáticas, ademais dunha charla divulgativa, proxectouse nos centros diferente material audiovisual.


Área de Organización

Durante o ano 2010 AGARESO decidiu realizar as xestións e solicitudes de

financiamentos necesarios para reforzar a área de organización da entidade e facer fronte ao crecemento exponencial que está experimentando, tanto no

número de proxectos a executar como no número de voluntarios e organizacións

colaboradoras. A ONGD detectou a necesidade de profesionalizar certas áreas de traballo da ONGD, buscando unha maior eficiencia nas distintas accións que se realizan e que xa estaba previsto realizar de cara aos dous anos nos que está

vixente o Plan Estratéxico da entidade (2010-2011). Neste senso, as áreas de

proxectos e organización son o alicerces que era necesario profesionalizar para fortalecer a organización.

Para facer fronte a esta necesidade da organización, redactouse o proxecto de Fortalecemento 'Comunicación Medioambiental' presentado de xeito agrupado entre AGARESO e Amigos da Terra na convocatoria de axudas 2010 de

Cooperación Galega, que permitiu mellorar e incrementar a capacidade de xestión de AGARESO en temas de cooperación ambiental e comunicación a través dunha xestión integral e adecuada de todas as áreas que conforman a entidade (administración, comunicación, formación, organización e proxectos).

Así, estipuláronse protocolos de actuación específicos para a relación coa rede de voluntarios da ONGD, fíxose un seguimento de cada un deles púxose en

marcha unha base de datos completa cos seus perfís persoais e profesionais.

Neste senso, programouse un curso de formación en voluntariado para todos os integrantes da organización, cumprindo cos requisitos establecidos na Lei de

Voluntariado, publicitáronse as opcións de voluntariado de AGARESO a través de Internet e as súas redes sociais e púxose en marcha un programa de formación

continua dos voluntarios a través de cursos anuais específicos e relacionados coa


Área de Organización 2010 temática da organización. En concreto, organizouse a III

Convención Anual de AGARESO,

que se realizou en dúas xornadas de

fin de semana convocando a axentes do tecido social e ONG, así como a representantes do sector da

comunicación de Galicia e do Estado. Grazas a este reforzo na área

organizacional, AGARESO puido dar

maior resposta tamén ao aos integrantes da rede de voluntarios no exterior.

Na actualidade, AGARESO conta con voluntarios en Guinea Bissau, Venezuela, México e Ecuador, membros da organización que permiten darlle un valor diferencia aos

contidos tanto divulgativos como de sensibilización que se xeran na organización, ao elaborarse dende os propios lugares onde se orixinan os proxectos. José Augusto

Mendoça, Karen Flores, Daniel Delgado, Marcial

Barrios e Wilson Morales aportan periódicamente unha visión directa das realidades dos seus

países de orixe tanto con contidos para a páxina web como en

AGARESO Radio e contribúen a

José Augusto Mendoça

realizar unha

identificación de

maior calidade a posibles proxectos a executar nestas localizacións. Asimesmo, son unha clave para a

execución de proxectos que AGARESO plantexa poner en marcha nun futuro próximo nas diferentes

realidades nas que profundizan con regularidade os

Wilson Morales

correspondentes da organización no exterior.

En canto ao traballo diario da organización, logrouse unha mellora da planificación das actividades para a súa execución coordinada e con tempo. Neste eido, ao fin do

citado proxecto de fortalecemento está previsto que AGARESO conte cun Sistema de Calidade que se atopa en proceso de redacción e ten por obxectivo conseguir a

mellora da xestión e, como consecuencia, dos servizos e/ou produtos producidos. A


Área de Organización 2010 primeira consecuencia desta mellora da calidade será o aumento da satisfacción

dentro da propia organización e dos socios e beneficiarios externos á mesma. Para a implantación do sistema de

calidade estanse abordando tres aspectos clave: Comunicación, administración e proxectos.

