Programa anual de actividades extraescolares e complementarias

Page 1

Programa anual de actividades extraescolares e complementarias 2021/2022

CPI PLURILINGÜE TINO GRANDÍO Coordinadora: Patricia Abuín Gómez


ÍNDICE INTRODUCIÓN 1. CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS 2. OBXECTIVOS DETALLADAS POR ETAPAS 2.1. Educación Infantil 2.2. Educación Primaria 2.3. Educación Secundaria Obrigatoria 3. PROGRAMAS ESCOLARES 4. CHARLAS INFORMATIVAS 5. CONSIDERACIÓNS FINAIS


INTRODUCIÓN As actividades extraescolares e complementarias enmárcanse nunha flexible e ampla concepción da ensinanza posta ao servizo da sociedade. Deben ser parte importante do proceso educativo e formativo e formar parte da educación integral do alumnado cumprindo, á súa vez, unha función de estímulo para os propios discentes. É preciso que a oferta das mesmas sexa ampla conseguindo un desenvolvemento que complemente ao proporcionado polas actividades académicas lectivas. Para conseguir tal fin, existe no centro un Equipo de actividades complementarias e extraescolares, de acordo cos termos establecidos no Decreto 7/1999. O presente programa anual de actividades extraescolares e complementarias comprende

conmemoracións

e

celebracións

realizadas

no

centro,

programacións propostas polos diferentes ciclos e niveis, programas escolares, charlas, actividades deportivas na escola. Trátase dunha guía aberta a novas propostas que, ao longo do curso, se estimen oportunas por parte dos distintos membros da comunidade escolar ou as que emanen das diferentes institucións ou entidades e que beneficien a labor educativa do centro. Todas as actividades realizadas durante o curso respectarán o protocolo Covid19 e seguirán as súas recomendacións. 1. CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS As conmemoracións e celebracións que, nun primeiro momento están pensadas para este curso académico 2020/2021 son as seguintes:

-

Celebración do Samaín (do 26 ao 31 de Outubro)

-

Celebración do Magosto (11 de novembro)

-

Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro)

-

Celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade (3 de decembro)

-

Conmemoración da Constitución e Estatuto de autonomía de Galicia (do 1 ao 11 de decembro)

-

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro

-

Celebración do Nadal (do 15 ao 21 de decembro)


-

Día da Paz (30 de xaneiro)

-

Celebración do Entroido (do 8 ao 12 de febreiro)

-

Día internacional da Muller traballadora (8 de marzo)

-

Semana da Prensa (do 8 ao 14 de marzo)

-

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor (15 de marzo)

-

Día do libro (entre o 12 e o 30 de abril)

-

Día Mundial da Saúde (7 de abril).

-

Día de Europa (9 de maio)

-

Semana das Letras Galegas (do 10 ao 16 de maio)

-

Día Mundial do Medio Ambiente (do 1 ao 4 de xuño)

2.

ACTIVIDADES DETALLADAS POR ETAPAS

A continuación explícanse de forma detallada cales son, nun primeiro momento, as actividades pensadas para cada unha das etapas educativas impartidas no centro, deixando constancia, ademais, dos obxectivos que se perseguen coas mesmas. 2.1. EDUCACIÓN INFANTIL: OBXECTIVOS:

-

Observar os cambios e modificacións aos que está sometida a natureza, identificando algúns dos factores que inflúen nela.

-

Valorar a importancia do medio natural e da súa calidade para a vida humana.

-

Coñecer e valorar algunhas celebracións que forman parte da cultura popular do noso pobo.

-

Identificar e valorar a importancia e funcionalidade de todo tipo de textos escritos.

-

Manter a tradición e as costumes.

-

Desenvolver a imaxinación e a creatividade.

-

Desinhibir ao alumnado.

-

Saber respectar o traballo dos demais.

-

Compartir experiencias con alumnos/as doutros centros escolares.

-

Experimentar a labor educativa fóra da contorna escolar.


-

Aprender a mirar cadros e o que representan.

-

Coñecer a nosa vila.

-

Coñecer a fauna e o seu medio de vida.

-

Colaborar activamente nos talleres programados.

2.2. EDUCACIÓN PRIMARIA : OBXECTIVOS: -

Observar os cambios aos que está sometida a natureza, identificando algúns dos factores que inflúen nela.

-

Valorar a importancia do medio natural e da súa calidade

-

Desinhibir ao alumnado.

-

Fomentar a mellora da convivencia en todos os contextos.

-

Coñecer a fauna que os lugares citados nos ofrecen.

-

Gozar da súa diversidade ambiental.

-

Achegar aos nenos/as á diversidade da natureza.

-

Gozar ao aire libre de xeito educativo.

-

Coñecer a natureza nunha contorna diferente do que están as súas casas.

-

Compartir os traballos de alumnos/as doutros centros e valorar o esforzo de todos os participantes.

-

Experimentar a labor educativa fóra da contorna escolar.

-

Coñecer e gozar de zonas naturais con encanto; observando a flora e a fauna, a paisaxe e aspectos sociais e culturais.

-

Valorar a importancia da conservación dos ecosistemas naturais (mariña, rural, etc..).

-

Fomentar e adquirir bos hábitos de hixiene e saúde.

-

Fomentar e adquirir bos hábitos de urbanidade, educación vial e comportamentos responsables na vida cotiá.

-

Interrelacionar coas actividades do resto do alumnado.

-

Compartir experiencias con

alumnos/as de diferentes colexios da

Comunidade. 2.3. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA: OBXECTIVOS: -

Coñecer e valorar o patrimonio cultural .


