PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

Page 1

Programa anual de actividades extraescolares e complementarias 2021/2022

Coordinadora: Patricia Abuín Gómez


ÍNDICE Contido ÍNDICE................................................................................................................................2 1.

INTRODUCIÓN............................................................................................................3

2.

CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS......................................................................3

3.

ACTIVIDADES DETALLADAS POR ETAPAS...................................................................4 3.1. DUCACIÓN INFANTIL:.............................................................................................4 3.12. EDUCACIÓN PRIMARIA :.......................................................................................5 3.3. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA:.............................................................6

4.

PROGRAMAS ESCOLARES...........................................................................................7

5.

CHARLAS INFORMATIVAS..........................................................................................8

6.

SAÍDAS........................................................................................................................9

7.

CONSIDERACIÓNS FINAIS...........................................................................................9

2


1. INTRODUCIÓN As actividades extraescolares e complementarias enmárcanse nunha flexible e ampla concepción da ensinanza posta ao servizo da sociedade. Deben ser parte importante do proceso educativo e formativo e formar parte da educación integral do alumnado cumprindo, á súa vez, unha función de estímulo para os propios discentes. É preciso que a oferta das mesmas sexa ampla conseguindo un desenvolvemento que complemente o proporcionado polas actividades académicas lectivas. Para conseguir tal fin, existe no centro un Equipo de actividades complementarias e extraescolares, de acordo cos termos establecidos no Decreto 7/1999. O presente programa anual de actividades extraescolares e complementarias comprende conmemoracións e celebracións realizadas no centro, programacións propostas polos diferentes ciclos e niveis, programas escolares, charlas e actividades deportivas na escola. Trátase dunha guía aberta a novas propostas que, ao longo do curso, se estimen oportunas por parte dos distintos membros da comunidade escolar ou ás que emanen das diferentes institucións ou entidades e que beneficien o labor educativa do centro. Todas as actividades realizadas durante o curso respectarán o protocolo Covid-19 e seguirán as súas recomendacións.

2. CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS As conmemoracións e celebracións que, nun primeiro momento están pensadas para este curso académico 2021/2022 son as seguintes:

-

Celebración do Samaín (do 26 ao 31 de outubro)

-

Celebración do Magosto (11 de novembro)

-

Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro)

-

Celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade (3 de decembro)

-

Conmemoración da Constitución e Estatuto de autonomía de Galicia (do 1 ao 11 de decembro)

-

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro

-

Celebración do Nadal (do 15 ao 21 de decembro)

-

Día da Paz (30 de xaneiro)

3


-

Celebración do Entroido (do 8 ao 12 de febreiro)

-

Día internacional da Muller traballadora (8 de marzo)

-

Semana da Prensa (do 8 ao 14 de marzo)

-

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor (15 de marzo)

-

Día do libro (entre o 12 e o 30 de abril)

-

Día Mundial da Saúde (7 de abril).

-

Día de Europa (9 de maio)

-

Semana das Letras Galegas (do 10 ao 16 de maio)

-

Día Mundial do Medio Ambiente (do 1 ao 4 de xuño)

3. ACTIVIDADES DETALLADAS POR ETAPAS A continuación explícanse de forma detallada cales son, nun primeiro momento, as actividades pensadas para cada unha das etapas educativas impartidas no centro, deixando constancia, ademais, dos obxectivos que se perseguen coas mesmas.

3.1. DUCACIÓN INFANTIL: OBXECTIVOS:

-

Observar os cambios e modificacións aos que está sometida a natureza, identificando algúns dos factores que inflúen nela.

-

Valorar a importancia do medio natural e da súa calidade para a vida humana.

-

Coñecer e valorar algunhas celebracións que forman parte da cultura popular do noso pobo.

-

Identificar e valorar a importancia e funcionalidade de todo tipo de textos escritos.

-

Manter a tradición e os costumes.

-

Desenvolver a imaxinación e a creatividade.

-

Desinhibir ao alumnado.

-

Saber respectar o traballo dos demais.

-

Compartir experiencias con alumnos/as doutros centros escolares.

-

Experimentar o labor educativa fóra do contorno escolar.

-

Aprender a mirar cadros e interpretar o que representan.

-

Coñecer a nosa vila.

-

Coñecer a fauna e o seu medio de vida.