Outro dos aspectos de traballo

da ONGD que se veu reforzado

foi a relación de AGARESO con outras ONG, asociacións e

entidades públicas e privadas

coas que traballa ou traballará

no futuro, xerando alianzas coas mesmas. No marco do mesmo proxecto de

fortalecemento da entidade, e de cara á organización da mesma, resultou clave a

apertura dunha sede de AGARESO en Vigo,

que se inaugurou no mes de outubro de 2010 co fin de contar cunha sede oficial para o traballo do persoal contratado e profesionalizado da entidade e para achegar aos cidadáns da cidade o labor que realizan tanto AGARESO como Amigos da Terra no

eido da cooperación e da comunicación medioambiental e social. A estrea da oficina,

que ten o seu emprazamento na rúa Policarpo Sanz (número 17), contou coa presenza de numerosos voluntarios de ambas organizacións, membros de outras ONGD con presenza en Galicia e de representantes públicos como a delegada territorial da Xunta de Galicia, Lucía Emilia Molares e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Con esta sede, AGARESO e Amigos da Terra aunáronse para compartir recursos e duplicar os seus

resultados, ao mesmo tempo que loitan por romper o tópico da

competitividade entre as ONGD.

Ambas organizacións predican co

exemplo, traballando para achegar á

cidadanía cuestións de solidariedade que non chegan ao gran público.


III CONVENCIÓN

Foro onde compartir experiencias en comunicación social

A III Convención Anual de AGARESO enmárcase dentro do programa anual de fortalecemento da entidade, que na

bianualidade 2010-2011 se está a realizar en colaboración coa ONGD Amigos da Terra e parte da base de que para profesionalizar aos axentes de cooperación é necesario que se lles capacite en temas que son relevantes para alcanzar a calidade, por unha banda comunicación e, por outra, das técnicas de elaboración de proxectos. AGARESO organizou entre os días 23 e 24 de outubro de 2010 a terceira edición da súa convención anual co obxectivo de compartir as súas experiencias en comunicación social tanto cos seus asociados coma con membros do terceiro sector e con público en xeral interesado na comunicación, na coope-

ración e na solidariedade. O encontro nace coa finalidade de converterse nun foro de debate entre comunicadores e todo tipo de organizacións sen ánimo de lucro e con fins sociais para compartir experiencias comúns e poñer en coñecemento das outras organizacións o traballo que se realiza na actualidade no eido social en Galicia. Co fin de dotar de contidos máis específicos e completos a este foro de debate, nesta terceira edición, a ONGD apostou por diversificar os ponentes incluidos no programa da convención e convidou a unha representante da canle de comunicación con sede en Madrid Canal Solidario, Aida Sánchez; a un reputado xornalista de Guinea Bissau, José Augusto Mendoça; e ao presidente da rede Chabaka de Marrocos, Boubkher El Khamlichi. Coa súa presenza, non só se


ANUAL DE AGARESO

enriqueceu o programa do encontro (inclúese como adxunto), tamén a repercusión que tivo tanto entre os medios de comunicación como na sociedade en xeral e aumentaron tanto o número de participantes na mesma como os impactos na prensa. O sábado 23 de outubro, as sesións estiveron abertas ao público en xeral e contaron coa participación de 30 persoas en horario de mañá e 50 en horario de tarde (incluindo nos dous casos os ponentes doutras intervencións que se quedaron para escoitar o resto da sesión). O domingo 24 de outubro, a asistencia estivo reservada para os membros da ONGD e contou

con 22 participantes en horario de mañá e 15 en horario de tarde; e a celebración dunha asamblea anual con 22 participantes. Con estes datos, AGARESO logrou bater récord de participación, pois na II Convención Anual CCS de AGARESO participaran un total de 35 personas, chegando a participar na convención celebrada en 2010 na Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Ponteve-dra, un total de 50 persoas diferentes, 30 de xeito permanente e o resto de xeito puntual, especialmente, durante as intervencións do xornalista de Guinea Bissau, José Augusto Mendoça, e do presidente da


III CONVENCIÓN ANUAL DE AGARESO rede Chabaka de Marrocos, Boubkher El Khamlichi. Ao longo da primeira xornada da convención participaron 16 ponentes (Xosé María Torres, Lois Herrera, Juan De Sola Vollbrecht, Judith Sing, Tania Jácome, Aida Sánchez, José Augusto Mendoça, Boubkher El Khamlichi, Rocío Cadahia Fernández, Antonio Grunfeld Rius, José Antonio Gómez Novoa, Tomás Acuña, catro internos do centro penitenciario de A Lama). Na segunda, tres (Judith Sing, Francisco Raigón e Juan de Sola). A xornada do domingo estivo dedicada a formación e resolución e asuntos internos da Organización. Ao longo da mañá, os integrantes de AGARESO recibiron un 'Curso de iniciación ao voluntariado' impartido por Francisco Raigón, coordinador de proxectos da ONGD Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP), e unha sesión for-

