PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Page 1

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO 2021-22 CPI PLURILÍNGÜE TINO GRANDÍO GUNTÍN

1


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO 1. INTRODUCIÓN O EDLG vén funcionando dende hai varios cursos (antes ENDL e ENL) como impulsor do uso da lingua galega no centro. O traballo dinamizador do profesorado de distintos departamentos didácticos ou grupos de traballo e a participación do alumnado fixeron posible a realización de numerosas actividades de dinamización sociolingüística con incidencia en toda a comunidade escolar: actividades de fomento da lectura e a creatividade, homenaxe a autoras e autores, actividades de creación literaria, encontros con escritores, contacontos, visitas culturais, recuperación do patrimonio, teatro, elaboración da revista escolar Pallares, a colaboración na elaboración da páxina web do centro e materiais para a mesma, participación nos distintos proxectos do centro: Plan lector, Plan de mellora, de Bibliotecas escolares, entre outras. O Centro destina unha partida económica dentro do repartimento orzamentario, xa que as “achegas monetarias” concedidas pola administración autonómica, son insuficientes para financiar as actividades programadas. Independentemente solicítanse posibles subvencións da administración local e de editoriais. O EDLG ten participado na elaboración do “Proxecto lingüístico do Centro” onde se recollen medidas de apoio e actividades para alcanzar un dos obxectivos xerais do centro: conseguir que os rapaces e as rapazas acaden unha boa competencia nas dúas linguas oficiais, asumindo, valorando e estimando a lingua galega, e facendo uso dela en todas as situacións comunicativas.

2. CONSTITUCIÓN DO EQUIPO. O EDLG do CPI Tino Grandío está integrado neste curso 2021-22 polos seguintes membros: Representantes do profesorado: Isabel Serén, Cristina Méndez Flores, Carlos Vázquez García, Ana Arias Castro,de la Fuente Cobas MªBelén, Rodríguez Abelairas María Isabel, Olalla Otero Vázquez e Luis Alfonso Iglesias Otero (Coordinador). Ademáis dos membros que constitúen o equipo, colaboran co mesmo: Profesorado: Mº del Carmen Begide Fernández (Coordinadora da Biblioteca) Anxo García Bello (Responsable de dinamización de novas tecnoloxías) Pili Quiroga (Responsable do clube de lectura)

2


3. ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO 3.1 Contorno sociolingüístico do centro O CPI Tino Grandío está situado na capitalidade do Concello de Guntín. Nel escolarízanse 156 alumnos e alumnas: 26 de EI, 72 de EP e 58 da ESO. A lingua empregada habitualmente entre as familias, asociacións culturais e deportivas, no concello é maioritariamente o galego. A procedencia xeográfica do alumnado circunscríbese ao concello de Guntín e a algunha das parroquias máis próximas dos concellos de Portomarín e Lugo. 3.2 A situación do profesorado. A maioría do profesorado utiliza o galego na relación social dentro da comunidade educativa. Así mesmo, é o profesorado de distintos departamentos e niveis educativos de EI, EP e ESO, coa colaboración da dirección do centro, o encargado de dinamizar o Equipo e conta coa colaboración de profesoras e profesores que participan nos distintos proxectos : Plan lector, Plan de mellora, de Bibliotecas escolares, TICs, Orientación e actividades extraescolares e complementarias... 3.3 A situación do alumnado A lingua falada maioritariamente entre os pais/nais e o alumnado é o galego, aínda que percibimos un incremento do castelán. O dominio da normativa non destaca, sendo importante o respecto que se traduce cara ás particularidades da zona como sinal de identidade (agás a gheada). 3.4