4


-

Colaborar activamente nos talleres programados.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCRETAS Os luns no ximnasio de 14:00 a 15:05 contarán coa actividade denominada XOGOLANDIA.

3.12. EDUCACIÓN PRIMARIA : OBXECTIVOS: -

Observar os cambios aos que está sometida a natureza, identificando algúns dos factores que inflúen nela.

-

Valorar a importancia do medio natural e da súa calidade.

-

Desinhibir ao alumnado.

-

Fomentar a mellora da convivencia en todos os contextos.

-

Coñecer a fauna que os lugares citados nos ofrecen e gozar da súa diversidade ambiental.

-

Achegarse á diversidade da natureza.

-

Gozar ao aire libre de xeito educativo.

-

Coñecer a natureza nun contorno diferente do doméstico.

-

Compartir os traballos de alumnos/as doutros centros e valorar o esforzo de todos os participantes.

-

Experimentar o labor educativo fóra do contorno escolar.

-

Coñecer e gozar de zonas naturais con encanto; observando a flora e a fauna, a paisaxe e aspectos sociais e culturais.

-

Valorar a importancia da conservación dos ecosistemas naturais (mariño, rural, etc..).

-

Fomentar e adquirir bos hábitos de hixiene e saúde.

-

Fomentar e adquirir bos hábitos de urbanidade, educación vial e comportamentos responsables na vida cotiá.

-

Interrelacionar coas actividades do resto do alumnado.

-

Compartir experiencias con alumnado de diferentes colexios da Comunidade.

5


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCRETAS Os martes de 14:00 a 15:05 o alumnado de 1º e 2º de primaria terán as actividades de fútbol e patinaxe. Os mércores de 14:00 a 15:05 o alumnado de 3º e 4º de primaria terán as actividades de aerobic e patinaxe. Os xoves de 14:00 a 15:05 o alumnado de 5º e 6º de primaria terán as actividades de fútbol e patinaxe.

Dado que a Casa da Cultura de Guntín está sendo obxecto dunhas obras de reforma que impiden o uso normal dos espazos cos que conta para a realización de diversas actividades, desde a ANPA solicítase que a actividade de “Obradoiro de Inglés” que inicialmente se desenvolveu na Casa da Cultura, se poida impartir nas instalacións do Centro. Esta actividade desenvolverase de 16:15 a 17:15 os xoves. Para iso a ANPA remite un Plan de Continxencia e a solicitude correspondente.

3.3. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA: OBXECTIVOS: -

Coñecer e valorar o patrimonio cultural .

-

Valorar o proceso de conservación dos documentos literarios que temos ao noso alcance.

-

Coñecer a oferta cultural que nos ofrecen as diferentes institucións do mundo da cultura.

-

Conseguir actitudes participativas na protección e mellora do medio ambiente, así como a utilización responsable do consumo na nosa vida diaria.

-

Analizar a realidade enerxética actual, caracterizada polo esgotamento das fontes de enerxía tradicionais e a degradación do ambiente.

-

Coñecer os distintos materiais xeolóxicos e a flora que nos ofrece a natureza.

-

Valorar a conservación do Patrimonio da Humanidade.

-

Interactuar cos compañeiros/as nun medio distinto ao escolar, e descoñecido.

-

Controlar as nosas posibilidades físicas.

6


-

Empregar a lingua inglesa nun contexto real dentro das destrezas escritas.

-

Coñecer outras persoas da mesma idade e a súa diferente realidade.

-

Coñecer outras culturas alleas á nosa.

-

Valorar a importancia da comunicación escrita no mundo actual.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCRETAS

Na ESO farase os xoves, despois de xantar (de 15:30 a 16:10), a actividade de AEROBIC.

Por outra banda, hai outra actividade de fútbol de secundaria (xoves de 16:15 a 18:00 e venres de 16:15 a 19:00) que se realiza no pavillón municipal do Concello, espazo no que en ocasións hai dificultades para desenvolver a actividade (fallos na electricidade ou obras doutros tipos) polo que o Concello solicita de maneira excepcional o uso do pavillón para esta práctica deportiva en días puntuais. Para iso o Concello remite un Plan de Continxencia e a solicitude correspondente para eses días.

4. PROGRAMAS ESCOLARES Dende o centro tamén se participa e levan a cabo diferentes Programas Escolares, detallados continuación:

-

Plurinfantil: Educación Artística (Plástica) en educación infantil.