mativa sobre 'O enfoque de marco lóxico na cooperación', a cargo de Judith Sing, responsable de cooperación de Amigos da Terra. O domingo o encontro incluiu a posta ao día dos novos proxectos da ONGD, explicacións dos proxectos realizados por Agareso no ano en curso e a proxección dos documentais: 'O Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible' e 'Pequenas doses de supervivencia. Os rostros do comercio xusto'. Ademais, celebrouse a Asemblea Anual da ONGD. A primeira xornada da convención foi retransmitida en directo pola canle de radio 24 horas AGARESO RADIO (adxúntase como anexo algunha das grabacións realizadas nas sesións) e das redes sociais Facebook e Twitter, cun total de 10 actualizacións e 110 persoas que interactuaron cun 'Me gusta' en Facebook e 13 en Twitter.


Xeración de alianzas AGARESO contribúe ao fomento do sector galego da cooperación mediante actividades de sensibilización e visibilización dos traballos que realizan os axentes de cooperación galegos tanto dentro como fora da comunidade. Este labor realízaa a través da páxina web www.agareso.org, da radio on-line 24 horas Agareno Radio, da canle de televisión aloxada no seu portal web, da realización de presentacións e exposicións por toda a xeografía galega e da intervención en iniciativas solidarias como a Feira da Solidariedade de Vilagarcía de Arousa (paticipación en 2009 e 2010) e en actividades do mundo académico con distintos centros escolares da comunidade autónoma e as universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. A través das redes sociais, AGARESO está a contribuír a unha mellor relación entre os axentes da cooperación de Galicia e os profesionais da comunicación, pois está concibida como un espazo de encontro para o diálogo, o debate e a reflexión entre profesionais da información e ONG. En 2010, AGARESO realizou achegamentos tanto cara outras ONGD como institucións coa intención de estender a súa acción aos diferentes ámbitos da sociedade, fomentando a coordinación entre os actores implicados dunha maneira bidireccional. Exemplo deste achegamento son os recentes contactos realizados para entrar a formar parte da Coordinadora Galega de ONGD (que se materializará en 2011), da fluída relación existente co Fondo Galego de Cooperación e dos diferentes convenios asinados ao longo do ano con: -

Amigos da Terra

Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) Universidade de Santiago de Compostela (USC) ONGD Mundo Cooperante


Finanzas Agareso 2010


CONTA DE RESULTADOS

2010

2009

INGRESOS

33.360,66

6.320

Ingresos por colaboraciones e convenios

20.845,72

5.120

Subv. ofic. afect.a/prop. enti. imp. res.ejer.

11.914,14

1.200

Dona. legad. afect.a/prop. enti. imp. res.ejer.

600

0

GASTOS

32.104,67

4.336,76

Gastos directos por realizaciรณn de proxectos

17.294,73

4.222,76

Gastos de persoal

13.750

0

Dotaciรณns para amortizaciรณns de inmovilizado

193,33

0

Gastos de mantenemento

308,57

Gastos bancarios

69,56

Material de oficina e diversos

488,48

114

SUPERAVIT

1.255,99

1.983,24


Finanzas Agareso 2010

BALANCE

2010

2009

Inmovilizado

1.998,58

0

Activo corrente

8.363,28

4.026,80

TOTAL ACTIVO

10.361,86

4.026,80

Fondos propios

3.584,23

2.318,24

Pasivo corrente

6.777,63

1.708,56

TOTAL PASIVO

10.361,86

4.026,80


Área de Comunicación Durante o ano 2010, Agareso recolleu máis de 110 impactos en prensa e realizou case 20 entrevistas radiofónicas en medios como Onda Cero, Cope, Radio Galega, Cadena Ser e Radio Voz en diversas localidades de Galicia. Algunhas das súas accións foron recollidas tamén en diversas televisións de ámbito autonómico e local tanto con reportaxes coma a través de pezas noticiosas. Dentro do informe de prensa que elaborou a ONG ao longo de 2010 cabe destacar non só a información recollida polos medios da prensa tradicional senón tamén a través de diversas canles dixitais, páxinas web e blogs de diversa índole. En 2010 cabe destacar a plasmación mediática das seguintes iniciativas de Agareso:

- "Pacto contra A Pobreza" que foi altamente seguida a través de medios audiovisuais e tamén reflectida, día a día, tanto na páxina web de Agareso coma no da Coordinadora de

ONG de Galicia e no propio blog da campaña. Tamén se recolleu esta iniciativa en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Xornal de Galicia e El Mundo Galicia.

