2.5.
Descrición das sesións baixo unha metodoloxía cooperativa
Alumnado de RR.HH. e RSC Seguindo o esquema do Programa CA/AC (P. Pujolàs e J.R. Lago, 2011.) leváronse a cabo 3 tipos de intervencións: A. Cohesión de grupo: actuacións encamiñadas a sensibilizar ao alumnado para traballar de forma cooperativa. Actividades 1a, 1b – A primeira vista: para fomentar a cohesión e traballar o autocoñecemento e promover que os estantes se coñezan, o alumnado traballa, primeiro de xeito individual elaborando unha tarxeta de presentación, e posteriormente en parella describindo as capacidades, as habilidades máis desenvoltas e os puntos fortes da compañeira ou compañeiro. Tras o visionado de “Bocetos Dove® de la Belleza Real” (https://youtu.be/q_bW2YesZbw), se leva a cabo a dinámica de grupo do abanico. Actividade 1c – DAFO (https://cutt.ly/mKPo3nZ): emprégase a técnica do grupo nominal para obter informacións, puntos de vista ou ideas dos alumnos para organizar a situación na que están os alumnos de cara á procura de emprego. Trátase dunha choiva de ideas estruturada que facilita a participación de todas as persoas participantes. Actividade 3 – Perdidos na lúa: a dinámica permite descubrir que as decisións tomadas en equipo son máis acertadas que as decisións de forma individual, e que o traballo en equipo, en xeral, é máis eficaz que o traballo individual. Tras o visionado de "El árbol" Lead India” (https://youtu.be/BPMNnXVQ6dQ) reflexiónase sobre o traballo en equipo (https://forms.gle/8LHPsKEFyHcKx6KEA). B. Traballo en equipo como recurso: actuacións encamiñadas a utilizar o traballo en equipo para ensinar e aprender. B.1. Estruturas cooperativas básicas 2: Actividade 5 – A oferta de traballo: mediante a técnica de xemelos pensantes agrúpanse ao alumnado en parellas/equipos heteroxéneos para recompilar información de ofertas de emprego relacionada coa titulación que obterían ao finalizar os ciclo, facer una análises guiado dunha delas e elaborar unha ficha de posto de traballo, detallando funcións, requisitos e competencias asociadas ao posto. Actividade 6 – O arte de comunicar: mediante a técnica Parada de tres minutos o alumnado reflexiona sobre cales son as súas fortalezas e debilidades como comunicador/orador, tras visionar diferentes exemplos
2
Ver con máis detalle no Anexo III.
19