1 minute read

PROGRAMAS ESCOLARES

INTRODUCIÓN

As actividades extraescolares e complementarias enmárcanse nunha flexible e ampla concepción da ensinanza posta ao servizo da sociedade. Deben ser parte importante do proceso educativo e formativo e formar parte da educación integral do alumnado cumprindo, á súa vez, unha función de estímulo para os propios discentes. É preciso que a oferta das mesmas sexa ampla conseguindo un desenvolvemento que complemente ao proporcionado polas actividades académicas lectivas. Para conseguir tal fin, existe no centro un Equipo de actividades complementarias e extraescolares, de acordo cos termos establecidos no Decreto 7/1999. O presente programa anual de actividades extraescolares e complementarias comprende conmemoracións e celebracións realizadas no centro, programacións propostas polos diferentes ciclos e niveis, programas escolares, charlas, actividades deportivas na escola. Trátase dunha guía aberta a novas propostas que, ao longo do curso, se estimen oportunas por parte dos distintos membros da comunidade escolar ou as que emanen das diferentes institucións ou entidades e que beneficien a labor educativa do centro. Todas as actividades realizadas durante o curso respectarán o protocolo Covid19 e seguirán as súas recomendacións.

Advertisement

1. CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS

As conmemoracións e celebracións que, nun primeiro momento están pensadas para este curso académico 2020/2021 son as seguintes: - Celebración do Samaín (do 26 ao 31 de Outubro)

- Celebración do Magosto (11 de novembro)

- Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) - Celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade (3 de

decembro)

- Conmemoración da Constitución e Estatuto de autonomía de Galicia

(do 1 ao 11 de decembro)

- Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro - Celebración do Nadal (do 15 ao 21 de decembro)