A situación lingüística do centro. O galego é empregado habitualmente pola maioría dos membros da comunidade escolar como lingua de relación: reunións de Claustro, Consello Escolar, persoal non docente, usada polo alumnado na súa relación na aula, no patio, co profesorado , cos pais e nais... A normalización do idioma nas tarefas diarias, administrativas e escolares, e nas relacións interpersoais de todos os elementos que dinamizan a vida dos Centros debe ser un criterio preferente. Por iso, o EDLG do CPI Tino Grandío, de acordo coa lexislación vixente, que regula o uso e a promoción do galego no ensino e na administración educativa, utilizará e promoverá o uso activo e normalizado da lingua galega. 4. OBXECTIVOS POR SECTORES O obxectivo xeral do Centro consiste en conseguir que os rapaces e as rapazas acaden unha boa competencia nas dúas linguas oficiais, asumindo, valorando e estimando a lingua galega, e facendo uso dela en todas as situacións comunicativas da actividade do centro. Para lograr isto, os obxectivos propostos a curto prazo son os seguintes: 4.1. O contorno sociolingüístico do centro 4.1.1. Poñer en contacto ao alumnado coa realidade circundante e integrar a cultura no propio medio, colaborando con entidades locais: asociación cultural de “Amigos do mosteiro de Ferreira”, banda de música do concello, comerciantes... 4.1.2. Coordinarse con EDLG doutros centros, especialmente co CEIP de Lousada a fin de intercambiar experiencias normalizadoras. 4.2. A situación do profesorado 4.2.1. Colaborar co profesorado que imparte a súa materia en lingua galega, intentando adquirir, na medida do posible, material en galego nas distintas áreas. 4.2.2. Facilitar a impartición de novas materias en lingua galega. 4.2.3. Posibilitar a difusión de traballos das distintas materias e áreas en lingua galega a través da revista, das redes sociais, e da páxina web do Centro.

3


4.2.4. Potenciarase que o profesorado elabore sitios web, páxinas, blogues, etc en galego para a difusión de materiais. 4.2.5. Poñer a disposición de todo o profesorado os recursos existentes no centro para impartir a súa materia en galego, así como aqueles que se atopen na rede, principalmente dicionarios e tradutores. 4.3. A situación do alumnado 4.3.1. Achegar o alumnado a obra e personalidade de figuras representativas da nosa cultura para que as descubran e valoren. 4.3.2. Potenciar o uso do galego con relación ás TICs por parte do alumnado, tanto no emprego de programas e aplicacións coma na elaboración de materiais en galego e en soportes informáticos. 4.3.3. Ampliar a bibliografía a disposición da comunidade escolar, e en particular do alumnado, co material necesario para a utilización do galego como lingua vehicular no ensino. 4.3.4. Conectar ao alumnado coa literatura en galego (de forma orixinal e a través de traducións). É conveniente facelo dende EI e EP. 4.3.5. Recoller léxico do patrimonio lingüístico propio, e en concreto da zona de procedencia do alumnado. 4.3.6. Realizar actividades potenciadoras da creatividade con relación á lingua galega. 4.3.7. Establecer unha relación persoal e de traballo con alumnado doutros centros do contorno. 4.3.8. Proporcionarlles información sobre os distintos enderezos web que conteñan diferentes ferramentas en galego como dicionarios e tradutores en liña. 4.4. A situación lingüística do centro 4.4.1. Potenciar o uso da lingua galega, oral e escrita, coa participación no proceso de todos os membros que integran a comunidade educativa: alumnado, profesorado, pais, nais e persoal non docente. 4.4.2. Demostrar a validez da lingua como instrumento favorecedor da cultura e da comunicación. 4.4.3. Continuar co emprego da lingua galega na documentación administrativa e de xestión do centro: actas, documentación de secretaría, correspondencia ... 4.4.4. Colaborar e apoiar os distintos plans existentes no Centro: Plan lector, Plan proxecta, Club de lectura, Abalar, Biblioteca , etc.. 4.4.5. Participar en campañas de dinamización lingüística e de fomento da lectura en galego, propostas por outros organismos. 4.4.6. Dar a coñecer á comunidade educativa as actividades realizadas no Centro a través da revista Pallares, das redes sociais e da páxina web do Centro. 5. ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROGRAMADAS PARA O CURSO 20212022. 5.1. Elaboración e edición do nº XXll da revista Pallares. Para tal fin constituiranse grupos de traballo que se encargarán de coordinar os distintos traballos e seccións da mesma. Obxectivos: 4.1.2. Coordinarse co EDLG doutros centros, especialmente co CEIP de Lousada a fin de intercambiar experiencias normalizadoras. 4.2.3. Posibilitar a difusión de traballos das distintas materias e áreas en lingua galega a través da revista, das redes sociais e da páxina web do Centro. 4.3.1. Achegar ao alumnado a obra e personalidade de figuras representativas da nosa cultura para que as descubran e valoren.