- Apoio á plataforma para esixir a "Liberdade de Jorge e Juan", dous pescadores españois acusados de traficar con drogas no Estreito despois de quedar á deriva sen carburante. As autoridades acusáronos sen probas directas. Esta iniciativa foi difundida a través de

Canalsolidario.org, Europasur.es así como varios xornais de Andalucía, de onde eran oriúndos. - Radio "A Lama". O 18 de febreiro inaugurouse a emisora "A Lama" que gravan e dirixen os propios internos do Centro Penitenciario da Lama en Pontevedra. Esta iniciativa naceu a raíz dun

faladoiro semanal que

puxo en marcha a ONG Agareso cos

internos e que, grazas ao apoio da

Fundación Pedro

Barrié de la Maza

puido dar un paso máis adiante

e nacer como emisora. Esta iniciativa foi

recollida por Canalsolidario.org, a páxina web de Cope


Pontevedra, Faro de Vigo, ABC, La Voz de Galicia Pontevedra, Diario de Pontevedra, Xornal de Galicia, El País, Socialia.org, El Progreso de Lugo, A Peneira, El Mundo Galicia, en varias ocasións.

- Exposición Golfo de Fonseca. En setembro de 2009 un

equipo de Agareso viaxou ao Golfo de Fonseca (El Salvador,

Nicaragua e Honduras) para visibilizar o labor que Cooperación Galega e a ONG Amigos da Terra están a realizar neste lugar para minimizar o impacto ambiental que sofre esta zona

centroamericana. Froito deste labor xurdiu unha exposición

que se encontra percorrendo Galicia nestes momentos. As inauguracións desta mostra foron recollidas en diversos medios: Ourensedixital.com, La Voz de Ourense, La Región, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, GaliciaHoxe.com, Diario de Ferrol, Efe.

- Exposición "Vacacións en

Paz". No verán de 2008 un equipo de

Agareso viaxou aos campamentos saharauís para realizar un documental que mostrase como afrontaban os

veráns os nenos que viaxaban a Galicia polas altas

temperaturas e logo regresaban ás súas casas. Froito desta viaxe tamén xurdiu unha exposición que se

puido ver en diferentes lugares de Galicia. As inauguracións

foron recollidas en La Voz de Galicia Barbanza, Faro de Vigo, Diario de

Pontevedra, Atlántico Diario, DelMorrazo.com, concellodebueu.org, Galiciahoxe, La Voz de Galicia Pontevedra.

- Conferencias. Durante 2010 os voluntarios de Agareso ofreceron varias conferencias que foron recollidas polo DUVI (Diario dá Universidade de Vigo), Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia Pontevedra.

- Presentación Anuario Agareso. Agareso lanzou unha revista-anuario para avalar o seu traballo que foi

presentada en varias sedes da Deputación de Pontevedra, institución que colaborou altruistamente na edición deste

primeiro número. Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Diario de Arousa, Cope Pontevedra.es,

Faro de Vigo, Vigo Magazine Digital, noticiasgalicia.com, Atlántico Diario, fixéronse eco da noticia. - Festival Acción de Boiro. Agareso participou neste festival invitado pola Asociación Cultural Borobó. Foi recollido en varias ocasións con reportaxes e entrevistas en La Voz de Galicia


Barbanza, El Correo Gallego, Diario de Arousa.

- Seminario "A Pobreza é noticia". A Rede Galega contra

a Pobreza (EAPN Galicia) e Agareso organizaron un seminario dedicado a este tema. Foi recollido pola páxina web do Sindicato de Xornalistas de Galicia e a páxina web do Colexio de Xornalistas de Galicia.

- Nova sede Agareso en Vigo. En outubro de 2010 Agareso, en colaboración coa ONG Amigos dá Terra, inaugurou a súa nova sede en Vigo. O acto de

inauguración saiu no Faro de Vigo e Atlántico Diario. - Documental sobre o comercio xusto en

Ecuador. A presentación do documental realizado por un equipo de Agareso en colaboración coa ONG Amarante en Ecuador tivo lugar en

Pontevedra en novembro de 2010. Foi recollido pola TVG de

Pontevedra, El Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia Pontevedra.

- O labor desenvolvido por dous equipos de Agareso, un en Centroamérica para visibilizar o traballo que a ONG Solidariedade Galega desenvolve en países daquel continente, e outro en

Palestina onde traballa ACPP, foron recollidos en diversas reportaxes en canalsolidario.org e Diario de Pontevedra, aínda que ambos os dous están pendentes da presentación dos documentais realizados en ambas as dúas expedicións.

