5 minute read

CONSIDERACIÓNS FINAIS

- Aprender a mirar cadros e o que representan. - Coñecer a nosa vila. - Coñecer a fauna e o seu medio de vida. - Colaborar activamente nos talleres programados.

2.2. EDUCACIÓN PRIMARIA : OBXECTIVOS:

Advertisement

- Observar os cambios aos que está sometida a natureza, identificando algúns dos factores que inflúen nela. - Valorar a importancia do medio natural e da súa calidade - Desinhibir ao alumnado. - Fomentar a mellora da convivencia en todos os contextos. - Coñecer a fauna que os lugares citados nos ofrecen. - Gozar da súa diversidade ambiental. - Achegar aos nenos/as á diversidade da natureza. - Gozar ao aire libre de xeito educativo. - Coñecer a natureza nunha contorna diferente do que están as súas casas. - Compartir os traballos de alumnos/as doutros centros e valorar o esforzo de todos os participantes. - Experimentar a labor educativa fóra da contorna escolar. - Coñecer e gozar de zonas naturais con encanto; observando a flora e a fauna, a paisaxe e aspectos sociais e culturais. - Valorar a importancia da conservación dos ecosistemas naturais (mariña, rural, etc..). - Fomentar e adquirir bos hábitos de hixiene e saúde. - Fomentar e adquirir bos hábitos de urbanidade, educación vial e comportamentos responsables na vida cotiá. - Interrelacionar coas actividades do resto do alumnado. - Compartir experiencias con alumnos/as de diferentes colexios da

Comunidade.

2.3. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA: OBXECTIVOS:

- Coñecer e valorar o patrimonio cultural .

- Valorar o proceso de conservación dos volumes literarios que temos ao noso alcance. - Coñecer as ofertas culturais que estes locais nos ofrecen. - Conseguir actitudes participativas na protección e mellora do medio ambiente; así como a utilización responsable do consumo na nosa vida diaria. - Analizar a realidade enerxética actual, caracterizada polo esgotamento das fontes de enerxía tradicionais e a degradación do ambiente. - Coñecemento dos distintos materiais xeolóxicos e flora que nos ofrece a natureza. - Valorar a conservación do Patrimonio da Humanidade. - Interactuar cos compañeiros/as nun medio distinto ao escolar, e descoñecido. - Controlar as nosas posibilidades físicas. - Empregar a lingua inglesa nun contexto real dentro das destrezas escritas. - Coñecer outras persoas da mesma idade e a súa diferente realidade. - Coñecer outras culturas alleas á nosa. - Valorar a importancia da comunicación escrita no mundo actual.

3. PROGRAMAS ESCOLARES

Dende o centro tamén se participa e levan a cabo diferentes Programas Escolares, os cales detallo a continuación: - Plurinfantil: Educación Artística (Plástica) en E.I.

- Plurilingüísimo: Educación Artística (Plástica) en 1º e 2º de E.P.

- Seccións Bilingües : Plástica en 3º, 4º, 5º e 6º de E.P., Música en 2º. da

ESO e Xeografía e Historia en 3º. e 4º. da ESO. - Plan Proxecta: Protexe o teu medio (primaria y secundaria) Programa

Querote+ (secundaria). - Proxecto EDIXGAL. - Contratos programa. ARCO e PROA+ - Plan de mellora de bibliotecas escolares: PLAMBE.

- Clube de ciencia

- Titoría entre iguais: TEI - Revista escolar. - PFPP educación emocional na aula

Xa que este centro foi seleccionado polo seu proxecto para participar no PLAMBE, todo o alumnado se verá beneficiado no desenvolvemento do mesmo e a nosa Biblioteca será un local de especial interese na programación de diversas actividades.

4. CHARLAS INFORMATIVAS

As seguintes charlas estan previstas para ser levadas ao longo do curso, non sendo unha lista definitiva: - Charla “Quérote”: 18 de Outubro para 3º ESO. - Charla “Ser niña en Irán”: 26 de Novembro para ESO. - Charla “Ser niña en Irán”: 29 de Novembro para 5º e 6º Educación Primaria. - Charla de Cruz Vermella sobre alimentación: 3 de Decembro para 1º ESO. - Charla de Dereitos Humanos: 17 de Decembro para 4º ESO - Charla de ULTREIA: 20 de Decembro para 4º ESO - Charla de Cruz Vermella sobre alimentación: 10 de Xaneiro para 2º ESO - Charla “eliminando estereotipias nas STEM” (Teresa Rivas) : 12 de Xaneiro para 4º ESO. - Charla de Cruz Vermella sobre o Acoso: 21 de Xaneiro para 1º ESO. - Charla da USC sobre enerxía nuclear: 21 de Xaneiro para 4º ESO. - Charla de ARELAS sobre diversidade sexual: 26 de Xaneiro para 5º EP e 3ºESO. - Charla de Cruz Vermella sobre Racismo: 18 de Febreiro para 1º ESO. - Charla de Cruz Vermella sobre violencia de xénero: 7 de Marzo para 2º

ESO. - Obra de Teatro sobre Literatura na época de Ouro: 3º e 4º ESO. - Charla CIM: 7 de Abril para 4º ESO. - Charla sobre o Plan Director: 20 de Abril para 5º EP e 4º ESO. - Charla sobre sexualidade: 27 de Abril para 5º EP e 4º ESO.

5. SAÍDAS

Neste curso en principio están previstas as seguintes saídas (tendo en consideración que se van a organizar máis ao longo do curso nas distintas etapas educativas e tendo en conta as restriccións sanitarias pola COVID 19: – 1º,2º,3º,4º Educación Primaria: Visita o Aquarium Finisterrae e a casa do home (A Coruña) – 1º2º3º4º Educación Primaria: no terceiro trimestre saída a Castro de Viladonga e as Formigas de San Clodio. – 4º ESO: excusión de fin de curso (o destino e data están por establecer). – Excursión de Clube de Lectura (será a Ribadavia pero a data está por establecer pero prevese que será en Maio). – 5º e 6º Educación Primaria: Saída en Novembro o Rocódromo de Lugo.

5. CONSIDERACIÓNS FINAIS

Debido a situación actual marcada pola pandemia vírica Covid-19 dende o curso pasado, levar a cabo esta programación é un reto que debemos compartir toda a comunidade educativa incluíndo, dentro da mesmas, ás propias familias. En ocasións poden presentarse dificultades para poder conseguir os obxectivos marcados pero, en todo caso, iso non debe ser un impedimento de mellora porque é nas actividades onde se materializan as diferentes propostas dos sectores implicados neste proxecto. Levaremos a cabo todas as actividades que baixo o protocolo Covid-19 se poidan realizar no centro sen ter risco algún para os participantes. Finalmente, volver a resaltar que esta programación é aberta e flexible debido a que ao longo do curso adoitan xurdir novas ideas e iniciativas que consideramos que poden enriquecer a vida do noso centro.