4


4.4.6. Dar a coñecer á comunidade educativa as actividades realizadas no Centro a través da revista Pallares, das redes sociais e da páxina web do Centro. Destinatarias/os: Alumnado e profesorado de todos os niveis, de forma activa na elaboración, así como os colaboradores e colaboradoras e, na súa lectura, toda a comunidade educativa. Tamén se distribúe no CEIP de Lousada, no Concello e contorno. Orzamento: 300 €. (Nesta actividade agardamos a colaboración do Concello) Temporización. Elaboración durante todo o curso. Saída mes de maio/xuño. 5.2. Fomentamos a expresión oral:  Queres que cho conte? Trátase de contar historias de tradición oral, literaria ou de creación propia, así como vivencias. Para iso, propoñemos estas actividades: o o o o o 

Semana de recitado de poemas no terceiro trimestre, acompañado de presentacións PPs. Participación de Contacontos Unha vez por trimestre, o alumnado de cursos superiores gravará vídeos narrando contos aos máis pequenos. Contacontos. Participación semestral das familias gravando: relatorios de vivencias, contos,... Concurso oral de relatos, regueifas, coplas...

Somos uns teatreiros. Gravación de obriñas teatrais a cargo do alumnado de diferentes cursos nas distintas actividades, marionetas etc.

Obxectivos:  4.3.4. Recoller léxico do patrimonio lingüístico propio, e en concreto da zona de procedencia do alumnado.  4.3.5. Realizar actividades potenciadoras da creatividade e da oralidade con relación á lingua galega Destinatarias/os. Alumnado, profesorado e demais membros da comunidade educativa que o desexen como participantes activos, e todas e todos como oíntes. Orzamento: 200 € Temporización: Todo o curso 5.3. Homenaxe á literatura e á cultura galegas.   

Trátase de homenaxear e difundir a obra de autoras e autores representativos da nosa cultura. Faremos un recital poético con acompañamento de música e imaxes. Neste recitado intervirán alumnado, profesorado e persoal non docente. Estas actividades desenvolveranse en colaboración cos departamentos de Lingua e literatura galega, Biblioteca e TICs .

Obxectivos:  4.3.1. Achegar o alumnado á obra e personalidade de figuras representativas da nosa cultura para que as descubran e valoren.  4.4.2. Demostrar a validez da lingua como instrumento favorecedor da cultura e da comunicación.  4.4.4. Colaborar e apoiar os distintos plans existentes no Centro: Plan lector, Plan proxecta, Club de lectura, Abalar, Biblioteca , etc..  4.4.6. Dar a coñecer á comunidade educativa as actividades realizadas no Centro a través da revista Pallares, redes sociais e da páxina web do Centro.

5


Destinatarias/os. Todo o alumnado, profesorado e persoal non docente participará na lectura, recitado e escenificación. Orzamento: 200 € Temporización: 3º trimestre. 5.4. Promoción da lectura e a creatividade 

  

En colaboración co departamento de LG, o profesorado de EI e EP e o grupo dinamizador da biblioteca, participarase en campañas de promoción da lectura. O Club de lectura vai propoñer máis dun 50% de lecturas en galego e as traducións que se lean (do inglés, francés...) serán preferentemente ao galego. Tamén a lingua vehicular das sesións será o galego. Partindo dos libros e a lectura, dende unha perspectiva lúdica, organizaranse actividades creativas e encontros diversos Encontros con autores sobre aspectos significativos da súa vida e obra literaria, que con anterioridade debe ser traballada na aula. Participación en campañas de dinamización lingüística e fomento da lectura da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Deputación, Concello e outros organismos.