- Terceira convención Agareso. O seu desenvolvemento foi recollido na páxina web do

Sindicato de Xornalistas de Galicia, Diario de Pontevedra e a páxina web do Colexio de Xornalistas de Galicia. Ademais,

foi retransmitido en directo por Agareso Radio a través do seu portal radiofónico na páxina web de Agareso (www.agareso.org).

- Premio FGCN-Nécora de ouro. Agareso recibiu en outubro de 2010 o premio Nécora de Ouro no

ámbito da comunicación que outorga a Fundación

Galega Contra el Narcotráfico. A noticia foi recollida na

Voz de Galicia de Arousa, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e Diario de Arousa.

- Participación no Torneo de Fútbol Solidario de Cáritas Arousa. En Nadal, Agareso participou neste

torneo. A noticia foi recollida no Diario de Arousa e La Voz de Galicia Arousa.


Área de Formación

Para AGARESO a reciclaxe continua dos profesionais da comunicación que participan neste proxecto é fundamental, de aí que se deseñara un área específica dentro da organización para este fin. Os responsables deste departamento enfocan o seu traballo en dúas vías fundamentais, ambas encamiñadas a dar cumprimento ao programa 2 do Plan Estratéxico 2010-2011: Promover unha maior calidade na información que os medios de comunicación xeran no exercicio do seu papel fundamental na esfera pública, fomentando unha comunicación con perspectiva de dereitos humanos (políticos, sociais, económicos, culturais e ambientais). -Por unha banda, envían mensualmente aos voluntarios un boletín con cursos, seminarios e concursos para completar ou ampliar a súa formación no ámbito da comunicación social. -Por outra banda, encárganse do deseño e organización de accións formativas específicas da organización. Ao longo de 2010 a ONGD organizou e participou charlas, cursos e seminarios dirixidos a xornalistas e outros actores dedicados á comunicación no ámbito da solidariedade, por exemplo, o 'I curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento' organizado en colaboración con Amigos da Terra no Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas. Asimesmo, en 2010 xerouse unha sección na páxina web na que os comunicadores poden ter acceso a materiais de apoio para levar a cabo o seu labor desde unha perspectiva de dereitos.


I Curso de Comunicación e Cooperación ao desenvolvemento A fin de semana do 24 e 25 de abril de 2010, AGARESO organizou xunto con Amigos da Terra no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas o Curso- práctico de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, dirixido a membros de ONGD, medios de comunicación e outros axentes de cooperación. O principal obxectivo que se pretendía acadar con este curso era o de dotar ás ONGD´s e aos axentes de cooperación das ferramentas axeitadas para mellorar a comunicación nas súas organizacións, poñendo como exemplo práctico e aplicable a outras organizacións, a experiencia do proxecto de colaboración posto en marcha por Amigos da Terra e AGARESO. Unha colaboración que permitiu visibilizar a diferentes axentes da sociedade galega o traballo que Amigos da Terra está a desenvolver en cooperación ao Desenvolvemento, explicando como as comunidades beneficiarias mello-ran as súas condicións de vida grazas a unha xestión integral dos recursos naturais. O curso estivo composto por dúas mesas redondas, un obradoiro de comunicación, unha visita guiada polas instalacións e un relatorio. A primeira mesa redonda “Outros xeitos de relacionarse cos xornalistas”, tivo lugar o sábado pola mañá e estivo centrada en presentar o proxecto de sensibilización posto en marcha por Amigos da Terra e AGARESO, para visibilizar os proxectos que a asociación desenvolve no Golfo de Fonseca. Nesta mesa, participaron: Judith Sing (responsable de cooperación de Amigos da Terra); Estrella López e Eva Alonso (integrantes de AGARESO e membros da expedición que visitou os proxectos). Ao rematar a exposición abriuse unha quenda de preguntas para que os asistentes ao curso puidesen facer as preguntas que consideraran oportunas. Converteuse nun primeiro espazo de achegamento entre os profesionais dos medios de comunicación e os membros das ONGD´s, no que puidemos comprobar que ambos sectores, a pesar de ser moi diferentes entre si, temos inquedanzas comúns e o desexo de que se de verdadeira difusión ao excelente traballo que están facendo moitas ONGD´s e que moitas veces, debido ás políticas dos medios, non se coñece. Serviunos para comprobar que existen outros canles de comunicación fora dos habituais (radio, prensa, televisión), que cada vez teñen máis forza e que poden ser moi efectivos para facer chegar a nosa mensaxe a sociedade, só temos que saber como utilizalos adecuadamente.