-

Valorar o proceso de conservación dos volumes literarios que temos ao noso alcance.

-

Coñecer as ofertas culturais que estes locais nos ofrecen.

-

Conseguir actitudes participativas na protección e mellora do medio ambiente; así como a utilización responsable do consumo na nosa vida diaria.

-

Analizar a realidade enerxética actual, caracterizada polo esgotamento das fontes de enerxía tradicionais e a degradación do ambiente.

-

Coñecemento dos distintos materiais xeolóxicos e flora

que nos ofrece a

natureza. -

Valorar a conservación do Patrimonio da Humanidade.

-

Interactuar cos compañeiros/as nun medio distinto ao escolar, e descoñecido.

-

Controlar as nosas posibilidades físicas.

-

Empregar a lingua inglesa nun contexto real dentro das destrezas escritas.

-

Coñecer outras persoas da mesma idade e a súa diferente realidade.

-

Coñecer outras culturas alleas á nosa.

-

Valorar a importancia da comunicación escrita no mundo actual.

3.

PROGRAMAS ESCOLARES

Dende o centro tamén se participa e levan a cabo diferentes Programas Escolares, os cales detallo a continuación:

-

Plurinfantil: Educación Artística (Plástica) en E.I.

-

Plurilingüísimo: Educación Artística (Plástica) en 1º e 2º de E.P.

-

Seccións Bilingües : Plástica en 3º, 4º, 5º e 6º de E.P., Música en 2º. da ESO e Xeografía e Historia en 3º. e 4º. da ESO.

-

Plan Proxecta: Protexe o teu medio (primaria y secundaria) Programa Querote+ (secundaria).

-

Proxecto EDIXGAL.

-

Contratos programa. ARCO e PROA+

-

Plan de mellora de bibliotecas escolares: PLAMBE.

-

Clube de ciencia


-

Titoría entre iguais: TEI

-

Revista escolar.

-

PFPP educación emocional na aula

Xa que este centro foi seleccionado polo seu proxecto para participar no PLAMBE, todo o alumnado se verá beneficiado no desenvolvemento do mesmo e a nosa Biblioteca será un local de especial interese na programación de diversas actividades. 4.

CHARLAS INFORMATIVAS

As seguintes charlas estan previstas para ser levadas ao longo do curso, non sendo unha lista definitiva: -

Charla “Quérote”: 18 de Outubro para 3º ESO.

-

Charla “Ser niña en Irán”: 26 de Novembro para ESO.

-

Charla “Ser niña en Irán”: 29 de Novembro para 5º e 6º Educación Primaria.

-

Charla de Cruz Vermella sobre alimentación: 3 de Decembro para 1º ESO.

-

Charla de Dereitos Humanos: 17 de Decembro para 4º ESO

-

Charla de ULTREIA: 20 de Decembro para 4º ESO

-

Charla de Cruz Vermella sobre alimentación: 10 de Xaneiro para 2º ESO

-

Charla “eliminando estereotipias nas STEM” (Teresa Rivas) : 12 de Xaneiro para 4º ESO.

-

Charla de Cruz Vermella sobre o Acoso: 21 de Xaneiro para 1º ESO.

-

Charla da USC sobre enerxía nuclear: 21 de Xaneiro para 4º ESO.

-

Charla de ARELAS sobre diversidade sexual: 26 de Xaneiro para 5º EP e 3ºESO.

-

Charla de Cruz Vermella sobre Racismo: 18 de Febreiro para 1º ESO.

-

Charla de Cruz Vermella sobre violencia de xénero: 7 de Marzo para 2º ESO.

-

Obra de Teatro sobre Literatura na época de Ouro: 3º e 4º ESO.

-

Charla CIM: 7 de Abril para 4º ESO.

-

Charla sobre o Plan Director: 20 de Abril para 5º EP e 4º ESO.

-

Charla sobre sexualidade: 27 de Abril para 5º EP e 4º ESO.


5.

SAÍDAS

Neste curso en principio están previstas as seguintes saídas (tendo en consideración que se van a organizar máis ao longo do curso nas distintas etapas educativas e tendo en conta as restriccións sanitarias pola COVID 19: –

1º,2º,3º,4º Educación Primaria: Visita o Aquarium Finisterrae e a casa do

home (A Coruña) –

1º2º3º4º Educación Primaria: no terceiro trimestre saída a Castro de

Viladonga e as Formigas de San Clodio. –

4º ESO: excusión

de fin de curso (o destino e data están por

establecer). –

Excursión de Clube de Lectura (será a Ribadavia pero a data está por

establecer pero prevese que será en Maio). – 5.

5º e 6º Educación Primaria: Saída en Novembro o Rocódromo de Lugo. CONSIDERACIÓNS FINAIS

Debido a situación actual marcada pola pandemia vírica Covid-19 dende o curso pasado, levar a cabo esta programación é un reto que debemos compartir toda a comunidade educativa incluíndo, dentro da mesmas, ás propias familias. En ocasións poden presentarse dificultades para poder conseguir os obxectivos marcados pero, en todo caso, iso non debe ser un impedimento de mellora porque é nas actividades onde se materializan as diferentes propostas dos sectores implicados neste proxecto. Levaremos a cabo todas as actividades que baixo o protocolo Covid-19 se poidan realizar no centro sen ter risco algún para os participantes. Finalmente, volver a resaltar que esta programación é aberta e flexible debido a que ao longo do curso adoitan xurdir novas ideas e iniciativas que consideramos que poden enriquecer a vida do noso centro.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.