Obxectivos:  4.3.5. Realizar actividades potenciadoras da creatividade con relación á lingua galega.  4.4.1. Potenciar o uso da lingua galega, oral e escrita, coa participación no proceso de todos os membros que integran a comunidade educativa: alumnado, profesorado, pais, nais e persoal non docente.  4.4.4 Colaborar e apoiar os distintos plans existentes no Centro: Plan lector, Plan proxecta, Club de lectura, Abalar, Biblioteca , etc..  Destinatarias/os: Todo o alumnado, tendo en conta o nivel académico e o seu contorno. Orzamento:200 € Temporización: Todo o curso 5.5. Recuperación do patrimonio histórico, cultural, natural e artístico do concello de Guntín: “Coñecer o pasado, construír o futuro”: Trátase de proxectos plurianuais, interdisciplinares e colaborativos con dous temas principais : - Recompilación de nomes e usos populares ( culinarios, menciñas, xogos, crenzas, refráns...) de plantas silvestres de Galicia, participando no programa "Fitofaladoiro”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Instituto da Lingua Galega (ILG). Procuraremos rexistrar e rotular, entre outras, árbores e plantas do patio do Centro en distintos idiomas. - Recuperación de nomes de flora, fauna e saberes asociados aos cursos fluviais e ao monte galego, achegando así á cidadanía o patrimonio natural, cultural e social que posúe a nosa lingua. Centrarémonos nun tramo do Río Ferreira en torno á Ponte Cabalar e no monte circundante. Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto "Protexe o teu medio” enmarcada no Plan Proxecta, na que xa participamos no curso pasado, en coordinación co departamento de Naturais. Obxectivos:  4.1.1. Poñer en contacto o alumnado coa realidade circundante e integrar a cultura no propio medio, colaborando con entidades locais: asociación cultural de “Amigos do mosteiro de Ferreira”, banda de música do concello...

6


 4.3.2. Potenciar o uso do galego con relación ás TICs por parte do alumnado, tanto no emprego de programas e aplicacións coma na elaboración de materiais en galego e en soportes informáticos.  4.3.4. Recoller léxico do patrimonio lingüístico propio, e en concreto da zona de procedencia do alumnado. Destinatarias/os: Todo o alumnado, tendo en conta o nivel académico e a comunidade educativa. Orzamento: 100 € Temporización: Todo o curso 5.6. Visitas didácticas e culturais. Estas actividades organízanse en colaboración cos distintos departamentos e trátase de participar e asistir a viaxes e actividades culturais (teatro, música, museos, exposicións…) SE A PANDEMIA O PERMITE. Obxectivos  4.1.2. Coordinarse co EDLG doutros centros, especialmente co CEIP de Lousada a fin de intercambiar experiencias normalizadoras. 4.3.1. Achegar ao alumnado á obra e personalidade de figuras representativas da nosa cultura para que as descubran e valoren. Destinatarias/os: Todo o alumnado tendo en conta o nivel educativo. Orzamento: -------Temporización: Todo o curso 5.7.

Maio Cultural: Festa da lingua.Trátase de organizar actividades relativas á conmemoración do Día das Letras Galegas, nas que se dará a coñecer parte dos traballos realizados ao longo do curso. o o o o o o

Homenaxe a autoras e autores . Recitado , lectura, contos, escenificacións, xogos... Presentación da revista Pallares. Proxección de películas. Encontros literarios. Entrega de agasallos en certames literarios

Obxectivos  4.3.1. Achegar o alumnado á obra e personalidade de figuras representativas da nosa cultura para que as descubran e valoren.  4.4.2. Demostrar a validez da lingua como instrumento favorecedor da cultura e da comunicación.  4.4.5. Participar en campañas de dinamización lingüística e de fomento da lectura en galego, propostas por outros organismos. Destinatarias/os. Toda a comunidade educativa e do contorno. Orzamento: 300€ Temporización: 3º trimestre

Obxectivos:  4.3.2. Facilitar a impartición de novas materias en lingua galega.  4.4.6. Dar a coñecer á comunidade educativa as actividades realizadas no Centro a través da revista Pallares, redes sociais e da páxina web do Centro.

7


Destinatarios: Toda a comunidade educativa ( alumnado, familias, profesorado, persoal non docente) e persoas interesadas no mesmo. Orzamento: 100€ Temporización: Todo o curso. 5.8. Fomentamos a relación con outros centros e asociacións: CEIP de Lousada (Guntín), CPI San Tomé do Carballo (Taboada, cos que intercambiamos experiencias dinamizadoras a través do correo electrónico, páxina web, blog, revista escolar, redes sociais, encontros, xogos populares tradicionais . Amigos do Mosteiro do Concello de Pallares realizando actividades conxuntas. Co IES Xoán Montes que é o que nos corresponde por zona. 