Formación Agareso 2010

1. Participación en actividades do mundo académico

Un Dentro da área de formación de AGARESO, en 2010

adquiriron especial relevancia as iniciativas postas en

marcha no eido do mundo académico como un punto de

encontro propicio para o desenvolvemento de activi-

dades de formación para comunicadores

e

futuros

comunicadores. As actividades postas en marcha neste

eido

estiveron

encamiñadas ao desenvolve-

mento do convenio asinado entre AGARESO e a Universidade de

Santiago de Compostela (USC), pero tamén á colaboración con outras entidades que traballan no terceiro sector e no campo formativo como a Rede Galega contra a Pobreza

(EAPN) ou a ONGD Centro de Iniciativas de Cooperación (Cic) Batá.

AGARESO dirixiuse ao mundo académico e universitario con tres finalidades claras: -

Implementar a formación en materia de comunicación e dereitos humanos entre os

-

Difusión do traballo de AGARESO no eido da comunicación social e para o desen-

-

Xerar ferramentas para fomentar unha cobertura de maior calidade por parte dos

futuros comunicadores.

volvemento entre os profesionais da comunicación e do terceiro sector. medios de comunicación entorno ás temáticas sociais.

Esta última finalidade é a que centrou a principal atención de AGARESO en 2010, no que quixo darlle un pulo ao seu empeño fundacional por promover unha maior cobertura das temáticas que aborden as vulneracións dos dereitos humanos nos medios de comuni-

cación galegos e españois, sensibilizar aos medios de comunicación en diferentes niveis (toda a cadea de mandos) sobre a importancia de comunicar desde unha perspectiva de

dereitos e de aumentar a cobertura de temáticas sociais e facilitar contidos aos medios de comunicación sobre temáticas sociais.


Formación Agareso 2010

Seminario É a pobreza noticia?

A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) e a Agareso veñen de editar a Guía de Estilo para Xornalistas 'Cómo informar de colectivos en risco de exclusión'. Esta publicación é o resultado dun traballo conxunto que se visualizou o 21 de outubro de 2010 coa celebración do Seminario 'É a pobreza noticia? As persoas en risco de exclusión social nos medios de comunicación'. A pobreza e a exclusión social forman parte da nosa contorna cotiá. No entanto, é unha realidade estigmatizada, visible moitas veces só dende unha óptica excluínte e en negativo. Para afrontar esta percepción, favorecendo o intercambio de impresións entre os axentes implicados, organizouse este seminario, coa meta de propor criterios de boas prácticas nos medios. A xornada enmarcábase na celebración do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza no Mundo, que se conmemora o 17 de outubro. Máis de 30 alumnas e alumnos de Xornalismo, profesionais do sector e membros de ONGs reuníronse na Facultade de Ciencias da Comunicación, en Santiago de Compostela, para debater sobre a cuestión. A cita contou co director do xornal ABC, o galego Bieito Rubido, quen disertou sobre 'A presenza da pobreza e a riqueza nos medios de comunicación'.


