1 minute read

OYouth Ambassadors

la somos Martina, Ana, Sabela, Celia e Andrea, somos alumnas de 3º da ESO do Chivite e estamos traballando, nun proxecto europeo impulsado por Youth Ambassadors que quere dicir xóvenes embaixadadores, o obxectico é achegar a UE as persoas xóvenes.

Advertisement

Este proxecto consiste nunha campaña electoral basada nun youth goal que representan a visión dos xóvenes para a política de xuventude na Unión Europea. O nome do noso equipo é anduriñas e o youth goal que eleximos foi , facer avanzar a xunventude rural, posto que ao vivir nunha vila vivimos esta realidade en primeira persoa, podemos comezar coas nosas propostas sobre como mellorar o rural, todas estas propostas están centradas en comompoder mellorar a nosa aldea, Verín.

Ampliar e mellorar os servizos sanitarios e terapéuticos que precisan por exemplo os nenos e nenas con Necesidades educativas especiais .Psicólogo infantil, logopeda , rehabilitador tan so contamos cos Especialistas da Mancomunidade é son insuficientes ,para acceder a especialistas privados hai que desplazarse ata Ourense.

A comunicación con Ourense é cada vez peor , hai poucos autobuses o que impide que a xuventude poida desplazarse de forma autónoma, tanto para motivos de saúde , educativo ou de ocio.

A xuventude en Verín ten pouca a oferta para continuar os estudios de Formación profesional, hai pouca diversidade tanto nos ciclos medios como superiores e moitos escollen continuar en Bacharelato por falta de opcións.Sería positivo que as ofertas de formación se relacionase co potencial da Comarca , a viticultura , turismo…

Ao igual que a Escola Oficial de Idiomas que so imparte inglés , tendo tan perto a fronteira con Portugal sería bo que impartisen portugués , francés …para poder ter máis oprtunidades e seguir formándonos.

Estas propostas pretenden conseguir unha maior atracción cara o rural e diminuír a centralización de servizos que hai nas cidades. Tamén queremos destacar que fixemos un proxecto coa colaboración do CRA de Monterrei entre os rapaces e rapazas que nos amosaron o que era un colexio rural agrupado. Moitas grazas ao CRA de Monterrei por participar con nós. Animádevos a seguirnos nas nosas redes sociais @andurinhas.ue