-

Plurilingüísimo: Educación Artística (Plástica) en 1º a 4º de educación primaria.

-

Seccións Bilingües : Educación artística (Plástica) en 5º e 6º de educación primaria, música en 2º. da ESO e xeografía e historia en 4º da ESO.

-

Plan Proxecta: Protexe o teu medio (primaria e secundaria) a través do Programa Querote+ (secundaria).

-

Proxecto EDIXGAL.

-

Contratos programa: ARCO e PROA+.

-

Plan de mellora de bibliotecas escolares: PLAMBE.

-

Club de ciencia.

-

Titoría entre iguais: TEI.

7


-

Revista escolar.

-

PFPP educación emocional e dixital na aula

Xa que este centro foi seleccionado polo seu proxecto para participar no PLAMBE, todo o alumnado se verá beneficiado no desenvolvemento do mesmo e a nosa Biblioteca será un local de especial interese na programación de diversas actividades.

5. CHARLAS INFORMATIVAS As seguintes charlas están previstas para ser levadas a cabo ao longo do curso, non sendo unha lista definitiva: -

Charla “Quérote”: 18 de outubro para 3º ESO.

-

Charla “Ser niña en Irán”: 26 de novembro para ESO.

-

Charla “Ser niña en Irán”: 29 de novembro para 5º e 6º educación primaria.

-

Charla de Cruz Vermella sobre alimentación: 3 de decembro para 1º ESO.

-

Charla de Dereitos Humanos: 17 de decembro para 4º ESO.

-

Charla de ULTREIA: 20 de decembro para 4º ESO.

-

Charla de Cruz Vermella sobre alimentación: 10 de xaneiro para 2º ESO.

-

Charla “eliminando estereotipias nas STEM” (Teresa Rivas) : 12 de xaneiro para 4º ESO.

-

Charla de Cruz Vermella sobre o Acoso: 21 de xaneiro para 1º ESO.

-

Charla da USC sobre enerxía nuclear: 21 de xaneiro para 4º ESO.

-

Charla de ARELAS sobre diversidade sexual: 26 de xaneiro para 5º EP e 3ºESO.

-

Charla de Cruz Vermella sobre Racismo: 18 de febreiro para 1º ESO.

-

Charla de Cruz Vermella sobre violencia de xénero: 7 de marzo para 2º ESO.

-

Obra de Teatro sobre Literatura na época de Ouro: 3º e 4º ESO.

-

Charla CIM: 7 de abril para 4º ESO.

-

Charla sobre o Plan Director: 20 de abril para 5º EP e 4º ESO.

-

Charla sobre sexualidade: 27 de abril para 5º EP e 4º ESO.

8


6. SAÍDAS Neste curso en principio están previstas as seguintes saídas (tendo en consideración que se van a organizar máis ao longo do curso nas distintas etapas educativas e sempre en función das restricións sanitarias pola COVID-19: 

1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria: Visita ao Aquarium Finisterrae e á Casa do home (A Coruña).

1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria: no terceiro trimestre saída ao Castro de Viladonga e ás Formigas de San Clodio.

4º ESO: excusión de fin de curso (o destino e data están por establecer).

Excursión de Club de Lectura (será a Ribadavia pero a data está por establecer pero prevese que será en maio).

5º e 6º Educación Primaria: Saída en novembro ao Rocódromo de Lugo.

7. CONSIDERACIÓNS FINAIS Debido á situación actual marcada pola pandemia vírica Covid-19 dende o curso pasado, levar a cabo esta programación é un reto que debemos compartir toda a comunidade educativa e compartir coas propias familias. En ocasións poden presentarse dificultades para poder conseguir os obxectivos marcados pero, en todo caso, iso non debe ser un impedimento polos beneficios da realización destas actividades. Levaremos a cabo todas as actividades que baixo o protocolo Covid-19 se poidan realizar no centro sen ter risco algún para os participantes. Finalmente, cómpre volver resaltar que esta programación é aberta e flexible debido a que ao longo do curso adoitan xurdir novas ideas e iniciativas que consideramos que poden enriquecer a vida do noso centro. Guntín 18 de xaneiro 2022 A coordinadora

V. e pr. Director

Asdo.: Patricia Abuín Gómez

Asdo.: Jose Luis Díaz Fernández

9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.