Continuamos coa elaboración dun dicionario onde se recolla a recuperación do léxico tradicional de vellos labores agrícolas e gandeiros (plurianual). No proxecto, iniciado hai dous cursos, traballamos o vocabulario referido á sega do cereal. No curso actual centrarémonos na sega da herba: gadañar, estender, revolver, xuntar, cargar, gardar...coas conseguintes definicións e fotografías e/ou debuxos dos apeiros empregados, cantigas, refráns e ditos alusivos ao tema. Esta actividade realizámola en colaboración co alumnado do CPI San Tomé do Carballo (Taboada), para o que se creou o blogue compartido ( tinoetome.blogspot.com) no que se vai inserindo o material elaborado. Este ano intentaremos poñernos en contacto con algún centro educativo da costa para intercambiar vocabulario de costa e de interior. Intentaremos facer algunha vídeo-conferencia.

Obxectivos:  4.1.1. Poñer en contacto o alumnado coa realidade circundante e integrar a cultura no propio medio, colaborando con entidades locais: asociación cultural de “Amigos do mosteiro de Ferreira”, banda de música do concello...  4.1.2. Coordinarse co EDLG doutros centros a fin de intercambiar experiencias normalizadoras.  4.2.3. Posibilitar a difusión de traballos das distintas materias e áreas en lingua galega a través da revista e da páxina web do Centro.  4.3.2. Potenciar o uso do galego con relación ás TICs por parte do alumnado, tanto no emprego de programas e aplicacións coma na elaboración de materiais en galego e en soportes informáticos.  4.3.4. Recoller léxico do patrimonio lingüístico propio, e en concreto da zona de procedencia do alumnado.  4.3.6. Establecer relación persoal e de traballo con alumnado doutros centros do contorno.  4.4.6. Dar a coñecer á comunidade educativa as actividades realizadas no Centro a través da revista Pallares e da páxina web do Centro. Destinatarias/os: Alumnado e profesorado do CPI Tino Grandío, do CPI San Tomé do Carballo de Taboada, CEIP de Lousada. Orzamento: 300 euros Temporalización: curso 2018-2019 e posteriores. 5.9. Fomentamos a utilización das TIC.    

Blogue do club de lectura. Blogue da biblioteca. Blogue tinoetome.blogspot.com Blogue riosepaisaxes.blogspot.com

8


Promover un concurso de elaboración de contas en redes sociais en galego por parte do alumnado de 4º de ESO sobre contidos das súas parroquias, vocabulario, expresións etc. en colaboración cos departamento de Informática e Tecnoloxía.

Obxectivos:  4.2.3. Posibilitar a difusión de traballos das distintas materias e áreas en lingua galega a través da revista, redes sociais e da páxina web do Centro.  4.3.2. Potenciar o uso do galego con relación ás TICs por parte do alumnado e do alumnado, tanto no emprego de programas e aplicacións coma na elaboración de materiais en galego e en soportes informáticos.  4.3.6. Establecer unha relación persoal e de traballo con alumnado doutros centros do contorno.  4.4.6. Dar a coñecer á comunidade educativa as actividades realizadas no Centro a través da revista Pallares, redes sociais e da páxina web do Centro.. Destinatarios: alumnado, profesorado, familias, contorno. Orzamento: 100 euros Temporalización: Todo o curso e seguintes. 5.10.

Coñecemento e estudio das distintas festas representativas Galegas.    

O Magosto O Samaín O Entroido Letras Galegas Traballaranse unidades didácticas para coñecer e potenciar estas festas de tanto arraigo na nosa terra.

Obxectivos:  

Coñecer e valorar as distintas festas ancestrais. Participar activamente no magosto e no entroido facendo coplas e recuperar no posible as distintas modalidades.

Destinatarios: Alumnado, profesorado, familias, contorno. Orzamento: 300 euros Temporalización: 1º, 2º e 3º trimestre.

GUNTÍN, 17 Xaneiro de 2022

O coordinador do equipo

V. e pr. do director

9


Asdo: Luis Alfonso Iglesias Otero

Asdo: José Luis Díaz Fernández

1


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.