PLAN DE FORMACIÓN ANUAL

Page 1

PLAN DE FORMACIÓN ANUAL DO CPI PLURILINGÜE TINO GRANDÍO 2021/2022


1. DESCRICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO EDUCATIVO 2. METODOLOXÍAS DIDÁCTICAS NO CENTRO 3. RECURSOS 4. OBSERVACIÓN DE DÉFICITS E FORTALEZAS NA AULA 5. OBXECTIVOS DE MELLORA A CURTO E MEDIO PRAZO 6. LIÑAS DE TRABALLO 7. ITINERARIOS 8. EQUIPO DE FORMACIÓN 9. ACTIVIDADES ASOCIADAS 10. AVALIACIÓN DO PLAN DE FORMACIÓN 10.1. A aplicación da formación á aula 10.2. Impacto da formación na aula


1. DESCRICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO EDUCATIVO Traballamos nun CPI rural da provincia de Lugo. A base socioeconómica do entorno é do sector primario sendo prioritaria a gandería. O centro é dunha soa liña dende Educación Infantil ata 3º de ESO, xa que en 4º de ESO ten dúas liñas. O 79% do alumnado é usuario do transporte escolar e comedor. O claustro está formado por 19 profesores definitivos e 12 provisionais, sendo a media de idade entorno aos 45 anos. Trátase dun centro no que tratamos de actuar como unidade a pesares de albergar etapas tan diferentes do sistema educativo. Así participamos de forma conxunta en plans de innovación e proxectos varios. Vimos traballando dende hai anos no PLAMBE así coma no Club de lectura de alumnado e adultos. Fomos centro Abalar dende os comenzos e agora participamos e Evaedixgal. Contamos dende hai anos con seccións bilingües en 2º de ESO na área de Música e 4º de ESO nas áreas de Música e Xeografía e Historia e desde o curso pasado en EP en Educación Artística en 5º e 6º e formamos parte da rede de centros plurilingües ( en 1º, 2º, 3º e 4º de EP). Participamos activamente cada ano nos Contratos-Programa fóra do horario lectivo. Vimos participando dende o seus comenzos nos Plans Proxecta. Durante este curso participamos nos seguintes Programas de éxito educativo: Recupéra-T (ARCO e PROA+), INNOVA (EDUSaúde) e Inclúe (IGUÁLA-T). Ademais continuamos poñendo en practica a robótica en EP e formarémonos en Educación Emocional e na elaboración do Plan Dixital de centro. Tamén contaremos cun programa de prevención do Acoso Escolar, TEI "Titoría entre Iguais", en colaboración con outros centros rurais das comarcas limítrofes que debido á pandemia do COVID-19 quedou suspendido para non mesturar grupos burbulla.


2. METODOLOXÍAS DIDÁCTICAS NO CENTRO A metodoloxía de traballo no centro trata de fomentar o traballo en equipo, comenzando polo profesorado. Únense metodoloxías diversas dende algunhas máis tradicionais ata outras mais innovadoras e relacionadas coas TIC. Tratamos de ser un centro inclusivo onde se atenda ás necesidades educativas e ás características individuais de cada alumno ou alumna. Contamos con medidas de atención á diversidade como a participación no programa RecupéraT e Inclúe cunha metodoloxía activa e participativa dentro do horario lectivo. En Primaria tratamos de respectar que o alumnado reciba o apoio por parte da profesora de PT ou AL dentro da súa aula, sempre que esta medida sexa a máis adecuado para o alumno ou alumna.

3. RECURSOS En xeral as instalacións do centro están coidadas e dan resposta ás necesidades actuais, se ben podemos atopar certos déficits no pavillón, sobre todo na zona de aseo e vestiarios, e na pista exterior de xogo. Os recursos tecnolóxicos melloraron considerablemente nos últimos cursos tendo un bo funcionamento xeral. Todas as aulas contan con canón e encerado dixital. Con respecto aos recursos persoais podemos sinalar como fortaleza a estabilidade dunha gra parte do claustro e coma debilidade non poder contar co profesorado suficiente para atender de xeito óptimo ao alumnado, tendo en conta que temos un número proporcional moi elevado de alumnado con NEAE e que a falla de recursos culturais na contorna fai necesaria a figura dunha escola compensadora das desigualdades se a comparamos cunha escola dunha vila ou cidade.