Formación Agareso 2010 No seu relatorio, o convidado analizou o habitualmente nefasto tratamento informativo que recibe este tema, para concluír que “la pobreza no vende”, pero sen achegar alternativas para superar esa invisibilización e esa frivolidade. A continuación, os equipos integrados por xornalistas e representantes de entidades sociais expuxeron os resultados do traballo realizado para mellorar a presenza das persoas en risco de exclusión social nos medios de comunicación galegos. David Silva, de Cogami, e o fotoxornalista de Agareso Óscar Dacosta abordaron o colectivo das persoas con discapacidade. Antonio Cepeda, de Galicia Acolle, e o periodista de Agareso Gonzalo Brocos centráronse nas persoas migrantes. Á comunidade xitana aproximáronse o presidente de EAPN Galicia e da Fundación Secretariado Gitano, Santiago González, e mais a xornalista de Agareso Carmen Novas, quen continuou o traballo iniciado polos compañeiros Xurxo Salgado e Roi Palmás. Que tratamento mediático reciben a diario as persoas en risco de exclusión social? En qué erros adoitan incorrer os medios de comunicación? Cómo poderían evitarse? Son algunhas das preguntas que se intentaron responder neste seminario práctico, co fin de contribuír a crear ferramentas para mellorar a comunicación relativa aos colectivos vulnerables. Para conseguilo, analizouse o tratamento da información, a terminoloxía empregada e o grao de visibilidade de tres dos colectivos máis vulnerables. Ao remate, concretáronse as bases dun decálogo de estilo e vocabulario inclusivo para cada un dos sectores escollidos, que culminaría coa edición da guía Cómo informar de colectivos en risco de exclusión. Un texto que bebe tamén doutros códigos de estilo elaborados por distintos colectivos e institucións, así como diversos informes e ensaios. A publicación ten en conta a responsabilidade das e dos profesionais dos medios na transmisión de estereotipos negativos ou ben de contidos que promovan a inclusión social e dean voz aos sectores máis esquecidos da cidadanía, creando novos espazos para a convivencia. Para promover a toma de conciencia sobre este feito, detectar erros e propoñer melloras celebrouse o seminario de Compostela. Na aposta por pezas informativas que analicen, reflexionen e acheguen solucións, propóñense prácticas como acudir a fontes expertas e técnicas. O reto implica ademais un esforzo de formación e actualización continuas por parte do profesional, así como un recoñecemento desta necesidade por quen exerce labores directivas nas empresas. A Guía de Estilo para Xornalistas quere ser unha ferramenta útil e de fácil manexo. Un documento de uso diario para corrixir defectos, despexar dúbidas e afianzar boas prácticas á hora de informar sobre a migración, a discapacidade ou a realidade xitana.


Formación Agareso 2010

Foro de debate:

“Narcotráfico e Medios de Comunicación”

El pasado jueves 4 de noviembre de 2010, el auditorio de la Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela acogió el Foro de Debate titulado “Narcotráfico e medios de comunicación”, organizado por la Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN). A la llamada acudió el presidente de la propia fundación, José Manuel Siso Bartomé, el profesor de la USC y miembro del Colexio de Xornalistas de Galicia, Luis Álvarez Pousa, el especialista en materia de narcotráfico de La Voz de Galicia, el periodista Julio Fariñas, y el directivo de la Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), Roi Palmás. Moderó el debate el también periodista Perfecto Conde y asistieron al evento numerosos estudiantes y profesores de la antedicha facultad. El objetivo central de la cita fue el de analizar el tratamiento que le dispensan los diferentes medios de comunicación de Galicia y España a una materia tan sensible como la del narcotráfico. Se abordó el tema desde diferentes prismas, ya que concurrían en la mesa redonda representantes de todo el proceso comunicativo de referencia. Además, se explicó a los presentes la transversalidad habitual que se establece entre las fuentes de comunicación a los periodistas, el trabajo de campo de los propios profesionales y la actuación que tienen los cuerpos y fuerzas de seguridad del Estado en este campo. Algunas de las ideas que salieron a relucir y que fueron debatidas y preguntadas por los asistentes fue la necesidad o no de aportar luz sobre el proceso de la lucha contra el narcotráfico desde el primer momento, ya que muchas veces una información de este tipo puede poner en serio riesgo una investigación policial de enorme calado. Las sinergias en este campo son evidentes y el estilo de tratar estas informaciones se unifica a medida que pasa el tiempo. Además, se abordó la significación semántica de diferentes conceptos clave en el léxico que se emplea habitualmente para referirse a este tipo de operaciones. En el turno de preguntas salió a relucir el asunto de la importancia o el riesgo que corren algunos periodistas especializados al publicar determinadas noticias, ya que la simple firma en algunos artículos puede generar rencillas por parte de algún lector. Una vez más, se incidió en la importancia capital que tiene para el periodismo la confirmación, verificación y el contraste de las informaciones, ya que el del narcotráfico es uno de los temas más delicados, por su naturaleza y repercusiones, de los que aparecen en los distintos medios de comunicación.


Formación Agareso 2010

Encontro Internacional de experiencias de comunicación en Córdoba

A ONGD CIC Batá convidou a AGARESO a explicar a súa experiencia no marco da comunicación social e a comunicación para o desenvolvemento no marco do Encontro internacional de experiencias de comunicación celebrado entre os días 20 e 21 de outubro na Biblioteca Central de Córdoba.

