traballo en equipo e a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación”. Por último, tamén se observan cambios significativos na normativa que regula as ensinanzas mínimas. Tanto o Real Decreto 217/2022, de 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obrigatoria como o Real Decreto 243/2022, de 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do Bacharelato reformulan a definición de currículo, facendo fincapé na necesidade de que debe garantir a “formación integral do alumnado” centrándose no desenvolvemento das competencias. E no anexo II aclaran que se entende por situacións de aprendizaxe para que a adquisición das competencias chave sexa efectiva, facendo alusión ao emprego de “metodoloxías que recoñezan ao alumnado como axente do seu propio aprendizaxe” e “que se adapten ás súas necesidades, características e diferentes ritmos de aprendizaxe”, así como a necesidade de “ofrecer ao alumnado a oportunidade de conectar e aplicar o aprendido en contextos da vida real”. 1.2.
Marco teórico
Numerosas investigacións contribuíron ao desenvolvemento e afianzamento do aprendizaxe cooperativo, fundamentalmente a partir do século XX, como unha forma de loitar contra as metodoloxías de aprendizaxe tradicionais, caracterizadas por potenciar a memorización e a competitividade, sen que haxa un proceso interactivo ou un pensamento reflexivo. Algunha das máis importantes son as que se sinalan a continuación. Teoría de Piaget Para Piaget a aprendizaxe resulta da interacción có medio e non có linguaxe, sendo o suxeito o que constrúe o seu propio coñecemento a partir da interacción coa realidade. Pero Piaget fala da interacción sen referirse a ningunha situación en concreto. Foi a Escola de Psicoloxía Social de Ginebra a que o analiza concluíndo que o núcleo do proceso ensinanza-aprendizaxe é a interacción social. Segundo a escola, as dinámicas de traballo entre iguais xeran sinerxías e as agrupacións heteroxéneas dan lugar a situacións de conflito socio-cognitivo que obriga ao alumnado a desenvolver as estratexias e habilidades sociais e comunicativas adecuadas para solucionalas. Teoría socio-cultural de Vygotsky Vygotsky, pola súa banda, entendía o desenvolvemento e a aprendizaxe de forma diferente a Piaget. Mentres para este era necesario alcanzar unha madurez para que se producisen certas aprendizaxes, Vygotsky cría que os
6