4. OBSERVACIÓN DE DÉFICITS E FORTALEZAS NA AULA. En cursos anteriores, dende o departamento de orientación, fíxose unha análise das circunstancias que observábamos e que en ocasións impedían o correcto funcionamento do centro e das aulas en particular. En referencia ao clima de centro e aula a relación entre os iguais e a relación do centro coas familias apareceron como factores deficitarios e que era preciso mellorar. A raíz da posta en marcha do programa TEI no que se traballou na sensibilización de toda a comunidade educativa observamos que a relación coas familias neste eido é fundamental que sexa estreita e compartamos conceptos que fagan posible unha convivencia baseada na cultura de Paz. Consideramos importante poder formar e manter unha relación fluída coas coidadoras do comedor e do transporte escolar coma necesidade fundamental para erradicar calquera condutas relacionadas co acoso escolar. A mellora deste clima de centro e de aula tamén está detrás do inicio o curso pasado do plan de formación do profesorado relacionado coa Educación Emocional que tantos beneficios trouxo á comunidade educativa desde o punto de vista persoal e social. Ademais o profesorado dadas as circunstancias actuais motivadas pola situación de xerada pola pandemia segue demandando formación no eido da Educación / Intelixencia emocional. A actitude do profesorado é de disposición a formarse e participar en proxectos e esta é unha das fortalezas coas que contamos. Como debilidade podemos sinalar a falta de formación en metodoloxías inclusivas e en aspectos relacionados coa atención a diversidade.

5. OBXECTIVOS DE MELLORA A CURTO E MEDIO PRAZO


Os obxectivos que nos propoñemos mellorar a curto e medio prazo coa posta en práctica deste Plan de Formación son: - Responder ás demandas da comunidade educativa en materia de xestión de emocións. - Reflexionar e modificar as metodoloxías para facer do noso centro unha verdadeira escola inclusiva. - Mellorar a relación e as canles de comunicación centro-familia. - Mellorar integración didáctica das TIC no noso centro.

6. LIÑAS DE TRABALLO Para conseguir estes obxectivos centrámonos en dúas liñas de traballo: - A Convivencia escolar e o clima de aula. Centros saudables. Relacións coas familias. - Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.

7. ITINERARIOS Os itinerarios de formación son dous: - Educación emocional na aula - Ano 1: Deseño e elaboración do Plan dixital do centro.

8. EQUIPO DE FORMACIÓN

O Equipo de Formación do noso centro está formado polo profesorado seguinte: - DE LA FUENTE COBAS MARÍA BELÉN - DÍAZ FERNÁNDEZ, JOSÉ LUIS


- VILA PARDELLAS, VANESA

9. ACTIVIDADES ASOCIADAS ACTIVIDADE

MODALIDADE

HORAS

PARTICIPANTES

L2105080 Análise da competencia Grupo de traballo 20 dixital do centro e elaboración do plan dixital

6

L2106060 Educación emocional

19

Seminario

20

10. AVALIACIÓN DO PLAN DE FORMACIÓN Para avaliar o noso Plan de Formación centrarémonos en dous aspectos: - A aplicación da formación á aula - O impacto da formación na aula

10.1. A aplicación da formación á aula. Con respecto ao Deseño e elaboración do Plan Dixital do Centro valoraremos a elaboración do plan de acción. Para elo a elaboración debe contar con aportacións significativas do profesorado participante partindo do análise DAFO. Tamén se valorará o emprego de ferramentas de avaliación e diagnose para a análise interna da realidade do centro en relación á competencia dixital. Este aspecto determinarase a través dos informes SELFIE e o test CDD. En canto ao Itinerario de Educación Emocional pretendemos lograr unha mellora no clima de aprendizaxe mediante o desenvolvemento de estratexias de regulación das emocións e para elo seleccionaranse e aplicaranse os recursos e actividades de


educación emocional. Tendo en conta que polos menos o 50% do alumnado de EI, EP e ESO deberá participar nas actividades de educación que se poñerán en práctica na aula.

10.2. Impacto da formación na aula O impacto na aula do primeiro itinerario, Deseño e elaboración do Plan dixital do centro, valorarase analizando que a comunidade educativa participara no proceso de diagnose da situación do centro en materia dixital e que o documento resultante recolla propostas de acción realistas que impliquen a mellora da competencia dixital de toda a comunidade educativa. Con respecto á valoración do impacto na aula da Educación Emocional valorarase analizando se o alumnado ante situacións de conflito persoal e social é capaz de actuar con control, independentemente da conduta antecedente, cumprindo así coas expectativas do centro e sendo quen de considerar posibles alternativas ás condutas disruptivas que manifestaba anteriormente.

Guntín 18 de xaneiro de 2022

Coordinadora de Formación do Profesorado

Asdo. : María Belén de la Fuente Cobas

V. e pr. Director

Asdo.: José Luis Díaz Fernández


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.