AGARESO tivo un espazo propio nas mesas de experiencias organizadas no marco deste encontro, que compartiu con representante da Corporación Simón Bolívar (Colombia), María Alejandra Barreira. Neste espazo académico, no que paticiparon xornalistas, comunicadores, educadores, ONG, estudantes, universidade, axentes sociais e cidadanía en xeral, o representante da organización centrou a súa intervención no proxecto de comunicación para o desenvolvemento posto en marcha no Centro Penal da Lama. Neste encontro internacional de experiencias de comunicación déronse cita organizacións e experiencias comunicativas de países de América Latina, Europa, África e de España, de diversa índole e enfoque. Tiveron cabida distintas maneiras de comunicar e desde diversas procedencias xeográficas e sociais, aínda que todas elas cunha visión común: unha comunicación para o cambio social, porque outra comunicación é posible. Desde medios cidadáns, medios de contrainformación, experiencias de incidencia social, de capacitación e de apropiación dos medios e do exercicio do dereito á comunicación por parte da cidadanía a través do vídeo, prensa, fotografía, radio e doutros medios até observatorios e investigación. A pluralidade e a diversidade das persoas participantes no programa foron factores que enriqueceron este encontro, que tiña por obxecto aprender destas prácticas e visibilizar a comunicación como factor esencial do desenvolvemento. Ademais, froito desta iniciativa, AGARESO aparece como unha das entidades que subscribiu o documento 'Propostas desde Córdoba por unha comunicación para un desenvolvemento inclusivo e sustentable', ratificados por 15 entidades sociais e departamentos e estudantes de diversas universidades do tres continentes implicados. As entidades que subscribiron este documento concluíron que o compromiso das organizacións que traballan a Comunicación para o Desenvolvemento “é esencial en moitas comunidades para defender o dereito que teñen todas as persoas e todos os pobos (sen distinción da súa procedencia, cultura, orientación sexual ou relixión, mediante a información e a educación, cos medios legais e materiais, incluídos os medios tecnolóxicos necesarios) a acceder aos medios de comunicación que consideren adecuados, sexa cal for a natureza destes”.


Formación Agareso 2010

VI Foro da Cidadanía e da Comunicación

O VI Foro da cidadania e da comunicación é un encontro científico que convoca anualmente o Grupo de Investigación Cidadanía e Comunicación, CIDACOM, da Universidade de Santiago de Compostela, para contrastar e compartir as liñas de investigación que preocupan ao Grupo e para consolidar relacións coas institucións e entidades da Sociedade civil que exercen o seu labor nos eidos da Cidadanía e da Comunicación. Até de agora se abordaron temas como o Terceiro Sector e a comunicación; Cidadanía e documental; Prensa e cidadanía; Cidade e Comunicación e Comunicación e Ben público. Na edición de 2010, incluiu un encontro nos días 8 e 9 de novembro, un obradoiro de medios e migración as tardes dos días 10 a 12 de novembro e o ciclo documental sobre migración do 10 ao 12 de novembro. AGARESO implicouse tanto no encontro a través da intervención do presidente da ONGD, Juan de Sola Vollbretch, coma no obradoiro cun traballo parte de voluntarios da entidade cos participantes na actividade. O encontro pretende ser un punto de exposición e debate respecto dos obxectivos académicos deseñados polo CIDACOM, mediante conferencias, comunicacións e mesas redondas para o debate e a intervención da ONGD foi: 'AGARESO, por unha comunicación máis inclusiva'. A maiores da intervención no marco do encontro, Juan de Sola realizou unha comunicación para a súa publicación como parte das conclusións do Foro. O obradoiro de Migración e Medios ten un carácter divulgativo e participativo, oriéntase a estudantes das distintas titulacións e graos das universidades galegas e pretende contar coa colaboración de profesores, profesionais, asociacións de migrantes e institucións para desenvolver criterios de análise e boas prácticas comunicativas respecto da migración e dos migrantes. AGARESO tivo a intervención: 'Boas prácticas informativas no eido da migración'. O obxectivo do obradoiro impartido por AGARESO foi dar a coñecer aos futuros xornalistas e demais asistentes os diferentes xeitos de abordar a comunicación social, neste caso referida á temática das migracións, coa finalidade de chegar a crear unha rede sólida, comprometida e plural no sector xornalístico e da comunicación galega que impulse a difusión, promoción e denuncia neste eido. Os voluntarios da entidade que participaron nesta actividade tamén amosaron ferramentas xornalísticas para a transmisión correcta da información en materia de migracións e puxeron a disposición do alumnado as diferentes canles coas que conta AGARESO para a publicación de artigos, entrevistas, reportaxes, material gráfico ou audiovisual.